Lecturas verano 2016

2
ANIMALES Editorial Coco Books Ingela P. Arrhenius 32 láminas xigantes coidadosamente ilus- tradas e recompiladas nun libro magnífico onde se presenta unha selección de ani- mais acompañados dos seus nomes nunha tipografía moi estudiada. O estilo da ilustra- ción trasládanos aos anos 60 e 70, con ese aire retro que a converte en singular. TIPOS DUROS Keith Negley Editorial Impedimenta As coloridas e orixinais ilustracións revé- lannos que os tipos máis duros, os hero- es dos nosos contos, tamén teñen o seu corazonciño. Loitadores, astronautas, moteiros... Todos eles rin, choran, emo- ciónanse, igual que nós. E non pasa nada por derramar unhas bágoas de cando en vez… MOUSTACHE Gracia Iglesias Editorial Lata de Sal Moustache era un gato elegante, refinado e guapo, un gato con bos modais e moi coque- to. Pero un día os seus prezados bigotes queimáronse con tanta curiosidade. Horror! Que fará Moustache? Quizais uns bigotes postizos sexan a solución... PARÍS: BUSCA Y ENCUENTRA Judith Drews Editorial Anaya Con este libro coñecerás os lugares máis incribles de París dunha forma orixinal e amena. Percorre o Sena en barco, as pin- torescas rúas de Montmartre, reserva algo de tempo para a visita ao museo... Pero, iso si, faino na mellor compañía: descobre en cada escenario aos personaxes que non poderían faltar na cidade. Prelectores

Transcript of Lecturas verano 2016

Page 1: Lecturas verano 2016

ANIMALES Editorial Coco Books Ingela P. Arrhenius 32 láminas xigantes coidadosamente ilus-tradas e recompiladas nun libro magnífico onde se presenta unha selección de ani-mais acompañados dos seus nomes nunha tipografía moi estudiada. O estilo da ilustra-ción trasládanos aos anos 60 e 70, con ese aire retro que a converte en singular.

TIPOS DUROS Keith Negley Editorial Impedimenta As coloridas e orixinais ilustracións revé-lannos que os tipos máis duros, os hero-es dos nosos contos, tamén teñen o seu corazonciño. Loitadores, astronautas, moteiros... Todos eles rin, choran, emo-ciónanse, igual que nós. E non pasa nada por derramar unhas bágoas de cando en vez…

MOUSTACHE Gracia Iglesias Editorial Lata de Sal Moustache era un gato elegante, refinado e guapo, un gato con bos modais e moi coque-to. Pero un día os seus prezados bigotes queimáronse con tanta curiosidade. Horror! Que fará Moustache? Quizais uns bigotes postizos sexan a solución...

PARÍS: BUSCA Y ENCUENTRA Judith Drews Editorial Anaya Con este libro coñecerás os lugares máis incribles de París dunha forma orixinal e amena. Percorre o Sena en barco, as pin-torescas rúas de Montmartre, reserva algo de tempo para a visita ao museo... Pero, iso si, faino na mellor compañía: descobre en cada escenario aos personaxes que non poderían faltar na cidade.

Pre– lectores

Page 2: Lecturas verano 2016

ÉRASE UNA VEZ EL ALFABETO Oliver Jeffers Andana Editorial As letras do alfabeto traballan sen des-canso para crear palabras que á súa vez crean historias, pero que pasaría se hou-bese unha historia para cada unha das letras? Descúbreo a través das páxinas deste magnífico libro.

AGENTE RICITOS El Hematocrítico Editorial Anaya Non hai detalle que escape á lupa de Ricitos de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que lle dobrarían as costas ata a unha estatua? A axente Ricitos resolve o crime antes de que se cometa.

ÉRASE DÚAS VECES A BELA E A BESTA Gaudes/ Matías Editorial Cuatro Tuercas A nosa protagonista nesta oca-sión non se namorará da besta, será plenamente consciente de que quen che secuestra, grita e maltrata, non te quere. Conto sen sexismo, sen violencia e si con moita diversión.

LOS SUPERPREGUNTONES PARA PEQUES: UNIVERSO Editorial VOX Guía para descubrir o mundo que nos rodea e aclarar as dúbidas dos máis pequenos: De que están feitas as estrelas? Que planeta vira máis rápido? E o máis len-to? Podemos vivir noutros planetas? Por que as estrelas e os planetas son redondos Temos que estudar para ser astronauta? Podemos viaxar cunha nave ao Sol? Existen os extraterres-tres?...

LA CANCIÓN DEL PARQUE Jaume Copons Ramón Editorial Combel Nesta nova aventura, o Dr. Brot e o seu axudante Nap propuxéronse facer construír un centro comercial megaxigante que bo-rrará do mapa o parque de Galerna, a cida-de de Agus. Por sorte, Pintaca cos pinceis e Octosol coa guitarra argallarán para que o Dr. Brot fra-case. Aventuras e enredos a tutiplén!

MI LOCA FAMILIA DE VACACIONES Chris Higgins Editorial Edebé Chegan as vacacións de verán e a familia Butterfield vai pasalas en Cornualles. Mattie está preocupada por unha chea de cousas? E se se perde a equipaxe? E se alguén cae polo cantil? E o peor de todo, que pasaría se se esquecesen de alguén?

O PODER DE AMABEL Érica Esmoris Pulp Editorial Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixen-cia ou mesmo a capacidade de facerse invisi-ble. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

¡ATENCIÓN! HAY UN CIENTÍFICO EN CASA Editorial Beascoa Realiza incribles experimentos se queres ser todo un científico! Aproveita obxectos sinxelos e cotiás para experimentar e aprender sobre a tempera-tura, a presión, a auga, o aire, a calor e as plantas. As actividades inclúen fotografías, instrucións fáciles de seguir e explicacións breves.

LA LECCIÓN DE AUGUST R.J. Palacio Editorial Nube de Tinta Camiña sempre coa cabeza gacha e o flequillo tratando en balde de esconder o seu rostro, pero aínda así é obxecto de miradas furtivas. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as paredes da súa casa, a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias da “Guerra das Galaxias”. Este ano todo vai cambiar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí

aprenderá a lección máis importante da súa vida… ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA Ledicia Costas Editorial Xerais Esmeraldina, logo de morta, segue a vivir no hotel Fantastique unha existencia pantas-mal. Resulta duro marchar ao Alén e deixar para sempre aos seus pais e a súa avoa, as áncoras que a atan ao mundo dos vivos. E máis aínda cando descoñece cales son as regras implícitas á súa nova condición…

A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? Jorge Mira Alvarellos Editora Velaquí unha das preguntas que se leva for-mulando o ser humano desde os albores da súa existencia: Este libro vainos dar a respos-ta. A esta cuestión... e a moitas outras. Apaixonante viaxe no tempo. Comeza na épo-ca da Grecia clásica e chega ata os descubri-mentos máis recentes sobre o universo.

LA GUERRA CIVIL CONTADA A LOS JÓVENES Arturo Pérez-Reverte Editorial Alfaguara A Guerra Civil española contada de forma concisa, obxectiva e rigorosa, sen clichés partidarios nin etiquetas fáciles, en textos de Arturo Pérez-Reverte e ilustrada de forma espléndida por Fernando Vicente.

Primeiros Lectores Lectores Autónomos Lectores Expertos