LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... ·...

33
Cervantes Páxina 1 “Se miramos para fóra, o mundo. Se para dentro, Galicia” LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005 CPI CERVANTES Nº 25

Transcript of LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... ·...

Page 1: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 1

“Se miramos para fóra, o mundo. Se para dentro, Galicia”

LORENZO VARELALETRAS GALEGAS 2005

CPI CERVANTESNº 25

Page 2: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 2

SUMARIO

DEBUXOS DE EDUCACIÓN INFANTIL. 3-6. DEBUXOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA. 7-11. LARPEIRADAS, 3º E 4º DE PRIMARIA. 12-13. O MAGO XOSÉ MANUEL. 3º E 4º DE PRIMARIA. 14-15. VIAXE A SANTIAGO. 5º E 6º DE PRIMARIA. 16. OS MAIOS. 5º E 6º DE PRIMARIA. 17. SERMOIS DO ENTROIDO 2005. 18-19. LETRAS GALEGAS 2005. 20-21. POEMAS DE LORENZO VARELA. 22-25. ENTREVISTA A XOSE MANUEL CARBALLO, ILUSIONISTA.

26. LIBROS. 27. MEMORIAS DA MIÑA VIDA COTIÁ. 28-29. AS RECEITAS DE 2º DE ESO. 30-33.

Page 3: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 3

Page 4: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 4

Page 5: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 5

Page 6: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 6

Page 7: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 7

Page 8: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 8

Page 9: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 9

Page 10: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 10

Page 11: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 11

Page 12: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 12

Page 13: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 13

Page 14: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 14

Page 15: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 15

Page 16: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 16

Page 17: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 17

Page 18: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 18

SERMOIS DO ENTROIDO 2005

Alumnos / recreoAna fixo unha volteretae case rompe a colchoneta.

José de tanto chorarun día vaise deshidratar.

Ánxel de tanto tropezaro polideportivo ha de tirar

A Jessica de tanto falara lingua se lle ha de infectar.

Eduardo e Martinaandan moi xuntiñosse cadra a final de cursoacaban casadiños.

Laura e Miguelandan moito a falarnós non sabemos por quepero dános que pensar.

Xavier, coa súa motoanda a presumirpero quen a queira veró catálogo ten que ir.

O amigo de Sandraveuna visitarpero coa vergonzaa gorra non quixo quitar.

Os de terceiro e cuartode excursión se queren irpero o noso alcaldenon quere contribuír.

Os de Degrada este anonon teñen tanta chuleríapois non está o seu primoque tanto os defendía.

En dez minutos, saírir ó baño facer pis,coller a chave e abrir,xogar un partido, discutirquen gañou, volver subir.Pensamos que está moi feotermos tan pouco recreo.

Suso coa nosa estaturaparece ter fixación.Suso, que non é na alturaonde está a imaxinación

Calefacción / transportes / xeadasMarcial por aforrara calefacción non vai arranxar

Marcial coa neve o xovesnon puido ó colexio accederpor eso dixo que as claseshabía que suspender.

As malas notas que temosnon son por non traballarson polo moito fríoque o cerebro fai conxelar.

Para aforrar enerxíatemos unha boa idea:levar á aula de cuartotodo o que haxa na neveira

Da Virxe do Puñosomos a confraríae por non gastaro colexio enfríanon hai calefaccióntodo o santo díaacabamos todoscunha pulmonía

Page 19: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 19

ProfesoresRamón ten por costumechamarnos ignorantese grazas a el de relixiónsabemos máis ca antes.

O profesor de sociaisfaltas de orden anda a poñerpero cando lle suplicanel sabe retroceder

Este ano a de inglésanda algo malhumoradaserán os cambios de humorpropios dunha embarazada

Fina este anoa boa se quere facerpero a pesar de todoo púre nos fai comer

A de Francés este anolevou un bon tormento

e nós coa outra profesoralevamos un bo escarmento

A profesora de galegotanto se quere explicarque non fai máisque falar e falare con tanto rolloa lingua se lle ha de trabar

A de mates sempre nos manda calare di que se a clase lle queremosorganizar.

