IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE … · DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012...

23
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5977 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012 pola que se convocan probas selec- tivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de produción, grupo I, pola quenda de promoción in- terna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade. O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve con- vocar probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de produción, do grupo I, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes Bases da convocatoria 1. Normas xerais. 1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza va- cante na categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de pro- dución, do grupo I, do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. 1.2. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse se- paradamente e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre. 1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso. 1.4. O sistema de selección da persoa aspirante será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta con- vocatoria. 1.5. A adxudicación da praza á persoa aspirante que supere o proceso selectivo efectua- rase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I. 1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II. CVE-DOG: cdvr6ev9-rf96-pz46-yvo6-hsxqu1cjk4u6

Transcript of IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE … · DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012...

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5977

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012 pola que se convocan probas selec-tivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de produción, grupo I, pola quenda de promoción in-terna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve con-vocar probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de produción, do grupo I, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza va-cante na categoría profesional de técnico superior de investigación, animalario de pro-dución, do grupo I, do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse se-paradamente e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

1.4. O sistema de selección da persoa aspirante será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta con-vocatoria.

1.5. A adxudicación da praza á persoa aspirante que supere o proceso selectivo efectua-rase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5978

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

1.7. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do em-pregado público, Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función públi-ca, Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, os estatutos da USC, aproba-dos polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia, o Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008) e as bases desta convocatoria.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para seren admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato, os seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado, ao cal, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos espa-ñois e dos nacionais de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se en-contre en España en situación de legalidade, sendo titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadada a idade de xubilación.

c) Estar en posesión do título grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equiva-lentes. No caso de que as persoas aspirantes posúan unha titulación académica estranxei-ra, para poder participar no proceso selectivo, deberán ter homologado previamente o título de acordo co previsto na lexislación española.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5979

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

d) Posuír a categoría profesional D do Real decreto 1201/2005.

e) Será requisito indispensable para o ingreso, ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos a persoa aspirante declarará, ao facer a solicitude de participación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorporarse.

f) Non estar separado de servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da función pública.

g) Non estar sancionado coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 70 do Convenio colectivo para persoal laboral da USC.

h) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no punto 3.4.2 desta convo-catoria para as persoas discapacitadas, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

b) Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

c) Pertencer a unha categoría distinta que a da praza ofertada nesta convocatoria.

d) Ter unha antigüidade efectiva de polo menos seis meses como persoal laboral fixo na categoría a que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá solicitalo ao reitor da USC na solicitude segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convo-catoria no Boletín Oficial del Estado.

As persoas aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola que se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5980

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

– Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

– Documento acreditativo de posuír a categoría profesional D do Real decreto 1201/2005.

– Fotocopia do anexo V ao que se fai referencia na base 11 desta convocatoria.

– Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua gale-ga). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a par-ticipar deberán presentar:

– Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo.

– Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

– De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes que estean exentas da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do caste-lán, xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas, e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5.

Os antigos diplomas de español nos seus niveis intermedio e superior serán equivalen-tes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decreto 264/2008, nos seguin-tes termos:

a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (ni-vel B2).

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5981

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

b) O diploma de español (nivel superior) será equivalente ao diploma de español (ni-vel C2).

3.2. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a solicitude, non sendo valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente, nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

3.2.1. Certificado acreditativo dos servizos prestados, en que conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedido pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

3.2.3. O certificado acreditativo dos extremos indicados nos anteriores apartados 3.2.1. e 3.2.2. (certificaranse os cursos que constan no expediente) expedirase de oficio para as persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solicitude da persoa aspirante.

3.2.4. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

3.2.5. En calquera momento a universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.3. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos puntos anteriores farase no Rexistro Xeral da Universidade, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xe-rome, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela), no Rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de servizos administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. Bernardino Pardo Ouro, Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no arti-go 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.4. Os dereitos de exame serán de 40,74 €, que se ingresarán na conta de Novagalicia Banco, Oposicións, número: 2080-0388-20-3110000646. Para realizar o ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5982

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

En ningún caso a presentación e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitu-ción do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.4.1. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes, e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

3.4.2. Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e tamén as per-soas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50% da taxa, os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando orixinal ou copia compulsada da cualificación do grao de dis-capacidade ou do carné de familia numerosa segundo corresponda.

Tamén se aplicará unha bonificación do 50%, á inscrición no proceso selectivo, solici-tada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, solicitarase nas oficinas do Servizo Público de Emprego e presenta-rase coa solicitude.

