INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración...

58
INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO 2009

Transcript of INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración...

Page 1: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS

EXERCICIO 2009

Page 2: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo
Page 3: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

3

ÍNDICE  I. INTRODUCIÓN ........................................................................................................... 5 

I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE .....................................................................................................5 I.2 LIMITACIÓNS........................................................................................................................5 I.3 NORMATIVA REGULADORA..................................................................................................6 II. INFORMACIÓN DO MUNICIPIO ................................................................................. 8 

II.1 INFORMACIÓN XERAL .........................................................................................................8 II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS ...........................................................9 III. CONTAS ANUAIS ................................................................................................... 10 

III.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO ........................................................................................10 III.2 CONTABILIDADE FINANCEIRA ..........................................................................................14 IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN .......................................................................... 16 

IV.1 CONTROL INTERNO ..........................................................................................................16 IV.2 MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS ..................................................................................17 IV.3 GASTOS DE PERSOAL .......................................................................................................19 IV.4 GASTOS CORRENTES ........................................................................................................26 IV.5 GASTOS POR TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS .............................................................32 IV.6 GASTOS DE INVESTIMENTO ..............................................................................................35 IV.7 OPERACIÓNS FINANCEIRAS .............................................................................................39 IV.8 OUTRAS MATERIAS ..........................................................................................................40 V. MAGNITUDES ORZAMENTARIAS RELEVANTES ...................................................... 47 

V.1 RESULTADO ORZAMENTARIO ...........................................................................................47 V.2 REMANENTE DE TESOURERÍA ...........................................................................................48 VI. FEITOS POSTERIORES ............................................................................................ 49 

VII. CONCLUSIÓNS ...................................................................................................... 50 

VIII.  RECOMENDACIÓNS ........................................................................................... 53 

ANEXO I: TRÁMITE DE ALEGACIÓNS .......................................................................... 55 

Page 4: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

4

Page 5: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

5

I. INTRODUCIÓN

I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2010, acordou incluír no seu programa anual de actuacións para 2011, a realización dunha fiscalización de regularidade do exercicio 2009 do Concello de Rois (A Coruña).

A fiscalización de regularidade contable realizarase sobre as contas anuais ou estados contables da entidade fiscalizada, e incluirá:

Auditoría de legalidade: revisión do cumprimento da normativa aplicable nas áreas de orzamento, ingresos de dereito público, persoal, contratación de obras, servizos e subministracións, así como concesión de subvencións.

Auditoría financeira: conformidade da Conta Xeral cos principios contables e orzamentarios que son de aplicación.

Análise financeira da situación económica da entidade.

Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:

- Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria realízase de conformidade coa normativa de aplicación.

- Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e normas establecidos nas instrucións contables.

- Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola Entidade en orde a garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria.

O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.

I.2 LIMITACIÓNS O Concello prestou a colaboración necesaria para que os traballos de campo finalizasen no prazo establecido polo Consello de Contas de Galicia.

Page 6: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

6

I.3 NORMATIVA REGULADORA A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas seguintes disposicións ordenadas por rango competencial e datas:

LEXISLACIÓN ESTATAL

- Constitución Española do 27 de decembro de 1978 (BOE 311, do 29 de decembro de 1978).

- Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais (BOE 196, do 16 de xullo de 1955).

- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a reforma da Función Pública (LMRFP), nos artigos non derrogados expresamente pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público.

- Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (BOE 80, de 3 de abril de 1985, rectificada no BOE 139, do 11 de xuño 1985 e sucesivas modificacións, entre outra Lei 4/1996, de 10 xaneiro BOE 11, do 12 xaneiro 1996).

- Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (BOE 96, do 24 de abril de 1986 e sucesivas modificacións, entre outras, pola Lei 30/2007, do 30 outubro, BOE 261, de 31 outubro 2007).

- Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986).

- Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das entidades locais (BOE 161, de 7 de xullo de 1986).

- Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (BOE 305, do 22 de decembro de 1986).

- Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, Reguladora das Facendas Locais (BOE 136, do 7 de xuño de 1990).

- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE 285, do 27 de novembro de 1992, modificada entre outras pola Lei 4/1999 do 14 de xaneiro, BOE 16, do 19 de xaneiro de 1999).

Page 7: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

7

- Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións (LGS) (BOE 276, do 18 de novembro de 2003).

- Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria (BOE 284, do 27 de novembro de 2003, modificada entre outras polas Leis 30/2005, 42/2006 e 51/2007 e 2/2008, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2009).

- Lei 57/2003, do 16 decembro Medidas para a modernización do goberno local (BOE 301, do 17 de decembro 2003).

- Reais Decretos 1174/1987; 1732/1994 e 834/2003, polos que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional (na actualidade de carácter estatal).

- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (BOE 59, do 9 de marzo de 2004, modificado entre outras por Lei 16/2007, do 4 xullo, BOE 160, do 5 xullo 2007).

- Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 20 de setembro de 1989, sobre estrutura dos orzamentos das Entidades Locais (BOE 252, do 20 de outubro de 1989).

- Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2004, pola que se aproba a Instrución de Contabilidade de tratamento normal (ICALN), para entidades locais (BOE 296, do 9 de decembro de 2004).

- Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (BOE 261, do 31 de outubro de 2007, modificada, entre outras normas, polo RD 817/2009, do 8 de maio de 2009, publicado no BOE número 118 do 15 de maio de 2009).

- Real Decreto 1463/2007, de 2 novembro (BOE 264, de 3 novembro 2007, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001 do 12-12-2001 de Estabilidade Orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais).

- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público (BOE 89, do 13 de abril de 2007).

LEXISLACIÓN AUTONÓMICA

- Estatuto de Autonomía de Galicia (DOG número 101, do 1 de outubro de 1981).

- Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG número 114, do 13 de xuño de 2008).

