INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO...

29
CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1 Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo) Teléfono 982 452061 Fax 982 453048 PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO ADMINISTRATIVAS QUE REXIRÁ A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS VIVENDAS COMUNITARIAS DO CONCELLO DE O SAVIÑAO MEDIANTE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA I.- ELEMENTOS DO CONTRATO ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización e funcionamento, en réxime de concesión administrativa, das tres vivendas comunitarias do Concello de O Saviñao sitas no edificio da Praza maior 12 autorizadas pola Consellería de Traballo e Benestar mediante resolución da Secretaria de Familia e Benestar de 10/12/2009, inscrita no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais con números de identificación: E-0621-C-002, E- 0621-C003, E-0621-C-004. 1.2.- Características da actuación: A organización, xestión e funcionamento do servizo obxecto do contrato de concesión efectuarase con criterios de sustentabilidade, conservación e pervivencia das vivendas comunitarias do Concello de O Saviñao con arranxo ós principios da metodoloxía de traballo comunitario, transversalidade e con aplicación de boas prácticas e integración de servizos. As actuacións previstas neste Prego, relacionadas co centro que se describen máis adiante realizaránse no marco da normativa vixente, especialmente no establecido na Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia (DOGA núm. 245 de 13 de decembro de 2008, e Decreto 143/2007 de 12 de xullo, que regula o réxime de acreditación e autorización de programas e centros de servizos sociais, publicado no DOGA 147 do 31 /07/2007 e demáis disposicións concordantes.) e a Orde do 13 de abril de 2007 pola que se modifica a do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 1

Transcript of INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO...

Page 1: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO ADMINISTRATIVAS QUE REXIRÁ A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS VIVENDAS COMUNITARIAS DO CONCELLO DE O SAVIÑAO MEDIANTE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA

I.- ELEMENTOS DO CONTRATO

ART. 1.-Obxecto do contrato:

1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización e funcionamento, en réxime de concesión administrativa, das tres vivendas comunitarias do Concello de O Saviñao sitas no edificio da Praza maior 12 autorizadas pola Consellería de Traballo e Benestar mediante resolución da Secretaria de Familia e Benestar de 10/12/2009, inscrita no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais con números de identificación: E-0621-C-002, E-0621-C003, E-0621-C-004.

1.2.- Características da actuación:A organización, xestión e funcionamento do servizo obxecto do contrato de concesión efectuarase con criterios de sustentabilidade, conservación e pervivencia das vivendas comunitarias do Concello de O Saviñao con arranxo ós principios da metodoloxía de traballo comunitario, transversalidade e con aplicación de boas prácticas e integración de servizos.

As actuacións previstas neste Prego, relacionadas co centro que se describen máis adiante realizaránse no marco da normativa vixente, especialmente no establecido na Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia (DOGA núm. 245 de 13 de decembro de 2008, e Decreto 143/2007 de 12 de xullo, que regula o réxime de acreditación e autorización de programas e centros de servizos sociais, publicado no DOGA 147 do 31 /07/2007 e demáis disposicións concordantes.) e a Orde do 13 de abril de 2007 pola que se modifica a do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995 do 28 de xullo no relativo á regulación da condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención ás persoas maiores (DOGA número 80 de 25 de abril de 2007).

A necesidade a cubrir será a xestión dun servizo público mediante concesión administrativa

ART. 2. Réxime Económico da Concesión2.1.- O adxudicatario aboará ó Concello de O Saviñao un canon anual denominado demanial ou arrendatario entendido como prezo pola utilización privativa do dominio público municipal, que se concreta nos inmobles onde se sitúan as instalacións, equipamentos e mobiliario das vivendas comunitarias, polo importe a propoñer polos licitadores nas súas ofertas, e non inferior á cantidade anual de 4.000,00 euros. O pagamento do canon comezará a realizarse unha vez iniciado o aproveitamento da concesión ( contarase dende a data da firma da acta á que se refire o artigo 27 deste prego ), antes do día 30 do mes seguinte ao remate dun ano natural. Este canon incrementarase anualmente, dacordo co artigo 78.3 da lei 30/2007 de 30 de outubro, co 85 % do IPC.O cobro do canon realizarase de acordo co Regulamento Xeral de Recadación.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 1

Page 2: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

2.2 - O adxudicatario da concesión queda obrigado a presentar anualmente dentro do primeiro trimestre do ano, o balance dos resultados da xestión.

2.3- Tarifas

Tomarase como partida, aos efectos da adxudicación deste contrato os seguintes precios ( tarifas ):

Prezo unitario praza/día:Praza habitación dobre: 37,75 €Praza en habitación individual: 44,75 €

Prezo unitario reserva de praza/día:Praza en habitación dobre: 22,65 € ( 60% praza )Praza en habitación individual: 26,85 ( 60 % praza )

O cadro de prezos polos servizos prestados nas vivendas comunitarias será presentado polos licitadores de acordo co previsto na súa oferta económica; habendo de formular o licitador, no seu caso, proposta de prezos para os demáis servizos e actividades que no seu caso se propoñan.A aprobación de tarifas, así como a súa modificación e revisión esixirá a previa aprobación mediante ordenanza municipal; non obstante, o concesionario poderá propoñer a súa revisión, de conformidade coa normativa autonómica en cada momento aplicable.