3.4.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto o reintegro reali-zarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.5. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% indicarán na súa solicitude as necesida-des de adaptacións específicas e o seu motivo.

4. Admisión de persoas aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da USC ditará resolu-ción que declare aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5983

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, na cal constará o nome e apelidos das persoas excluídas, o número de DNI, así como as causas que motivasen a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dis-porán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motiva-ran a exclusión.

4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admiti-das, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

4.4. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta resolu-ción esgotará a vía administrativa, e poderase interpor contra ela recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.5. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8 desta convocatoria.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convoca-toria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.2. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5984

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ao reitor da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a poderá solicitar dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.4. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Dia-rio Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3.

5.5. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acor-dará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.6. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.7. Dentro da fase de oposición, o tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previs-tos.

5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, limitándose a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Estes asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel ca exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutros fun-cionarios para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5985

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes a que se refire o número 3.5. participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicita-das, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de forma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba a realizar.

5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal ex-cluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primei-ra da letra L, de conformidade co establecido na Resolución do 1 de febreiro de 2011, da Consellería de Facenda.

6.2. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamen-to, e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectua-rase nos locais onde se realizase o primeiro deles así como na Reitoría da universidade, na páxina web http://www.usc.es/xerencia/tribunais/tribunais.htm, ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación, cunha antelación de, polo menos, 24 horas á sinalada para a súa iniciación.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5986

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

6.5. Persoas aspirantes con nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas as-pirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, en que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto; sendo necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición.

Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diploma de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declaradas exen-tas, debendo, en consecuencia, realizar a proba descrita anteriormente.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo de audiencia á persoa interesada, deberá propor a súa exclusión ao reitor da USC, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas pola persoa aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

Contra esta exclusión, poderase interpor recurso perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7. Listaxe de persoas aspirantes aprobadas.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública, no lugar ou lugares da súa realización, na sede do tribunal, na páxina web http://www.usc.es/xerencia/tribunais/tribunais.htm e naqueloutros que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes que acadasen o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida e do documento acreditativo da identidade.

7.2. As persoas aspirantes disporán de tres días hábiles, contados a partir do día se-guinte ao da realización de cada exercicio, para presentar reclamacións ás preguntas for-muladas polo tribunal no correspondente exercicio.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5987

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

7.3. Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de sete días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para pre-sentar reclamacións ás cualificacións.

7.4. A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez realizado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.5. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. No caso de empate, a orde de prelación será a seguinte: maior puntuación na fase de oposición, maior puntuación na fase de coñece-mentos específicos, maior idade e orde alfabética.

7.6. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a listaxe das persoas aspi-rantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada unha delas, fosen se-leccionadas, e que en ningún caso poderá conter un número de persoas superior que o de prazas convocadas. A dita relación, que será elevada polo tribunal ao reitor da universidade xunto coa proposta de contratación a favor da persoa aspirante que figure nela, será publi-cada no taboleiro de anuncios da reitoría.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de persoas aprobadas na Reitoría da universidade, a persoa aspirante que figure nela deberá presentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela) a seguinte documenta-ción:

a) Fotocopia compulsada do DNI ou do documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Documento que acredite, de ser o caso, a residencia legal en España.

c) Fotocopia compulsada do título exixido.

d) Fotocopia compulsada da acreditación da categoría profesional D do Real decre-to 1201/2005.

e) Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado/a para o exercicio das

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5988

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están so-metidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

f) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das corresponden-tes funcións.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos ex-presados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a do-cumentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado/a como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Contratación como persoal laboral fixo.

9.1. Concluído o proceso selectivo, a persoa aspirante que o superase, será contratada como persoal laboral fixo. A súa contratación efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

9.2. O período de proba será de seis meses, durante os que o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, agás os deriva-dos da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable a quen estivera con anterioridade desenvolvendo funcións similares na USC.

10. Adxudicación do posto de traballo.

10.1. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33% poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. A solicitude deberá ir acompañada dun informe ex-pedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5989

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

11. Listaxes de espera.

11.1. Elaboraranse listaxes de espera, tanto para promoción interna como para acceso libre, coas persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición distinto do de galego. Para estes efectos, e co fin de determinar a opción por campus, as persoas aspirantes presentarán a solicitude que figura como anexo V desta convocatoria, xunto coa solicitude de admisión ás probas selectivas.

12. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publica-ción, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá inter-poñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

Juan José Casares Long Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I Denominación da praza: técnico superior de investigación, animalario

de produción

O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cuali-ficacións que a continuación se indican:

I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a continuación se indi-can para as quendas de promoción interna e de acceso libre, agás as exencións previstas na descrición do primeiro e cuarto exercicio.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5990

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o cuarto que será obrigatorio e non eliminatorio, para as persoas que se presenten pola quenda de acceso libre.

As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada proba co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do n.º 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

Primeiro exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente, xunto coa solicitude, estar en posesión do certificado Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega.

Este exercicio terá a seguinte estrutura:

Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión escrita.

As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lle facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo.

A duración máxima desta proba será de noventa minutos.

Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión oral.

As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-video, e a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral.

A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante.

Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 120 pregun-tas tipo test con tres respostas alternativas, das cales só unha será a correcta, propostas

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5991

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

polo tribunal e correspondentes ao bloque de coñecementos específicos que figura no programa que se publica no anexo II.

O tempo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo do 60% do total das respostas correctas.

Terceiro exercicio: proba práctica en que as persoas aspirantes deberán deseñar e pla-nificar unha produción nunha colonia de ratas e ratos, no animalario de produción e cuan-tificar, xustificar e elaborar un informe final, a partir dos datos que para o desenvolvemento da proba facilite o tribunal.

O tempo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 35 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 17,5 puntos.

Cuarto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Estarán exentas de realizar este exerci-cio, as persoas aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna.

Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 30 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e corres-pondentes ao bloque de coñecementos non específicos do programa.

O tempo para a súa realización será de 40 minutos, e valorarase de 0 a 5 puntos.

Antes da realización de cada exercicio, o tribunal deberá ter aprobados e publicados os criterios de avaliación e corrección.

II. Fase de concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 35 puntos.

Experiencia: máximo 30 puntos.

• Na mesma categoría ou categoría equivalente nas administracións públicas: valorara-se a 0,40 puntos/mes, ata un máximo de 20 puntos. Non se valorará o tempo traballado en categoría superior por atribución temporal de funcións.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5992

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

• Noutras categorías nas administracións públicas: valorarase a 0,08 puntos/mes, ata un máximo de 10 puntos.

Formación: valoraranse cursos de formación dispensados por centros e organismos ofi-ciais e aqueles que estean debidamente homologados e que garden relación coas funcións da praza convocada, ata un máximo de 5 puntos, do seguinte xeito:

Cursos de formación relacionados coa praza:

• Cursos impartidos: 0,03 puntos/hora.

• Cursos de aptitude recibidos: 0,02 puntos/hora.

• Cursos de asistencia recibidos: 0,01 puntos/hora.

Cursos de formación de lingua galega:

• Celga 5: 0,75 puntos.

• Outros cursos de galego impartidos: 0,03 puntos/hora.

• Outros cursos de galego con aptitude: 0,02 puntos/hora.

• Outros cursos de galego con asistencia: 0,01 puntos/hora.

Cando existan distintos niveis do mesmo curso, só se valorará o de maior nivel. Os cel-gas valoraranse a partir do nivel superior ao exixido na convocatoria para o acceso.

Nos cursos en que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos.

Experiencia: máximo 25 puntos.

• Na mesma categoría ou categoría equivalente na USC: valorarase a 0,40 puntos/mes.

• Na mesma categoría ou categoría equivalente noutras administracións públicas: valo-rarase a 0,10 puntos/mes.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5993

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

• Noutras categorías da USC: valorarase a 0,10 puntos/mes.

Formación: valorarase igual que para promoción interna, ata un máximo de 5 puntos.

Para a valoración da experiencia acreditada en categorías equivalentes noutras ad-ministracións públicas prevista na fase de concurso e para a baremación das listaxes de espera, as dúbidas que xurdan serán resoltas por unha comisión composta por dous re-presentantes da Xerencia e dous en representación do Comité Intercentros. Esta comisión intervirá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e po-derá solicitar información complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións e tarefas das categorías en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

ANEXO II Denominación da praza: técnico superior de investigación, animalario

de produción

Programa

Coñecementos específicos:

1. Lexislación básica de aplicación en animalarios de produción: Directiva 2010/63/UE. Real decreto 1201/2005, do 10 de outubro, sobre protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos.

