Maqueta Material docente - uvigo.gal · Cantiga 1: «Ondas do mar de Vigo» ... cuanto tratase...

74

Transcript of Maqueta Material docente - uvigo.gal · Cantiga 1: «Ondas do mar de Vigo» ... cuanto tratase...

Vigo, 2017

Os autores dan permiso para distribuir esta obra de acordo cunha licenciaCreative Commons – Recoñecemento – Non comercial (CC BY-NC)

BY NC

3

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

ÍndicePrimeira parte

Introdución teórica

1.- O Pergamiño Vindel

A- Os pergamiños

A-1) Os soportes da escritura

A-2) Que é un pergamiño

B- Un pergamiño chamado Vindel

B-1) Quen foi Vindel

B-2) Historia do Pergamiño Vindel

B-3) Características do Pergamiño Vindel

2.- A poesía trobadoresca

A- O fenómeno trobadoresco: características xerais

A-1) Poesía en lingua romance

A-2) Que significa trobadoresco?

B- A poesía trobadoresca galego-portuguesa

B-1) As cantigas profanas

B-2) As cantigas relixiosas

B-3) Características formais da poesía trobadoresca

3.- O trobador Martin Codax

A- Quen foi Martin Codax

B- A produción poética de Martin Codax

Segunda parte

As sete cantigas de Martin Codax: os textos

Cantiga 1: «Ondas do mar de Vigo»

Cantiga 2: «Mandad’ hei comigo»

Cantiga 3: «Mia irmana fremosa, treides comigo»

Cantiga 4: «Ai Deus!, se sab’ora meu amigo»

Cantiga 5: «Quantas sabedes amar amigo»

Cantiga 6: «Eno sagrado, en Vigo»

Cantiga 7: «Ai ondas que eu vin veer»

4

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Terceira parte

Actividades

Que podemos facer coas cantigas nunha clase?

0.- Advertencia preliminar: a lingua da época trobadoresca

1.- Lectura (e audición) das cantigas

2.- Interpretar a melodía das cantigas

3.- Descubrir a estrutura métrica da composición

4.- Facer unha versión poética en lingua actual

5.- Dramatización de cantigas

6.- A poesía neotrobadoresca contemporánea

7.- Contamos o número de sílabas dos versos

8.- Análise de dous artificios: paralelismo e leixaprén

9.- Lectura do Pergamiño Vindel

10.- Outras propostas de actividades

Bibliografía básica

Bibliografía citada nas «Outras propostas de actividades»

5

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Primeira parteIntrodución teórica

1.- O Pergamiño Vindel

Ocupámonos do Pergamiño Vindel, e será conveniente que antes de nada coñezamos que é un pergamiño e por que se chama Vindel.

A- Os pergamiños

A-1) Os soportes da escritura

Podemos escribir sobre varios materiais, que por iso son chamados so-portes da escritura.

Habitualmente escribimos hoxe sobre papel. De papel son, por exem-plo, os nosos cadernos ou os folios. Papel é tamén o material máis co-mún para os traballos impresos: en papel están escritos normalmente os libros e os xornais.

O papel é actualmente o máis común soporte da escritura. Pero non é o único. Pódese escribir tamén sobre outros materiais: algúns son materiais brandos (como é, por exemplo, a area dunha praia) e outros duros (como son os diversos tipos de pedra ou os metais). Temos ta-mén os soportes electrónicos e dixitais (como son os ordenadores e os teléfonos móbiles).

O papel é un invento que procede do Oriente (China) e divulgouse en Europa nos séculos finais da Idade Media. Por ser un produto máis barato e de máis doada fabricación que os anteriores soportes da escri-tura tivo unha difusión crecente, favorecida tamén pola invención da imprenta no século XV.

A-2) Que é un pergamiño

Antes de difundirse o uso do papel, o soporte de escritura habitual en

6

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Europa era o pergamiño.

Un pergamiño é un anaco de pel dun animal, limpa de pelo e con-venientemente tratada para que poida servir de soporte de escritura. Para iso, o coiro tivo que ser curtido, é dicir, someteuse a un proceso de limpeza e de secado que o deixou apto para o manexo.

Os pergamiños poden ser de moi diferentes tamaños e podían usarse como follas soltas ou como follas encadernadas para constituír un libro manuscrito, chamado «códice».

Os animais cuxa pel máis frecuentemente se usaba para elaborar perga-miños eran becerros (para os de tamaño grande) e ovellas ou carneiros (para os de menor tamaño).

B- Un pergamiño chamado Vindel

B-1) Quen foi Vindel

Vindel é, antes de máis, un topónimo: é o nome dun pequeno conce-llo pertencente á provincia de Cuenca (na comunidade autónoma de Castilla-La Mancha). Pero aquí non falamos dun topónimo senón dun apelido, é dicir, dunha persoa.

O Pergamiño Vindel recibiu o seu nome dun home que se apelidaba así: Pedro Vindel.

Pedro Vindel (1865-1921) foi un libreiro madrileño, especializado no comercio da compra e revenda de libros e manuscritos antigos. A súa libraría chegou a ser moi famosa.

En 2014, celebrando o centenario do descubrimento do Pergamiño Vindel, realizouse un longo documental sobre a vida de Pedro Vindel, por iniciativa dos seus descendentes, titulado precisamente El Manus-crito Vindel.

B-2) Historia do Pergamiño Vindel

No seu negocio de libros antigos o libreiro Pedro Vindel comprou po-los anos dez do século XX un códice manuscrito do século XIV que

7

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

contiña un texto clásico en latín do gran escritor latino Cicerón, titula-do De officiis («Acerca dos deberes»).

O volume tiña como forro protector un pergamiño. Ao quitarlle o fo-rro Vindel descubriu que o pergamiño, que pola parte exterior viña en branco, pola parte interior estaba escrito. Os textos que contiña resultaron ser poesías: as sete cantigas, xa coñecidas anteriormente, do trobador Martin Codax.

Os textos das sete cantigas de Martin Codax xa eran coñecidos, como di-xemos, pero este manuscrito posuía un valor especial, por dous motivos:

1. en primeiro lugar, porque a letra en que estaba escrito e as carac-terísticas do pergamiño mostraban que procedía da época troba-doresca; e

2. en segundo lugar, porque seis das sete cantigas aparecían acompa-ñadas da melodía orixinal, que era ata entón descoñecida.

O mesmo Pedro Vindel, baixo o pseudónimo D. L. D’ORVENIPE, deu pouco despois (en 1914) noticia do achado nunha revista de Madrid

8

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

con reprodución facsimilar de dúas das cantigas. No ano seguinte, publicou, en edición moi limitada, un folleto cos textos e imaxes das sete cantigas en reprodución facsimilar.

Vindel sacou despois á venda o pergamiño e foi comprado polo musi-cólogo e diplomático malagueño Rafael Mitjana (1869-1921), que re-sidiu como funcionario diplomático en varios países e, finalmente, en Suecia, onde faleceu prematuramente.

O propio Vindel deixou escrita a información sobre a venda:

En octubre de 1918 me visitó D. Rafael Mitjana, diplomático espa-ñol, por entonces con destino en Suecia, interesándose por todo cuanto tratase sobre música, pues dijo estaba haciendo el catálogo de obras existentes de esta disciplina en la Biblioteca de Upsala, y allí deseaban adquirir lo que no tenían sobre esta materia. Me compró en 6000 pesetas las Canciones de Amor...; y así, por 6000 pesetas, salió de España el documento de más valor histórico-lite-rario de cuantos he poseído. (Paul Cid Noe, Pedro Vindel: historia de una librería, 1865-1921, Madrid 1945, pp. 79-80).

Cando Mitjana morreu, en 1921 en Estocolmo, o pergamiño quedoulle á súa viúva e despois aos herdeiros. Estes vendérono e pasou ás mans de anticuarios. Finalmente, acabou saíndo á poxa pública en 1977 en Londres. Aí foi onde o comprou unha biblioteca privada dos Estados Unidos de América, a Pierpont Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde entón coa catalogación Ms. 979.

B-3) Características do Pergamiño Vindel

O pergamiño ten unhas medidas duns 34 x 45 centímetros. Parece es-tar constituído por un bifolio, isto é, unha dobre folla (= catro páxinas en total, pero só dúas están escritas).

Como dixemos, está escrito só por unha das dúas caras. O texto apare-ce a dúas columnas en cada unha das dúas metades; por tanto, en total consta de catro columnas, que teñen respectivamente 26, 24, 23 e 17 liñas.

9

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Sobre a súa función orixinaria, ten habido opinións diferentes. Pen-souse primeiramente que se trataba dun rolo ou rótulo, é dicir, dunha folla destinada a ser enrolada, para ser transportada máis doadamente, por exemplo por un xograr. Pero agora, atendendo aos furados que presenta verticalmente na dobrez central, pénsase máis ben que o bifo-lio estaba cosido facendo parte dun caderno, como se procedese dun antigo códice.

2.- A poesía trobadoresca

A- O fenómeno trobadoresco: características xerais

A-1) Poesía en lingua romance

As orixes da poesía trobadoresca: da poesía latina medieval ao troba-dorismo romance

Na primeira parte da Idade Media, o latín era a lingua habitual, tanto falada como escrita, na nosa terra e en gran parte de Europa occiden-tal. A poesía que entón se facía estaba, pois, en latín.

10

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

As condicións previas: o nacemento das linguas (e das literaturas) ro-mances.

Arredor do ano mil, o latín falado acabou desmembrándose en varias linguas diferentes: italiano, francés, provenzal, catalán, castelán, gale-go-portugués... Debemos supor que, a partir dese momento, de manei-ra espontánea comezou a aparecer unha literatura popular nas dife-rentes linguas: cantigas populares, contos, adiviñas, etc. Pero pasaría aínda algún tempo antes de que comezasen a aparecer textos escritos nas novas linguas.

Os inicios da poesía trobadoresca na área provenzal (século XII)

O cultivo da poesía en lingua romance colleu impulso primeiramente na área de lingua provenzal (que abarcaba a metade meridional do que hoxe é Francia). A poesía provenzal alcanzou un alto grao de mestría lingüística e literaria, e gozou da admiración xeral tanto entre os erudi-tos da época como popularmente.

Extensión polas outras áreas románicas (séculos XIII-XIV)

A nova corrente poética provenzal comezou a ser imitada logo noutras áreas lingüísticas. Así chegou tamén o seu influxo á nosa área lingüísti-ca, por diversos camiños: as peregrinacións a Santiago, as relacións de parentesco entre familias nobres etc.

A-2) Que significa «trobadoresco»?

Chegados a este punto, podemos preguntarnos por que falamos de poesía trobadoresca e non simplemente, por exemplo, de poesía me-dieval, e por que aos seus autores lles chamamos trobadores e non sim-plemente poetas.

Algo de luz nos pode dar xa o feito de que a eses poemas non lles chamamos simplemente «poesías», senón «cantigas». Porque a carac-terística fundamental da poesía trobadoresca é que se trata de poesía cantada, poesía con música.

Trobador é, por tanto, un poeta que non só compuxo o texto poético senón tamén a melodía con que ía ser cantado.

11

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

A difusión por medio do canto

Nos nosos tempos, como sabemos, a poesía difúndese sobre todo por escrito. Os poetas compoñen os seus poemas por escrito e publícanos como textos escritos (en libros ou revistas ou, nos tempos máis recen-tes, tamén dixitalmente).

Os destinatarios da poesía (os lectores) coñecen eses textos por medio da lectura.

Na época medieval non era así. Hai que ter en conta, en primeiro lugar, que pouca xente sabía ler, e, en segundo lugar, que os textos escritos (libros ou follas soltas) eran feitos á man (manuscritos) e, por tanto, de elaboración lenta e custosa, de modo que resultaban caros.

Por ese motivo explícase que a difusión da poesía trobadoresca fose por medio do canto.

A poesía trobadoresca como fenómeno sociocultural pluridimensional

Como vemos, a poesía trobadoresca non é só unha corrente poética. Comprende varias dimensións: ademais da dimensión literaria, inclúe unha dimensión musical e unha terceira dimensión de espectáculo co-lectivo.