Page 8: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

8

- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (DOG número 149, de 5 de agosto de 1997; modificada entre outras pola Lei 8/1999, do 11 de febreiro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa).

- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de Galicia (DOG número 252, do 31 de decembro de 2002).

- Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia (DOG 32, do 17 de febreiro de 1999).

- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (DOG 121, do 25 de xuño de 2009).

LEXISLACIÓN DE CONTROL EXTERNO

- Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas (BOE 121, do 21 de maio de 1982).

- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia (DOG 130, do 9 de xullo de 1985).

- Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia do 25 de xuño de 1992 (DOG 138, do 7 de xullo de 1992).

II. INFORMACIÓN DO MUNICIPIO

II.1 INFORMACIÓN XERAL O concello de Rois, que se sitúa ao Sudoeste da provincia da Coruña, entre os ríos Tambre e Ulla, ten unha extensión de 92,8 km cadrados, dividida en 12 parroquias. Aínda que é un concello interior, está moi preto da costa, tanto da Ría de Arousa como da de Muros e Noia.

A súa poboación a 1 de xaneiro de 2009 era de 4.995 habitantes, mentres que un ano despois era de 4.936 (Fonte: INE). A renda familiar dispoñible por habitante no ano 2007 foi de 11.773 euros, sendo a media de Galicia de 13.547 euros (fonte: Atlas socioeconómico de Galicia 2009 de Caixanova )

A composición da Corporación resultante das eleccións de 2007 foi a seguinte: PP: 7 concelleiros; BNG: 3; PSOE: 3. Na actualidade, tralas eleccións locais do 22 de maio de 2011, mantense a mesma maioría, aínda que o Concello perdeu dous concelleiros, en aplicación da Lei Electoral, pasando de 13 a 11, por ter baixado ao tramo de poboación inferior (PP: 7 concelleiros; BNG: 3 e PSOE: 1).

Page 9: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

9

No termo municipal non hai entidades locais menores, nin consta que o Concello teña entidades dependentes, nin participe en sociedades mercantís, nin en fundacións. Si que forma parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ao que achega os gastos de funcionamento da gardería (53.000 euros no ano 2009), así como da Mancomunidade da Área de Santiago de Compostela, neste caso en relación cos gastos do Parque de Bombeiros Comarcal (10.500 euros, previstos no Orzamento pero non executados a fin de exercicio).

II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS No seguinte cadro recóllense as datas máis relevantes en relación á elaboración e liquidación do Orzamento e formación da Conta Xeral:

TRÁMITE DATA LÍMITE CUMPRIMENTO

Aprobación definitiva do Orzamento: 31/12/2008 27/01/2009 Aprobación da liquidación do Orzamento: 31/03/2010 10/03/2011 Formación da Conta Xeral: 01/06/2010 10/03/2011 Informe da Comisión de Contas: 01/06/2010 30/03/2011 Presentación da Conta Xeral ao Pleno: 01/10/2010 12/05/2011 Aprobación plenaria da Conta Xeral: 01/10/2010 18/05/2011

Pódese observar que a aprobación definitiva do orzamento se fixo fora do prazo que manda a Lei, isto é, antes de que entre en curso o exercicio, aínda que a aprobación inicial é do 13 de decembro de 2008. Tamén compre sinalar que a pesares diso non se prorrogou o orzamento do exercicio anterior, tal e como manda a lei, si non que se comezou a executar o orzamento do 2009, aínda cando non estaba definitivamente aprobado.

Polo demais, analizado o expediente de aprobación do orzamento, este resulta completo e formalmente correcto, salvo pola ausencia no mesmo da liquidación do orzamento do exercicio anterior (2007) e un avance do orzamento do exercicio corrente (2008). Así mesmo as bases de execución que o complementan conteñen a regulación de todas as materias a que obriga o artigo 9 do Decreto 500/1990, do 20 de abril.

No que atinxe á rendición da conta, fíxose primeiramente con data 11/03/2011, cando a mesma aínda non estaba aprobada polo Pleno do Concello, requisito que foi cumprido o 18/05/2011, comunicándose ao Consello de Contas o 14/06/2011. De tódolos xeitos a rendición faise fóra de prazo (último día o 14 de outubro de 2010) .

Con relación á rendición das contas dos exercicios anteriores, a situación é a seguinte:

Page 10: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

10

EXERCICIO ESTADO DE RENDICIÓN DATA DE RENDICIÓN

2000 Rendida 11/10/2001 2001 Rendida 24/10/2002 2002 Rendida 12/12/2003 2003 Rendida 23/06/2005 2004 Non remitida 2005 Rendida 26/04/2007 2006 Con defectos graves 08/05/2008 2007 Rendida 20/07/2009 2008 Rendida 15/09/2010

III. CONTAS ANUAIS

III.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO A información orzamentaria facilitada considérase coherente en termos xerais coas operacións realizadas:

1- O orzamento inicial na liquidación coincide co aprobado con data 27 de xaneiro de 2009.

2- Tralas modificacións de crédito mantense o equilibrio orzamentario inicial.

3- Os estados de liquidación do Orzamento de Gastos e Ingresos elaborados a partir dos libros Diarios de operacións orzamentarias facilitados pola entidade coinciden coa liquidación aprobada polo pleno.

4- Segundo a Base 4ª das Bases de Execución do Orzamento, a vinculación xurídica establécese, con carácter xeral, a nivel de grupo de función e a nivel de capítulo. A estes niveis, os créditos comprometidos non superan os créditos dispoñibles.

Establécese a vinculación a nivel de partida no caso dos créditos ampliables e para os gastos totalmente financiados con recursos expresamente afectados. (Para os créditos ampliables tamén se realiza a comprobación, cumpríndose que os compromisos de crédito son inferiores aos créditos dispoñibles.)

