Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS...dos recursos literarios estudados (vexa tamén o apartado Máis...

4
112 Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS lacazán: que non é amigo de traballar; preguiceiro. mañán: débese dicir mañá. 1 Identifica os tres recursos literarios que se empregaron no poema Campás e explica como se utilizaron. PERSONIFICACIÓN Consiste en atribuírlles calidades ou accións humanas a seres inanimados. METÁFORA Consiste en nomear unha cousa dicindo o nome doutra. COMPARACIÓN Consiste en relacionar dúas ideas ou elementos que presentan algún aspecto común. ONOMATOPEA Consiste en representar coa linguaxe certos sons reais (por exemplo, os sons emitidos polos animais). HIPÉRBOLE Consiste en esaxerar de xeito desproporcionado accións, calidades, etc. HIPÉRBATO Consiste en cambiar a orde lóxica dos elementos da oración. Os textos literarios adoitan ser moi expresivos porque neles se emprega a linguaxe dun xeito diferente ao habitual: combínanse palabras para que se repitan certos sons, compáranse elementos, atribúenselles a seres inanimados características das persoas, etc. Todos estes procedementos utilizados para facer máis fermosos e expresivos os textos chámanse recursos literarios. Hai moitos tipos de recursos literarios: uns xogan cos sons (onomatopeas), outros coa disposición das palabras (hipérbato), outros cos significados (metáfora), etc. Campás Ergue, meu meniño; ergue, lacazán, que as campás xa tocan con ledo din-dán. Ledas campaíñas xa tocando están, que chegou a alba chamando a mañán. Tocan as campás e andan a falar cousas moi fermosas por todo o lugar. Falan as campás con voz de metal: o seu canto voa desde o monte ao val. MANUEL MARÍA 38 Propósitos •    Coñecer algúns recursos literarios  que se usan na poesía. Máis recursos •    Outros recursos literarios Aliteración: serie de palabras   con sons similares (Roxe o roxón).  Anáfora: repetición dunha ou máis  palabras ao comezo de dous   ou máis versos dun poema   (Vexo contigo estes ceos, / vexo estas brancas auroras / vexo estes campos floridos… Rosalía   de Castro).  Paradoxo: unir conceptos  aparentemente contraditorios   para ilustrar algunha verdade   (Ser un morto en vida). Sinécdoque: ampliar ou restrinxir  o significado dunha palabra (Gañar o pan). Suxestións didácticas Pregúntelles aos alumnos que é o que caracteriza a poesía  para que sexa tan distinta doutros tipos de textos. Compro- be que lembran aspectos do xénero que estudaron en uni- dades anteriores, como a estruturación en versos e estrofas  ou a rima. Avíseos de que, durante esta sesión, van estudar  outras  técnicas  a  que  recorren  os  poetas  para  facer  dos  seus poemas textos especiais. Antes de facelo, pídalles que  lean o poema tratando de recoñecer que outros aspectos da  linguaxe do texto denotan que se trata dun poema.  A  continuación,  pídalle  a  un  alumno  que  lea  en  voz  alta  o  apartado teórico, mentres os demais o seguen en silencio.  Felicite os alumnos que notasen que a repetición, a musica- lidade ou a atribución de trazos humanos a unha campá fan  do poema un texto orixinal, porque souberon intuír un recur - so literario. A actividade 4 pretende facerlles ver que os recursos litera- rios non se empregan só na poesía. Dígalles que, ademais  de usarse en chistes, tamén son frecuentes en novelas, pelí- culas, anuncios publicitarios, e mesmo na linguaxe cotiá.    Solucións 1 PERSONIFICACIÓN  Tocan as campás e andan a falar. PARALELISMO  Tocan as campás / Falan as campás.  ANÁFORA  Ergue (1.º verso) / ergue (3.º verso) . ONOMATO- PEA din-dán! 2 No poema de Marica Campo úsase a comparación (Os  farois [son]  coma vagalumes) e o hipérbato (coma vagalumes

Transcript of Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS...dos recursos literarios estudados (vexa tamén o apartado Máis...

Page 1: Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS...dos recursos literarios estudados (vexa tamén o apartado Máis recursos desta páxina da Guía), e móstrellelos aos alumnos para que os recoñezan.

112

Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS

lacazán: que non é amigo de traballar; preguiceiro.

mañán: débese dicir mañá.

1 Identifica os tres recursos literarios que se empregaron no poema Campás e explica como se utilizaron.

PERSONIFICACIÓN Consiste en atribuírlles calidades ou accións humanas a seres inanimados.

METÁFORA Consiste en nomear unha cousa dicindo o nome doutra.

COMPARACIÓN Consiste en relacionar dúas ideas ou elementos que presentan algún aspecto común.