1. A dimensión literaria: poemas

En primeiro lugar, a poesía trobadoresca era, efectivamente, poesía: un conxunto de poemas, moitos deles de alto valor literario.

2. A dimensión musical: melodías

En segundo lugar, o movemento trobadoresco era tamén un fenómeno musical: os poemas ían acompañados de melodía, de xeito que a poesía trobadoresca era máis que poesía: comprendía un conxunto de melo-días, destinadas a ser aprendidas e cantadas tamén pola xente.

3. A dimensión de espectáculo colectivo

O feito de que a poesía trobadoresca incluíse melodías e estivese des-tinada a ser difundida por medio do canto implicaba unha terceira dimensión: a de constituír un espectáculo colectivo.

12

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Aquí entra en xogo unha figura fundamental no movemento trobado-resco: a dos xograres.

Trobadores e xograres

No movemento trobadoresco, os actores fundamentais foron os troba-dores e os xograres.

Os trobadores. Eran, como xa dixemos, os autores das cantigas, tanto do texto poético como das melodías que os acompañaban.

Entre os trobadores había persoas de alta categoría social: entre eles cóntanse, por exemplo, os reis Afonso X o Sabio, de Castela e León, e Don Denís, de Portugal e diversas personalidades da nobreza ou da política, clérigos etc.

Os xograres. Eran os intérpretes das cantigas: cantaban acompañados por algún instrumento, normalmente de corda. A xograría era, pois, unha profesión que vivía de cantar as cantigas para os oíntes.

Pero algúns xograres foron ao mesmo tempo trobadores, porque, ade-mais de dedicarse profesionalmente a interpretar as cantigas, foron ta-mén eles autores de cantigas.

En xeral, os xograres constituían unha profesión humilde, pero non deixaban de gozar da simpatía común: eran persoas de certa cultura, coñecidas por moita xente e estimadas porque con eles chegaba a alegría e a diversión.

13

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Había xograres ao servizo dalgún potentado, nas cortes señoriais ou mesmo nas cortes dos reis.

Outros eran ambulantes: levaban consigo un pequeno espectáculo, ás veces coa compañía dalgún axudante e actuaban naqueles lugares onde eran ben recibidos, especialmente onde se congregase unha multitude de público: nas feiras, nas romarías, nas prazas das vilas, nos castelos...

Como pago polo seu traballo recibían ou diñeiro ou, máis frecuente-mente, recompensas en especie (por exemplo: comida ou roupa).

B- A poesía trobadoresca galego-portuguesa

Perspectiva xeral

Por «poesía trobadoresca galego-portuguesa» enténdese un conxunto de cantigas (nun total dunhas 2100) compostas na nosa lingua nun pe-ríodo que vai aproximadamente de 1200 a 1350. Abarca, por tanto, uns 150 anos, que corresponden aos comezos da historia literaria da nosa lingua. Foron compostas por uns 160 trobadores.

Ese conxunto ou corpus de cantigas chegou a nós en varios manuscri-tos. Estes manuscritos trobadorescos presentan diferenzas en canto ao número de cantigas que inclúen, pero coinciden substancialmente na mesma distribución e na orde das cantigas. Cando falamos en xeral dos «nosos cancioneiros trobadorescos» referímonos a ese conxunto ou corpus de cantigas e á distribución coincidente entre os diferentes manuscritos.

Acostuma distribuírse a nosa poesía trobadoresca en dous grandes blo-ques:

• Por un lado, as cantigas profanas (amorosas ou satíricas fundamentalmente).

• Por outro, as cantigas relixiosas (constituídas polas Cantigas de San-ta María).

14

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

B-1) As cantigas profanas: xéneros

O número das cantigas que conforman o conxunto das cantigas profa-nas é de aproximadamente 1 680.

Os tres xéneros maiores

Ese rico corpus poético aparece distribuído fundamentalmente en tres grandes xéneros: «cantigas de amor», «cantigas de amigo», e as com-posicións satíricas ou burlescas, chamadas «cantigas de escarnio e mal-dizer».

1. Cantigas de amor. Aparecen postas en boca do home namorado, que se dirixe á súa amada (á cal chama habitualmente «[mia] sen-hor», isto é, ‘miña señora’) ou fala dela. En gran medida desenvol-ven conceptos e técnicas poéticas tomadas da poesía trobadoresca provenzal. Son unhas 700.

2. Cantigas de amigo. Son poemas de muller postos normalmente en boca da rapaza namorada, que se dirixe ao seu amigo ou fala del. Constitúen a parte máis orixinal e de maior encanto da nosa poesía trobadoresca. Son unhas 500.

3. Cantigas de escarnio. Son burlas versificadas, dirixidas a persoas individuais ou a grupos sociais sobre asuntos diversos (literarios, profesionais, sexuais, económicos, políticos...). Son unhas 400.

Os xéneros menores

Ademais destes tres grandes xéneros, poden distinguirse outros co-ñecidos habitualmente como «xéneros menores», por ser reducido o número de composicións que os constitúen: por exemplo, a tençom (debate entre dous trobadores), a pastorela (relato do encontro do trobador cunha pastora no campo), o pranto (pola morte dalgunha persoa importante).

Estes «xéneros menores» aparecen na tradición escrita integrados nos tres xéneros maiores, como subxéneros: así, a tençom inclúese frecuen-temente entre as cantigas de escarnio (a pesar de que non sempre a súa temática é burlesca) e a pastorela entre as cantigas de amigo.

15

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

B-2) As cantigas relixiosas

As cantigas trobadorescas relixiosas son coñecidas co título xenérico de Cantigas de Santa María, porque están feitas en honra da Virxe María. Foron elaboradas na corte do rei Afonso X de Castela e León (rei entre 1252 e 1284). Son en total 420 cantigas.

B-3) Características formais da poesía trobadoresca

Do punto de vista formal, as unidades fundamentais que constitúen as composicións trobadorescas son o verso e a estrofa.

En relación con esas dúas unidades temos que ocuparnos tamén do retrouso, chamado refrán cando se fala da poesía trobadoresca.

Trataremos de cada un deses tres puntos sucesivamente.

a- O verso

Os elementos fundamentais constitutivos do verso na poesía trobado-resca son dous: a medida silábica e a rima.

a-1) A medida silábica

Os trobadores tiñan gran coidado na medida silábica dos versos. O principio fundamental era a regularidade estrófica: pode haber den-tro dunha mesma estrofa versos de diferentes medidas, pero aplícase o mesmo esquema métrico a todas as estrofas que constitúen a cantiga.

Dese xeito, resulta posible que todas as estrofas dunha cantiga encai-xen ben dentro dunha mesma melodía.

a-2) A rima

Dos dous tipos de rima existentes na nosa poesía, consonante e aso-nante, na poesía trobadoresca predomina a rima consonante; pero hai tamén algúns casos de rima asonante, case exclusivamente nas cantigas de amigo e nas satíricas.

A rima pode ser oxítona (aguda) ou paroxítona (grave); na poesía tro-badoresca non aparecen rimas esdrúxulas.

16

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

b- A estrofa

O número de estrofas que posúen as diferentes cantigas do corpus tro-badoresco é variable.

Son bastantes as cantigas que se presentan nos manuscritos como mo-nostróficas (é dicir, dunha única estrofa). Dalgunhas podemos sospei-tar se no curso da transmisión textual se perderían outras estrofas, pero de varias cantigas monostróficas parece máis probable que fosen com-postas así intencionadamente polos propios autores.

No entanto, a maioría das cantigas son polistróficas: posúen, polo me-nos, dúas estrofas completas; e é neste tipo de composicións onde po-demos observar o funcionamento da estrofa como unidade de compo-sición poética.

O primeiro que debemos notar é que, tamén con respecto ás estrofas, a característica basilar da nosa poesía trobadoresca é a regularidade: o normal é que en todas as estrofas dunha cantiga se manteña non só o mesmo esquema métrico senón tamén a mesma fórmula rimática.

c- O refrán

Moitas cantigas trobadorescas teñen un retrouso que se repite en todas as estrofas que recibe o nome, xa desde a época trobadoresca, de refrán.

Por tanto, non debemos confundir o sentido desta denominación tro-badoresca de refrán co significado que ten hoxe esta palabra: hoxe por refrán entendemos un dito de sabedoría popular. Por exemplo: «Abril, augas mil», ou «Xaneiro, xeadeiro». Pero, cando tratamos da poesía trobadoresca, refrán equivale ao que hoxe chamamos retrouso.

Segundo teñan ou non refrán, as cantigas trobadorescas distínguense en dúas clases: cantigas de refrán e cantigas de mestría.

O refrán pode estar formado por un verso ou por varios.

Normalmente o refrán sitúase na parte final da estrofa, pero hai tamén casos de refrán intercalado no medio da estrofa.

17

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Nalgúns casos o refrán final de estrofa aparece ademais como inicio da cantiga. Este feito é raro nas cantigas profanas, pero é o caso habitual nas Cantigas de Santa María.

O refrán estaba destinado a ser cantado por todo o público asistente, que dese xeito tomaba parte activa no espectáculo. Por iso, unha ca-racterística común do refrán é que xeralmente está formado por frases simples, fáciles de entender e de memorizar.

3.- O trobador Martin Codax

A- Quen foi Martin Codax

Martin Codax é un dos aproximadamente 160 trobadores da poesía trobadoresca galego-portuguesa.

O nome do trobador

O primeiro problema co que nos encontramos ao tratar deste trobador é o da forma exacta do seu nome.

Martin. Non presenta problemas o nome Martin, que era na época me-dieval unha variante reducida do nome común Martiño. Era habitual que algúns nomes adoptasen unha forma reducida cando ían seguidos dun apelido ou dun sobrenome, como neste caso.

18

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Codax. Problemático é, polo contrario, o sobrenome Codax: é dubidosa a súa forma (e a súa pronuncia) e, ademais, é inseguro o seu significa-do, calquera que sexa a forma para el adoptada.

Nos manuscritos trobadorescos aparece baixo dúas formas: Codax (ca-tro veces) e Codaz (unha vez). Pero ningunha desas dúas formas, Codax ou Codaz, se ten documentado noutros textos medievais.

Fican, pois, en dúbida a orixe e o significado do nome, para o cal teñen sido propostas diversas explicacións.

A biografía de Martin Codax

Non temos outros datos biográficos sobre o noso trobador que os que poden deducirse das súas cantigas e do lugar que elas ocupan nos can-cioneiros da nosa poesía trobadoresca.

Comezando por este último aspecto (a situación das súas cantigas no conxunto dos cancioneiros), visto que se encontran facendo parte da serie de trobadores que parece constituír un «Cancioneiro de xograres galegos», podemos conxecturar que sería xograr de profesión e galego.

Nas súas cantigas Martin Codax fai alusión repetidamente a un topóni-mo, Vigo. Aínda que hai outros lugares galegos que levan este mesmo nome, todo induce a pensar que debe de tratarse da actual cidade de Vigo, pois os textos fan referencia a unha igrexa (por tanto, igrexa pa-rroquial, e non unha simple ermida rural) situada na beira do mar, e estas circunstancias non conveñen a ningún dos outros lugares galegos que levan o nome Vigo.

Como os restantes trobadores dese hipotético cancioneiro xograresco, Martin Codax tería vivido nunha época indeterminada dentro do pe-ríodo que comprende a segunda metade do século XIII (e quizá tamén os inicios do XIV).

Da segunda das súas cantigas, en que a rapaza manifesta saber que o seu amigo retorna vivo e san e «del-rei amigo», parece deducirse que o trobador (que suporemos se identifica a si mesmo co amigo) andou na corte e probablemente en tempo de guerra: estaría pois na corte

19

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

dalgún dos reis castelán-leoneses dese período, que estiveron perma-nentemente en guerra contra os mouros en Andalucía.

B- A produción poética de Martin Codax

Martin Codax aparece como autor de sete cantigas, todas elas cantigas de amigo, por tanto, postas en boca dunha rapaza.

