Introdución á literatura galega 1

35
INTRODUCIÓN Á LITERATURA GALEGA 1 CURSO 2012-2013 DAVID FERNÁNDEZ PÉREZ

Transcript of Introdución á literatura galega 1

Page 1: Introdución á literatura galega 1

Introdución á literatura galega 1

CURSO 2012-2013David Fernández Pérez

Page 2: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

2

CONTENIDOS

TEMA I. A LITERATURA GALEGA: CONCEPTO, DELIMITACIÓN E PECULIARIDADES DO SISTEMA LITERARIO GALEGO. A LITERATURA GALEGA E O(S) SEU(S) CANON(S). PERIODOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA.

TEMA II. A LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA. MARCO HISTÓRICO. VIXENCIA E USOS DA LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA. A LÍRICA PROFANA MEDIEVAL. A LÍRICA RELIXIOSA. A PROSA HAXIOGRÁFICA E HISTÓRICA. A PROSA DE FICCIÓN. TEXTOS A COMENTAR.

TEMA III. OS SÉCULOS ESCUROS: CRONOLOXÍA E TEXTOS FUNDAMENTAIS (ATÉ 1808). IMPORTANCIA DOS SONETOS RENACENTISTAS, BARROCOS E PRERROMÁNTICOS. OS ILUSTRADOS GALEGOS. TEXTOS A COMENTAR.

TEMA IV. O PRE-REXURDIMENTO. CRONOLOXÍA E ASPECTOS HISTÓRICOS E LITERARIOS (1808-1861). TEXTOS A COMENTAR.

TEMA V. O REXURDIMENTO. CONCEPTO E LÍMITES CRONOLÓXICOS. A POESÍA DO REXURDIMENTO. A TRÍADA CANÓNICA: EDUARDO PONDAL, ROSALÍA DE CASTRO E MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. TEXTOS A COMENTAR.

TEMA VII. A PROSA DO REXURDIMENTO. NOVELA E RELATO. MARCIAL VALLADARES, ANTONIO LÓPEZ FERREIRO E OUTRO NARRADORES DE INTERESE. O TEATRO. PRENSA E PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS. TEXTOS A COMENTAR.

TEMA VIII. TEMPOS DO AGRARISMO. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS. PRINCIPAIS VOCES LITERARIAS. TEXTOS A COMENTAR.

Page 3: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

3

A Literatura Galega: concepto, delimitación e peculiaridades do sistema literario galego. A literatura galega e o(s) seu(s) canon(s). Periodoloxía da literatura galega. A literatura galega é a literatura escrita en lingua galega. Aínda que existen partidarios de estudar a galegos que escriben noutra lingua que non sexa a lingua galega. Por exemplo. Valle-Inclán é galego e escribiu moi pouco en lingua galega pero o seu éxito foi en lingua castelá.

Ademais, estes partidarios tamén inclúen obras que recibiran influenzas de Galicia ou da lingua galega. Hai que ter en conta que esta opinión non é a máis estendida nin a máis aceptada polo que a primeira opción queda como a opción máis estándar.

Sobre a bibliografía, aparece na guía docente da materia un conxunto de materiais moi elaborados é de gran información básica coma a complementaria. Como manual destacable desta materia cabe destacar: Literatura Galega. Aportacións a unha historia crítica de Anxo Tarrío Varela.

A literatura galega, coma noutras linguas, teñen os seus canóns. Na literatura galega aparecen un conxunto de autores que constitúen o canon literario da lingua galega. Estes canons poden ser: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. Aínda que existan posturas favorables a Rosalía e outras que aceptan máis a Pondal. De maneira obxectiva hai que aceptar estes tres autores como canóns da literatura galega.

O ámbito máis importante do tema é períodoloxía da literatura galega, amosa unha liña imaxinaria dos grandes períodos históricos literarios da lingua galega. A continuación aparecerá un esquema coas épocas e as datas máis relevantes e logo aparecerá un cadro similar con datos máis profundos.

1. ÉPOCA MEDIEVAL

Comeza ( límite a quo) no 1200 coa aparición dos primeiros textos: Ora faz ost’o senhor de Navarra ( cantiga de escarnio de Joan Soarez de Pavha ou Pavia).

Remata ( límite ad quen) no 1354 coa morte de Don Pedro de Portugal, Conde de Barcelos e fillo do rei Don Dinís, quen doou o Livro das cantigas ( posibelmente o orixinal sobre o cal se fixeron os apógrafos italianos) ao rei Afonso XI de Castela.

2. ETAPA DE DECADENCIA DA LÍRICA GALEGO – PORTUGUESA: ESCOLA GALEGO – CASTELÁ (1354 – finais do século XV)

3. SÉCULOS ESCUROS (de 1483 – morte do Mariscal Pardo de Cela – a 1808 – invasión francesa)

4. PRE – REXURDIMENTO

Page 4: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

4

(1809 – invasión francesa – 1861 – Xogos Florais da Coruña)

5. REXURDIMENTO (1861 – Xogos Florais – 1906 – Real Academia Galega)

6. SÉCULO XX1.6.1. Etapa agrarista ( 1906 – 1916 )1.6.2. Época Nós ( 1916 – 1936/1939)1.6.3. Etapa da ditadura franquista ( 1939 – 1975)1.6.4. Etapa da democracia ( 1975 – ...)

Page 5: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

5

Page 6: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

6

Page 7: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

7

A literatura galego-portuguesa. Marco histórico. Vixencia e usos da lingua galega na Idade MediaGalicia e o norte de Portugal van a quedar xeograficamente moi pronto ao marxe da loita da reconquista. Santiago de Compostela convertese no punto de chegada do famoso Camiño: un conxunto de peregrinos atravesa o norte peninsular para chegar a Santiago de Compostela e visitar a tumba do apóstolo Santiago. Polo tanto tamén circula a cultura, a arte, as novas ideas, os trobadores e xograres de toda Europa. Os dous feitos anteriores, Galicia aparte da Reconquista e foco das peregrinacións cun desenrolo e esplendor da literatura galega en xeral.

Desde os séculos VII-IX o latín falado na antiga provincia romana de Gallaecia vai dando lugar a unha lingua romance chamada galego-portugués. Ata o século XII, Galicia e os territorios do actual Portugal estaban nunha mesma unidade política ata mediados do século XII Galicia se integra no reino de Castelá e León e Portugal queda separada politicamente aínda que segue empregándose o galego-portugués ata finais do século XIV.

A etapa medieval, especialmente a que ocupa os séculos XII, XIII e XIV coñecese co nome de literatura galego-portuguesa en vinculación a unidade lingüística. Seu froito máis destacado son os célebres Cancioneiros, antoloxías de poemas destinados ao canto ou as Cantigas. Nestes cancioneiros recollían os mellores poetas ou trobadores da escola lírica galego portuguesa. A cantiga máis antiga aparece no 1200 coa aparición dos primeiros textos: Ora faz ost’o senhor de Navarra ( cantiga de escarnio de Joan Soarez de Pavha ou Pavia). E remata no ano 1354 coa morte de Don Pedro de Portugal, Conde de Barcelos e fillo do rei Don Dinís, quen doou o Livro das cantigas ( posibelmente o orixinal sobre o cal se fixeron os apógrafos italianos) ao rei Afonso XI de Castela.

O galego nos séculos XII-XV era a lingua de todo o pobo e unha lingua ata certo punto normalizada, é dicir, usábase na vida administrativa, nos contratos, testemuñas e outros documentos xurídicos. Sen embargo, moi pronto comeza a penetración do castelán coma lingua da Administración. Toledo substituirá tamén a Santiago como centro político e cultural. Aparecerá a famosa diglosia galega, o galego só como lingua oral e coloquial e o castelán para a Administración.