A de inglés coa súa barriguiñaestá moito máis riquiña.

Este ano chegou Mario,o colexio houbo que alargarporque marcial tiña medoque co teito fose chocar.

ComedorEste curso as verdurasnon se atragantaránpois todas trituradiñasnolas queren presentarestán os dentes de festanon teñen que traballar

Os nenos deste colexionon pasamos de bebésnon nos dan nacido os dentese só comemos purés.

Este ano cos purésandamos indixestadosdespois de telos que comerquedámonos castigados

Este ano no comedorpúre nos queren metere a verdade é que as mestrastampouco o poden comer.

Page 20: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 20

LETRAS GALEGAS2005

Que significa este día?É unha festa, a festa da nosa cultura, da nosa literatura, da nosa lingua.

Por que se fai nesta data?Facemos esta festa tódolos dezasete de maio porque esta foi a data na queRosalía de Castro asinou o prólogo da súa obra Cantares gallegos, que comosabedes iniciou o Rexurdimento da nosa literatura.

Desde cando se celebra?O Día das Letras Galegas vénse celebrando desde hai 42 anos. Foi en 1963,cen anos despois da publicación de Cantares, cando a Real Academia Galegainstituíu este día para homenaxear un autor ou autora da nosa literatura.

A quen se lle dedica este ano?A Lorenzo Varela.

Quen foi Lorenzo Varela?

Intelectual galeguista, poeta e vinculado ao xornalismo, pertence a unhaxeración marcada pola Guerra Civil e polo exilio.

Fillo de emigrantes de Monterroso (Lugo), naceu en agosto de 1916 a bordodo barco “La Navarre” cando entraba na baía de La Habana. De Cuba aGalicia uns meses despois e de Galicia a Arxentina no 23, regresa a Galiciaen 1931. En Lugo comezaría a súa formación galeguista e republicana. En1934 trasládase a Madrid e alí afianzará o seu compromiso social e cultural.E cando a Guerra Civil estoupa, Lorenzo Varela implícase de cheo afiliándoseao Partido Comunista, loitando no bando republicano e escribindo e dirixindodistintos xornais para os combatentes.

Ó remate da guerra marcha ó exilio, primeiro nun campo de concentraciónen Francia, e logo en México. En 1941 volve a Buenos Aires onde comeza asúa traxectoria poética, mesturando a preocupación estética co compromisosocial. En 1944 publica “Catro poemas pra catro grabados”, na quetransforma en versos o álbum de Luís Seoane “María Pita e tres retratosmedievais”. Seguiranlle anos despois as publicacións “Lonxe” e “Homaxes”.Da súa produción en castelán cabe destacar “Torres de amor” e numerosospoemas editados en distintas publicacións.

Page 21: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 21

A represión política en Arxentina tralo golpe de estado de 1976 obrígao aacelerar o seu retorno a España. A súa terra de orixe acólleo conindiferenza en plena transición democrática. Nesa soidade, contando tan sócoa axuda de antigos amigos e compañeiros como Díaz Pardo, Lorenzo Varelacontinuará traballando nas súas traducións e colaboracións xornalísticas atéa súa morte na madrugada do 25 de novembro de 1978. Vinte e seis anosdespois, a cultura galega recupera a súa figura para darlle o recoñecementoque entón non recibiu.

Como festexamos no colexio o día das Letras?Os alumnos e alumnas da ESO conmemoramos este día e ofrecémosvos oluns 16 pola tarde o seguinte:

o Contos clásicos distintos: os de 1º contamos a verdade dalgúns contosclásicos.

o Teatro: os de 2º representamos “Pola boca morre o peixe”, unhaadvertencia para aqueles que pensen en abandonar o galego.

o Lectura dramatizada: os de 4º lemos o 1º lance da obra de CastelaoOs vellos non deben de namorarse (Lela),

o Recital: os de 3º lemos poemas de Lorenzo Varela, con música eimaxes.

o Os de 1º pintamos un mural na parede exterior do colexio.

