Linguae Latinae Historia

13

description

Historia do latín desde as súas orixes ata as linguas romances

Transcript of Linguae Latinae Historia

Page 1: Linguae Latinae Historia
Page 2: Linguae Latinae Historia

Linguas itálicas e veciñas cara o 250 a.C. Como podes apreciar

neste mapa, no s. III a.C., cando Roma xa era unha potencia militar con dominio sobre a península itálica, aínda se

falaban nesta unha gran variedade de

linguas, tanto indoeuropeas como alleas a esta familia.

De entre as primeiras, ¿cales che

parecen as máis extendidas? ¿E entre

as non indoeuropeas?

Page 3: Linguae Latinae Historia

Reconstrucción hipotética dun poboado da cultura das terramaras

Segundo os arqueólogos, esa diversidade pódese explicar por

diversas migracións continuadas de pobos indoeuropeos desde Europa Central cara Italia durante as súas Idades do Bronce e do Ferro. O seu

rasgo común son os enterramentos de cinzas en urnas, tanto na cultura das terramaras (s. XV a.C.) como na de Villanova (s. XIII a.C.). Ademais, a primeira delas configura os seus

poboados dun xeito tentadoramente similar ós posteriores campamentos

romanos

Zona orixinaria da Cultura dos Campos de Urnas, probable antecesora das

terramarasUrna cineraria

Page 4: Linguae Latinae Historia

Ubicación dos pobos que deron orixe a Roma

Como viches no primeiro mapa, as falas latinas ocupaban un territorio reducido, comparadas co grupo de linguas osco-umbras. Mais o proceso expansivo que

Roma leva a cabo desde o s. VI a.C. vaina levar, en apenas 250 anos, a

dominar toda a península italiana e as illas adxacentes. A lingua latina recibe así influencias das falas veciñas, entre

elas o sabino, do grupo osco-umbro, e o etrusco, lingua de procedencia

insegura, xa que as inscricións que o conservan non están ben descifradas

aínda. Sabinos e etruscos foron protagonistas na amalgama de pobos

que deu como resultado Roma

Os pobos itálicos asumiron pouco a pouco a lingua de Roma, aínda que esta non os

obrigou coa violencia: o funcionamento da administración romana reduciu as falas locais ó ámbito familiar, como sustrato,

ata desapareceren. Só as podemos coñecer gracias a un certo número de inscricións, como a da esquerda, que

recolle un ritual relixioso en umbro. Na toponimia dalgunhas rexións italianas

actuais queda a memoria destes pobos: Toscana, Umbría e Liguria, p. ex.

Fragmento das Táboas Iguvinas

Page 5: Linguae Latinae Historia

A etiqueta de “latín” (e non “romano”) dános unha denominación de orixe: era a lingua de todo o Lacio, no que Roma era en principio unha vila máis.

Coa súa expansión territorial, o latín desenvolveu unha serie de variantes de uso que debemos diferenciar ben para saber qué latín imos estudiar. A Lingüística adoita establecer esas variedades arredor de catro eixos que, aplicados ó latín,

resultan como segue:

Variantes diacrónicas

Variantes diastráticas

Como xa sabes, ningunha lingua permanece igual a si mesma durante o

tempo da súa existencia. Sen ter en conta o latín científico, este idioma

serviu como sistema de comunicación para colectivos moi amplos, como

mínimo desde o s. VII a. C. ata o VI-VII d.C. Xa que logo, falamos de máis de

1.000 anos. É evidente que houbo cambios, que nos permiten distinguir

fases, igual que na historia do galego e o castelán

As desigualdades sociais sempre provocan diferencias de formación entre os individuos, que eran máis

acusadas a Antigüidade, ó non existir un sistema de educación universal. Así,

a lingua dos estratos máis baixos da sociedade diverxía en maior ou menor medida da das clases altas, fenómeno

