Kalaikia 33

8
33 xuño´09 O Apóstolo, a última historia de animación de Fernando Cortizo O rocanrol tamén ten os seus propios asuntos de familia... Guadi Galego confésanos que todo o seu traballo lle “sae de dentro”... Podemos perforar o granito cunha daga de dúas puntas...? Enma Ríos é quen de converter en pura maxia todo o que debuxa... C onfesonario K olectivo critic Arte 07 06 08 03 04 Convivir é vivircon arte Société Réaliste.

description

Magazine cultural Kalaikia

Transcript of Kalaikia 33

Page 1: Kalaikia 33

33 xuño09

O Apóstolo, a últimahistoria de animaciónde Fernando Cortizo

O rocanrol tamén tenos seus propios

asuntos de familia...

Guadi Galegoconfésanos que todoo seu traballo lle “sae

de dentro”...

Podemos perforar ogranito cunha dagade dúas puntas...?

Enma Ríos é quen deconverter en puramaxia todo o que

debuxa...

C o n f e s o n a r i o K o l e c t i v o c r i t i c A r t e0706 0803 04

Convivirévivircon arteSociété Réaliste.

Page 2: Kalaikia 33

xuño

092

Esenia_Noviembre_Silent Tree

Agardado, pero por fin xa está na rúa o primeiro EPda ban-da viguesa Esenia, titulado Noviembre. Xa pasaron douslongos anos dende a aparición de Templo das mareas,aquela maqueta autoproducida que nos deixou tan bó sa-bor de boca.

Agora, con este disco, Esenia abre o camiño dunha no-va etapa moito máis aberta que os seus anteriores traba-llos, xa co apoio de Silent Tree, a editora, que lles permitiugravar na súa cidade (nos estudos Metrópolis) pero quepara as misturas do disco preferiu desprazarse ata Finlan-dia para traballar con Mika Jussila.

Son só catro temas, pero prometen moito máis do queofrecen. E como colofón desta experiencia, avanzamosque Esenia vai participar cun tema, Resurrection, no discoque se está a argallar de tributo aos alemáns Running Wildbaixo o título de ReUnation - A Tribute To Running Wild.

Carlos L. Medrano_Esfinxe. Relatos depensamento creativo_3C3

Esta obra é unha proposta interdisciplinar de aprendizaxede diferentes contidos curriculares a través do xogo e do enxe-ño. Nela proponse a utilización da lóxica para interpretar concoherencia os datos que se ofrecen.

Clasificados por graos de dificultade (polo que dese xeitoresulta doado seleccionar os que poden ser aplicados en dife-rentes niveis) e dotados dun solucionario final, estes relatos deenxeño son un adecuado complemento para traballar o desen-volvemento lóxico do alumnado e para completar determina-dos coñecementos teóricos de disciplinas como as linguas, asmatemáticas ou as ciencias sociais. E tamén, por que non, pa-ra pasar unha boa tarde tentando averiguar as solucións des-tes problemas de lóxica. Entretemento asegurado.

Conta con ilustracións a cor de Elena Menjón.

Enrique Otero_Crebinsky. TheFilm_Longametraxe

Quen non lembra aos míticos Crebinsky, nados baixo o in-fluxo dos efluvios do chapopote nunha triste noite protagoniza-da polo maldito Prestige?

Os irmáns Feodor e Mihail Crebinsky fixéronse maiores ederon o chimpo da curtametraxe á longametraxe. Seguen a so-brevivir apañando o que traen as mareas, as crebas, pero nes-ta ocasión vense enleados nunha triste historia que ten a Se-gunda Guerra Mundial como telón de fondo. O desembarcodos aliados, que se ía efectuar nas costas galegas, despráza-se finalmente para Normandía. Os irmáns inician entón, guia-dos pola súa vaca, unha viaxe existencialista que os levará ásúa propia orixe.

A CoruñaConcerto de Ophuisa. Forum folk, presentando o seu primeiro disco Paos.22 de xuño ás 21:00 horas.Fórum Metropolitano.

Ferrol_A CoruñaEspectáculo de danza Glimpse, a cargo de Gelabert Azzopardi.28 de xuño ás 19:00 horas.Teatro Jofre.

LugoRepresentación de Historia de una escalera, de Buero Vallejo, a cargo daAula de Teatro do Concello de Lugo, dentro da VII Mostra Teatro Galego.18 de xuño ás 20:30 horas.Auditorio Gustavo Freire.