No século XIV, nas guerras civís entre Pedro I e Henrique II, a nobreza galega opta polo primeiro que será o derrotado. Como consecuencia, a nobreza e o alto clero galegos serán substituídos por outros de fora de Galicia que traerán coma lingua, o castelán que convértese na lingua da administración, da igrexa e do rural. O galego comeza a usarse coma lingua oral e rural. Por outra parte, o fracaso no século XV das dúas revoltas irmandiñas tamén un duro fracaso para Galicia.

Na guerra civís entre Isabel a Católica e Juana la Beltraneja, Galicia tamén apoia a perdedora. Os Reis Católicos aproveitando esta conxuntura van a impoñer a súa política centralizadora e impoñen o castelán como lingua única.

Page 8: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

8

Esta situación do galego reducido a lingua oral da sociedade máis baixa, a literatura escrita en galego practicamente desaparece. Só permanece como lingua literaria na lírica e na narrativa populares de transmisión oral e anónima. De aí que se coñeza esta etapa que vai comezar que abarca os séculos XVI, XVII e XVIII como os Séculos Escuros da literatura galega.

A lírica profana medieval: Cronoloxía, xéneros das Cantigas e códicesO esplendor da literatura medieval galega concrétase no Códices ou Cancioneiros. Os Cancioneiros son antoloxías dos mellores poemas líricos dos trobadores máis recoñecidos da lírica galega-portuguesa medieval.

Os poemas desta escola lírica reciben o nome das cantigas, porque estaban destinadas ao canto. Ademais conservase a notación musical dalgunha delas. Eran compostos habitualmente por trobadores e cantados por xograres que se acompañaban de instrumentos. Su interpretación realizábase normalmente nas Cortes pero tamén se daban nas festas ou romarías populares.

A escola lírica galego-portuguesa enténdese dende o ano 1200, ano no que pode datarse a primeira cantiga conservada ata 1354, ano da morte de Don pedro, Conde de Barcelos que foi o último gran mecenas dos trobadores desta escola.

A lírica galego-portuguesa está moi influída pola lírica provenzal especialmente da cansó e do serventés e polo chamado amor cortés propagado pola escola provenzal. Nesta lírica a muller era considerada un ser ideal e o trobador a canta aínda que a súa relación sexa señor-vasalo- la dama é a dona ou senhor e o trobador é o servidor.

Na lírica profanan destacan tres xéneros ou tipos característicos de cantigas:

A CANTIGA DE AMIGO é o poema amoroso que o trobador pon na boca dunha moza que expresa algún sentimento como dor pola ausencia do amado, abandono ou desprezo deste, alegría polo encontro, confidencias a nai, irmás ou amigas sobre a experiencia amorosa. Son as vivencias da experiencia amorosa expresadas dende a perspectiva feminina.

A CANTIGA DE AMOR é o poema de tema amoroso posto en boca masculina e que expresa as emocións propias da experiencia amorosa pero neste caso expresadas dende a perspectiva masculina.

A CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR son poemas satíricos que critican algún vicio, mal comportamento o incluso unha persoa concreta que presenta malos comportamentos.

Estes poemas han chegado a nós, fundamentalmente, a través de tres Cancioneiros, pero tamén se conservan outros testemuñas:

Page 9: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

9

CANCIONEIRO DE AJUDA, conservado no palacio real de Ajuda, en Lisboa compilado a finais do século XIII, contén 310 cantigas de amor.

CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA VATICANA: Conservado nesta biblioteca. Foi copiado por orde do humanista italiano Angelo Colocci no século XVI, dun cancioneiro portugués hoxe perdido.

CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA: Copiado tamén no século XVI en Italia, por orde de Colocci, foi encontrado na biblioteca do conde Brancuti e adquirido polo goberno portugués en 1924. Hoxe consérvase en 1924. Hoxe consérvase na Biblioteca Nacional de Lisboa. Contén 1647 composicións dos tres xéneros e un Arte de trovar, na que entre outras cousas caracteriza os tres tipos de cantigas citadas.

O PERGAMIÑO VINDEL é un pergamiño que debe seu nome ao anticuario Pedro Vindel que deu con el en 1915 e contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax coa notación musical de seis delas.

O PERGAMIÑO SHARRER débese o seu nome ao seu descubridor e contén sete cantigas de amigo do rei Don Dinís, tamén con notación musical.

A importancia dos pergamiños Vindel e Sharrer é fundamental para a música, pois os Cancioneiros non conteñen a notación musical para interpretar as cantigas. Grazas a estes dous testemuñas sabemos cómo era a música coa que se interpretaban as cantigas profanas.

Trobadores e outros compositores TROBADOR. O termo trobador é de orixe provenzal e xa aparece acuñado en

textos galego-portugueses do século XIII, con esa palabra designábase aqueles homes que tiñan calidade artísticas no dominio da gramática, a retórica e a música. Algúns trobadores pertencían ás altas clases sociais como a nobreza e ata foron reis como Alfonso X o sabio ou Don Dinís de Portugal. Adoitaban practicar a arte de trobar de xeito desinteresado e polo seu propio pracer. Unha vez composta a Cantiga entregábanlla aos xograres para que interpretase. Os trobadores máis ricos tiñan un xograr ao seu servizo para cubrir estes mesteres. Con todo, tamén había un bo número dos que exercían este oficio que procedían dos baixos estamentos da sociedade. Os trobadores eran, a maioría das veces, os autores e compositores das cantigas, aínda que non sempre as interpretaban.

XOGRAR. Existían dúas clases de xograres, os que vivían viaxando constantemente, realizando as súas representacións nas prazas dos pobos a cambio de diñeiro, e os que tiñan un traballo fixo na Corte do rei ou dun nobre. O xograr adoitaba ser un acompañante do trobador que interpretaba cun

Page 10: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

10

instrumento musical ou simplemente co seu canto. O xograr adoitaba ser de humilde condición aínda que algúns podían acadar a situación de trobador. Por exemplo, o caso de Bernardo de Bonaval.

SEGREIS. Os segreis pertencían a burguesía, deste xeito eran poetas e cantores de profesión aínda que as composicións que interpretaban tamén podía pertencer a outros autores. Socialmente os segreis ocupaban un nivel máis alto que os xograres, xa que adoitaban ser escudeiros. O segrel é unha figura exclusiva da lírica galega.

SOLDADEIRAS. Eran mulleres que se dedicaban a cantar, bailar e tocar instrumentos musicais acompañando aos xograres ou segreis. A soldadeira de maior fama é María Pérez ou máis coñecida co pseudónimo de María Balteira

Entre os séculos XIV e XV aparece a figura dos MENESTREIS. eran os encargados da parte musical, xa que se trataba de músicos que tocaban diversos instrumentos e acompañaban aos cantores.

Cantigas de AmigoA cantiga de amigo é o xénero máis característico da escola galego-portuguesa, pois se conserváronse medio millar delas, ofrecendo unha marcada cohesión temática e formal. Nestas cantigas, o personaxe central, a moza presenta seus sentimentos amorosos ou fala simplemente do seu “amigo”. Encóntrase soas ou dialogando cos seus confidentes que poden ser a nai, unha (ou máis) amigas ou/e irmás e a natureza.

Predominan os motivos da despedida e da separación nun ambiente primaveral con flores, paxaros e árbores, e moi común a aparición dunha fonte, dun río ou do mar. Estes ambientes tratarán os subxéneros das cantigas e teñen un forte simbolismo erótico.

Na cantiga de amigo, ao contrario da cantiga de amor, hai referencias ao aspecto físico da moza, hai cualificativos estereotipados e diminutivos, ademais de ter palabras arcaicas ou estranxeiras. O “amigo”, a quen menciona case sempre no primeiro verso, non ten outros atributos que o mozo ao que ama ou ao que sospeita de amar.