As tarifas, revisaranse:

Cando se produzan modificacións no servizo que afecten ao réxime financeiro da concesión.

Cando circunstancias sobrevidas e independentes da boa xestión da concesión imprevisibles determinen en calquera sentido a ruptura do equilibrio económico da concesión, sen que a mera aplicación do 85 % do IPC sexa suficiente para manter o mesmo.

Cando lle ordene introducir ao concesionario modificacións no servizo e que incrementasen os custos ou diminuísen as retribucións.

En calquera caso, nos supostos previstos no artigo 258 da lei 30/2007 de 30 de outubro.

En todo caso, para manter o equilibrio económica faranse revisións anuais ordinarias das tarifas dacordo co artigo 78.3 da lei 30/2007 de 30 de outubro, co 85 % do IPC ( tomarase como tal o comprendido dun ano de data a data sendo o inicio a firma da acta á que se refire o artigo 27 deste prego ). As devanditas revisións implicarán a modificación da correspondente ordenanza.

2.4.- Ao abeiro do disposto no artigo 257 da lei 30/2007 de 30 de outubro, o concesionario encargarase do cobro directo aos usuarios do fogar residencial das tarifas correspondentes fixadas

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 2

Page 3: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

polo concello na correspondente ordenanza, dacordo coa oferta económica presentada por aquél. O cobro destas cantidades deberá levarse a cabo mensualmente.

O concesionario poderá percibir do residente outras cantidades distintas ás tarifas recollidas na súa oferta económica, sempre que proveñan doutros servicios prestados que non se atopen incluídos na prestación obxeto do contrato, importes que deberán ser comunicados ao concello, e respecto dos cales este non asumirá obriga alguna en caso de impago por parte do residente.

2.5.- O concesionario executará o contrato ao seu risco e ventura, sen perxuicio do disposto no artigo 258 da LCSP.

ART. 3. Prazo de execución do servizo:

Os traballos de xestión, organización e funcionamento das vivendas comunitarias executaranse de maneira ininterrompida dende a data da adxudicación, ata o remate do contrato agás os períodos de peche por reparación ou por causas de forza maior, que deberán ser autorizados previamente polo concello.

ART. 4.- Duración da concesión e reversión das instalacións

4.1. Ao abeiro do disposto no artigo 254 da ley 30/2007 de 30 de outubro, a duración da concesión será de QUINCE ANOS, sen que se admita a posibilidade de prórroga. O prazo de duración contarase desde o día seguinte á acta de comprobación do estado á que se refire o artigo 27 deste prego administrativo.

II. APROVEITAMENTO DA CONCESIÓN.

Art. 5.- Xestión, organización e funcionamento do servizo

5.1.- O servizo prestado nas vivendas comunitarias xestionarase polo adxudicatario en réxime de concesión administrativa conforme á normativa que o regula (Art. 253 a) e seguintes da LCSP, art. 114 e ss. RSCL) restante normativa concordante que o desenvolve, e con arreglo ó presente prego de condicións e directrices que poida indicar o Concello de O Saviñao.

5.2. Considerase a xestión, organización e funcionamento, como conxunto de accións encamiñadas a prestación do servizo recollido neste documento, así como do mantemento e conservación dos recursos técnicos empregados.

5.3. Características do servizo

Fácil reformulación na maneira de presentar o servizo para cambialo periodicamente, se fose necesario en función de criterios de adecuación á demanda razóns de conservación do centro.

Accesibilidade a tódalas persoas para o disfrute comunitario.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 3

Page 4: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

5.4. Carta de servizos

Serán os ofertados polo adxudicatario dacordo coa súa oferta que en todo caso deberá respetar o sinalado no Decreto 243/1995 de 28 de xullo modificado pola Orde de 18/04/1996 e pola Orde de 13/04/2007.

En todo caso, o concello conservará os poderes de policía necesarios para asegurar a boa marcha do servicio.

ART. 6.- Obrigas do concesionario:

Ademais das establecidas no art. 256 da LCSP, o concesionario deberá:

Xestionar, en réxime de concesión administrativa as vivendas comuitarias e as demais actividades complementarias que no seu caso, e como melloras, se aproben polo Concello.

pagamento no tempo oportuno do canon establecido, así como o correspondente das obrigas económicas derivadas da adxudicación.

Manter as edificacións, instalacións, equipamentos e mobiliario en perfecto estado de uso e conservación, e abertas ó público nas condicións e prazos establecidos polo Concello de O Saviñao.

O concesionario deberá concertar unha póliza por riscos profesionais ou responsabilidade civil que cubra os riscos da explotación (inundacións, incendios e demais continxencias … ) por un importe mínimo de euros 700.000,00 €.

O concesionario xestionará a/as edificacións, instalación/s e equipamentos ó seu risco e ventura, de conformidade co establecido no contrato.

Dar exacto cumprimento ás obrigas establecidas nas Leis e Regulamentos Laborais, Tributarias, de Seguridade Social, Seguridade e Hixiene no Traballo, e disposicións en materia medioambiental.

outorgamento da concesión, non exime ao seu titular da obriga de obter cantos permisos e licencias sexan legalmente procedentes.

concesionario levará unha contabilidade diferenciada da xeral da súa empresa, para facilitar a xustificación da subvencións que para ese dispositivo poida solicitar o concello, así como para posibilitar as facultades de control e fiscalización previstos pola Lei de subvencións.

