Libro viaxeiro das receitas

6
CURSO 2013/14 DOLORES A.

description

Tarea para 3º de Educación primaria sobre la alimentación y la dieta saludable.El Libro de las recetas

Transcript of Libro viaxeiro das receitas

Page 1: Libro viaxeiro das receitas

CURSO 2013/14 DOLORES A.

Page 2: Libro viaxeiro das receitas

CURSO 2013/14 DOLORES A.

Este libro vaise escribindo grazas á colaboración das familias ás que vai

chegando na súa viaxe.

Consideramos que é unha excelente tarefa por moitas razóns:

Valórase a linguaxe como forma de expresión de información, sentimentos,

emocións..

Aprenden a escoitar, respectar e interesarse polo traballo elaborado polos

seus compañeiros/as.

Os nenos/as séntense verdadeiros protagonistas, compartindo cousas da

súa casa cos demais.

Convertemos aos nenos en protagonistas activos do seu propio proceso

formativo.

Implícase as familias, fomentando a relación familia e escola.

Page 3: Libro viaxeiro das receitas

CURSO 2013/14 DOLORES A.

Refórzanse temas ou contidos reflectidos no Proxecto de Centro, nas

programacións, en proxectos que priorizamos no colexio.

Fomentamos o gusto polo traballo ben feito e ben presentado.

COMO O FAREMOS?

Primeiro buscaremos unha maleta pequena que non pese, para que viaxe

cómodo e non se estrague.

Decidiremos canto tempo pode ter o libro cada familia. Consideramos que

pode ser unha semana na casa, de luns a luns (como máximo dúas semanas).

Podemos preparar un pasaporte no que apareza unha casa para os apelidos

da familia que recibe o libro, e ao lado, outra para poñer un selo cando o traian

e nos comenten a experiencia.

Empezaremos preparando o noso libro elaborando unha preciosa portada e

contraportada, que plastificaremos para que non se manche nin estrague.

Incluirase o título, o grupo de alumnos que o realizades, o colexio, o curso

académico.

Na última páxina podemos incluír un rexistro onde anotaremos as veces que

Page 4: Libro viaxeiro das receitas

CURSO 2013/14 DOLORES A.

cada alumno o utilizou e quen o ten en cada momento.

Decidiremos se o noso libro debe ter as páxinas en branco, ou elaboraremos

dalgún formato concreto que conteña espazos para a FOTO ou debuxo do prato,

un apartado para os INGREDIENTES e outro para explicar a PREPARACIÓN.

INSTRUCIÓNS

É unha actividade de carácter voluntario pero moi aconsellable.

Cada familia escolle o idioma no que escribirá: español ou galego.

A actividade realizarase na casa co neno (xunto aos seus pais ou outros

membros da familia) para que en todo momento o rapaz estea implicado na

tarefa. Así se levará a cabo un traballo colaborador, enriquecedor e inesquecible

para el.

Entre todos se decidirá que receita escribirá no libro. Pode achegar

fotografías, debuxos, recortes de revistas… No blog de clase hai exemplos moi

creativos de receitas que comparte algún blog.

A extensión será dunhas dúas páxinas como máximo.

Unha vez rematada a tarefa na casa, fixaremos o día que a presentará ante

toda á clase.

Page 5: Libro viaxeiro das receitas

CURSO 2013/14 DOLORES A.

Segundo o calendario establecido previamente, cos nenos e as familias, o

libro pasará á seguinte familia.

Para finalizar podemos escanear o libro e gardar unha copia dixital para

facilitala ás familias, editalo no blog de aula ou levar o libro a unha imprenta

para que se faga unha copia que podemos entregar ás familias.

Máis información no blog de clase.

QUE FAREMOS CANDO O LIBRO VIAXEIRO CHEGUE Á CLASE?

As familias podedes mandarnos fotos da realización da actividade na casa

que logo subiremos ao blog, xunto coa presentación que cada neno realizará en

clase. Nela compartirá co resto da clase como o foi realizando, que lle gustou

máis, mostrará os debuxos, o texto...

Ao finalizar un aplauso de toda a clase nunca vén mal! Intentaremos que sexa

un momento moi especial para cada un dos nenos!

COMEZAMOS A NOSA VIAXE?

MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

Page 6: Libro viaxeiro das receitas

CURSO 2013/14 DOLORES A.