En canto a forma, os trobadores ou os xograres raras veces introducen a cantiga de mestría e hai un predominio da estrofa de seis versos e a cantiga de tres estrofas. Estas cantigas caracterízanse polo emprego do dístico con refrán. A primeira estrofa síguelle outra que é a súa copia literal pero con rimas cambiadas, para lograr isto existen uns procedementos dos que un é a inversión no orde das palabras. Estilo popular e orixe autóctono

Outro procedemento é a substitución dun término por outro máis ou menos similar, este recurso coñécese co nome de paralelismo literal. Os outros procedementos son o leixaprén e o refrán.

Page 11: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

11

O leixaprén (palabra medieval composta de leixa -deixa- e pren -colle-) é un recurso estilístico característico das cantigas de amigo galego-portuguesas. Consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte. Un exemplo pódese ver nesta cantiga de Martín de Xinzo:

Como vivo coitada, madre, por meu amado, 1.

CA M'ENVIOU MANDADO QUE SE VAI NO FERIDO: 3.

e por el vivo coitada! 2.

Como vivo coitada, madre, por meu amado,

CA M'ENVIOU MANDADO QUE SE VAI NO FOSSADO:

e por el vivo coitada!

LEIXAPRÉN

CA M'ENVIOU MANDADO QUE SE VAI NO FERIDO,

eu a Santa Cecilia de coraçón o digo:

e por el vivo coitada!

CA M'ENVIOU MANDADO QUE SE VAI NO FOSSADO,

eu a Santa Cecilia de coraçón o falo:

e por el vivo coitada!

Como se observa, os versos 2 e 5 (os segundos das dúas primeiras estrofas) repítense como primeiros da 3ª e 4ª estrofas, respectivamente.

1. Los versos escritos en negrita son o recurso chamado PARALELISMO LITERAL.2. Los versos escritos en cursiva son o recurso chamado REFRÁN.3. Los versos escritos sinalados con frechas para maior comprensión, é o recurso chamado LEIXAPRÉN (Aparecen dous

casos)

Page 12: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

12

Cantigas de AmorA cantiga de amor é a que amosa unha maior influenza provenzal, occitánica. É o xénero que mellor reflicte a moda do amor cortés difundida por toda Europa dende o sur de Francia. O estilo é culto. Reciben a concepción de amor como un servizo feudal na que a dama convertese no “senhor” ou a “dona”. Nótase na cantiga de amor un empobrecemento dos temas respecto a cansó.

O eloxio da dama é un dos temas principais da cantiga de amor. Úsanse termos formais para sinalar a presenza das calidades espirituais. Nas cantigas de amor, igual que nas cantigas de amigo, os personaxes nunca teñen nome. Tampouco teñen trazos físicos ou sociais que os identifiquen. Nunca son altos, baixos, rubios ou morenos. A descrición da amada redúcese a xeneralidades, é dicir desaparecen os elementos sensibles ou concretos, limitándose a sentimentos abstractos e a monótona tristeza dos afectos.

O tema predominante da cantiga de amor é o rexeitamento da dama e a tristeza do poeta. A desesperación do amante forma o núcleo de moitas cantigas. Na lírica galego-portuguesa a muller non corresponde aos sentimentos que manifesta o home, rexeitando ao expresar o amor. Él, ante la “senhor” sente medo pavor, non se atreve a declarar seus sentimentos. Sen embargo ao ter que ocultalos durante moito tempo sofre unha batalla interior que produce o enlouquecemento do poeta e incluso a súa morte (polo menos morte poética).

Predominan as catro estrofas de sete versos, octosílabos o decasílabos, como a cansó occitana. Usando o dobre o mordobre, os trobadores logran un tipo de paralelismo que consiste na repetición dos mesmos motivos u outros, en tódalas estrofas. A sintaxe complícase con relación a cantiga de amigo: Na cantiga de amor constrúese, ao comezo, cada estrofa como unidade complexa, rica en subordinacións.As cantigas discorren mediante construcións e encabalgamentos sucesivos do principio ao fin de cada estrofa, son a maior parte as de amor. Emprego do paralelismo, encabalgamento e presenza do dobre e do mordobre son procedementos das cantigas de amor.

Cantigas de escarnio e maldicirEsta cantigas representan a poesía satírica galego-portuguesa derivada del sirventés provenzal.

Polas definicións dadas no “arte de trobar”vemos que en principio, existía unha entre as dúas sátiras. Nas cantigas de escarnio falan mal de alguén por medio de ambigüidades, e xogos semánticos, palabras encubertas. O nome da persoa non é revelado, faise unha referencia velada e indirecta a persoa burlada, para que o destinatario non sexa recoñecido utilizando palabras con dobre sentido. A linguaxe ´ñe traballada, chea de sutilezas e ambigüidades, o poeta utiliza la ironía e é mordaz.

Page 13: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

13

Nas de maldicir, o poeta expresa unha sátira directa e sen dobre sentido. É común a agresión verbal á persoa satirizada, e moitas veces son utilizados vulgarismos, insultos e palabras obscenas. O nome da persoa satirizada pode o non pode ser revelado. Estas cantigas se ben presentan algunhas diferenzas na forma de presentar o mesmo tema en realidade poden considerarse un xénero unitario, por non haberen diferenzas sistemáticas, pois seguen un mesmo modelo. non hai grandes diferenzas entre elas

Entre as cantigas de escarnio e maldicir, pódense distinguir varios subxéneros: Invectivas persoais, sirventeses políticos e morais e sátiras literarias.

Subxéneros das cantigasDentro da cantiga de amigo a crítica establece distintos subxéneros, tendo en conta os diferentes motivos o temas que nelas se traten:

MARIÑAS O BARCAROLAS, se desenrolan nun paisaxe mariño. Dentro desde grupo cabe destacar as do almirante Paio Gómez Chariño, nunha delas a amiga amosa a súa alegría porque o amado deixa des er almirante e iso o libra dos perigos. As sete cantigas de Martín Codax, que transcorren nun paisaxe mariñeiro vigués. É de especial mención Seíame eu na ermida de San Simón, a máis célebre cantiga galega. Nela a amiga expresa seu desacougo porque o amigo non chega, mentres ela o espera na illa de san Simón.

CANTIGA DE ROMARÍA, presenta un asunto amoroso que se desenrola no marco dunha romaría popular: la moza encontra seu amado na romaría e pide permiso a súa nai para poder verse con seu amado. Salientaron no cultivo deste subxénero: Airas Nunez, Johan Servando, etc.

ALBAS, a alba de orixe provenzal narra a despedida dos amantes ó vencer despois de teren pasado a noite xuntos alertados polos berros dun vixía que anuncia a mañá que chega. É célebre a de Nuno Fernández Tormeol

BAILADAS, nela una moza sola con seus amigas, baila mentres espera a chegada do amigo. Es célebre a de Airas Nunes. Trátase de composicións destinadas á danza coral exprésase nelas a alegría de amar e de vivir. Todas presentan paralelismo e leixaprén.

CANTIGAS DIALOGADAS, nestas cantigas a moza dialoga sobre os seus sentimentos coa nai, coas irmáns, o coas amigas.

CANTIGAS MONOLOGADAS, nestas cantigas a moza dialoga cos elementos da natureza e expresa seu angustia ante a espera amorosa. Como por exemplo a Cantiga de Martín Codax, onde o confidente da moza e o mar de Vigo.

CANTIGAS PSEUDODIALOGADAS, Nestas cantigas a moza dialoga sola e aparece un receptor sen diálogo.