Padrón_A CoruñaEspectáculo de monicreques Barriga verde, a cargo de Viravolta Títeres 26 de xuño ás 21:00 horas.Praza de Macias .

O Porriño_PontevedraActuación de Carlos Blanco.26 de xuño, ás 23:00 horas.Bar Liceum.

PontevedraEspectáculo de humor xestual Brokers, a cargo da compañía Yllana.20 de xuño de 2009, ás 21:00 horas.Centro Social Caixanova.

O Grove_PontevedraActuación do grupo ConCierto Swing27 de xuño ás 24:00 horas.Clube Náutico.

Vigo_PontevedraExposición: Do Neoclasicismo ao Naturalismo na arte galega. Colección doMuseo de Pontevedra.Ata o 12 de xullo.Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixanova .

OurenseConcerto de Luis Eduardo Aute, de presentación do seu novo disco Autorre-tratos, volumen 3.23 de xuño ás 21:00 horas. Auditorio Municipal.

Compostela_A CoruñaRepresentación de Palabras encadeadas, a cargo da compañía Talía Tea-tro.25 e 26 de xuño, ás 21:00 horas.Teatro Principal.

Page 3: Kalaikia 33

xuño09

3

Alonga ruta que conduce ata o sepulcro do Apósto-lo foi visitada por millóns de peregrinos dendetempos inmemoriais e dende os últimos recun-chos do Mundo antes coñecido como Finis Terrae.

A meta do peregrino é o sepulcro do Apóstolo Santiago, quepredicou naquelas terras, e, tras ser executado en Israel noano 44, os seus discípulos embarcárono nunha nave sen tri-pulación que arribou soa na Iria Flavia, moi preto de Padrón,onde foi enterrado. Posteriormente trasladáronse os seusrestos á veciña Compostela, sobre cuxo sepulcro construíu-se o gran templo, epicentro simbólico do movemento pere-grino.

Tal é o punto de partida do que nace O Apóstolo, o novoproxecto artellado por Fernando Cortizo. Falamos dunhacinta de animación que conta con actores reais. Non, nonestamos a falar de misturas do estilo de Roger Rabbit nincousas dese estilo, senón que os personaxes están deseña-dos en función dos actores participantes no proxecto: LuisTosar, Carlos Blanco, Celso Bugallo, Xosé Manuel Olveira“Pico”, Manuel Manquiña, Jorge Sanz, e ata Geraldine Cha-plin ou Paul Naschy. Todos eles perfectamente recoñeciblese identificables na súa versión animada. Velaí é nada.

A historia, lonxe de ser un relato de peregrinaxes, é unconto de aventuras. Un convicto recen fuxido do cárcere tra-tará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha soli-taria e apartada aldea, Xanaz. Pero o que alí atopará supónunha condena aínda maior da que xa sufriu: sinistros an-ciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un estraño sacer-dote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago cruzarán osseus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía.

A aldea á que chega o noso amigo tamén ten a súa pro-

pia historia. Xanaz agóchase nas montañas de Lugo, enchi-da de pedras milenarias e bosques misteriosos. En 1348, enpleno apoxeo do camiño de Santiago un peregrino afectadopola Peste Negra chegaba a Xanaz. Ao principio ninguénsospeitou das súas estrañas manchas e a súa alta febre ataque foi demasiado tarde. Clausuráronse as casas e queimá-ronse os cadavres pero, a pesares de todo, a enfermidadecomezou a correr as súas anchas polo lugar. Xanaz, conver-

teuse nun pobo maldito, aínda que ninguén puido saír nun-ca de alí para contalo....ata agora.

O dito: aventura, maldicións, tesouros, peregrinos, pai-saxes e ata a Santa Compaña absorven o protagonismodesta cinta que nestes intres se está a preparar, que estáprevisto estrear o 25 de xullo do xubilar ano que vén, e que,de seguro, vai petar con forza. Porque se hai algo de que an-dan sobrados os responsables é de imaxinación. Un exem-plo: nestes intres de crise económica galopante, a alternati-va para sacar adiante proxectos coma este é a do que pode-riamos chamar “multicoprodución”. Que que é iso? Pois al-go tan sinxelo como que calquera pode participar na súa fi-nanciación sen grandes inversións. A partires dos 30 euros,ti mesmo podes entrar a coproducir a cinta e participar, noseu momento, dos beneficios que poda xerar. Se estás inte-resado podes atopar toda a información na súa páxina web:www.oapostolo.es/.

