Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira...

16
Foto: Ramón C. Encisa Fraga

Transcript of Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira...

Page 1: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Foto

: Ram

ón C

. Enc

isa

Frag

a

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 1

Page 2: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

AAgrupación “A Cantarela” fun-douse no ano 1983 e dendeaquela data organizou, ano tras

ano, o "Outono Micolóxico", con confe-rencias, saídas ao campo, excursións co-lectivas, charlas en colexios, sociedadesculturais e outros concellos próximos,concursos de cociña, cestas de outono,maquetas da natureza e de de-buxo escolar. E como re-mate de actividades,unha cea micolóxica.

No ano 1991 reali-zamos unha degus-tación popular deCogomelos, que tivoun gran éxito e quepronto pasaría a deno-minarse Festa dos Cogo-melos, na que ofrecemos aopúblico asistente diversas prepa-racións de cogomelos, acompañadosde viño albariño.

O longo período de inactividadeentre outono e outono enchémolo dendeo ano 1997 coas chamadas "Saídas de

primavera", nas que visitamos diferenteslugares de interese natural de Galicia,comunidades autónomas próximas ePortugal.

No ano 1999 faleceu Enrique ValdésBermejo, socio fundador da Cantarela,excelente botánico e inesquecibleamigo e compañeiro. Na súa honra ins-

tituíuse o Concurso de Fotogra-fía Micolóxica "EnriqueValdés Bermejo.

Este ano volvemoscunha nova edición doOutono Micolóxico, noque recordaremos aonoso amigo Enrique ofacer 10 anos do seu fa-lecemento, e no que ofre-

ceremos, como sempre, unamplo abano de actividades co

ánimo de achegar a micoloxía a todo omundo. Esperamos que este outonosexa, a lo menos, como o do ano pa-sado que nos permitiu, despois de va-rios anos de secas e incendios, apañarunha moi boa variedade de especies.

Agrupación Micolóxica de VilagarcíaA Cantarela

Benvidos todos ao Outono Micolóxico 2009

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 2

Page 3: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Outubro.

Domingo 18.- Saída a Silleda-Forcarei, en autobús. Xantar no restaurante Parísde Forcarei.Domingo 25.- Saída a Iroite-Noia-Corrubedo. Xantar no restaurante O Trapeirode Noia.

Novembro.

Sábado 7.- Saída ao campo en coches particulares á procura de especies paraa exposiciónDomingo 8.- 12,00 h.: Apertura das seguintes exposicións:

4Cogomelos vivos, láminas, paneis, libros.4XI Concurso de Fotografía Micolóxica “Enrique Valdés Bermejo”4X Concurso de Debuxo Escolar.4Maquetas sobre a natureza e os cogomelos.

- 13,00 h.: Viño galego para autoridades e colaboradores.

Outono Micolóxico 2009Lembrando a Enrique Valdés Bermejo

PROGRAMA

4

4

4

4

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 3

Page 4: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Conferencias no Auditorio, ás 20,30 h.

Luns 9.- José Luís Tomé Ortega, Secretario da Fed. Galega de Micoloxía:Micoloxía ao alcance de todos.

Martes 10.- Jaime Blanco Dios, presidente da Agrup. Micolóxica “Brincabois”:Cogomelos comestibles e tóxicos.

Mércores 11.-Chemi Traba Velay, da Agrupación Micolóxica “Pan de Raposo”de Cee, coautor do libro “Cogomelos de Galicia”:

O xénero Lactarius.

Xoves 12.- Dionisio Comesaña, totógrafo e cociñeiro afeccionado: O que non sei da cociña con cogomelos.

Venres 13.- José Mª Costa Lago, Agrup. Micolóxica “Pan de Raposo” de Cee:Das utilidades dos Polyporus.

NOTA.- Os días 9, 10 e 11 pola mañá haberá charlas no Auditorio para os cole-xios de Primaria que o soliciten, a nivel de 6º curso.

Domingo 15.- XVIII FESTA DOS COGOMELOS, de 11,00 a 15,30 h.

4Degustación de cogomelos e viño albariño.4XXVI Concurso de Cociña.4VII Exposición de Cestas de Outono.

Sábado 21.- 20.30 h.- Sesión de clausura do Outono Micolóxico:

4Entrega de premios do XI Concurso de Fotografía Micolóxica, o X Concurso de Debuxo Escolar e o I Concurso de Escaparates

4 Entrega de trofeos aos colexios.4Proxección de diapositivas do Outono Micolóxico de 2008.4Cea Micolóxica e entrega de obsequios aos colaboradores.

