Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

6

Click here to load reader

description

Informe sobre a restauración dunha cámara fotográfica modelo THORNTON-PICKARD “RUBY” realizado pola restauradora Asunción Terrroso Hernández, para o Museo Etnolóxico. Ribadavia

Transcript of Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

Page 1: Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

RESTAURACIÓN DA CÁMARA FOTOGRÁFICA

THORNTON-PICKARD “RUBY”(1899-1905)

(Nº Inventario 3449)

Museo Etnolóxico de RibadaviaAsunción Terroso Hernández

Xuño 2014

Page 2: Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

A CÁMARA

Con motivo do emprego desta cámara como apoio didáctico nos obradoiros Escribimos coa luz

que realiza o Museo con escolares, leváronse a cabo os traballos de restauración e

acondicionamento desta peza, así como un labor básico de investigación sobre o seu

funcionamento.

Estamos ante unha cámara de fol compacta e pregable. Este tipo de cámaras, chamadas de

campaña, estaban pensadas para transportalas coa finalidade de tomar fotografías “de campo”,

a diferencia das cámaras de estudio.

A cámara “Ruby”, patentada pola casa inglesa Thornton-Pickard entre os

anos 1899 e 1905, trátase dun dos primeiros modelos deste fabricante, e

serviu de base para diversas variantes posteriores como a “Royal Ruby”, a

“Ruby Reflex” ou a “Ruby Reflex Junior”.

O emprego de materiais nobres e de coidadas técnicas de ensamblaxe son

características da marca. A estrutura da cámara é de madeira de caoba; os rieis, bisagras e

sistemas de peche, de latón bañado; e as pequenas placas co nome da patente estampado, de

marfil.

Despregada a cámara, a súa parte frontal ven constituída polo obturador, onde se encastra o

obxectivo; o fol prégase mediante un sistema de rieis e une a parte frontal coa traseira, onde

vai a pantalla de enfoque e o sistema de inserción dos chasis que portan a placa do negativo.

Pregado da cámara.

Vista lateral da cámara. Chasis da cámara.

Placa de marfil conome da patente.

Pantalla deenfoque einserción dechasis.

Obturador

Page 3: Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

DATOS TÉCNICOS

Dimensións - Alto: 29 cm.- Ancho: 25 cm.- Profundidade: 26 cm.

Materiaisconstitutivos

- Madeira de caoba: estrutura.- Tecido de algodón con recubrimento opaco (posiblemente a base de

caucho): fol, cortina de obturación e forro interior dos chasis.- Latón: bisagras, rieis e pezas de peche.- Folla de lata (aceiro cun recubrimento de estaño) ou aleación similar:

pranchas dos chasis.- Ferro: pletinas do interior dos chasis para suxeitar as placas de vidro.- Marfil: placas co nome da patente estampado e placas de numeración dos

chasis.- Coiro: asa para transportar a cámara.- Papel: esfera na roda do obturador indicando as velocidades de

obturación.- Cintas téxtiles constituídas por unha especie de terciopelo: destinadas a

facilitar o deslizamento das pezas extraíbles.

ESTADO DE CONSERVACIÓN

Bo estado de conservación en xeral, destacando que non se conserva a óptica da cámara.

- Madeira: presentaba sucidade superficial e etiquetas adhesivas cos datos de siglado

(restos de adhesivo sobre a madeira). Tamén destacar unha pequena falta por rotura

nunha esquina do canto da peza do obxectivo e a perda da pestana de madeira dunha

das pranchas extraíbles dos chasis.

- Metais: as pezas de latón presentaban unha lixeira corrosión e, en casos puntuais,

perda do baño superficial. As pletinas de ferro dos chasis, destinadas a suxeitar as

placas, sufrían unha oxidación máis acusada. As pranchas dos chasis (posiblemente

de folla de lata) presentaban danos en superficie por abrasión, produtos de corrosión e,

puntualmente, borráronse as inscricións empregadas polo fotógrafo para facilitar o

labor de rexistro.

- Fol téxtil: sucidade superficial.

- Cintas téxtiles adheridas destinadas a proporcionar un mellor deslizamento das pezas

desmontables: despegadas e enrugadas, impedindo a correcta manipulación das

pezas.

