Introdución á arte na Grecia clásica

21
A ARTE CLÁSICA: A ARTE GREGA Vista da acrópole de Atenas A Ágora de Atenas

description

Tradución ao galego dunha presentación feita polo profesor Alfredo Rivero Rodríguez (no blog Historiarte), relativa ás características xerais da arte grega

Transcript of Introdución á arte na Grecia clásica

Page 1: Introdución á arte na Grecia clásica

A ARTE CLÁSICA:A ARTE GREGA

Vista da acrópole de Atenas

A Ágora de Atenas

Page 2: Introdución á arte na Grecia clásica

ALGUNHAS PREGUNTAS PREVIAS…..

TEMPLO DE APHAIA EN EXINA

Que significa “Clásico”? Que é a “Beleza”?

Lectura do texto de Platón sobre a Beleza

O DIADÚMENO, DE POLÍCLETO

Page 3: Introdución á arte na Grecia clásica

CLÁSICO? CLASICISMO?

A “arte clásica” é un concepto da Historia da Arte que nos remite á Antigüidade, época en que se forxaron as bases formais e estéticas da arte occidental. Uns ideais aos que se volverá, de xeito recurrente, en diferentes momentos da historia, como comprobaremos ao longo do curso.

Pero quizais deberíamos abordar primeiro a seguinte pregunta: que entendemos por “clasicismo”? Algo pasado de moda? Algo que representa un exemplo ou paradigma de perfección? A encarnación dun ideal?

O termo “clásico” utilízase con moita frecuencia, pero na Historia da Arte só hai unha arte clásica, que naceu e se formou na antiga Grecia e tivo a súa continuación na época do Imperio Romano.

Page 4: Introdución á arte na Grecia clásica

PLATÓN E A BELEZA

• "Platón na súa teoría das Ideas, establece as bases dunha concepción metafísica da beleza, ao incluíla, xunto á Verdade, a Bondade e as demais Ideas esenciais, no mundo dos principios divinos (...).Polo que atinxe á Beleza, o seu resplandor deslumbraba, como dixemos, entre todas aquelas visións celestiais.(...) O home que foi recentemente iniciado ou que durante moito tempo gozou das contemplacións celestes, cando recoñece nun rostro fermoso unha bela imaxe da divina beleza ou, nun corpo, reminiscencias desta mesma beleza, comeza a se estremecer, sentindo renacer nel algunhas daquelas mesmas emocions que experimentou en pasados éxtases (...)_ Ningún home o ignora.- Non ignora, que?- Que privado de medida e proporción, toda mestura, sexa cal for, e de calquera xeito que estea composta, corrompe os seus compoñentes e corrómpese ela a primeira, porque entón xa non é unha mestura, non é máis cunha mezcolanza, unha miseria para os seres en que se produce".

Page 5: Introdución á arte na Grecia clásica

O IDEAL DE BELEZA PLATÓNICO

"Que é o que te impresiona cando ao mirar unha cousa sintes interese, atracción, desbordante gozo? A opinión xeral, atreveríame a dicir, é que a relación das partes entre si e daquelas co conxunto constitúe a beleza sensible; é dicir, que a beleza das cousas que vemos, como a beleza de todo o demais, compónse de simetría e proporción. Segundo este criterio, nada simple e desprovisto de partes pode ser beleo, só un composto”. PLOTINO.

Page 6: Introdución á arte na Grecia clásica

ESQUEMA DO TEMA: A ARTE GREGA

• OS CONDICIONANTES HISTÓRICOS: QUEN ERAN OS GRIEGOS?• O ESPAZO XEOGRÁFICO• O TEMPO HISTÓRICO• AS CLAVES DA CIVILIZACIÓN GREGA

O CONCEPTO DE “CLÁSICO”

MANIFESTACIÓNSESTÉTICAS

A ARQUITECTURA A ESCULTURA

CARACTERÍSTICAS XERAIS: A ORDE ARQUITECTÓNICA

CARACTERÍSTICAS XERAIS

PRINCIPAISOBRAS ARQUITECTÓNICAS

EVOLUCIÓN E OBRASMÁIS REPRESENTATIVAS

Page 7: Introdución á arte na Grecia clásica

OS CONDICIONANTES HISTÓRICOS:QUEN ERAN OS GREGOS?