manrique_fernández

Page 4: Kalaikia 33

xuño

094

Montar unha banda co teu ir-mán non che asegura o éxito,pero pode ser un punto a fa-vor. Descoñezo se hai estu-

dos sobre o tema, se o estreito vínculo fa-miliar pode facilitar que a sensibilidade ar-tística aflore dun xeito máis natural, peronon podemos negar que montar un grupoco teu irmán mola. Así o demostra a multi-tude de casos, de maior ou menor éxitoque se produciron na historia, desdeAC/DC a Oasis, pasando por Dire Straitsou The Psychedelic Furs. Os resultadosdeses supostos estudos deberían dupli-carse no caso de Maryland, pois temosdúas parellas de irmáns.

Están Rubén (guitarra e voz) e PabloCastelo (baixo e voz) e tamén Arturo (gui-tarra e voz) e Jaime Gutiérrez (batería),catro mozos que rozan a trintena e que seunen en decembro de 2007 para formarMaryland, unha banda que bebe directa-mente do son americanode bandas de power-pop como The Po-sies, Weezer, JimmyEat World ou NadaSurf, e que o 15 de

xuño presentaron o seu primeiro disco,Surprise (Ernie Producións), un traballoconciso, potente, infestado de guitarras emelodías pop. “Sempre haberá gruposcoma nós” aseguran, “pois o noso estilonon é consecuencia das modas”. E teñenrazón. As súas cancións son o ABC dopop, como se practicou desde que os Be-atles axitasen o planeta.

No seu primeiro ano percorren Galiciacon enorme aceptación, tocando con xen-te como Deluxe, Dover, Vacazul, os seusamigos Holywater ou Los Lobos. Asomana cabeza en varios festivais (Rosal Rock,Festas do Cristo da Vitoria), son finalistasdo concurso Nsaio No Camiño, e ata rea-lizan unha breve incursión en terras cata-lás (Gavá e Barcelona). Así entran a for-mar parte da inevitable e irresistible esce-na musical viguesa. “Claro que existe un-ha escena, e esta é potentísima”, afirman.Pero Maryland non é unha banda máis, eson conscientes diso. “Hai un estilo moimarcado, nós soamos de xeito dife-

rente. Nonpretende-

mos in-n o v a rnin nos

importan as tendencias. Só continuamosfacendo o noso son”.

A finais de 2008 entran nos estudosAreamaster (Vigo), onde deseñan conPancho Suárez o seu primeiro traballo.Deciden enviarlle un tema a Jaime Gar-cía, líder de Sexy Sadie, coa intención deque colabore con eles, pero a reaccióndeste é inesperada, pois amósase entu-siasmado e invítaos a Mallorca para re-matar a gravación no seu estudo UrbanProducciones. O traballo de Jaime é mi-nucioso. Grava pandereitas, voces, multi-tude de arranxos e rebaixa o peso das gui-tarras substituíndo algunhas por teclados.A consecuencia disto deciden incorporara Iván Patiño, teclista, como quinto Mary-land, curiosamente primo de Cristovo deThe Homens, rizando o rizo en canto aotema de parentescos do que falaba antes.

Asúa música é directa e natural, comounha boa relación entre irmáns. En cal-quera caso, trátese ou non dun asunto de

familia, Surprise se-rá, con seguri-dade, un dosdiscos máisexci tantesdo ano.

Mary

land:

un as

unto

de fa

milia

sergio_lagartija

Page 5: Kalaikia 33

Aconvivencia. Ah, a conviven-cia. Esa teima do ser humanopor mergullarse entre os outrosseres humanos que polo mun-

do pululan. Difícil papel o de conxugar aidentidade propia do individuo coa convi-vencia con outras culturas, outras inque-danzas, outros sentires...

Aconvivencia. Ah, a convivencia. Quediaños é a convivencia? Se alguén podedefinila son, sen dúbida, Xabier Arakistaine Emma Dexter. Que por que? Pois por-que por algo son os comisarios da exposi-ción que nos achega o MARCO de Vigo, áque deron en chamar Living together. Es-tratexias para a convivencia. A mostra,producida polo Centro Cultural Monteher-moso de Vitoria-Gasteiz, xira “en torno ánoción de convivencia no mundo contem-poráneo e aos valores sociais e políticosque a conforman”, en palabras dos comi-sarios.