Page 14: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

14

Xéneros menores TENZÓN, é unha cantiga dialogada na que dous trobadores inician un

enfrontamento satírico. Se Conservan uns trinta textos deste tipo e todos eles datables entre 1250 e 1280. Existe ademais a variante chamada “partimen” ou “joc partic”.

CANTIGA DE SEGUIR, cantiga que imita a outro poema, a imitación pode ser literal ou con modificacións. Imítase a música, a estrutura, o refrán, o retrouso , etc. Normalmente derivan das cantigas de escarnio, pero hai algún exemplo de seguimento de cantigas de amigo.

PRANTO, Cantiga que expresa dor pola morte dun personaxe ilustre. Se conservan cinco texto, catro son de Pero da Ponte

Xéneros contaminados DESACORDO, Cantigas de orixe provenzal que presentan alternancia do esquema

métrico dunha estrofa a outra , ou alternancia de lingua o temas. Se conservan no máis de cinco cantigas.

PASTORELA, Cantigas que falan do amor entre pastores e discútese que sexa un subxénero das cantigas de amor ou de amigo.

LAI, Cantigas centradas na queixa amorosa e cunha modalización narrativa. Seu contido está vinculado a materia de Bretaña. Se conservan cinco textos, tres deles traducións de lais franceses. En ocasións son considerados subxéneros das cantigas de amor ou de amigo.

Clasificación das Cantigas segundo os seus recursos formais.

CANTIGA DE MESTRÍA: acostuma ter catro estrofas. Carece de refrán (estribillo). Utilízase sobre todo nas cantigas de escarnio e nas cantigas de amor. Teñen a súa orixe na poesía dos trobadores provenzais e é de orixe culta.

CANTIGA DE REFRÁN: O seu elemento característico é o retrouso (refram). A orixe é popular. É frecuente sobre todo nas cantigas de amigo.

Autores CANTIGAS DE AMIGO AMBIENTADAS NA MARIÑA.

Page 15: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

15

1. MARTÍN CODAX: Xograr o segrel de orixe galega, as constantes referencias a Vigo contidas en todas as súas cantigas agás unha é unha proba do seu centro xeográfico da súa actividade poética. Aínda que de clase humilde, as condicións técnicas e retóricas das súas composicións amosan unha educación en ambientes clericais ou aristocráticos. A datación do pergamiño Vindel, que contén a melodía de seis das súas cantigas de amigo, no ultimo terzo do século XIII, permite situar a actividade de Martín Codax a mediados ou no terceiro cuarto do século XIII.

Mia irmana fremosa, treydes comigoa la igreja de Vig’, u é o mar salido.

E miraremos las ondas!

Mia irmana fremosa, treydes de gradoa la igreja de Vig’, u é o mar levado.

E miraremos las ondas!

A la igreja de Vigo, u é o mar salido,e verra i mia madr’ e o meu amigo.

E miraremos las ondas!

A la igreja de Vigo, u é o mar levado,e verra i mia madr’ e o meu amado

E miraremos las ondas!

2. MENDINHO: Xograr galego, orixinario de Vigo, onde aínda existe unha ermida consagrada a San Simón, ermida cantada por Mendinho na súa cantiga. Non hai deste xograr ningunha información, xa sexa documental, xa sexa extraída do seu corto cancioneiro.

Sedia-mi eu na ermida de San Simione cercarom-mi-as ondas, que grandes son.

Eu atendend’o o meu amigu’! E verrá?

Estando na ermida, ant’ o altar,cercaron-mi-as ondas grandes do mar.

Eu atenden[d’o o meu amigu’! E verrá?]

E cercaron-mi-as ondas, que grandes son;non ei [i] barqueiro nen remador.

Eu [atendend’o o meu amigu’! E verrá?]

E cercaron-mi-as ondas do alto mar:non ei [i] barqueiro nen sei sei remar;

Eu aten[dend’o o meu amigu’! E verrá?]

3. PAI GÓMEZ CHAIRINHO: Trobador galego, descendente dunha liñaxe galega asentada na provincia de Pontevedra. Nacería ó redor de 1225, pero súa produción é descoñecida ata 1284, momento no que é nomeado “Almirante do mar”. Con anterioridade a estas

Page 16: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

16

data, só hai referencias a súa figura militar e a súa relación con Alfonso X. A partir de 1284 convértese nunha figura de importancia para o rei sancho IV.

As ffrores do meu amigobriosas van no navyo!

E vanss’ as froresd’ aquí ben con meus amores!

Idas som as froresd’ aquí ben con meus amores!

As froles do meu amadobriosas van no barco!

E vanss’ as frolesd’ aqui ben con meus amores!

Idas son as froresd’ aqui ben con meus amores!

Briosas van no navio,pera chegar ao ferido.

E vanss’ as frolesd’ aqui ben con meus amores!

Idas son as froresd’ aqui ben con meus amores! (…)

CANTIGAS AMBIENTADAS NA NATUREZA

4. PERO MEOGO: Probablemente xograr galego do que se formularon diversas propostas de identificación. A súa colocación no hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos apoia a súa naturalidade galega. Estivo activo durante a segunda metade do século XIII. É de gran relevancia a súa influenza de cervos nas súas cantigas.

Levóus' a louçana, levóus' a velida,vai lavar cabelos na fontana fría,

leda dos amores, dos amores leda.

Levóus' a velida, levóus' a louçana,vai lavar cabelos na fría fontana,

leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fontana fría,passou seu amigo que lhi ben quería,

leda dos amores, dos amores leda.

Vai lavar cabelos na fría fontana,passa seu amigo que muit' a amava,

leda dos amores, dos amores leda. (...)

5. FERNAND ESQUÍO: Trobador galego, membro dos esquío, da pequena nobreza galega. Fernand’ Esquío, pola súa colocación dos cancioneiros estivo activo a finais do século XIII e inicios do XIV. referencias xeográficas das súas cantigas sinalan que se relacionou coas vilas de Santiago e Lugo.

Page 17: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

17

-Que adubastes, amigo, alá en Lug'u andastesou qual he essa fremosa de que vós vus [namorastes?

-Direi-vo-lo eu, senhora, poys me tam bem [preguntastes:

o amor que eu levei de Santiago a Lugo, esse m'aduss'e esse mh- adugo.

-Que adoubastes, amigo, hu tardastes n’outro día, ou qual he essa fremosa que vus tam ben parecía? -Direi-vo-lo [eu], senhora, pois hi tomastes perfía:

o amor que eu levei de Santiago a Lugo, esse m'aduss'e esse mh-adugo. (…)

6. NUNO FERNÁNDEZ (TORNEOL): Trobador do segundo terzo do século XIII, de condición cabaleiro, vinculado ós ambientes da corte castelá de Alfonso X, segundo se deduce se considera que o apelido Torneol é unha alteración.

Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;todalas aves do mundo d' amor dizian:

leda m' and' eu.

Levad', amigo, que dormide' -las frias manhãas;todalas aves do mundo d' amor cantavan:

leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor diziam;do meu amor e do voss' en ment' avian:

leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor cantavan;do meu amor e do voss' i enmentavan:

leda m' and' eu. (…)

CANTIGAS DE ROMARÍAS REFERIDAS A LUGO: Aparecen diversos autores que poden destacar, nesta temática LOPO LIANS, JOHAN DE REQUEIXO E PERO DE VEER.

CANTIGAS REFERIDAS A ESCOLÁ COMPOSTELÁ

7. BERNAL DE BONAVAL: Natural do sudoeste de Galicia, sería un xograr posiblemente ligado a corte senorial dos Sousas, que probablemente frecuentou a corte de Alfonso x o sabio. aínda que se pensa que é natural de Compostela, activo poeticamente na primeira metade do século XIII.