2. Principios éticos aplicables ao animalario de produción.

3. Xestión do animalario de produción dentro da RIAIDT.

4. Optimización na xestión de colonias de ratas e ratos. Programación da produción de rata e rato. Aspectos que se deben ter en conta.

5. A xestión de stocks no animalario: animais, dietas, leitos.

6. Procesamento de pedidos no animalario de produción. Criterios de clasificación das solicitudes de animais.

7. Rexistro, identificación e control dos animais nas instalacións do animalario de pro-dución.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5994

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

8. Criterios para a rastrexabilidade da orixe dos animais nados no animalario de produ-ción e a súa estabulación.

9. Libros de rexistro do animalario de produción. Anotacións, supervisión e control.

10. Procedementos normalizados de traballo. Elaboración e xestión.

11. Orde do 13 de outubro de 1989: protocolos de mantemento das instalacións e apa-rellos máis importantes no animalario.

12. Protocolos de limpeza e desinfección no animalario.

13. Sistemas de esterilización nun animalario. Autoclave: programas, parámetros.

14. Factores ambientais no animalario de produción. Condicións do ambiente animal. Control de variables ambientais.

15. Barreiras no animalario de produción para o mantemento do status sanitario dos animais.

16. Estabulación, barreiras e bioseguridade.

17. Rutas dentro do animalario. Circuítos para a entrada de material, penso, etc.

18. Bioloxía da rata.

19. Bioloxía do rato.

20. Tipos de modelos animais en función da súa condición xenética.

21. Reprodución en rata e rato. Determinación de sexos.

22. Tipos de cruces. Criterios de elección de reprodutores.

23. Sistemas de cruzamento en colonias de roedores. Cepas Inbred. Cepas Outbred.

24. Ratas e ratos non consanguíneos. Uso en investigación.

25. Xestión dunha colonia de ratos non consanguíneos.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5995

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

26. Patoloxías máis frecuentes en rata e rato.

27. Status sanitario en colonias de roedores. Deseño dun programa, mostraxe e coren-tenas.

28. Métodos de identificación e marcación en rata e rato.

29. Nutrición en rata e rato. Dietas: tipos e presentación.

30. Enriquecemento ambiental.

31. Saúde animal e interferencia coa investigación e reprodución.

32. Benestar animal. Identificación de condutas anómalas en rata e rato.

33. Transporte dos animais de laboratorio e benestar animal.

34. Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado de animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio: eutanasia en roedores. Aspectos éticos, legais e prácticos.

35. Eliminación de residuos no animalario. Procedementos xerais.

36. Principais riscos e normativa de prevención no traballo con animais de experimen-tación.

37. Riscos específicos no animalario. Zoonose e alerxia.

38. Etioloxía dos accidentes laborais nun animalario.

39. Vixilancia da saúde dos traballadores expostos a axentes biolóxicos.

Coñecementos non específicos:

1. A Constitución de 1978: estrutura e contido.

2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrati-vos.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5996

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución e termi-nación. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. O silencio adminis-trativo.

4. Os recursos administrativos.

5. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais bá-sicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

6. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, de universidades.

7. Dereitos e deberes lingüísticos na USC.

8. Creación e réxime xurídico das universidades públicas.

9. Estatutos da USC (1): réxime económico e financeiro.

10. Estatutos da USC (2): órganos de goberno unipersoais e colexiados. Clases e réxi-me xurídico do PAS.

11. Convenio colectivo do persoal laboral da USC.

12. Políticas públicas para a igualdade efectiva de homes e mulleres.

13. A calidade na universidade española. Organismos que xestionan a mellora da ca-lidade nas universidades. Instrumentos utilizados para a xestión, mellora e avaliación da calidade universitaria: conceptos básicos.

14. A Declaración de Boloña. Integración do Sistema Universitario Español no Espazo Europeo de Educación Superior. O sistema de transferencia de créditos (ECTS). Princi-pais elementos do crédito ECTS e a súa diferenza co actual sistema español. Os créditos ECTS e as cualificacións. Situación actual na Unión Europea en relación co crédito euro-peo.

15. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5997

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Nota: as referencias normativas deste programa poden verse afectadas polas modifi-cacións que se produzan ata a data do exame, e nese caso deben entenderse referidas á lexislación en vigor.

ANEXO III Denominación da praza: técnico superior de investigación, animalario

de produción

• Tribunal titular:

Presidente: Manuel Alejo Aldegunde Villar, catedrático de universidade do Departamen-to de Fisioloxía da USC.