Pasástelo ben?

Page 22: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 22

POEMAS DE LORENZO VARELAMARÍA PITAIMaría das batallas,levareiche unha flor por cada bala;e unha cunca de leitearrebuxada en nevepra che curar a sede.¡Sede mortal, varona, a desta patria:queima no peito con ardente brasa!IIMaría das batallas,dareiche un reiseñor por cada bala,e unha estreliña novano berce dunha doma,núa, espida, graciosa:Varona dos meus ollos, unha estrelaque ti gañaches, poderosa e leda.IIIMuller da soberana liberdade,os artilleiros danche alferecíae faite o mar patrona da cidade.Din as miñas campanas, escoitade,(din, don, din, don)de monte a monte e máis de ría a ría:(din, don, din, don)“O bronce meu, teu bronce foi, María”.

A RUI XORDO

Aramos sobre os mortos nesta terrae o noso pan ten un sabor de ósosfamiliares, irmáns. O monte berrabaixo do arado, e chámannos os nosos

desde a morte con voces coñecidas:“Nin marqueses, nin cregos, nin doctoresfixeron as ribeiras verdecidasnin o guerreiro coiro dos tambores.

Os condados do polvo son dos mortose quen queira ser dono desta terraque veña navegando aos nosos portos.

Os que pidan o fruto sen labores,Se non morren de seu, morran de guerra,E desta terra, así, serán señores”

EMIGRANTE

¿Quen son eu, quen me trouxo,quen me ten de levar?Lonxe quedou o muíño,tamén lonxe o piñeiral.¿Quen é o veciño meu,o polaco que chora ardentes bágoas,ese loiro rapaz que non vai ó traballoporque di que o mencer ten veneno de serpe?¿Quen son eu, quen me trouxo?¿E quen me levará deste inferno das moedasó ceo da caridá?¡Meu muíño de pan!¡Meu piñeiral!¡Meu lar!

Page 23: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 23

ROMARÍA

¡Baila, meu amor,e volta de novo a bailar!Na punta do pé,na palma da man.Nunha escada de herbabaixaron os anxospor te ver bailar.Baila, meu sol baila,na punta do pé,na palma da man.Cara de cereixa,non deixes no arcoma un peixe o corpobrincando no mar.¡Baila, meu amor,e volta de novo a bailar!Xa meu corazónnon é meu nin écorazón humán :ten mans e ten pése ponse a bailar.Na punta do péNa palma da man.¡Baila, meu amor,e volta de novo a bailar!

ERAMOS TRES IRMÁNS(A X.X., que dábamos por morto na forcafranquista, e a outra noite déronme novas del,vivo e loitando por Galicia e España).

Eramos tres irmáns,mariñeiros os tres, cada un no seu mar.Tiñamos a mesma pel de péxegos novos,cada un dos tres no seu albre lixeiro,a navegar polas augas do tempo.Mais fixemos un barco de carballo e piñeiro,e cada un deixou a súa estrela nas gavias,pra non ter máis que un mar, un barco, un ceo.Eu era o capitán, ti éra-lo santo,e o outro irmán maior era o tolo de abordo,tolo de terra leda e de luz e de orballo.Queimou o barco o demo:do tolo nada sei,a ti como eras santo non te rachou o vento,e eu lonxe, lonxe, lonxe,ardendo eiquí, no inferno.Reza por min, amigo, e polo noso irmán,¿aquel cervo ferido, pacerá no seu lar?¡Ai, miña carballeira!¡Ai, meu piñeiral!¡Miñas estrelas verdesde pastor n’outa mar!Cando saia do inferno,¿saberei navegar?¿Dirasme ti, irmán santo da miña mocidade,como fan os madeiros pra se ter sobre o mar?¡Vinde chousas sagradas,carballeiras de meus pais,agárdovos nestas praiaspra min sen terra e sen mar!