ART. 7- Dereitos do concesionario.

O concesionario poderá solicitar do concello a protección axeitada para que poida presta-lo servizo debidamente.

O Concello de O Saviñao obrígase a manter o equilibrio financeiro da concesión nos supostos previstos na claúsula 2.3 destes pregos.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 4

Page 5: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

O Concello indemnizará ó concesionario polo rescate da concesión ou no caso de supresión do servizo, nos termos previstos na lexislación.

ART. 8.- Control sobre a xestión, organización e funcionamento

O Concello velará en todo momento para que a concesión se destine ós usos convidos de acordo co disposto neste prego administrativo e no prego técnico das vivendas comunitarias. A tal efecto, o Concello terá libre entrada a tódalas dependencias da concesión. Asemade, controlará o bo funcionamento da xestión podendo para iso requirir ó concesionario a documentación que se considere convenientes así como auditar con cargo á empresa concesionaria a xestión económica desta, cando as circunstancias discrecionalmente valoradas polo Concello así o aconsellen, ou por indicación dos organismos xestores dos fondos das subvencións obtidas, se fose o caso.

Neste suposto, se o concesionario realizase unha auditoría con tódalas garantías esixibles o Concello aterase a ela, salvo que estime pertinente realizar outra ó seu cargo.

O Concello efectuará a supervisión e control técnico da xestión, organización e funcionamento por medio do técnico-supervisor municipal.

ART. 9.-.- Expiración do prazo

A concesión rematará de pleno dereito cando finalice o prazo para o que se outorgou.

ART. 10.- Extinción da concesión.

Ademais das causas da resolución da concesión establecidas no art. 262 da LCSP, producirán a extinción da concesión:

1. Por expiración do prazo previsto.

2. Por renuncia do concesionario, que se formalizará por escrito e non será efectiva ata tres meses despois de que sexa formalmente presentada no concello, ou ata que non se adxudique novamente o servizo.

3. Por caso fortuíto ou forza maior: En caso de destrución da concesión de máis dun 30 % do seu valor, por caso fortuíto o forza maior, podería o concesionario extingui-la concesión sen dereito a ningunha indemnización ou ben procederá reconstrución das obras na forma e prazos que lle indique o concello Se a destrución ocórrese por dolo ou culpa do concesionario ou persoa que del depende, a opción anterior correspondería ó concello, quedando polo tanto, o concesionario obrigado, en todo caso, á reconstrución das obras sen prexuízo das demais responsabilidades que lle fosen esixibles.

ART. 11. Consecuencias da extinción.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 5

Page 6: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

Extinguida a concesión por calquera causa, reverterán ó concello os terreos e instalacións obxecto da mesma sen que poida retira-lo concesionario máis que aqueles bens, considerados como non revertibles, no acto de reversión que se elabore. En todo caso, terán a consideración de revertibles aqueles bens, corporais e incorporais que sexan necesarias para a continuidade do Fogar Residencial ou ben que por estar incorporadas ás instalacións ou inmobles, non poidan separarse sen quebrantamento ou deterioro da mesma.

A recepción terá lugar no prazo de tres meses a contar desde a notificación da extinción da concesión.

A fianza definitiva non se devolverá en tanto non se comprobe o estado das instalacións, para os efectos establecidos na condición anterior, e en todo caso, o concello aplicará o importe desta a reparación dos bens deteriorados, procedéndose a facer efectiva a parte do defecto non cuberto coa fianza, por vía de apremio.

Concluída a concesión, o concello procederá a ocupar, sen solución de continuidade, as instalacións obxecto de reversión, extinguíndose os dereitos reais ou persoais que puideran ostentar terceiros sen prexuízo de respectar os contratos laborais do persoal que serán asumidos pola nova empresa adxudicataria do servizo.

Rematada a concesión, poderá autorizarse a continuidade da actividade ata que se produza unha nova adxudicación.

ART. 12.- Intervención da concesión.

Se do incumprimento das normas reguladoras desta concesión por parte do concesionario, derivase grave dano para o concello poderá este acordar a intervención da mesma, nomeando a tal efecto á persoa que teña que desempeñar a función interventora, debendo someterse o concesionario ás decisións deste. A intervención terá un carácter excepcional, limitándose ó tempo estritamente necesario.

En todo caso o concesionario aboará os danos e prexuízos que causase.

ART. 13.- Subrogación da concesión e subcontración.

O adxudicatario do contrato, só poderá concertar con terceiros a execución de prestacións accesorias do contrato, o abeiro do establecido no artigo 265 da LCSP, sempre que se cumpran os requisitos establecidos no artigo 210 da devandita lei.

ART. 14.- Infraccións e sancións.

14.1.- As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves:

1. Son faltas moi graves:

Calquera conduta constitutiva de delito doloso.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 6

Page 7: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

O manifesto incumprimento das obrigas derivadas da normativa de aplicación e do prego de condicións na medida que poidan poñer en perigo a boa prestación do servizo.O abandono do servizoA desatención grave ou danos provocados ós/ás usuarios/as do servizo.O incumprimento das obrigas recollidas na oferta económica do concesionario. A reiteración en faltas graves.