No «Cancioneiro de xograres galegos»

Como diciamos, dentro do conxunto dos nosos cancioneiros as sete cantigas de Martin Codax aparecen no medio dun grupo de trobado-res, que parecen ser galegos e xograres. Por iso algúns investigadores supoñen que esa sección dos cancioneiros constituía unha especie de «Cancioneiro de xograres galegos».

Os trobadores inmediatamente próximos a Martin Codax, antes e des-pois, son os seguintes (indícase a numeración que corresponde ás can-tigas nos dous índices numéricos xerais dos cancioneiros):

• Golparro: unha cantiga (cantiga 1283 = 58,1).

• Joán de Cangas: tres cantigas (cantigas 1284-1286 = 65,1 e seguin-tes).

• Martin de Ginzo: oito cantigas (cantigas 1287-1294 = 93,1 e seguin-tes).

• Martin Codax: sete cantigas (cantigas 1295-1301 = 91,1 e seguin-tes).

• Airas Páez: dous cantigas (cantigas 1302-1303 = 15,3 e 15,4).

• Fernán do Lago: unha cantiga (cantiga 1304 = 39,1).

• Joán de Requeixo: cinco cantigas (cantigas 1305-1309 = 67,1 e ss.).

Varios deses trobadores teñen unha clara relación con localidades ga-legas, algunhas delas próximas a Vigo: Tui (Golparro), Cangas (Joán de Cangas).

20

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Algunhas particularidades das cantigas de Martin Codax

É de notar, como xa dixemos, que, grazas ao Pergamiño Vindel, con-servamos a melodía de seis das sete cantigas de Martin Codax, feito in-felizmente anómalo no noso trobadorismo profano, por causa de que os outros manuscritos trobadorescos non nos transmitiron as partituras musicais.

No aspecto formal, as sete cantigas de Martin Codax son cantigas de refrán. Unha característica métrica común a todas elas é a anisome-tría (isto é, diferente medida silábica) do refrán cos restantes versos da composición: unhas veces o refrán é máis longo, outras máis curto.

En canto ao contido das cantigas de Martin Codax, no fundamental encontramos temas característicos das cantigas de amigo: a saudade da moza pola ausencia do amigo, a súa alegría polo retorno, o baile festivo...

Como temas máis propios de Martin Codax podemos salientar a impor-tancia do mar (como interlocutor da rapaza namorada e quizá como medio polo que retornará o seu amigo ausente) e do baño mais a refe-rencia insistente a Vigo.

A igrexa de Vigo

Veremos que nas cantigas de Martin Codax se fala dunha igrexa de Vigo que estaba situada cerca do mar.

Ten habido opinións diversas sobre que igrexa era e onde se encon-traba. Os investigadores divídense fundamentalmente entre dúas pro-postas, correspondentes ás dúas parroquias antigas da cidade de Vigo: Santiago e Santa María.

Por varias razóns de tipo histórico parece seguro que Martin Codax se refería á antiga igrexa de Santiago de Vigo (diferente da actual, que é recente). Encontrábase moi cerca do mar, pola zona do Areal, na beira do camiño que de Vigo levaba en dirección a Teis e a Redondela, seguindo a costa.

21

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Segunda parteAs sete cantigas de Martin Codax: os textos

Cantiga 1: «Ondas do mar de Vigo»

Cantiga 2: «Mandad’ hei comigo»

Cantiga 3: «Mia irmana fremosa, treides comigo»

Cantiga 4: «Ai Deus!, se sab’ ora meu amigo»

Cantiga 5: «Quantas sabedes amar amigo»

Cantiga 6: «Eno sagrado, en Vigo»

Cantiga 7: «Ai ondas que eu vin veer»

22

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 1

«Ondas do mar de Vigo»

Trátase dunha cantiga de amigo. É unha cantiga de refrán.

Como é habitual nas cantigas de amigo é unha rapaza a que fala. Neste caso diríxese ás ondas do mar de Vigo preguntándolles polo seu amigo ausente, cuxo regreso ela desexa ardentemente.

Veremos que a cantiga sétima, que é a última da serie de composicións de Martin Codax, retoma o mesmo motivo.

I 1 Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? 3 E ai Deus!, se verrá cedo?

II 4 Ondas do mar levado, se vistes meu amado? 6 E ai Deus!, se verrá cedo?

III 7 Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? 9 E ai Deus!, se verrá cedo?

IV 10 Se vistes meu amado, por que hei gran coidado?

12 E ai Deus!, se verrá cedo?

Cales son as palabras ou expresións que non entendemos?

• verrá (versos 3, 6, 9, 12) é forma arcaica de ‘virá’.

• se vistes meu amigo (versos 2 e 7), se vistes meu amado (versos 5 e 10): enténdase «(pregúntovos) se vistes o meu amigo / amado». A conxunción se ten a función de partícula interrogativa.

• mar levado (v. 4) é o ‘mar levantado’, no sentido de ‘mar encrespa-do’ (pero podería significar tamén ‘mar profundo’). O verbo levar

23

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

na época medieval tiña, ademais do sentido que ten hoxe, tamén o de ‘levantar’.

• hei gran coidado (v. 11) ‘teño gran preocupación’. O verbo haver, ademais de funcionar como auxiliar, tiña na época medieval o va-lor de ‘ter’ (como sucede aínda hoxe en varias linguas; por exem-plo, no inglés have ou no francés avoir).

24

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 2

«Mandad’ hei comigo»

Cantiga de amigo; de refrán.

Exultante de alegría, a rapaza comunica á nai que acaba de saber que o seu amigo regresa, vivo e san, de estar co rei, e quere ir a Vigo, presu-mible-mente para encontrarse con el.

I 1 Mandad’ hei comigo

ca vén meu amigo;

3 e irei, madr’, a Vigo.

II 4 Comig’ hei mandado

ca vén meu amado;

6 e irei, madr’, a Vigo.

III 7 Ca vén meu amigo

e vén san’ e vivo;

9 e irei, madr’, a Vigo.

IV 10 Ca vén meu amado

e vén viv’ e sano;

12 e irei, madr’, a Vigo.

V 13 Ca vén san’ e vivo

e del-rei amigo;

15 e irei, madr’, a Vigo.

VI 16 Ca vén viv’ e sano

e del-rei privado;

18 e irei, madr’, a Vigo.

25

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cales son as palabras ou expresións que non entendemos?

• mandado (vv. 1 e 4) ‘recado, aviso’.

• hei (vv. 1 e 4) ‘teño’. Xa comentamos, a propósito do verso 11 da cantiga 1, que o verbo haver tiña na época medieval tamén o sig-nificado de ‘ter’. Mandad’ hei comigo / ca vén meu amigo quere dicir ‘recibín un aviso / de que vén o meu amigo’.

• ca (cc. 2, 5, 7, 10, 13 e 16) ‘que’.

• sano (vv. 8, 11, 13 e 16) é forma arcaica de ‘san’ (ou ben simple-mente grafia variante da forma normal medieval são).

• del-rei (vv. 14 e 17): el é forma arcaica do artigo determinado, usada só con algúns substantivos referentes a persoas consideradas de es-pecial dignidade, como rei e conde.

• privado (v. 17): ‘amigo ou persoa de confianza, especialmente dun rei’.

26

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 3

«Mia irmana fremosa, treides comigo»

Cantiga de amigo; de refrán.

A rapaza convida a súa irmá a iren xuntas á igrexa de Vigo: poderán ver as ondas do mar e virá tamén o amigo da propia rapaza.

I 1 Mia irmana fremosa, treides comigo

a-la igreja de Vig’, u é o mar salido,

3 e miraremo-las ondas.

II 4 Mia irmana fremosa, treides de grado

a-la igreja de Vig’, u é o mar levado,

6 e miraremo-las ondas.

III 7 A-la igreja de Vig’, u é o mar salido,

e verrá i mia madr’ e o meu amigo,

9 e miraremo-las ondas.

IV 10 A-la igreja de Vig’, u é o mar levado,

e verrá i mia madr’ e o meu amado,

12 e miraremo-las ondas.

Cales son as palabras ou expresións que non entendemos?

• mia (vv. 1, 4, 8 e 11) é forma arcaica de ‘miña’; é vocábulo monosi-lábico (pronunciábase aproximandamente myá).

• irmana (vv. 1 e 4) é forma arcaica de ‘irmá’ (ou ben simplemente grafía variante da forma normal medieval irmãa).

• fremosa (vv. 1 e 4) ‘fermosa’.

• treides (vv. 1 e 4) ‘vinde’: é palabra arcaica. Hai que ter en conta

27

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

que o tratamento normal na época trobadoresca era por vós, que equivalía tanto ao tratamento actual por ti como por vostede.

• a-la (vv. 2, 5, 7 e 10) é forma arcaica da contracción ‘á’ (ou ben simplemente grafía arcaica ou castelanizante da forma normal me-dieval aa).

• u (vv. 2, 5, 7 e 10) ‘onde’.

• u é o mar (vv. 2, 5, 7 e 10) ‘onde está o mar’: o verbo seer ‘ser’ tiña na época medieval os dous valores de ‘ser’ e de ‘estar’ (como sucede aínda hoxe noutras linguas).

• mar salido (vv. 3 e 7) é expresión equivalente de mar levado (vv. 5 e 10) ‘mar levantado’, que vimos xa no verso 4 da cantiga 1; salido é participio do verbo salir, normalmente interpretado como forma arcaica ou castelanizante de sair, que era a forma normal xa na época trobadoresca; pero salido podería ser tamén ‘salgado’).

• de grado (v. 4) ‘de boa gana, con pracer’.

• mar levado (vv. 5 e 10) ‘mar levantado’: xa vimos esta expresión no verso 4 da cantiga 1.

• verrá (versos 8 e 11) ‘virá’: xa encontramos esta forma no refrán da cantiga 1.

• i (vv. 8 e 11) ‘alí’.

28

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 4

«Ai Deus!, se sab’ ora meu amigo»

Cantiga de amigo; de refrán.

Monólogo da moza namorada, que se lamenta de que o seu amigo non sabe que ela está soa en Vigo, sen ninguén que a vixíe.

I 1 Ai Deus!, se sab’ ora meu amigo

com’ eu señeira estou en Vigo

3 e vou namorada?

II 4 Ai Deus, se sab’ ora meu amado

com’ eu en Vigo señeira maño

6 e vou namorada?

III 7 Com’ eu señeira estou en Vigo

e nullas gardas non hei comigo

9 e vou namorada.

IV 10 Com’ eu en Vigo señeira maño

e nullas gardas migo non trago

12 e vou namorada.

V 13 E nullas gardas non hei comigo,

ergas meus ollos, que choran migo,

15 e vou namorada.

VI 16 E nullas gardas migo non trago,

ergas meus ollos, que choran ambos,

18 e vou namorada.

29

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cales son as palabras ou expresións que non entendemos?

• ora (vv. 1 e 4) ‘agora’.

• señeira (vv. 2, 7 e 10) ‘soa’.

• maño (v. 5 e 10) ‘permanezo, estou’.

• nullas (vv. 8, 11, 13 e 16) ‘ningunhas’.

• gardas (vv. 8, 11, 13 e 16) ‘persoas que gardan ou vixían’.

• hei (vv. 8 e 13) ‘teño’: xa encontramos en cantigas anteriores este uso do verbo haver co significado medieval de ‘ter’.

• migo (v. 11, 14 e 16) é variante arcaica de ‘comigo’.

• trago (v. 11 e 16) ‘traio’ (do verbo traer).

• ergas (v. 14 e 17) ‘salvo, excepto’.

30

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 5

«Quantas sabedes amar amigo»

Cantiga de amigo; de refrán.

A rapaza convida as súas compañeiras a iren bañarse ao mar de Vigo, onde ela poderá ver o seu amigo.

I 1 Quantas sabedes amar amigo,

treides comig’ a-lo mar de Vigo,

3 e bañar-nos-emos nas ondas.

II 4 Quantas sabedes amar amado,

treides comig’ a-lo mar levado,

6 e bañar-nos-emos nas ondas.

