Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

30
Uxío Novoneyra Uxío Novoneyra Letras Galegas 2010

description

Letras Galegas 2010

Transcript of Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

Page 1: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

Uxío NovoneyraUxío Novoneyra

Letras Galegas 2010

Page 2: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

Uxío Novoneyra

Letras Galegas 2010

Page 3: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Secretaría Xeral de Política Lingüística

CPI Virxe dos Remedios, Castro Caldelas (Ourense)

Autores e autoras:

Alejandro Meira Iglesias

Isabel Rosa Miranda Martínez

Ana Belén Franco Mellado

Jesús Javier Souto Bragado

Rosa María Gómez Cabanas

Rosa María López Sanjurjo

Raquel Novoa Castro

Luís Rodríguez Rey

Page 4: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• � •

INTRODUCIÓN A presente exposición de carteis sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra pretende ser máis un instrumento para o traballo na aula que ter unha función puramente expositiva.

En cada un dos carteis, procuramos recoller abundante material escrito da obra do autor, pero tamén doutros autores, para ter coa súa proxec-ción na aula os textos necesarios para o traballo das distintas unidades.

O enfoque dinámico e colorista da exposición busca a motivación do alumnado, de maneira que ver os pósters os incite á participación no desenvolvemento das actividades sobre estes.

Cada póster vai seguido dunha pequena exposición sobre a súa temá-tica, para centrarnos logo nunha serie de actividades que ha realizar o alumnado.

Page 5: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas
Page 6: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• � •

Póster 1 e 4. A persoa e biografíaUxío Novoneyra nace en Parada de Moreda o 19 de xaneiro de 1930, na serra do Courel lucense, no seo dunha familia labrega. A súa infancia e primeira mocidade transcorre nesta paraxe natural, testemuña dun mo-delo de vida rural tradicional, ao tempo que condicionada pola dureza dun momento histórico bélico e represivo que comeza coa guerra de 1936 e continúa coa ditadura militar.

A situación certamente acomodada da familia permítelle trasladarse primeiro a Lugo a estudar bacharelato, desde 1945 a 1948, onde inicia unha forte amizade para sempre co poeta da Terra Chá, Manuel María, e despois a Madrid, para se matricular como oínte na Facultade de Filosofía e Letras.

Durante a estadía madrileña, completará a formación cultural de xeito autodidacta e comeza a escribir en castelán na revista universitaria Ben-gala, participa en recitados poéticos que se celebraban nas aulas uni-versitarias e que o singularizarán como un gran declamador e conforma un pensamento crítico cos tempos avoltos que lle toca vivir que se irán tinxindo de conciencia galega a partir dos anos 50, en contacto co pro-pio Manuel María, Carlos Maside, Ramón Piñeiro ou Otero Pedrayo. Estas experiencias persoais van asentando a súa vocación galeguista e a volta ao Courel en 1952 confírelle o impulso definitivo para escribir en galego, que se visualizará na súa primeira obra poética, Os eidos (1955).

Entre 1962 e 1966, Novoneyra volve para Madrid traballar en programas de radio e televisión, vinculados sempre a contidos poéticos, e non des-aproveita a ocasión para participar da intensa vida intelectual madrile-ña, relacionarse coas vangardas literarias que se reunían no Café Gijón e contactar co grupo Brais Pinto, mozos galegos intelectuais, pintores e escritores residentes en Madrid, de ideoloxía de esquerda e nacionalis-ta, como Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Bernardino Graña, Raimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Herminio Barreiro e Ramón Lorenzo, que desenvolveron un amplo labor cultural na capital española, creando unha editorial onde publicar literatura en galego ou dándolle visibilidade á cultura galega.

En 1966, volve ao Courel de forma definitiva. É esta unha época de ex-periencias familiares moi intensas, de reencontro amigable coa escrito-ra noiesa María Mariño e co seu home, así como da constatación dun marcado compromiso social, plasmado en “Letanía de Galicia”, incluído no poemario Os Eidos II, ou Poemas caligráficos, en que recolle o poema “Vietnam Canto” e no que colaboran Raimundo Patiño e Luís Seoane, en-tre outros.

Póster 1

Póster 4

Page 7: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• � •

A figura de Novoneyra é a dun artista comprometido socialmente dentro do antiimperialismo. Un ARTISTA con maiúsculas que combina numero-sas facetas, non unicamente a poética. Así, realiza diferentes caligramas e gravados, tanto en lenzo coma en pedra, e non esquece nunca a dimen-sión recitada e mesmo musical e coral da poesía, que está presente en moitas das súas obras, como se os seus poemas se concibisen para seren representados e percibidos polos sentidos desde o efecto que provoca o fonosimbolismo.

A súa linguaxe poética reproduce a fértil variante dialectal courelá, onde a natureza sobrevive en eclosión estacionaria permanente e desde un compromiso inequívoco coa lingua galega, a quen define como “o único sitio onde seguen vivos os antepasados”.

A última etapa da vida de Uxío Novoneyra, a partir da década dos oitenta, transcorre en Compostela. Preside a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a súa obra comeza a ser destacada e referenciada pola crítica galega como representante do canon poético galego.

Reorganiza tematicamente a súa obra, tanto a de carácter social e po-lítico coma a metapaisaxística, e publica Muller pra lonxe (1986), unha obra intimista na que se mesturan os poemas con diversos caligramas e ilustracións do pintor lugués Carlos Pardo Teijeiro, e Do Courel a Com-postela (1956-1986), editada en 1988 por Sotelo Blanco, que recolle unha antoloxía de poesía de temática política. Así mesmo, realízase a tradución ao éuscaro nunha versión bilingüe titulada Bazterrak/Os Eidos I e II, da autoría de Koldo Izaguirre.

Finalmente, os anos 90 son a última etapa creativa do autor na que, no entanto, se continúa a estudar e a reeditar a obra anterior. Publica na edi-torial Espiral Maior Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras, unha reaparición poética que se completa con Camelio Xapo-nés, no que se reúnen varios xiikas (versos xaponeses) de Ayaku Sugitane, en versión bilingüe galego-xaponesa.

Unha última e inauguradora faceta do autor é a contribución á literatura infantil e xuvenil con obras como O cubil do xabarín, Gorgorín e Cabezón e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998).

Aparece nesta etapa final o ensaio titulado Dos soños teimosos (1998), xa pouco antes do seu falecemento, acontecido o 30 de outubro de 1999, e onde o autor vai debullando os seus pensamentos e a súa concepción ao redor da arte. Publícase ademais unha obra póstuma co título de Arro-deos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, con fotografías de Fe-derico García Cabezón e algúns textos caligráficos de Uxío Novoneyra.

Page 8: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• � •

ACTIVIDADES1. Extrae, a partir dos carteis, os datos máis significativos da biografía do

autor.2. Identifica nestes carteis as persoas máis achegadas á vida do poeta e

constrúe a súa árbore xenealóxica persoal, ascendente e descendente.3. Localiza referencias á vida e á familia de Uxío Novoneyra nos distintos

poemas da obra Os Eidos.4. Busca información sobre o autor homenaxeado no portal da Real Aca-

demia Galega, www.realacademiagalega.org, e indica quen era e por que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

5. Nomea as principais cidades e lugares onde desenvolve o autor home-naxeado o seu labor artístico.

6. A que actividades se dedicou mentres estaba en Madrid?7. Pescuda se no lugar onde vives hai algún espazo público ou rúa que

leve o nome do poeta. 8. Escribe en dúas columnas substantivos e adxectivos que cualifiquen os

dous espazos –urbano e rural– vinculados ao autor que están fotogra-fados no cartel 1.