- Pezas perdidas: pezas de marfil co nome da patente en dous chasis (só se conserva

no chasis 5-6); peza de latón do chasis nº 5 que indicaba se a placa estaba exposta.

Finalmente, indicar que a peza que conformaría a tapa da cámara unha vez pregada (a

mesma que serve de base cando a cámara está aberta, disposta sobre o trípode) non é orixinal

da cámara, senón que debeu ser un engadido do fotógrafo por motivos descoñecidos.

Page 4: Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

RESTAURACIÓN

- LIMPEZA:

Primeiramente, levouse a cabo unha limpeza superficial en seco mediante pincel e

aspiración controlada para eliminar a sucidade non adherida.

Posteriormente, empregáronse diferentes métodos en función do material a limpar:

- Eliminación, de forma mecánica, das etiquetas adhesivas de siglado.

- Madeira: limpeza con auga e xabón neutro específico.

- Fol, cortina de obturación e forrado interior dos chasis: limpeza con disolvente

específico.

- Pezas de latón: limpeza con limpador de superficies metálicas específico.

- Pletinas de ferro do interior dos chasis: limpeza mecánica para eliminar os produtos

de corrosión.

- Placas de folla de lata dos chasis: limpeza mecánica puntual para eliminar os

produtos de corrosión e posteriormente limpeza xeral.

- Asa de coiro: limpeza con disolvente específico.

Proceso de limpeza da madeira.

Interior do chasis tras a limpeza. Proceso de limpeza dunha das placas de folla de lata.

Page 5: Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

- ADHESIÓN DAS CINTAS TÉXTILES:

Procedeuse á adhesión destas cintas mediante un adhesivo polivinílico específico.

Cinta desprendida da ranura de introducción daprancha no chasis.

Cintas adheridas na peza onde se inserta a caixa doobturador.

- TRATAMENTO DA CORROSIÓN:

Unha vez eliminados os productos de corrosión das pletinas de ferro do interior dos

chasis, procedeuse á súa inhibición e posterior protección con resina acrílica.

Pletina de ferro do interior do chasis antes e despois do tratamento.

- PROTECCIÓN:

Coa finalidade de garantir unha correcta manipulación das pezas extraíbles da

cámara, como os chasis ou as placas dos mesmos, aplicouse unha capa de cera

microcristalina nestas zonas de fricción, seguido do seu pulido. Deste xeito, favorécese

o deslizamento entre as pezas, evitando danos mecánicos nas superficies.

Inserción do chasis.

Page 6: Informe restauracion camara fotografica asuncion terroso

IDENTIFICACIÓN DE TECIDOS

Identificáronse as fibras dos tecidos do fol e das cintas adhesivas que facilitan o deslizamento

de pezas. Mediante observación con microscopía óptica obtivemos os seguintes resultados:

- Tecido do fol: fibra de algodón.

- Cintas adhesivas: base de tecido de algodón e fibra sintética, conformando unha

especie de terciopelo.

Fibra de algodón do tecido do fol,vista baixo microscopía óptica (20X).

Fibra de algodón do tecido de cintaadhesiva, vista baixo microscopía

óptica (20X).

Fibra sintética de cinta adhesiva,vista baixo microscopía óptica (20X).

BIBLIOGRAFÍA E WEBS CONSULTADAS

- CLYDE REINOLDS: Las cámaras fotográficas. Una guía para aficionados. Ediciones

Omega, S.A. Barcelona, 1979.

- HEDGECOE, John: Manual de Técnica Fotográfica. Guía completa de métodos,

equipos y estilos fotográficos. H. Blume Ediciones. Madrid, 1977.

- McKEOWN, J.M. e McKEOWN, J.C.: McKeown´s price guide to antique and classic

cameras: 2005-2006. Ed. Centinal Photo Service. Wisconsin (USA), 2004.

- VAN HASBROECK, Paul-Henry: 150 Classic Cameras. From 1839 to the present.

Sotheby´s Publications. New York (USA), 1989

- WHITE, Robert: Discovering Old Cameras. 1839-1939. Shire Publications LTD.

Buckinghamshire (UK), 1995.

- http://www.earlyphotography.co.uk/site/entry_C356.html

- www.nationalmediauseum.org.uk

- http://www.youtube.com/watch?v=HU-p9-3jDDg

- http://www.woodandbrass.co.uk/detail.php?cat_num=0031