Insistimos en que é unha tarefa fartocomplicada iso de definir a convivencia,pero para achegármonos un pouco a esacuestión a mostra reúne un total de cator-ce artistas dispares. Si, certo: o propioconcepto da exposición vén sendo outra

reviravolta sobre a convivencia. Ou nonun exercicio de convivencia calqueramostra colectiva?

Todos eles exhiben pezas realizadasnos últimos seis anos ou traballos crea-dos de maneira específica para este pro-xecto, que van dende a fotografía á video-creación, instalacións, pinturas, escultu-ras... Todo un abano no que exhibir esascualidades para convivir cos traballos dosoutros.

“A partir dunha reflexión sobre a plu-ralidade de grupos e suxeitos da socieda-de actual, Living together ofrece distintasvisións das narrativas e valores que regu-lan a idea de convivencia”, e volven falaros comisarios, que din que enfocaron amostra “como un exercicio de análise,reunindo a colectivos e artistas de dife-rentes procedencias que, dende posi-cións críticas, investigan sobre o concep-to de convivencia e sobre o papel que xo-gan os sistemas de representación nomundo contemporáneo”. Dito queda.

A convivencia. Ah, a convivencia.Neste mundo que nos tocou vivir, no que oindividualismo parece querer avanzar apasos axigantados e absorver todo o queatopa ao seu redor, convén deterse decando en vez para contemplar o noso en-torno e máis para reflexionar un pouco so-bre todas as cousas que nos rodean. Emergullarnos na arte como elemento re-flexivo e incitativo da convivencia.

Porque alguén é capaz de negarmeque “convivir” vén sendo algo moi pareci-do a “vivir con arte”? Pois apliquémonos oconto.

xuño09

5

+info

que_Living together. Estratexias para a convivenciaonde_Salas de exposición do 1º andar. Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo.cando_Ata o 20 de setembro (horario: martes a sábados de 11:00 a 21:00 h.; domingos de 11:00 a 15:00 h.

m._fernández

Mai

-Thu

Per

ret.

Nico

le E

isenm

an.

Delaine Le Bas.

Daniel Baker.

Reflexiónsencol damecánicadaconvivencia

Page 6: Kalaikia 33

xuño

096

-PORQUE BENZÓN?-É unha forma de dar as grazas dunha

maneira moi espiritual. En galego é un hi-perenxebrismo. Quería darlle as grazas ámúsica tradicional, á música de autor,...

-OS CRÍTICOS ACOSTUMAN A ETIQUETAR.GÚSTACHE QUE CLASIFIQUEN A TÚA MÚSICA?

-É algo inevitable. Póñenche etique-tas porque senón non és ninguén. Eu teñotraballos moi distintos pero non me impor-tan as etiquetas. Eu fago música dendeGaliza, galega e universal.

-EU DIRÍA QUE A TÚA MÚSICA É INTIMISTA...-Eu son así. Realmente todo o que fa-

go sae de dentro, é verdade.-A MÚSICA TRADICIONAL SEGUE A SER PRO-

TAGONISTA EN TI. NON ESQUECES AS ORIXES,VERDADE?

-Para nada. As orixes están aí e nonquero obvialas. Van mudando co respectoao pasado pero están aí. Un non é nin-guén sen o seu pasado. Gústame o con-cepto do local ao universal, de ceos aber-tos. Somos 25 artístas galegos, de aquí,pero cunha idea de universalidade.

-COLABORACHES EN TRABALLOS ALLEOS E

AGORA ÉS TI QUEN BOTA MAN DOUTROS MÚSI-COS. QUE TAL A EXPERIENCIA?

-Era importante conseguir ese puntoplural que hai na música galega. Era moidificil darlle unha música distinta a cada

arranxista e que soara. Non quixen facerun traballo en serie. A experiencia, ao fi-nal, foi increible.

-ENTRE AMIGOS...-Si e outros que o serán a partir de

agora.-EN BENZÓN APARECEN CIDADES COMO

PARÍS OU LA HABANA. AS VIAXES MARCAN AOS

MÚSICOS?-Sempre marcan. Por exemplo a La

Habana fun de viaxe cuns compañeiros eo tema xurdiu nunha conversa no aero-porto.

-NON O VEREMOS EN DIRECTO...-O directo é imposible. Habería que

montar unha banda...