III 7 Treides comig’ a-lo mar de Vigo,

e veeremo-lo meu amigo,

9 e bañar-nos-emos nas ondas.

IV 10 Treides comig’ a-lo mar levado,

e veeremo-lo meu amado,

12 e bañar-nos-emos nas ondas.

Cales son as palabras ou expresións que non entendemos?

• treides (vv. 2, 5, 7 e 10) ‘vinde’: encontramos esta palabra arcaica xa na cantiga 3.

• a-lo (vv. 2, 5, 7 e 10) é forma arcaica de ao, que era a forma normal.

• bañar-nos-emos (vv. 3, 6, 9 e 12) ‘bañarémonos’: é forma de futuro (bañaremos) con pronome reflexivo (nos) en posición mesoclítica (isto é, intercalado no medio da forma verbal).

31

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

• mar levado (vv. 5 e 10) ‘mar levantado, encrespado’: xa vimos esta expresión nas cantigas 1 e 3.

32

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 6

«Eno sagrado, en Vigo»

Cantiga de amigo narrativa; de refrán.

Cantiga narrativa: neste caso non é a rapaza namorada a que fala senón un narrador impersoal que fai un breve relato descritivo do baile dun-ha fermosa moza no adro da igrexa de Vigo.

I 1 Eno sagrado, en Vigo,

bailava corpo velido.

3 Amor hei!

II 4 En Vigo, [e]no sagrado,

bailava corpo delgado.

6 Amor hei!

III 7 Bailava corpo velido,

que nunca houver’ amigo.

9 Amor hei!

IV 10 Bailava corpo delgado,

que nunca houver’ amado.

12 Amor hei!

V 13 Que nunca houver’ amigo,

ergas no sagrad’, en Vigo.

15 Amor hei!

VI 16 Que nunca houver’ amado,

erg’ en Vigo, no sagrado.

18 Amor hei!

33

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cales son as palabras ou expresións que non entendemos?

• eno (vv. 1 e 4) é forma arcaica da contracción ‘no’.

• sagrado (vv. 1, 4, 14 e 17) ‘o adro (espazo arredor da igrexa)’.

• velido (vv. 2 e 7) ‘belo, bonito’.

• hei (vv. 3, 6, 9, 13, 15 e 18) ‘teño’, uso medieval do verbo haver, que xa comentamos nas cantigas precedentes.

• houver’ = houvera (vv. 8, 11, 13 e 16) ‘tivera’.

• ergas (v. 14) ‘salvo, excepto’.

• erg’ = erga (v. 17) ‘salvo, excepto’.

O refrán («Amor hei!») parece xogar nesta cantiga (como nalgunhas outras doutros trobadores) un papel independente ao desenvolvemen-to textual do relato: é como un eco coral que resoa periodicamente por detrás da voz do narrador, lembrando constantemente a atmosfera en que a acción se desenvolve. Poderiamos comparar a súa función á que tiña o coro na traxedia clásica grega.

Esta cantiga é a única das sete que carece de música no Pergamiño Vin-del: trazáronse as liñas do pentagrama pero non chegaron a escribirse as notas da melodía.

34

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 7

«Ai ondas que eu vin veer»

Cantiga de amigo; de refrán.

Retornando ao escenario da primeira cantiga de Martin Codax, a rapa-za pregunta de novo ás ondas do mar polo seu amigo ausente.

I 1 Ai ondas que eu vin veer,

se me saberedes dizer

3 porque tarda meu amigo sen min?

II 4 Ai ondas que eu vin mirar,

se me saberedes contar

6 porque tarda meu amigo sen min?

Cales son as palabras ou expresións que non entendemos?

• se me saberedes (versos 2 e 5): como xa vimos na cantiga 1, a conxun-ción se ten a función de partícula interrogativa; enténdese «(pre-gúntovos) se me saberedes».

O uso paralelístico dos verbos veer (verso 1) e mirar (v. 4) podería inter-pretarse como un primeiro e incipiente indicio da posterior confusión semántica que se deu na área da ría de Vigo e no Morrazo e que acabou por eliminar da fala popular o verbo ver, substituído en todos os casos por mirar (por exemplo, «mireivos o domingo na tele»).

O retorno ao escenario con que se iniciaba a serie de cantigas de Mar-tin Codax, coa rapaza apostrofando as ondas do mar de Vigo, parece encerrar como nun círculo toda a súa produción poética.

Pero quizá non debamos dar excesiva importancia a este feito, pois non sabemos en que medida a distribución das composicións nos nosos cancioneiros corresponde á orixinal do trobador.

35

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

36

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Terceira parteActividades

Que podemos facer coas cantigas nunha clase?

0.- Advertencia preliminar: a lingua da época trobadoresca

Cando queremos ler unha cantiga trobadoresca, encontrámonos cun-ha dificultade inicial: a lingua en que están escritas presenta diferenzas coa nosa lingua actual.

Na realidade, non son moitas as diferenzas entre a lingua medieval e a actual. Pero aparecen nos distintos campos da lingua: fonéticas, morfo-sintácticas, léxicas, ademais de ortográficas.

As que poden producir unha maior dificultade son as de natureza fonéti-ca e ortográfica. Sobre elas facemos seguidamente algunhas observacións.

37

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

a- Fonética

Desde a época medieval ata hoxe houbo algunhas mudanzas fonéticas: por exemplo, perdemos a diferenza entre /b/ e /v/...

Como debemos ler entón as cantigas?

Non tería sentido que pretendésemos reproducir a pronuncia medie-val. Dado que queremos manter vivos, na medida do posible, uns tex-tos poéticos, leremos as cantigas coa nosa pronuncia actual.

b- Ortografía

Normalmente edítanse os textos trobadorescos na ortografía histórica galego-portuguesa. Indicamos seguidamente as características que se diferencian do uso común actual e as equivalencias entre ambos os sistemas.

• lh = ll: colher, espelho, filho, lhe, olho, orelhas, orgulhoso, semelhante, velho

• nh = ñ: caminho, lenha, Minho, montanha, senhor, sobrinho, tenho, venha, vinho

• -m = -n: alguém, em, bem, quem, vem, convém, fim, latim, com, nom, algum

• ç = z: cabeça, braço, coraçom, quiçá, confiança, moça, força, pedaço, lenço

• ge, gi = xe, xi: gente, gear, gentil, genro, gesto, longe, dirigir, fingir

• j = x: ajuda, jamais, jantar, hoje, jeito, igreja, jogar, juntar, seja

• -ss- = -s-: essa, isso, nosso, vosso, passar, cantasse, estivesses, fosse, partisse

• ze, zi = ce, ci: fazer, luzes, vezes, vozes, onze, fazendo, produzindo

• o til (que indica nasalidade): üa, irmãa

38

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Unha mostra para exercicio de lectura

Para observarmos como se editan normalmente as cantigas trobadores-cas pode servirnos de exemplo a seguinte cantiga de amigo do troba-dor Pero Viviãez, que é en xeral de fácil lectura.

As mozas comentan entre si que, aproveitando que as súas nais van en romaría a San Simón del Valdeprados, tamén elas irán para bailar ante os seus amigos ou noivos:

I Pois nossas madres vam a Sam Simom 2 de Valdeprados candeas queimar, nós, as meninhas, punhemos d’ andar 4 com nossas madres, e elas entom queimem candeas por nós e por si, 6 e nós, meninhas, bailaremos i.

II Nossos amigos todos lá irám 8 por nos veer, e andaremos nós bailand’ ant’ eles, fremosas, em cós; 10 e nossas madres, pois que alá vam, queimem candeas por nós e por si, 12 e nós, meninhas, bailaremos i.

III Nossos amigos irám por cousir 14 como bailamos, e podem veer bailar [i] moças de bom parecer; 16 e nossas madres, pois lá querem ir, queimem candeas por nós e por si, 6 e nós, meninhas, bailaremos i.

1.- Lectura (e audición) das cantigas

O primeiro paso ten que ser sempre a lectura das cantigas, de maneira que comprendamos o que din.

No caso das cantigas de Martin Codax, dado que seis das sete posúen música, podemos tamén escoitar algunha das varias gravacións que es-

39

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

tán dispoñibles en discos (ou en Internet).

Para comprendermos ben o texto será útil facermos unha versión en lingua actual, sen pretender manter a estrutura poética da cantiga ori-xinal, isto é, sen conservar nin a medida do verso nin a rima, atenden-do só a expresar o significado do texto.

Por exemplo, así sería unha versión da cantiga 1:

Ondas do mar de Vigo, vistes o meu amigo? E, ai Deus, virá logo?

Ondas do mar encrespado, vistes o meu amado? E, ai Deus, virá logo?

Vistes o meu amigo, aquel por quen eu suspiro? E, ai Deus, virá logo?

Vistes o meu amado, por quen teño gran preocupación? E, ai Deus, virá logo?

2.- Interpretar a melodía das cantigas

Dado que, grazas ao Pergamiño Vindel, coñecemos as melodías de seis das sete cantigas de Martin Codax, podemos intentar interpretalas con algún instrumento ao noso alcance: xilófono, frauta, harmónica...

Ofrecemos a partitura da cantiga 1, que pode resultar de interpreta-ción máis fácil.

40

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

3.- Descubrir a estrutura métrica da composición

Esta actividade consiste en (re)descubrir a estrutura métrica da can-tiga, partindo dun texto en que as cantigas se presenten privadas da estruturación regular en versos e estrofas.

As cantigas de Martin Codax resultan adecuadas para este tipo de exer-cicios, por seren en xeral cantigas de fácil lectura: composicións de versos curtos, de vocabulario xeralmente coñecido, de sintaxe simple e de estrutura estrófica sinxela.

Imos realizar tres exercicios da mesma natureza, pero de dificultade progresiva.

Exercicio 1

Para o primeiro exercicio tomamos o texto da primeira cantiga de Mar-tin Codax Ondas do mar de Vigo.

Partimos dunha versión onde aparece xa feita a división estrófica (cada liña é unha estrofa) e sinalado en cursiva o texto do refrán. O exercicio consiste en descubrirmos a división dos versos en cada estrofa, atenden-do especialmente á rima.

Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus!, se verrá cedo?

Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus!, se verrá cedo?

Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ai Deus!, se verrá cedo?

Se vistes meu amado, por que hei gran cuidado? E ai Deus!, se verrá cedo?

Exercicio 2

No segundo exercicio presentamos aínda marcada a división estrófica (cada parágrafo é unha estrofa), pero xa non aparece sinalado en cur-siva o refrán.

41

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

O exercicio consiste en descubrirmos a estrutura métrica (localizando o punto en que acaba un verso e comeza o seguinte) e identificarmos o refrán, fixándonos no seu carácter repetitivo e idéntico en todas as estrofas.

Usamos como base para este exercicio a cantiga terceira de Martin Co-dax Mià irmana fremosa, treides comigo:

Mià irmana fremosa, treides comigo a-la igreja de Vig’, u é o mar salido, e miraremo-las ondas.

Mià irmana fremosa, treides de grado a-la igreja de Vig’, u é o mar leva-do, e miraremo-las ondas.

A-la igreja de Vig’, u é o mar salido, e verrá i mià madr’ e o meu amigo, e miraremo-las ondas.

A-la igreja de Vig’, u é o mar levado, e verrá i mià madr’ e o meu ama-do, e miraremo-las ondas.

Exercicio 3

No terceiro exercicio eliminamos todos os indicios, ofrecendo un texto seguido, sen ningunha marca divisoria, nin sequera estrófica.

Sérvenos para isto a sétima cantiga de Martin Codax Ai ondas que eu vin veer:

Ai ondas que eu vin veer, se me saberedes dizer porque tarda meu ami-go sen mi? Ai ondas que eu vin mirar, se me saberedes contar porque tarda meu amigo sen mi?

4.- Facer unha versión poética en lingua actual

Este tipo de actividade consiste en elaborar unha nova versión poética, en lingua actual, dunha determinada cantiga.

42

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Unha versión en lingua actual pode seguir diversos camiños.

a) En primeiro lugar, pode intentar manterse o máis cerca po-sible da versión medieval, ao mudar unicamente aqueles vocábulos que hoxe resultan descoñecidos ou arcaicos, pero procurando manter o esquema métrico-rimático da cantiga primitiva.

