Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa,...

16
Pillota Cucaina Literatura infantil e xuvenil 2016

Transcript of Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa,...

Page 1: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

PillotaCucaina

Literaturainfantil exuvenil

2016

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 1 27/1/16 11:16

Page 2: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Índice:

Colección Pillota ................................. 4

Colección Cucaina ............................. 10

20162016

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 2 27/1/16 11:16

Page 3: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Literatura infantil e xuvenilLiteratura infantil e xuvenil

As coleccións Pillota e Cucaina reúnen unha serie

de lecturas caracterizadas pola súa calidade

literaria, pola súa atractiva presentación formal

e pola excelencia das súas abundantes ilustracións.

En ambas as series conviven autores do Estado español e

estranxeiros de relevo, ben sexa nos seus textos orixinais,

en coidadas traducións ou en deliciosas e esmeradas

adaptacións.

En Pillota e Cucaina publícanse relatos de escritores

como David McKee, Oscar Wilde, Charles Dickens, Jules

Verne, H. C. Andersen, que, ao tempo que nos conmoven

coa beleza das súas historias, nos proporcionan sabias

leccións sobre a natureza do ser humano.

La necesidade de sermos solidarios e de aprendermos a

confiar en nós mesmos son mensaxes habituais nunhas

coleccións nas que poden atoparse atractivas mostras de

todos os xéneros literarios: o misterio e a intriga dos relatos

policiais, a comicidade e o desenfado dos contos de humor,

os prodixios da ciencia ficción, o terror das historias de

pantasmas, as marabillas dos contos de fadas…

Estas coleccións alicérzanse sobre o que constitúe a esencia

da literatura: unha atención preferente á linguaxe e unhas

historias cativadoras que amplíen os horizontes dos pequenos

lectores, os axuden a se entenderen a si mesmos, fagan que

vivan outras vidas para cambiar a súa e descubran outros

mundos para mellorar o seu. Pillota e Cucaina aspiran,

por riba de todo, a fomentar o pracer da lectura e a estimular

a imaxinación e a fantasía. Asemade, propóñense invitar á

reflexión sobre o lido, contribuír a educar o gusto literario de

nenas e nenos e ampliar a súa bagaxe lingüística.

A

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 3 27/1/16 11:16

Page 4: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

4

colección Pillota vai destinada aos nenos

e ás nenas que se inician na lectura. De aí

que os textos estean escritos nunha linguaxe

sinxela, teñan unha extensión limitada e se

compoñan nunha letra de xeneroso tamaño.

Para que a lectura sexa dobremente pracenteira,

os libros contan cun gran número de ilustracións

de artistas de sona internacional.

Todos os volumes conteñen unha sección de

actividades coas que se pretende que os pequenos

lectores:

• Afiancen a comprensión da historia.

• Capten os valores que encerra o libro.

• Desenvolvan a capacidade de creación a partir

de suxestións que nacen do relato. As abundantes ilustracións en corson obra de prestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 4 27/1/16 11:16

Page 5: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

5

Todos os volumes contancunha guía didáctica

O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.

Todas as actividades pretendenafianzar a comprensión do relatoe teñen unha orientación lúdica.

1. Sisto Seis CeasInga Moore

ISBN: 978-84-682-1034-6

2. A ladroa de bágoasCarol Ann Duffy

ISBN: 978-84-682-1033-9

3. Os meus amigos os piratasMelinda Long

ISBN: 978-84-682-1061-2

4. ElmerDavid McKee

ISBN: 978-84-682-1091-9

5. O soldadiño de chumboH. C. Andersen

ISBN: 978-84-682-1190-9

6. O peto máxicoRoberto Piumini

ISBN: 978-84-682-1092-6

7. Noiteboa de pantasmasCharles Dickens

ISBN: 978-84-682-1157-2

8. CobrelúasÉric Puybaret

ISBN: 978-84-682-1191-6

9. Rafa a garza e Fonsoo raposoLaurence Tichit

ISBN: 978-84-682-1437-5

10. O castelo do BaralleteMalachy Doyle

ISBN: 978-84-682-1438-2

11. Todos para un e un paratodosBrigitte Weninger

ISBN: 978-84-682-1439-9

12. Os conquistadoresDavid McKee

ISBN: 978-84-682-1440-5

13. Non me gusta ler!Rita Marshall

ISBN: 978-84-682-1441-2

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 5 27/1/16 11:16

Page 6: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación, tolerancia.