Póster 2. O CourelO Courel, ademais de ser o lugar de nacemento de Uxío, é un dos máis grandes eixes temáticos da súa obra. Nel encontra esa comuñón coa na-tureza, tan importante no labor creativo, ese recollemento, ese silencio necesario para a reflexión interior, na propia esencia. A contemplación da natureza, a éxtase mística e o silencio tan presente na súa obra.

O illamento, a comuñón coa natureza, o paso do tempo, das estacións, o inverno no Courel con todo o que significa, a práctica inmobilidade outra vez, o silencio, a quietude, a calma. A fauna, a flora, o son da auga, o piar dos paxaros, o caer das landras, ramas que se estremecen ao paso dos esquíos ou ao elevar o voo as aguias.

A cor da natureza, diferente nas estacións, branca no inverno, verde no verán, e de múltiples e infinitos tons na primavera e no outono. Esa cor que che entra polos ollos e que empequenece o ser humano, a inmensi-dade da aba do monte.

Os camiños, os lugares, a devesa de Rogueira, o monte Cido, Campa de Lucenza, monte do Faro..., camiñar, ir aos eidos onde ninguén está, no medio do bosque, da natureza e do silencio.

ACTIVIDADES1. Fai un mapa onde aparezan os principais topónimos que nomea Uxío

Novoneyra nos poemas do cartel.

Póster 2

Page 9: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• � •

2. Indica as características da flora e da fauna do Courel. 3. Estuda a climatoloxía, a hidrografía e a orografía da zona. Que carac-

teriza a serra do Courel desde o punto de vista xeolóxico?4. Ultimamente, o Courel está a ser noticia nos medios de comunicación

por ser unha zona natural en perigo. Investiga cal é a razón na heme-roteca, impresa e dixital, dos principais diarios galegos.

5. Realiza un estudo dos utensilios de labranza usados na actualidade na zona do Courel e compáraos cos usados na nenez de Uxío na súa casa. Hai algunha distinción cos da túa zona?

6. Analiza a métrica dos tres poemas que aparecen no segundo cartel.7. Que corrente de pensamento e que temática pensas que aparece

nos versos: “Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe/ ¡Eiquí síntese ben o pouco que é un home!...?”.

8. En que estación do ano están sacadas as fotos do cartel? En que te baseas?

Póster 3. Os amigos“A miña valoración de Uxío como poeta galego é moi positiva. Xa unha das súas primeiras composicións, a titulada “Poema dos ca-neiros”, é un texto maxistral e antolóxico. Nel a suxestión do deva-lar de ondas e tempo está perfectamente lograda co fluír e refluír dos sons das palabras en perfecta harmonía e eufonía. O amor reta á morte e á razón lóxica con viño, con viandas, con mulleres.Cando eu, no 1982, dixen que xa non me apetecía seguir de pre-sidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, el, de bo xorne, substituíume, e, sempre de bo xorne, ano tras ano, foi man-tendo con dignidade e eficacia ese cargo de presidente e morreu como tal”.

Bernardino Graña

“Con Uxío Novoneyra acontece a milagre de que a natureza tome voz propia. O poeta do Courel recolleu os ritmos da paisaxe, a so-noridade da natureza. A expresividade anónima e anterga da to-ponimia, tatuando o nome do lugar, rexistrando a intimidade coa natureza, nunha simbiose panteísta. A Novoneyra hai que o poñer xunto con Rosalía a gardar o segredo e a maxia das palabras. Son un prisioneiro da lingua: dicíalle a Elba, el que era todo liberdade. Novoneyra é un artesán da soidade das verbas”.

Antón PatiñoPóster 3

Page 10: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• � •

“Os Eidos, a súa primeira obra onde xa se revelan ás claras os ele-mentos definitorios da súa poesía: home espido fronte á Terra, ante a que vai deixando devalar unha manchea de emocións. A súa profundidade emotiva é nova na poesía galega. Ten un esti-lo sobrio, próximo á sentenza, aínda que ás veces denso e para-doxal”.

Antonia López García “Desde debaixo da tona da serenidade silandeira xurdía o estou-pido volcánico da ira cando algo era inxusto”.

Pepe Cáccamo

“O Uxío Novoneyra escritor foi eminentemente un poeta, pero ta-mén era un excelente narrador. Nas súas conversas espontáneas e naturais asomaba unha forza narrativa extraordinaria e engaio-lante: era unha auténtica festa oír as súas palabras”.

Xulio Cobas BrenllaACTIVIDADES1. Investiga e comenta os lugares nos que Novoneyra ten relación cos

personaxes que aparecen no cartel. 2. Describe a traxectoria literaria de Méndez Ferrín. Que representa para

a cultura galega? Busca información sobre a obra poética máis re-coñecida dese autor, Con pólvora e magnolias. Que relación tiña con Uxío Novoneyra, persoal ou profesional?

3. Fai un comentario da contribución á cultura galega e ao galeguismo, en diferentes períodos cronolóxicos, de: Otero Pedrayo, Bernardino Graña, Manuel María e Ánxel Fole.

4. Que é unha elexía? A partir das elexías que aparecen no cartel, co-menta a relación do poeta coas persoas que aí se nomean.

5. Segundo a estrutura da elexía, pensa nun personaxe que admires e intenta escribirlle un poema a partir dos modelos de Novoneyra.

6. Explica e comenta os seguintes versos: Esta tarde o aire é meu amigo, Voume sumindo sumindo. Si o aire quer chegarein a non ser ninguén.

Cal é a letra que máis se repite? Para que cres que fai isto? Que recur-so estilístico é o que se emprega?

7. “Chegarein” é unha forma verbal que presenta un trazo dialectal tipi-camente característico. A que variante pertence? Que outras caracte-rísticas lingüísticas son propias dese bloque dialectal?

8. Agrupa os escritores galegos que aparecen nas imaxes segundo a súa pertenza a unha xeración literaria. Logo elabora un esquema que recolla as características principais das distintas xeracións literarias de posguerra e fai unha exposición oral na aula.

Page 11: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 10 •

Póster 5. Uxío polifacéticoO noso autor, Uxío, pertence a ese tipo de persoas de grandes inquedan-zas, que non se contentan con acometer soamente unha faceta da arte, senón que buscan ir máis aló. Unha mestura de todas as artes nunha, un buscar o límite das propias posibilidades. Unha experimentación cons-tante con diversos materiais e técnicas; en definitiva, a procura da súa propia esencia.

Na súa faceta máis coñecida, a de poeta, incorpora os caligramas. Estes, como representación visual e plástica de grafías, teñen unha forza expre-siva moi forte e permiten a súa inclusión dentro da obra dunha forma continua e sen alteracións desta.

