¡Mamasiña, que medo!€¦ · o das filloas do Entroido… • Na páxina 22, Celidonia non dá...

12
1 ¡Mamasiña, que medo! XERAIS Título: ¡Mamasiña, que medo! Autora: Chus Pereiro Ilustradora: Cuchi Souto Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 70 ISBN: 84-8302-785-2 Idade: De 9 anos en diante

Transcript of ¡Mamasiña, que medo!€¦ · o das filloas do Entroido… • Na páxina 22, Celidonia non dá...

1

¡Mamasiña, que medo!

XERAIS

Título: ¡Mamasiña, que medo!

Autora: Chus Pereiro

Ilustradora: Cuchi Souto

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 70

ISBN: 84-8302-785-2

Idade: De 9 anos en diante

2

a autoraChus Pereiro

Mestra que naceu en Marín na déca-da dos cincuenta e traballa actual-mente en Vigo.Conta con experiencia en obradoirosde teatro infantil para os que ten rea-lizado adaptacións.Ultimamente está escribindo as súaspropias historias caracterizadas polohumor e a cantidade de protagonistasque posibilitarán un teatro infantillúdico e participativo.

3

resumo argumentalTres cegos presentarán a situación a través dun romance no que se nos dá a coñecerao xigante Xuvenco, o terror da vila de Xalundes, que xa leva papado á meirandeparte dos veciños e aínda non se dá por satisfeito.Nestas chega polo aire a bruxa profesional Celidonia, acudindo a unha xuntanza conoutras compañeiras que se celebrará nun lugar solitario, con lúa chea, sen turistas ninmosquitos… «¡En Xalundes!», dixera a axente de viaxes.Agora, na compañía das outras bruxas Chincha e Chincheta, verán de atender asdemandas do morcego que vén pedir un médico para o xigante que anda indispos-to. A doenza de Xuvenco é un pouco ridícula, pois esta mañá espertou pequerrecho,as roupas quédanlle grandes e non mete medo a ninguén. Unha enfermidade bengrave para un xigante…Como nos contos e no teatro, todo ten remedio; Celidonia conseguirá facer aoxigante grande de corazón, ¡que non é pouco!Segundo di unha das bruxas, a obra anúnciaselle ao público como de medo, corre orisco de converterse nun melodrama, pero a xente pártese de risa.

a ilustradoraCuchi Souto

Naceu en Ferrol na década dos cin-cuenta. Tamén é mestra. Nestemomento traballa como asesora noC.F.R. de Ferrol. Ten ilustrado a enciclopedia de xogospopulares Chirlosmirlos, da autoría deAntón Cortizas.A inxenuidade dos debuxos completaesa visión humorística dun mundode bruxas e ogros que se relacionadirectamente coa nosa actualidade.As ilustracións achegan unha serie deelementos e detalles que enriquecen ahistoria e permiten unha lecturaparalela.

4

temáticaAs bruxas

Esas personaxes de conto, que teñen un físico especial, que viaxan dunhamaneira diferente, que preparan os mil e un potingues… e que se reúnende vez en cando. As bruxas tamén están presentes fóra do mundo literario

porque, ¿hainas ou non as hai? De calquera xeito, forman parte do imaxinario popularaínda que xa non son o que eran e agora van de modernas.

Personaxes fantásticas

Bruxas, xigantes, vampiros, pantasmas… formando parte de historiasque se reverten traéndoas aos mundos das novas tecnoloxías e á Citroën.

A mestura de mundos ou de temposDe repente atopámonos cunha historia de bruxas e xigantes, de vampi-ros, pantasmas, meigallos e castelos, pero na que tamén aparecen ruídosde helicóptero ou a ITV.

Os cegos

Durante moito tempo os cantares de cego serviron para informar dasnovas que se daban polo mundo. Esa xente que non vía era a encargadade narrar o que acontecía e para iso axudábase dos cartóns de cego para

que a xente puidese ir facéndose unha idea máis real do que se contaba. Unha obra de teatro na que intervén o público, pois os personaxes –actores/actrices–diríxense a el e interpélano. Unha obra na que, ademais, podemos atopar teatro, comopodemos observar cando os paisanos fan de público ante os cegos.