1. Sisto Seis CeasInga MooreIlustracións de Inga Moore

O pillabán gato Sisto pertence a seisamos, vive en seis casas e cada díacea seis veces. Como cada un dosseus amos cre que o gato é de seue só de seu, a vida de Sisto é unhaauténtica bicoca… até que un díacolle un arrefriado e o veterinariodescobre a argallada…!

Desde 6 anos Conto de humor

40 páxinas ISBN: 978-84-682-1034-6

2. A ladroa de bágoasCarol Ann DuffyIlustracións de Nicoletta Ceccoli

Cada noite, entre a hora da cea e ade irse deitar, a invisible ladroa debágoas bota un saco prateado aolombo, diríxese a todas as casasonde oe unha nena ou un nenochorar, róuballes as bágoas eméteas no seu saco. Pero, que faicon todas as bágoas que amorea noseu invisible saco? E por queaprecia, sobre todo, as bágoas dosnenos que choran de tristura?

Desde 6 anos Conto fantástico

48 páxinas ISBN: 978-84-682-1033-9

Valores: Creatividade, imaxinación,responsabilidade, solidariedade.

3. Os meus amigos ospiratas

Melinda LongIlustracións de David Shannon

O pequeno Breixo vive a aventura dasúa vida o día que os piratas deBarbatrenzada lle piden axuda parasoterrar o seu tesouro. A bordo dobarco pirata, Breixo pásao comanunca: aprende a divertida linguaxedos bucaneiros, imita os seus rudosmodos e come só o que lle peta senque ninguén lle rife. Pero cando xadecidiu converterse en pirata, algoocorre que fai que mude deopinión…

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, creatividade, criterio propio,diversidade, valentia.

Desde 6 anos Conto de aventuras

48 páxinas ISBN: 978-84-682-1061-2

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 6 27/1/16 11:16

Page 7: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

7

4. ElmerDavid McKeeIlustracións de David McKee

Elmer non é un elefante calquera.A súa pel é de remendos de moitascores: son amarelos, azuis,encarnados, verdes, rosas, negros…Canso de ser diferente, un día Elmerdecide pintarse de cor gris efacerlles unha broma aos demaiselefantes, e todos rebentan coa risacoa ocorrencia de Elmer. E é queElmer non só ten a pel de cores,senón que é o elefante máisdivertido e enxeñoso de todaa manda.

Desde 6 anos Conto de humor

40 páxinas ISBN: 978-84-682-1091-9

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, creatividade, criterio propio,diversidade, imaxinación.

5. O soldadiño de chumboH. C. AndersenIlustracións de Gianni de Conno

Unha noite máxica en que osxoguetes cobran vida, un soldadiñode chumbo namóraseperdidamente dunha bailarina feitade retallos de papel. Pero amaldición dun trasgo malévolointerrompe ese idilio apenasiniciado e provoca que o soldadiñopase por unha sarta de penalidades.Conseguirá o valente soldadiñosuperalas? Logrará que o seu amorpola fermosa bailarina sexacorrespondido?

Desde 6 anos Conto moral

48 páxinas ISBN: 978-84-682-1190-9

Valores: Diversidade, imaxinación,responsabilidade, valentía.

6. O peto máxicoRoberto PiuminiIlustracións de Anna Laura Cantone

Nesta colección de contoscoñeceremos a historia dun piratabondadoso e a dun príncipemalcriado, a de dous pés que nonparan de amolar o seu dono e a doinxenuo inventor que devece porvoar… Uns contos están narrados enprosa e outros en verso, uns sonhumorísticos e outros marabillosos…Pero todos eles teñen algo encomún: a defensa de valores moraiscomo a xenerosidade, a gratitude,a solidariedade, a tolerancia e adiversidade.

Desde 8 anos Contos morais

112 páxinas ISBN: 978-84-682-1092-6

Valores: Compañeirismo, confianza,constancia, creatividade, criterio propio,diversidade, xenerosidade, imaxinación,xustiza, ecoloxía, solidariedade,responsabilidade, tolerancia, valentía.