Da súa atracción pola filosofía zen, xorde a colaboración coa poeta orien-tal Ayako Sugitani. Ambos son coautores do poemario bilingüe Camelio xaponés, no que Novoneyra realiza tres xiikas que serán traducidas ao xaponés.

Pero Uxío Novoneyra non é só un escritor. Os gravados, en distintos materiais, están presentes na súa produción artística. Por outra banda, as colaboracións, sobre todo pictóricas ou fotográficas, nas súas obras confírenlles a estas unhas características singulares, moitas veces in-confundibles, e que reflicten o espírito polifacético do autor; esa ansia por coñecer cada día un pouco máis dos materiais, das técnicas e por experimentar novos rexistros artísticos.

ACTIVIDADES1. A que nos referimos cando dicimos que Uxío Novoneyra é un au-

tor polifacético e non só un escritor? Indica as diferentes manifes-tacións artísticas nas que participou.

2. Que son os caligramas?3. Infórmate sobre eles e comenta:

- Cando aparecen na literatura universal?- O poeta Manuel Antonio foi un dos introdutores dos caligra-

mas na literatura galega. Busca algún dos seus caligramas e có-piao no caderno. Cales son as obras máis representativas deste autor e cales son as súas características fundamentais?

- Busca exemplos de caligramas de autores máis actuais das no-sas letras.

- Que importancia teñen nas vangardas europeas e galegas? 4. Que é a poesía visual? Busca exemplos. 5. As obras do cartel son pinturas ou gravados? Razoa a túa resposta.

Que che suxiren? Podes ver outros gravados do autor se visitas a súa páxina web: http://www.uxionovoneyra.com.

Póster 5

Page 12: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 11 •

Póster 6. Obra literariaA obra literaria de Uxío comprende dende a poesía visual e os ca-ligramas, ata obras de temática intimista, coma Muller pra lonxe, ou existencialista, presente en case toda a súa produción. Asemade, na súa obra están sempre presentes os xogos de palabras e o fonosim-bolismo.

En Os Eidos e Os Eidos 2, as súas dúas obras capitais, é onde atopamos o Uxío en toda a súa plenitude. Nestas obras, o poeta pasa moitas veces de temas paisaxísticos a existencialistas ou conxuga ambos en figuras como o lobo, o xabaril, os paxaros, a aguia, o brelo...

A produción de Uxío ten unha grande unidade, tanto naquelas obras nas que prima a colaboración con outros artistas, sobre todo plásticos (Laxeiro ou Cabezón, por exemplo), e outras nas que é a poesía o único eixe da obra.

No final da súa vida, cultivou o ensaio en Dos soños teimosos (Ed. Noiteren-ga, 1998). E tamén fixo literatura infantil e xuvenil en obras coma O cubil do xabarín (Edelvives, Zaragoza, 1991) ou Gorgorín e Cabezón (Edelvives, Zaragoza, 1992). Tivo unha obra póstuma de título Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (Hércules Ediciones, A Coruña, 1999).

Para máis información, consultar a crono-bio-bibliografía de Uxío Novo-neyra, http://www.cirp.es/pub/docs/crp/crp14.pdf, en Cadernos Ramón Piñeiro (XIV). A casa! o val! a patria homilde! Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1999), que o Centro de Investigación Ramón Piñeiro de Investiga-ción en Humanidades vén de publicar en homenaxe ao autor.

Por que escritor?“Por que escritor?... Quizabes por unha desmesura do soño. Por un desmandarse, por un anteporse dos soños máximos.

Grande é a soidade de todo ser humano e non só a miña por vivir nove lustros no Courel/A certa idade é mellor medir o tempo por lustros, como facía Horacio en A Cínara/. Grande é a soidade e por iso tamén grande é a tentación de pecharse a soñar. Ou de abrirse a soñar. E máis cando toda a segunda infancia, toda a adolescen-cia, toda a mocidade, “as sete mocidades”, quedaron inscritas na Ditadura....

Póster 6

Page 13: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 12 •

Xa está dito que soñar é crear. Máis cómpre reasumilo. Soñar é descubrir posibilidades certas. Case sempre soñamos posibles necesarios. Case nunca soñamos imposibles, aínda que só sexa por esa discreción que nos impón a Historia.

Posibles necesarios e difíciles. Difíciles só porque están en choque con intereses creados e coa simple inercia. ...

A palabra viva, a escrita de creación, permitía, permitiume, a pro-seución do soño máximo como única realización dun home sen poder, nun pobo sen poder. A escrita de creación, como unha for-ma de autosuficiencia, blindábame e sen arredarme permitíame seguir ou non dimitir. Un poeta pouco máis precisa se o alenta a plenitude interior. Se está ben asistido pola memoria individual, pola memoria colectiva, pola memoria profunda, polo soño do futuro, pola potencia da mocidade./Os poetas gozamos e sufrimos dunha incurable mocidade/. E máis se, por riba de todo iso, un ten o nó, o problema de perten-cer a un pobo sen estado de patria-lingua ameazada. Entonces si que xa se xustifica toda a desmesura no soño e na renuncia por transformar o Mundo e salvar o Seu Común, o Noso Común.

Amais de estar posuído polo soño da plenitude humana e da liberdade, polo soño de cambiar o Mundo, un está secuestrado pola patria. E isto si que o pon en forte punto. E máis por tratarse dun poeta que é o ser máis dependente da propia Lingua....

Iste é o don e a menesterosidade dos poetas tamén aquí no País do Fin do Mundo, tan concretamente manipulados polos que o din misterioso. Aquí aínda se acai a profecía, a palabra que di e a palabra que convoca. A palabra crítica, e a palabra tamén como entusiasmo e festa. A palabra como queira.

Aínda concibo a función do escritor como función máxima e no caso galego a Literatura como misión, como gardadora do pasado, como veladora e como adianto do porvir, aínda que só se adianta o que xa está en nós. O feito de que Galicia sexa unha nación sen estado, mal articulada e representada, carga moita responsabili-dade no escritor. Demasiadas vaguedades cando se fala do dema-siado próximo, cando se fala sen unha mínima distancia”.García Negro, P.: “Uxío Novoneyra visto por el propio”, Escrita contemporánea, n.º E (extracto das palabras textuais do autor).

Page 14: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 1� •

Pode consultarse o artigo completo en: http://www.aelg.org/resources/publications1193125439745Escri-taContemporanea5.pdf

ACTIVIDADES1. Cantas portadas de libros atopas no cartel 7 de Uxío Novoneyra? A

obra Antoloxía poética ten unha estética máis sobria. Infórmate sobre o seu contido. É da súa autoría igual ca os outros? Que ilustración lle poñerías para completalo?

2. Copia a listaxe cronolóxica das obras que aparecen na imaxe e di onde foron escritas (O Courel, Santiago, Lugo, Madrid…).

3. Comenta a autopoética: “Por que escritor?” Con que obxectivo se escriben as autopoéticas? Procura na rede algún texto autopoético doutros autores e autoras galegas.