A dona que eu am'e tenho por senhoramostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,

se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meuse por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,

se nom dade-mi-a morte. (…)

Page 18: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

18

8. AIRAS NUNES: Clérigo probablemente galego. Case con total seguridade compuxo as súas cantigas na corte de Sancho IV, no período que decorre entre 1284 e 1289. Atribuíeselle unha colaboración na colaboración da autoría das Cantigas de Santa María. Tivo relacións literarias con Johan Zorro, Nuno Fernández, Don Dinís e Johan Arias de Santiago, outro autor destacado da escola compostelá.

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,so aquestas avelaneiras frolidas,

e quen for velida como nós, velidas,se amigo amar,

so aquestas avelaneiras frolidasverrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,so aqueste ramo d' estas avelanas,

e quen for louçana como nós, louçanas,se amigo amar,

so aqueste ramo d'estas avelanasverrá bailar. (…)

CANTIGAS REFERIDA A AUTORÍA DE REIS

9. DON DINÍS DE PORTUGAL: Fillo de Alfonso III de Portugal e de Dona Beatriz de Castelá, e polo tanto neto de Alfonso X. Naceu en 1261. Reinou dende 1279 ata 1325, data da súa morte. Continuou a liña iniciada polo seu pai, convertendo a súa Corte en fogar de moitos trobadores e no núcleo de supervivencia da tradición lírica galega portuguesa.

Quereu em maneira de proençal fazer agora hun cantar damor, e querrei muiti loar mia senhor

a que prez nen fremusura non fal, nen bondade; e mais vos direi en: tanto a fez Deus comprida de ben

. que mais que todas las do mundo val

10. ALFONSO X: Fillo de Fernando III o Santo e Beatriz de Suabia, naceu en Toledo no 1221. Sen dúbida é protagonista da organización do Estado Medieval da península ibérica. Trobador prolífico e autor das cantigas marianas coñecidas como Cantigas de Santa María, a súa corte converteuse en lugar de encontro de trobadores. O seu reinado coincide coa fase de máximo esplendor da nosa lírica.

Non quer’eu donzela fea Que ant’a mia porta pea

Non quer’eu donzela fea E negra come carvon,

Que ant’a mia porta pea Nen faça come sison.

Esquemas de temática profana

Page 19: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

19

As cantigas de amigo

¿QUEN FALA? A VOZ POÉTICA OU “EU LÍRICO” (NON CONFUNDIR COA AUTORÍA): UNHA MOZA EXPÓN OS SEUS SENTIMENTOS AMOROSOS.

PALABRAS CLAVE: AMIGO (“ AMADO”) TEMAS: DESTACA A EVOCACIÓN DO AMIGO, QUE NORMALMENTE ESTÁ AUSENTE, QUE

SE PODE CONCRETAR EN SUBTEMAS COMO O AMOR ENTRE A MOZA E O AMIGO, A OPOSICIÓN DA NAI E DAS IRMÁNS, A AXUDA DAS AMIGAS PARA QUE INTERCEDAN, A COITA OU A TRISTURA DA AUSENCIA, A LEDICIA POLO E O ENCONTRO DO AMIGO, O DESEXO DE ATOPALO, ETC.

VOCES: MONODIALOGADAS (SÓ FALA A AMADA OU A MOZA), PSEUDODIALOGADAS (SÓ FALA A MOZA AÍNDA QUE APAREZAN PERSONAXES COMA A NAI, IRMÁNS OU A NATUREZA) E DIALOGADAS (FALA A AMADA OU A MOZA E OUTROS PERSONAXES COMA A NAI, IRMÁNS OU AS AMIGAS). NORMALMENTE SON CANTIGAS DE REFRÁN.

CÓMO SE DIRIXE AO AMIGO? POIS DIRECTAMENTE OU INDIRECTAMENTE. PERSONAXES: A MOZA, O AMIGO, A NAI, A IRMÁ (S), A AMIGA (S) E A NATUREZA. AMBIENTES: RURAL - POPULARES (COMA A MARIÑA, A FONTE), DOMÉSTICOS - SOCIAIS

(COMA A IGREXA) OU CORTESÁNS. TIPO DE AMOR: AMOR GALAICO (REALISTA, CON FORTE PRESENZA FEMININA E DA

NATUREZA COMO MARCO, SÍMBOLO ERÓTICO E ELEMENTO ANIMADO) SÍMBOLOS: SON IMAXES PROPIAS DA LÍRICA POPULAR E NELAS OS ELEMENTOS DA

NATUREZA XOGAN UN PAPEL FUNDAMENTAL COMO CONFIDENTES DO AMOR OU SÍMBOLOS DESTE AMOR (A AUGA COMO SÍMBOLO DA FERTILIDADE, O MAR COMO SÍMBOLO DA PAIXÓN OU SEPARACIÓN DOS AMANTES, O VENTO E OS CERVOS COMO SÍMBOLOS VIRÍS. EN DEFINITIVA SON DESCRICIÓNS DE ESCENAS COTIÁS DE ESCENAS COTIÁS OU EXPRESIÓN DA SENSUALIDADE E DO EROTISMO.

TIPOS DE CANTIGAS DE AMIGO: ALBAS (AMBIENTADAS NO MENCER), BAILADAS (CANTIGAS DE TON FESTIVO NAS QUE SE CONVIDA Á DANZA), BARCAROLAS OU MARIÑAS (REFERENCIAS AO MAR, AO RÍO OU AS FONTES) E ROMARÍAS (AMBIENTADAS ARREDOR DUNHA ERMIDA OU UN SANTUARIO)

RECURSOS FORMAIS: LEIXAPRÉN (OS DOUS SEGUNDOS VERSOS DE DÚAS PRIMEIROS VERSOS DAS DÚAS SEGUINTES), PARALELISMO (CONSISTE EN REPETIR NUN VERSO, O VERSO ANTERIOR), REFRÁN (RETROUSE QUE SE REPITE TRAS CADA ESTROFA)

AUTORES: MARTÍN CODAX, MENDINHO…

As cantigas de amor

Page 20: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

20

QUEN FALA? UN HOME NAMORADO MANIFÉSTALLE O SEU AMOR Á DAMA, DA QUE É UN SERVIDOR.

PALABRA CLAVE: SENHOR (OU DONNA) CARACTERÍSTICAS: INFLUENZA DA CANSÓ PROVENZAL QUE SE PLASMA NUNHA CONCEPCIÓN DO

AMOR COÑECIDA COMO “AMOR CORTÉS” QUE REFLICTE AS RELACIÓNS FEUDAIS: O TROBADOR É UN FIEL VASALO DA DAMA DA QUE ESTÁ NAMORADO. ESTA É IDEALIZADA, GAÑA EN CALIDADES ÁS DEMAIS, MESMO AOS ELEMENTOS DA NATUREZA. A MULLER É SOLTEIRA E MÓVENSE NAS LIÑAS DE AMOR PLATÓNICO, DE AÍ UNHA MENOR PRESENZA DO EROTISMO E SENSUALIDADE CON RESPECTO AS CANTIGAS DE AMIGO.

TEMAS: DESENVÓLVESE O MUNDO DAS RELACIÓNS HOME/MULLER VISTAS SEMPRE DESDE UN POSICIONAMENTO IMPOSÍBEL. ESE AMOR NUNCA SE PODERÁ REALIZAR CONVERTÉNDOSE NUNHA FONTE DE SUFRIMENTO OU DOR. DESTACAN ESPECIALMENTE DOUS TÓPICOS: O ELOXIO DA DAMA OU A COITA DO AMOR.