2. Son faltas graves:

O incumprimento das resolucións e acordos dos órganos de goberno municipais, ditadas para o cumprimento da boa marcha do servizo.A falta de consideración cos administrados nas súas relacións co servizo.En xeral, o incumprimento de deberes expresados no prego de condicións que non sexan faltas moi graves.A reiteración en faltas leves.

3. Son faltas leves:

O retraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das funcións.A lixeira incorrección cos usuarios.O retraso no cumprimento dos servizos.En xeral, o incumprimento dos deberes por neglixencia ou descoido escusable.

14.2.- Sancións:

Previa tramitación do oportuno expediente contraditorio as faltas moi graves serán sancionadas coa resolución da concesión.

As faltas graves poderán ser sancionadas con multa de ata 3.000 euros ou intervención da concesión, si se pon en perigo a boa prestación do servizo.

As faltas leves serán sancionadas con multas de ata 1.000 euros.

ART. 15.- Capacidade para contratar.

Poderán concorrer por si ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, a título individual ou en unión temporal de empresarios, que tendo plena capacidade para obrar non figuren comprendidas en ningunha das circunstancias que enumera o artigo 49 da LCSP e que acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica

Ademais as empresas adxudicatarias deberán ser persoas físicas ou xurídicas que teñan unha finalidade ou a súa actividade teña relación directo do obxecto do contrato e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a boa execución do contrato.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 7

Page 8: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

As empresas estranxeiras non comunitarias, deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 44 da LCSP.

ART. 16.- Agrupacións temporais

Así mesmo a administración poderá contratar con agrupacións de empresas que se constitúan temporalmente ó efecto, de conformidade co establecido no artigo 48 da LCSP.

No suposto de resultar adxudicataria, a unión temporal deberá formaliza-la mesma, en escritura pública, dentro da prazo de quince días seguintes ó da data na que reciba a notificación da adxudicación definitiva.

III. ADXUDICACIÓN.

ART. 17.- Procedemento e forma de adxudicación. O contrato adxudicarase mediante procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a varios criterios de adxudicación ao abeiro do artigo 122 e 134 da LCSP.

ART. 18. - Órgano de Contratación

O órgano competente para contratar é o Pleno do concello, segundo o establecido no apartado 2 da Disposición adicional segunda da LCSP, sen que se vexa afectado polo acordo de delegación de competencias do Pleno do Concello de O Saviñao de data 28 de xuño de 2007.

ART. 19.- Proposicións: lugar e prazo de presentación.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 20 días naturais a contar desde o día seguinte ó de publicación do anuncio de licitación no DOG, en horas de de 8,00 a 15,00, en tres sobres pechados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos do artigo seguinte.

A presentación da documentación preceptiva sexa remitida por correo, deberán cumprirse os requisitos establecidos no artigo 88 da Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Común, deberá, o empresario, xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante telefax, fax ou telegrama no mesmo día, sen a concurrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposta se chegase con posterioridade o remate do prazo concedido para a presentación de ofertas. Non obstante se transcurrisen dez días dende a data de notificación da presentación da oferta, sen que se houbese recibido a proposición, esta non será admitida en ningún caso.

O licitador non poderá presentar máis dunha oferta. Tampouco poderá suscribir ningunha proposición en unión temporal de empresas, se o fixera individualmente ou figuran en mais dunha UTE. A infracción destas normas dará lugar a non admisión de tódalas proposicións.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 8

Page 9: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

A presentación de proposición supón a aceptación incondicional polo empresario do contido e totalidade das cláusulas previstas nos pregos que rexen o contrato, sen salvedade ou reserva algunha.

Art. 20. Proposicións: Documentación

20.1. sobre A.- subtitulado “documentación administrativa”

Conterá a seguinte documentación: A) Documento acreditativo da personalidade xurídica do empresario A-1) Empresario individual: fotocopia do NIF, pasaporte ou documento que o substitúa. A-2) Persoas xurídicas: escritura de constitución ou modificación se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable; con copia dos estatutos ou norma pola que se regula a súa actividade.Se non o for: escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso no correspondente Rexistro Oficial.- Fotocopia da tarxeta de código de identificación fiscal (CIF), debidamente compulsada. A-3) Empresas comunitarias.A capacidade de obrar das empresas non españolas de Estados Membros da Unión Europea acreditarase mediante a inscrición no Rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación. A.4) Empresas non españolas de estados signatarios do acordo sobre o Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega). A capacidade de obrar destas empresas acreditarase mediante a inscrición no Rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación (Disposición adicional 17 LCSP). A-5) Empresas non comunitarias. 1.- Os empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.2.- Informe de reciprocidade: as persoas físicas ou xurídicas de Estados non pertencentes á Unión Europea deberán xustificar mediante informe expedido pola Misión Diplomática Permanente Española, na que se faga constar que o Estado de procedencia da empresa admite pola súa vez a participación de empresas españolas na contratación coa administración en forma substancialmente análoga. A-6) Disposición común a empresas estranxeiras (comunitarias ou non comunitarias): declaración de sometemento á xurisdición de tribunais e xulgados españois. As empresas estranxeiras deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos Tribunais e Xulgados españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia se é o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que lle puidese corresponder ao licitante (art. 130.1.d da LCSP)