Castelao

Page 24: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 24

Cando cheguen os tempos non chegadoscando canten as mans traballadorasnas doídas manceiras dos aradose nas salgadas redes pescadoras,

Galicia ceibe tallará o teu nomenas outuras do Pórtico da Groriapra que falen os anxos con un homeque leva a patria enteira na memoria.

Unha nova Galicia sen cadea,que non esportará mais sangue humánnin asoballará unha man allea:

Unha Galicia nova, a de mañán,que xa ven alborando, xa clarea,no peito arrolará teu soño irmán.

Cantiga nova que se chama cadea

A Xosé Luís Méndez Ferrín, na gaiola.

Esta é a cantiga nova que se chama cadea,pois xa non hai ribeiras pras cantigas de amor.

Están os corazós nas cárceres, meu ben,encadeados beizos,ollos encadeados,as longas cordas do terror abranguenfeixes de labradores, mariñeiros, xograres,estudantes, obreiros, artesáns,cregos do Papa Xoan,rapazas que procraman a alborada do mundo.Anda en canles de aceiro a sangue dosirmáns,e polos catro cantos, amurada,asoballada, cuspida,esnaquizada,a libertade.A libertade, amor, a libertade,ise verdor perene que nin na morte morre.

Esta é a cantiga nova que se chama prisión,meu bén, meu doce bén,meu amor.Bulen fanadas maos riscando as pedras,garaballando un nome de muller,un nome de montaña,un nome de veleiro,o nome dun menino non nascido,unha data,unha cruz,unha pomba en cadea que se chama Galicia.

- Amor, amor, amor,¿onde vas, meu amor?- Vou pra cadea.- De ónde vés, meu amor?- Amor meu, meu amor, veño vindode penar na cadea.Pras miñas cadeas vou,das miñas cadeas veño;eslabón por eslabón,xa máis que home son ferro.Meu amor, meu doce amor:máis que corazón espada,pólvora máis do que beixos,mais pólvora namorada.

Esta é, meu amor, a cantiga,cantiga nova que se chama cadea,

nas cárceres de España, sentenciada,a cantiga está presa.Meu amor, meus amigos, si queredesvisitar a canción,berrade xunto aos murose petade nas portas do penal:un aturuxo esposadoun alalá de xionllos,unha anduriña na forca,unha fasciana no pozo.Somentes anda librea morte,mais ninguén.

Friaxe nas pedras.Nas pedras do chao,nas pedras das paredes,nas pedras do teito,e fora, nas pedras que teñen os ollos dos queagardan.

Friaxe, tamén,na cantaría do esqueletee no latexar do pulsodos que moran adentro do penal.- O que non saben os gaioleirosé que esta friaxe quentacon acelmoso agarimo,con frebe de namorada.Porque a pedra é miña amantee tén as coxas ardentesde esperanza.Friaxe da cadea:fogueira do porvir,lume da libertade,leite morna da pedra, miña amante.

Velahí, que alí vai,pola cadea abaixo vaiun home de pé.Velahí que alí vai,pola cadea arriba vai,un home de pé.¡Quén o poidera librar!Pola cárcere arriba vaiun home de pé.¡Quén o poidera sacar!Pola gaiola arriba vaiun home de pé.Pola gaiola abaixo vaiun home de pé.¡Quen o poidera desengaiolar!Pedras arriba polas rellas vai,

Page 25: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 25

pedras abaixo polas rellas foiun home de pé.Corazón arriba vai,corazón abaixo foi,de pé,un home.Iba cantandounha cantiga novaque se chamacadea:¡Carcereiros, carcereiros,qué encarcerados estades!¡Vos non tedes amante, carcereiros,vos non tedes a pedra de amar!Muralla teño por noiva,candado por romería,porta de ferro trancadapor consolo e compañía.Baixo sete chaves, baixo,sete muros de castigo,crezo tanto, miña dona,

cas nubes andan conmigo.O que sofre na cadeaha de ter a mán lixeira,

pra peneiras a esperanzasin abalar a peneira.Botei un cantiño a rolosda miña porta pra túa.A miña estaba tapeada:acho de levar a lúa.

