Lois Pereiro
-
Upload
ana-ledo-villaverde -
Category
Education
-
view
447 -
download
8
Transcript of Lois Pereiro
LOIS PEREIRO
Biografía
Lois Sánchez Pereiro máis coñecido
como Lois Pereiro foi un escritor e
poeta galego nado en Monforte de
Lemos (Lugo) no 1958.
Realiza estudos de tradución en Madrid, cidade á que marcharía co seu irmán Xosé Manuel con só dezasete anos.
En 1983 e 1987 viaxou canda a Fernando Saco por Europa.
Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema, tanto convencional como porno
Pero en Madrid vai estar vencellado, por amizade e por proxectos comúns, aogrupo que formaba con Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane.
Co esforzo de todos, naceron as publicacións innovadoras, Loia ou Lucesde Galiza.
Os riscos asumidos na vida madrileña
de principios dos oitenta fixeron que
Lois determinase o seu regreso á
Coruña, onde se manteñen os nexos
con aqueles que constituían o grupo
de Madrid, e, de novo aquí, vivirá
fundamentalmente do xornalismo.
Participa na publicación colectiva De
amor e desamor e
integrarase, durante 1984 e 1985, no
colectivo de mesmo nome.
Este feito permite que o público
comece a coñecer a súa obra.
Foto Do Grupo:
Lois Pereiro morreu o
17 maio de1996 en A
Coruña enfermo de
SIDA e envelenado por
aceite de colza.
Na súa tumba, ten
escritos os seus versos
«Cuspídeme enriba
cando pasedes por
diante do lugar onde eu
repouse, enviándome
unha húmida mensaxe
de vida e de furia
necesaria».
A súa Obra:
Tras gañar o concurso nacional de poesía O Facho publicou a obra Poemas 1981-1991 en 1992.
Nesta obra, reflicte unha tendencia punk.
En 1995 aparece a Poesía última de amor e enfermidade.
Con só dous libros publicados xa define un estilo literario curto e tenso.
Non se excede en recursos formais.
É o seu derradeirolibro en vida en el trata temas como a morte.
Tras a súa morte o seu irmán Xosé Manuel fai que saia á luz Poemas para unha Loia.
Constituído por poemas xa publicados na revista Loia e dun ensaio no que expón moitas das súas ideas e conviccións políticas.
Deixou unha novela inacabada
chamada Náufragos do paradiso que
consta de 8 capítulos.
Nerea Balebona
Castro.
Silvia Búa Del Río.