NOTAS- Mentres estén abertas as diferentes exposicións haberá visitas guiadas as mes-mas para colexios e colectivos.

- Todos os luns de novembro e decembro, excepto festivos, haberá un serviciode determinación de cogomelos no café La Marina de Vilagarcía, de 19.00 á20,30 h.

- A Agrupación ten á venda participacións de Lotaría do Nadal do nº 43136, aoprezo de 5,00 € (xóganse 4,50 €, donativo 0,50 € ). Os interesados poderana ad-quirir durante o Outono Micolóxico no Auditorio.

4

4

4

4

4

4

4

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 4

Page 5: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Enrique Valdés Bermejo naceu enVillaviciosa-Asturias no ano 1945.Estudou Farmacia na Universi-

dade Complutense de Madrid onde ob-tivo o título de licenciado en xuño de1968. En 1973 recibiu o título de Doutor,con premio extraordinario, despois dadefensa pública da Memoria titulada"Estudio biosistemático del género Mo-ricandia DC.: morfología, ecología, co-rología, citotaxonomía y quimiotaxo-nomía".

Ao rematar a carreira é nomeado pro-fesor axudante de clases prácticas deBotánica do Departamento de Botánicada Facultade de Farmacia da Universi-dade Complutense. En 1973 é nomeadoprofesor adxunto (interino) de mesmamateria, cargo que exerce ata 1974, aofacerse cargo das ensinanzas da Botá-nica no colexio universitario Arcos deJalón (Universidade Complutense), conomeamento de profesor agregado deUniversidade (contratado).

En 1975, tras aprobar brillantementeunha tensa oposición, ingresa no corpode Profesores Adxuntos de Universi-dade, pero deixa esta institución en xullodese mesmo ano ao gañar, tamén por

oposición, a praza de ColaboradorCientífico de CSIC, especialidade de"Citotaxonomía vegetal", con destino noReal Xardín Botánico do que foi Vicedi-rector entre os años1979-80. Foi redac-tor fefe da revista Anales do XardínBotánico de Madrid de 1979 a 1981.

Na súa etapa formativa como investi-gador destaca a súa estanza na Univer-sidade de París durante o curso1969-70.

Viaxes a SudaméricaEn 1977 comeza os seus traballos en

Sudamérica cunha expedición por osAndes de Perú e Bolivia. A partir deentón realizou varias viaxes de recolec-

Enrique Valdés Bermejono décimo aniversario do seu pasamento

Enrique Valdés (dereita) con CarlosPuga preparando a Cea Micolóxica doano 1990.

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 5

Page 6: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

ción florística, tanto por países andinoscomo amazónicos. Así mesmo destacanas súas expedicións á República deGorno-Altai (Rusia) e á zona de Enga-dina-Vallaif (Suíza).

En 1981 pide a excedencia como co-laborador científico do CSIC e traslá-dase a Vilagarcía de Arousa, parafacerse cargo da farmacia familiar. EnVilagarcía mantén o seu propio herbarioe participa na creación do Grupo Mico-lóxico Galego, o Grupo Botánico Galegoe A Cantarela.

A nosa base científicaO seu labor na Agrupación A Canta-

rela foi básica para poder emprender anosa viaxe micolóxica. El foi a nosa só-lida base científica e sen el non se po-dería ter realizado a tarefa que se veudesenvolvendo na agrupación duranteos dezasete anos nos que contamoscoa súa presenza entre nós.

Persoa de grandes coñecementossabía, non obstante, acomodar o seusaber ao auditorio que acudía as súascharlas, sempre rigorosamente prepara-das e amenas, xa que as adoitaba ador-nar con comentarios ou anécdotaspropias do seu afable carácter.

A farmacia Bermejo foi o noso pri-meiro local social e centro de consultapara todo o mundo, posto que alí acudíamoita xente para pedirlle a súa opinión,consello ou remedios para os seus pro-blemas culturais ou farmacolóxicos, ato-pando sempre á persoa que sabíaachegar sempre solucións.

