MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf ·...

21

Transcript of MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf ·...

Page 1: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock
Page 2: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

O Music Way tomará este ano o relevo do Rock in Way, apostando por darlle continuidade a un festival rock de primeiro nivel en Galicia. Celebrarase o venres 28 e o sábado 29 de setembro no Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela, e vaino facer cun cartel encabezado por dúas espectaculares bandas de rock: os combativos e incombustibles Manic Street Preachers e os enérxicos The Hives. Os galeses levan máis de dúas décadas regalándonos algúns dos mellores himnos do rock alternativo británico, mentres que os suecos son uns dos principais responsables do rexurdir do garaxe-rock no século XXI. Encabezan un cartel que se completa con The Courteeners, Layabouts ou os galegos Heredeiros da Crus, Holywater, Maryland, Munich e The Cornelius, ademais dalgunha sorpresa internacional por confirmar. Ademais achegámonos á cultura urbana con cursos, exhibición e campionato de skate e longskate con Wahrld Street. Venres 28 de setembroMANIC STREET PREACHERSTHE COURTEENERSHOLYWATER – MARYLANDe máis...

Sábado 29 de setembroTHE HIVESHEREDEIROS DA CRUSLAYABOUTS – MUNICH – THE CORNELIUSINDEPENDANCE DJS e máis...

Abonos de dous días xa á venda: 19,99 € + gastos de distribución

Puntos de venta: Red Ticketmaster : www.ticketmaster.es, 902 15 00 25, Halcón Viajes, Carrefour Viajes, FNAC, Gong Discos, Tiendas Tipo / Novagalicia Banco : www.novagaliciabanco.es Santiago: Cidade da Cultura de Galicia, A Reixa Tenda, Pub A Reixa / A Coruña : Discos Noni's / Pontevedra: Hiper Froiz / Vigo: Discos Elepé /Ourense: Peggy Records / Lugo: Don Disco / Vilagarcía de Arousa : Hiper Froiz

Page 3: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

PROGRAMACIÓN INFANTILO Music Way crea este ano unha dobre conexión: cos nenos e nenas e coa Cidade da Cultura. Será a través dunha programación especialmente deseñada para o público infantil. O sábado 29 de 16 a 20 h celebraranse concertos, talleres e outras actividades relacionadas coa música e dirixidos a nenos ata 14 anos. Unha experiencia coa que contaxiar aos máis novos do espírito da música e facelos partícipes do proceso creativo. Sábado 29 de setembro, de 16h a 20hActuacións

BRODASALONDRA BENTLEYMAMÁ CABRA

ActividadesTaller de dj * Composición musical en directo * Aquófono * Karaoke * Taller de construción de instrumentos reciclados * Customización de camisetas * Taller de fotografía musical * Audiovisuais musicais

Entrada gratuíta. Actividades para todas as idades.

Page 4: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock
Page 5: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

MANIC STREET PREACHERS

Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock made in Gales

Son de Gales e levan máis de dúas décadas regalándonos algúns dos mellores himnos do rock alternativo británico. O seu son as guitarras afiadas, as letras con forte contido social e unha actitude combativa próxima ao punk. James Dean Bradfield (guitarra e voz), Sean Moore (batería) e Nicky Wire (baixo e voz) formaron Manic Street Preachers en 1986 e seis anos despois revolucionaron o panorama musical británico co seu primeiro disco, Generation Terrorists. Sucedérono outros nove álbums e unha chea de cancións indelebles que fan deles iconas musicais de Gran Bretaña. Acaban de editar un disco que percorre toda a súa carreira: National Treasures (Columbia 2012); unha compilación de todos os seus singles que inclúe auténticas pezas mestras do rock de guitarras, como “If You Tolerate This Your Children Will Be Next”, “Suicide Is Painlesss”, “Motorcycle Emptiness”, “La Tristesse Durera”, “A Design For Life”, “You Love Alone Is Not Enough”, “You Stole The Sun From My Heart” ou “This Is The Day”. Temas que brillan como nunca nos seus intensos directos. www.manicstreetpreachers.comwww.youtube.com/watch?v=cX8szNPgrEs