OS ANTECEDENTESHISTÓRICOS (II - I Milenio a. C.):• A CIVILIZACIÓN CRETENSE• A CIVILIZACIÓN MICÉNICA• AS INVASIONES INDOEUROPEAS(Os Dorios, os Rodios e os Aqueos)

O ESPAZO XEOGRÁFICO(A HÉLADE)

O TEMPO HISTÓRICO:• A POLIS ARCAICA (S. VIII - VI a. C.)• A POLIS CLÁSICA (S. V - IV a. C.)• A ETAPA HELENÍSTICA (S. IV - II a. C.) (Do Imperio de Alexandre Magno aos Reinos Helenísticos)

A INFLUENCIA DE EXIPTO E O PRÓXIMO ORIENTE

A HÉLADEA COLONIZACIÓN GREGAO IMPERIO DE ALEXANDRE MAGNOOS REINOS HELENÍSTICOS

Page 8: Introdución á arte na Grecia clásica

O ESPAZO ORIXINARIO DOS GREGOS

• Os gregos nunca constituíron un estado unitario no sentido moderno do termo. • Tratábase máis ben dun conxunto de pobos que tiñan en común a lingua, a crenza nos mesmos deuses e mitos ancestrais, así coma uns mesmos antepasados. É dicir, compartían unha mesma cultura.• Nunca chegaron a constituír un estado homoxéneo e sempre estiveron organizados politicamente en “Polis” o “cidades-Estado” independentes entre si e, a miúdo, rivalizando entre elas en continuas guerras.

A súa orixe histórica remóntase aos grandes movementos de pobos que se produciron na chamada Idade dp Bronce (entre o II e I milenio a. C). As chamadas invasións indoeuropeas trouxeron á Península Balcánica a estas tribos, os “Aqueos”.

Page 9: Introdución á arte na Grecia clásica

O TEMPO HISTÓRICO E A EXPANSIÓN DO ESPAZO FÍSICO ORIXINARIO. O PERÍODO ARCAICO.

• O período arcaico ( 700-500 a. C.) é unha época de formación, de tanteo e concreción dalgunhas das formas que culminarán na seguinte etapa. •Nestes primeiros tempos afloran e perfecciónanse, sobre a propia base, as diferentes influencias que concorren na arte grega: a da civilización cretense, a civilización micénica e, sobre todo, as grandes civilizacións orientais, en especial a exipcia. • É unha época en que a arte evoluciona dende o xeometrismo e a abstracción de raíz oriental cara ao naturalismo expresivo. kouros griego arcaico

Page 10: Introdución á arte na Grecia clásica

A CIVILIZACIÓN CRETENSE (II MILENIO a. C.)

PALACIO DE CNOSOS

DEUSA DO LABIRINTO O CULTO AO TOURO

Page 11: Introdución á arte na Grecia clásica

A CIVILIZACIÓN MICÉNICA

A MÁSCARA DE AGAMENÓN

DIMENSIÓNS: 26,5 cm alto X 26 anchoPROCEDENCIA: Círculo A, Fosa V  Micenas

MATERIAL: OuroLOCALIZACIÓN: Museo de Atenas

CRONOLOXÍA : 1500 a.C.

Porta dos Leóns de Micenas. ca. 1250 a.C.

Page 12: Introdución á arte na Grecia clásica

A COLONIZACIÓN GREGA (S. VIII-VI a. C.)

Pero pronto comezaron a se sentir limitados no rudo, montañoso e difícil medio físico desas terras rodeadas polo mar e fragmentadas, ademais das terras

continentais, en máis de 8.000 illas. A vocación mariñeira e viaxeira deste pobo, ademais doutras circunstancias, determinaron un amplo movemento migratorio ao

longo e ancho do Mar Mediterráneo, que se encheu de colonias fundadas por eles.

Page 13: Introdución á arte na Grecia clásica

Moitas das máis antigas cidades destes territorios deben a súa orixe a aquelas primeiras colonias gregas. Nestes lugares os gregos implantaron a súa civilización, que

alí floreceu de forma extraordinaria, ás veces mellor que na nai patria (as metrópoles fundadoras). De tal xeito, que ao falar da civilización grega non nos estamos

referindo ao reducido ámbito xeográfico da actual Grecia, senón ao amplo, diverso e rico mundo da “civilización grega”, que estendeu a súa lingua, os seus mitos, os seus deuses, o seu modo de vida, en definitiva, a afastadas terras, convertendo

á conca mediterránea no verdadeiro crisol da civilización clásica

.Ampurias

Page 14: Introdución á arte na Grecia clásica

O PERÍODO CLÁSICO (S. V- IV a. C.)