VOCES: MONÓLOGO LÍRICO E SUBXECTIVO. ATENDENDO A Á PRESENZA OU AUSENCIA DE REFRÁN, PODEN SER CANTIGAS DE MESTRÍA (INFLUENCIADAS POLA LÍRICA PROVENZAL, SEN REFRÁN E CON MÁIS ARTIFICIOS E METROS) OU CANTIGAS DE REFRÁN (INFLUENCIADAS POLA LÍRICA TRADICIONAL, MÁIS PRÓXIMAS ÁS CANTIGAS DE AMIGO)

CÓMO SE DIRIXE AO AMIGO? POIS DIRECTAMENTE OU INDIRECTAMENTE. PERSONAXES: A SENHOR OU A DONA, O NAMORADO. PODEN APARECER OUTROS PERSONAXES

PERO SEN MOITA COSTUME. AMBIENTES: NORMALMENTE SON CORTESANOS, REFERIDOS AO AMOR FEUDAL. TIPO DE AMOR: AMOR CORTÉS(IDEALISTA, E CUNHA RELACIÓN ENTRE OS AMANTES TOMADA

DA SOCIEDADE FEUDAL: VASALO – SENHOR OU TROBADOR - DAMA) RECURSOS FORMAIS: A CANTIGA DE AMOR É MÁIS COMPLEXA CA DE AMIGO. PODEN APARECER

DOBRES (REPETICIÓN DUNHA MESMA PALABRA NA MESMA POSICIÓN NOUTRO VERSO), MORDOBRES (REPETICIÓN DO LEXEMA DUNHA PALABRA NA MESMA POSICIÓN NOUTRO VERSO), ATAFINDAS (UNIÓN ENTRE ESTROFAS), FIINDAS (CONXUNTO DE UN OU MÁIS VERSOS SITUADOS AO FINAL DA CANTIGA A MODO DE CONCLUSIÓN), COBRAS (REPITEN A MESMA DISTRIBUCIÓN DA RIMA EN TODOS OS VERSOS AÍNDA QUE PODEN RIMAS SÓ ALGUNHAS OU AS PARES9

AUTORES: DON DINÍS DE PORTUGAL, PERO DA PONTE…

As cantigas de escarnio e maldicir

Page 21: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

21

QUÉ SON? CANTIGAS INFLUENCIADAS POLO SIRVENTÉS PROVENZAL E A TRADICIÓN BURLESCA POPULAR. SON UN ÚNICO XÉNERO AÍNDA QUE EXISTAN DIFERENZAS ENTRE UNHAS E OUTRAS

CARACTERÍSTICAS: SÁTIRA DUNHA PERSOA CONCRETA OU DUN ARQUETIPO SOCIAL. OI SEU OBXECTIVO É DIVERTIR AO AUDITORIO, AÍNDA QUE HAI ALGUNHAS MORALIZANTES. O RISO VÉN DADO POLA ESAXERACIÓN E A CARICATURA.

TEMAS: SÁTIRA OU SIRVENTÉS MORAL (FANSE AMARGAS CONSIDERACIÓNS SOBRE CUESTIÓNS MORAIS QUE AFECTAN AO HOME), SÁTIRA LITERARIA ( SON FRECUENTES AS CANTIGAS DE ESCARNIO QUE SE DIRIXEN A OUTROS TROBADORES OU XOGRARES FACENDO PARODIAS AS CANTIGAS DE AMOR OU AMIGO, RIDICULIZANDO A ARTE E O INDIVIDUO POLAS SÚAS ESCASAS CALIDADES TROBADORESCAS), SÁTIRA POLÍTICA E MILITAR , SÁTIRA SOCIAL (SON AS MÁIS EMPREGADAS, TEÑEN DIVERSOS ASUNTOS E DIRÍXENSE A PERSONAXES CONCRETOS)

CÓMO SE DIRIXE AO CRITICADO? INDIRECTAMENTE (CANTIGA DE ESCARNIO) OU DIRECTAMENTE (CANTIGA DE MALDICIR)

RECURSOS FORMAIS: PODEN SER CANTIGAS DE MESTRÍA OU REFRÁN. IRONÍAS, XOGOS DE PALABRAS, LÍTOTES, DUPLOS SENTIDOS, PALABRÓNS, TABÚS OU EUFEMISMO DEPENDENDO A CANTIGA, LINGUAXE COLOQUIAL, VULGAR E OBSCENA.

AUTORES: ALFONSO X, FERNAND ESQUÍO, JOHAN ZORRO…

A Lírica RelixiosaA lírica relixiosa está representada polas 426 cantigas dedicadas a Virxe María coñecidas co nome de Cantigas de Santa María do rei Alfonso X o Sabio. Alfonso X non

Page 22: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

22

foi só un mecenas de trobadores e xograres na súa corte poética. Senón que foi un importante trobador da que se conservan 44 composicións, das cales 39 son de escarnio e maldicir.

Sen embargo, a gran obra de Alfonso X son as citadas Cantigas de Santa María, que han chegado a nós a través de catro códices, que ofrecen ademais extraordinarias miniaturas e a música das cantigas.

Códice (T) do Escorial: Contén 193 composicións, acompañadas de dotación musical e dun conxunto de 1264 miniaturas que lle dan un gran valor iconográfico.

Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): Contén un total de 104 cantigas. A obra está incompleta xa que faltan as notas musicais e algunhas miniaturas.

Códice (E) do Escorial. Denominado “códice dos músicos”, transmite 417 cantigas, ilustradas con 40 miniaturas e notación musical.

Códice de Toledo (To). Actualmente gardado na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas acompañadas da correspondente notación musical.

As Cantigas de Santa María ordénanse en dous grupos. 1. O primeiro grupo está formado polas narrativas, que relatan milagres da Virxe

tomado de diversas fontes –latinas, tradicionais, populares, etc. dunha forma inxenua. É unha relixiosidade sinxela e popular.

2. O segundo grupo son 66 cantigas, formado por cantigas líricas que constitúen oracións, loanzas ou cánticos á Virxe. Dentro de este grupo destacan as chamadas cantigas de loor, que aparecen cada nove cantigas narrativas para loar a Virxe.

As Cantigas de Santa María non só pola música e as miniaturas que nos seus códices aparecen, senón tamén polos oficios que nelas reflíctense, a lingua, as costumes ou as formas de vida e crenzas da Idade Media son un monumento histórico de extraordinario valor.

Esta é como Santa Maria sãou na sa ygreja en lugo ha moller contreita dos pees e das mãos.

Da que Deus mamou o leite do seu peito,non é maravilla de sãar contreito.

Desto fez Santa Maria miragre fremosoena sa ygrej' en Lugo, grand' e piadoso,

por ha moller que avia tolleitoo mais de seu corp' e de mal encolleito.

Da que Deus mamou o leite do seu peito...

A Prosa MedievalA HAXIOGRAFÍA OU CICLO CARILIXIO

Page 23: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

23

A Idade Media é unha época fundamentalmente teocéntrica e relixiosa. Por iso, ten unha gran importancia a haxiografía ou narración de vidas e milagres de Santos. En galego consérvanse fragmentos dunha tradución ao galego dunha obra latina de vidas de santos o Flos sanctorum e, especialmente os Miracles de Santiago, libro de exaltación das peregrinacións a Santiago de Compostela e como seu título indica, súa parte fundamental é a narración de milagres do Apóstolo pero tamén o relato da suposta expedición a España de Carlomagno e a morte de Roldán en Roscenvalles.

“Dos casados marido y muger Franceses de nación, yvan en romería a visitar el sepulcro del Apostol Santiago, llevavan consigo un hijo suyo, moco de diez y ocho, o diez y nueve años, de muy buen talle y bien dispuesto. Llegaron a santo Domingo de la Calcada, a donde querían tambien visitar el sepulcro del santo: detuvieronse alli una noche, y fueronse a possar a un meson, en el avia una donzella hija del mesonero, la qual se afficiono al moco peregrino tan perdidamente , que descubriendole su ruyn pecho, procuro con el por todos los medios que pudo, que se aprouechasse della: aprouecharonle poco, por que nunca con el santo moco pudo alcancar cosa que fuesse offensa de Dio”. (…) Milagro del Peregrino y del Gallo y la Gallina

HISTORIOGRAFÍA

En galego consérvanse distintas crónicas que en gran medida, traducen o seguen o modelo das crónicas castelás que ordenou redactar o rei Alfonso X O Sabio.

