Manifesto7 out 2

2
XORNADA DE ACCIÓN Xornada mundial polo 07 OUT. Un ano máis, celebramos este 7 de outubro, Día Mundial polo Traballo Decente, inmersos nunha profunda crise económica e financeira de alcance mundial, que serviu como pretexto para volver máis precarias as condicións de traballo, destruír emprego e degradar a vida de millóns de persoas e mais abocalas á pobreza. Nesta data, o movemento sindical únese, atendendo a chamada que desde hai oito anos vén facendo a Confederación Sindical Internacional (CSI) co obxectivo de reclamar traballo decente e, nesta ocasión, convencidos de que a forma de encarreirar a economía e situar de novo as persoas no centro das políticas é reforzar o poder dos traballadores e traballadoras. Milleiros de persoas traballadoras se mobilizan no mundo en defensa dos dereitos laborais e o traballo decente. Só aglutinando as nosas forzas será posible desterrar as políticas fracasadas en que teima unha e outra vez Europa, e que no caso de España acaban de plasmarse no selo de máis austeridade, déficit e recortes que conteñen os Orzamentos Xerais do Estado para 2014. Xa sabemos a que conducirán: ao aumento do desemprego, da pobreza e a unha meirande debilitación do estado de benestar. O Goberno continúa polo camiño errado. Empobrece máis o colectivo de pensionistas coa última reforma proposta, as empregadas e empregados públicos, os traballadores e traballadoras en xeral; reduce o público: cada vez menos recursos para a educación, para a sanidade, para a investigación e o desenvolvemento, para a xustiza, para as Administracións públicas en xeral; e non prevé nin unha soa medida para favorecer o emprego e o crecemento económico, nin aumentar os ingresos públicos pola vía dunha reforma fiscal para gañar en equidade pola contra afonda máis nos inxustos e insolidarios repagamentos. POLO TRABALLO DECENTE

Transcript of Manifesto7 out 2

Page 1: Manifesto7 out 2

XORNADA DE ACCIÓNXornada mundial

polo

07 OUT.

Un ano máis, celebramos este 7 de outubro, Día Mundial polo Traballo Decente, inmersos nunha profunda crise económica e financeira de alcance mundial, que serviu como pretexto para volver máis precarias as condicións de traballo, destruír emprego e degradar a vida de millóns de persoas e mais abocalas á pobreza.

Nesta data, o movemento sindical únese, atendendo a chamada que desde hai oito anos vén facendo a Confederación Sindical Internacional (CSI) co obxectivo de reclamar traballo decente e, nesta ocasión, convencidos de que a forma de encarreirar a economía e situar de novo as persoas no centro das políticas é reforzar o poder dos traballadores e traballadoras.

Milleiros de persoas traballadoras se mobilizan no mundo en defensa dos dereitos laborais e o traballo decente.

Só aglutinando as nosas forzas será posible desterrar as políticas fracasadas en que teima unha e outra vez Europa, e que no caso de España acaban de plasmarse no selo de máis austeridade,

déficit e recortes que conteñen os Orzamentos Xerais do Estado para 2014.

Xa sabemos a que conducirán: ao aumento do desemprego, da pobreza e a unha meirande debilitación do estado de benestar.

O Goberno continúa polo camiño errado. Empobrece máis o colectivo de pensionistas coa última reforma proposta, as

empregadas e empregados públicos, os traballadores e traballadoras en xeral; reduce o público: cada vez menos recursos para a educación, para a sanidade, para a investigación e o desenvolvemento, para a xustiza, para as Administracións públicas en xeral; e non prevé nin unha soa medida para favorecer o emprego e o crecemento económico, nin aumentar os ingresos públicos pola vía dunha reforma fiscal para gañar en equidade pola contra afonda máis nos inxustos e insolidarios repagamentos.

POLO TRABALLO DECENTE

Page 2: Manifesto7 out 2

Nesta xornada temos que alzar a voz, porque nos deixan cada vez con menos futuro e atentan contra os dereitos e liberdades. Xa o fixeron coa reforma das relacións laborais que outorgou máis poder empresarial e favoreceu os abusos e a xudicialización das relacións laborais. E agora estano facendo coa reforma do Código penal, que conduce a unha maior represión.

Esta forma de facer política oculta as súas verdadeiras intencións, que non son outras que desmantelar o estado de benestar e poñer a economía ao servizo duns poucos e non da maioría da sociedade.

A Xunta de Galicia está elaborando xa os orzamentos para o 2014 estes deberían ser o instrumento que reoriente a política económica actual cara outro modelo de desenvolvemento.

Galicia posúe autonomía financeira. É dicir, ten capacidade para actuar en materia fiscal e debuxar outro escenario de ingresos orzamentarios e pode actuar sobre as diferentes figuras tributarias para deseñar un sistema máis xusto e progresivo.

É posible tamén en Galicia facer outras políticas de gasto que se centren nas persoas: mellorando a protección social, blindando os servizos públicos, recuperando as políticas activas de emprego, Todo isto enmarcado en iniciativas que estimulen a actividade económica e apoien o noso tecido produtivo.

Neste contexto, e neste Día mundial polo Traballo Decente esixímoslle ao Goberno da Xunta que os orzamentos para o ano 2014 incorporen medidas para estimular a actividade económica,crear emprego, mellorar a protección social e consolidar os servizos públicos, así como a urxencia na tramitación parlamentaria da Lei de inclusión social, para dar cobertura ás persoas máis afectadas pola crise.

Tamén demandamos un compromiso da patronal para recuperar a negociación colectiva, tremendamente deteriorada dende a Reforma Laboral imposta.

Este 7 de outubro temos que reivindicar emprego decente, emprego de calidade para todas as persoas, un obxectivo que só será posible con outras políticas, estimulando a actividade económica e o investimento produtivo. Cómpre dedicar especial atención á xuventude, condenada

agora á emigración ou á exclusión social, e compatibilizar a saída da crise co mantemento do noso sistema de protección social.

Temos que defender os nosos dereitos. Por iso chamamos a todos os traballadores e traballadoras a participaren nas

accións e mobilizacións que se convoquen co gallo da Xornada Mundial polo Traballo Decente.

n� POLO EMPREGO DECENTEn��POR UNHAS PENSIÓNS DIGNASn� POLOS SERVIZOS PÚBLICOS UNIVERSAIS

MOBILÍZATE