“…e sabedor dos seus amores co señor de Vran-deville, gardei o anel xunto coas súas cartase resolvín iniciar unha viaxe longa, para fu-

xir así dos meus pesadelos, ou tal vez para enfrontarme aeles […] Esta era, máis ou menos, a cuestión: ou me atre-vía eu a desafiar os seus novossentimentos por Vrandeville[...] axeonllado no Arco daGrand Place co anel naman e un discurso leal[...] ou ben aceptaba es-coitar as voces que desdea miña conciencia lembra-ban as traizóns cometidas, a dorque eu lle causara a vostede […] E

decidín que nin sequera a posibilidade de perdela parasempre, querida, debería impedir que eu facilitase a súamerecida procura de felicidade […] E se decido agora es-cribirlle estas liñas, é co ánimo de que remate vostede pa-ra sempre cos restos da esperanza que arruínan cada undos días da miña existencia. Dígame que o seu amor por

min está morto, seco, como as follas de outono [...] Sóasí poderei vivir sereno outra vez […] a esperanza,

que tantas veces brinda a luz precisa para transi-tar o mundo, é agora un anaco de metal afundido

nas miñas entrañas […]”Fragmento da carta de M. Olivier Strech a Mme.

P. Dupin. Abril, 1823. Biblioteca Orsay de Gante.

*Andrés Mahía é guionista

mentiras andrés_mahía*

Guadi Galego (cantante) / POR ANTÓN FERNÁNDEZ

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súascancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Agora presentao seu novo disco, Benzón, no que tivo o bo ollo de rodearse degrandes músicos e letristas de aquí que revitalizan e perpetúancunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular.‘O que fago

sae dedentro’

AES

PERA

NZA ,

ESE

CANC

RO

Page 7: Kalaikia 33

xuño09

7

Pode que «yes, we can» sexa unha frase popularizada porBarak Obama, pero moito antes de que o presidente nor-teamericano a empregase como lema da súa campaña

electoral este xa era o berro de guerra dos seguidores de Bobo construtor, unha serie infantil que comezou a emitirse en1999.

Como o título pode levar a engano, será mellor aclarar queBob o constructor non é unha serie protagonizada por un pro-motor inmobiliario que se dedica a especular. Iso sería dema-siado didáctico para os nenos e aquí o que se trata é de telosentretidos con contos sen conexión coa realidade.

Só nun mundo de ficción poden existir Bob e as máquinasque o axudan. Para os adultos, ver a un albanel que mellora acalidade de vida dos seus veciños mediante as súas repara-cións resulta demasiado irónico. Acostumados a Pepe Goteray Otilio, ese dúo de chapuzas tan español, Bob o constructorpreséntase como o representante ideal dun gremio cunha ma-

la sona gañada a marteladas.Para que a fantasía fose perfecta, a esta serie só lle falta

un banqueiro que conceda créditos sen intereses.

*Jacobo Paz é guionista

4:3 jacobo_paz *

BOB

OCO

NSTR

UTO

R,“Y

ES, W

ECA

N”queres darte a coñecer? [email protected]

‘Non admira quen máis mi-ra senón aquel que pen-sa o que ve”. Con esta ci-ta reflectida no seu pri-

meiro traballo do 2008, Daga de 2 pun-tas lanza unha invitación non só a apre-ciar a súa música, senón tamén a criti-cala, pois a propia banda afirma entrerisas que “a opinión e a competenciafainos mellorar cada día, aínda que aofinal fagamos sempre o que nos apete-za”.

Eles son Sabela Cerezo, Anxo Ca-sales, Kiri Cabaleiro, Rafa González eFran Leboso, e a historia é a que segue:no ano 2006, Rafa e Fran quedan paratocar coa idea de estudar música xun-tos, pero pronto esa mesma idea gustaa máis xente ata darlle forma ao que ho-xe é Daga de 2 Puntas. Co tempo, eaínda sen unha intencionalidade clarade subírense a un escenario, a agrupa-ción decátase de que conta cunha for-mación estable, un repertorio propio, eademais forza de abondo, gañas a es-galla, e ilusión a moreas. Velaí a orixede todo.

Son rapaces de entre 17 e 24 anosque no pasado mes de agosto presen-taron en directo a súa primeira maque-ta, que quixeron bautizar como Todopor un concerto (parece que xa lles em-pezaban a tirar os escenarios!!) E foi di-rectamente na casa: na Praza do Con-cello do Porriño, a terra do granito. Na-

queles días venderon ata 400 exempla-res daquela primeira gravación. “Estefeito motiva máis se cabe a seguir coaevolución desta forma de vida” que pa-ra eles é a música, aseguran.