Page 6: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

THE HIVES

A enerxía dun dos grandes grupos de garage rock do século XXI

Podes sentir os refachos de vento quente sobre a túa cara? É a música de The Hives. O grupo sueco de garage rock regresou este verán co seu novo disco: Lex Hives. Doce cancións intensísimas tocadas en pouco máis de 30 minutos. Non son ese tipo de cancións que soarían igual de ben tocadas cunha guitarra acústica xunto á fogueira. Isto non é música: é un pedazo de carbono escondido na cortiza terrestre durante millóns de anos e descuberto agora para ser colocado nos teus tímpanos.The Hives é unha das bandas responsables de pór no século XXI no ollo do furacán musical o rock garaxeiro. Howlin' Pelle Almqvist (voz), Nicholaus Arson (guitarra), Vigilante Carlstroem (guitarra), Dr Matt Destruction (baixo) e Chris Dangerous (batería) formaron o grupo en 1993 en Fagersta (Suecia). No 97 lanzaron o seu álbum de debut Barely Legal, un trallazo que atravesou a comunidade punk como unha locomotora fóra de control. Despois veu Veni Vicious Vidi, e o gran éxito internacional de temas como "Hate To Say I Told You So", "Main Offender", "Supply and Demand" e "Die Alright!”. Con Tyrannosaurus Hives e The Black and White Album seguiron sementando a súa discografía de cancións potentes nas que chocan o garage, o glam, o punk e grandes doses de enerxía para saltar ao ritmo dos seus poderosos riffs de guitarra. En Lex Hives volven reinventarse sen perder un gramo de potencia con temas tan pegadizos como “Go Right Ahead” e “Come On!”. www.thehivesbroadcastingservice.comhttp://www.youtube.com/watch?v=ngiSiPAtlzY

Page 7: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

THE COURTEENERS

A banda de indie rock que entusiasma a Morrisey

The Courteeners naceu en 2006 en Middleton, nos arredores de Manchester. Fórmana catro amigos que se coñecen desde os dez anos: Liam Fray (voz e guitarra), Michael Campbell (voz e batería), Conan Moores (guitarra) e Mark Cuppello (baixo). O boca a boca popularizounos desde os seus primeiros concertos nos locais de Manchester ata o lanzamento do seu primeiro disco: St. Jude (2008). En 2010 publicaron o segundo álbum: Falcon. No medio veu o recoñecemento por parte de Morrisey, que en varias ocasións gabou a súa música: “The Courteeners teñen cancións moi boas e potentes”. Con Morrisey xiraron por Estados Unidos, pero non foi o único grande que os sinalou: tamén Noel Gallagher contou con eles para un concerto benéfico no Royal Albert Hall. Da calidade dos seus concertos dá boa conta o dvd que editaron hai uns meses: Live At The MEN Arena, no que recollen un concerto de decembro de 2010. Un ano despois tocaron durante tres días seguidos en Manchester e venderon 10.000 entradas en só 12 minutos. A proba de que o seu directo é unha experiencia poderosa. www.thecourteeners.comhttp://www.youtube.com/watch?v=TJFUWapnr3s

Page 8: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

HEREDEIROS DA CRUS

O regreso do grupo máis emblemático e descarado do rock en galego

Volveron aos escenarios no 2012 para celebrar o seu 20º aniversario e compracer os milleiros de fans que desde hai anos viñan reclamando o seu regreso. Por iso non podían faltar no Music Way. Os autores de éxitos como 'Que jallo é', 'Íscalle Lura' ou 'Non quero nada de ti' están de volta para dalo todo e "josar" como nunca. Na formación militan os catro heredeiros: Tonhito de Poi, Javi Maneiro, Tucho e o Jran Fran, que desde o ano 2004 non tocaban xuntos. Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Dous anos despois publican o seu primeiro disco, 'A Cuadrilla de Pepa a Loba'. As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse. A súa música seguiu gañando adeptos en discos posteriores como 'Está que te cajas!!' ou 'Erecsiones munisipales'. O seu regreso aos escenarios prodúcese por aclamación popular. www.heredeirosdacrus.comhttp://vimeo.com/38079706