Esta é, meu amor, a cantiga,cantiga nova que se chama cadea.É unha cantiga que fende os penedos,acouga os trebós,mura os amoleceres,funga nas venas dos loitadores,é o berce dos orfose puxa nas íngolas dos carballos.Canta, meu amor, canta,a cantiga nova que se chama cadea.Lémbrate do que está escrito nos cruceiros:cada intre que pasa é unha cambasementada de abrentes:xa chegarán as diadas da sega,xa veñen as diadas do amor,das estreladas festas,das derrubadas portas da cadea.Os días da cantiga liberada,da cantiga novaque se chamafolía.

Manuel Ponte

Berraron os osos brancos do luar,os eixos da terra víronos berrar.Po-la túa morte, pol-o pulo teu,camiño dun novo, limpo, eterno ceu.

Choraron as serras,choraron os toxos e chorou o pan.Mais oubo, Manuel, nos albres, na iauga,na luz das mañás,na fouce do raio tras de lostregar,como un xuramento de homes a xurar:¡ Po-la túa morte a loitar, a loitar!

¡Ti fuches a ponte do río de Deus,a ponte do pobo dos teus e dos meus!E por iso estala como estala un cantara espada das verbas ardentes do lar:¡ Po-la túa morte a loitar, a loitar!

Page 26: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 26

ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL CARBALLO,ILUSIONISTA QUE ACTUOU PARA NÓS O

DÍA 19 DE MAIO.

- ¿Como empezou vostede a facer maxia?

- Por casualidade chegoume ás mans un libro de maxia: “Laprestidigitación al alcance de todos”. Foi no ano 1962, cando só tiña18 anos.

- ¿Como compaxina vostede facer maxia con ser cura? Porquenormalmente son cousas que non están moi unidas.

- Por un lado facendo maxia alegro e axúdolle á xente a descubrirque os soños poden facerse realidade, e iso, é curativo de moitastristezas, faltas de ilusión e esperanza, e como é curativo, eu soncura.

- ¿Vostede é un cura que di a misa en galego?

- Teño dez parroquias. En parte delas digo a misa en galego e nasoutras non.

- ¿Que pensa dos curas que din a misa en castelán?

- Se non me valera para falar de Deus a lingua que a miña mai llevaleu para falarme del, non me valería Deus. Pero teño comprobadoque Deus non só entende o galego senón que, se hoxe vivira, Xesúsfalaría galego.

- ¿Calquera de nós podería chegar a ser un bo mago coma o évostede?

- Con afección, esforzo, dedicación e ilusión, si.

- ¿Poderíanos contar algunha anécdota das que tivo durante as súasactuacións como mago?

- Sí, pasou aquí en Cervantes: pedín un billete de 1.000 pesetas aunha persoa de aquí que estaba vendo os xogos. Cando lle prendinlume, o home alporizouse todo pensando que non ía volver arecuperar o billete. A sorpresa foi coando viu que o seu billete volveuaparecer (co mesmo número de serie).

Page 27: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 27

LIBROS

J.R.R. Tolkien. O hobbit. Edicións Xerais.