ONOMATOPEA Consiste en representar coa linguaxe certos sons reais (por exemplo, os sons emitidos polos animais).

HIPÉRBOLE Consiste en esaxerar de xeito desproporcionado accións, calidades, etc.

HIPÉRBATO Consiste en cambiar a orde lóxica dos elementos da oración.

Os textos literarios adoitan ser moi expresivos porque neles se emprega a linguaxe dun xeito diferente ao habitual: combínanse palabras para que se repitan certos sons, compáranse elementos, atribúenselles a seres inanimados características das persoas, etc. Todos estes procedementos utilizados para facer máis fermosos e expresivos os textos chámanse recursos literarios.

Hai moitos tipos de recursos literarios: uns xogan cos sons (onomatopeas), outros coa disposición das palabras (hipérbato), outros cos significados (metáfora), etc.

Campás

Ergue, meu meniño; ergue, lacazán, que as campás xa tocan con ledo din-dán.

Ledas campaíñas xa tocando están, que chegou a alba chamando a mañán.

Tocan as campás e andan a falar cousas moi fermosas por todo o lugar.

Falan as campás con voz de metal: o seu canto voa desde o monte ao val.

Manuel María

ES0000000001272 464637-Unidad 02_19505.indd 30 10/03/2015 10:02:57

38

Propósitos•   Coñecer algúns recursos literarios que se usan na poesía.

Máis recursos•   Outros recursos literarios   Aliteración: serie de palabras  con sons similares (Roxe o roxón). 

   Anáfora: repetición dunha ou máis palabras ao comezo de dous  ou máis versos dun poema  (Vexo contigo estes ceos, / vexo estas brancas auroras / vexo estes campos floridos… Rosalía  de Castro). 

   Paradoxo: unir conceptos aparentemente contraditorios  para ilustrar algunha verdade  (Ser un morto en vida).

   Sinécdoque: ampliar ou restrinxir o significado dunha palabra (Gañar o pan).

Suxestións didácticasPregúntelles aos alumnos que é o que caracteriza a poesía para que sexa tan distinta doutros tipos de textos. Compro-be que lembran aspectos do xénero que estudaron en uni-dades anteriores, como a estruturación en versos e estrofas ou a rima. Avíseos de que, durante esta sesión, van estudar outras  técnicas  a  que  recorren  os  poetas  para  facer  dos seus poemas textos especiais. Antes de facelo, pídalles que lean o poema tratando de recoñecer que outros aspectos da linguaxe do texto denotan que se trata dun poema. 

A  continuación,  pídalle  a  un  alumno que  lea  en  voz  alta  o apartado teórico, mentres os demais o seguen en silencio. Felicite os alumnos que notasen que a repetición, a musica-lidade ou a atribución de trazos humanos a unha campá fan 

do poema un texto orixinal, porque souberon intuír un recur-so literario.

A actividade 4 pretende facerlles ver que os recursos litera-rios non se empregan só na poesía. Dígalles que, ademais de usarse en chistes, tamén son frecuentes en novelas, pelí-culas, anuncios publicitarios, e mesmo na linguaxe cotiá.   

Solucións1   PERSONIFICACIÓN ▶ Tocan as campás e andan a falar. PARALELISMO  ▶  Tocan as campás / Falan as campás. ANÁFORA ▶ Ergue (1.º verso) / ergue (3.º verso). ONOMATO-PEA ▶ din-dán!

2   No poema de Marica Campo úsase a comparación (Os farois [son] coma vagalumes) e o hipérbato (coma vagalumes 

Page 2: Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS...dos recursos literarios estudados (vexa tamén o apartado Máis recursos desta páxina da Guía), e móstrellelos aos alumnos para que os recoñezan.

7

113

7

Dúas olivas van pola rúa e, de súpeto, unha cae ao chan:

–Ai, ai! –quéixase–. Creo que rompín un óso!

A outra respóndelle:–Cala, parva! Pero

se ti es de anchoa!

Era un home tan baixiño, tan baixiño, tan baixiño que a cabeza lle ulía a pés.

Están dúas vacas nun prado e unha di:

–Muuuuuu!–O mesmo pensaba

eu! Quitáchesmo da boca! –contéstalle a outra.

2 Indica cales dos recursos literarios propostos se utilizaron en cada poema.

hipérbole

personificación

hipérbato

comparación

3 Localiza nos poemas das páxinas de literatura da unidade 5 exemplos dos recursos estudados nesta unidade e explica como se utilizaron.

4 AGORA EXPLORA TI. Le a seguinte información e despois realiza a actividade proposta.

Seguro que sabes moitos chistes, verdade? Pero posiblemente non te decataches de que en moitos deles o humor conséguese utilizando recursos literarios. Non o cres? Compróbao!

Que recursos literarios se utilizaron nestes chistes? Identifícaos e explícaos.