Dende aquelas datas pasearon oseu traballo por prazas, salas e locaisde España e Portugal e acadaron o so-ño de que a música trocase as súas vi-das ata o punto de que o pasado mesde maio xa estaban presentando noFestival de Curtas de Cans o seu pri-meiro vídeoclip Qué más da, dirixidopor Ana Diz e Andreia Táboas.

Logo dun ano nos escenarios, man-teñen un repertorio de versións e de

cancións propias nas que amosan asúa debilidade por un pop-rock influídopor unha morea de estilosque van dende o chillao hip-hop, house,progressive, ska eata o reggae, entreoutros.

Din que están a traballaren novo material e que non vantardar en volver ao estudo degravación para darlle forma ao seu pri-meiro disco ofricial, así que haberá queestar atentos. Mentras, poderemos se-guir a súa andaina pola internet a travésde www.dagade2puntas.com.

Daga de 2 puntas,pop-rock de granito

Page 8: Kalaikia 33

8xuño

09ka

laikia

@ap

eneir

a.co

m 98

6.66

0.98

6 w

ww

.ape

neira

.com

Dire

cción

: Guil

lermo

Rod

rígue

z Co

ordin

ador

: Dieg

o Girá

ldez

Dese

ño: M

anriq

ue Fe

rnán

dez

DP: V

G 12

53-2

008

ISSN

: 188

9-46

4X

enm

a_río

s

Hexed:A serie que Emma Ríosconverteu enmáxicaHexed a serie que a galega Emma Ríos fi-

xo para Boom! Studios en Estados Unidosfoi todo un éxito e isto motivou que a edito-ra xa anunciase a publicación dun volume

recompilatorio en capa dura que chegará ás tendas ovindeiro mes de xullo.

Esta serie conta con catro volúmenes e foi publi-cada simultaneamente en formato papel e na webdesde a que se pode descargar gratuitamente nomyspace da editorial Boom!Studios.

O guionista de Hexed foi Michael Alan Nelsoncreador de títulos como Dead Run, Cthulhu Tales,Dominion, Last reign ou Full of Cthulhu: King of warse a cor correu a cargo de Cris Peter que ten traballa-do en The Savage Brothers, Thombie Tales ou Fall ofCthulhu entre outros. Emma Ríos ocupouse tanto datinta como do lápiz.

É a historia dunha ladroa xuvenil, Luci JenniferInacio Das Neves – “Lucifer”, con poderes sobrena-turais e que acompañada dun pequeno peluche é ca-paz de viaxar a outros universos paralelos e contac-tar con espíritus de toda índole. Nesta ocasión vai servítima dunha chantaxe e terá que arriscar a súa pro-pia vida.

“Lucifer” naceu como secundario na serie deCthulhu Tales da mesma editorial, pero o guionistaquixo desenvolver ao personaxe nunha serie particu-lar. Trátase dun mociña capaz de saltar do romanceao gore sen desentonar.

No que respecta ao traballo de Emma foi capazde adaptarse ás esixencias do guión e recrear á per-fección os momentos de loita épica cos inimigos asícomo os de debate interno da protagonista. A galegaestá dotada dunha extraordinaria capacidade paraencher os seus debuxos de dinamismo e cinética. Écapaz de lograr que unha secuencia típica de conver-sación adquira unha inercia visual que fai atractiva vi-sualmente tramos da historia que doutro xeito seríanmoito menos dixeribles. É unha narradora visual quenon dubida en arriscar á hora de parcelar a páxinacoas viñetas e que gusta de romper da uniformidadecompositiva na que outros caen.

Consegue crear ambientes enigmáticos e pertur-badores rodeando ás figuras humanas de formas ex-tranas e envolventes que recrean un ambiente máxi-co e conseguen transportar ao lector a outra dimen-sión da realidade.

Realmente chega a cuotas nas que o lector pare-ce deslizarse por un divertido tobogán de atractivasescenas nas que xoga moi ben co “tempo” das ac-cións.

Ademais Emma non escatima esforzos á hora dexogar cos enfoques de cámara e cando a acción o re-quire móvenos entre picados, contrapicados e vi-sións de 3/4 que describen a situación e aos perso-naxes dun xeito casi tridimensional.

A esta arousana que comezou como arquitectaagárdaa un futuro brillante como autora de bandadeseñada.

x.r._couñago