Laxe das Rodas

25
laxe das rodas Traballo realizado por Muros Conxunto Arqueolóxico www.murosarqueoloxico.org Adaptacion dixital: mmemoriagrafica

description

Estación de Arte Rupestre

Transcript of Laxe das Rodas

Page 1: Laxe das Rodas

laxe das rodasTraballo realizado por Muros Conxunto Arqueolóxico

www.murosarqueoloxico.org

Adaptacion dixital: mmemoriagrafi ca

Page 2: Laxe das Rodas

LAXE DAS RODAS

Recentemente, entre 2006 e 2008, foi obxecto dun amplo estudo mediante un proxecto de investigación e posta en valor auspiciado pola Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, o Concello de Muros e a Comunidade de Montes de Louro. Nestes traballos empregáronse técni-cas de estudio que incluían calcos, frotados, diversas técnicas fotográfi cas e informáticas, limpeza do conxunto gravado e posta a punto do entor-no.

Os gravados localízanse no remate unha pequena chaira e preto dun regato de maneira que teñen un amplo dominio visual sobre a contor-na. Os motivos principais son dúas grandes espirais que xiran en sentido contrario, rodeadas de 65 coviñas. Foron interpretados como un sistema de medición do tempo baseado nos ciclos solares e luares. Tamén aparece unha escena de equitación interpretada por algún autor coma un xinete que arrastra o carro do sol e que apoiaría a hipótese do calendario.

O Calendario de Laxe das Rodas

Ó redor ás dúas espirais existen 65 coviñas. Se dividimos 65 entre 5 obtemos a cifra de 13 coviñas, é decir, 13 meses cada ano para un total de 5 anos.

Cada mes polo tanto entendemos que se representaba cunha coviña, que representaba probablemente a lúa chea. Xa que cada ano tiña 13 meses debemos entender que eran meses de 28 días (o mes sinódico luar dura 29 días, 12 horas e 44 minutos) porque 28 x 13 = 364 días, cifra realmente sorprendente pola precisión deste calendario (lembremos que a Terra invirte 365 días e 6 horas en describir a súa órbita ó redor do Sol). Un deses meses, o nº 13 é evidentemente fi cticio para aproximar o calendario luar ó solar, porque o cómputo das doce lúas cheas que hai cada ano e que son as que realmente podían observar dáballes soamente un total de 336 días (28 x 12), que ó engadirlles un mes máis de 28 días (o mes nº 13) resultan 364 días. Para levar unha relación da necesidade de este embolismo graváronse 13 coviñas no triángulo central que se obser-va entre as dúas espirais. Para efectuar o cálculo do tempo procederíase da seguinte maneira:

Observábase o solsticio de inverno por calquera dos procedementos habituais (menhires, sombras, aparición de estrelas…). Cada lúa chea marcábase colocando unha pedriña ou outro obxecto na coviña correspondente e outra máis no triángulo das 13 coviñas. Empezá-base o cálculo dos meses colocando a 1ª pedra na coviña nº 1. É dicir, comezábase pola esquerda no sentido do desenvolvento da espiral maior que se inicia en decembro. Ó chegar á coviña nº 12 pasaran 12 lúas, pero o ano aínda non rematara, polo que habería que esperar ó solticio e engadirlle un mes máis de 28 días. Probablemente este mes fi cticio engadíase antes da fi n do ano, posiblemente na prima-vera ou na época da recolección para adecuar así os cambios que se observaban na natureza co tempo real astronómico que lle correspondía á estación. As espirais eran empregadas simbólicamente para representar o movemento do sol e o paso dunha época a outra: crecemento-decrecemento solar e, polo tanto, os solsticios.

muros conxunto arqueolóxico

Page 3: Laxe das Rodas
Page 4: Laxe das Rodas
Page 5: Laxe das Rodas
Page 6: Laxe das Rodas
Page 7: Laxe das Rodas
Page 8: Laxe das Rodas
Page 9: Laxe das Rodas
Page 10: Laxe das Rodas
Page 11: Laxe das Rodas
Page 12: Laxe das Rodas
Page 13: Laxe das Rodas
Page 14: Laxe das Rodas
Page 15: Laxe das Rodas
Page 16: Laxe das Rodas
Page 17: Laxe das Rodas
Page 18: Laxe das Rodas
Page 19: Laxe das Rodas
Page 20: Laxe das Rodas
Page 21: Laxe das Rodas
Page 22: Laxe das Rodas
Page 23: Laxe das Rodas
Page 24: Laxe das Rodas
Page 25: Laxe das Rodas

muros conxunto arqueolóxico