INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA CUMPRIR AS OBRIGAS DE …gain.xunta.gal/repo/7-PublicidadeFEDER.pdf ·...

2
INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA CUMPRIR AS OBRIGAS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN NO PROGRAMA INNOVAPEME 2019 Este documento quere facilitar ás entidades beneficiarias de axudas InnovaPeme 2019, a cumprir certas obrigas de información e comunicación que se refiren aos Fondos Feder. Ademais destes, outros aspectos obrigatorios a considerar encóntranse detallados no anexo III do DECA (documento de establecemento de condicións da axuda), nos casos de persoal propio, contratacións de novo persoal, contratos de servizos, ..., notificado á entidade. 1. PUBLICIDADE PERMANENTE NAS DEPENDENCIAS DA EMPRESA. Nun lugar ben visible ao público, por exemplo á entrada das dependencias da empresa, deberá figurar un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3 . Na páxina web da axencia galega de innovación, na lapela axudas 2019 - InnovaPeme 2019, figura un modelo básico do documento (A3) que cumpre as obrigas de imaxe e logos da Xunta de Galicia e do programa operativo FEDER, ( http://gain.xunta.gal/repo/0- CartelPlaca_Innovapeme.zip ). Amósase a modo de exemplo:

Transcript of INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA CUMPRIR AS OBRIGAS DE …gain.xunta.gal/repo/7-PublicidadeFEDER.pdf ·...

Page 1: INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA CUMPRIR AS OBRIGAS DE …gain.xunta.gal/repo/7-PublicidadeFEDER.pdf · Na documentación, carteis, propaganda, publicacións e actividades de difusión

INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA CUMPRIR AS OBRIGAS DE INFORMACIÓN E

COMUNICACIÓN NO PROGRAMA INNOVAPEME 2019

Este documento quere facilitar ás entidades beneficiarias de axudas InnovaPeme 2019, a

cumprir certas obrigas de información e comunicación que se refiren aos Fondos Feder.

Ademais destes, outros aspectos obrigatorios a considerar encóntranse detallados no anexo

III do DECA (documento de establecemento de condicións da axuda), nos casos de persoal

propio, contratacións de novo persoal, contratos de servizos, ..., notificado á entidade.

1. PUBLICIDADE PERMANENTE NAS DEPENDENCIAS DA EMPRESA.

Nun lugar ben visible ao público, por exemplo á entrada das dependencias da empresa,

deberá figurar un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3.

Na páxina web da axencia galega de innovación, na lapela axudas 2019 - InnovaPeme 2019,

figura un modelo básico do documento (A3) que cumpre as obrigas de imaxe e logos da

Xunta de Galicia e do programa operativo FEDER, (http://gain.xunta.gal/repo/0-

CartelPlaca_Innovapeme.zip). Amósase a modo de exemplo:

Page 2: INSTRUCCIÓNS BÁSICAS PARA CUMPRIR AS OBRIGAS DE …gain.xunta.gal/repo/7-PublicidadeFEDER.pdf · Na documentación, carteis, propaganda, publicacións e actividades de difusión

2. PUBLICIDADE NA PÁXINA WEB DA EMPRESA.

No caso de que a empresa beneficiaria dispoña de web deberán publicar a concesión da

axuda e mantela actualizada. Na páxina de portada e acceso á web da entidade debe figurar

unha lapela FEDER, tal como aparece na imaxe.

Ao acceder a esta lapela como mínimo visualizarase a imaxe do cartel de publicidade, sen

descartar calquera información sobre a axuda e alcance do plan que o beneficiario considere

oportuno. Deberán cumprirse as premisas de publicidade do anexo III no que se refire a

logos institucionais.

3. OUTROS MATERIAIS

Na documentación, carteis, propaganda, publicacións e actividades de difusión debera

figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase "Subvencionado pola aAxencia

Galega de Innovación" e a indicación de que está cofinanciado no marco do Programa

Operativo FEDER Galicia 2014-2020.