5

temáticaO valor da participación

Estamos ante unha obra de teatro pensada para ser representada pornenos e nenas. Neste caso a participación de todos eles é un valor adefender, traballar para que cada un teña o seu papel e traballar mesmo

para que aqueles aos que lles toque ser espectadores tamén poidan intervir nalgunhaocasión e se poidan considerar partícipes.

O humor

A obra busca que a rapazada se divirta e, certamente, consígueo. Os gol-pes cómicos son continuos e a rapidez coa que transcorre a acción faique non acabemos de pechar a boca para ter que volver a abrila.

¿Melodrama ou comedia? ¡Está claro que todos buscan a comicidade!

6

actividadesDo libro

• Vaiamos adiantándonos. ¿De que se nos ocorre que poida tratar un libro con este títu-lo? Axudémonos do debuxo da portada e do texto da contraportada para ir adiantandoacontecementos.• ¿Ti dirías «mamasiña»? ¿Que outras fórmulas utilizas para chamar cariñosamente á túa nai?• ¿Que teñen en común a ilustradora e a escritora?• ¿Por que no cartel de entrada a Xalundes aparecerá borrada a palabra «Benvidos»? Postosa inventar nomes de pobos, seguro que sodes capaces de inventar un poucos, ¿ou non?• ¿Como imaxinas unha reunión de bruxas? ¿Como han ser as noites nas que se xuntanas bruxas? ¿Que é o que fan as bruxas?• ¿Por que as bruxas se tratan de comadres?• ¿A que se lle chama mal de ollo?• Busca datos que confirmen a modernidade de Chincheta.• Di Chincheta que estudia novas tecnoloxías ¿Que ven sendo iso? ¿E a ITV?• ¿Cal é o instrumento musical con que se acompañan os cegos mentres cantan os seuscantares? • ¿Por que cres que os cegos repiten ao longo do recitado a frase que lle dá título á obra?• Os cegos adoitaban cantar romances. Indaga cales son as características destes e se coin-ciden cos versos que aparecen na obra.• Faise algo raro atopar tres cegos e ningún lazarillo. ¿Como farán? Lembrade algún laza-rillo famoso.• Temos noticia de que Xuvenco papou moita xentiña e máis cousas. Fagamos un lista-do de todas esas perdas.• ¿A que idade se pode sacar o carné de conducir?• ¿A que se lle chama «a idade do pavo»?• ¿Estás de acordo co morcego cando di que as bruxas sempre traballaron na rama sani-taria ou cres que o fixeron nalgunha outra?• ¿Como definirías ti esa afección de Chincheta a pensar nos príncipes enmeigados?• ¿Arranxa algo o mecánico? ¿Que pretende cobrar e por que? Pensade que en vez dunhavasoira a bruxa tivese un animal voador e que fose necesario chamar a un veterinario.Inventade o diálogo que se produciría nese caso.• Ao longo da obra o morcego vai poñéndolle adxectivos ao xigante: titánico, colosal…Búscaos todos e indaga ti algún outro sinónimo.• Cibernético, robótica… son termos técnicos. ¿Atopas máis?• «Tódolos días se aprende algo», dille Chincheta a Xuvenco. ¿Que foi o que aprendeuela ese día? ¿E ti hoxe?• Recitemos ou cantemos o romance dos cegos. Despois poderemos continualo.Lembremos a rima asonante nos versos pares e rematemos cada cuarto verso con «¡Ai,mamasiña, que medo!».

7

actividades• ¿Dirías que esta é unha obra que ten que ver co medo? Argumenta a resposta.• Esta historia podería facernos lembrar outras de pobos ameazados por dun dragón, unogro, uns monstro. ¡Contádevolas!• ¿Cantos actos ten a obra? ¿En que consiste un acto? ¿Cando comeza e cando remata? • ¿Cantos actores e actrices son necesarios para representar a obra? ¿Que personaxes inter-veñen en cada acto?• ¿Que é un melodrama e cal é a diferencia cunha obra de medo ou cunha cómica?