4. Le a Carta a Novoneyra. Que relación tiña Francisco Álvarez Koki con Uxío Novoneyra?

5. Que valor ten para ti que a obra de Novoneyra fose traducida ao éus-caro?

6. Procura na biblioteca do teu centro ou do teu lugar de residencia se dispoñen de obras clásicas universais traducidas para o galego.

7. Consulta nos enlaces dixitais das editoras galegas dez títulos de litera-tura galega que estean traducidos a outras linguas. Anota en tres co-lumnas, no teu caderno, o nome dos autores ou autoras, os títulos e a lingua ou linguas ás que foron traducidos.

8. No seguinte enlace: http://www.aelg.org/Centrodoc/GetParatextById.do?id=paratext2923, podemos visualizar unha síntese biobibliográfi-ca de Novoneyra en varios idiomas. De que idiomas se trata? En cales destes idiomas te podes comunicar? Cales destes estás a estudar? Con-sideraríaste unha persoa monolingüe, bilingüe ou plurilingüe?

Póster 7. Poesía da terra

O metapaisaxismo“... os poemas coureláns van aínda máis alá e preséntannos unha vivencia total –física, sensual e mental– da natureza, que lle dá á obra un extraordinario valor cultural e antropolóxico. Efectiva-mente, esta peculiar vivencia do contorno natural parece ser unha nota característica da tradición autóctona galega, segundo nos demostra a antropoloxía. Da mesma maneira, está moi presente na propia literatura galega, polo menos nunha corrente cultural que se remonta á lírica dos cancioneiros medievais, pasa polas creacións da literatura folclórica e maniféstase en individualida-des da literatura contemporánea, como Rosalía de Castro, Eduar-do Pondal, Otero Pedrayo ou Xohana Torres. Por outra parte, non podemos esquecer a xa longa tradición da denominada escola Póster 7

Page 15: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 14 •

paixasística da provincia de Lugo, na que se inclúen autores, al-gúns deles tan distintos como Manuel Leiras Pulpeiro, Antón No-riega Varela, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé Crecente Vega, Xosé María Díaz Castro, Manuel María e o propio Novoneyra.A poesía do noso escritor sitúase nas coordenadas histórico-cul-turais devanditas, mais sobresae polas especiais características do seu persoal canto telúrico. As ditas peculiaridades fan que esta obra responda a unha poética que denominamos metapaisaxís-tica; isto e, unha poética que versa sobre a natureza en sentido amplo, sen buscar a súa descrición física, senón procurando nela o sentido último das cousas, da humanidade e da propia indivi-dualidade. Neste mesmo xeito, radica tamén a dimensión ecolóxi-ca, básica no ciclo courelán”.

Os Eidos. Introdución. Edición de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco. Ed. Xerais.

ACTIVIDADES 1. Que é o metapaisaxismo? Que é o hilozoísmo? Busca autores da literatu-

ra universal que fosen propulsores destas correntes. 2. Sinala no póster as principais características do metapaisaxismo e cita

versos concretos dos poemas dos diferentes autores. 3. Por que temos no cartel 8 unha poesía de Rosalía de Castro? Investiga

a influencia desta autora no metapaisaxismo. Que recursos literarios de repetición sintáctica se ven neste coñecido poema?

4. Escoita o poema de Rosalía de Castro interpretado por Amancio Prada.5. Que teñen en común os poemas de Uxío Novoneyra que aparecen no

recadro azul do póster? A quen fan referencia? Que recurso estilístico se repite?

6. Indica cales son os fonemas máis recorrentes no texto “Vendo i ouvindo o río”.

A partir desta observación, xustifica razoadamente en que sentido esa pre-senza reiterada deses sons contribúe ao contido semántico do poema.

7. Utiliza os exemplos que extraíches do texto para contestar a anterior pregunta e redacta unha definición detallada dos recursos estilísticos: a onomatopea e o fonosimbolismo.

8. Sinala que elementos temáticos podemos considerar comúns entre os textos de Noriega Varela, Aquilino Iglesia Alvariño, Rosalía de Castro e Novoneyra deste cartel. Indica tamén que características poderían ser identificadoras exclusivamente de cada un deles.

9. Escoita neste enlace a Letanía de Galicia e outros poemas na propia voz de Uxío Novoneyra:

(http://www.aelg.org/Centrodoc/ShowMediaLibraryVideo.do?videoType=5&id=obra1411&orderIndex=4&workTitle=Os+Eidos+2.+Letan%eda+de+Galicia+e+outros+poemas&author=Novoneyra%2c+Ux%edo&collective=false&reader=Novoneyra%2c+Ux%edo)

Page 16: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 1� •

Póster 8. Os EidosO chamado ciclo courelán de Uxío comeza con Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955) e Os Eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974). Posteriormente, no ano 1981, o autor une estas obras nunha soa, con modificacións, e titúlaa: Os Eidos. Libro do Courel.

A auga, o aire, a neve, o sol morno, o lobo son temas recorrentes ao longo do libro. Permítenlle ao autor expresar a súa vivencia de comuñón íntima coa paisaxe que o rodea e mostrar entón as súas máis íntimas, como en “cae a tarde baixiño i o corazón sínteo”.

O fonosimbolismo tamén está presente en gran parte da obra e o poema máis característico é o que comeza por “No bicarelo do bico do brelo...”. Esta repetición de sons intentará dalgún xeito evocar aquilo sobre o que o poema trata, así a caída da neve, “falorpiña a falorpiña”, xa nos evoca ese caer lento. Noutros casos, pode ser a auga como en “Naz a auga su as abrairas...”, ou a forma dos animais, como en “O lobo! os ollos ao lombo do lobo”.

Así mesmo, en Os Eidos móstrasenos unha natureza que envolve o home ata convertelo en algo pequeno, insignificante, que é transcendido pola paisaxe, tal como se recolle en:

“COUREL dous tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben ou pouco que vale un home...”

(Uxío Novoneyra, Os Eidos)

Para rematar, Os Eidos é unha das obras centrais de Uxío Novoneyra, na que se combinan practicamente todos os elementos clave do seu labor creativo, tales como o fonosimbolismo, a poesía da terra e o existencia-lismo.

ACTIVIDADES1. Explica que é un eido.2. Busca o recurso literario da aliteración ou do fonosimbolismo nos

poemas que aparecen no póster e indica a que sentimentos poden referirse.

3. Identifica os animais que aparecen nos poemas e fai un estudo sobre os seus costumes na nosa terra.

4. Relaciona os hábitos do lobo cos poemas de Uxío Novoneyra que aparecen no cartel.

5. No poema “Cumes mouros das aigas”, realiza a análise métrica e busca os recursos estilísticos que nel aparecen. Cal é a súa temática? A que corrente literaria, iniciada por Noriega Varela ou Iglesia Alvariño, po-dería adscribirse?

Póster 8

Page 17: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 1� •

6. Ponlle música a algún poema. Que estilo cres que é o máis conve-niente? Por que?

7. Relaciona as poesías coas imaxes correspondentes.8. Do poema: “No bicarelo do bico do brelo”.

- Escoita distintos sons de paxaros e adiviña cal sería ao que está de-dicado o poema. Como pía?