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 9

Page 10: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

B) Empresas estranxeiras non comunitarias: sucursal en España. Documento acreditativo de que a empresa ten aberta sucursal en España, con designación de apoderados ou de representantes para as súas operacións e que estea inscrita no Rexistro Mercantil. (art. 44.2 do LCSP). C) Poderes: Cando a licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre perante a administración contratante.O poder deberá figurar inscrito previamente no Rexistro Mercantil nos casos en que a dita inscrición sexa esixida polo Regulamento do Rexistro MercantilD) Prohibicións para contratar ou incompatibilidades: Declaración responsable de que a empresa interesada non está incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 130 e 49 do LCSP, axustado ao seguinte modelo:D./Dª__________________________ Con DNI __________e domicilio en __________________________ provincia de ________ rúa nº _____________________ en nome propio ou en representación da empresa ____________ á que representa no procedemento de adxudicación do contrato de xestión do servizo de xestión, organización e funcionamento das vivendas comunitarias do concello de O Saviñao.Declara que nin a empresa nin os seus administradores ou órganos de dirección están incursos en prohibicións de contratar coa administración establecidas no art. 49 e 130.1.c) da LCSPAsí mesmo declara que está ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.(Lugar, data e sinatura do propoñente)

E) Acreditación de solvencia económica e financeira e solvencia técnica:

Os licitadores deberán acreditar a solvencia económica e financeira por medio da presentación da cifra global de negocios dos últimos tres anos no ámbito das actividades obxecto do contrato. Esta declaración deberá ser igual ou superior ós 500.000,00 euros, así como mediante a presentación dun xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais por importe non inferior a 700.000,00 €.A solvencia técnica ou profesional, xustificarase mediante a relación de servizos ou traballos de xestión de centos de servizos sociais realizados nos últimos tres anos, incluíndo importe, data e destinatario; así como coas titulacións académicas e profesionais do empresario, persoal drectivo da empresa e do persoal responsable da execución do contrato.F) Unións temporais de empresas. Indicación dos nomes e circunstancias das empresas que a constitúen, participación de cada unha delas e compromiso de constituírse formalmente en UTE, caso de resultar adxudicatarias, de conformidade co artigo 48 da LCSP e cláusula 8 do presente prego.G) Garantía provisoria- Non se esixeH) Rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas do Estado ou das Comunidades Autónomas: Os licitadores poderán indicar o rexistro no que estean inscritas acompañando a correspondente certificación onde se recollan os puntos a que se refire o art. 303 da LCSP, en

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 10

Page 11: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

cuxo caso estarán dispensados de presentar os datos que figuren inscritos, sen prexuízo de que a administración poida solicitar aqueles datos ou documentos que estime necesarios a fin de verificar ou comprobar a súa exactitude ou vixencia .J) Índice de documentos que integran o sobre. Farase constar, dentro do sobre e na primeira páxina, en folla independente, un índice dos documentos que o integran, enunciado numericamente.

20.2.- Sobre B.- Subtitulado "oferta económica"

Especificarase:

Contía do canon a aboar .

Desglose dos prezos a cobrar ós usuarios; tarifas.

20.3.- Sobre C.- Subtitulado "referencias técnicas"

Conterá a documentación acreditativa dos criterios de adxudicación.

1.- Proxecto de explotación que abranguerá a totalidade da xestión, organización e funcionamento do servizo público das vivendas comunitarias; así como as demais actividades ou servizos que no seu caso se propoñan como melloras polos licitadores, así como detalle preciso dos procedementos organizativos a empregar, tomando como referencia para as melloras, o sinalado nos pregos técnicos que rexen este procedemento de contratación (Extensión máxima 20 follas DIN A-4, Epigrafía 12 word).

O programa da explotación (xestión, organización e funcionamento), coma mínimo indicará:

Data de inicio da explotación, e

Estudios económicos sobre a viabilidade da proposta e o réxime de explotación da concesión, especificando o canon demanial a aboar ó Concello, o cadro de tarifas proposto, as actividades complementarias que propoña como melloras, os custos de amortización do mobiliario que no seu caso subministre e os custos de xestión do servizo.

Organización de recursos humanos con acreditación profesional e de formación, distribución de xornadas laborais, e organización dos servizos, ca indicación dos tipos de contrato, convenio a aplicar, grupo de cotización e categoría profesional de cada posto de traballo.

Plan de mantemento e conservación das instalacións, edificacións equipamentos e mobiliario, con indicación de tarefas concretas de mantemento e conservación a periodicidade de realización.

Programa de difusión, divulgación e captación de usuarios/as así coma da imaxe corporativa do Centro, con aportación de propostas de material divulgativo.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 11

Page 12: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

Programa de actividades ou melloras complementarias a maiores do proxecto básico que permita ser modulado e avaliado economicamente.

En todo caso, o programa de explotación deberá estar redactado coa suficiente claridade como para poder determinar e valorar os aspectos aos que se refire o art 23.1 deste pregos administrativos

ART. 21.- Documentos: orixinais e copias.

Os documentos que se acheguen ás proposicións deberán ser orixinais. Non obstante, admitíranse fotocopias dilixenciadas polo Secretario-Interventor do Concello ou funcionario, nas que se faga constar que foron contrastadas cos seus orixinais.

Cada concursante non poderá presentar mais que unha proposición que poida comprender cantas variantes e solucións distintas considere oportuno ofrecer en relación co obxecto do concurso.