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 7 27/1/16 11:16

Page 8: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

9. Rafa a garzae Fonso o raposo

Laurence TichitIlustracións de Éric Puybaret

Rafa a garza e Fonso o raposo sonveciños, pero non son amigos.Parece natural, porque son tandiferentes! A Fonso gústalle cociñar,coidar da horta e bañarse napiscina; a Rafa, en cambio, non llegusta a auga, encántallearrandearse e aborrece a cociña. Adicir verdade, Fonso e Rafa son moidiferentes para seren amigos... Ben,polo menos iso é o que din eles...

Valores: Amizade, compañeirismo,criterio propio, diversidade,xenerosidade, tolerancia.

Desde 6 anos Fábula

40 páxinas ISBN: 978-84-682-1437-5

21. CobrelúasÉric PuybaretIlustracións de Éric Puybaret

Nino é un rapaz con sorte. Acabande nomealo Cobrelúas, o oficio coque sempre soñou. En diante, cadanoite terá que tapar unha parte dalúa para que a vexamos devalar earregoar. Por desgraza, Nino perdea pastilla que lle permitirá voar atéo seu lugar de traballo! Daquela, oshabitantes da localidade decidenbotarlle unha man, e é así comonos aprenden que nada resultaimposible cando traballamos engrupo e unimos esforzos.

Desde 6 anos Conto fantástico e solidario

48 páxinas ISBN: 978-84-682-1191-6

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, creatividade,xenerosidade, imaxinación,responsabilidade, solidariedade.

7. Noiteboade pantasmas

Charles DickensAdaptación de José María Pérez ZúñigaIlustracións de Patrick Benson

O vello Ebenezer Scrooge é untúzaro e un egoísta incorrixible queexplota o seu empregado e nuncapensa nos demais. Pero unhaNoiteboa aparécenselle variaspantasmas que lle fan entender queo mundo está cheo de persoas queprecisan a súa axuda e o seuafecto…, e o corazón do velloavarento muda para sempre.

Desde 8 anos Relato fantástico e moral

80 páxinas ISBN: 978-84-682-1157-2

Valores: Amizade, confianza,constancia, creatividade, xenerosidade,imaxinación, xustiza, responsabilidade,solidariedade.

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 8 27/1/16 11:16

Page 9: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

9

11. Todos para une un para todos

Brigitte WeningerIlustracións de Eve Tharlet

Aínda que o rato Torcuato tendificultades para camiñar, un bo díaemprende unha viaxe para coñecero mundo. Polo camiño bate cunhatoupa cegarata pero de aguzadoolfacto, cunha ra xorda pero áxil,cun cachourizo medorento perocunha boa protección... E todosacordan unirse e axudarse os unsaos outros para conseguir o que sepropoñen.

Desde 6 anos Conto de animais

40 páxinas ISBN: 978-84-682-1439-9

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,diversidade, xenerosidade, solidariedade,tolerancia, valentía.

12. Os ConquistadoresDavid McKeeIlustracións de David McKee

Tras conquistar medio mundo,o xeneral dun país moi poderosodecide apoderarse dun pequenoterritorio. Pero cando as tropas doxeneral o invaden, os seushabitantes convidan os soldados aosseus fogares e apréndenlles os seuscostumes. De alí en diante, todocambiará no país dosconquistadores… David McKee,o famoso autor de Elmer, ridiculizaneste conto a belicosidade eproponnos un mundo baseado nadiversidade e a irmandade entre ospobos.

Desde 6 anos Conto moral

40 páxinas ISBN: 978-84-682-1440-5

Valores: Amizade, compañeirismo,criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación, xustiza,responsabilidade, tolerancia, valentía.

13. Non me gusta ler!Rita MarshallIlustracións de Etienne Delessert

A Vítor Castelao non lle gusta ler, enada nin ninguén logra convencelode que ler é divertido. Mais, certodía, o rapaz abre un libro de malagana e descobre que as palabrasque ten escritas encerran un mundomarabilloso… que vai cobrandovida diante dos seus abraiados ollos.A aventura e uns personaxesfantásticos engaiolan até tal punto asúa imaxinación que, desde aquela,nada nin ninguén consegueconvencelo de que… deixe de ler.

Valores: Creatividade, imaxinación,responsabilidade.

Desde 6 anos Conto fantástico

48 páxinas ISBN: 978-84-682-1441-2

Valores: Creatividade, diversidade,imaxinación.