- A quen vai dedicado o poema e que significado e importancia ten. - No enlace: http://sondepoetas.blogspot.com/2008/01/no-bicare-

lo-do-bico-do-brelo.htm, podes escoitar este breve poema nunha versión musicada polo grupo galego Na Virada. Poderiades prepa-rar vós, coa axuda do profesorado de música, unha versión propia?

Póster 9. Poesía intimistaNo intimismo, a través de formas de expresión líricas e subxectivas, o eu poético interrógase sobre a súa propia existencia, sobre o amor e a súa problemática. Son as reflexións dun ser sobre o mundo e incluso a proxi-midade á dor e á aflición que nacen da soidade, da morte.

O intimismo en Novoneyra nace da súa vivencia telúrica no Courel, alí no medio do monte elabora a súa visión propia da vida, do home e da natu-reza, o que lle confire á súa obra unha dimensión, que a fai inseparable en moitos casos, entre intimismo, poesía da terra e existencialismo.

A simplicidade e o silencio son tamén outros temas na súa obra. Son de grande actualidade, ao estar relacionados co movemento Menos é máis en relación co medio e o aforro de recursos naturais, algo de grande im-portancia nos nosos días, unha canle de unión entre a poesía intimista e a social.

ACTIVIDADES1. Que se entende por poesía intimista?2. Características da poesía intimista de Uxío Novoneyra.3. Comenta dende o punto de vista da poesía, e en concreto da poesía

visual, o poema “Canto para ter favores de Venus”.4. Fai un estudo dende o punto de vista artístico e da composición dos

caligramas de Novoneyra (tipo de letra, grosor desta, trazo e forma). 5. De quen son os debuxos da obra Muller para lonxe.6. Dende o punto de vista da poesía visual, comenta o poema que co-

meza “Todo floxo e sin áneto”.7. Recita en alto os distintos poemas que aparecen no cartel 12.8. Xustifica a predominancia da primeira e da segunda persoa gramati-

cal nestes textos. De que xeito está relacionado isto coa subxectivida-de que se lle presupón á lírica como xénero literario?

Póster 9

Page 18: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 1� •

9. Sinala todas as referencias á beleza feminina e á gabanza da muller amada que atopes nestes textos. Relaciona esta característica propia da temática amorosa cos tópicos literarios da donna angelicata e da descriptio puellae.

10. Lembrarás que na lírica medieval o poeta amosaba unha actitude de inferioridade e submisión con respecto á dama da cal estaba namora-do. Ao mesmo tempo, producíase tamén un proceso de divinización da muller. En cal destes textos consideras que Novoneyra presenta este influxo medieval? Xustifica a túa resposta.

11. No enlace: http://sondepoetas.blogspot.com/2010/03/fiandeira-na-morada-uxio-novoneyra.html, podes atopar unha versión moderna musicada polo cantante Xabier Díaz a partir do poema de Novoneyra “Fiandeira namorada”, en que mestura estes versos con outros pro-pios dos cantantes galegos populares. Coñecías este músico galego? Preparade, en pequeno grupo, unha presentación sobre el e o seu traballo musical e facédelles unha exposición oral aos compañeiros e compañeiras da aula.

Póster10. Poesía social 1O compromiso social de Novoneyra co pobo galego é froito da realida-de sociocultural de Galicia que viviu o autor. O poeta, fillo de labregos, nace en 1930 e, polo tanto, de neno viviu a Guerra Civil e a represión tras a ditadura. Esta vivencia reflíctese nunha das súas máis grandes obras, a chamada Letanía de Galicia. Esta obra está escrita para ser reci-tada como unha ladaíña ou un rosario. Unha vez máis, temos unha das características da poesía de Novoneyra, que é que moitas veces debe ser representada ou mesmo cantada.

No póster amósase esta realidade da que estamos a falar, a Galicia ma-riñeira, labrega, traballadora, que é a que mantén vivo o idioma nesas datas. A Galicia que ten que traballar arreo para sobrevivir, onde inda non chegou totalmente o desenvolvemento. Uxío identifícase con es-tas persoas con frases como “todo o que lle pasou ao home pasoume a min” ou de esperanza “sabemos que o home pode ser outra cousa”.

A década dos 50 supón un afianzamento da verba como arma con-tra as inxustizas sociais. Aires de solidariedade cos que sofren per-corren as páxinas poéticas en galego. Porén, a nosa literatura vence o seu primixenio carácter localista con respecto á poesía de de-nuncia. Os autores de mediados do século XX deseñan un discurso máis universal e, sen deixar de lado os problemas especificamente galegos, serán voceiros tamén da dor doutros pobos que sofren a opresión imperialista e capitalista. Novoneyra non queda á marxe destas preocupacións e préstalles a súa voz aos oprimidos deste

Póster 10

Page 19: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 1� •

mundo. A súa denuncia recolle a indignación ante o masacre nor-teamericano en Vietnam ou a preocupación xeral diante do golpe de estado en Chile.

Ao mesmo tempo, Novoneyra eríxese en continuador da liña de denun-cia social máis localista iniciada xa no Rexurdimento e retoma temas xa clásicos, como a miseria das clases populares galegas, a fame e a lacra da emigración. A solidariedade de Novoneyra maniféstase, polo tanto, cara ao seu contorno máis próximo (“Todo o que pasou o meu pobo pasoume a min”), pero tamén desde unha óptica universal (“Todo o que pasou ó home pasoume a min”).

Con este paso, os poetas dos 50, sen perder o seu sentido de patria, alzan o seu ollar por encima de todas as fronteiras, entendendo que a patria dos oprimidos non ten límites e que se estende máis aló da propia terra.

A dialéctica manexada agora, polo tanto, adquire un sentido máis glo-balizador; co cal, o poema pode constituírse en moitas ocasións nunha alegación contra as relacións de poder establecidas, ante as cales o indi-viduo se desmarca de maneira desafiante (“só teñen de noso os nosos nomes no censo”).

Novoneyra percibe en si mesmo como poeta esa necesidade de consti-tuírse en voceiro (“De tanto calar xa falo eu solo”), posto que considera que unha actitude temática evasiva ou non comprometida lexitima e fortalece as relacións de opresión que está a observar nun mundo casti-gado por todo tipo de totalitarismos.

ACTIVIDADES1. Busca no póster a información necesaria para explicar a influencia de

Uxío na súa sociedade e o compromiso coa xente e con Galicia.2. Transcribe o caligrama que aparece en vermello e analiza o seu signi-

ficado.3. Baseándote nos textos que aparecen, comenta as agresións á liber-

dade de expresión e pensamento que poidas atopar hoxe en día.4. Na poesía “Letanía de Galicia”, explica o que percibes a simple vista.

Por que cres que destaca en maiúsculas unha palabra? 5. Escoita este poema na voz do autor en: http://www.uxionovoneyra.

com/poemas.html. Recolle agora unha ladaíña das que se rezan tra-dicionalmente na túa comarca e compara a forma de rezala co recita-do de Uxío.

6. No texto: “Todo o que pasou...”, a que se refire?, con que o relacionas? 7. Elabora unha listaxe de puntos reivindicativos que poderiamos ex-

traer do texto “Letanía de Galicia”. A partir desta análise, redacta un

Page 20: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 1� •

informe sobre a situación de Galicia que se manifesta nestes versos. Indica polo menos outros tres autores galegos que abordasen temas semellantes de denuncia ao longo da súa obra. Achega exemplos concretos.