Unha mostra deste tipo de adaptacións son as versións que o escritor Álvaro Cunqueiro fixo dalgunhas das Cantigas de Santa María1. Por exemplo, a do milagre de Lugo, que comeza así:

«Esta é de como Santa María sanou na súa igrexa de Santa María de Lugo a unha muller contreita de pés e de mans»:

Da que Deus mamou o leite do seu peito non é maravilla que sane ao contreito. Así fixo Santa María un milagre fermoso na súa igrexa de Lugo, grande e piadoso, por unha muller que tiña tolleito o máis do seu corpo, e do mal encolleito. Que ámbalas mans súas así se encolleran que por cabo dos ombros todas se meteran, e os calcañares ben sin dereito se meteran todos no corpo maltreito. [...]

b) Un segundo tipo de versión actualizada é aquela que non pretende manter a estrutura métrico-rimática orixinal senón que toma o desenvolvemento xeral da cantiga para moldealo de novo con liber-dade. Naturalmente, a liberdade que se pode asumir nesta tarefa pode adoptar graos moi distintos, de modo que o afastamento formal da ver-sión orixinal pode variar de pouco a moito.

Este método resulta máis fácil en cantigas que presentan un desenvol-vemento temático ou argumental claro, especialmente de carácter na-rrativo, como son os relatos de milagres das Cantigas de Santa María.

1 Álvaro Cunqueiro, Cantigas de Santa María do rei don Alfonso: escolma, prólogo e versión moderna de Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia, Vigo 1980, pp. 116.

43

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Este foi o criterio seguido polo escritor Bernardino Graña no volume que publicou con algunhas versións das Cantigas de Santa María.2 Por exemplo, o relato que antes viamos do milagre de Lugo aparece así na versión de Bernardino Graña (primeiras estrofas):

Aquela que deu a Cristo o seu peito deu saúde en Lugo a un corpo contreito. Había unha moza que fora a cen médicos por ter o seu corpo retorto, encolleito: as mans contra os ombros, como ruíns bacelos; os pés revirados, apenas sen dedos. Pediulle á Raíña que houbese remedio, ou, se non, que a morte a levase cedo. Portárona posta nun leito pequeno a Lugo, ante a Virxe dos ollos grandeiros. [...]

5.- Dramatización de cantigas

A dramatización consiste en construír unha pequena peza teatral a par-tir dos textos das cantigas, tendo en conta que cada cantiga pode con-siderarse como reflexo dunha escena vital.

A dramatización de cantigas trobadorescas ofrécenos diferentes posi-bilidades:

2 Bernardino Graña, Cantigas de Santa María de Alfonso X, Edicións Xerais de Galicia (Colecçom «Gran Merlín»), Vigo 1996, pp. 195.

44

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

a) Dun trobador

Podemos dramatizar as cantigas dun determinado trobador.

Concretamente as sete cantigas de Martin Codax poden facilmente ser distribuídas formando unha serie de situacións diferentes. Cada canti-ga será unha escena.

b) De varios trobadores

Para dramatizacións de cantigas de diversos trobadores necesitaremos botar man da edición completa da nosa poesía trobadoresca. (Dispo-mos para iso de edicións impresas e tamén de edicións dixitais accesi-bles por Internet: véxanse algunhas referencias na bibliografía final).

b-1) Podemos dramatizar algunhas das situacións típicas da vida dos namorados segundo aparecen no conxunto das cantigas: o primeiro encontro, o namoramento, o baile na ermida, o afastamento do amigo e a separación temporal dos namorados, os males da ausen-cia, o retorno do amigo...

b-2) Podemos igualmente escenificar algún dos debates ou tenções satíricas entre dous trobadores.

b-3) Un exemplo curioso de dramatización, que se pode re-presentar (talvez con algunha simplificación se for preciso) é a recom-posición realizada por Filgueira Valverde mesturando textos poéticos trobadorescos con textos narrativos medievais en prosa...3

6.- A poesía neotrobadoresca contemporánea

Outro tipo de actividade sobre as cantigas trobadorescas é aquela que nos é suxerida polo movemento poético contemporáneo chamado «neotrobadorismo».

3 Xosé Filgueira Valverde, «Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa de Nosa Señora de Agosto. Refeito con testos galegos dos séculos XIII e XIV», en: Grial (Vigo), núm. 25 (xullo - setembro 1969), pp. 325-340.

45

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

O coñecemento da nosa poesía trobadoresca provocou unha onda de admiración nos poetas galegos e portugueses do século XX. Unha das consecuencias desa admiración pola arte dos trobadores foi o nace-mento dun movemento poético coñecido como «neotrobadorismo» ou «poesía neotrobadoresca». A súa característica fundamental é que intenta imitar a poética trobadoresca, pero partindo da lingua actual e dos gustos poéticos contemporáneos.

Vexamos dúas mostras deste movemento poético:

1) Luz Pozo Garza, «Ondas do mar de Viveiro»

Trátase dunha recreación das cantigas 1 e 7 de Martin Codax, nas que a moza namorada se dirixe ás ondas do mar (agora en Viveiro).

«Ondas do mar de Viveiro»

Ondas do mar de Viveiro, o horizonte está baleiro sin amigo.

O horizonte está pechado, meu amigo foi levado, meu amigo.

A terra perdeu o vento, eu perdín o meu contento, sin amigo.

E o ar quedouse delgado sin o paxaro lembrado, meu amigo.

Ondas do mar do meu peito afeito a ti, ben afeito, meu amigo.

Ondas que me ven ferir, ollade se vedes vir meu amigo.

46

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Ondas que me poñen medo, se o amigo viñese cedo, meu amigo!

Ondas para me eu morrer, se puiderades traer meu amigo!

2) Álvaro Cunqueiro, «No niño novo do vento»

Un poema neotrobadoresco moi coñecido é este de Álvaro Cunqueiro. Púxolle música Luís Emilio Batallán, cunha suxestiva melodía que con-seguiu unha ben merecida difusión.

Podemos escoitala seguindo o texto. (Téñase en conta que o músico fixo unha leve adaptación do texto do refrán, para que tivese forma idéntica en todas as estrofas).

«No niño novo do vento»

No niño novo do vento hai unha pomba dourada; meu amigo, quen puidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer en flauta de verde olivo; quen puidera namorala, meu amigo!

Ten ares de flor recente, cousas de recén casada; meu amigo, quen puidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río; quen puidera namorala, meu amigo!

47

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

7.- Contamos o número de sílabas dos versos

Dado que na poética trobadoresca tiña moita importancia a medida silábica dos versos, podemos realizar unha actividade sobre ese punto concreto, intentando demarcar a división das sílabas métricas.

En función da medida silábica regular, teremos que descubrir se nal-gúns casos deberá lerse con sinalefa (isto é, unindo, nunha única sílaba métrica, a vogal final dunha palabra coa inicial da palabra seguinte); pero debemos saber que o fenómeno da sinalefa, hoxe normal na nosa poesía, era pouco frecuente na poesía trobadoresca.

Teñamos en conta que na cálculo das sílabas da poesía trobadoresca cóntase só ata a última sílaba tónica do verso inclusive, de maneira que cando o verso termina cunha palabra grave, a última sílaba non se conta.

Podemos, pois, intentar demarcar a medida silábica das cantigas de Martin Codax.

Vexamos como exemplo a estrofa inicial da cantiga 1:

1 2 3 4 5 6 On-das do mar de Vi-(go)

1 2 3 4 5 6 se vis-tes meu a-mi-(go)?

1 2 3 4 5 6 7 E ai Deus!, se ve-rrá ce-(do)?

8.- Análise de dous artificios: paralelismo e leixaprén

Os trobadores usaron con certa frecuencia dous artificios ou mecanis-mos de composición poética que encontramos tamén usados por Mar-tin Codax: o paralelismo e o leixaprén.

Imos explicar brevemente en que consisten, co fin de que poidamos logo constatar a súa aparición nas cantigas de Martin Codax.

48

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

a) O paralelismo

Se nos fixamos na primeira cantiga de Martin Codax podemos observar que, das catro estrofas de que consta, na súa estrutura son moi pareci-das de dúas en dúas; isto é: son parecidas entre si a primeira estrofa e a segunda, por un lado, e, por outro lado, a terceira e a cuarta.

Así (prescindindo do verso do refrán, que, como sempre, permanece idéntico en todas as estrofas):

I Ondas do mar de Vigo, II Ondas do mar levado, se vistes meu amigo? se vistes meu amado?III Se vistes meu amigo, IV Se vistes meu amado, o por que eu sospiro? por que hei gran cuidado?

Como vemos, a variación dáse na parte final dos versos, de maneira que tamén cambia a rima; así, no primeiro par (estrofas primeira e segunda):

mar de Vigo - mar levado

meu amigo - meu amado

b) O leixaprén

Vexamos novamente a cantiga primeira de Martin Codax e observemos agora unha curiosa repetición de versos:

• O verso segundo da primeira estrofa («se vistes meu amigo») apa-rece de novo como verso primeiro da estrofa terceira.

• O verso segundo da segunda estrofa («se vistes meu amado») apa-rece de novo como verso primeiro da cuarta estrofa.

Este sistema de repeticións de versos denomínase leixaprén (palabra composta de leixa ‘deixa’ e pren ‘toma, colle’): quere indicar que se retoma un verso anterior para proseguir con el a cantiga. Pero isto fai-se non de maneira esporádica ou casual senón de xeito sistemático ao longo de toda a composición.

49

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Intentemos descubrir o uso deste artificio poético nas diferentes canti-gas de Martin Codax, especialmente nas máis longas (por exemplo, na 4 e na 6), onde é máis doado ver o seu funcionamento regular ao longo de toda a composición.

9.- Lectura do Pergamiño Vindel

Despois de que xa coñecemos as cantigas de Martin Codax, pode ser unha actividade interesante e formativa intentarmos ver como apare-cían realmente eses textos no pergamiño, dado que a presentación que antes vimos era a que se ofrece para unha lectura máis doada do lector común, non habituado a ler textos antigos.

Intentemos, pois, ler sobre a reprodución do pergamiño.

Observemos antes de nada que o aspecto xeral aparece sumamente coidado:

• A primeira estrofa de cada unha das cantigas vén acompañada da partitura (salvo na cantiga sexta, onde foron trazadas as liñas do pentagrama pero non chegaron a escribirse as notas musicais).

• As letras iniciais das cantigas teñen tamaño grande. Nelas xógase con dúas cores (vermella e azul) alternadamente: vermella nas can-tigas 1, 3 e 5 (e falta a inicial na 7), e azul nas 2, 4 e 6.

• As iniciais das estrofas aparecen tamén resaltadas, aínda que en tamaño máis pequeno. Tamén nelas se alternan as dúas cores, ver-mella e azul, pero nalgún caso a inicial quedou sen escribir, proba-blemente por descoido do decorador (que realizaba o seu traballo despois de que o amanuense acabase de copiar o texto).

• A cantiga 7 ten un aspecto menos elegante: debeu de ser escrita por un amanuense distinto do que copiou as seis primeiras.

