La pretemporada por Chiqui Barros

5
A PRETEMPORADA (Chiqui Barros) “Cando estás na elite é moi fácil adestrar, porque tes moita xente ao teu redor cubríndoche todo tipo de necesidades: preparadores físicos, médicos, fisioterapeutas... pero nun equipo e unha categoría modestos non hai nada disto e un ten que facer de masaxista, de psicólogo, de adestrador e ata de utillero, e isto dáche unha preparación de valor incalculable”. (Juande Ramos). “ O meu traballo non sería nada sen o esforzo do equipo: xogadores e corpo técnico son quen levan á práctica o que eu intento transmitir, son os artífices de calquera éxito deportivo”. (Juande Ramos). Cando falamos da Pretemporada referímonos, sen ningunha dúbida, a etapa máis importante no moldeado do equipo, do seu estilo, da filosofía de xogo. É o tempo para establecer as bases de todo o desenvolvemento posterior. Resulta moi difícil alcanzar os obxectivos sen un bo traballo nesta época do ano. Nada ten que ver coa configuración do plantel, que debera estar plenamente realizada nunha fase inmediatamente anterior, pero nela, ademais, detectaranse as carencias da mesma e poderanse emendar con rapidez, algo que resultará realmente complicado si se xuntan ambos os momentos. O adestrador ten que chegar coas ideas moi claras en canto ás metas a lograr e a forma de conseguilas. É certo que adestrar é definir a realidade e que o proceso de adestramento é algo vivo e que as circunstancias varían dun día para outro. Pero tamén o é o que unha boa planificación axuda a adaptarse e solucionar os imprevistos con menor dificultade e maior coherencia. Por iso non se deberá deixar nada á improvisación e haberá que intentar anticiparse ás situacións desfavorables. Todo isto será menos dificultoso canto mellor sexa o equipo de traballo. Un equipo que vai desde o adestrador xefe ata o secretario técnico ou director deportivo, pasando polos adestradores axudantes, preparador físico, fisioterapeutas, médicos e delegado.

description

La pretemporada por Chiqui Barros

Transcript of La pretemporada por Chiqui Barros

A PRETEMPORADA

(Chiqui Barros)

“Cando estás na elite é moi fácil adestrar, porque tes moita xente ao teu redor

cubríndoche todo tipo de necesidades: preparadores físicos, médicos, fisioterapeutas...

pero nun equipo e unha categoría modestos non hai nada disto e un ten que facer de

masaxista, de psicólogo, de adestrador e ata de utillero, e isto dáche unha preparación

de valor incalculable”. (Juande Ramos).

“ O meu traballo non sería nada sen o esforzo do equipo: xogadores e corpo técnico

son quen levan á práctica o que eu intento transmitir, son os artífices de calquera éxito

deportivo”. (Juande Ramos).

Cando falamos da Pretemporada referímonos, sen ningunha dúbida, a etapa máis

importante no moldeado do equipo, do seu estilo, da filosofía de xogo. É o tempo para

establecer as bases de todo o desenvolvemento posterior. Resulta moi difícil alcanzar os

obxectivos sen un bo traballo nesta época do ano. Nada ten que ver coa configuración do

plantel, que debera estar plenamente realizada nunha fase inmediatamente anterior, pero

nela, ademais, detectaranse as carencias da mesma e poderanse emendar con rapidez, algo

que resultará realmente complicado si se xuntan ambos os momentos.

O adestrador ten que chegar coas ideas moi claras en canto ás metas a lograr e a forma de

conseguilas. É certo que adestrar é definir a realidade e que o proceso de adestramento é

algo vivo e que as circunstancias varían dun día para outro. Pero tamén o é o que unha boa

planificación axuda a adaptarse e solucionar os imprevistos con menor dificultade e maior

coherencia. Por iso non se deberá deixar nada á improvisación e haberá que intentar

anticiparse ás situacións desfavorables.

Todo isto será menos dificultoso canto mellor sexa o equipo de traballo. Un equipo que vai

desde o adestrador xefe ata o secretario técnico ou director deportivo, pasando polos

adestradores axudantes, preparador físico, fisioterapeutas, médicos e delegado.