Era Enrique un home afable, de tratoexquisito, amigo entrañable, culto e cungrande sentido do humor. Persoa loita-dora e de gran ánimo, como o demos-trou loitando durante cinco anos contraunha enfermidade que, ao final, acabouderrotándoo, pero que non foi capaz de

Enrique Valdés, no centro, con gafas, durantea Festa dos Cogomelos de 1995

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 6

Page 7: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

quitarlle as súas ansias de vivir e de se-guir investigando na botánica ata o úl-timo momento da súa vida.Investigador infatigable tiña sempre

a farmacia chea de plantas para deter-minar, labor que facía ata altas horas,acompañado sempre de música clá-sica, a súa segunda grande afección.Publicou numerosos traballos de botá-nica, que se poden consultar na páxinaweb da Cantarela (www.cantarela.org).

Inesquecible recordoDeixou Enrique entre todos un re-

cordo inesquecible e na nosa memoriapermanecerá sempre a persoa que nosabriu os ollos á natureza e particular-mente á micoloxía, pero que, sobretodo, nos distinguiu coa súa amizade.

Enrique, amigo, pasaron dez anosdende que nos deixaches pero nunca teesqueceremos.

A Cantarela no seu recordo instituíu oConcurso de Fotografía Micolóxica En-rique Valdés Bermejo, do que este anose celebra a su undécima edición

Así mesmo, tras o seu falecemento,A Cantarela comezou unha campaña epresentou ás autoridades locais a peti-ción de nomear un espazo verde do mu-nicipio co seu nome, labor que deu osseus froitos no ano 2001 ao aprobar oConcello de Vilagarcía no pleno de 26de abril de 2001 poñer o nome de "Par-que botánico Enrique Valdés Bermejo”a un parque do noso municipio.

Enrique Valdés, de pé -o terceiro empezando pola esquerda-,na Cea Micolóxica de 1996.

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 7

Page 8: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Daquela xa naceran cogomelos,e prantamos a araucaria no teu parque,e a Alba Plena, xunto á fonte,regalounos ás primeiras flores.

A pesares daquel outono espido,cheiraba a natureza a vida,e a túa voz,no recordo,voaba entre as ponlas dás árboresimpartíndonosas túas clases de botánica,cheas de humilde sabedoría.

Alí, un cogomelo primeirizoesperaba ansioso unha ollada,de quen, sen posible equivoco,poríalle nome, e apelidos.

Mais, ti non estabas alí,e non había ninguén que soubera chamarte, aló dás tebras dá ausencia.

Eu intenteino, outros tamén…E dende máis aló dos sentimentos,respostou o silencio.

¡Que frío, amigo Enrique¡,cubriu o parque centenario.Oxidouse de súpeto a Alba Plena,enrugouse de inverno o cogomelo,e chorou de pena a natureza.

Unha bágoa rodou polas meixelasdeste aprendiz de amigo dos amigos,que coa alma encollida de tristura,deixou atrás o parquecheo de voces, de verbas, de ruídos.

Marchei falando cos recordosDesas cousas que falamos os amigos.

José Ramón QuintánsSocio de “A Cantarela”

O ano 1999 falecía Enrique Valdés Bermejo, socio fundador de A Cantarela,farmacéutico, ou mellor boticario, que era como quería ser chamado. Infatigableinvestigador no eido da Botánica, persoa afable e de trato exquisito, e excelenteamigo e compañeiro. No ano 2001 o Concello de Vilagarcía, a petición de ACantarela, poñíalle o seu nome a un parque: “Parque Botánico Enrique Valdés

Bermejo”. Aquel día plantouse unha Araucaria brasilensis que Enrique trouxera deBrasil. Este poema recorda aquel emotivo acto.

EN LEMBRANZA DE ENRIQUE VALDÉS BERMEJO

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 8

Page 9: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Actividades anuais da CantarelaOutono Micolóxico.

Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza,dende a súa fundación, o Outono Micolóxico, realizando numerosas actividadesarredor do mundo dos cogomelos.

Concurso de Fotografía Micolóxica “Enrique Valdés Bremejo”.

Convocouse por primeira vez no ano 1998 en recordo de Enrique Valdés Bermejo,Socio Fundador e Presidente de "A Cantarela", excelente micólogo e compañeiro,falecido o ano 1997.

Concurso de Cociña.

Dende o ano 1984, A Cantarela ven celebrando este concurso, que ten grandeaceptación entre os afeccionados ao mundo dos cogomelos. Ten dúas modalida-des: pratos salgados e pratos doces.

Concurso de Debuxo Escolar.

No ano 2000 iniciamos este concurso tratando de introducir, dun modo divertido,aos nenos e nenas de primaria, na micoloxía. Participan todos os colexios de E. Pri-mario do municipio de Vilagarcía.

