Libro 2015

31
Texto orixinal de José Jorge Letria. Ilustracións de André Letría.

Transcript of Libro 2015

Texto orixinal de José Jorge Letria.

Ilustracións de André Letría.

Se eu fose un libro, pediríalle a quen me atopara na rúa que me levase á súa casa.

Se eu fose un libro,compartiría cos meus lectoresos segredos máis antigos e ocultos.

Se eu fose un libro,gustaríame ter sempre un recuncho reservadono cuarto máxico de cada neno.

Se eu fose un libro,pediríalle á xente que non me empregasecomo adobío nos andeis.

Se eu fose un libro,sabería tanto de Nova Yorkcomo da Antiga Roma.

Se eu fose un libro,sería lido ata o amencerpor quen, en silencio, me chamara amigo.

Se eu fose un libro,non desvelaría nunca o final da historiaantes de tempo.

Se eu fose un libro,coñecería de memoria tódalas historiasque habitasen entre as miñas páxinas.

Se eu fose un libro,sabería gardar ben gardadostódolos segredos que me quixeran confiar.

Se eu fose un libro,nunca tería presa por lera palabra “FIN”.

Se eu fose un libro,non me gustaría que me lesensó por obriga ou por estar de moda.

Se eu fose un libro,gustaríame ser coma un rañaceosfeito de palabras e sons.

Se eu fose un libro,gustaríame que viaxasen polas miñaspáxinasata a illa de tódolos tesouros.

Se eu fose un libro, estaría en tódolos lugaresonde puidera facer feliz a alguén.

Se eu fose un libro,tería sempre o arrecendo suavedun día sen data e especial.

Se eu fose un libro,gustaríame ser unha fiestra abertaá inmensidade do mar.

Se eu fose un libro,invitaría a un poeta a cear cada vezque un poema seu iluminara a noite.

Se eu fose un libro,desexaría, por riba de todo,ser sempre libre.

Se eu fose un libro,aínda que non me gusta prohibir,creo que vetaría a palabra “ignorancia”.

Se eu fose un libro,non me gustaría que alguén finxiralerme só para quedar ben.

Se eu fose libro,quizais, temera, por riba de todas as demais,a terrible palabra “esquecemento”

Se eu fose un libro,gustaríame facer libre e rebeldeao lector que me escollese.

Se eu fose un libro,Sería un inmenso poemaQue ofrecería ás palabras sentidos inesperados.

Se eu fose un libro,sería un arma eficaz e docepara matar dunha vez os desexos de guerra.

Se eu fose un libro,non me importaría ir a unha illa deserta,cun lector apaixonado.

Se eu fose un libro,gustaríame ter calquera aparenciaque o tempo me dera.

Se eu fose un libro,gustaríame medrar e medrarata converterme nunha BIBLIOTECA.

Se eu fose un libro,gustaríame escoitarlle dicir a alguén:“este libro cambiou a miña vida”.

Adaptación e tradución ao galegode:

“Si yo fuera un libro”Equipo de Biblioteca, en colaboración co ENDL.

Texto orixinal de José Jorge Letria.

Ilustracións de André Letría.