Non entanto:

a) Débense realizar axustes en:

- O saldo dos dereitos pendentes de cobramento de exercicios anteriores, que figuran contabilizados desde o ano 1988

Page 11: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

11

- O importe das obrigacións pendentes de pago de exercicios anteriores, contabilizadas desde o ano 1990.

Os axustes a realizar nas partidas de dereitos pendentes de cobramento e obrigacións pendentes de pago explícanse en o apartado IV.8 deste informe.

De feito, o 17 de febreiro de 2012, simultaneamente á realización deste informe, apróbase un expediente de depuración de saldos.

b) Ademais, hai gastos recolleitos orzamentariamente no capítulo 4 (Transferencias correntes), por importe de 192.518,44 €, que pola súa natureza deberían estar recolleitos nos capítulos 1 e 2. (O detalle desta cuestión explícase no apartado IV.5 deste informe.)

a) Liquidación do Orzamento de Ingresos:

A liquidación do orzamento de ingresos, resumida a nivel de capítulo, é a seguinte:

CAPÍTULO PREVISIÓNS INICIAIS

MODIFICACIÓN PREVISIÓNS

INICIAIS

PREVISIÓNS DEFINITIVAS

(PD)

DEREITOS RECOÑECIDOS

(DR)

DEREITOS ANULADOS

DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS (DRN)

RECADACIÓN NETA (RN)

DEREITOS PENDENTES

COBRAMENTO A 31/12

EXCESO/DEF. DE

PREVISIÓN

1. Impostos directos 552.600,00 64.527,37 617.127,37 635.532,98 0,00 635.532,98 635.532,98 0,00 18.405,61

2. Impostos indirectos 180.000,00 0,00 180.000,00 46.451,62 144,49 46.307,13 33.873,98 12.433,15 -133.692,87

3. Taxas e outros ingresos 227.250,00 0,00 227.250,00 211.544,63 1.058,00 210.486,63 208.656,50 1.830,13 -16.763,37

4. Transferencias correntes 1.603.289,24 774.905,94 2.378.195,18 2.240.124,65 0,00 2.240.124,65 1.927.875,73 312.248,92 -138.070,53

5. Ingresos patrimoniais 10.000,00 0,00 10.000,00 2.251,76 0,00 2.251,76 2.251,76 0,00 -7.748,24

7. Transferencias de capital 1.514.298,94 0,00 1.514.298,94 1.120.282,09 0,00 1.120.282,09 815.959,00 304.323,09 -394.016,85

8. Activos financeiros 0,00 282.414,40 282.414,40 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 -282.414,40

Total 4.087.438,18 1.121.847,71 5.209.285,89 4.256.187,73 1.202,49 4.254.985,24 3.624.149,95 630.835,29 -954.300,65

A representatividade dos dereitos recoñecidos netos de cada capítulo en relación aos dereitos recoñecidos netos totais, recóllese no seguinte gráfico:

Page 12: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Inform

12

Como(ambrecoñ

A conasí co

CAPÍTU

1. Impostosdirectos 2. Impostosindirectos 3. Taxas e oingresos 4. Transferecorrentes 5. Ingresos patrimoniai7. Transferede capital 8. Activos financeiros

TO

En caunha

Os daInform

b) L

O res

me de Fiscalizac

o se desprenos os tipos

ñecidos totais

ntinuación reomo os índice

LO DEREITO

RECOÑECIDEN 2008

s 556.633

s 39.166

outros 178.664

encias 1.726.006

s 8.055

encias 374.659

0

OTAL 2.883.185

anto ao capítincorporació

atos recollidome.

Liquidación

umo por cap

ción do Concel

nde do gráficde transfer

s, fronte a un

eflíctese nunhes de liquida

OS DOS 8

PREVISIÓNSDEFINITIVA

(PD)

3,59 617.127,

6,05 180.000,

4,67 227.250,

6,72 2.378.195,

5,05 10.000,

9,13 1.514.298,

0,00 282.414,

5,21 5.209.285,8

tulo 8, o queón de crédito

os na táboa

n do orzame

pítulos da liqu

lo de Rois, exe

co anterior, encias, corre

n 16,03% de

ha táboa a evción e de recS

AS DEREITOS

RECOÑECIDOSNETOS (DRN)

37 635.532,98

00 46.307,13

00 210.486,63

18 2.240.124,65

00 2.251,76

94 1.120.282,09

40 0,00

89 4.254.985,24

e recolle é o.

son obxecto

ento de gas

uidación do o

ercicio 2009

a entidade entes e de

e ingresos trib

volución doscadación de d

S )

RECADACIÓNNETA (RN)

8 635.532,9

3 33.873,9

3 208.656,5

5 1.927.875,7

6 2.251,7

9 815.959,0

0 0,0

4 3.624.149,9

o remanente

dun análise

stos:

orzamento d

finánciase bcapital, sum

butarios).

s dereitos recdereitos.

VARIACIÓNDEREITOS

RECOÑECIDNETOS 2008-2

98 14

98 18

50 17

73 29

76 -72

00 199

00 0

95 47

de tesourerí

detallado no

e gastos é o

asicamente cman un 78,9

coñecidos con

N S OS 2009

ÍNDICLIQUIDACI

DEREIT(DRN/P

4,17% 1

8,23%

7,81%

9,79%

2,05%

9,01%

0,00%

,58%

ía que se uti

os apartados

seguinte:

con transfer98% dos de

n relación a

CE IÓN DE TOS PD)

ÍNRECAD

DER(DR

102,98%

25,73%

92,62%

94,19%

22,52%

73,98%

0,00%

81,68%

iliza para fin

s posteriores

encias ereitos

2008,

NDICE ACIÓN DE

REITOS RN/RN)

100,00%

73,15%

99,13%

86,06%

100,00%

72,84%

0,00%

85,17%

anciar

deste

Page 13: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Inform

13

CAPÍ

1. Gastospersoal 2. Gastoscorrentesservizos 3. Gastosfinanceiro4. Transfcorrentes6. Investireais 7. Transfde capita9. Pasivofinanceiro