Concurso de Escaparates.

Convócase este novo concurso como un medio máis de chamar a atención do pú-blico sobre o mundo dos cogomelos e as actividades do Outono Micolóxico, e comoun complemento aos carteles e folletos.

Exposición de Cestas de Outono.

Con ánimo de mellorar a decoración do espazo onde se celebra a Festa dos Cogo-melos, convócase dende o ano 2003, unha exposición de cestas de outono. Non éun concurso e a todos os que presentan cestas se lles fai entrega dun obsequio.

Maquetas sobre a natureza.

Dende o ano 2001, para complementar o Concurso de Debuxo Escolar, os colexiosde primaria elaboran maquetas sobre a natureza e os cogomelos.

Saídas de Primavera.

Cada primavera realizamos Saídas de Senderismo a lugares de especial interese,paisaxístico ou monumental, de Galicia e do resto de España e Portugal. Iniciáronseno ano 1997.

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 9

Page 10: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

ACantarela empezou coas súas actividades micolóxicas no ano l983. Nesemesmo ano fixemos o primeiro Concurso de Cociña. Os pratos presentábanseno restaurante onde se celebraba a Cea Micolóxica e logo dábanse a catar

aos comensais. No ano 1991 decidiuse facelo en domingo pola mañán, como remate das acti-

vidades, dando a probar de seguido ao público os pratos presentados. Fíxose noLiceo Marítimo, que era onde se celebraban eses anos os Outonos Micolóxicos.Como observamos que a xente que acudía era cada ano en mayor número, pensa-mos en facelo noutro lugar e darlle a todo o mundo a oportunidade de catar os co-gomelos mediante a preparación a gran escala dos mesmos. Por este motivo, aoseguente ano, 1992, organizamos a 1ª Degustación Popular de Cogomelos, acom-

pañada do Concurso de Cociña, na Praza da Pei-xería, aberta a todo o mundo e preparando nós ospratos.

Nos primeiros anos da festa o cociñeiro foi Ma-nuel Bueno e o prato que se preparaba era arrozcon cogomelos.O éxito foi sorprendente repartíndose nesa pri-

meira Degustación arredor de 300 racións.No ano 1998 decidimos cambiarlle o nome por

Festa dos Cogomelos.Dende aquela data, ano tras ano, vimos cele-

brando este evento, cada vez con maior asistenciade público (a media está en 900 racións), e ten-tando cada ano de facer novas preparacións.Os cociñeiros que colaboraron na festa ao longo

destes anos foron: Manuel Bueno Piñeiro, RafaelGonzález Riveiro, Enrique Fernández Santiago,Pablo Constenla Lages, Juan Luís Patiño Pérez, Ma-

nuel Vidal Torrado, Fermín Arines Cuevas, José Padín Abal, Ricardo Torrijos Suárez,José Luís Tomé Ortega , Rubén García Castrelo(Patxi) e José Luís Fernández Aceña.Ao carón dos cociñeiros houbo e hai sempre un numeroso grupo de persoas,

sobre todo mulleres, membros da agrupación, que se ocupan, o día anterior á festa,dos preparativos previos: picado dos cogomelos e demáis vexetais, elaboracióndos caldos, decoración do lugar...etc. Os pratos que se ofreceron ao longo destes anos foron: cogomelos con arroz,

con pasta, con fabas, con vexetais, con carne, con algas, con patacas e panceta,con gulas,e con garabanzos; filloas recheas de langostinos e cogomelos, pastel fríode cogomelos , empanadas e pementos do piquillo recheos.

A Festa dos Cogomelos

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 10

Page 11: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

XXVI Concurso de Cociña de CogomelosBASES

1.- Os pratos poderánse traer feitos ou ben cociñalos no lugar do concurso,Praza da Peixeiría de Vilagarcía, e presentarse antes das12,30h. do día 15 de novembro de 2009.2.- Todos os pratos presentados deberán vir acompa-ñados obrigatoriamente da RECEITA, mencionandoas clases de cogomelos que se empregaron nasúa preparación e presentando, asemade,un exemplar de cada tipo de cogomelo em-pregado.3.- Cada concursante só poderá optar a unpremio en cada categoría.4.- O Xurado valorará, para a adxudicación dospremios, o realce do valor gastronómico dos cogo-melos empregados, así como a súa presentación.5.- PREMIOS.

