LIC Ría de Foz/Masma

46
ESPAZOS NATURAIS Ría de Foz-Masma

Transcript of LIC Ría de Foz/Masma

Page 1: LIC Ría de Foz/Masma

ESPAZOS NATURAISRía de Foz-Masma

Page 2: LIC Ría de Foz/Masma

Inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella ou Figueiras e Batán, a ría de Foz, e a costa ata a desembocadura do rego da Laguela.No espazo atópanse varios ecosistemas ben definidos: cantís, areais, marismas, río e bosques de ribeira.

Page 3: LIC Ría de Foz/Masma

SITUACIÓN: No cuadrante nordés da provincia de Lugo, a cabalo das comarcas da Mariña Central e Oriental. Localidades de referencia: Foz, San Cosme (Barreiros), Vilanova (Lourenzá), Mondoñedo.SUPERFICIE: 643 haCONCELLOS: Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo.VALORES NATURAIS:Esteiros, marismas, praias, cantís, bosque de ribeira...

Page 4: LIC Ría de Foz/Masma

Praia de Altar, ría de Foz e mar aberto

PROTECCIÓNLIC: 29 de decembro de 2004ZEC: 31 de marzo de 2014ZEPA “Ría de Foz” (564 ha) 2-4-2004Está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da SEO/BirdLife A área corresponde parcialmente coa IBA 007 Ría do Eo-Praia de Barayo-Ría de Foz, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).

Page 5: LIC Ría de Foz/Masma

CLIMAOceánico, con invernos frescos

Page 6: LIC Ría de Foz/Masma

Ría de Foz vista desde Barreiros

RÍA DE FOZ Está situada na rasa cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria. Está formada polo río Masma o Centiño e o rego de Esteiro e ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste) e de San Bartolo (leste) es está rodeada de xistos e areíscas. Presenta unha ampla chaira intermareal lamacenta rodeada por marismas que se concentran na marxe dereita do interior da ría. É unha ría en proceso de colmatación porque a forza do mar impide a saída dos materiais que arrastra o río e trae cara a ela a area que arranca nos cantís veciños.

Page 7: LIC Ría de Foz/Masma

Punta dos Castelos, no extremooeste da ría de Foz

Page 8: LIC Ría de Foz/Masma

Praia da Rapadoira (Foz), de 340 m de lonxitude e 100 m de largor medio, abrigada e de area fina.

.

Page 9: LIC Ría de Foz/Masma

Praia da Anguieira (Barreiros), no interior da ría de Foz

Page 10: LIC Ría de Foz/Masma

Praia da Anguieira

Page 11: LIC Ría de Foz/Masma

Ría de Foz desde a Punta de Prados.

Page 12: LIC Ría de Foz/Masma

Praia de Altar (Barreiros), de 950 m de lonxitude e 45 m de largor medio.Na parte externa da ría de Foz atópase unha frecha de area que tapa parcialmente a súa boca (entre as praias de Altar e Anguieira, resultado da interacción entre a dinámica interna da ría e unha corrente O-E que percorre a costa. Entre os anos 1969 e 1977 construíronse en Foz unha serie de espigóns que modificaron a dinámica da ría e fixeron practicamente desaparecer estra frecha arredor de 1980, mentres se xuntaba area na outra banda, na praia da Rapadoira. Na actualidade estase a rexenerar, despois da construción dun novo dique en 1988.

Page 13: LIC Ría de Foz/Masma

Praia do Altar e Pedra Rubia (Barreiros)

Page 14: LIC Ría de Foz/Masma

Dunas na praia do Altar (Barreiros)

Page 15: LIC Ría de Foz/Masma

Praia de San Cosme (Barreiros)

A COSTA EXTERIORUn pequeno tramo de costa exposta na rasa cantábrica no que alternan cantís e areais.

Page 16: LIC Ría de Foz/Masma

Punta de San Bartolo e praia de Remior (Benquerencia-Barreiros), no remate do espazo.

Page 17: LIC Ría de Foz/Masma

RÍO MASMA Nace entre os picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral) e ten un percorrido de 46,2 km ata rematar formando a ría de Foz (mar Cantábrico). No curso alto presenta unha forte pendiente que se suaviza nos derradeiros 20 km. Forma os amplos vales de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros.Os seus afluentes pola esquerda son Fraga Vella ou Figueiras, Couboeira e Oirán, e pola dereita Valiñadares e Batán. O Masma recibe distintos nomes no comezo do seu percorrido: primeiro Pedrido e logo Tronceda.

O Masma na Fervenza (Mondoñedo)

Page 18: LIC Ría de Foz/Masma

O Masma na Fervenza (Mondoñedo)

Page 19: LIC Ría de Foz/Masma

O Masma en Masma (Mondoñedo)

Page 20: LIC Ría de Foz/Masma

Rego da Ferrería, Augavalva (Figueiras-Masma)Viloalle (Mondoñedo)

Page 21: LIC Ría de Foz/Masma

O Masma en Lourenzá

Page 22: LIC Ría de Foz/Masma

RÍO DO BATÁN Nace na serra da Cadeira e xúntase ao Masma en A Ribeira (Lourenzá).

