Libro viaxeiro v4

10

description

Libro viaxeiro, versión 4

Transcript of Libro viaxeiro v4

Page 1: Libro viaxeiro v4
Page 2: Libro viaxeiro v4

Queridas familias:

O que vos presentamos agora é un libro viaxeiro, chámase así porque viaxará por todas as nosas casas, enriquecéndose en cada estancia… O seu obxectivo é axudarnos a coñecer mellor a todos os nenos do primeiro ciclo e as nenas que, tamén, fomos as súas profesoras… Por que? Porque entendemos a educación como un proxecto integral, que inclúe o aspecto emocional no que, evidentemente, todos vós tedes moito que achegar…Como o faremos?Cando o libro chegue a casa, o primeiro que faremos será ler as páxinas que xa están escritas. Iso serviranos para coñecer mellor a cada neno alí presente, tendo en conta que, cada día, o voso fillo pasa un montón de tempo con el na escola e, por iso, terán una relación intensa durante os vindeiros anos. Coñecer os amigos dos nosos fillos axudaranos a coñecer o noso fillo, tamén.Despois, na primeira folla libre, teredes que presentarnos o voso neno, pero ese neno pequeno que aínda non viña á escola, porque esa é a época que queremos coñecer. Contade o que lle gustaba e o que non, o que quería facer, o que realmente facía e, especialmente, o que era para vós.Colocade a folla novamente no cartafol e enviade ao colexio o libro viaxeiro, así, poderemos traballar na clase coa vosa achega.Temos moita ilusión colocada neste pequeno proxecto, porque consideramos que formará parte da nosa “historia persoal” e tamén da “grupal”. É por iso que vos pedimos un pouquiño de colaboración e agradecemos, xa de antemán, o tempo que dedicaredes a axudarnos. Cando estea rematado, o libro viaxará novamente por todas as casas, xa encadernado, para disfrutar da súa lectura completa.

Esperamos que vos guste! Que teñades unha boa visita do libro!

Rocío e Susana.

POR FAVOR: PARA EVITAR DETERIOROS, NON SACAREMOS NINGUNHA FOLLA DO CARTAFOL, PENSADE QUE AO FINAL,

ENCADERNAREMOS OS ORIXINAIS, E DEBEN ESTAR BEN COIDADOS.

Page 3: Libro viaxeiro v4

Este libriño viaxeiro estivo de viaxe....

na casa da familia de Desde o día Ata o día

Page 4: Libro viaxeiro v4
Page 5: Libro viaxeiro v4
Page 6: Libro viaxeiro v4
Page 7: Libro viaxeiro v4
Page 8: Libro viaxeiro v4
Page 9: Libro viaxeiro v4
Page 10: Libro viaxeiro v4