Fixándonos agora no texto descubriremos algunhas particularidades que nos chamarán a atención:

50

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

- En vez da nosa letra v actual, no pergamiño úsase u; por exemplo,

uigo = Vigo uistes = vistes uerra = verrá leuado = levado uen = vén uiuo = vivo

- O uso das maiúsculas iniciais non é idéntico ao actual: nalgúns casos en que hoxe usamos maiúscula inicial, no pergamiño aparece minús-cula; por exemplo:

uigo = Vigo deus = Deus

- Aparece algunhas veces a letra y (ou ý con acento) que hoxe non usa-mos habitualmente; por exemplo:

aý = ai ygreia = igreja ýrmana = irmana

- O uso da letra h era irregular:

ei = hei hirey = irei

- Aparecen variacións na escrita dunha mesma palabra; por exemplo:

irei e hirei irmana e ýrmana

- Aparecen algunhas abreviaturas que hoxe non son habituais:

g)n = gran nõ ou ñ = non = e q) = que 9 = us (de9 = Deus; me9 = meus)

51

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

- Xúntanse palabras que hoxe separamos:

domar = do mar Mandadei = Mandad’ hei

- Hoxe, para facer o texto máis comprensible e facilitar a lectura, indi-camos por medio do apóstrofo o fenómeno fonético da elisión vocáli-ca, que os copistas medievais non sinalaban:

Mandadei = Mandad’ hei omig ei = Comig’ hei (falta o C inicial, por descoido) san e uiuo = san’ e vivo uiu e sano = viv’ e sano madr a uigo = madr’ a Vigo comeu = com’ eu

Poderán descubrirse aínda outras particularidades; por exemplo, al-gún erro do copista, ou o modo de abreviar as palabras do refrán nas repeticións.

Transcrición do Pergamiño Vindel

Para que resulte máis doado seguir o texto do pergamiño, incluímos seguidamente unha transcrición literal, o máis exacta posible. Só rea-lizamos a división dos versos (no pergamiño algunha vez non se fai a división dos versos en liñas diferentes, de maneira que o texto de dous versos aparece seguido na mesma liña, especialmente nas estrofas ini-ciais, que van acompañadas da partitura; pero normalmente o fin do verso indícase por medio dun punto).

Téñase en conta que o pergamiño aparece hoxe deteriorado nalgúns puntos, por causa do seu uso como forro, e por esa razón presenta pequenas lagoas no texto, que indicamos por medio de corchetes [...].

Cantiga 1

Ondas domar de uigo se uistes meu amigo. E aý deus se uerra cedo.

52

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Ondas do mar leuado. se uistes meu amado. E aý de9 se uerra cedo.

Se uistes meu amigo. o por que eu sospiro. E aý de9 se uerra cedo.

Se uistes meu amado. por que ei g)n coidado. E aý de9 se uerra cedo.

Cantiga 2 Mandadei comigo ca uen meu amigo. E irei madr a uigo.

omig ei mandado. ca uen meu amado. E irei madr a uigo.

Ca uen meu amigo. e uen san e uiuo. E irei madr a uigo.

Ca uen meu amado. e uen uiu e sano. E irei madr a uigo.

Ca uen san e uiuo. e del rei amigo. E irei madr a uigo. Ca uen uiuo sano. e del rei priuado. E irei madr a uigo.

53

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Cantiga 3 Mia ýrmana fr [...] comigo. ala ygreia de ui [...] mar salido E miraremos las ondas.

Mia irmana fremosa treides de grado. ala ýgreia de uigo u e o mar leuado. E miraremos las ondas.

Al[...] ýgreia de uigou e o mar leuado. e uerra ý mia madreo meu amado. E miraremos las ondas.

Ala ýgreia de uig u e o mar salido. e uerra ý mia madreo meu amigo. E miraremos las ondas.

Cantiga 4 Aý de9 se sab ora meu amigo. comeu senneira estou en uigo. E uou namorada.

Aý de9 se sab ora meu amado. comeu en ui [...] neira manno. E uou namo [...]

Comeu sennei [...] n uigo. e nullas ga [...] ei comigo. E uou me namorada.

Comeu senneira en uigo manno. e nullas gardas migo ñ trago. E uou namorada.

E nullas gardas nõ ei comigo. ergas me9 ollos q) chorã migo. E uou namorada.

54

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

E nullas gardas migo ñ trago. ergas me9 ollos q) chorã ambos. E uou namorada.

Cantiga 5 Quantas sabedes amar amigo. treides comig alo mar de uigo. E bannar nos emos [...]

[...] amado. [...] ar leuado. [...] emos. n. o.

[...] alo mar de uigo. e [...] molo meu amigo. E bannar nos emos. n. o.

Treides mig alo mar leuado. e ueeremo meu amado. E bannar nos emos. n. o.

Cantiga 6 Eno sagrado en uigo. baýlaua corpo uelido. Amor ei.

En uigo no sagrado. baýlaua corpo delgado. amor ei.

Baýlaua corpo delgado q) nunc ouuer amado. amor ei.

Bailaua corpo uelido. q) nunc ouuer amigo. amor ei.

55

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Que nunca ouuer amigo. ergas no sagrad en uigo. amor ei.

Que nunc ouuer amado. ergas en uigo no sag)do. amor ei.

Cantiga 7 ý ondas que eu uín ueer seme saberedes dizer por que tarda meu Amigo sé mj

ý ondas q) eu u– mirar seme saberedes contar por q). t. m. A. s. mç

10. Outras propostas de actividades por Ana Acuña

Introdución

As seguintes propostas van dirixidas aos niveis de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria (ESO). Ademais de estar en-focadas á disciplina de Lingua galega e literatura, consideramos que poden ser de interese para outras materias das dúas etapas educativas: Ciencias da natureza, Ciencias sociais, Matemáticas, Primeira lingua es-tranxeira, Educación física, Educación artística (primaria); Xeografía e historia; Ciencias aplicadas; Educación plástica, visual e audiovisual; Música; Matemáticas; Bioloxía e xeoloxía; Cultura clásica; Iniciación á actividade emprendedora e empresarial; Artes escénicas e danza; Pri-meira e Segunda lingua estranxeira; Filosofía; Física e química (secun-daria).

Aínda que as propostas se presentan de maneira illada e como suxestións, sería axeitado o traballo por proxectos de forma interdisciplinar entre diferentes contidos, materias e áreas. Por esa razón indicamos, no parágrafo anterior, o nome dalgunhas materias

56

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

que poderían implicarse nun proxecto común para a consecución das competencias básicas e para fomentar a inclusión educativa das persoas con discapacidade, a igualdade entre homes e mulleres, a resolución pacífica de conflitos e a prevención de calquera violencia. En último termo, unha forma recomendable de aprendizaxe sería unila ao servizo á comunidade (ApS)4.

As cuestións propostas están orientadas ao «que queremos saber»5 de maneira que o alumnado, coa axuda do profesorado e do mostrado na parte teórica:

• busque noutras fontes de información,

• pense que fai cos datos encontrados para poder responder e, se for preciso, organizarse (co fin de seleccionar a información, anali-zala, clasificala, valorala, contrastala, reelaborala e esquematizala),

• valore que aprendeu,

• reflexione sobre que outras cousas podería facer e como mellorar para ofrecer o aprendido como un posible servizo á comunidade (non só educativa) e poñelo ao alcance doutras persoas6.

Correspóndelle ao profesorado dunha ou varias disciplinas:

• adaptar as cuestións propostas neste texto ao seu contexto educativo,

• preparar un contorno de aprendizaxe colaborativa,

• fomentar as interaccións e responsabilidades individuais e de grupo,

• organizar a fase de preparación do proxecto (introdución, estudo de concepcións previas, elaboración dun guión) que, neste caso,

4 Recomendamos a consulta da páxina web da Zerbikas Fundazioa, Centro Promotor de Aprendizaxe e Servizo Solidario en Euskadi (http://www.zerbikas.es/) 5 Véxase Arias Correa e outras O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria.6 Un exemplo foi o levado a cabo polo alumnado dun centro educativo de Coslada que se converteu en guía, para persoas maiores, do Museo Arqueológico Nacional de Madrid (http://www.seecmadrid.es/index.php?id=92).

57

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

podería ir acompañada ou xurdir dunha saída de estudos para visi-tar o Pergamiño Vindel ou da visita á aula dunha persoa experta e

• organizar a fase de valoración (avaliación final conxunta).

Pola nosa parte, nestas propostas de actividades ofrecemos suxestións para a fase de desenvolvemento do proxecto (consulta de fontes, trata-mento da información, avaliación integrada). Actividades que non lle porteñen só á literatura, senón tamén á lingua, á historia, á etnografía…

As propostas dentro do currículo de educación primaria

Como xa indicamos na introdución, o tema destas propostas (a lírica medieval galego-portuguesa) é propio da materia Lingua galega e lite-ratura. E, nesta disciplina, o relativo ás cuestións literarias sitúanse den-tro do bloque de Educación literaria. Malia que lectura comentada se desenvolve no 5.º e 6.º curso de educación primaria, o alumnado irase introducindo na lírica medieval paseniñamente dende a recreación e a valoración, pasando pola lectura, escoita, dramatización, reescritura de textos literarios sinxelos (caracterizados pola poética da repetición)….

Por outra parte, moitas actividades suxeridas atenden aos restantes blo-ques, isto é: comunicación oral (falar e escoitar), comunicación escrita (ler), comunicación escrita (escribir) e coñecemento da lingua (per-tencentes á materia de Lingua galega e literatura); pero, tamén, por exemplo, iniciación á actividade científica; o ser humano e a saúde; os seres vivos; materia e enerxía; a tecnoloxía, obxectos e máquinas (per-tencentes á materia de Ciencias da natureza) etc.

A obxectivo, de ser posible o traballo globalizado por proxectos, é atender as competencias clave desta etapa educativa: comunicación lingüística; competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; competencia dixital; aprender a aprender; competencias sociais e cívicas, sentido de iniciativa e espírito emprendedor; concien-cia e expresións culturais. Ademais, consonte o currículum impulsarase “o desenvolvemento da competencia de comunicación lingüística e da competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecno-loxía”. (Diario Oficial de Galicia, 9 de setembro de 2014, p. 37416).

58

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

As propostas dentro do currículo de educación secundaria obrigatoria

Aínda que os contidos relativos á poesía trobadoresca galego-portugue-sa son abordados na materia Lingua galega e literatura de 3.º curso da ESO (dentro do bloque de educación literaria), consideramos que tamén pode ser tratados nesa materia durante outros cursos e bloques (comunicación oral, escoitar e falar, comunicación escrita, ler e escri-bir, funcionamento da lingua, lingua e sociedade).

Como se reiterou, as nosas actividades queren atender, dunha forma interdisciplinar, ás seis competencias básicas da etapa, isto é, á compe-tencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; com-petencia dixital; aprender a aprender; competencias sociais e cívicas; sentido da iniciativa e espírito emprendedor; conciencia e expresións culturais. Tal e como sinala o currículo, traballaranse en todas as mate-rias «a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e da comunicación, o em-prendemento, e a educación cívica e constitucional». Diario Oficial de Galicia, 29 de xuño de 2015, p. 2541.

Propostas de actividades

Como o/a docente comprobará, as actividades que se indican a conti-nuación preséntanse de maneira xeral, polo que será necesaria a súa adaptación á etapa e á aula concreta. Para facilitar a presentación das propostas, optamos por presentalas clasificadas en tres bloques temáti-cos: 1) o Pergamiño Vindel e a poesía trobadoresca galego-portuguesa, 2) Martin Codax e as sete cantigas e 3) Vigo, unha das cidades do mar de Galicia.

A pesar de que en numerosas ocasións aludimos a monografías, documentos audiovisuais e publicacións periódicas, estas son de doado acceso (ben a través de librerías e bibliotecas, ou ben a través de Internet), polo que non supoñen un obstáculo no proceso de ensinanza aprendizaxe.

59

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

O Pergamiño Vindel e a poesía trobadoresca galego-portuguesa

Vede este vídeo no que catro especialistas (Henrique Costas, Mariña Arbor, Franciso Singual e Alejo Amoedo) explican o que significa o Per-gamiño Vindel https://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2017/09/o-pergamino-vindel-un-tesouro-en-sete.html. Cal das intervencións che transmite mellor a importancia da chegada a Vigo do Pergamiño Vin-del?

A visualización de películas situadas na época medieval axuda a com-prender o contexto histórico. Unha delas pode ser O nome da rosa.

O mesmo ocorre coa lectura de determinadas novelas históricas. Por iso aconsellamos a novela Lourenço xograr de Manuel Portas.

Intentade elaborar un cadro cronolóxico cos acontecementos máis importantes. Podedes ler o capítulo «O marco histórico-literario» do profesor Henrique Monteagudo para coñecer o ambiente e o marco histórico.