Vogais:

– José Antonio Costoya Puente, profesor titular do Departamento de Fisioloxía da USC.

– Elena Vázquez Martínez, persoal laboral do grupo IV 1 da USC.

– Beatriz Barral Montaña, persoal laboral do grupo III da USC.

Secretario: José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administra-tiva da USC, que actuará con voz e voto.

• Tribunal suplente:

Presidente: Ramiro Barreiro Pérez, persoal laboral do grupo I da USC.

Vogais:

– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral do grupo I da USC.

– Albina Román Castro, persoal laboral do grupo I da USC.

– Carmen Espiñeira Regueiro, persoal laboral do grupo IV 1 da USC.

Secretaria: Inés Martínez Bermúdez, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5998

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO IV (por triplicado)

Universidade de Santiago de Compostela

Solicitude de admisión a probas selectivas para persoal laboral

1. CONVOCATORIA 1. DENOMINACIÓN DAS PRAZAS CONVOCADAS Técnico superior de investigación, animalario de produción

2. DATA PUBLICACIÓN ANUNCIO BOE:

3. SISTEMA DE ACCESO

LIBRE PROMOCIÓN INTERNA

4. GRAO DE DISCAPACIDADE

---------------%

5. RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

SI NON

6. TAXAS Importe dereitos de exame 40,74 €

Exención de taxas discapacidade Exención de taxas familia numerosa especial Bonificación 50% familia numerosa xeral Bonificación 50% desempregado

7. NO CASO DE DISCAPACIDADE, ADAPTACIÓN QUE SOLICITA E MOTIVO:

2. DATOS PERSOAIS

2.1. NIF 2.2. PRIMEIRO APELIDO 2.3. SEGUNDO APELIDO 2.4. NOME

2.5. DATA DE NACEMENTO Día Mes Ano

2.6. PROVINCIA DE NACEMENTO 2.7. LOCALIDADE DE NACEMENTO 2.8. TELÉFONO/CORREO E.

2.9. ENDEREZO

2.10. CÓDIGO POSTAL

2.11. MUNICIPIO

2.12. PROVINCIA 2.13. NACIONALIDADE

3. TÍTULOS ACADÉMICOS OFICIAIS

EXIXIDOS NA CONVOCATORIA

4. SERVIZOS PRESTADOS

SERVIZOS PRESTADOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: SI NON SERVIZOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS: SI NON

De proceder o reintegro de oficio dos dereitos de exame, transferiranse á seguinte conta:

DATOS BANCARIOS (imprescindible cubrir os 20 díxitos) NOME ENTIDADE BANCARIA CÓD. BANCO

CÓD. SUCURSAL

D.C.

NÚMERO DE CONTA

LOCALIDADE BANCO

OFICINA OU SUCURSAL CÓDIGO POSTAL

Se non figuran estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame. O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ás probas selectivas a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e especialmente os requisitos sinalados por esta convocatoria, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

, de de 2012

(Sinatura) Este formulario non é válido sen o selo ou impresión mecánica da entidade bancaria. Ingreso na conta n.º 2080-0388-20-3110000646. Novagalicia Banco. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6

DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 5999

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO V

Universidade de Santiago de Compostela Solicitude de inscrición na listaxe de espera derivada do proceso selectivo convocado

por Resolución do 30 de xaneiro de 2012

1. DENOMINACIÓN DA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DE PROCESO SELECTIVO:

Técnico superior de investigación, animalario de produción

ACCESO LIBRE PROMOCIÓN INTERNA

2. OPCIÓN PARA CONTRATOS DE TRABALLO POR CAMPUS: Marque cunha X o recadro da súa opción

Campus Compostela Campus Lugo Campus Compostela e Lugo

3. DATOS PERSOAIS

3.1. NIF 3.2. PRIMEIRO APELIDO 3.3. SEGUNDO APELIDO 3.4. NOME

3.5. TELÉFONO:

3.6. CORREO ELECTRÓNICO

3.7. ENDEREZO

3.8. CÓDIGO POSTAL 3.9. MUNICIPIO

3.10. PROVINCIA

……………………………………., ……….. de…………… de 2012.

(Sinatura)

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

CV

E-D

OG

: cdv

r6ev

9-rf

96-p

z46-

yvo6

-hsx

qu1c

jk4u

6