10. O castelo do BaralleteMalachy DoyleIlustracións de Paul Hess

O avó de Miguel, FantasioBardalleiro, é un home moidivertido que emprega unhalinguaxe con palabras que elmesmo inventa. A que lle chama oenxeñoso Bardalleiro «chafacholas»?E que son as «cachadedas»?Miguel terá que aprender a marchasforzadas a orixinal fala do seu avó sequere salvar do «queimaquepela»o castelo do Barallete.

Desde 6 anos Conto de enxeño

40 páxinas ISBN: 978-84-682-1438-2

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 9 27/1/16 11:16

Page 10: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

10

OO texto literario está composto cunha letra facilmente lexible.

As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos

ilustradores nacionais e estranxeiros.

A nota léxica está redactada con gran sinxeleza e claridade.

As actividades ofrécense como complemento da lectura e

estrutúranse en tres apartados:

• En «Comprensión» ou «Argumento» repásanse os episodios

ou as situacións claves que fan progresar a acción.

• En «Comentario» e «Expresión» vaise alén da comprensión

superficial da obra, e, en función da idade á que se destina

cada lectura, reflexiónase sobre personaxes, temas, valores

éticos etc.

• En «Creación» e «Expresión» propóñense toda unha serie de

actividades creativas arredor da obra: composición de textos

escritos, debates, dramatizacións etc.

Todos os volumes contan cunha guía didáctica.

20162016Colección CucainaColección CucainaAs actividades, divididas en tresseccións, constitúen unha guíasinxela e amena para tirar maiorrendemento da lectura.

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 10 27/1/16 11:16

Page 11: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Colección Cucaina

1. A voz dos soñose outros contos prodixiososHugh Lupton

ISBN: 978-84-682-1062-9

2. O Xigante egoístae outros contosOscar Wilde

ISBN: 978-84-682-1104-6

3. Fábulas de EsopoJerry Pinkney

ISBN: 978-84-682-1133-6

4. Conto de NadalCharles Dickens

ISBN: 978-84-682-1071-1

5. Mitos gregosMaria Angelidou

ISBN: 978-84-682-1049-0

6. Un tirón no raboMary Hoffman

ISBN: 978-84-682-1268-5

7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custosoWilliam Irish

ISBN: 978-84-316-2941-0

8. Relatos de monstrosSteven Zorn

ISBN: 978-84-682-1266-1

9. Grandes esperanzasCharles Dickens

ISBN: 978-84-682-1275-3

10. Robinson CrusoeDaniel Defoe

ISBN: 978-84-682-1299-9

11. O corcovadoe outros contos de «As mil eunha noites»

ISBN: 978-84-682-1302-6

12. O misterio dos bailarínsPenca de PrataArthur Conan Doyle

ISBN: 978-84-682-1300-2

13. Relatos de pantasmasSteven Zorn

ISBN: 978-84-682-1301-9

14. Oliver TwistCharles Dickens

ISBN: 978-84-682-1298-2

15. Miguel StrogoffJules Verne

ISBN: 978-84-682-1442-9

18. As viaxes de GulliverJonathan Swift

ISBN: 978-84-682-1643-0

19. Amigos robotsIsaac Asimov

ISBN: 978-84-682-1589-1

20. O mago de OzH. C. Andersen

ISBN: 978-84-682-1571-6

O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.

As abundantes ilustracións en corson obra de prestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.

As notas están redactadas congran sinxeleza e claridade.

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 11 27/1/16 11:16

Page 12: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Colección Cucaina

4. Conto de NadalCharles DickensAdaptación de Pablo Antón PascualIlustracións de Christian Birmingham

Ao vello avarento Ebenezer Scroogeaparécenselle unha noite catroespectros que fan que recapacitesobre a súa conduta e que lleamosan o sinistro futuro que terá seteima no seu egoísmo. Con esteconmovedor relato, Dickenspropúxose remover as concienciasdos seus lectores e convencelos danecesidade de seren bondadosos ede practicaren a caridade nunmundo inxusto.

Desde 11 anos Relato moral e de fantasía

112 páxinas ISBN: 978-84-682-1071-1

Valores: Amizade, confianza,constancia, xenerosidade, imaxinación,xustiza, responsabilidade, solidariedade.

