Jesús Bal y Gay

12
Jesús Bal y Gay (1905-1993) Músico e Musicólogo Galego

Transcript of Jesús Bal y Gay

Page 1: Jesús Bal y Gay

Jesús Bal y Gay(1905-1993)

Músico e Musicólogo Galego

Page 2: Jesús Bal y Gay

Ten un interese amplo polas artes, tamén pola literatura e a pintura. A través das canles das que dispón no Lugo desa época, como a libraría Alonso, consegue partituras e libros dos mellores músicos.

Acabados os estudos secundarios, vai para Madrid a estudar Enxeñaría, despois proba os estudos de Medicina mais finalmente decide dedicarse á Música.

Naceu en Lugo en 1905

1917-1921 O pequeno Suso é capaz de conciliar os estudos de bacharelato cos de música (piano).

Page 3: Jesús Bal y Gay

En 1924 contribúe á fundación da revista lucense de arte Ronsel. Nela deixa o seu pensamento acerca da recuperación cultural de Galicia cara á universalidade.

Marabilla a opinión pública co seu primeiro libro “Hacia un ballet gallego”. Propón a introdución da danza para ir alén na estética da música galega do momento (coros), xa que as artes de escenografía, coreografía e vestiario estaban sen desenvolver.

Page 4: Jesús Bal y Gay

En 1925 ingresa na madrileña “Residencia de Estudiantes”, onde se converte nun motor e referente na organización de actividades artísticas.

Alí trata con personalidades da cultura como Buñuel, Ortega, Juan Ramón Jiménez, García Lorca …

Pola Residencia pasan Stravinsky, Pullain, Ravel, Falla, que achegan o coñecemento das vangardas musicais europeas, o modernismo musical.

Tamén coñece os músicos do “Grupo de los ocho” , entre eles Rodolfo Halffter , co que manterá amizade no seu futuro exilio común mexicano.

Page 5: Jesús Bal y Gay

Non esquece Galicia: inicia a colaboración co xornal “El Pueblo Gallego”, de Vigo e publica O momento actual da música galega na revista Nós.

En 1927 volve a Compostela para o servizo militar e ingresa no Seminario de Estudos Galegos. Dieste, Maside e Castelao apóiano na súa faceta galeguista.

Comeza xunto co musicólogo asturiano Martínez Torner o traballo de recolleita en campo para o Cancioneiro Galego, que levan a cabo durante cinco veráns.

Page 6: Jesús Bal y Gay

En 1928 vai de novo para Madrid, á Residencia, para se integrar no “Centro de Estudios Históricos” de Menéndez Pidal, quen o orienta cara ao estudo da canción do S. XVI en castelán.

A tarefa de acabar o Cancioneiro Galego será encomendada a Martínez Torner.

Bal aínda publica O folklore musical de Melide, dentro do monográfico Terra de Melide elaborado polo Seminario de Estudos Galegos e editado por Nós

Nese período compón Seis pezas para Canto e Piano encol de verbas de Amado Carballo, e “Suite para orquesta”.

Page 7: Jesús Bal y Gay

En 1933 casa coa pianista e compositora Rosa García Ascot, discípula de Falla.

Falla tamén se converte nun faro e referente para Bal y Gay, como compositor e ensaísta.

En 1935 Bal y Gay publica Treinta canciones de Lope de Vega

É convidado para un lectorado en Cambridge, a onde se traslada o matrimonio.

Page 8: Jesús Bal y Gay

A rebelión militar e a barbarie de 1936 cóllenos de vacacións en Lugo, non obstante regresan a Cambridge a cumpriren coas súas obrigas laborais.

Desde o exterior colaboran coa axuda aos nenos refuxiados bascos.

En 1938 Rosita viaxa a París e Bal vai para México, onde se incorpora como investigador dentro do sistema de acollida para os intelectuais exiliados da República española.

Canto ao Cancioneiro Galego, aínda non terminado: Martínez Torner tenta pór os materiais a salvo da guerra.

Page 9: Jesús Bal y Gay

En 1939 Rosita chega a México e inician así unha longa estada de 25 anos nese país.

Bal intégrase no proxecto de Carlos Chávez para o desenvolvemento da vida e cultura musicais mexicanas, ao que contribúe cunha intensa e fecunda actividade.

Rosita abre unha galería de arte.

Fan amizade con Igor Stravinsky e a súa muller Vera.

Ao contrario doutros exiliados que fican para sempre en México, eles senten moitas saudades e teñen sempre mentes de volver.

Bal y Gay mantén algún contacto coa cultura galega interior e no exilio, mediante colaboracións nas revistas Alfar e Grial.

Page 10: Jesús Bal y Gay

Como musicólogo, profesor e crítico musical:

Publica “Romances y Villancicos españoles del siglo XVI”

Inicia a publicación de artigos de crítica musical no diario “El Universal” e no “Excelsior”.

1947 Director do Departamento de Investigacións Musicais do Instituto Mexicano de Belas Artes.

Publica “Cancionero de Upsala” e “Tesoro de la Música Polifónica en México”.

1957-1964 Profesor de apreciación musical e Investigador no Instituto de Investigacións Estéticas na Universidade Autónoma de México.

Publica monográficos de estudo sobre Chopin e Debussy

Page 11: Jesús Bal y Gay

Como compositor:

Compón “Sonata para clarinete y piano”, “Oda a Don Quijote”, “Fantasía para dos violas” e unha orquestración para o Concerto nº 6 de Brandemburgo, de Bach.

Compón xunto con Carlos Chavez e Blas Galindo, o ballet “Quijote”.

Entre 1942 e 1947 Estrea “Serenata para cuerdas”, “Cuatro piezas para canto y piano”, “Tres piezas para gran Orquesta” , “Divertimento para cuarteto de maderas”, “Hojas de álbum”

Entre 1949 e 1952 Compón “Epigrama a Carlos Chávez” e “Concerto Grosso”

Compuña pola “necesidad insoslayable e imperiosa de expresarme”

Page 12: Jesús Bal y Gay

En 1965 Jesús e Rosita volven a Madrid, onde fixan definitivamente a súa residencia.

Bal y Gay imparte aulas nos cursos de verán Música en Compostela.

A Fundación Barrié de la Maza da Coruña encárgalle acabar o traballo do Cancioneiro Galego, cos materiais que Martínez Torner puido pór a salvo na Guerra Civil.

O Cancioneiro publícase no 1974.