Lois Pereiro

22
Lois Pereiro con 20 anos Lois Pereiro enfermo polo aceite de colza

description

Presentación elaborada por Alberto Rivadulla Sánchez, alumno de 3º ESO do IES de Curtis.

Transcript of Lois Pereiro

Page 1: Lois Pereiro

Lois Pereiro con 20 anos Lois Pereiro enfermo polo aceite de colza

Page 2: Lois Pereiro

Biografía

Page 3: Lois Pereiro

Luis Ángel Sánchez Pereiro foi un escritor e poeta galego, coñecido como Lois Pereiro.

Naceu o 16 de febreiro de 1958, en Monforte de Lemos.

Escudo de MonforteLugar representativo da vila

FAGA CLIC NA IMAXE

Page 4: Lois Pereiro

Comezou a escribir aos 15 anos, mentres que estudaba no Colexio dos Escolapios (Colexio da Nosa Señora da Antiga). Cando rematou COU foi a Madrid, a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía.

Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos FAGA CLIC NA IMAXE

Page 5: Lois Pereiro

A carreira non lle gustou, polo que a deixou e volveu a Monforte , a traballar na empresa familiar, que se dedicaba ao vidro.

Ó ano seguinte regresou a Madrid e estudou inglés, francés e alemán na Escola de Idiomas.

Escola de Idiomas de Madrid

Page 6: Lois Pereiro

En Madrid funda, xunto co seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Antón Patiño, a revista Loia.

Xosé Manuel Pereiro Revista Loia nunha exposición

Antón Patiño

Manuel Rivas

FAGA CLIC NAS IMAXES

Page 7: Lois Pereiro

No final da súa estadía en Madrid resulta envelenado con aceite de colza, un feito que marcou a súa vida. Este envelenamento produciu unha enfermidade que tivo ata a morte, e que lle provocou distintos problemas, como a perda de masa muscular ou problemas das articulacións.

Garrafas de aceite de colza adulterado

FAIGA CLIC NA IMAXE

Page 8: Lois Pereiro

Volve á Coruña en 1981, onde colabora na revista La Naval. Entrou en contacto con autores como Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel.

Xavier Seoane

Francisco Salinas PortugalXulio Valcárcel

FAGA CLIC NAS IMAXES

Page 9: Lois Pereiro

Nesta época tamén participou en varias antoloxías, coma De amor e desamor e De amor e desamor II.Tamén colaborou en revistas coma La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza, na que publicou oito capítulos da novela Náufragos do Paradiso.

Page 10: Lois Pereiro

Viaxou por Europa en 1983 e 1987 con Fernando Saco. Traballou na dobraxe de cinema e televisión.

Entre as series de televisión nas que traballou están Dallas e Kung Fu.

Imaxe da serie Dallas Imaxe da serie Kung FuFAGA CLIC NAS IMAXES

Page 11: Lois Pereiro

Estivo enfermo de SIDA. A causa da súa morte foi un cúmulo de doenzas e enfermidades, que remataron nunha insuficiencia hepática. Tamén foi causa da súa morte o envelenamento por aceite de colza.

Foi enterrado en Santa Cristina de o Viso (O Incio). Na súa tumba está gravado o seguinte epitafio:

“Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria”

Page 12: Lois Pereiro

Obra

Page 13: Lois Pereiro

En vida publicou dous poemarios, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Despois da súa morte publicouse Poemas para unha Loia (1996).

Page 14: Lois Pereiro

Letras Galegas 2011 Nos últimos anos intentábase que se lle

dedicaran as Letras a este autor e, por fin, o 26 de xuño de 2010 a RAG anunciou que en 2011 se lle ían dedicar as Letras Galegas a Lois Pereiro.

Page 15: Lois Pereiro

Algunhas poesías

Page 16: Lois Pereiro

Tristemente convivo coa túa ausencia

Tristemente convivo coa túa ausenciasobrevivo á distancia que nos negamentres bordeo a fronteira entre dous mundossen decidir cal deles pode darmea calma que me esixo para amartesen sufrir pola túa indiferenciaa miña retirada preventivadunha batalla que xa sei perdidaresolto a non entrar xamais en tipero non á tortura de evitarte.

Page 17: Lois Pereiro

Narcisismo

Sigo os pasos do sangue no meu corpo

e coa unlla do meu dedo máis firme

abro un sulco vermello en media lúa

na vea que me acolle tan azul.

FAGA CLIC NA IMAXE

Page 18: Lois Pereiro

AcrósticoSomentesintentaba conseguirdeixar na terraalgo de min que me sobrevivise

 sabendo que deberia ter sabido impedirme a min mesmo descubrir que só fun un interludio atroz entre dous muros de silencio

 só puiden evitar vivindo á sombra inocularlle para sempre a quen amabadoses letais do amor que envelenaba a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio iniciei a viaxe sen retorno deixándome levar sen resistencia ó fondo dunha interna aniquilación chea de nostalxia.

Page 19: Lois Pereiro

Curiosidade Saber que está un á morte

e o corpo é unha paisaxe de batalla:unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías ti, amor deserto,que nesta fevre penitente abrisea derradeira porta e a pechasedetrás miña, sonámbulo e impasible,ou porías o péentre ela e o destino? novembro, 92

Page 20: Lois Pereiro

E por primeira vez desde que soubenque aínda respiraba e seguía vivosei o que é sentir medo a non estalo

Interrompido na mellor esceacando estaba soñando un soño dérmicode paixón e belezacunha serea distancia literaria e sabia

Só ela podía ser tan inoportunagroseira inculta e pouco delicadachamándome despois de ter sobrevividoá confortable atracción do fracasoe saber dunha vez o que era a vidaamar e ser amado

setembro, 95

(Cunha bala calibre sete sesenta e cincono peto máis pequeno do vaqueiro, sei que

a miña vontade é decisiva para escollero momento e o lugar. E apálpoa cos dedos

a todas horas.) Mala sorte

Page 21: Lois Pereiro

Webgrafía Wikipedia en galego

http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro Lingua de amor

http://www.linguadeamor.eu/noticia.php?idnoticia=2263 Poesías.es

http://poesias.es/tags/poesias-de-lois-pereiro• Biblioteca Sarmiento

http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/

Page 22: Lois Pereiro

AUTOR DO TRABALLO

Alberto Rivadulla Sánchez 3º ESO A

Lingua e literatura Galega

Curso 2010 -11

IES de Curtis