5. Mitos gregosMaria AngelidouAdaptación de Miguel TristánIlustracións de Svetlin

Toda a maxia e a beleza damitoloxía aparecen reflectidas noscatorce mitos gregos destaantoloxía, que foron recreados concativadora amenidade. O libroexplica, entre outras historias,a loita de Teseo contra o Minotauro,a lenda da caixa de Pandora,o desafortunado voo de Ícaro, aviaxe de Orfeo aos infernos e aastucia do cabalo de madeira coque Ulises puxo fin á guerra deTroia.

Valores: Confianza, constancia,creatividade, criterio propio,xenerosidade, imaxinación, xustiza,responsabilidade, solidariedade,valentía.

Desde 11 anos Relatos mitolóxicos

128 páxinas ISBN: 978-84-682-1049-0

1. A voz dos soñose outros contos prodixiosos

Hug LuptonIlustracións de Niamh Sharkey

Como pode ver un cego con máisclaridade que un cazador? É posibleque chovan moletes e que os peixesnaden entre a herba dos bosques?As cativadoras historias deste libroadvírtennos contra as persoascontiñeiras, suxírennos que confiarnos soños non sempre resultadesatinado, e apréndennos queo máis sabio é quen ve cos ollosda mente… e do corazón.

Valores: Amizade, confianza,constancia, creatividade, criterio propio,diversidade, xenerosidade, honradez,imaxinación, ecoloxía, responsabilidade,solidariedade, tolerancia.

Desde 8 anos Contos fantásticos

80 páxinas ISBN: 978-84-682-1062-9

2. O Xigante egoístae outros contos

Oscar WildeIlustracións de P. J. Lynch

Este libro reúne os contos máisfermosos e conmovedores de OscarWilde, os seus relatos máis dotadosde valores morais. Os protagonistasdestes contos alcanzan a felicidadee o amor cando, renunciando aoegoísmo, se mostran amables exenerosos e se preocupan polo bendos demais.

Valores: Amizade, confianza,creatividade, xenerosidade, honradez,responsabilidade, solidariedade.

Desde 9 anos Contos morais e fantásticos

104 páxinas ISBN: 978-84-682-1104-6

3. Fábulas de EsopoJerry PinkneyIlustracións de Jerry Pinkney

Neste fermoso libro escolmáronsesesenta fábulas de Esopo, un xéneroe un autor imitados sen descanso. Asúa permanente popularidade noné de estrañar, pois cada relatodepara unha sorpresa: un muiñeiroe seu fillo deciden levar un burro aolombo, un lobo disfrázase cunha pelde ovella, unha gansa pon ovos deouro, un sapoconcho gáñalle aunha lebre nunha carreira…

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,xenerosidade, honradez, imaxinación,xustiza, responsabilidade, solidariedade.

Desde 9 anos Contos morais e fábulas

128 páxinas ISBN: 978-84-682-1133-6

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 12 27/1/16 11:16

Page 13: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Colección Cucaina

6. Un tirón no raboMary HoffmanIlustracións de Jan Ormerod

Que acontece cando un lobocomellón pretende papar a ovellamáis repoluda? E cando un raposopresume da súa velocidade diantedun caranguexo? Neste libroreúnense once divertidas historiasde animais, nas que o lectordescubrirá que se un se pasa delisto, é demasiado cobizoso ou secomporta coma un farfallán, podesaír bastante malparado.

Valores: Amizade, confianza,creatividade, criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación,responsabilidade, valentía.

Desde 8 anos Fábulas e contos de animais

112 páxinas ISBN: 978-84-682-1268-5

7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custoso

William IrishIlustracións de Rubén Pellejero

A intriga, a emoción e o suspenseatrapan o lector desde a primeira áúltima liña destes dous magníficosrelatos policiais. No primeiro delesviviremos a aventura dunverdadeiro «aprendiz de detective».O humor negro de Un roubo moicustoso, en troques, culmina nunarrepiante desenlace.

Valores: Amizade, compañeirismo,constancia, criterio propio, honradez,xustiza, responsabilidade, valentía.