A Crónica Xeral Galega é basicamente unha tradución de la Crónica General de Alfonso X e da Crónica de Castilla e é, como esta, un relato da historia de España e do reino de Castelá e León.

A General Estoria traduce a obra de Alfonso X do mesmo título e intenta ser unha historia universal

Libros de Linaxes son contos míticos, lendarios e históricos da nobreza galega e das familias que o constitúen.

A Crónica de Santa María Iria copiada ou composta por Rui Vaasques de Marzaricos, clérigo de santa baia de Chacín (Cerca de Padrón), trata sobre o traslado dos restos do Apóstolo a Santiago de Compostela.

NARRATIVA DE FICCIÓN

Prosa derivada do roman francés nacido na segunda metade do século XII, a prosa de ficción medieval en galego ten dúas temáticas principais:

O Ciclo Bretón ou Materia de Bretaña: Textos sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda. Destaca un fragmento dun Livro de Tristán, do terceiro cuarto do século XIV. Ademais, consérvanse textos relacionados arredor do mundo do Santo Graal como O Libro de Xosé de Arimatea e a Demanda do Santo Graal así como uns pequenos fragmentos da segunda parte, o Merlín.

O Ciclo troiano ou clásico: Textos sobre o mundo clásico greco-latino, sobre todo da historia de Troia. O maior representante é a Crónica troiana, versión en galego do "Roman de Troie". A Crónica troiana é a primeira grande obra de ficción en galego (aínda que sexa unha tradución do castelán) na que se narra a destrución de Troia partindo de textos clásicos.

Como o home bóó rrogou a Dom Lãçalot que lle nõ metesse mão em seu fillo

Page 24: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

24

“Lançarote foy a marauilla muy ledo em seu coraçõ de como rrespondera ao que lle enuyara diser Dom Tristan et de quan sisuda resposta dera ao que lle mãdara dizer por ssua carta. Todo aquel dia penssara Lançarote em Dom Tristan que nõ pensou em al. Aa noyte lle auêo que sseu camîo o leuou a casa do home bóó hu a[nte?] d’aquela noyte youuera o da Ssaya Mal Tallada et a Donzela Maldizête. (Aly soube as nouas dele. En outro dia manãa, quando quis caualgar, dissolle seu os[p]ede et rrogóó bê, como rrogara ao da Saya Mal Tallada et a Donzela Maldisête.) Et aly soubo el nouas deles. En outro dia manaa quando quis caual[gar] dissolle seu ospede et rrogoo bê assy como rrogara o da Ssaya Mal Tallada. Et Lãçarote disso que em seu fillo nõ meteria mão sse lle ante non fezesse desonrra conoçuda. (…) Libro de Tristán

Textos a comentar

CANTIGA DE AMIGO

COMENTARIO DA CANTIGA DE MEENDINHO

Seríam’eu na ermida de San Simióne cercáronmi as ondas que grandes son.

Eu atendendo meu amigo,eu atendendo meu amigo.

Estando na ermida, ant´o altare cercáronmi as ondas grandes do mar.

Eu atendendo meu amigo,eu atendendo meu amigo.

E cercáronmi as ondas que grandes son, nen ei i barqueiro nen remador.

Eu atendendo meu amigo,eu atendendo meu amigo.

E cercáronmi as undas do alto mar,non ei i barqueiro nen sei remar.

Eu atendendo meu amigo,eu atendendo meu amigo.

Non ei i barqueiro nen remador,morrerei eu, fremosa, no mar maior.

Eu atendendo meu amigo,eu atendendo meu amigo.

Nen ei i barqueiro nen sei remare morrerei eu, fremosa, no alto mar.

Eu atendendo meu amigo,eu atendendo meu amigo.

Meendinho (B 852; V 438)

LOCALIZACIÓN: ESTA CANTIGA QUE APARECE CON FRECUENCIA NAS ANTOLOXÍAS DE

Page 25: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

25

LÍRICA MEDIEVAL EUROPEA ESTÁ COMPOSTA CONTRA O SÉCULO XIII-XI E É A ÚNICA QUE SE NOS CONSERVA DO SEU AUTOR, DO QUE NON SABEMOS MÁIS NADA QUE O SEU NOME.TRÁTASE DUN XOGRAR, AO NON ASINAR CO APELIDO, UN DIMINUTIVO DO NOME MENDO, TAN ESTENDIDO NA ÉPOCA. A CANTIGA PERTENCE AO XÉNERO DAS CANTIGAS DE AMIGO TRATA DUNHA MULLER NA AUSENCIA DO SEU AMIGO, E POLAS REFERENCIAS AO MAR É SEN DÚBIDA UNA “MARIÑA OU BARCAROLA” AÍNDA QUE TAMÉN PODE ENCADRARSE NO CONXUNTO DE CANTIGAS DENOMINADAS DE “ROMARÍA” POLA REFERENCIA AO SAN SIMIÓN QUE PODEMOS IDENTIFICAR COA ILLA QUE HOXE LEVA O NOME DESTE SANTO.

O TEMA: A SOIDADE E ANGUSTIA DA NAMORADA.

PUNTO DE VISTA: “EU ESCÉNICO” É DICIR, MEENDINHO EXPRESA O SENTIMENTO CENTRAL ANTEDITO A TRAVÉS DA BOCA DUNHA MULLER, UNHA CONVENCIÓN DO XÉNERO.

ESTRUTURA : VERTEBRADO EN TRES PARTES PERFECTAMENTE DIFERENCIADOS POLO RECURSO QUE LOGO COMENTAREMOS DO LEIXAPRÉN QUE SUBDIVIDE GRUPOS DE DÚAS ESTROFAS, DENOMINADAS “COVRAS” NO ARGOT MEDIEVAL. UNHA PRIMEIRA PARA LOCALIZAR E PRESENTAR AO PERSONAXE CENTRAL, MESMO A PRESENZA DO MAR AMEAZANTE. A SEGUNDA QUE SON AS ESTROFAS TERCEIRA E CUARTA ONDE SE COMEZA A CENTRAL O TEMA DA SOIDADE DA NAMORADA. E A TERCEIRA ( ESTROFAS V E VI) EVIDENCIA UNHA INTENSIFICACIÓN COA APARICIÓN DA ANGUSTIA EN GRAO MÁXIMO AO AUGURARSE A MORTE DA DONCELA. UNHA ESTRUTURA DE MENOS A MÁIS CUNHA GRADACIÓN “IN CRESCENDO” MOI CONSISTENTE. DO “SERÍAME” OU “SEDÍAME”, É DICIR, ESTAR SENTADA, EVOCANDO A ESPERA NA QUE SE ATOPA CUMPRINDO CO TÓPICO DAS CANTIGAS DE AMIGO PASA A ESTAR ANTE O ALTAR (A PÉ) PARA ESCENIFICAR MELLOR A EVOLUCIÓN CARA A ANGUSTIA FINAL.