ART. 22.- Garantías

Unha vez adxudicado provisionalmente o contrato, o contratista presentará unha garantía do 5% do importe de adxudicación, entendendo por tal a cantidade do canon que figure na súa oferta pola duración do mesmo.

IV. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

ART 23.- Criterios de Valoración das ofertasPara a valoración das ofertas e a determinación da economicamente máis vantaxosa atenderase a varios criterios de valoración:

1.- Calidade do proxecto de explotación, presentado pola empresa que incluirá a xestión, organización e funcionamento das vivendas comunjtarias e demais actividades ou servizos complementarios que no seu caso, se propoñan polos licitadores como melloras desglosado como sigue:

o Organización dos servizos con criterio de calidade e excelencia-----------------------15 puntos

o Plan de mantemento e conservación de instalacións, edificacións, equipamentos e mobiliario---------------------------------------------------------------------------------------10 puntos

o Programa de prevención e saúde laboral, e programa de formación de persoal--------5 puntos

o Programa de difusión, divulgación e imaxe corporativa das vivendas------------------5 puntos

o Número de postos de traballo a crear-------------------------------------------------------15 puntos

o Melloras propostas polo licitador-----------------------------------------------------------10 puntos

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 12

Page 13: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

No caso das melloras, e ao abeiro do disposto no artigo 131 da lei 30/2007 de 30 de outubro, as mesmas só serán admitidas cando se refiran aos aspectos recollidos na claúsula 4 dos pregos técnicos que rexen a presente contratación.

Máxima puntuación 23.1:------------- 60 puntos.

2.- Mellor oferta económica, valorándose tanto o canon a liquidar coma as tarifas de prezos propostas:

Canon-----------------------------15 puntos

Tarifas propostas----------------25 puntos

Máxima puntuación 23.2:-------40 puntos

PUNTUACIÓN MÁXIMA TOTAL (23.1+ 23.2 ):---------------100 puntos

No caso do canon aplicarase a seguinte fórmula:

OCPO = ---------------- x P, onde:

MOPO =puntos outorgados á oferta que se evalúa.MO =Mellor ofertaOC =Oferta a clasificarP =Puntuación máxima asignable (15 puntos ).

No caso das tarifas a fórmula a aplicar será:

MOPO = ---------------- x P, donde:

OCPO =puntos outorgados á oferta que se evalúa.MO =Mellor oferta

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 13

Page 14: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

OC =Oferta a clasificarP =Puntuación máxima asignable (25 puntos).

ART 24.- Mesa de ContrataciónA Mesa de contratación estará formada por

Presidente: Sr. Alcalde ou persoa en quen delegue

Vogais:

Sr. Primeiro Tenente de alcalde ou concelleiro en quen delegue.Sr concelleiro designado polo equipo de goberno.Sr. Secretario-Interventor do Concello.

Secretario: un funcionario da Corporación.

V. PRESTACIÓN EFECTIVA DO SERVIZO CONTRATADO

ART 25.- Adxudicación provisional e definitiva.A) ADXUDICACION PROVISIONALA adxudicación provisional acordarase polo órgano de Contratación en resolución motivada que se notificará aos licitadores e publicarase no perfil de contratante do órgano de Contratación, e se os interesados o solicitan facilitaráselles información, nun prazo de cinco días hábiles, dos motivos do rexeitamento da súa proposición e das características da proposición do adxudicatario que foron determinantes da adxudicación ao seu favor.B) ADXUDICACION DEFINITIVAA elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que se publique no perfil de contratante do órgano de Contratación.Durante este prazo, o adxudicatario provisional deberá:a) Presentar a documentación xustificativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.b) Constituír a garantía definitiva. A administración poderá refusar a admisión de avais e seguros de caución provenientes de entidades, que se atopen en situación de demora fronte á administración contratante como consecuencia da falta de pagamento de obrigas derivadas da incautación de anteriores avais ou seguros de caución, e que mantiveren impagados os importes correspondentes a avais ou seguros de caución xa executados 30 días naturais despois de recibirse na entidade o primeiro requirimento de pagamento. Para estes efectos o contratista antes de constituír o aval ou o seguro de caución deberá informar á entidade avalista ou aseguradora do disposto nesta cláusula, sen que poida alegar en consecuencia descoñecemento no caso de que o aval ou seguro for rexeitado pola administración. Pólizas asinadas coa correspondente entidade aseguradora que cubran os riscos de responsabilidade civil así como os riscos posibles no edificio e mobles que se adscriben a este contrato.

ART. 26.- Formalización do contrato.

O contrato formalizarase en documento administrativo na data que sinala a administración contratante, dentro dos dez días seguintes ó de notificación da adxudicación definitiva, debendo

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 14

Page 15: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

constar no mesmo unha relación individualizada de tódolos bens mobles que se entregan ao adxudicatario por parte do concello e forman parte do mobiliario das vivendas comunitarias.

No intre da formalización do contrato entregarán programa definitivo de xestión, organización e funcionamento do servizo, coas precisións que sinale o Concello e asinado polo adxudicatario.