8. Sinala que elementos vangardistas, tanto tipográficos coma de dis-posición métrica, está a utilizar Novoneyra neste texto. De que xeito contribúen a potenciar a súa mensaxe?

9. No texto “Todo o que pasou ó meu pobo..., de que maneira manifesta Novoneyra unha intención de compromiso social na súa obra? Cal é a súa actitude como autor literario neste sentido? Que textos seus confirman esta declaración de intencións? Xustifica a túa resposta.

Póster 11. Poesía social 2A chegada das tropas soviéticas e das aliadas a Berlín aconteceu sendo Uxío un mozo. Pero a Segunda Guerra Mundial nunca chegou a rematar de todo, pois os aliados non deixaron Berlín oeste e a situación supuxo o comezo da chamada Guerra Fría, que non rematou ata a caída do muro de Berlín en 1989. Conflitos coma o de Corea inda seguen pendentes. Neses anos, desenvolveuse a carreira armamentística, con ensaios nucleares en-tre as dúas (e outras) grandes potencias, EEUU e a URSS. Esta época estivo ateigada de conflitos, a revolución cubana capitaneada polo Che Guevara, e que levou ao cabo do tempo á crise de mísiles entre EEUU e Cuba en 1962, onde a piques estivemos de rozar o desastre.

O maior conflito acontecido neste período da Guerra Fría seguramente sexa a chamada guerra do Vietnam, entre o Vietnam do sur, apoiado por EEUU, e o Vietnam do norte, comunista e apoiado pola URSS. Os EEUU usa-ron unha forza desmesurada para tratar de dobregar o inimigo, pero non puideron facelo e abandonaron a contenda definitivamente no ano 1975.

Uxío viviu estas experiencias dende unha perspectiva antiimperialista e creou as composicións “Pranto polo Ché” e o máis famoso “Vietnam can-to”. Outro dous escritores moi comprometidos coa defensa do pobo de Vietnam do norte e o antiimperialismo americano foi Celso Emilio Fe-rreiro, que o manifestou no seu poema “Digo Viet Nam e basta”, recollido tamén no póster. Eran os tempos do pacifismo, do maio do 68 e da prima-vera de Praga, unha das épocas máis intensas da historia.

Na poesía de Uxío Novoneyra, o ano 1968 é o paso fronteirizo entre o intimismo da poesía da terra e a poesía civil cara a que vira o poeta, como adiantaran xa, en parte, as Elexías.

O poema “Viet Nam canto” manifesta a oposición conceptual liberdade-opresión. Nel hai trazos de estética beatnik e a disposición visual do poe-ma adquire moita importancia.

Póster 11

Page 21: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 20 •

Viraxe cara ao verso político“Mais Novoneyra, espírito independente e singular, torceu a propó-sito o rumbo polo que eses sectores tiñan interese en que navega-se sen se desviar nunca.

O illamento no Courel dende 1952 a 1962 por razóns de tipo médi-co, primeiro, e a estadía madrileña entre 1962 e 1966, despois, de-terminaron unha evolución persoal, estética e ideolóxica, na que os influxos sucesivos dos pintores Carlos Maside e Raimundo Patiño moito teñen a ver, que desembocou na adhesión máis ou menos formalizada ao grupo Brais Pinto e no abrazo do pensamento na-cionalista galego, en clave revolucionaria e anti-imperialista.

O cantor dos tesos cumes courelaos, sen abandonar ese motivo recorrente e esencial na súa poesía, abriu a partir de 1953 novos campos temáticos e formais para a súa obra, como estudou Anto-nia López García no volume Os camiños do soño (1993), e pasou a traducir a Mao Zedong para o galego, a declarar a Folga Xeral con-tra da Historia e a escribir contra a guerra do Vietnam (“un pobo como é o meu”); contra o poder, que só tiña dos individuos de con-ciencia libre os nomes no censo; contra a Galicia atrelada, triste e calada á forza; contra a prisión do militante antifranquista Daniel Pino e o encadeamento de Paco Rodríguez; contra a morte do Ché Guevara, mais tamén a prol do Chile metrallado, do Manuel de Ri-badaira paseado no Courel no 36, da Rosalía que clamou pola nosa Patria furando a noite, do Amador e Daniel que se ergueran cedo aquel 10 de marzo do 72 e do Raimundo Patiño que ficou morto co seu aquel fero, como trabando a historia... “Son eu trobadores do pensar / que non se debe ter por trobador / trobador que troba por trobar”.

Paralelamente, produciuse no noso autor unha identificación ab-soluta e militante coa causa do idioma, “verbo verdadeiro que fala o pueblo”, por máis que razóns editoriais o levasen a publicar na colección Adonais (Ed. Rialp, Madrid, 1966), en formato bilingüe, o libro Elegías del Caurel y otros poemas. Sobre a transcendencia da continuidade da lingua, Uxío ten escritas reflexións coma esta, ben reveladoras do seu compromiso ao respecto: “A Fala é o úni-co sitio onde seguen vivos os antepasados, a única forma audible de supervivencia. Quizais por isto a Lingua ten esa cousa que ten, ademais de valer para a comunicación.

Certamente que ten algo [...]. Ese algo é a pervivencia de todo o pasado memorial e inmemorial referido a ti e aos teus.…..

Page 22: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 21 •

Uxío tivo que afrontar e encaixar, cónstanos que non sen desgus-to, o propositado esquecemento en que nalgunhas historias e libros de texto sobre a nosa literatura colocaron os seus poemas máis sociais e políticos (a “Letanía de Galicia”, o “Vietnam canto”...). Marxinación ou esquecemento este realmente inxusto e inxusti-ficable, pois eses poemas foron sen lugar a dúbidas iniciadores, antes da pólvora e da magnolia ferriniana e antes tamén do Se-raogna de Pexegueiro, dun tipo de poesía que, sendo abertamen-te “social” (preocupada do devir colectivo, desexosa de incidir nel, sensible ás traxedias da humanidade), transitaba ao mesmo tem-po, con toda a intencionalidade, por camiños de renovación, ex-perimentación e indagación formais ben afastados do prosaísmo de certa poesía social-realista, tirando inspiración na liña beatnik, retomando elementos surrealistas e expresionistas, recreando o espírito dos haikus orientais (véxase o estudo ao respecto de Consuelo García en Grial, n.º 106) e abríndose a linguaxes e for-mas tomadas das artes plásticas, como puxeron de manifesto en diversos estudos Rodríguez Fer e Carmen Blanco”.