Do que aparece no libro

• A bruxa preséntase como Celidonia Colondra e logo veremos que as outras se chamanChincha e Chincheta. ¿Que outros nomes de bruxa se che ocorren?• A mestura de elementos actuais con outros que non teñen nada que ver co noso mundo(como viaxar en vasoira) producen unha certa comicidade. Busquémolos.• Cando aparece o mecánico en escena aproveita para facer publicidade do taller. Lédeoe logo facede unha presentación aínda máis orixinal.• Pensa que unha delas vai a unha axencia de viaxes para contratar o lugar no que reunirse,tal e como se fose un congreso. Escribe esa parte da historia que quedou sen ser relatada.• «De seguro que as outras bruxas están nun atasco», di Celidonia. Pensemos noutrosatascos que tamén nos resulten case «imposibles».• As pantasmas sempre fan ¡Uuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu!, en tódalas historias.Seguramente sabes doutros ruídos producidos por outras criaturas; apúntaos. Esta pan-tasma non dá metido medo, é máis, Xuvenco atrévese a dicirlle que non sexa pantasmae ela bótaselle a chorar, a punto de coller un trauma. Non sempre as cousas son o queparecen: os lobos poden ser bos, as bruxas fermosas, os piratas honrados… tal e comoaparecían nun poema de Goytisolo. Creade historias nas que suceda isto, que unha pan-tasma sexa sensible, un xigante pequeneiro, un vampiro que o único sangue que toma éo das filloas do Entroido…• Na páxina 22, Celidonia non dá creto ao que contan os cegos e cando os paisanos lledin que é certa a historia comeza a insultalos. Podedes recoller os insultos da bruxa e logoengadir algún máis da vosa colección, tentando que sexan orixinais e divertidos. Taménpodemos facer que pasen eles a insultala a ela a continuación.• Ao dicir o nome de Xuvenco a cada un dos habitantes de Xalundes pásalle algo: unhamoza desmaiase, a unha muller dálle comechón, un rapaz espirra, un home chora… Estetamén pode resultar un xogo estupendo: crearemos diálogos e, cando alguén diga o nomedo xigante, os demais irán tendo estas e outras respostas (tremores, ganas de mexar…¡todo o que se vos ocorra!).• Hai unha serie de adiantos técnicos que nos sorprenden. Por exemplo, a vasoira dabruxa ten tren de aterraxe, piloto automático, motor de arranque ou depósito de com-

8

actividadesbustible. Podemos facer nós o mesmo con algún outro obxecto; se aquí se aplican os ele-mentos do coche a unha vasoira, alí pódenselle colocar os dunha lavadora a un lavadoi-ro público ou…• Á parte dos adiantos da vasoira hai outros… no tempo das bruxas e os xigantes nonpoden deixar de chamarnos a atención a aparición das axencias de viaxe ou… ¿que outrostes descuberto?• Vai de bruxas. Contémonos historias nas que estas interveñan. Unha vez que lembre-mos as que nós sabemos, podemos conseguir máis preguntando na casa ou buscandolibros na biblioteca. A quen non lles guste este tema pode centrarse nos xigantes, naspantasmas, nos vampiros…• «Eu vivía aquí sempre só, co meu morcego. Calquera día papábao tamén. E agora teñoo castelo cheo de xente que me axuda». Falemos da diferencia entre dar medo ou inspi-rar confianza.• Contan que a Xalundes chegaran uns turistas que ao ver o castelo exclamaran «Oh,wonderful» antes de seren papados polo xigante. Tamén nós sabemos inglés, ¿a que si?Pois probemos a falar un chisco introducindo frases en inglés que poidan producir risa.• Di Celidonia: «O tráfico polo ceo anda cada vez peor: avións, satélites, e toda esa ferra-lla voando por aí solta». Imaxínao e, logo, debúxao.• As ilustracións dannos información que non aparece no texto. Búscaa e ensínalla aosteus compañeiros.• No texto aparecen tópicos, cousas que son moi típicas e se repiten, como iso de ir aunha axencia de viaxes buscar un lugar ao que viaxar no que non haxa turistas –¿e quesomos nos cando estamos noutro lugar?– ou pensar que os turistas sempre van facendofotos, ou que mosquitos e turistas é o que atopamos sempre que saímos de viaxe. Á bruxaos turistas parécenlle tan estúpidos que pensa que realmente quixeron ir facer turismo aobandullo dun xigante. Cita estraños lugares que che teñan sorprendido como destinoturístico.• Buscando quen poida poñer orde e meter ao xigante en cintura, pregunta a bruxa seteñen rei, alcalde, garda de tráfico, presidenta da APA… e a todos e todas os ten papadoo xigante. ¿Por que outras autoridades terías preguntado ti? ¿Parécevos que o garda detráfico e a presidenta da APA son realmente autoridades como para enfrontarse a unxigante? ¿Que che parece iso de que haxa unha presidenta da Asociación de Pais deAlumnos? ¿Ela será pai ou nai? ¿Hai algo contradictorio na linguaxe?• Cando escoitan unha campá axiña a bruxa pensa no cura. Hai obxectos que relaciona-mos sempre con profesións determinadas. Podemos xogar a iso. Faremos un listado deprofesións e obxectos, o máis ampla posible e, posteriormente, podemos ver se por gru-pos adiviñan o termo que falta.• Hai situacións realmente cómicas coma cando aparece o morcego e se asusta a bruxadel e el da bruxa berrando ao tempo. Ou outras nas que a rapidez coas que cambiamosdunha emoción á contraria fai que se produza a risa, por exemplo cando a bruxa acaba