5 Sigue as instrucións e converte o seguinte texto nun poema.

O canto da ra

, ! Escribe a onomatopea que representa o son emitido pola ra.

Croa a ra na lagoa. Cambia o verbo croar por outro para personificar a ra.

, ! Copia o primeiro verso.

Con voz . Escribe unha hipérbole sobre a forza do canto.

E o seu canto, lixeiro, Substitúe lixeiro por unha comparación coa palabra pluma.

o vento o transporta. Introduce un hipérbato neste verso.

Demostra o teu talento

A B C

Non penses que porque canto, teño o corazón contento; eu son coma os paxariños, que se non canto, rebento.

PoPular

Gústanme os farois cando hai moita néboa; coma vagalumes, pérdense na tebra.

Marica caMPo

ES0000000001272 464637-Unidad 02_19505.indd 31 10/03/2015 10:02:58

39

UNIDADE 7

NOTAS

[os farois] pérdense na tebra). No poema popular hai unha hi-pérbole: se non canto, rebento e una comparación (Eu son coma os paxariños).

3 RL.

4 No chiste A utilizouse a personificación; no chiste B, a hi-pérbole; e no chiste C, ademais da personificación, utilízase a onomatopea.

5 RM. Croa, croa! Vocea a ra na lagoa. Croa, croa! Con voz atronadora. E o seu canto, coma unha pluma, polo aire o vento o transporta.

CompetenciasConciencia e expresión cultural. Na actividade 5 pre-téndese que os alumnos practiquen, de xeito guiado, a crea-ción de recursos literarios. Desta forma interiorízanos.

Outras actividades PARA AMPLIAR

•   Recursos literarios na publicidade. Leve á clase recor-tes de revistas con anuncios publicitarios que usen algún dos recursos literarios estudados (vexa tamén o apartado Máis recursos desta páxina da Guía), e móstrellelos aos alumnos para que os recoñezan. Se quere, pode ampliar a actividade propoñéndolles que eles mesmos creen un anuncio que utilice algún dos recursos estudados.

Intelixencia

lingüística

Page 3: Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS...dos recursos literarios estudados (vexa tamén o apartado Máis recursos desta páxina da Guía), e móstrellelos aos alumnos para que os recoñezan.

114

1 RESUMO. Copia e completa o resumo destes contidos da unidade.

As palabras sinónimas son as que ou un significado . As palabras antónimas son as que .

O son B represéntase con v cando vai de n; nos adxectivos rematados en -avo/a, ; nas formas verbais co son B de verbos que non teñen

(agás as formas en -aba, -abas…); nos verbos vir, e moitos verbos rematados en -ver como .

Os recursos literarios son procedementos usados polos autores para . Algúns recursos literarios son , e .

2 ESQUEMA. Copia e completa o seguinte esquema.

Os enlaces

a, agás, ante, ata, baixo...

e, nin

Disxuntivas

pero, senón

Conxuncións

3 Escribe un sinónimo e un antónimo de cada unha destas palabras.

delgado / rápido / enxoito /

4 Le este poema de Fran Alonso e responde.

A palabra que se repite é unha preposición ou unha conxunción?

Hai algunha preposición contraída? E algunha conxunción disxuntiva?

5 Explica por que podes saber que estas palabras se escriben con v.

servizo investigación educativo viseira

ACTIVIDADES FINAIS

Os poemas

Os poemas valen: para lelos normalmente, para lelos en paralelo, para recitalos desde un camelo, para tocalos e sobalos,

para cheiralos, para gardalos nun armario, para ensucialos, para recortalos, para comelos (a bicos) ou cuspilos.

ES0000000001272 464637-Unidad 02_19505.indd 32 10/03/2015 10:02:59

40

Propósito•   Repasar e aplicar os coñecementos adquiridos ao longo da unidade.

Máis recursos•  Sinónimos e antónimos  arrefriar  ▶ arrefecer / quentar.

  cerca  ▶ preto / lonxe.

  unir  ▶ xuntar / separar.

  coñecer  ▶ saber / ignorar.

  ledo  ▶  alegre / apesarado, triste.

  doente  ▶ enfermo / san.

  xélido  ▶ xeado / tórrido.

  diminuír  ▶ reducir / aumentar.

  medrar  ▶ crecer / minguar. 

NOTAS

Solucións 1   • As palabras  sinónimas  son  as que  teñen o mesmo significado ou  un  significado  semellante. As  palabras  an-tónimas son as que teñen significados opostos. • O son B represéntase con v cando vai detrás de n; nos adxectivos rematados en -avo/a, -ave, -evo/a, -eve, -ivo/a (agás ceibo, ceibe, árabe e roibo); nas formas verbais co son B de ver-bos que non teñen nin b nin v no infinitivo (agás as formas en -aba, -abas…); nos verbos vir, servir e vivir e moitos ver-bos rematados en -ver como mover, promover, prever, en-volver, volver… • Os recursos literarios son procedementos usados polos autores para darlles máis beleza e expresivi-dade aos seus textos. Algúns recursos literarios son a per-sonificación, a comparación e a hipérbole.