Ínsua, E. X., “Algunhas reflexións sobre a figura e a obra de Uxío Novoneyra”, Uxío Novoneyra. A emoción da terra,

en Escrita contemporánea, n.º E. (A Coruña: AELG). http://www.aelg.org/resources/publications1193125439745Es-

critaContemporanea5.pdf

ACTIVIDADES1. A primeira vista, con que relacionas este póster? 2. Recitade todos a un tempo o poema “Vietnam Canto”.3. Comenta a forma da poesía “Vietnam Canto”.4. Le a poesía do Che e fai un estudo do personaxe. Que compartía con

Uxío? 5. Baseándote na foto de Uxío que está nunha ventá e no texto, fai unha

reflexión sobre o acontecido na Guerra Civil española.6. Reflexiona sobre o que é a guerra, baseándote no poema de Curros

Enríquez. 7. Comenta a poesía de Celso Emilio Ferreiro.8. Identifica os elementos tecnolóxicos que aparecen no cartel e o seu

“mal” uso. 9. Analiza a imaxe da bomba atómica: que país ou países foron os pri-

meiros en usala? Que científico exclamou: ”Si sei que ía pasar isto. Nesta vida sería fontaneiro”?

10. A partir da investigación da figura do Che Guevara e da súa contex-tualización histórica, indica de que forma se pode considerar que Novoneyra é un poeta preocupado polos problemas da súa época. Trata de facer, como conclusión, algunha reflexión sobre a situación política e social reflectida no texto.

Page 23: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 22 •

11. Establece os puntos temáticos comúns entre os textos “Vietnam Can-to” (de Novoneyra) e “Digo Vietnam e basta” (de Celso Emilio Ferreiro). Que acontecementos da nosa actualidade cres que espertarían nes-tes autores unha actitude de protesta semellante?

12. Enumera as influencias vangardistas que se manifestan en “Vietnam Canto”. Tenta xustificar de que xeito contribúen a potenciar o contido do texto. Fai tamén unha análise do fonosimbolismo neste texto.

13. Propoñemos unha actividade na que vós mesmos escollades un tema que vos indigne e escribades un poema de denuncia. Achegade tamén unha imaxe ou debuxo que ilustre o voso texto. Co conxunto deses poemas elaboraríase un libro que se podería repartir a final de curso entre a comunidade escolar.

14. Achega máis exemplos de poesía explicitamente antibelicista na lite-ratura galega.

15. Despois da observación do Guernika de Picasso, deduce de que xei-to as vangardas nas artes en xeral se poden considerar movementos de ruptura. Aproveita tamén estes exemplos para explicar de forma xustificada como unha revolución estilística non implica ausencia de compromiso en canto á temática.

Póster 12. O compromiso coa falaUxío Novoneyra foi un home moi comprometido coa realidade galega, “verbo verdadeiro que fala o pueblo”, e un personaxe singular que non deixou indiferente a ninguén.

Dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega, promoveu a defensa do idioma, como signo de identidade e de orgullo, fronte ao rexeitamen-to que xeraba o galego durante a ditadura, como lingua de clase baixa: “Lingua que rexeitaron os meus pais”.

Así mesmo, prevén os poetas de “emprestar” a súa palabra, anímaos a seren valentes e decididos na defensa da esencia da creación artística, nunha carta dirixida aos poetas galegos que levantou moita suspicacia ao ser escrita.

O compromiso coa lingua de Novoneyra é tamén o compromiso co pobo galego, representado na Letanía de Galicia e na defensa da identidade galega de forma activa, en contacto con múltiples literatos, pintores e diversos artistas, como Laxeiro, Manuel María, Méndez Ferrín, Ramón Pi-ñeiro ou Otero Pedrayo, entre outros.

A mediados do século XX, se un escritor optaba por expresarse en gale-go estaba adquirindo un compromiso tinguido de todo tipo de matices ideolóxicos.

Póster 12

Page 24: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 2� •

Un compromiso cunha lingua totalmente relegada de usos públicos, oficiais e relevantes; unha lingua que soportaba todo tipo de estigmas, tópicos degradantes e, incluso, desprezos; unha lingua asociada ás clases populares, obreiras e rurais; e, tamén, unha lingua de oposición manifesta ao poder establecido.

Por iso, expresarse en galego xa supuña un posicionamento social en si mesmo, á parte dun sinal de autoafirmación galeguista, así como de rei-vindicación da propia identidade como pobo.

Novoneyra seguro que sempre comprendeu que non lle podía cantar á súa terra, nin ao seu contorno máis achegado, noutro idioma que non fose o galego; na lingua materna na que aprendera a nomear os elemen-tos dunha paisaxe que o emocionaban fondamente e que modelaran o seu ser e a súa personalidade.

Terra e lingua configuraban a súa esencia como individuo e Novoneyra non renunciou a ningunha delas, en prol da sinceridade comunicativa que pretendía para a súa mensaxe.

Certo é que non atopamos ningunha alegación explícita á defensa do galego na obra de Novoneyra, o xeito de “Deitado fronte ao mar” (de Cel-so Emilio Ferreiro) ou de “Lingua ferida” e “Lingua que rexeitaron os meus pais”, de Antón Tovar.

ACTIVIDADES1. Explica por que se formou o grupo Brais Pinto, que fixo pola nosa

terra e que relación tiña con Uxío Novoneyra. 2. Que relación tiña Uxío Novoneyra coa Real Academia Galega? 3. Que é a Asociación de Escritores en Lingua Galega? 4. Reflexiona sobre a frase “verbo verdadeiro que fala o pueblo”, de Uxío

Novoneyra, co texto de Emilio Xosé Ínsua. 5. Explica os motivos polos cales Uxío N. escribiu a carta ”Os novos poe-

tas galegos” e por que levantou tanta polémica. 6. Ler en grupos de catro ou cinco alumnos os poemas de Antón Tovar

“Língua que rexeitaron os meus pais” e “Língua ferida”. Que parecidos atopas? Compara a mensaxe coa ideoloxía de Uxío Novoneyra.

7. Intenta transcribir o máximo posible do manuscrito que aparece no póster 11. Que intención ten o autor?

8. Explica o compromiso de Uxío a través das verbas “A fala e o único sitio onde siguen vivos os antepasados…” coa fala galega.

9. Busca as distintas actividades de compromiso coa lingua que levan a cabo a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia da Lingua Galega.

Page 25: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 24 •

10. Extrae citas do cartel que defendan explicitamente a utilización da lin-gua galega.

11. A partir do coñecemento das circunstancias históricas e sociolóxicas que rodean os autores destes textos, xustifica razoadamente esa nece-sidade que manifestan de defender a súa propia lingua. Que situacións de diglosia subxacen nos textos “Lingua que rexeitaron os meus pais” e “Lingua ferida” (de Antón Tovar). Xustifica o ton áspero, duro e de pro-testa no cal se pronuncia Celso Emilio Ferreiro, no texto “Deitado fronte ao mar”.

12. A partir destes textos, explica os conceptos de “normalización” e “nor-mativización” lingüística.

13. Consideras que o feito de que un autor literario desa época se decan-tase por empregar o galego como lingua vehicular da súa obra supuña un acto reivindicativo? Xustifica a túa resposta. Desde ese punto de vis-ta, que compromiso asume Novoneyra coa súa fala?

14. Sinala os trazos non normativos que podes atopar ao longo dos textos de Novoneyra. Como podes comprobar, son representativos da súa fala espontánea e recollen coloquialismos e dialectalismos da súa zona. Consideras que a utilización do rexistro coloquial como lingua literaria supón unha reivindicación da dignidade das clases populares? Xustifi-ca a túa resposta.