4 Pratos salgados: tres premios consistentes cada undeles en trofeo e diploma.

4 Pratos doces: dous premios, ambos con trofeo e diploma.

VII Exposición de Cestas de OutonoBASES

1.- Poderá presentarse calquera persoa que o desexe.2.- Cada concursante poderá presentar máis dunhacesta.3.- As cestas estarán elaboradas baseándose nos co-gomelos, podéndose engadir outros frutos do outonoe elementos de adorno naturais ou artesanais.4.- As cestas deberán de presentarse na Praza da Pei-xeiría o día 15 de novembro antes das 11,00 h.5.- A cada concursante se lle dará un agasallo, inde-pendentemente do número de cestas que presente.

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 11

Page 12: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

I Concurso de EscaparatesBASES

1. - A Agrupación Micolóxica "A Cantarela" convoca un concurso de ornamentaciónde escaparates con motivos alusivos ao tema "OS COGOMELOS", sen ningún tipode limitación estética.2. - Poderán participar os establecementos comerciais do concello de Vilagarcía deArousa.3. -No escaparate deberá incluirse en lugar visible o cartel do Outono Micolóxico2009.4. - Os escaparates deberán permanecer montados dende o día 8 ao 15 de novem-bro.5. - A inscrición poderá realizarse a través do enderezo electrónico [email protected] ou ben chamando ao teléfono 630 493 4976. - O xurado estará composto por: un socio da Cantarela, un artista local e un mem-bro de Zona Aberta.7. - O xurado fallará os premios o día 10 de novembro.8. - PREMIOS: Tres premios consistentes en figura de porcelana montada sobrepeaña e con placa identificativa da súa categoría, e diploma.9. - A entrega de premios será o día 21 de novembro ás 20,00h. no Auditorio de Vi-lagarcía.10. - A participación no concurso implica a aceptación das súas bases.

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 12

Page 13: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Consellospara a recollida de cogomelos

4 Non colla cogomelos que estean preto de estradas, vertedeiros, lugaresonde haxa emanacións de gases ou se empreguen pesticidas, polas posibilidadesde contaminación por metais pesados (chumbo, cadmio, mercurio,…).

4 Non empregue bolsas de plástico. O mellor é unha cesta de vimbio ououtro recipiente ríxido (cartón ou madeira) que lles procure unha boa ventilación.

4 Non os arrinque. Corte ou pé cun coitelo e límpeos non propio campo, xaque deste xeito facilitaremos a diseminación dás esporas.

4 Diferencie en recipientes distintos os cogomelos que vai consumir, dosque leva para estudar, neste último caso deberá arrincalos enteiros, para poderapreciar todas ás súas características.

4 Non destrúa os cogomelos que descoñeza, nin os que son venenosos,pois todos teñen un papel moi importante na Natureza.

4Non colla exemplares pequenos. Se espera uns días poderá ter unha co-lleita máis abondosa.

4 Tampouco debe coller exemplares vellos ou moi deteriorados. O máis se-guro é que teña que tiralos de volta á casa.

4Colóqueos na cesta co chapeo boca abaixo, para evitar que se manchen.4 Non colla máis dos que vai consumir.4Comprobe, un por un, todos os exemplares cando os saque do cesto. Re-

xeite os anacos soltos.

4 Se non os coñece ou ten a máis mínima dúbida nonos coma.4 Non se fíe de consellos falsos: a culler de prata; os allos que se poñen

negros; se os comen os animais tamén podemos comelos os humanos. .... son cren-zas sen fundamento.

4 Por último, se ten sospeita de envelenamento ou intoxicación grave chamea este teléfono: Instituto Nacional de Toxicología 91 562 04 20.

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 13

Page 14: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Saídas de primavera4 8 de marzo: Senda do Ulla-Catoira.- Pequena ruta que, partindo de Catoira per-corre a marxe sur do río Ulla. Percorrido curto, de aproximadamente 4,5 kms., ida evolta, totalmente chairo, con tramos de terra e, naqueles tramos que salva anacosda marisma, de madeira.

4 22 de marzo: Muíños do Folón-Picón e Monte Aloia.-No municipio de O Rosal,a ruta dos Muíños de O Folón e de O Picón, permitiunos gozar dun conxunto singularde 27 muíños (ruta de O Folón) e outros 24 (ruta de O Picón). Sendeiro circular de8 kms., con forte desnivel que se salva con chanzos, na parte de O Picón e, porsendeiros de terra en O Folón. Pola tarde subimos ao monte Aloia, declarado Parque Natural en 1978.

