Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

9

Transcript of Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

Page 1: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)
Page 2: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

LOIS PEREIRO(16 de febreiro de 1958 – 24 de maio de 1996)

Page 3: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

Lois Pereiro nace en Monforte de Lemos (Lugo).

Alí vive ata os 18 anos, idade na que marcha a Madrid, onde estudia

inglés, francés e alemán.Levaba escribindo desde a

súa adolescencia, e en Madrid, xunto con outros

poetas galegos, como Manuel Rivas ou o seu

irmán Xosé Manuel, funda a revista Loia, na que ve a luz

unha serie de composicións

Page 4: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

En 1981 volta a Galicia e establécese na Coruña. Publica na

revista La Naval, e poemas seus publícanse en dúas antoloxías da

época: De amor e desamor (1984 e 1985).

Colabora tamén con outras revistas, como Trilateral e Luzes de Galiza. Esta última, postumamente, publicará en 1997 os oito capítulos da súa novela curta Náufragos do

Paradiso.Durante esta época viaxa tamén

por Europa e traballa como tradutor de dobraxe para cine e TV

Page 5: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

A súa morte debeuse a unha serie de complicacións hepáticas, nun principio vencelladas ó VIH, mais logo demostrouse nun xuízo que

a súa causa directa foi a inxestión de aceite de colza

desnaturalizado.En vida só publicou dous libros:

Poemas 1981-1991 (1992) e Poesía última de amor e

enfermidade (1995).Este ano 2011 editáronse as súas poesías completas, que no curso dos anos foron sendo traducidas

a castelán, catalán e eusquera

Page 6: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

Velaquí tres mostras da poesía de Pereiro, as máis das veces crua, definida por algúns estudiosos como “expresionista”, e por

outros como “poesía punk”

Cal morto xaou vencido

falo sen mine durmo

no desastre

Debera ser posiblefacer mapas do odio

e os húmidos monólogosdas cisternas

de noitedescifrar

Cartografía

Page 7: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

O desamor, brutal amputación ou atrofia dun soño maltratado,

debería ser sempre un íntimo ritualrepresentado en salas clandestinas

Interpretando con orgánicos monólogosrecitariamos con fluidez a dor interna

dos nosos tristes ósoscando o amor se dilúe en hemorraxias

de líquidos desexosabortados

Page 8: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

Cuspídeme enriba cando pasedespor diante do lugar no que eu repouse

enviándome unha húmida mensaxeda vida e de furia necesaria

Poderíano escoller como epitafio

Page 9: Lois pereiro (Letras Galegas 2011)

Música: No Río do Esquecemento, por Kérkennai

Autor: Alfonso Blanco