A impreflíct

Como(o 56capítucontacorres6, in890.9

me de Fiscalizac

ÍTULO CRÉDINIC

s de 1.12

s en bens s e 88

s os 1

erencias s 29

imentos 1.64

erencias al 5

os os 6

Total 4.087

portancia de tese neste gr

o se reflicte n6,22% é gasulo 2 é aíndabilizado comspondentes aflúen as ob959€.

ción do Concel

DITOS CIAIS

MODIFCRÉD

27.383,71 23

88.870,00 27

12.500,00

92.100,00 3

48.622,15 57

57.000,00

60.962,32

7.438,18 1.121

cada capítulráfico:

no gráfico, osto de capítda maior do mo capítulo a ditos capít

bras financia

lo de Rois, exe

FIC. DE DITO

CRÉDDEFINI

0.857,79 1.358

7.611,14 1.166

0,00 12

9.631,58 331

3.747,20 2.222

0,00 57

0,00 60

1.847,71 5.209

o, en termos

o gasto é funulos 1 e 2) que figura

4, é realmeulos. Por outdas polo Fo

ercicio 2009

DITOS ITIVOS

OBRIRECOÑE

NET

8.241,50 1.30

6.481,14 1.14

2.500,00 1

1.731,58 30

2.369,35 1.52

7.000,00

0.962,32 6

9.285,89 4.345

s de obrigació

ndamentalmee en bens no gráfico s

ente capítulotra banda, nondo Estatal

IGAS ECIDAS TAS

PAG

2.584,11 1.210

0.267,54 725

0.346,94 10

7.843,44 193

3.424,32 1.203

0,00

0.962,30 60

5.428,65 3.405

óns recoñecid

ente de funcide investimese temos en

o 2, tal e coo elevado gal de Investim

GOS OBR

PENDENPAGO A

0.870,99

5.965,75 4

0.346,34

3.882,36 1

3.211,82 3

0,00

0.962,30

.239,56 94

das netas, en

onamento noento (o 35,0 conta que

omo se detaasto en invesmento Local

RIGAS NTES DE A 31/12

REMADE C

91.713,12

414.301,79

0,60

113.961,08

320.212,50 6

0,00

0,00

40.189,09 86

n relación ao

ormal da ent06%). O gasa maior par

alla nos apastimentos, cal, por impor

ANENTES RÉDITO

55.657,39

26.213,60

2.153,06

23.888,14

98.945,03

57.000,00

0,02

63.857,24

o total,

tidade sto en rte do rtados

apítulo rte de

Page 14: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

14

Con relación ao ano 2008, destaca o incremento en gasto de persoal, dun 26,03%, analizado no apartado IV.4, relativo a este capítulo de gasto.

O grao de execución do orzamento, así como o índice de pago das obrigas, sería:

CAPÍTULO CRÉDITOS

DEFINITIVOS (1)

OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS

(2)

PAGOS (3)

GRAO DE EXECUCIÓN DO

ORZAMENTO (2)/(1)

ÍNDICE DE PAGO DAS OBRIGAS

(3)/(2)

1 1.358.241,50 1.302.584,11 1.210.870,99 95,90% 92,96%

2 1.166.481,14 1.140.267,54 725.965,75 97,75% 63,67%

3 12.500,00 10.346,94 10.346,34 82,78% 99,99%

4 331.731,58 307.843,44 193.882,36 92,80% 62,98%

6 2.222.369,35 1.523.424,32 1.203.211,82 68,55% 78,98%

7 57.000,00 0,00 0,00 0,00% 0,00%

9 60.962,32 60.962,30 60.962,30 100,00% 100,00%TOTAL XERAL 5.209.285,89 4.345.428,65 3.405.239,56 83,42% 78,36%

III.2 CONTABILIDADE FINANCEIRA A entidade presenta as contas anuais segundo o modelo establecido pola Orde EHA/4041/2004, do 23 de Novembro, que aproba a Instrución do Modelo Normal.

As contas anuais comprenden o Balance, a Conta do resultado económico-patrimonial, o Estado de liquidación do orzamento e a Memoria.

A análise de integridade realizada arroxa os seguintes resultados:

1- Non se achega libro Diario de contabilidade financeira, polo que non se pode elaborar o Balance nin a Conta de resultado económico-patrimonial a partir do mesmo, pero si se poden elaborar estes estados a partir do Balance de comprobación que figura na Memoria. Entre os distintos estados contables hai coherencia.

2- Realízase unha comparativa dos datos da contabilidade financeira cos datos que figuran en contabilidade orzamentaria. Con carácter xeral coinciden, pero obsérvanse as diferenzas que se reflicten no seguinte cadro, que son gastos que orzamentariamente se rexistran como transferencias e financeiramente en servizos exteriores ou gastos de persoal.

Page 15: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

15

DIFERENCIAS CONTABILIDADE FINANCEIRA - CONTABILIDADE ORZAMENTARIA

CONTA CONTABILIDADE

FINANCEIRA

DIF.FINANCEIRA / ORZAMENTARIA

AXUSTES (EN ) OBSERVACIÓN

6299 150,80 -150,80 Concepto 48910 imputado á conta 6299 (debería estar na conta 6518)

6404 18.033,87 -18.033,87 Concepto 48904 imputado á conta 6404 (debería estar na conta 6518)

6518 -18.184,67 18.033,87 Concepto 48904 imputado á conta 6404 (debería estar na conta 6518)

150,80 Concepto 48910 imputado á conta 6299 (debería estar na conta 6518)

Solicítase a relación de apuntamentos que están orzamentariamente no concepto 48904 e se imputan á conta 6404 (soldos e salarios) de contabilidade financeira, en lugar de facelo á conta 6518 (subvencións correntes), resultando ser gastos que corresponden efectivamente ao cap. 4 ou mesmo ao cap. 2 de contabilidade orzamentaria, distintos de gastos de persoal, e por tanto, incorrectamente imputados ao concepto 640 de contabilidade financeira.