9

actividadesde asustarse só de ver ao morcego que lle conta o pavoroso que é o seu señor e a conti-nuación dóese del cando lle di que está enfermo. Ide pescudando outras situacións igual-mente cómicas e logo aplicade estes recursos ás vosas creacións.• O morcego fálalle á bruxa da confidencialidade dos informes de saúde (e máis nesecaso, «tratándose dun xigante, que logo todo se sabe e pérdeselle o respecto»). ¿De queoutros informes secretos tes oído falar?• Hai situacións que poderían ser realmente maldicións coma esta dun xigante que enco-lle… Busquemos outras posibles.• Inventemos beberaxe s para remediar un listado de males orixinais e interesantes comopoderían ser as miradas esquivas, os concursos de mises, o ceo nubrado…• As esaxeracións son recursos humorísticos e poéticos. Di o morcego: «O xigante é des-comunal. Faise noite só coa súa sombra». Crea outros deste estilo.• A bruxa Celidonia xa sente pena pola doenza de Xuvenco e quérelle axudar ao morce-go a buscar un médico. Daquela empeza a berrar: «¡Médicoooo! ¡Un médicooo! ¿Haialgún médico na sala?». Igual que se fai nos avións ou neses lugares nos que non é doadochamar ao 061. Neste caso, ao interpelar ao público, terá que ser algún espectador quenlle conteste. Noutro caso, pide un mecánico pois tamén se trata dunha emerxencia. Destamaneira actúan tanto os que están no escenario coma os do patio de butacas. Falemos deobras ás que teñamos asistido e se o público interviña ou non, das obras nas que temosactuado… Busquemos nun xornal as obras de teatro que se están presentando nestemomento en diferentes lugares.• ¿Como se chama o vampiro? Cambiémoslle os nomes a cada unha das personaxes deforma que todas elas rimen, no estilo de…

– O vampiro Casimiro,– o pantasma Plasma,– a bruxa Curuxa,– o morcego Alego,– o cego Prego,– o xigante Minguante…

• O vampiro di que confundiu o castelo cun turismo rural. Indaguemos que casas deturismo rural hai no contorno e se sería posible confundilas cun castelo.• O teatro é un xénero literario especial; podemos lelo igual que unha novela, pero taménpodemos representalo ou asistir á posta en escena desa obra. Busquemos os libros de tea-tro que hai na biblioteca do centro, na municipal, na familiar, e vexamos que títulos nossoan.• Chincha e Chincheta representan dúas xeracións de bruxas: a primeira é unha bruxatradicional; a outra é nova e ten aires de modernidade. Podemos buscar outras parellasasí e crear historias en torno a elas.