O primeiro será establecer e delimitar claramente as responsabilidades de cada un así como

a filosofía xeral de traballo que virá marcada polo club e definida polo adestrador xefe, que,

ao final, é o último e principal responsable.

Hoxe en día, no deporte de competición resulta imposible chegar a bo porto sen un reparto

do traballo, sen unha axeitada delegación de funcións e sen unha innegociable asunción de

responsabilidades. Todos deben saber que son importantes, sentirse realmente así (porque

ven que se respecta e valora a súa función) ao mesmo tempo que iso leva unha obrigación

concretada na asunción de responsabilidade para o bo e para o malo.

O adestrador é o líder que ten que dirixir ao grupo e o responsable de que todo quede moi

claro nas reunións previas que se realicen antes do primeiro adestramento do equipo.

Co director deportivo teñen que quedar perfectamente definidos os obxectivos deportivos

e humanos da entidade. O lóxico, non se pode entender doutro xeito, é que se establecese

unha relación directa, aberta, total e sen intermediarios. Toda a información e as

posibilidades de mellora do plantel deberán ser postas en coñecemento do adestrador xefe

que, á súa vez, informará de todas as situacións que manexe e poidan facilitar o labor da

dirección deportiva. É importante dialogar e razoar con el, e, logo, que cada un decida dentro

da súa parcela. Se unha palabra debe definir esta relación é a CONFIANZA.

Cos adestradores axudantes (que non esquezamos son tan adestradores como o

adestrador xefe) hase de establecer unha relación de confianza, cunha comunicación fluída e

inmediata e baseada na complicidade. Complicidade que non significa dicir amén a todo. En

privado, os axudantes transmitirán todas as súas inquietudes e as posibilidades que vexan

para que o equipo, dentro da filosofía establecida, creza e sexa máis competitivo. Fornecerán

toda a información posible. En público, a sintonía será total xa que non se pode manexar nen

dirixir ben unha casa que estea dividida.

Coñecerán perfectamente as funcións de cada un: desde o scouting, ata os traballos

individualizados a realizar cos diferentes xogadores ou as distintas posicións, pasando polo

seu labor nos adestramentos, durante os partidos, na relación cos xogadores, cos outros

estamentos do club e en todo aquilo que o adestrador estime oportuno que realicen.e

Así mesmo, complementaranse perfectamente, sen egoísmos nin discrepancias. Serán os

ollos, os oídos e os mellores aliados do adestrador xefe, buscando sempre o mellor para o

equipo.

Co preparador físico marcaranse as pautas do traballo a realizar definindo claramente o

estilo de xogo que se pretende levar á práctica e o traballo físico e de pista necesario para

conseguilo. A mesma flexibilidade e capacidade de adaptación que debe amosar o

adestrador, terán que asumila os demais membros do corpo técnico e o preparador físico

non será unha excepción.

Todos deben estar encamiñados ao mesmo fin común, que non é outro que maximizar o

rendemento do grupo e, se fose posible, facelo crecer. A complicidade e a sinceridade son

esenciais, tendo moi claro que calquera idea ou proposta deberá discutirse en privado co

adestrador xefe e que unha vez adoptado un camiño seguirase sen dúbidas.

Encargarase ademais das recuperacións de xogadores, en permanente contacto cos servizos

médicos, e realizará os quecementos nos adestramentos de pista, de acordo coa finalidade

de cada sesión así como, xunto cos axudantes, os previos aos partidos.

Co fisioterapeuta e os médicos a relación basearase na confianza e no respecto mutuo. Eles

son os que saben de medicamento e de recuperación, pero decidirán en presenza e de

acordo co adestrador. É inevitable que en ocasións xurdan rozamentos motivados polas

esixencias da competición, pero sempre haberán de ser arranxados onde corresponde sen

enviar ao exterior mensaxes contraditorias. Son planos diferentes pero da súa unión

dependerá, en demasiadas ocasións, o logro das metas.

Co delegado estableceranse as normas de todo o relacionado co seu labor. Viaxes, con todo

o que se necesita neles, estatísticas, necesidades do equipo e dos xogadores. Normalmente é

a persoa que debe estar todo o tempo pendente de calquera mínimo detalle que se necesite

e de que estea disposto. Debe ter moi clara cal é a súa función nos partidos e o tipo de

información que ha de fornecer ao adestrador ou aos seus axudantes e cando facelo.