Page 9: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

LAYABOUTS

Rock a secas, sen poses forzadas nin artificios retóricos

Desde os seus comezos, Layabouts levan a sinceridade por bandeira no seu compromiso coa música. Algo que afianzan e acentúan co seu terceiro disco: 'Savage Behaviour' (2011). Nos comezos ('Layabouts', 2007) a banda recolleu os himnos primarios entre guitarras e sintetizadores. Logo '... And They Ran Into The Woods' (2009) escureceu e enrabietou o seu son da man do produtor Kaki Arkarazo, con quen repiten en Savage Behavior (2011) para alcanzar unha nova dimensión sonora e de madurez nun álbum cuxa primeira virtude é que se fai curto. As súas 10 cancións, directas e concisas, convencen na inmediatez. Layabouts nace do encontro de catro novos madrileños que en 2005 forman unha banda de pop guitarreiro, cunha clara influencia británica. Nas súas cancións o protagonismo téñeno as melodías vocais e os riffs de guitarra. Como principais influencias adoitan nomear a Joy Division e os grupos americanos de garaxe dos 70, aínda que é fácil recoñecer as raíces nos clásicos dos 60 e as grandes bandas do rock. Así, podemos percibir aromas a Beatles, Kinks, The Who ou ata The Cure nas súas cancións. Tamén teñen os seus referentes na música actual e non dubidan en mostrar a súa admiración por bandas como The Killers, Bloc Party, The Bravery, The Kooks, We are Scientist, Arctic Monkeys...www.layaboutsband.comhttp://www.youtube.com/watch?v=WCkQNAsjuvI

Page 10: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

HOLYWATER

Depredadores do son, salvaxes e emocionantes

Holywater é xa un nome propio no rock feito en Galicia. Letras en inglés, música apaixonada coa que é fácil empatizar, e a voz de Ricardo Rodríguez, son os ingredientes principais dun cuarteto de Lugo que completan Martín Alonso (guitarra), Luís Casanova (batería) e Mito (baixo). 'The Path To Follow' (2010) é o seu cuarto traballo despois de 'Handle With Care' (2002), 'Sides' (2004) e 'Tranquility' (2008).Escoitar un disco de Holywater é como ver un documental de animais salvaxes. Un documental en alta definición no que observar con todo detalle a axilidade dos movementos dos depredadores, a crueza coa que se lanzan a por as súas vítimas, sentir que o sangue case nos salpica desde a pantalla. Así son as cancións de 'The Path To Follow': a forma de ter nun soporte doméstico a enerxía e a fereza coa que un león se abalanza sobre unha gacela, sentir na contundencia da base rítmica o latexado do cazador, darnos a volta porque as guitarras ou un crebo da voz fannos sentir que o perigo está moi preto, que se nos vai botar enriba. Dez cancións máis crúas e máis directas que nunca, que defenden o lugar no mundo da banda, que falan da importancia de seguir o camiño propio con independencia do que pasa ao redor.www.myspace.com/holywaterwebhttp://www.youtube.com/watch?v=oCpYPwlxBXc

Page 11: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

MARYLAND

Un directo que non deixa a ningúen cos pés fríos

No seu segundo álbum, Maryland chegou ao momento ideal nesa viaxe entre o directo e o disco: que sexa o disco o que capte a enerxía dos directos e non os directos os que tenten reproducir o disco. É o camiño lóxico para un grupo da área de Vigo cun directo que non deixa a ninguén cos pés fríos. Get Cold Feet (2011) toma o relevo de Surprise, o álbum co que a banda debutou en 2009. Rubén Castelo, Arturo Gutierrez da Cámara, Pablo Castelo, Iván Patiño e Jaime Gutierrez da Cámara dan un paso máis na súa carreira, con cancións máis inspiradas e directas. Deixaron de ser unha sorpresa para converterse nunha realidade contundente como a súa propia música.www.myspace.com/marylandvigohttp://www.youtube.com/watch?v=1oY6m74d57U