Tolkien dinos que foi o aventureiro mediano Bilbo Bulseiro quen compuxo O Hobbit. A historia,que orixinalmente se chamaba Historia dunha Ida e unha Volta, son os primeiros capítulos doLibro Vermello da Fronteira do Oeste e ten lugar durante os anos 2941-42 da Terceira Idade.A entretida historia de Bilbo comeza na Comarca, o tranquilo fogar dos despreocupadoshobbits, onde todos os Bulseiros viven comodamente, tratando de evitar calquera risco. Porén,e aínda que el mesmo o descoñece, Bilbo é un individuo moi especial. Tras unirse a un grupoformado por ananos sen fogar encabezado polo rei Thorin Escudo de Carballo e o magoGandalf o Gris, atópase inmerso nunha expedición cuxo obxectivo é recuperar un enormetesouro. A compañía lévao consigo coa esperanza de utilizar as súas habilidades de saqueador.Embarcándose nunha longa búsqueda a través das terras salvaxes do noroeste da Terra Media,o grupo avanza cara ó Leste en dirección a Erebor, a Montaña Solitaria. Durante a súa viaxeatopan uns esfameados trolls, uns malvados orcos, enormes arañas e lobos salvaxes. CandoBilbo se separa dos seus compañeiros baixo as Montañas Bretemosas tropeza cun anel quecambiará a súa vida. Tamén coñece a Gollum, a criatura que perdeu o máxico artefacto. Bilbodescobre que, cando o pon, vólvese invisible. Bilbo utiliza o obxecto para fuxir de Gollum ereunirse coa expedición.A viaxe leva a compañía a través do Bosque Negro, na terra dos elfos do bosque, e máis tardeata a Cidade do Lago no Lago Longo. Desde alí marchan á Montaña Solitaria, fogar de Smaug oDragón. Bilbo utiliza o seu anel máxico para internarse nas estancias da criatura e sobrevive aun enfrontamento con el. Perturbado o seu repouso, Smaug ataca a Cidade do Lago, ondemorre a mans de Bardo. A morte do dragón significa que a súa gorida pode ser reconquistada;pero un exército de orcos e lobos (wargos) marcha contra Erebor. A Batalla dos Cinco Exércitosdesenvólvese e remata coa vitoria de elfos, ananos e homes, axudados por Beorn e as Aguias,sobre as forzas da Escuridade. A continuación, os ananos reclaman a Montaña Solitaria, queantano foi o seu fogar. Bilbo volve á casa co seu anel, sen ser consciente da súa incalculableimportancia. (Isto sucede en O Señor dos Aneis)

Page 28: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 28

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Eu son...Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén éManolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.No verán ando descalzo. 0 po quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca faltaalgunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir cogando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece, xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza.Sede, sol, moxardos.No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Osbrazos son coma espeteiras para colgar farrapos. Murnas, feridas, dedos sen tentos.¡Que saben desto os nenos da vila! (...)Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea, pero agorasíntoa pequena, estreita. Coma se vivise nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo contar aninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por eso escribo. E despois durmo comounha pedra. Quedo desatafegado, libre, coma se me quitasen de enriba un bocoi. ¡Cousas miñas! (...)Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame vergoña. E non é para menos. Porque nel deborco todo oque sinto. Moi pouca xente o fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas: para dicir a verdade ou paraarredarse dela.Escribir nun caderno -¡quen o diría!- é como baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois a fin de contasnon pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero para min é milagre todo. Dende as pingueiras dachuvia ata o canto do grilo.

Xosé Neira Vilas

Memorias da miña vida cotiá.

Eu chámome...Fina. Unha cativa do pobo. Pola mañá aséome. Como a parva. Logo von á escola.Estudo e xogo. Como no colexio ó mediodía. Pola tarde von para a casa. Merendo evexo a tele. Axudo á miña avoa. Fago os deberes. Despois xogo, río... Ceo leite.Vonme deitar. Foi un día de traballo!!! Así todos os días!

Eu son...Pablo. Un rapaz de Santo Tomé. Teño que me levantar ás oito e media para ir áescola. Saio da escola ás catro e cuarto. Chego á miña casa ás cinco e media. Fagoos deberes e estuo cando teño que facelo. Axúdolle a miña mai o que lle faga falta. Seme queda tempo saio un pouco cos amigos e volvo á casa.

Eu son...Julio. Vivo nun pobo. Á mañá levántome. Almorzó. Vou ó colexio. Como de mediodía.Marcho prá casa. Ando na moto. Vexo a televisión. Traballo e voume á cama.

Eu son...Judith. Unha rapaza labrega que vive na aldea cos seus pais. A miña vida non tennada particular. Os días de luns a venres levántome cedo para ir ó colexio. Candovolvo axúdolle a miña maicoas tarefas da casa e logo estudo. As fins de semanalevántome máis tarde e paso todo o día falando por teléfono; pero tamén lle axudo amiña mai, sempre me toca a min limpar a casa! Pero aínda así estou feliz de vivir ondevivo.