ART. 27.- Acta de comprobación do estado das edificacións, instalacións, equipamentos, mobiliario e condicións xerais de funcionamento

Dentro dos quince días seguintes á adxudicación definitiva efectuarase a comprobación do bó estado e plena operatividade das edificacións, instalacións, equipamentos, mobiliario que se poñen a disposición do adxudicatario, na data en que a administración sinale, quedando obrigado o contratista, previa notificación, a acudir ó mesmo e subscribir a correspondente acta de conformidade, na que se detallará expresamente o tódolos bens mobles co concello pon a disposición do mesmo dentro das vivendas comunitarias.

27.1. Comezo da prestación efectiva do servizo.- O contratista deberá iniciar a prestación de servizo no Fogar Residencial dentro dos quince días seguintes ó da sinatura do acta de comprobación reseñada.

Cando o resultado da comprobación demostre a idoneidade e operatividade dos bens, a xuízo dos técnicos municipais, e non se manifeste reserva ou reparo por parte do contratista, facéndose constar este extremo explicitamente na acta estendida, queda notificado o adxudicatario polo feito de subscribilo,a e comezando a contar o prazo de prestación efectiva do servizo desde o día seguinte ó da sinatura do acta.

ART. 28.- Carteis e sinais.

Na data en que comecen os traballos, o contratista queda obrigado a colocar a súa costa un cartel no edificio das vivendas comunitarias. O devandito cartel deberá manterse cando menos o tempo que dure a concesión, e incorporará os iconos da imaxe corporativa do Concello.

Así mesmo, o contratista está obrigado a instalar a súa costa as sinais indicativas de obras, perigo, precaución, desviación, etc, de conformidade co disposto na lexislación vixente e a adoptar tódalas precaucións precisas cando realice as obras ata o seu remate, sendo persoalmente responsable dos accidentes motivados por incumprimento desta cláusula. Os carteis e sinais estarán en galego e en castelán.

O adxudicatario non poderá instalar outros carteis ou sinais publicitarios propios ou con esponsorización, que as autorizadas expresamente polo Concello, quedando prohibidas ás de publicidade comercial de calquera tipo.

ART. 29.- Desenvolvemento dos traballos.

29.1.- O adxudicatario deberá prestalo servizo con materiais e medios de primeira calidade e nas condicións esixidas no proxecto aprobado polo Concello e toda a documentación que a integra, así

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 15

Page 16: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

coma de conformidade coas instrucións ou regulamentos técnicos nacionais obrigatorios, sempre e cando sexan compatibles co dereito comunitario nos teminos establecidos no artigo 101 d LCSP

Así mesmo, deberá utiliza-los elementos persoais e auxiliares máis cualificados nas condicións esixidas polas boas prácticas profesionais.

29.2.- Recepción e recusación de materiais.- O contratista só pode empregar os medios e materiais autorizados polo técnico supervisor municipal, nos terminos e formas que este sinale, para o correcto cumprimento das condicións pactadas. Se o técnico supervisor municipal non aceptase os materiais ou medios sometidos ó seu exame deberá comunicalo por escrito ó contratista, sinalando as causas que motiven tal decisión.

29.3.- Servizos defectuosas ou mal executados.- Ata que teña lugar a aprobación da devolución da garantía definitiva o contratista responderá da prestación do servizo contratado e dos defectos que nel houbera, sen que sexa eximente, nin de ningún dereito, a circunstancia de que os representantes da administración examinarán ou recoñecerán, durante a súa prestación ou os materiais empregados.

ART. 30.- Supervisión e inspección do servizo prestado

A supervisión e inspección do servizo prestado corresponde ó técnico supervisor municipal, o cal ditará as instrucións necesarias ó concesionario para a normal e eficaz realización daquelas e sinalará a pauta de execución conveniente, mediante as anotacións correspondentes no Libro de Supervisión.

O técnico supervisor municipal será o que decida no seu momento o Concello, ben funcionario municipal ou colaborador contratado, podendo ser asistido polos técnicos municipais de servizos económicos, obras e servizos.

A empresa adxudicataria presentará memoria anual de xestión, organización e funcionamento das vivendas comunitarias

ART. 31.- Lexislación laboral e seguridade social.

O concesionario ou subcontratista deberá observa-las disposicións vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, sen que o persoal contratado polo mesmo para a prestación da concesión ostente ningún tipo de relación laboral co concello de O Saviñao.

ART. 32.- Seguridade e saúde.

O concesionario ou subcontratista deberá observa-las disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde no traballo, presentando anualmente no Rexistro Xeral do Concello o Plan de Prevención de Riscos, Saúde Laboral, e Emerxencia que deberá ser aprobado polo Concello logo do informe favorable do técnico competente.

ART. 33.- Responsabilidade xeral, responsabilidade medioambiental e danos.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 16

Page 17: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

Será de conta do concesionario a responsabilidade derivada de tódolos danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas polo seu persoal, a súa maquinaria ou como consecuencia dos traballos realizados. Esta responsabilidade non se extinguirá ata que expirara o prazo de garantía e fianza da concesión.

Será expresamente responsable do cumprimento da normativa medioambiental, tanto municipal, autonómica, estatal ou europea. Mesmo responderá tanto civil coma penalmente dos danos causados directa e indirectamente ó entorno natural como consecuencia das accións, omisións e/ou neglixencia propias ou de usuarios/as dos servizos, sen prexuízo de que se poidan esixir as responsabilidades persoais á que houbera lugar.

Cando tales danos e prexuízos foran ocasionados coma consecuencia inmediata e directa dunha orde da administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na lei.

