IV AGRUPACIÓN DO EXÉRCITO GUERRILLEIRO DE GALICIA

2
Fontao, Abellá, Frades, guerrilla, memoria Hogano terra de moito prado e pasto, aínda locen rexos carballos, pouco eucalipto: Abellá, Frades, onde o 21 de abril de 1947 a Garda Civil cerca un grupo de guerrilleiros. Mata a tiros a Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz Pan e ao Asturiano, de quen se tardou aínda tempo en coñecer o seu nome, Manuel Rodríguez. Todos os tres membros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Hai algúns anos que, de boca a boca, e na actualidade tamén a través do correo electrónico, familia e amigos, entre os máis dilixentes os coñecidos Mero e Mini, convocan para lembrar o cabodano. Este 2009 xuntámonos algo máis de 30 persoas o 25 de abril, pois cadraba en sábado o aniversario da Revolución dos Cravos portuguesa, 4 días e 62 anos máis tarde de que en Fontao, a aldea onde nacera Ponte, comunista, guerrilleiro, xastre ambulante de profesión como fora seu pai, asasinaran os tres guerrilleiros. Alí deixamos chantada unha pedra que reproduce a bandeira da IV Agrupación da guerrilla, e que pon, en letras vermellas: "O día 21 de abril de 1947 aquí morreron Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz Pan e Manuel Rodríguez, O Asturiano, en defensa da liberdade. 25 de abril de 2009 . Nas fotos podedes ver a pedra entre Avelino Pousa e Maruchi Ponte, filla do guerrilleiro. Houbo varias intervencións, alguén falou do soño da República Galega, resoaron versos de Ferrín: "E no medio do exército popular e furtivo, representando ás xentes de cada día, un home con sintaxe perfecta de río ou de cabalo, dixo que non ao fascio e atrincherou os altos herdos que recibimos no reducto das águias. E por tras dil as clases do traballo mercado: mariñeiros, labregos -lenta patria!-, operarios apoiaron a rubia rebelión da montaña". Asistiron curiosas ao acto media ducia de vacas frisonas, seguramente xa nacionalizadas galegas, que xa deben ser elas de moitas xeracións das nadas en Galicia. Despois dunha peza de gaita de Raúl Galego, que tamén nos guiou co seu instrumento para que cantásemos o himno, levamos caraveis ao cemiterio de Abellá, ao panteón, o único sen cruz, onde están depositados os cadáveres dos tres guerrilleiros. Máis intervencións, máis versos de Ferrín, unha estrofa que lle gustaba especialmente ao irmán de Díaz Pan, que asistía cada ano ao acto e que nos deixou hai menos dun mes: "Dende a noite de pedra que cantou Celso Emilio, dende a cadea, dende a sotana e a tralla, reclamamos que volvas, compañeiro da ialba. Comandante caído, Ponte, rebezo, chaira do corazón. Qué volva a reinar nos curutos a espranza guerrilleira, a rebelión armada".

description

Homenaxe en Fontao

Transcript of IV AGRUPACIÓN DO EXÉRCITO GUERRILLEIRO DE GALICIA

Page 1: IV AGRUPACIÓN DO EXÉRCITO GUERRILLEIRO DE GALICIA

Fontao, Abellá, Frades, guerrilla, memoria

Hogano terra de moito prado e pasto, aínda locen rexos carballos, pouco eucalipto: Abellá, Frades, onde o 21 de abril de 1947 a Garda Civil cerca un grupo de guerrilleiros. Mata a tiros a Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz Pan e ao Asturiano, de quen se tardou aínda tempo en coñecer o seu nome, Manuel Rodríguez. Todos os tres membros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Hai algúns anos que, de boca a boca, e na actualidade tamén a través do correo electrónico, familia e amigos, entre os máis dilixentes os coñecidos Mero e Mini, convocan para lembrar o cabodano. Este 2009 xuntámonos algo máis de 30 persoas o 25 de abril, pois cadraba en sábado o aniversario da Revolución dos Cravos portuguesa, 4 días e 62 anos máis tarde de que en Fontao, a aldea onde nacera Ponte, comunista, guerrilleiro, xastre ambulante de profesión como fora seu pai, asasinaran os tres guerrilleiros. Alí deixamos chantada unha pedra que reproduce a bandeira da IV Agrupación da guerrilla, e que pon, en letras vermellas: "O día 21 de abril de 1947 aquí morreron Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz Pan e Manuel Rodríguez, O Asturiano, en defensa da liberdade. 25 de abril de 2009 . Nas fotos podedes ver a pedra entre Avelino Pousa e Maruchi Ponte, filla do guerrilleiro. Houbo varias intervencións, alguén falou do soño da República Galega, resoaron versos de Ferrín: "E no medio do exército popular e furtivo, representando ás xentes de cada día, un home con sintaxe perfecta de río ou de cabalo, dixo que non ao fascio e atrincherou os altos herdos que recibimos no reducto das águias. E por tras dil as clases do traballo mercado: mariñeiros, labregos -lenta patria!-, operarios apoiaron a rubia rebelión da montaña". Asistiron curiosas ao acto media ducia de vacas frisonas, seguramente xa nacionalizadas galegas, que xa deben ser elas de moitas xeracións das nadas en Galicia. Despois dunha peza de gaita de Raúl Galego, que tamén nos guiou co seu instrumento para que cantásemos o himno, levamos caraveis ao cemiterio de Abellá, ao panteón, o único sen cruz, onde están depositados os cadáveres dos tres guerrilleiros. Máis intervencións, máis versos de Ferrín, unha estrofa que lle gustaba especialmente ao irmán de Díaz Pan, que asistía cada ano ao acto e que nos deixou hai menos dun mes: "Dende a noite de pedra que cantou Celso Emilio, dende a cadea, dende a sotana e a tralla, reclamamos que volvas, compañeiro da ialba. Comandante caído, Ponte, rebezo, chaira do corazón. Qué volva a reinar nos curutos a espranza guerrilleira, a rebelión armada".

Page 2: IV AGRUPACIÓN DO EXÉRCITO GUERRILLEIRO DE GALICIA

Os que tiñamos lecer fomos, a seguir, degustar as troitas na acolledora taberna que ten aberta Benigna Gómez Gómez, filla do represaliado alcalde republicano de Mesía, Antonio Gómez Carreiro. Na sobremesa, Benigna, a nosa amable taberneira, sentouse a tomar café con nós, para acompañármonos e para lle deixar claro máis unha vez aos seareiros cales son as súas simpatías ideolóxicas, que escoran cara a esquerda en terras de dereitas. Gozou con tod@s nosoutr@s da conversa e das cantigas que, alternándose, Mini e Miro Casabella interpretaron. Faltaba Mero, que tiña un compromiso e non puido asistir este ano. Para rematar, unha derradeira nota sobre a subvención da pedra que ficou chantada na aldea de Fontao, a carón da casa onde asasinaron os compañeiros da guerrrilla. Antes de xantar, alguén contou os comensais. Botou as contas e díxonos: "tocamos a tanto por cabeza, por riba do prezo da comida, a pedra hai que pagala". E así se fixo. Houbo xente da Oliveira de Teo no acto, orgullosa e contenta de ter participado nel. Teo, Abril de 2009.