4 22 de marzo: Lourizán e Cotorredondo.-O pazo de Lourizán, a 3 kms. de Pon-tevedra, é un maxestuoso edificio, mestura de clasicismo modernista, obra do ar-quitecto Genaro de la Fuente. O terreo que o rodea é un arboreto de 54 Has, e unespléndido Xardín Botánico, no que se poden observar preto de 2000 árbores pro-cedentes de todo o mundo. A variedade de árbores e plantas é enorme: cipreses,araucarias, cedros, plátanos, ligustros, fentos arborescentes e un longo etc.Neste belo recinto atópase o Centro de Investigacións Ambientais e Forestais deLourizán. O Parque da Natureza do Lago Castiñeiras, en Cotorredondo foi a nosaseguinte visita.

4 19 de abril: Ruta do Arenteiro.- Empezamos o percorrido, de 8 kms. en A Pon-terriza, camiñando entre unha densa vexetación de bosque autóctono. Cruzamos o

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 14

Page 15: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

río Arenteiro e achegámonos a Moldes para visitar a súa igrexa románica.Continuamos ata Paradela e descendemos para cruzar de novo o río pola Ponte

do Castro. Pasamos por Cume de Vila e Cabanelas ata chegar ao Pozo dos fumesseguindo un sendeiro ao bordo do río, e sempre á sombra dunha espesa vexetaciónarbórea autóctona.

Rematamos a ruta en Pazos de Arenteiro, pobo antano, de gran historia e riquezacomo o manifestan as súas numerosas casas nativas.

Pola tarde achegámonos ao castelo de Sobroso, antiga fortaleza medieval, pró-xima a Mondariz Balneario.

4 22, 23 e 24 de maio: O Douro (Portufgal).- Saímos ás 8 da mañá cara a Braga,onde visitamos o Santuario do Bom Jesús, lugar de marabillosas vistas e coidadoparque. Continuamos a Guimaraes, cidade declarada pola UNESCO Patrimonio daHumanidade e que será Capital Europea da Cultura no ano 2012.

Pola tarde seguimos a nosa viaxe con destino a Finca de Mateus, en Vila Real,de cuidadísimos xardíns, que rodean á Casa de Mateus, considerada a obra mestrade arquitectura barroca portuguesa.

En Vila Real, capital da rexión de Tras os Montes, rematamos este primeiro díade viaxe e aloxámonos no Hotel Miracorgo, de coidadas instalacións e situado aolado do canón do río Corgo, con espectaculares vistas sobre este.

Ao día seguinte dirixímonos a Peso dá Regua, unha preciosa vila na beira doDouro, onde nos esperaba o noso guía Antonio de Jesús Santos, Técnico de Turismoda cidade de Lamego. Antonio tíñanos preparado un cruceiro polo Douro e unhacurta viaxe en tren ata Pinhao. As dúas actividades fixéronnos gozar das vistas sobreo río e sobre as marxes deste, totalmente cubertas de plantacións de vide, cousanatural, porque estabamos no corazón mesmo da denominación de orixe "Douro".

Despois de comer fomos a Lamego, cidade que soubo conservar intacto un va-lioso patrimonio cultural, e que responde ao título de "Cidade Corazón de Portugal".Visitamos, sempre acompañados por Antonio, a súa catedral, museo e o santuariode Nossa Señora dos Remedios, a escalinata da cal, de 686 chanzos, parte prácti-camente do centro da cidade. O Santuario e a escalinata de arquitectura barroca,están rodeados dun marabilloso parque que completa o conxunto deste fermosolugar.

Para finalizar, visitamos unha adega onde tivemos oportunidade de degustar unsviños da zona.

Comezamos o noso terceiro día de viaxe cunha visita a Amarante, ás beiras doTámega, cruzado pola Ponte de San Gonzalo, e que conduce ao mosteiro do séculoXVI.

Peñafiel foi o noso seguinte foi último destino e ali visitamos o parque do Sa-meiro.

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 15

Page 16: Maquetación 1 copiar Cantarela(1).pdf · Outono Micolóxico. Durante o mes de outubro e a primeira quincena de novembro A Cantarela organiza, dende a súa fundación, o Outono Micolóxico,

Folleto Cantarela:Maquetación 1 copiar 16/10/09 15:55 Página 16