Page 12: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

THE CORNELIUS

Vellas melodías rock vestidas con elegancia actual

The Cornelius lanzará antes de que termine o ano o seu terceiro álbum de estudio, que descubrirá a esencia máis fresca e natural do grupo. O disco que sucederá a Greatest Hits e 1960 presentarase en outubro e será o seu traballo máis persoal e coidado.Durante os seus sete anos de existencia, traballaron coa xente da talla de Mike Glossop ou Tatsuya Sato. Entre disco e disco, tiveron tempo de facer xira por todo o país da man de Europa FM e Artistas en Ruta. Tocaron con grupos como Morcheeba, Juliette Lewis ou Arcade Fire. O seu último logro? Participar na “Coca-Cola Music Experience” a través da cal gravaron un dos seus temas máis coñecidos: “Everything's all right”, que aínda soa como cabeceira de programas de TV e radio.Unha banda con espírito de rock, influenciada por unha chea de vellos discos e sons pop contemporáneos, á que lle interesan as boas melodías que saben vestir cunha elegancia abraiante...www.myspace.com/cornelius1960http://www.youtube.com/watch?v=Hn1GZXZUHA0

Page 13: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

MUNICH

Atmósferas densas revisando o postpunk dos oitenta

Munich naceu en Vigo durante os primeiros meses de 2008, coa idea de fundir o son escuro de bandas dos oitenta coas atmósferas máis densas e ambientais da música actual. O grupo fórmano Guillermo Zapata (voz, sintetizador), Simón Pereira (guitarra), J. Fran Nóvoa (guitarra), Miguel Bianchi (baixo) e Antón Martínez (batería). Bases rítmicas presentes, ambientes de guitarras afiadas e o uso dun sintetizador marcan as liñas básicas do grupo, sempre acompañadas pola voz grave do seu vocalista. Un son que se aproxima ao postpunk clásico. www.munichsound.eshttp://www.youtube.com/watch?v=U-YZvJUcVzg

Page 14: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

WAHRLD STREET

Cursos, competición e exhibición de skate e longskate

Wahrld Street é un evento organizado por Warhrld, a alianza entre Vazva e HR. Ambas marcas asócianse para transmitir os valores do surf e a cultura urbana a todo tipo de público. Un proxecto moi ligado á natureza, ao respecto ao ambiente e á difusión de hábitos saudables. No Music Way, o Wahrld Street centrarase no skate e o longskate para que o público coñeza mellor este deporte urbano que marca tendencia. Haberá competición de skate nun circuíto montado con cuarters, funbox, varandas e caixóns. Ademais, poderemos ver unha exhibición de longskate, unha modalidade de patín moi de moda, convertido nun medio de locomoción. Todo isto complétase coa posibilidade de iniciarse no skate e o longskate. Os mellores riders de Galicia dedicaranse a explicar as técnicas e trucos para practicar estes deportes. www.wahrld.com

Page 15: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock
Page 16: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

BRODAS

As espectaculares coreografías duns mestres do street dance

Brodas son auténticos especialistas na arte do street dance, con coreografías espectaculares a ritmo de hiphop. Na programación infantil do Music Way estarán amosándonos o seu espectáculo, “Hip-Hop Danza Urbana” e ademais ofrecerán unha masterclass para amosarlles aos máis pequenos como desenvolver as súas habilidades no street dance. A compañía Brodas creouse no ano 2006 cando Pol e Lluc Fruitós, despois de numerosas actuacións e obradoiros, deciden dar nome ao seu traballo. Con “Hip hop Danza Urbana” crearon un espectáculo lúdico e didáctico, que narra a historia do hip hop e conta os seus diferentes estilos para transmitir ganas de bailar.Brodas actuou en teatros de toda España e fixo xiras por Asia e África, ademais de participar en numerosos programas de televisión, contribuíndo a popularizar o street dance. www.brodas.eshttp://www.youtube.com/watch?v=atV0YClaftg