Page 29: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 29

Eu son...Leticia. Unha rapaza dun pobo. Son unha persoa normal. Levántome ás nove menoscuarto, os días de colexio. O resto dos días érgome un pouco máis tarde. Fago variascousas na miña casa. E algunhas veces vou coas vacas. Gústame o meu pobo, quefoi onde me criei. E non quero marchar del.

Eu son...Carmiña. Unha rapaza da aldea. Érgome ás oito e media para ir á escola. No invernodáme moita pena levantarme para irá escola e non me poder quedar ó pé do lume.Nacín e crieime na aldea, pero gustaríame vivir nunha cidade. Aínda que isto me gustamoito e non o podería esquecer.

Eu son...Marta. Son unha rapaza labrega e teño moitos animais. Levántome moi cedo para ir ócolexio. Cando volvo para a casa traballo no campo e estudo un pouco. Son unharapaza que vive moi feliz no campo. Moitas veces salio cos meus amigos. A aldea é omellor lugar para estar a gusto.

Eu son...Yovania. Unha nena da aldea, humilde. Levántome cada día para ir ao colexio. Estudoe teño moitos amigos. Cando veño da escola, o primeiro que fago é merendar, logopóñome aos deberes. Cando acabo, vou dar un paseo para despexarme. Se fai falta,axúdolle a miña avoa a facer os labores da casa. Pola noite, ao acabar de cear, voumepara o meu cuarto. Vexo a tele ou escoito música. Sobre as once, déitome.

Page 30: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 30

AS RECEITAS DE 2º DE ESOO PASTEL DE TORTILLAS DE FINA

Ingredientes para catro persoas:- 200 gr. de champiñóns- 1 paquete de salchichas- 6 ovos- 2 culleradas de fariña- 1 cullerada de levadura- 250 cc. De leite- 1 cunca de tomate frixido- aceite- sal- leituga e perexil

Preparación:1. Cortar os champiñóns en láminas finas, sazoar con sal e douralos nun pouco

de aceite. Amecer as salchichas cortadas en toros finos, refogar ereservar.

2. Bater os ovos coa fariña, a levadura e un pouco de sal. Con esta mestura,facer tres tortillas planas.

3. Colocar as tortillas unhas enriba das outras, cunha capa de salchichas echampiñóns entre elas.

4. Quentar o tomate frixido e vertelo sobre o pastel de tortilla.

Presentación:Pódese presentar en forma de ensalada, cunha leituguiña arredor e unha ramiña de perexilno pico.

O GUISO DE CARNE DE YOVANIA

Ingredientes para catro persoas:- ½ quilo de faldra de tenreira- 2 lañas de xamón serrano- 1 chourizo- 4 salchichas- 5 ou 6 patacas- cebola- allo- aceite- sal- azafrán- auga

Pasos para a preparación:1. Poñer ó lume nunha pota un pouco de aceite para que vaia quecendo.2. Picar miudiño o allo e a cebola e botalos no aceite quente.

Page 31: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 31

3. Unha vez que se fritan un pouquiño, picar en anacos a carne e botala napota.

4. Cando se vexa que a carne está un pouco dourada, engadir o xamón, ochourizo e as salchichas ben cortadiñas.

5. Picar as patacas en cachos medianos e engadilas.6. Botar unha chisca de sal e outra de azafrán.7. Remexer todo ben.8. Engadir augasegundo o noso gusto.9. Deixar cocer a lume lento durante media hora aproximadamente.

O ROSCÓN DE IOGURT DE CARMIÑA

Ingredientes:- 3 ovos- ½ vaso de aceite de xirasol- 1 papeleta de royal- 1 iogurt natural- 3 vasos de fariña- ½ vaso de azucre

Como se prepara?1. Bater ben os ovos2. Mesturar o iogurt co aceite e movelo rápido e ben.3. Bota-la papeleta de royal, fariña e azucre; bater ben todo co batedor.4. Botar toda a mestura no molde onde se quere facer.5. Poñer o molde no forno e deixar cocer ben.