10

actividades• Celidonia tenta convencer a Chincheta de que os príncipes enmeigados non existenporque as bruxas teñen máis que facer que andar enmeigando e desenmeigando á reale-za. Pensa que non fose así e que podes crear a historia de cada unha das familias reais queaparecen nas revistas do corazón sendo enmeigadas e desenmeigadas polas bruxas actuais.• Se calquera bicho puidera ser un príncipe enmeigado habería quen fose repartindobicos sen que lle dera noxo… Pero o que si é certo é que son seres vivos e, polo tanto,non deberiamos tratalos mal. Comentemos o tema do maltrato aos animais, dos casosque coñezas e de como se podería solucionar.• Nos contos de fadas os bicos desfán os feitizos, os sapos convértense en príncipes e as prin-cesas que levan séculos durmindo por fin espertan. En realidade, ese debe ser o poder dosafectos. Fagamos unha posta en común en torno a esta temática da necesidade de sentirsequerido e aceptado, porque os sapos poden ser príncipes ou, os parrulos feos, cisnes.• No tratamento das personaxes é interesante contar con que cada unha delas teña unhateima. Por exemplo, a bruxa noviña está empeñada en desenmeigar príncipes… Creadeunha obra de teatro partindo de personaxes así de teimosos.• Inventa receitas de meigallos e beberaxes máxicas.• O esconxuro da queimada tamén pode ter algo que ver coa bruxería. ¡Buscádeo e pro-bade a representalo!• Cada un dos actores e actrices que van realizar unha obra terá que ser caracterizado deacordo co personaxe que representa. Así, elixiremos a roupa e os accesorios con que sedisfrazarán e tamén unha maneira de andar e falar, algo especial que distinga a cada undeles. Debemos ir definindo e preparando todo o relativo a cada un destes personaxes.• ¿Podemos falar dun final feliz? Argumenta a resposta.• Realicemos un debate en torno a un tema que nos pode preocupar. Por exemplo,Xuvenco está enfermo pero é perigoso cando está san. ¿Que debemos facer nese caso?¿Deberíamos coidalo ou deixalo sen atención médica? Iso podemos traspasalo a casosactuais.• Cando estamos ante unha obra de teatro, a primeira lectura podemos facela tal e comorealizamos a dunha narración. A continuación podemos lela de maneira que cada alumnoou alumna lea o papel correspondente a un personaxe e un deles faga de narrador léndo-nos as acotacións que nos irán situando no contexto. Despois desa lectura xa estaremos encondicións de ver quen pode facerse cargo de cada un dos papeis, ben porque lle gusta ouporque o realiza da maneira máis axeitada. Podemos pasar entón a realizar teatro lido, rea-lizando as cartelas de cada un que colocaremos diante na mesa. Cando fagamos algunhadestas actividades non temos por que quedarnos ocultos na aula, podemos facer uns carteisanunciando a representación ou uns programas de man que iremos entregando ao alum-nado doutras aulas que vaia asistir. Estes mesmos poden realizar outras obras e, desa manei-ra, dun xeito divertido, iremos poñéndonos ao día dalgunha que outra obra de teatro.Máis tarde poderemos representala. Neste caso xa debemos ter en conta a escenografía,decorados, música, vestiario…

11

actividades• Xa metidos en teatro, e despois de collerlle o gusto, podemos ir buscando obras porgrupos e ensaiar aquelas que máis nos gusten.• Rematada a lectura do libro podemos dar razón da dedicatoria, ¿ou non?• Hai moitos máis libros de narración que de poesía ou teatro. Para demostralo, podes irao final deste volume, aí onde pon títulos publicados da colección Merlín, e pescudar aque xénero pertence cada un deses títulos.

Doutros libros

• Exposición de libros de teatro. Isto pode dar pé para que o alumnado se interese poreste xénero e vaia collendo o costume de lelo.• Tamén pode ser un bo momento para asistir a unha representación teatral e para quepoidamos reflexionar acerca das diferencias entre a obra escrita e a posta en escena.• Podemos buscar outras obras de teatro infantil que sexan tamén dinámicas e divertidaspara distribuílas entre os diferentes alumnos e alumnas da aula. Unha vez lidas, poderánfacer a presentación de cada unha delas aos compañeiros e, así, ir intercambiando a infor-mación. Servirán as da colección Merlín ao lado doutras coma Teatro feroz de GloriaSánchez, Hip hip hurra de Magdalena de Rojas, O merlo branco de Cándido Pazó ou ElRei Artur e a abominable dama de Marilar Aleixandre, Carmen Domech e Jorge Rey. • Non todo o teatro está pensado para ser representado por actores e actrices. O últimocitado na actividade anterior está escrito para títeres. Nese teatro tamén teremos quedeternos, ler obriñas, facer bonecos e comezar a practicar.• O xigante egoísta, de Oscar Wilde, ten unha temática que en algún momento poderesultarnos familiar.• Falando de carteis de cego, Isaac Díaz Pardo ten realizado un par deles que podemosexpoñer na aula, mentres andamos a voltas con esta obra, para que a rapazada poidacoñecelos.

12

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 945-2003