Entón:

1) CO DIRECTOR DEPORTIVO: establecer obxectivos. Relación directa, aberta, total e sen

intermediarios.

2) COS ADESTRADORES AXUDANTES: confianza, complicidade, sinceridade. Coñecemento

total das súas obrigacións e responsabilidades. Non haberá competencia nin egoísmos entre

eles.

3) CO PREPARADOR FÍSICO: marcar pautas do traballo a realizar de acordo co estilo de xogo.

Complicidade e sinceridade. Recuperación de xogadores, a poder ser na cancha mentres

traballan os seus compañeiros, de acordo coas pautas médicas e arrequecementos.

4) CO FISIOTERAPEUTA E os MÉDICOS: confianza e respecto mutuo. O médico é o que sabe

de medicamento e o adestrador de baloncesto.

5) CO DELEGADO: normas sobre viaxes, estatísticas e labor nos partidos. Saber que sempre

haberá de estar pendente de todo.

A partir disto, establecemos, durante toda a pretemporada, as pautas de comportamento

dos xogadores, as normas que afectan a todo o grupo e os seus posibles e probables roles

dentro do equipo. Esta etapa é básica para o real e verdadeiro coñecemento recíproco de

adestrador e xogadores. Debemos falarlles claro, establecendo obxectivos e expectativas

(individuais e colectivas)asumibles, lóxicas, reais e alcanzables.

É moi importante que o adestrador domine a empatía e escoite, e así llo faga sentir, aos

xogadores. Debemos valorar moito o nivel de competencia que queremos para non

equivocarnos aquí, tendo presente e definido se dentro do equipo imos traballar con papeis

fixos ou abertos. Persoalmente, penso que é moito mellor que sexan abertos salvo que a

realidade das diferenzas de nivel sexa tan evidente que aconselle o contrario. Isto é clave

para que todo o mundo saiba desde un principio o nivel de competencia interna que

estamos dispostos a soportar dentro do grupo. É moi importante que o xogador saiba que

un equipo ha de ter unha política interna e outra externa.

Non se debería, agora, xerar situacións individuais de alta frustración, posto que xa haberá

tempo de xogar co estrés ou que non quede máis remedio que facelo ou soportalo.

Entón:

6) COS XOGADORES: normas de grupo, roles e funcións dentro do equipo, comunicación,

competencia, non abusar de situacións que xeren excesiva frustración.

Debemos chegar con todo definido sobre o estilo de xogo, os movementos, as situacións

especiais, as defensas, todos os aspectos do xogo... pero facelo coa mente aberta e a

flexibilidade suficiente para adaptarnos ás circunstancias e para crecer a partir das novas

posibilidades que o equipo poida ofrecernos no día a día. Está ben, é esencial, ter un plan

pero é importante ver cando e onde se ha de modificar, ampliándoo ou reducíndoo.

Saber desde un principio con que mínima bagaxe táctica e física debemos iniciar a

competición, ata onde pretendemos chegar e cales son os momentos clave da tempada para

chegar a eles en óptimas condicións.

Ademais, este é o tempo en que debemos detectar as posibles carencias e intentar liquidalas;

vendo, ao mesmo tempo, o nivel real de implicación de todos os membros do equipo.

Entón:

7) O ADESTRADOR: Analizará todo, tomará decisións sen precipitarse pero coa rapidez e

eficiencia necesarias e saberá cara a onde quere ir e como logralo. Saberá cales son os

momentos clave da tempada e actuará en consecuencia. Será flexible desde a planificación e

terá permanente comunicación con todos os seus colaboradores. Terá moi claro, e así llo fará

saber a todo o mundo, que ou se está dentro ou se está fóra, que non se pode estar a medias

para conseguir calquera obxectivo que se persiga.

Todo isto pode parecer obvio e moi evidente, pero hai moitos equipos que xogan nunha

competición profesional, que así se chama ou pretende selo, sen ningunha estrutura. En

demasiadas ocasións o adestrador está só e ha de organizalo todo. Pois é bo que o faga

pronto, que todo o mundo o teñs en conta e que se saiba, que non se esqueza, Convén telo

presente.