que aínda podes comprobar na actualidade

Page 6: Linguae Latinae Historia

Variantes diafásicas

Variantes diatópicas

Mesmo dentro dunha mesma clase social, os individuos non

se expresan igual nun ambiente

familiar ou de festa que nun contexto máis formal. Esas

diferencias de “tono” forman parte da nosa

educación social, e todo o

mundo se adapta a elas, moitas veces

de xeito inconsciente

Calquera lingua que vai ampliando o seu territorio cara o doutros

idiomas experimenta un conxunto

de influencias, máis visibles sobre a súa fonética e o seu léxico. Este feito,

entre outros provoca que nas diversas

comarcas vaian

aparecendo formas

distintas de falar a mesma lingua. Se o proceso se agudiza,

aparecen falas novas, sen

intercomprensión coa orixinal.

No caso do latín, son as

LINGUAS ROMANCES,

que veremos a seguir

Page 7: Linguae Latinae Historia

Mio sîdî ïbrâhîmyâ tú uemme dolge

fente mibde nohte

in non si non kerisirey-me tib

gari-me a oblegar-te

Galego e portugués son hoxe dous idiomas pertencentes a dous estados distintos, aínda que a procedencia do latín é

única para os dous

1ª noticia: s. XII

Nº falantes: 2,7 millóns (galego) e 230 millóns

(portugués)

O castelán ou español é a segunda lingua máis falada no

mundo debido sobre todo á colonización de América, polo

que presenta abondosas variantes

1ª noticia: s. IX

Nº falantes: 450-500 millóns

Desde a Idade Media falábanse na metade

norte da península unha serie de romances

chamados asturleoneses. O de

máis presencia hoxe é o bable, que data do s. X

e que conta con 450.000 falantes en Asturias.

Tamén perviven o leonés, o cántabro e, en

Portugal, o mirandés. Doutro subgrupo son o

aragonés (10.000 falantes) e o mozárabe

(extinguido)

Page 8: Linguae Latinae Historia

O francés estándar procede da variedade de París, que se impuxo, por prestixio e lexislación, ás outras falas romances da antiga Galia. Co imperio colonial francés expandiuse a varios continentes. Entre

as variantes diversas do estándar destaca o valón, por ser lingua oficial en

Bélxica. Recoñécese tamén certa personalidade diferenciada ó francés de Suiza (no acento) ó francés de Canadá e algunhas falas rexionais de Picardía e

Normandía, no norte de Francia

1ª noticia: s. IX

Nº de falantes: 100-190 millóns

Chámaselle tamén arpitano. Fálase nalgunhas rexións alpinas de Francia, Suiza e Italia. O seu territorio é moi

escaso debido á presión de dúas potentes linguas romances (francés e italiano) e unha xermánica (o alemán)

1ª noticia: s. XIII

Nº de falantes: 77.000 aproximadamente

Page 9: Linguae Latinae Historia

OCCITANO: As falas occitanas ou linguas de oc (“si” neses idiomas)

ocupan unha ampla rexión do sur de Francia. A máis coñecida é o

provenzal, sobre todo polo amplo cultivo literario que tivo na Idade Media. En España temos o aranés, lingua cooficial xunto ó catalán e ó castelán no Val de Arán (Lérida): conta con a penas 3.000 falantes.

1ª noticia: s. XNº de falantes: 2 millóns,

aproximadamente

As linguas deste subconxunto ocupan estes territorios:

-pequenas áreas do sur de Suiza: os dialectos romanches, en perigo de

desaparición, aínda que unha variedade estándar está recoñecida como lingua oficial. Contan só con

38.000 falantes

- Norte de Italia: ladino e friulano, dos que este último goza de

protección oficial na rexión italiana do Friuli. Entre os dous suman máis ou menos 700.000 falantes, dos que

máis de 600.000 pertencen ó friulano.