Póster 13. Poesía existencialistaNovoneyra tamén nos amosa ao longo da súa obra un home empequene-cido diante da inmensidade do contorno (“eiquí síntese ben o pouco que é un home”) e, de maneira máis global, ante o feito de existir.

Ese home é “o camiñante que pasa”, consciente das súas limitacións e do seu carácter efémero, mortal, finito. Esta característica fai que o home que retrata Novoneyra exprese as súas dúbidas existenciais por medio de inte-rrogacións que quedan no aire, sen resposta... “¡El pra onde vou?”.

Ao mesmo tempo, no seu conflito interno entre o SER e o NON SER, o home aférrase con forza ás súas esperanzas transcendentais: “Teimo algo que desminta a seguranza de que todo está perdido”.

Novoneyra propón certas actitudes do home diante do seu tráxico destino:- INCONFORMISMO: “Non podo non ser nin ser así”.- INSEGURIDADE: “Non temos nada que non se perda doadamente”.- RESIGNACIÓN: “Nada foxe ao final certo”.

O home, en definitiva, na poesía de Novoneyra é un ser ferido pola cons-tante presenza da morte; unha morte que se enfoca nalgún caso como a ausencia dun futuro cara ao cal avanzar, coma un inquietante estado de estatismo perpetuo: “Morrer é ficar morto”. Póster 13

Page 26: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 2� •

ACTIVIDADES 1. Que é a poesía existencialista? 2. Le o texto “O existencialismo en Novoneyra” e extrae as característi-

cas principais. 3. Que che suxiren as imaxes que ves no cartel. Que relación teñen co

existencialismo? 4. Descifra o caligrama que aparece no medio do texto. 5. Indica cales son os principais autores da corrente existencialista en

Galicia e en Europa. 6. Le e recita os textos da parte inferior esquerda do cartel.7. Como interpretas ti o verso de Novoneyra: “Non podo ser, nin ser asi”?

Xustifica razoadamente a túa resposta.8. Analiza o enfoque que dá Novoneyra sobre o tema da morte nestes

textos. Analiza tamén de que xeito se manifestan neles os tópicos li-terarios do tempus fugit e do homo viator.

9. Con respecto aos textos metapaisaxísticos, falouse do carácter telúri-co da poesía de Novoneyra. Explica en que consiste esta afirmación e de que forma se manifesta na súa poesía existencial.

10. De que xeito cres que enfoca Novoneyra a dualidade espírito-materia na súa obra. Xustifica a túa resposta.

11. Relaciona os temas tratados nas preguntas anteriores co coñece-mento que teñas sobre a filosofía existencial e algún dos autores es-tudados na materia de filosofía, como por exemplo Nietzsche.

Póster 14. Poesía como xogoPese a rexeitar en todo momento a despersonalización que propuñan as vangardas, Novoneyra si que soubo incorporar un gran número de re-cursos innovadores que floreceran nas diferentes correntes de comezos de século.

Sen deixar a un lado o marcado carácter moi intimamente popular, vi-vencial ou comprometido, Novoneyra foi capaz de potenciar a súa men-saxe e de suscitar diversas emocións xogando co significante por medio das técnicas vangardistas máis eficaces ao respecto:

Novoneyra consegue, polo tanto, un uso moi significativo das maiúscu-las, dos espazos en branco, da separación entre letras ou do emprego de diferentes tipografías.

Por outra banda, o emprego da caligrafía dálle unha raizame máis per-soal, emotiva e sincera que o uso da letra impresa, á parte da beleza vi-sual que logra, deste xeito, para moitos dos seus poemas.

Póster 14

Page 27: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 2� •

Novoneyra tamén é capaz de suscitar diferentes emocións por medio do fonosimbolismo, empregando de forma reiterada algún ou varios sons evocadores ao longo dun ou varios versos.

Incluso atopamos influxos neotrobadorescos, por medio dos cales o poe-ta retoma recursos coma o paralelismo, o leixaprén e o refrán para lle outorgar á súa creación poética un marcado ritmo popular ao máis puro estilo das cantigas de amigo medievais.

Para máis información, pode consultarse o artigo de Antonia López Gar-cia, “Achegas de Uxío Novoneyra á poesía galega”: http://www.aelg.org/resources/publications/1193125439745EscritaContemporanea5.pdf.

ACTIVIDADES1. Que é o fonosimbolismo? 2. A primeira vista, que che suxire o cartel. Identifica ou relaciona título

con imaxes.3. Busca nos textos do cartel aqueles que consideras máis relacionados

co fonosimbolismo.4. Le e comenta as poesías do póster. Relaciona estas dentro da estética

de Novoneyra. 5. Explica que son os poemas caligráficos e a poesía visual. 6. Relaciona a poesía visual de Uxío Novoneyra e a galega coas vangar-

das poéticas do século XX en Europa.7. Escribe un poema caligráfico. 8. Son característicos e identificativos da obra de Novoneyra os seus

poemas caligráficos. Xustifica que se lle chamen deste xeito a partir da etimoloxía da palabra “caligrafía”.

Investiga e selecciona outras mostras de poemas visuais, tanto da li-teratura galega coma castelá e europea.

9. Compón un caligrama dedicado a un obxecto característico da épo-ca ou ao contorno no que vives.

10. Indica que outros xeitos inexplorados se che ocorren para xogar co significante do texto literario e facelo así máis atractivo ou orixinal.

Póster 15. O legado de NovoneyraHoxe en día, a obra de Uxío segue a ser un referente entre a mocidade. Un claro exemplo é o contrabaixista Baldo Martínez e a cantante Maite Dono, que presentaron en directo no Teatro Jofre de Ferrol, dentro do ciclo Out-Jazz, o proxecto Sons-Nús. A iniciativa Música-Poemas de Uxío Novoneyra viu a luz en forma de disco a comezos deste ano 2010.

Chus Pato ten poemas de claro compromiso social e antiimperialista que poden lembrar o antiimperialismo de Novoneyra.

Póster 15

Page 28: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

• 2� •

Novoneyra, ante todo, abriu un camiño.

ACTIVIDADES1. Busca información de Baldo Martínez, Maite Dono, do ciclo Out-Jazz

e do proxecto Sons-Nús que se realizou en Ferrol.2. Le o poema de Chus Pato e indica en que consiste o sistema capitalis-

ta e que outros posibles sistemas económicos podería haber.3. Escoita algún poema de Uxío Novoneyra musicado por Emilio Cao.4. Le o poema de Olga Novo e busca información na rede sobre poe-

tisas actuais, coma Iolanda Castaño, Lucía Novas, Lupe Gómez, Antía Otero, Elvira Ribeiro...

5. Que son os haikus? Atopa algúns en distintas linguas por Internet e fai unha exposición na aula.

6. Busca fitotopónimos nos poemas do autor homenaxeado e procura o seu significado no libro Fitotoponimia Galega, de Gonzalo Navaza, que podes baixar da web da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Page 29: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas
Page 30: Letras Galegas 2010: Guía Castro Caldelas

Uxío NovoneyraUxío Novoneyra

Letras Galegas 2010