3- Por outra banda, compróbase a que obedecen os axustes realizados, por importe de 7.479.679,13€ nos gastos e perdas doutros exercicios e por 20.654.234,47€ nos ingresos e beneficios doutros exercicios.

Os axustes obedecen aos cambios de valor do inmobilizado, como consecuencia da realización en 2009 dun inventario actualizado de todos os bens do concello.

Compróbase:

- Que os axustes realizados nas contas de "Outros gastos e perdas de exercicios anteriores" (6799) e de "Outros ingresos e beneficios de exercicios anteriores" (7799) obedecen ás variacións no valor do inmobilizado postas de manifesto con ocasión da realización do inventario. Estes axustes contables foron propostos polo Servizo de Asistencia Económica a Municipios da Deputación da Coruña.

- Que os axustes de valor nas contas de inmobilizado realízanse correctamente de acordo ás novas valoracións, a data 1/1/2009;

- Que a 31/12/09 axústase así mesmo o valor destes bens como consecuencia dos investimentos realizados durante este ano.

Todos os axustes anteriores figuran correctamente contabilizados.

A única observación a realizar sería en relación á amortización contabilizada, xa que esta é a acumulada a 1/1/2009, segundo os cálculos realizados ao facerse o inventario, sen dotarse a amortización correspondente á depreciación do ano 2009.

Page 16: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

16

4- Analízanse outros riscos na contabilidade: entre as sentenzas xudiciais revisadas, hai unha sentenza de data 10/6/2010, relativa a un procedemento en curso a 31/12/2009, cuxo asunto é a reclamación para o cumprimento correcto dun convenio urbanístico, que resulta condenatoria para o concello, cuxa contía é de 32.491,60 €, e que foi obxecto de recurso de apelación, aínda sen resolver á data de realización deste informe; e outra sentenza de 30/6/2011, pola que se resolve recurso de apelación contra sentenza previa de data 29/6/2010, sendo condenado o concello en ambas as instancias a realizar as medidas necesarias para a execución de convenio asinado no seu día; a contía do asunto é de 22.335,80 € e este procedemento xa estaba en trámite a 31/12/2009.

Sobre estes riscos non se recolle ningunha información nin no Balance nin na Memoria. A provisión para riscos e gastos figura no Pasivo do Balance de Situación con importe 0.

5- Por último, débense realizar axustes nas partidas de debedores e acredores, en relación aos dereitos pendentes de cobramento e obrigacións pendentes de pago de exercicios anteriores; débese modificar o importe da provisión por debedores de dubidoso cobramento e debe realizarse tamén un axuste no saldo da tesourería, en concreto, na conta (570), “Caixa da Corporación”. Estes axustes descríbense no apartado IV.8, relativo a “outras materias”.

IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN

IV.1 CONTROL INTERNO A función de control e fiscalización interna ten unha tripla acepción: a función interventora, a función de control financeiro e a función de control de eficacia. Así resulta da normativa existente respecto diso, tanto a xeral como a propia da Administración Local (artigos 223 e seguintes do TRLRHL e no RDFHCN).

No que respecta á función interventora, non se constatou a realización da fiscalización previa, polo menos nos actos ou acordos relativos aos expedientes revisados en cada área, e tampouco hai constancia de que se emitan documentos contables.

Non hai constancia de que leven a cabo actuacións de control financeiro nin de control de eficacia, para o que o Concello debería ter definidos uns obxectivos previos que permitan verificar a eficacia, eficiencia e economía na prestación dos servizos públicos.

Durante o ano 2009 non se formularon reparos á legalidade, aínda que se puido comprobar a realización de informes por parte da Intervención en relación a diversas materias, como contratación e Orzamentos.

Page 17: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

17

IV.2 MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS - As Bases de Execución do Orzamento regulan todas as figuras de modificacións orzamentarias.

- A vinculación de créditos establécese na Base de Execución nº4: con carácter xeral, respecto da clasificación funcional, a nivel de grupo de función; e respecto da clasificación económica, a nivel de capítulo.

Establécese a nivel de partida orzamentaria nos seguintes casos: créditos ampliables determinados na base 7ª e gastos totalmente financiados con recursos expresamente afectados.

As modificacións realizadas nos créditos iniciais do orzamento de gastos ascenden a 1.121.847,71 € e distribúense por capítulos da seguinte maneira:

CAPÍTULO CRÉDITOS INICIAIS MODIFICACIÓNS DE CRÉDITO

CRÉDITOS DEFINITIVOS OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS

1 1.127.383,71 230.857,79 1.358.241,50 1.302.584,11

2 888.870,00 277.611,14 1.166.481,14 1.140.267,54

3 12.500,00 0,00 12.500,00 10.346,94

4 292.100,00 39.631,58 331.731,58 307.843,44

6 1.648.622,15 573.747,20 2.222.369,35 1.523.424,32

7 57.000,00 0,00 57.000,00 0,00

9 60.962,32 0,00 60.962,32 60.962,30

Total: 4.087.438,18 1.121.847,71 5.209.285,89 4.345.428,65

Para financialas, recóllense, así mesmo, modificacións nas previsións iniciais do orzamento de ingresos, cuxo reparto por capítulos de ingreso se realiza como segue:

CAPÍTULO PREVISIÓNS INICIAIS MODIFICACIÓN DAS PREVISIÓNS INICIAIS

PREVISIÓNS DEFINITIVAS DEREITOS RECOÑECIDOS

1 552.600,00 64.527,37 617.127,37 635.532,98

2 180.000,00 0,00 180.000,00 46.451,62

3 227.250,00 0,00 227.250,00 211.544,63

4 1.603.289,24 774.905,94 2.378.195,18 2.240.124,65

5 10.000,00 0,00 10.000,00 2.251,76

7 1.514.298,94 0,00 1.514.298,94 1.120.282,09

8 0,00 282.414,40 282.414,40 0,00

Total: 4.087.438,18 1.121.847,71 5.209.285,89 4.256.187,73

Do certificado de expedientes de modificacións de crédito tramitados no exercicio, achegado pola secretaria do concello, resulta que existen expedientes de modificación de crédito por importe de 529.071,46 €. A estes habería que engadir un expediente de 95.659,53 €, que non figura no certificado, pero que si existe, segundo se verificou ao analizar a documentación achegada na

Page 18: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

18

visita ao concello. Por tanto, hai expedientes de MC por un total de 624.731,69 €. Son 12 xeracións de crédito e 2 transferencias de crédito.

Non hai expedientes administrativos de modificacións de crédito realizadas por contía de 497.116,0 2 €. Son: unha incorporación de crédito, por 282.414,40 €, e 8 xeracións de crédito

por 214.701,62 €.

Selecciónase para a súa revisión a seguinte mostra de expedientes:

Nº DATA TIPO IMPORTE PARTIDA CONCEPTO DESCRICIÓN

1 30/12/2009 M C 110.000,00 2009.0.432.0. 63305 Outros plans 2009

30/12/2009 M P I 110.000,00 2009.0.0.0. 46210 OUTRAS SUBVENCIÓNS DEPUTACION

2

30/12/2009 M C 61.659,53 2009.0.432.0. 22100 Enerxía eléctrica

30/12/2009 M C 34.000,00 2009.0.432.0. 22800 Material obras municipais

30/12/2009 M P I 95.659,53 2009.0.0.0. 46210 OUTRAS SUBVENCIÓNS DEPUTACION

3 24/12/2009 M C 45.180,48 2009.0.121.0. 22702 Valoración e peritaxes

24/12/2009 M P I 45.180,48 2009.0.0.0. 46210 OUTRAS SUBVENCIÓNS DEPUTACION

4 24/12/2009 M C 95.659,53 2009.0.432.0. 63305 Outros plans 2009

24/12/2009 M P I 95.659,53 2009.0.0.0. 46210 OUTRAS SUBVENCIÓNS DEPUTACION

O resumo dos mesmos recóllese a continuación:

XERACIÓNS DE CRÉDITO EXPEDIENTE Nº1 EXPEDIENTE Nº2 EXPEDIENTE Nº3 EXPEDIENTE Nº4

Fonte de financiamento

Convenio de colaboración coa Deputación; obra "Seguridade viaria de Ponte Moeiro a Seira"; importe máximo de 110.000 €.

"PAC-1 2009"; 95.659,53€

Plan complementario do FEIL 2009, financiado pola Deputación da Coruña. Importe: 45.180,48

PAC-2 2009; 95.659,53 .

1. Resolución da Alcaldía, acordando inicio do expediente administrativo e designando á interventora como encargada de informar o devandito expediente

Non hai Si Si Si

2. Decreto da alcaldía, acordando a realización dunha xeración de crédito, aprobar o expediente e dar conta do mesmo aos membros da corporación

Non hai

Si. O ingreso recollerase contablemente no concepto 46210; o gasto nos conceptos 22100 e 22800.

Si. O ingreso recollerase contablemente no concepto 46210 e os gastos no concepto 22702.

Si. O ingreso recollerase contablemente no concepto 46210 e o gasto no concepto 63305.

3. Informe da Intervención Non hai Si Si Si

Cumprimento dos requisitos do art.44 do RD 500/1990, do 20 de abril

Si. Achégase copia do convenio, de data 8/9/2009.

Si. Circular da Sección de plans especiais da Deputación da Coruña, aprobando as bases da PAC 1, correspondendo a Rois 95.659,53 .

Si. Resolución de 16/7/2009 do presidente da Deputación provincial, acordando transferir ao concello 45.180,48 como complemento do FEIL.

Si.Circular da Sección de plans especiais da Deputación da Coruña, aprobando as bases da PAC 2, correspondendo a Rois 95.659,53 .

Contabilización do dereito recoñecido

Data DR: 31/12/2009; concepto 46210; 87.635,34 (importe adxudicado realización obra).

Data DR: dic-2009. Ingreso: 11 de novembro.

O DR e o ingreso contabilízanse o 24/8/2009

Data DR: dic-2009. Ingreso: o 70%, por 66.961,67 , o 6/5/2010; e o 30% restante, por 28.697,86 , o 26/5/2010.

Page 19: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

19

En relación ás MC que non forman parte da mostra, exclusivamente en relación coa súa fonte de financiamento, debemos realizar a seguinte observación:

Hai tres xeracións de crédito que se tramitan considerando como fonte de financiamento os maiores ingresos recadados sobre os previstos, en IBI (36.338,06€), IAE (28.189,31€) e Fondo

de Cooperación Local (18.961,23€).

Tales conceptos de ingreso non se recollen no art. 43 do Real Decreto 500/1990 como posibles xeradores de crédito, polo que estas modificacións de crédito non son correctas.