O documental Lingua de reis, lingua de pobo (https://www.youtube.com/watch?v=2NkbLgvRftk) permite entender a historia externa da lingua galega dende o seu nacemento ata o Estatuto de autonomía. Intentade describir cal é a situación sociolingüística actual con especial atención ao voso caso familiar e ao do voso centro educativo.

Imos fixarnos na vida e na educación durante a Idade Media e súa tras-lación á lírica galego-portuguesa. Credes que a vida das mulleres era doada daquela? Como estaba considerada a muller na lírica cortesá? Había creadoras (xograresas)? Consultade o estudo de António Resen-de de Oliveira e lede atentamente o relativo á soldadeira.

A novela de Ramón Nicolás O espello do mundo mostra unha posible saída para as mulleres con inquietudes. Sabiades que no século IV existiu unha muller viaxeira chamada Exeria? E que no século XVI houbo unha muller almiranta chamada Isabel Barreto? Consultade o Album das mulleres na web do Consello da Cultura Galega (http://www.culturagalega.org/album/) ou o Dicionario de mulleres galegas de Aurora Marco e escollede unha muller que vos impresione polos seus feitos.

60

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

O Pergamiño Vindel é o único coñecido ou houbo outra descuberta posterior ao Pergamiño Vindel? Comparade as sete cantigas do Perga-miño Vindel coas sete cantigas do Pergamiño Sharrer: os autores das cantigas e os xéneros aos que pertencen as cantigas.

Se tivestes ocasión de ver o Pergamiño na exposición, que é o que máis vos chama a atención del? As súas cores? Sen os avances actuais, imaxinades como se obtiñan as cores para escribir na época medieval? Investigade sobre o tinxido da pel curtida (podedes beneficiarvos das experiencias escolares subidas á canle de vídeos youtube).

Reparastes na escrita do Pergamiño Vindel? Parécevos que aínda em-pregamos o galego das cantigas ou advertides que sufriu transforma-cións?

Nos meses previos á chegada do Pergamiño Vindel a Galicia, o Faro de Vigo foi recollendo artigos de opinión sobre el. Lede o escrito pola profesora Camiño Noia o 16/09/2017. Con quen compara o Pergami-ño Vindel? Coincidides en que é un emigrante retornado? Por que? Alguén da vosa familia tivo que emigrar? Se non é así, buscade algunha noticia sobre a emigración galega ao longo dos séculos.

En Nova York, a onde deberá volver o Pergamiño Vindel, viviron im-portantes escritores galegos. Facede unha pequena investigación arre-dor da presenza dos galegos e das galegas nos Estados Unidos, dos seus traballos e dos seus días. Para axudarvos na procura, ofrecémosvos dúas pistas: Castelao, xa exiliado, deixou constancia en Sempre en Galiza da súa estadía en Nova York e, por outra parte, Rafael Dieste titula un dos seus contos «Nova York é noso».

Lede o capítulo de Xesús Alonso Montero dedicado ao libreiro Vindel. Que vos parece a vida de Pedro Vindel? Como actuariades vós no seu lugar? Sabedes que algúns dos seus clientes eran galegos? Imaxinade que sodes libreiros e encontrades un documento moi antigo. Que fa-riades?

Reparade en que o Pergamiño Vindel foi vendido por seis mil pesetas. Coa axuda da familia, calculade esa cantidade en euros. Canto credes que custaría na súa época (non na de Pedro Vindel)? En que moeda?

61

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Martin Codax e as sete cantigas

Sabiades que Martin Codax foi un dos persoeiros homenaxeados co Día das Letras Galegas? En que ano? Foi un recoñecemento compar-tido con alguén máis? Tendo en conta o que estades aprendendo del, valorade se merece tal recoñecemento.

Consultade a Escolma da poesía medieval preparada por Xosé María Álva-rez Blázquez para Edicións Castrelos en 1975. Que conta sobre a vida de Martin Codax? Organizade e clasificade a información que ofrece este investigador.

A continuación, e a partir do mesmo libro, anotade ordenadamente o que se indica sobre as cantigas de Martin Codax. Que era o mar para o xograr Martin Codax?

O apelido Codax é de orixe dubidosa. Coñecedes outros casos de no-mes e apelidos misteriosos? Consultade o Diccionario dos nomes galegos para comprobar o significado e procedencia do voso nome. Sentides curiosidade polo voso apelido? Buscade a súa extensión no territorio galego a través da Cartografía dos apelidos de Galicia. (https://ilg.usc.es/cag/). Podedes ampliar a información investigando sobre aspectos le-gais, sociais e lingüísticos dos nomes e apelidos galegos. Sabiades que moitos apelidos tamén denominan lugares?

A partir das lecturas de artigos de Henrique Monteagudo e de Xosé Filgueira Valverde, intentade imaxinar como sería a vida de Martin Co-dax nun día normal. Redactade unha breve historia ou diario. Se vós vivísedes naquela época, que botariades máis en falta en comparanza con esta?

Consultade o libro E miraremo-las ondas do especialista X. M.ª Álvarez Blázquez e mais do seu fillo Xosé M.ª Álvarez Cáccamo. A que credes que debe o título este libro? Cantas cantigas aparecen relacionadas co mar de Vigo e cantos autores?

Lede atentamente as sete cantigas de Martin Codax e respondede a unha serie de suxestións do comentario que vos axudarán á compren-sión do contido: con quen fala a amiga? Que marco físico encadra a

62

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

cantiga? Que versos se repiten, cales varían e como se produce a varia-ción? Cal é o estado de ánimo da amiga? Por que?

Cales son os motivos característicos da tópica amorosa trobadoresca que aparecen nas cantigas? Reparade na ausencia do namorado e no en-contro entre os amantes, na mención dun santuario, na celebración dunha romaxe. E cales son os trazos? Fixádevos na mención haxio-toponomástica; na mención do santuario; no trasfondo amoroso; na visita ao santuario; nos papeis da amiga, da nai, da irmá...

Cales son as coordenadas espaciais preferidas polos autores da Idade Media?

A poeta e académica Luz Pozo Garza considera as sete cantigas como secuencias dun códice animado. Seriades quen de plasmalas nun có-mic distinguindo os actores segundo sexan auxiliares ou opoñentes?

Nas sete cantigas aparece unha voz poética feminina que non esconde o seu amor e que o proclama. Como trasladariades ao presente os fei-tos cantados por Martin Codax (situación da voz namorada nun lugar, encontro coa irmá e coa nai, saudade do namorado, interpelacion ás ondas, noticias do amado, interpelación ás amigas)? Reparade en que a protagonista comparte o seu sentir coa familia, a natureza e coas ami-gas. Con quen compartides vós as vosas inquedanzas?

Como retrata o poeta o mar? Cales son os seus trazos? A natureza poe-tizada nas cantigas é agresiva ou queda? Hai algunha criatura humani-zada? Buscade no escrito citado de X. M.ª Álvarez Cáccamo a caracte-rización do mar. É confidente, cómplice, mensaxeiro ou testemuño?

Esa visión do mar de Martin Codax é compartida con algún outro poeta? Con quen? Álvarez Cáccamo opón o mar de Mendiño ao de Codax. Como?

O citado Xosé M.ª Álvarez Blázquez fala da profunda fidelidade de Martin Codax cara ao mar. Engade o estudoso que esa fidelidade se manifesta na «actitude semellante de arroubo contemplativo» que é «como un primeiro paso cara ao diálogo confidencial co mar» (Álvarez

63

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Blázquez 1998: 34). En que versos credes que se manifesta? A que lugar ou elemento da natureza lle cantariades vós?

Convertédevos en trobadores e trobadoras das augas ou dos montes do voso lugar. Como os describiriades? Imaxinade que tedes que elaborar un folleto turístico ou que exercedes como guías turísticos. Que desta-cariades (por escrito e oralmente) do voso lugar?

Xosé M.ª Álvarez Blázquez compara a orixinalidade de Martin Codax coa doutro poeta. Cal pode ser? Con que elemento dialoga esoutro poeta?

O mencionado investigador reordena as cantigas de Martin Codax. A que credes que se debe? Que opinades desta reordenación? Vós faria-des a vosa propia orde?

Algúns estudosos consideran que Martin Codax é un poeta de romaría ou de santuario. Por que será? Coñecedes algunha romaría? Pregun-tade entre os vosos familiares se son avogosos dalgún santo ou santa. Sabiades que na Idade Media se escribiu un Tratado de albeitaría, é dicir, un tratado de veterinaria? Buscade unha reprodución facsímile e con-sultade algunhas das doenzas e os tratamentos.

O diálogo é un esquema común á poesía popular e á poesía trobadores-ca galego-portuguesa que aínda está presente no cancioneiro tradicio-nal. Buscade no cancioneiro tradicional coplas nas que se manifeste o diálogo cos seres vivos e coas cousas inanimadas (paxaros, flores, astros, ríos...).

O tema da namorada que conta o seu penar a confidentes está pre-sente noutras literaturas da mesma época. Poderiades encontrar algún exemplo?

Reparastes en que nas cantigas de amigo o autor fala por boca dunha muller namorada? Esta circunstancia ten levado a pensar que estamos ante unha autoría feminina e mesmo se orixinou un debate entre os estudosos. Buscade na prensa algún noticias desa polémica para expli-cárllela aos compañeiros e compañeiras.

64

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Non é estraño na literatura que o autor fale por boca dun personaxe da súa obra. Relede Cantares gallegos e intentade descubrir personaxes intermedios que leven a un segundo plano á autora real.

Cantas veces cita Martin Codax, a través da namorada, a igrexa de Vigo? Na segunda das ocasións cita un lugar concreto. Cal é? Cal é o nome máis coñecido para ese espazo?

Aínda nesa cantiga, algún estudoso indicou que a través das estrofas paralelísticas se advirte o ritmo da danza. Que ritmo vos parece que poderá ser? Coñecedes algunha danza con ese ritmo? Procurade no folclore da vosa zona ou no folclore galego mostras de danzas rituais que se celebren nos adros das igrexas.

Para Xosé M.ª Álvarez Blázquez as cantigas teñen a sonoridade do can-to gregoriano. Coñecedes ese canto? Felizmente, chegou a nós a melo-día das cantigas de Martin Codax, pero que outro ritmo considerades que lle acaen ben? Se consultades a páxina Son de poetas (http://sondepoetas.blogspot.com.es/) decatarédesvos de que un mesmo tex-to (caso paradigmático pode ser «A xustiza pola man» de Rosalía de Castro) pode ser interpretado a través de diversas melodías e consonte a sensibilidade de cadaquén.

Lembrades en que consiste o paralelismo? Credes que o paralelismo ten sempre a mesma función ou que pode dar diferentes sensacións? Na cantiga na que a namorada se dirixe ás ondas do mar de Vigo, o paralelismo pode contribuír á angustia perante a ausencia do amado?

Nas sete cantigas sempre aparece o mar como elemento humanizado, propicio e confidente, capaz de darlle á namorada novas do seu amigo e do seu inmediato regreso? Nalgunha ocasión aparece a cidade tran-sitada pola namorada?

Xosé M.ª Álvarez Blázquez (e Filgueira Valverde) indicaron que Vigo puido manter «algo semellante a unha escola ou núcleo poético propio, onde se forxasen estes xograres e aqueloutros, de perdida memoria, dos que a existencia é presumible. Non resulta inverosímil, e concorda con outros fenómenos coñecidos, o feito dunha célula poética local, receptora de correntes cortesás e transmisora, á súa vez, de temática

65

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

popular, mariñeira e romeira, a aqueles círculos culturais» (Álvarez Blázquez 1998: 50). Coñecedes algún outro núcleo poético localizado en Vigo? E noutras cidades? E algún núcleo artístico e /ou musical no século XX e no XXI?

Álvarez Blázquez cita os nomes dos poetas do grupo vigués. Cales son? A que outros poetas se opoñen pola súa inspiración? Cal é a cabeza in-discutible? Podedes consultar un estudo de Filgueira Valverde no que ofrece exemplos moi claros.