A TORTA DE CHOCOLATE DE JUDITH

INGREDIENTES :- Galletas tostadas- chocolate en po- leite- viño de xerez- nata montada

PREPARACIÓN:1. Poña o leite a ferver e cando estea a punto bótelle o chocolate e remexa

ata que espese.2. Molle as galletas tostadas no viño e colóqueas nunha bandexa formando

unha capa.3. Despois estenda o chocolate nunha capa fina por enriba das galletas.4. Vaia facendo capas deste xeito ata que teña as que desexa.5. Cando teña as capas listas pódea adornar con nata montada. Déixea

arrefriar un pouco na neveira e lista pra servir.

Page 32: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 32

A TORTA DA AVOA DE FERMÍN

Ingredientes:- 2 litros de leite- 6 ovos- 6 queixiños- 4 sobres de leite callado- 14 culleradas de azucre- galletas- caramelo

En litro e medio de leite disólvese o azucre e ponse ó lume. Co outro medio mestúranse os6 ovos, os queixiños e o leite. Cando o litro e medio do lume comece a ferver, mesturamostodo, deixámolo ferver amodo uns dez minutos e imos vertendo a mestura nun moldepreviamente caramelizado. Botamos unha capa da mestura e por enriba unha capa degalletas, e así sucesivamente ata que se acabe o leite. Despois déixase arrefriar e bótasena neveira.

A TORTA DE QUEIXO DE MARTA

Ingredientes:- 6 ovos- 1 cunca pequena de fariña- dúas cuncas pequenas de azucre- dúas cuncas pequenas de leite- dous iogurts naturais- dúas tarrinas de Philadelphia- un anaco de queixo forte- dúas tarrinas pequenas de nata líquida

Preparación:Batemos todo xunto e metemos no forno a 200º C durante corenta minutos.

AS NATILLAS DE JULIO

INGREDIENTES:- 1 litro de leite- 1 sobre flanín- 8 culleradas de azucre

PREPARACIÓN:1. Dun litro de leite separar unha cunca e disolver nela o contido dun sobre de

flanín. Quentar o resto do leite con azucre (8 culleradas).2. Cando ferva, verter o contido da cunca e remexer constantemente.3. Á primeira fervedura retirar do lume e verter en pratos ou fontes fondas.

Deixalo arrefriar.

A TORTA DE SOBAOS DE PABLO

Page 33: LORENZO VARELA LETRAS GALEGAS 2005centros.edu.xunta.es/cpicervantes/webantiga/actividades/... · 2008. 1. 14. · cervantes páxina 2 sumario debuxos de educaciÓn infantil. 3-6.

Cervantes

Páxina 33

Ingredientes:

Marmelada de amorodos ou calquera outra, sobaos e leite callado.

Como se prepara:

Primeiro ten que coller unha fonte,despois ten que botarlle a marmelada e estendela benpor toda a fonte. A continuación ten que colocar os sobaos un por un por toda a fonte e nondeixar ningún oco libre. Seguidamente ten que botar o leite callado nun cazo con leite epoñelo ó lume, engadir seis porcións de queixo e derretelos. Cando estea todo derretido tenque botalo por encima dos sobaos e esperar a que calle todo. Deste xeito xa está lista paracomer.

AS TRUFIÑAS DE LETICIA

Ingredientes para 4 persoas:- 1 bote de leite condensado- 30 gramos de manteiga- 40 gramos de chocolate en po- 30 gramos de fideos de chocolate

Preparación:En primeiro lugar poña o leite, a manteiga e o chocolate nun cazo. Logo cózao a lume lento,sen deixar de remecer, ata que lle quede unha mestura espesa.A continuación, déixea arrefiar. Con esta mestura, forme boliñas coas mans. Finalmentepáseas por fideos de chocolate e déixeas no conxelador unhas 4 horas.

¡QUE APROVEITE!