Page 17: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

ALONDRA BENTLEY

Unha nova estrela do indie metida a facer cancións para nenos e nenas

Alondra Bentley naceu en Lancaster (Reino Unido) en 1983, nunha rúa chamada Ashfield Avenue. Precisamente así titulou o seu primeiro disco (2009) que gozou do beneplácito da crítica e do público nacional e internacional. Tras a publicación do traballo, ofreceu máis dun centenar de concertos en España, Gran Bretaña e México. Alondra reside en Madrid e acaba de publicar un disco con cancións que escribiu para nenos: Alondra Bentley sings for children, It's Holidays!. En outubro de este mesmo ano publicarase The Garden Room, un disco producido por Josh Rouse e publicado polo seu actual selo discográfico; Gran Derby Records. Acaba de gravar cinco temas para a banda sonora de Buscando a Eimish, unha película de Ana Rodriguez Rosell que estará en cinemas no outono. www.alondrabentley.comhttps://vimeo.com/4642830

Page 18: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

MAMÁ CABRA

Concertos para cantar e xogar

Mamá Cabra é o grupo de música infantil de referencia en Galicia. Fórmano Pablo Dalama Piñeiro (frautas, gaita, saxofón), Paco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica), Diego Maceiras Pedreira (acordeón, acordina), Rodrigo López Muñoz (batería e percusión), Tomi López Serrano (baixo eléctrico e guitarras), Paula Romero Canedo (coro), Sandra Romero Canedo (coro), Montse Rivera Crespo (coro), Merchy Rozas (coro), Miguel Flores (coro), e Gloria Mosquera Roel (voz). A idea orixinal partiu de facer cancións para a escola a partir de cancións de poetas, do que saíu o disco Cantos rodados, con temas baseados en poemas de Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández, Gloria Sánchez... Mamá Cabra acabou facendo directos nos que artellan xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Agora teñen xa sete traballos publicados e dous espectáculos en marcha, dirixidos a nenos e nenas de entre 0 e 10 anos: Ola, ola, la!, e Cantos pequenos. www.mamacabra.comhttp://www.youtube.com/watch?v=mhXxaHD208Y

Page 19: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

ACTIVIDADES E TALLERESTodos de 16h a 20h

Taller de djA partir de 5 anosUn taller para ensinarlle aos máis novos a manexarse cos pratos e converterse en auténticos disc jockeys. Será impartido por seis dj, con seis sets variados para poder tocar diferentes estilos e tecnoloxías, desde a manipulación directa de vinilos ata os controladores e ordenadores, caixas de ritmos...Composición musical en directoA partir de 5 anosUn taller no que aprender a crear música por ordenador a partir de sons e materiais ao alcance de todos. Paus, pedras, palmas e as voces dos propios nenos e nenas que participen son algúns dos sons que se recollerán para trasladar ao ordenador e desde alí crear melodías e ritmos. AquófonoTodas as idadesO aquófono é unha escultura sonora portátil, un sistema infusor de pingas musicais, un laboratorio audiovisual de azar atendido. A partir da combinación rítmica de simples gotas de auga, recréase unha serie de fantasías musicais e visuais únicas, efémeras e irrepetibles. Un sistema de percusión pioneiro ao que se poderá achegar o público para sorprenderse cos efectos musicais do goteo controlado. Taller de customización de camisetasA partir de 3 anosA oportunidade de aprender a deseñar sobre camiseta para que cada neno ou nena poida facerse á súa propia con imaxes do seu grupo musical favorito. Taller de fotografía musicalA partir de 3 anosUn taller para que os máis pequenos aprendan de forma divertida os principios básicos da fotografía e como aplicalos á fotografía de concertos.

Page 20: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

Taller de construción de instrumentos reciclados A partir de 5 anosUn taller para aprender a facer instrumentos musicais con materiais de refugallo. A partir de restos de cartón, chapas, noces etc, os nenos e nenas construirán tarrañolas, rascadores de noces, tambores, axóuxeres, maracas, paus de chuvia...KaraokeA partir de 6 anosUn karaoke especialmente pensado para que os nenos e nenas poñan a proba as súas habilidades como cantantes. Audiovisuais musicais / Zona de descansoTodas as idadesUn espazo de descanso no que ademais gozar dos mellores vídeos musicais.

Page 21: MANIC STREET PREACHERS - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/20120831_music_way.pdf · MANIC STREET PREACHERS Guitarras afiadas e actitude combativa polos mestres do rock

www.musicway.eswww.facebook.com/MusicWayFestivalwww.twitter.com/musicway_

Contacto de comunicación:Moisés Álvarez [email protected] 204 119