Page 23: LIC Ría de Foz/Masma

Esteiro do Masma

Page 24: LIC Ría de Foz/Masma

Esteiro do Río Centiño

Page 25: LIC Ría de Foz/Masma

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Esteiros-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas-Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e deBidention p.p.-Queirogais secos europeos-Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Turbeiras calcarias do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo.-Furnas mariñas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica

Page 26: LIC Ría de Foz/Masma

FLORAAs beiras do Masma conservan bosques de ribeira nos que que predominan os ameneiros (Alnus glutinosa), acompañados por salgueiros (Salix atrocinerea), sanguiños (Frangula alnus), pradairos, fentos…

Fentos (Blecnum)

Page 27: LIC Ría de Foz/Masma

Pirixel do mar

Na ría e no espazo costeiro destaca a vexetación de marisma e, en menos medida, de dunas e cantís. Nas zonas resgardadas do esteiro hai seba (Zostera noltii), Juncus maritimus, Spartina maritima, Juncus gerardi, Scirpus maritimus e Phragmites australis. Nas dunas das praias podemos atopar Ammophila arenaria, Eryngium maritimum, Linaria polygalifolia, Cochlearia aestuaria (endémica das costas do golfo de Biscaia), Limonium dodartii (en perigo crítico de extinción en España), e nos cantís silva do mar (Smilax aspera), capileira (Adiantum capillus veneris)…

Capileira

Page 28: LIC Ría de Foz/Masma

Silva do mar (Smilax aspera)

Page 29: LIC Ría de Foz/Masma

Seba (Zostera noltii)

Page 30: LIC Ría de Foz/Masma

Iberis procumbens

Page 31: LIC Ría de Foz/Masma

Inflorescencia de xunco (Juncus maritimus)

Page 32: LIC Ría de Foz/Masma

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEFloraNarcissus pseudonarcis susssp. nobilis

Page 33: LIC Ría de Foz/Masma

FAUNAO río e as súa beiras acollen unha variada fauna, etre a que destacan os anfibios, os insectos e cinco especies de peixes continentais.

Píntega (Salamandra

salamandra).

Page 34: LIC Ría de Foz/Masma

Cabalo do demo (Orthetrum)

Page 35: LIC Ría de Foz/Masma

Mazarico rabipinto ou rubio (Limosa lapponica)

O río e as súa beiras acollen unha variada fauna, etre a que destacan os anfibios, os insectos e cinco especies de peixes continentais.No esteiro do Masma e na ría de Foz hai catalogadas 200 especies de aves. Destacan as poboacións de aves acuáticas, especialmente durante o inverno e o paso migratorio outonal: cullereiro (Platalea leucorodia), lavanco (Anas platyrhynchos), cerceta (Anas crecca), asubiador (Anas penelope), o escaso ganso de cara negra (Branta bernicla), raro en España e que é relativamente frecuente de ver nesta ría; mazarico real (Numenius arquata), mazarico rubio (Limosa lapponica), pilro gordo (Calidris canutus). Rexistrouse a cría da escasa garza pequena (Ixobrychus minutus).

Page 36: LIC Ría de Foz/Masma

Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis.

Page 37: LIC Ría de Foz/Masma

Garza real (Ardea cinerea), visitante invernal habitual.

Page 38: LIC Ría de Foz/Masma

Cullereiros (Platalea leucorodia). Ivernan na ría de Foz procedentes de Holanda.

Page 39: LIC Ría de Foz/Masma

Píllara real (Charadrius hiaticula).

Page 40: LIC Ría de Foz/Masma

Cangrexo (Carcinus maenas)

Page 41: LIC Ría de Foz/Masma

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEInvertebradosCoenagrion mercurialeLucanus cervusElona quimperianaGeomalacus maculosusMargaritifera margaritiferaPeixesPetromyzon marinusSalmo salarAnfibiosDiscoglossus galganoiMamíferosGalemys pyrenaicusLutra lutraMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Saramaganta (Chioglossa lusitanica)

Page 42: LIC Ría de Foz/Masma

ACTIVIDADESPesca e marisqueo, lecer...

Page 43: LIC Ría de Foz/Masma

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALAínda que fora do espazo protexido, nas proximidades atópanse vilas e lugares dunha grande importancia histórica (Mondoñedo, Foz...) ou etnográfica.Na contorna do río Masma consérvanse pontes, muíños...A vila de Foz é de orixe fenicia. Na actualidade conta con case 10.000 habitantes.

Ponte sobre o Masma en Viloalle

(Mondoñedo)

Page 44: LIC Ría de Foz/Masma

Praia de Rapadoira (Foz)

PROBLEMAS-Construcción de diques que cambiaron a fisonomía das praias-Obras no espazo costeiro-Especies invasoras-Presión turística

Praia de Altar (Barreiros)

Page 45: LIC Ría de Foz/Masma

Porto de Foz

PUNTOS DE INTERESEPraias: A Rapadoira, Altar, Remior, Anguieira.Fervenzas: A Fervenza, Rego da FerreríaPontes: Viloalle

Page 46: LIC Ría de Foz/Masma

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaAgosto 2016