• O período clásico (s. V-IV a. C.) representa a culminación e perfeccionamento de todas as manifestacións artísticas gregas, tanto a nivel formal coma técnico.

• Esta plenitude coincide, e non por casualidade, co apoxeo político, económico e cultural das “Polis” gregas, en especial Atenas.

• Nestes anos nace a “Democracia” como forma de organización política do Estado. O s. V a. C. é o verdadeiro século de ouro da cultura grega.

• A decadencia política das polis ao longo do s. IV a. C., consecuencia directa das guerras do Peloponeso, marca un cambio fundamental na arte, que evoluciona cara a novas formas de expresión.

Page 15: Introdución á arte na Grecia clásica

O IMPERIO DE ALEXANDRE MAGNO. O PERÍODO HELENÍSTICO.

O imperio creado por Alexandre Magno (336-323 a. C.) fará posible a difusión da cultura grega por un espazo xeográfico que desbordou os estreitos límites da época clásica. Coa cultura grega viaxaron as formas artísticas e as solucións técnicas

ideadas polos gregos que, a partir dese momento, convertéronse no referente estético indiscutible en toda a conca mediterránea. Para moitos historiadores esta etapa está xa está fóra dos límites cronolóxicos da arte grega, por considerar

que os seus resultados estéticos son distintos da arte grega clásica.

Page 16: Introdución á arte na Grecia clásica

O IMPERIO DE ALEXANDRE MAGNO E OS REINOS HELENÍSTICOS

Trala temprana morte de Alexandre Magno, o imperio fragmentouse en varios reinos onde a cultura grega seguiu florecendo en contacto coas

culturas orixinarias dos territorios “helenizados”. O progresivo avance de Roma polo Mediterráneo oriental, acabará integrando os reinos helenísticos no vasto imperio creado polos romanos. Coa fusión destas dúas grandes correntes

xorde o que se coñece como cultura clásica, fundamento da Civilización occidental.

Page 17: Introdución á arte na Grecia clásica

O MUNDO HELENÍSTICO NO S. I a. C.

•O resultado é, porén, unha civilización con caracteres e resultados unitarios. É a arte o mellor testemuño dese pasado grego. • Na actualidade, podemos atopar un templo grego na illa de Sicilia, un teatro nas costas de Turquía ou os restos da cidade de Alexandría en Exipto.• Todos eles son o mellor testemuño daquela civilización que legou á Humanidade un ideal de beleza que na actualidade seguimos a considerar clásico.

Page 18: Introdución á arte na Grecia clásica

AS CLAVES DA CIVILIZACIÓN GREGA (1)

UNHA COMUNIDADE DE CIDADÁNS

A POLIS OU CIUDADE-ESTADO.O CIUDADÁN

A LIBERDADE INDIVIDUALE A ISONOMÍA. A DEMOCRACIA.

O ANTROPOCENTRISMO(“O Home é a medida detodas as cousas” Protágoras)

BUSTO DE PERICLES

Page 19: Introdución á arte na Grecia clásica

AS CLAVES DA CIVILIZACIÓN GREGA (2)

UNHA RELIXIÓN HUMANIZADA

DEUSES E HEROES HUMANIZADOS(os gregos crean os sus deuses á súa imaxe e semellanza)

A MITOLOGÍA: FONTE DEINSPIRACIÓN PARA A ARTEE VÍNCULO ENTRE OS GREGOS

ICONOGRAFÍA E PROGRAMA TEMÁTICO DA ARTE(Deuses e Heroes. O Mito.)

ESTATUA DA DEUSA AFRODITA

Page 20: Introdución á arte na Grecia clásica

AS CLAVES DA CIVILIZACIÓN GREGA (3)

O LIBRE EXERCICIO DO PENSAMENTO

CUESTIONAMIENTO DA NATUREZAA TRAVÉS DA OBSERVACIÓN, O RAZONAMENTO E A EXPERIENCIA(nacemento da Ciencia)

O NÚMERO, CLAVE ORDENADORADO MUNDO (Pitágoras)

A BELEZA É HARMONÍAe PROPORCIÓN (Platón)

A DEUSA ATENEA PENSATIVA

Page 21: Introdución á arte na Grecia clásica

AS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS DOS GREGOS

A CERÁMICA

A ARQUITECTURA

A ESCULTURA EXENTA

O RELEVO