IV.3 GASTOS DE PERSOAL ASPECTOS XERAIS

As obrigas recoñecidas netas neste capítulo ascenderon a 1.302.584,11 euros, o que supón o 30% por cento do total. O detalle por artigos recóllese no cadro seguinte, extraído da liquidación do orzamento de gastos que rende a entidade:

DESCRICIÓN

CRÉDITOS INICIAIS

CRÉDITOS DEFINITIVOS

ORN PAGOS PTE. DE PAGO

ORN 2008

10 Altos cargos 68.196,10 68.196,10 68.100,58 68.100,58 0,00 67.229,95

11 Persoal eventual 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

12 Persoal funcionario 272.287,84 272.287,84 258.857,54 258.857,44 0,10 211.623,43

13 Persoal laboral 446.200,13 617.520,02 604.758,68 554.799,25 49.959,43 461.165,71

14 Outro persoal 40.680,00 49.134,00 47.252,92 43.087,92 4.165,00 28.800,03

15 Incentivos ó rendemento

27.060,00 24.540,00 18.536,89 18.536,89 0,00 22.061,07

16 Cotas e gastos sociais 272.959,64 326.563,54 305.077,50 267.488,91 37.588,59 242.707,94

TOTAL CAPÍTULO 1.127.383,71 1.358.241,50 1.302.584,11 1.210.870,99 91.713,12 1.033.588,13

Obsérvase un incremento significativo das obrigas recoñecidas netas do exercicio con respecto ás do anterior, concretamente dun 26,03 por cento, o cal obedece, fundamentalmente, ao maior número de efectivos correspondentes a persoal laboral temporal: así, no cadro de persoal que acompaña ao orzamento do 2009 e que se publica no Boletín Oficial da Provincia figuran un total de 25 traballadores desa clase, mentres que no do 2008 figuran tan só 16.

Observouse que o artigo 14 "outro persoal" recolle gastos correspondentes a persoal laboral temporal, polo que poderían incluírse no artigo 13 "persoal laboral", que é o existente a tales efectos, descoñecéndose a razón pola que nalgúns casos o gasto se imputa ao 13 e noutros ao 14, cando a súa natureza é a mesma. Non obstante este feito non supón unha creba do principio de especialidade cualitativa dos créditos de gastos, xa que o nivel de vinculación para os créditos

Page 20: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

20

do capítulo 1 é precisamente a nivel de capítulo, o cal non estorba para que os gastos se recollan nas súas contas correspondentes.

Por outra banda, trala verificación da correspondencia entre a contabilidade financeira e orzamentaria neste apartado de gastos, constatouse que se utilizan as contas 640, 642 e 644 da ICAL para recoller en contabilidade financeira os gastos do capítulo 1 do orzamento, se ben se atopou unha diferenza de 18.033,87 euros, que figuran na subconta 6404 (soldos e salarios) en contabilidade financeira e no subconcepto 48904 (transferencias a institucións sen ánimo de lucro) na orzamentaria, o cal é contraditorio.

En canto aos instrumentos de ordenación do persoal, o artigo 74 do EBEP obriga ás Administracións Públicas a estruturar a súa organización mediante relacións de postos de traballo ou outros instrumentos similares, establecendo que o seu contido mínimo debe incluír a denominación do posto, o grupo profesional ao que pertence ou o corpo ou escala ó que está adscrito, o sistema de provisión e as retribucións complementarias.

A este respecto a entidade dispón do Anexo de Persoal que acompaña ao expediente de tramitación do orzamento e do Cadro de Persoal que é obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia xunto coa aprobación inicial e definitiva do orzamento, esta última no BOP de A Coruña do 14 de febreiro de 2009. Ambos instrumentos recollen practicamente a mesma información, discrepando tan só no número de prazas de profesores de música, xa que no Anexo figuran 3 e no Cadro 5, e resultan bastante completos en canto á descrición das características de cada posto, faltando tan só os requisitos esixidos para o exercicio de cada un deles (artigo 232.1 da LALGA) e a forma de provisión para os postos de funcionarios, se se quere considerar un instrumento equivalente a unha RPT, dado que esta non existe como tal.

En canto ó número de efectivos que figuran neles, son os seguintes:

- Persoal funcionario: 8 prazas, unha delas vacante.

- Persoal laboral fixo: 9 prazas, todas cubertas

- Persoal laboral temporal: 30 prazas (segundo o Cadro), cinco delas vacantes

Con todo, isto contrasta co resumo anual de nóminas que achega a entidade, no que figuran pagos a un total de 128 empregados. Esta diferenza tan relevante obedece fundamentalmente ao persoal laboral temporal, que non se inclúe no cadro de persoal nin no orzamento porque se trata de contratacións a consecuencia de subvencións percibidas para fomento do emprego e para un obradoiro de emprego, así como de substitucións do persoal habitual por diversas circunstancias. Dito isto, compre sinalar que dentro do persoal laboral temporal figuran tamén

Page 21: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

21

unha serie de traballadores que contan cunha antigüidade no seu posto de mais de tres anos, o cal implica un encadeamento irregular de contratos temporais, dado que ese é o prazo máximo que permite a normativa laboral para este tipo de contratos e supón a adquisición de feito da condición de laborais indefinidos, condición que se obtería, así, por un procedemento que non é o que se prevé para o caso, o cal sería a convocatoria en Oferta de Emprego Público desas prazas a cubrir como laborais fixos, levando a cabo un proceso de selección que respecte os principios de mérito, capacidade e concorrencia. No cadro seguinte recóllense en detalle os traballadores e postos nos que se aprecia esta circunstancia

DESCRICIÓN DO POSTO ANTIGÜIDADE

Animador deportivo 17-11-03

Brigada de obras oficial 1ª (JACR) 23-10-03

Brigada de obras oficial 1ª (AMR) 23-10-03

Brigada de obras oficial 1ª (JPR) 23-10-03

Técnico local de emprego 30-12-02

Persoal limpeza pavillón deportivo 25-01-99

Animadora cultural 29-11-04

Brigada de obras oficial 1ª (BVC) 22-06-06

Traballadora familiar 21-05-02

Por outra banda, como incumprimento formal, non hai constancia da remisión do citado cadro de persoal ao órgano correspondente da Comunidade Autónoma, tal como preceptúa o artigo 232 da LALGA, nin ao da Administración do Estado , segundo o artigo 127 do TRRL.