2   Os enlaces. Preposicións:  a, agás, ante, ata, baixo… Conxuncións. Copulativas: e, nin; Disxuntivas: ou, ou ben… Adversativas: pero, senón. 

3   • delgado ▶ fraco, gordo. • rápido ▶ veloz, lento. • en-xoito ▶ seco, húmido.

4   • A palabra que se repite é unha preposición (para). • nun (en + un). A conxunción disxuntiva ou.

5   • servizo → substantivo derivado do verbo servir, que se escribe con v. •  investigación → o son B represéntase con v despois de n. • educativo → os adxectivos remata-dos en -ivo escríbense con v. • viseira → substantivo da fa-milia do verbo ver, que se escribe con v.

Intelixencia

lóxico-matemática

Page 4: Literatura. OS RECURSOS LITERARIOS...dos recursos literarios estudados (vexa tamén o apartado Máis recursos desta páxina da Guía), e móstrellelos aos alumnos para que os recoñezan.

115

Elixe a opción correcta e puntúate. Cada resposta correcta vale 2 puntos.

1 Mentirán e troleiro son palabras... a) sinónimas. b) antónimas.

2 Os enlaces que unen unha palabra co seu complemento son… a) preposicións. b) conxuncións.

3 A hipérbole é un recurso estilístico que se basea na... a) esaxeración. b) comparación.

4 As conxuncións copulativas expresan a idea de... a) oposición. b) suma.

5 As formas do verbo ir que teñen o son B escríbense con... a) b. b) v.

repaso acumulativo7

AUTOAVALIACIÓN

A acentuación

A grafía b

A grafía v

a cB D

1 Anota a palabra polisémica que reúne todos os significados representados. Despois, escribe unha oración con cada acepción desa palabra.

2 Explica que son as palabras homónimas e pon un exemplo.

3 Localiza dous adverbios en cada oración e di de que tipo son.

Mateo conduce bastante ben. Din que mañá quizais neve.

A vila que visitamos onte está lonxe. Ti tamén vives aquí?

A Erea non lle agrada nada a verdura. A tartaruga móvese moi lentamente.

4 Escribe dous exemplos de verbos de cada tipo.

Con infinitivo rematado en -ber. Con infinitivo rematado en -ver.

5 DITADO ACUMULATIVO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

O novo vendedor

O meu novo veciño chámase Cibrán. É vendedor na tenda de lámpadas que acaban de abrir na nosa beirarrúa. Díxome que estivera traballando nunha moblaría, pero tivo que cambiar de emprego porque pechou. Parece que sabe moito e coñece todas as novidades en lámpadas de baixo consumo. Cando teña algunha dúbida, vou ir pedirlle consello.

ES0000000001272 464637-Unidad 02_19505.indd 33 10/03/2015 10:03:01

41

UNIDADE 7

Propósitos•   Repasar e aplicar os coñecementos adquiridos nas unidades anteriores.

•   Comprobar os coñecementos adquiridos na unidade.

NOTAS

Suxestións didácticasNa sección Autoavaliación, propóñalles aos rapaces que escriban no caderno máis exemplos de cada aspecto traba-llado, que sexan diferentes dos que hai no libro.

Solucións 1   carta. RM. A Escribinlle unha carta a Carlos. B Gústame xogar ás cartas. A O camareiro deulles a carta aos comensais. A Os mariñeiros do século XV utilizaban cartas de navegación.

2   As palabras homónimas son as que teñen diferentes sig-nificados  pero  coinciden  na  pronuncia  (abano  ‘instrumento para  dar  aire’  /  habano  ‘cigarro  puro  feito  con  tabaco  de Cuba’) ou na grafía (metro ‘unidade de lonxitude’ / metro ‘tren que circula por unha gran cidade, case sempre subterráneo’.

3   • bastante (cantidade), ben (modo). • onte (tempo), lonxe (lugar). • non (negación), nada (cantidade). • mañá (tempo), quizais (dúbida). • tamén (afirmación), aquí (lugar). • moi (can-tidade), lentamente (modo).

4   RM. • absolver, beber. • remover, chover.

5   Actividade de ditado.

Autoavaliación1 a), 2 a), 3 a), 4 b), 5 b)

CompetenciasAprender a aprender. As preguntas do apartado Autoa-valiación permiten que o alumno comprobe se adquiriu os coñecementos que se preguntan.

Intelixencia

intrapersoal