En 2002 o mar de Galicia viviu un desastre ecolóxico, o do Prestige, que fixo nacer un movemento literario e artístico. Se aínda non nacerades, preguntade aos vosos familiares polo seu recordo daquel momento.

Sabiades que o estudoso Álvarez Blázquez sabía tanto da poesía troba-doresca galego-portuguesa que chegou a converterse en trobador me-dieval e creou un cancioneiro apócrifo supostamente do século XIII (Cancioeiro de Monfero)? Comparade cantigas medievais auténticas coas apócrifas e coas neotrobadorescas que xurdiron na literatura do século XX. Que semellanzas e que diferenzas vedes entre elas?

A poeta Luz Pozo Garza encontra fonosimbolismo na segunda cantiga (aquela centrada na chegada do amigo). En que consiste ese trazo? Na terceira cantiga (que ela resume en «mirar as ondas») a mesma estu-dosa salienta a presenza do símbolo. Podedes escribir algún exemplo? Lembrade que o correspondente do símbolo pode ser inesgotable.

O profesor Vicente Beltrán escribiu un ensaio sobre o simbolismo natu-ralista na cantiga de amigo. Cal é para el o simbolismo do mar? Existe noutras literaturas? E na mitoloxía clásica?

O diálogo da moza coas ondas tamén se encontra nunha famosa can-tiga da lírica provenzal (primeiro atribuída a Rimbaut de Vaqueiras e recentemente a Cerverí de Girona, os dous trobadores de Occitania). Para o estudoso E. Asensio, o texto galego-portugués e o provenzal re-collen un tópico moi espallado na Romania. Buscade o texto «Altas undas que venètz sus la mar» e comparádeo coa primeira cantiga de Martin Codax «Ondas do mar de Vigo». Por se a necesitades, o filólogo Ricardo Polín ofrece a tradución ao galego actual e ao inglés e, pola

66

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

súa parte, o estudoso Darío Xohán Cabana traslada o texto ao galego moderno (de forma literaral e de forma adaptada).

Tanto os trobadores de Occitania como Martin Codax coinciden en poetizar as ondas do mar. Coñecedes algún valor terapéutico das ondas na medicina popular galega?

O profesor e académico Xesús Alonso Montero ofrece moitos datos sobre estudos, edicións, traducións, homenaxes... arredor do poeta Martin Codax, así como sobre a súa recuperación polos poetas galegos do século XX. Podedes poñer algún exemplo? Valorade os poemas «en clave de Martin Codax», sobre todo os de M.ª do Carme Kruckenberg nos que parece responder as sete cantigas. Seriades capaces de facer algo semellante?

Sabiades que as cantigas de Martin Codax foron traducidas en 1983 a oito linguas? Cales son eses oito idiomas? Intentade traducilas vós a un idioma estranxeiro que coñezades.

Xose M.ª Álvarez Blázquez «entusiasta editor e divulgador do cantor do mar de Vigo (...) chegou a propoñer, ao Concello da cidade, en 1958, que no cumio do monte do Castro se erguese un monolito, en pedra do país, no que en bronce, se gravasen as sete cantigas» (Alonso Mon-tero 1998: 264). Que vos parece esta homenaxe? Sabedes se se chegou a facer? Como homenaxeariades vós a Martin Codax e as súas cantigas?

Credes que é suficientemente coñecida e valorada a nosa literatura medieval entre os galegos e as galegas? Facede unha enquisa no voso centro de ensino ou entre os vosos veciños e veciñas. Que contribuiría a mellorar esa situación?

Elaborade un catálogo individual (e logo comparade cos compañeiros e compañeiras), coas dez palabras máis comúns e importantes nas can-tigas de amigo. Que trazos aparecen na lingua dos textos estudados que non aparecen hoxe?

Vigo, unha das cidades do mar de Galicia

Quen denominou a Martin Codax como cantor do mar de Vigo? Onde sitúa Xosé M.ª Álvarez Blázquez as escenas poetizadas por Martin Codax?

67

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Que terras baña a ría de Vigo? Que feitos históricos aconteceron nas súas augas? Que elementos xeográficos, biolóxicos e xeolóxicos desta-can?

«Vigo, a cidade galega máis aberta aos roteiros universais» en palabras de Álvarez Blázquez (1975: 157). Manteriades esa afirmación hoxe, no século XXI? Que elementos literarios, culturais, académicos, históri-cos... lle dan a Vigo (e a Galicia) proxección universal?

Como era Vigo no século XIII segundo Xosé M.ª Álvarez Blázquez (1998)? Como sería a vosa vila nese século? Solicitade a axuda do pro-fesor ou profesora para encontrar información.

Situades a igrexa románica de Santiago de Vigo (igrexa cantada por Martin Codax)? Coñecedes algunha igrexa románica na vosa localida-de?

Recentemente, no mes de setembro de 2017, faleceu Xohana Torres, unha das escritoras que levou a cidade de Vigo á literatura. Investigade sobre outros autores e autoras cuxo espazo literario fose Vigo. Se con-sultades a páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega veredes que xa se fixeron roteiros polo Vigo literario (http://www.aelg.org/). Cales? Con que escritores e arredor de que novelas?

Para Ricardo Polín, na divisoria das rías Vigo e Pontevedra érguese o epicentro da poesía mariña. Tendo isto en conta, buscade elementos importantes nas rías e preparade un roteiro marítimo para o fin de curso.

Elaborade unha pequena historia de vida entrevistando algún familiar ou coñecido/a que traballe no mar (mariñeiro, mariscadora…) Pode-des apoiarvos na lectura dos Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e na investigación de MaOs (http://maos.gal/oficios-de-salitre-mulleres-e-os-traballos-mar/). Se non vos fose posible o contacto con algunha persoa traballadora do mar, investigade sobre os camiños a través dos cales chegaba o peixe ao voso lugar.

Fixádevos no título da exposición na que se garda o Pergamiño Vindel «Un tesouro en sete cantigas». Cales serían os tesouros, no eido natural,

68

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

lingüístico e histórico, do mar de Vigo? Sabedes que a talasonimia tamén é un tesouro? Que é a talasonimia? Tes información na canle de televisión da Universidade de Vigo (https://tv.uvigo.es/es/video/mm/9874.html).

69

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Bibliografía básica

Existe unha bibliografía moi abundante sobre Martin Codax e as súas cantigas. Moitos deses traballos están tamén accesibles en Internet.

Algunhas obras impresas

Celso Ferreira da Cunha, O cancioneiro de Martin Codax, Rio de Janeiro 1956, 198 pp. [É a edición máis clásica das cantigas de Mar-tin Codax, con estudo detallado dos diferentes aspectos e problemas que encerra. Hai unha reedición facsimilar].

Manuel. Pedro. Ferreira, O som de Martin Codax: Sobre a di-mensão musical da lírica galego-portuguesa (Séculos xii-xiv), Imprensa Na-cional - Casa da Moeda / Unisys, Lisboa 1986. [Especialmente inte-resante o estudo da música; ofrece as partituras. Inclúe tamén boas reproducións fotográficas do pergamiño].

[Varios], Lírica profana galego-portuguesa: Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía espe-cífica; Equipo de investigación: Fernando Magán abelleira, Ignacio rodiño CaraMés, María del Carmen rodríguez Castaño, Xosé Xabier ron Fernández; Coordinado por Mercedes brea; Equipo de apoio: Antonio Fernández guiadanes, María del Carmen vázquez PaCho, Centro de Investiga cións Lingüísticas e Literarias «Ramón Piñeiro» (Xunta de Galicia), Santiago de Composte-la 1996, pp. 1072 en 2 volumes con paginación continuada. [Obra com-pilatoria do conxunto da poesía trobadoresca profana. Inclúe ademais ampla información biográfica, bibliográfica e métrico-retórica].

Antonio Fernández Guiadanes, Fernando Magán Abellei-ra, Ignacio Rodiño Caramés, María Rodríguez Castaño, Xosé Xa-bier Ron Fernández, María del Carmen Vázquez Pacho, Cantigas do Mar de Vigo: Edición crítica das cantigas de Meendinho, Johan de Cangas e Martin Codax, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humani-dades, Santiago de Compostela 1998, pp. 380.

70

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

En Internet

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) [base de datos en liña]; Versión 3.1; Centro Ramón Piñeiro para a Investi-gación en Humanidades, Santiago de Compostela. <http://www.cirp.gal/meddb>.

Graça Videira Lopes, Manuel Pedro Ferreira, et alii, Cantigas Medievais Galego Portuguesas [base de dados online], Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA, Lisboa 2011-. <http://cantigas.fcsh.unl.pt>.

Manuel Ferreiro (dir.), Glosario da poesía medieval profana gale-go-portuguesa, Universidade da Coruña, A Coruña 2014-. <http://glos-sa.gal>.

71

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Bibliografía citada nas «Outras propostas de actividades»

Alonso Montero, Xesús (1998): «Fortuna literaria dos tres poetas da Ría de Vigo», en Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Martin Codax, Mendiño e Xohán de Cangas. Vigo: Galaxia, 245-332.

Álvarez Blázquez, Xosé María (1975): Escolma da poesía medieval. Vigo: Edicións Castrelos.

Álvarez Blázquez, Xosé María (1998<1962): Martin Codax, cantor do mar de Vigo. Vigo: Xerais. Edición, notas e fixación de textos de Xosé Ramón Pena.

Álvarez Blázquez, Xosé María e Xosé María Álvarez Cáccamo (1998): E miraremo-las ondas! Once cantigas no mar de Vigo. Mendinho-Martin Codax-Joan de Cangas. A Coruña: Espiral Maior.

Arias Correza, Azucena, Dolores Arias Correa, M.ª Victoria Navaza Blanco e M.ª Dolores Risal Fernández (2009): O traballo por proxec-tos en infantil, primaria e secundaria. Santiago de Compostela: Xun-ta de Galicia.

Beltrán, Vicente (1984). O cervo do monte a augua volvia. Del simbolismo naturalista en la cantiga de amigo. Ferrol: Sociedad de Cultura Val-le-Inclán.

Cabana, Darío Xohán (2011): Os trobadores de Occitania. Lugo: Edicións da Curuxa.

Castelao, A. D. R. (1986): Sempre en Galiza. Vigo: Galaxia. 2ª edición.

Castro, Rosalía de (2016): Follas novas. Estudo, edición, notas e comen-tarios de Anxo Angueira. Vigo: Xerais.

Dieste, Rafael (1982): «Nova York é noso», en Dos arquivos do trasno. Vigo: Galaxia, 79-80.

Ferro Ruibal, Xesús (dir.) (1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.

Filgueira Valverde, Xosé F. (1992): Estudios sobre lírica medieval. Traballos dispersos (1925-1987). Vigo: Galaxia.

72

Pergamiño Vindel. Propostas didácticas

Filgueira Valverde, Xosé F. (2015<1979): «Rimbaut de Vaqueiras», en Adral. Vigo: Galaxia. pp. 350-354.

Marco, Aurora (2007): Dicionario de mulleres galegas. Vigo: A Nosa Terra.

Monteagudo, Henrique. (1998). «O marco histórico-literario. A lírica trobadoresca galego-portuguesa», en Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Martin Codax, Mendiño e Xohán de Cangas. Vigo: Galaxia, 13-159.

Nicolás, Ramón (2016): O espello do mundo. Vigo: Xerais.

Noia, Camiño (2017): “E irei, madre a Vigo! Máis de sete séculos de-spois (I), en Faro de Vigo, 16 de setembro de 2017, 45.

Oliveira, António Resende de (1995): Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo: Xerais.

Polín, Ricardo (1999): As cantigas mariñas no país de Breogán. Sada: Ediciós do Castro.

Portas, Manuel (2015): Lourenço, xograr. Vigo: Galaxia.

Pozo Garza, Luz. (1998). «Os poetas do mar de Vigo», en Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Martin Codax, Mendiño e Xohán de Cangas. Vigo: Galaxia, 159-243.

Rodríguez, O. (2015): «Nueva York y la literatura gallega», en Insula, núm. 821, 37-39.

Souto, Xurxo (2014): Contos do mar de Irlanda. Vigo: Xerais