ANÁLISE SEMÁNTICA OU DE CONTIDO: DEBEMOS OBSERVAR DÚAS MÁIS QUE EVIDENTES CADEAS LÉXICAS DE TERMOS REFERIDOS O SACRO ( ERMIDA, ALTAR, SAN SIMIÓN) AO MARÍTIMO ( MAR ONDAS, BARQUEIRO, REMADOR) . O PRIMEIRO TERÁ UNHA CONNOTACIÓN DO “ACOLLEDOR” COMO BEN SINALA RAMÓN GUTIÉRREZ IZQUIERDO NUN COMENTARIO DESTA CANTIGA FRONTE AO “INTIMIDATORIO” DO SEGUNDO. AÍNDA QUE MÁIS BEN O PRIMEIRO CONTRIBÚE A MARCAR CON CONTUNDENCIA A AUSENCIA DE SALVADORES DOS PERIGOS DO MAR QUE SON EVIDENTEMENTE SIMBÓLICOS. A SIMBOLOXÍA DO MAR, ESA PAISAXE CASE QUE PERSONIFICADA DE EMOCIÓNS PROPIAS DOS HOMES E DAS MULLERES DA PAIXÓN AMOROSA. FAISE AGORA NECESARIO COMENTAR O QUE SUXIRE O VERBO “CERCÁRONMI” (RODEAR PARA ATACAR, ASEDIAR) LINGUAXE DE EVOCACIÓNS BÉLICAS. A ISTO SE LLE ENGADEN AS NEGACIÓNS REITERADAS E OS EPÍTETOS GRANDES, ALTO, MAIOR REFERIDO AS ONDAS E AO MAR, OU O QUE DEBEMOS ENTENDER COMO MAIOR ANGUSTIA AMOROSA. HAI QUEN OPINA QUE O REFRÁN REMATABA CUNHA PREGUNTA QUIZÁS RETÓRICA ( “ E VERRÁ?”: E VIRÁ?), PERO QUE EN TODO CASO INTRODUCE MAIOR ÉNFASE E UNHA INCERTEZA A MODO DE PREMONICIÓN SOBRE O FINAL DA CANTIGA. É DE SINALAR A UTILIZACIÓN DUN VERBO EN FUTURO, PREMONITORIO DO “MORREREI” QUE SE PRESENTA AO FINAL FRONTE AO VALOR DURATIVO DOS XERUNDIOS DO REFRÁN “ATENDENDO”.

A TODO ISTO, MARCANDO DEFINITIVAMENTE O TON SOMBRÍO E PESIMISTA,

Page 26: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

26

DESESPERANZADO DA NAMORADA DA CANTIGA, CONCORREN DOUS NOVOS ELEMENTOS QUE FAN DESTA CANTIGA UNHA PEZA SINGULAR: OS TÓPICOS DE “MORRER DE AMOR”, QUE AQUÍ APARECE BAIXO O ASPECTO DUN MAR MAIOR OU UN ALTO MAR (OUTRA VEZ OS EPÍTETOS REFORZANDO A AXITACIÓN/ EXCITACIÓN DO AMOR E SUBLIÑANDO A PODEROSA FORZA DOS TÓPICOS TAN FRECUENTES NA LÍRICA MEDIEVAL COMO NA DE TODOS OS TEMPOS) E A DA DONA VIRXE E NOVA, “FREMOSA” CALIDADE INTRÍNSECA AOS NAMORADOS QUE SE CONTRAPÓN Á SÚA VEZ Á IDEA DA MORTE AFOGADA NUN MAR DE PAIXÓN ANTE A AUSENCIA DO AMIGO. SOIDADE E ANGUSTIA DO MAR DA NAMORADA NA BELICOSA SOCIEDADE MEDIEVAL NA QUE AS MULLERES É FRECUENTE QUE SUFRAN A AUSENCIA DOS HOMES EN PERMANENTE GUERRA E COA INCÓGNITA DE SE VOLVERÁ OU NON.

ANÁLISE FORMAL OU MORFOSINTÁCTICA: AS SEIS ESTROFAS DESTA CANTIGA FORMADAS POR DÍSTICOS MONORRIMOS E UN REFRÁN ESTÁN UNIDAS POLOS PARALELISMOS E O LEIXAPRÉN PROVOCANDO UNHA LENTA PROGRESIÓN DA QUE PODERÍAMOS DENOMINAR “ACCIÓN” QUE CONDUCE CARA A ANGUSTIA E O DESESPERO CO QUE CONCLÚE. O LEIXAPRÉN EVOCA O MOVEMENTO DAS ONDAS E DA MAREA, CREANDO ESE RITMO NEGATIVO DO TEXTO QUE COLABORA A QUE O LECTOR OU OÍNTE DA CANTIGA COMPRENDA AXIÑA OS VALORES CONNOTADOS E O TEMA CENTRAL, DA ANGUSTIA NA ESPERA E CUN FINAL BEN INCERTO OU MÁIS BEN NEFASTO. TENSE FALADO DUN REFRÁN OBSESIVO CO VERBO “ATENDENDO” REITERADO SISTEMATICAMENTE, A MODO DE REZO.

ANÁLISE FONÉTICA: É DE DESTACAR A FALTA DE HOMOXENEIDADE E IRREGULARIDADE DA RIMA ACORDE COS MODELOS E LÍRICA DA ÉPOCA (HENDECASÍLABOS E VERSOS DO REFRÁN OCTOSÍLABOS). PERO MÁIS DIGNO DE MENCIÓN SE CADRA SON CERTAS ALITERACIÓNS DE SONS NASAIS “M” “N” EN COMBINACIÓN COS “R” VIBRANTES ( TAMÉN COAS RIMAS EN –AR, -OR) NO VERSO “MORREREI FREMOSA NO MAR MAIOR” QUE SEMELLA O RUÍDO DAS ONDAS. OUTRO MENOS VISIBLE O DOS SONS “ND” E O “T” UN EFECTO SONORO COMO UN INSISTENTE LATEXO.

CONCLUSIÓNS: ESTAMOS POIS ANTE UNHA CANTIGA DE AMIGO QUE PRESENTA MOI CLAROS SIGNOS DO SEU CARÁCTER AUTÓCTONO OU TRADICIONAL POLO SEU USO DA PAISAXE E OS ELEMENTOS SIMBÓLICOS DO MAR MAXISTRALMENTE SITUADOS A CARÓN DOUTROS TÓPICOS QUE PODERÍAMOS DICIR SON MÁIS PROPIOS DA FILOSOFÍA DO AMOR CORTÉS DA LÍRICA PROVENZAL OU TROBADORESCA ( OS TÓPICOS DA PERFECCIÓN DA DAMA E O DE “MORRER DE AMOR”). OUTROS RECURSOS QUE PRESENTA A CANTIGA DE CORTE TRADICIONAL SERÁN O PARALELISMO E O LEIXAPRÉN QUE XUNTO COAS IRREGULARIDADES DA RIMA E O ANTERIORMENTE CITADO REDUNDAN NA VALÍA DESTA PEZA POLA MARABILLOSA COMBINACIÓN DE ELEMENTOS TAN TRADICIONAIS NA LÍRICA AUTÓCTONA, COMO DOUTROS QUE NON O SON, E RESULTAN DETERMINANTES NOUTRAS MOITAS CANTIGAS PARA DETERMINAR SE A COMPOSICIÓN É MÁIS OU MENOS TRADICIONAL OU TROBADORESCA. NESTA CANTIGA A CONXUNCIÓN DOS MELLORES RECURSOS TRADICIONAIS E TROBADORESCOS PERMÍTENOS CONFIRMAR A MADUREZ DOS XOGRARES E TROBADORES DA ÉPOCA E A CAPACIDADE Á HORA DE RECREAR E FACER CONFLUÍR TRAZOS DE AMBAS PROCEDENCIAS DESTE AUTOR, COMO DOUTROS, DO MESMO PERÍODO DE ESPLENDOR DA LÍRICA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA.

Page 27: Introdución á literatura galega 1

David Fernández PérezIntrodución á literatura galega 1

27