Desde 10 anos Misterio e humor negro

128 páxinas ISBN: 978-84-316-2941-0

8. Relatos de monstrosSteven ZornIlustracións de John Bradley

Polas páxinas deste libro espreitantoda clase de monstros: unmarabilloso dragón, uns enredantestrasnos, a criatura do doutorFrankenstein, un temiblelobishome… Os seis relatos quenarran as súas aparicións farán quearrepíes de medo, que te divirtas,que te emociones, pero, sobre todo,con eles aprenderás que non todosos monstros son tan espantosos nintan daniños como os pintan. A queesperas para descubrilo?

Valores: Confianza, constancia,creatividade, criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación,responsabilidade, tolerancia, valentía.

Desde 10 anos Terror, humor e fantasía

104 páxinas ISBN: 978-84-682-1266-1

60. Grandes esperanzasCharles DickensAdaptación de José María Pérez ZuñigaIlustracións de Iassen Ghiuselev

O orfo Pip namórase de Estella,unha ermosa rapaza que vive cunhaexcéntrica anciá. Para conquistar asúa amada, Pip decide convertersenun cabalero e arredarse da súahumilde familia. Esa cega ambiciónlévao a desdeñar a todos aquelesque o queren de verdade e a sedeixar humillar polos que odesprezan, o cal fai que se sintaculpable e descubra, ao cabo, que osegredo da felicidade reside nos bossentimentos.

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, xenerosidade,honradez, xustiza, responsabilidade.

Desde 11 anos Aventuras e formación

224 páxinas ISBN: 978-84-682-1275-3

10. Robinson CrusoeDaniel DefoeAdaptación de Eduardo AlonsoIlustracións de Robert Ingpen

Dominado pola ambición e o afánde aventuras, o mozo RobinsonCrusoe abandona o seu fogarpaterno e, tras superar unha seriede perigosas aventuras einfortunios, naufraga nunha illadeserta. Para sobrevivir na illa edominar unha natureza hostil,Crusoe verase obrigado a avivar oenxeño e a desenvolver múltiplesdestrezas.

Valores: Amizade, confianza,constancia, creatividade, criterio propio,xenerosidade, honradez, tolerancia,valentía.

Desde 11 anos Novela de aventuras

144 páxinas ISBN: 978-84-682-1299-9

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 13 27/1/16 11:16

Page 14: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Colección Cucaina

14

13. Relatos de pantasmasSteven ZornIlustracións de John Bradley

Un viaxeiro comparte o camarotedun barco cun morto vivente… Unrapaz orfo recibe a visita de dúaspantasmas de curta idade que nonpretenden outra cousa que salvarllea vida… Atrévete a entrar nomundo misterioso e fantástico dosoito contos deste libro. En cadaunha das súas páxinas atoparásunha sorpresa.

Valores: Creatividade, criterio propio,imaxinación, solidariedade, valentía.

Desde 9 anos Misterio, terror e humor

96 páxinas ISBN: 978-84-682-1301-9

14. Oliver TwistCharles DickensAdaptación de Pablo Antón PascualIlustracións de Christian Birmingham

Esta conmovedora novela narra asdesventuras de Oliver Twist, unrapaz que medra nun refuxio demendigos e que sofre incontablespenalidades cando se une, sensabelo, a una banda de garduños.Cun hábil manexo da intriga e omisterio, Dickens traza un retratosatírico dunha sociedade incapaz decomprender que só o amor podevencer os peores instintos humanos.

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,xenerosidade, honradez, xustiza,responsabilidade, solidariedade,valentía.

Desde 11 anos Novela realista e moral

168 páxinas ISBN: 978-84-682-1298-2

15. Miguel StrogoffJules VerneAdaptación de José María Pérez ZúñigaIlustracións de Javier Serrano

O capitán Miguel Strogoff realizaunha longa e perigosa viaxe polaestepa siberiana para previro gobernador de Irkutsk contrao traidor Iván Ogareff, que se alioucos invasores tártaros. Polo camiño,o correo do tsar é capturadoe cegado cun sabre incandescentepolo inimigo. Así a todo, o tesón deStrogoff e a axuda da nova Nadiapermiten que o heroe escape,se enfronte con Ogareff e deteñaa invasión tártara.

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,xenerosidade, honradez, xustiza,responsabilidade, solidariedade,valentía.