Así mesmo, o concesionario responderá civil e, no seu caso, penal dos danos causados á administración contratante coma consecuencia das accións ou omisións da súa prestación do servizo.

A cantidade na que se concreten tales danos será inmediatamente esixida pola vía de prema administrativo.

ART. 34.- Custodia e conservación.

O concesionario deberá responder da custodia e conservación dos edificios, mobiliario e instalacións, sen que teña dereito a indemnización por causa de avaría, perdas ou prexuízos nos bens, ata a aprobación da devolución da garantía definitiva.

ART. 35.- Gastos de anuncios e tributos.

O adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos, de publicación de anuncios de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación, así como os de adxudicación, ata un máximo de 1000,00 euros.

Así mesmo, deberá pagar tódolos impostos, contribucións, taxas e prezos públicos que pesan sobre o contrato ou, no seu caso, sobre o obxecto do contrato.

ART. 36.- Control de calidade

O adxudicatario aplicará un sistema de calidade baseado no modelo E.F.Q.M. para a excelencia.Mesmo o adxudicatario presentará a memoria anual de actividades con indicacións dos resultados de aplicar os procesos de excelencia.

ART. 37.- Demoras na apertura.

Se o retraso na apertura e inicio da actividade fose producido por motivos non imputables ó concesionario, e este ofrecese cumpri-lo seu compromiso si se lle da unha prórroga do tempo que lle sinalara, o concello poderá concedela por un prazo que será polo menos igual ó tempo perdido, a non ser que o concesionario pedise outra menor.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 17

Page 18: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

ART.38.- - Modificacións de edificios ou instalacións, equipamentos ou mobiliario

En ningún caso o adxudicatario poderán introducir ou executar modificacións nas edificacións, instalacións, equipamentos ou mobiliario, comprendidas no contrato sen a debida aprobación técnica e/ou administrativa da modificación. A mencionada aprobación corresponderá ó órgano de contratación competente ou ó alcalde.

VI. RESOLUCIÓN E RÉXIME XURÍDICO.

ART. 39.- Causas da resolución.Serán as previstas nos artigos 206 e 262, cos efectos do art. 264 do mesmo texto legal. Así mesmo serán aplicables as causas de resolución previstas para a concesión no Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, así como:

A perda sobrevenida dos requisitos para contratar coa administración e o incumprimento das condicións establecidas en materia de subcontratación.

A obstrucción das facultades de dirección e inspección da Administración. Incumprimento das obrigas do contratista de gardar sixilo respecto aos datos e antecedentes

que, non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato e dos que teña coñecemento con ocasión do mesmo.

Non prestar servizo coa continuidade convida. A existencia de neglixencia grave na prestación do servizo. A mala administración das vivendas comunitarias se poñen en perigo a viavilidade das mesmas. Non levar a cabo o contido da súa proposta e que serviu de base para a adxudicación. Non formalizalas pólizas de seguros esixidas. Non indemnizar a terceiros polos danos provocados non desenvolvemento do servizo. Non prestar servizo a toda persoa que cumpra cos requisitos dispostos na normativa de

aplicación. Allear bens afectos á concesión que tiveran que revertir no Concello. Non xestionar directamente o servizo. Modificar unilateralmente as tarifas. Non levar a cabo a prestación do servicio coa dilixencia adecuada, sobre todo no tocante ao

trato que deben recibires as persoas que sexan usuarias do mesmo.

As cláusulas reguladoras deste contrato, xa sexan de carácter xurídico, económico ou técnico e os documentos anexos ás mesmas, presúmense coñecidas polo adxudicatario, sen que o seu descoñecemento poida eximir da obriga do seu cumprimento.

ART.40.- Réxime xurídico.

O presente contrato ten carácter administrativo, e ambas partes quedan sometidas expresamente a este prego e anexos ó mesmo.

Así mesmo o presente contrato áchase sometido á normativa reguladora do réxime xurídico básico do servizo obxecto do mesmo.

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 18

Page 19: INFORME SOBRE ESTADO ACTUAL DA VIVENDA PROPIEDADE DE ... VIVI…  · Web viewI.- ELEMENTOS DO CONTRATO. ART. 1.-Obxecto do contrato: 1.1.- É obxecto do contrato, a xestión, organización

CONCELLO DE O SAVIÑAO Plaza de España 1

           Escairón- O Saviñao 27540 (Lugo)                                        Teléfono 982 452061          Fax 982 453048

Para o non previsto no prego o contrato rexerase pola Lei de Contratos do Sector Público, Le 30/2007 de 30 de outubro (LCSP), Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobado polo R.D. 1098/2001 de 12 de outubro (RXLCAP), Regulamento de Servizos das Corporacións Locais aprobado polo Decreto de 17 de xuño de 1955 e o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

As disposicións regulamentarias, Regulamento de Servizos das Corporacións Locais e Regulamento de Bens das Entidades Locais, serán de aplicación en todo o que non se opoña a LCSP.

Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e do réxime local, e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, poñendo os seus acordos fin á vía administrativa, e contra os mesmos poderase interpor recurso contencioso administrativo, conforme ao disposto pola lei reguladora de dita xurisdición.O Saviñao a 04/04/2010.

Asd.: Joaquín González González

Alcalde-Presidente

Pregos administrativos vivendas comunitarias Página 19