CATALÁN: A pesar de que por xeografía se pode incluir no grupo

iberorromance, parece que con criterios filolóxicos debemos adscribila

ó subconxunto occitano. Fálase actualmente nas comunidades

españolas de Cataluña, Valencia (onde se denomina valenciano) e Baleares,

así como no Rosellón francés e na comarca de Alguer, en Sardeña.

1ª noticia: s. XNº de falantes: 7,7 millóns

Page 10: Linguae Latinae Historia

Existen máis de 200 variantes desta lingua,

como o napolitano, o ligur, o calabrés… O estándar

foise establecendo desde o s. XIII, gracias ó prestixio do poeta Dante, a partir da fala

toscana

1ª noticia: s. IX

Nº de falantes: entre 70 e 125 millóns, contando con

Suiza e a emigración O sardo é a lingua romance menos evolucionada desde o latín, aínda que manifesta influencias de superestrato

do catalán e do castelán

1ª noticia: s. XI

Nº de falantes: algo máis dun millón

É a evolución do latín na deradeira provincia

incorporada ó Imperio: a Dacia. Non ten contacto xeográfico directo con ningunha outra lingua

romance: está rodeada por linguas eslavas, que

influíron no seu léxico

1ª noticia: s. XII

Nº de falantes: 22 millóns en Rumanía e 6 máis entre Moldavia, a Voivodina e a

emigración

Parece que o dálmata, un romance da

costa da antiga Xugoslavia

extinto no s. XIX, ten algunha relación directa

co rumano

Tuota nuester, che te sante intel

sil,sait santificuot el

naun to.Vigna el raigno

to.

Page 11: Linguae Latinae Historia

Conforme o poder de Roma foi medrando en extensión e prestixio, o latín foi tamén avanzando como vehículo cultural. O seu cultivo literario, baseado en modelos

gregos, foi moi amplo: así converteuse nun idioma traballado por grandes creadores, que o levaron a unha altura artística da que depende directamente o resto da literatura occidental, pois os autores latinos foron un espello no que se

miraron os literatos europeos, desde a Idade Media ata a actualidade

Page 12: Linguae Latinae Historia

Ese prestixio fixo que, a pesar da caída de Roma, os reinos

europeos que a sucederon na parte occidental adoptasen a

herdanza romana e o latín como lingua de cultura. Por iso

este idioma estivo sempre presente na educación de

moitas xeracións de europeos, que estudiaron moi polo miúdo

a Cicerón, Virxilio, Horacio, Ovidio…

Mais cómpre ter presente que o latín da escola, mesmo hoxe

en día, baséase no coñecemento dun rexistro de lingua moi concreto: o idioma

literario das clases sociais altas (unha minoría de

individuos), destinado a unha intensa elaboración artística. Desta lingua non proceden as linguas romances; estas son o resultado da evolución do latín

popular, a cotío chamado vulgar, que era o falado pola

inmensa maioría da poboación do Imperio na súa zona

occidental.

Así, o latín literario adóitase dividir nas seguintes fases

históricas:

LATÍN ARCAICO: VIII-II a.C.

LATÍN CLÁSICO: II a. C.-II d.C.

LATÍN POSCLÁSICO: II-III d.C.

LATÍN TARDÍO: III-VI d.C.

LATÍN MEDIEVAL: VI-XV d.C.

LATÍN HUMANÍSTICO: XV-XVIII d.C.

Page 13: Linguae Latinae Historia

Sen esquecer os mecanismos polos que o latín popular deu nas linguas romances, centrarémonos

na ÉPOCA CLÁSICA do idioma, debido á súa inmensa trascendencia cultural. De acordo cos catro eixos

vistos, esta variedade definiríase así:VARIEDADE

DIACRÓNICA:

VARIEDADE DIASTRÁTICA:

VARIEDADE DIAFÁSICA:

VARIEDADE DIATÓPICA:

s. II a.C.-II d.C.

Clase social alta

Rexistro literario

Cidade de Roma