Desde 11 anos Novela de aventuras

176 páxinas ISBN: 978-84-682-1442-9

12. O misterio dos bailarínsPenca de Prata

Arthur Conan DoyleIlustracións de Tha

A capacidade de observación e otalento dedutivo de SherlockHolmes relocen nestes dous relatossubxugantes. En O misterio dosbailaríns, o famoso detective resolveun intrigante asasinato grazas aoenxeñoso desciframento duncriptograma, mentres que en Pencade Prata Holmes ten que empregartoda a súa perspicacia paradesbotar as probas que acusano presunto culpable e identificaro verdadeiro asasino.

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, creatividade,criterio propio, honradez, imaxinación,xustiza, responsabilidade, valentía.

Desde 10 anos Relatos policiais

128 páxinas ISBN: 978-84-682-1300-2

11. O corcovadoe outros contos de «As mil eunha noites»

AnónimoIlustracións de Michael Foreman

Nestes dez contos de As mil e unhanoites, as anécdotas máis divertidase as fábulas máis formativasconviven con historias tanfantásticas como a do home quegardaba na súa bolsa toda unhacidade, o corcovado que morreucatro veces e ao fin resucitou, oavarento que o perdeu todo pormor dos seus zapatos e o leñadorque tornou rico ao grito de «Ábrete,sésamo!».

Valores: Creatividade, criterio propio,diversidade, honradez, imaxinación,xustiza, valentía.

Desde 10 anos Aventuras, fantasía e humor

128 páxinas ISBN: 978-84-682-1302-6

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 14 27/1/16 11:16

Page 15: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Colección Cucaina

18. As viaxes de GulliverJonhatan SwiftAdaptación de Martin JenkinsIlustracións de Chris Riddell

Tras naufragar na illa de Liliput,o doutor Lemuel Gulliver coñeceos seus diminutos e mesquiñoshabitantes, capaces de declararllea guerra ao país veciño ao nonpoñerse de acordo sobre comoescachar os ovos. Nas viaxessucesivas, Gulliver convive conoutros personaxes extraordinarios,a través dos cales satiriza, conhumor e enxeño incomparables,os defectos da sociedade e dos sereshumanos.

Valores: Amizade, confianza,creatividade, criterio propio, diversidade,xenerosidade, honradez, imaxinación,xustiza, responsabilidade, tolerancia,valentía.

Desde 11 anos Aventuras, fantasía e sátira social

160 páxinas ISBN: 978-84-682-1643-0

19. Amigos robotsIsaac AsimovIlustracións de David Shannon

Nos dous relatos deste libro, Asimovdescríbenos unha sociedade futurana cal os robots se converten enservidores dos seres humanos emesmo chegan a suplir as súascarencias afectivas. Tal é o caso deRobbie, un dos contos máis tenrosque escribiu o autor, e tamén deSally, relato no que uns cochesdotados de intelixencia defendeno seu dono do ataque dunsmalfeitores.

Valores: Amizade, confianza,creatividade, criterio propio, honradez,imaxinación, xustiza, ecoloxía,responsabilidade, solidariedade,tolerancia.

Desde 10 anos Ciencia ficción

96 páxinas ISBN: 978-84-682-1589-1

10. O mago de OzL. Frank BaumAdaptación de Germán VivesIlustracións de Robert Ingpen

Da man da pequena Dorothy,Baum lévanos de viaxe ao máxicoreino de Oz, onde as bruxas batallancoas fadas e o máis insólito é posible.Unha sucesión de emocionantesaventuras e personaxes inesqueciblesapréndennos que todos os nosossoños poden facerse realidadese loitamos por eles con ilusióne esforzo.

Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,diversidade, xenerosidade, honradez,imaxinación, xustiza, solidariedade,valentía.

Desde 9 anos Fantasía e aventura

160 páxinas ISBN: 978-84-682-1571-6

Lite_Primaria_2016_GAL.indd 15 27/1/16 11:16

Page 16: Literatura 2016 infantilexuvenil - Vicens Vives · coidar da horta e bañarse na piscina; a Rafa, en cambio, non lle ... Tras conquistar medio mundo, o xeneral dun país moi poderoso

Por mercar en vicensvivesonline.com, 5% de desconto e envío gratuíto de libros e materiais de papel.

www.vicensvives.es

C101347

Ronda de Outeiro, 308 s • 15011 A Coruña • Tel. 981 27 35 00 • Fax 981 26 98 86 [email protected] • www.vicensvives.es