Tampouco se fai referencia ningunha, na documentación remitida, ao Rexistro de Persoal. Esta ausencia incumpre o previsto nas normas, por citar as mais importantes os artigos 71 e 74 do EBEP, 90 da LRBRL e 232 da LALGA. O Rexistro de Persoal debería conter os datos necesarios que xustifiquen os conceptos retributivos incluídos na nómina de cada empregado da entidade.

No que atinxe á regulación das condicións de traballo, non existe convenio colectivo para o persoal laboral e, para o persoal funcionario tampouco está en vigor ningún acordo regulador.

Non hai oferta de emprego público aprobada polo Concello para o exercicio 2009, aínda que se levaron a cabo varios procesos selectivos no exercicio para a contratación de persoal temporal, segundo o seguinte detalle:

- Provisión temporal dunha praza para o posto de Secretario/a do Xulgado de Paz (laboral temporal).

Page 22: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

22

- Contratación en réxime de laborais temporais de dous profesores/as para impartición de clases de preparación de graduado en ESO.

- Contratación de profesores da escola de música para o curso 2009-2010, con dúas convocatorias, unha do 17 de xullo e outra do 29 de setembro.

- Contratación dun arquitecto en réxime de laboral temporal para aplicación das normas do hábitat, mediante subvención da Consellería de Vivenda. Neste caso a persoa que resultou seleccionada (que xa fora contratada no exercicio anterior por tratase dun programa bianual), ven prestando servizos no concello como arquitecto (contrato menor). Comprobouse que non existe solapamento entre estas dúas prestacións.

- Contratación en réxime de laboral temporal a un/unha normalizador/a lingüístico/a ao amparo da subvención concedida pola Deputación provincial da Coruña para o mantemento dos equipos de normalización lingüística.

Compre sinalar que en todos estes procesos selectivos se utiliza a entrevista persoal como unha das fases dos mesmos, sen que as bases establezan criterios obxectivos para a súa valoración, converténdose así nun factor de decisión subxectivo, o cal resultou, pola puntuación obtida nesa fase, decisivo na contratación dun dos profesores/as para preparación de graduado en ESO, a da rama de ciencias, xa que é a que menos méritos ten dos tres candidatos e a que maior puntuación acada na entrevista persoal, polo que resulta contratada.

Tamén se elevou a cabo a elección polo Pleno do Xuíz de Paz do Concello, mediante procedemento iniciado o 18 de novembro de 2009 e finalizado co acordo plenario do 16 de febreiro de 2010.

MEMBROS DA CORPORACIÓN

Mediante acordo plenario do 4 de agosto de 2007 establécese a dedicación exclusiva no desempeño dos seus cargos para o Presidente da Corporación e para o Concelleiro de Obras. As retribucións que se fixan ascenden a 36.153,74 e 28.010,22 euros brutos anuais respectivamente, repartidos en 14 pagas. Compróbase que estes acordos reúnen os requisitos legais pertinentes, segundo o artigo 75.5 da LRBRL, especialmente no que incumbe á publicación no BOP.

Con todo, tras comprobar as percepcións por estes cargos das contías que se citan, observouse que as mesmas sufriron un incremento do 6 por cento para o Presidente e do 4 por cento para o Concelleiro de Obras no 2008, e do 2 por cento para ambos no 2009, recolléndose a

Page 23: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

23

autorización dos mesmos nas bases de execución do orzamento de cada exercicio (base nº 18 para o exercicio 2009).

Polo demais verificáronse as nóminas, comprobando que se perciben as asignacións estipuladas e que se lles practican correctamente as retencións por IRPF e seguridade social.

MOSTRA DE PERSOAL

Da totalidade de persoal que figura na relación que achegou a entidade escolleuse unha mostra de cinco traballadores/as, coa finalidade de comprobar o acceso ao seu posto e as retribucións que perciben, para o que, no que atinxe a este último aspecto, se comprobaron as nóminas de marzo e decembro. O detalle da mostra figura no cadro seguinte:

TIPO DESCRICIÓN DO POSTO ANTIGÜIDADE

Funcionario/a Conserxe Casa do Concello 16-10-95

Laboral fixo/a Educadora familiar 09-11-99

Laboral temporal Aux. Administrativo de servizos sociais 30-04-08

Laboral temporal Persoal limpeza pavillón deportivo 03-04-00

Laboral temporal Animadora cultural 17-10-04

O resultado da fiscalización é o seguinte:

- Conserxe Casa do Concello: Contratada laboral temporal desde 1995, accede ao posto en virtude dun proceso de funcionarización levado a cabo en 2009 e xa previsto na Oferta de emprego público do 2008. O procedemento é correcto. Comprobáronse as nóminas de marzo e decembro, co seguinte resultado:

-Nómina de marzo: Nesta data a traballadora aínda non tiña a condición de funcionaria, xa que tomou posesión como tal o 21 de maio de 2009, sen embargo percibe os conceptos retributivos correspondentes a funcionarios, isto é: salario base, trienios, complemento de destino e específico e produtividade, por unha contía bruta total de 1.496,35 euros; cando se debería percibir o estipulado no contrato en vigor (o último que consta no expediente é do ano 2000), o cal se remite ao convenio de oficinas e despachos da Provincia da Coruña, que establece un salario bruto de 956,34 euros mensuais para esta categoría, que xunto coa antigüidade (tres cuadrienios do 5 por cento do salario base) e a produtividade acadaría a contía total bruta de 1.365,79 euros.

-Nómina de decembro: a traballadora xa ten condición de funcionaria e as retribucións e descontos que figuran na nómina son correctos. Con todo, compre sinalar que o complemento específico, que, segundo o disposto no artigo 4 do RD 861/1986, que regula as retribución dos

Page 24: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

24

funcionarios da Administración local, debe ser establecido pola Corporación valorando as especiais circunstancias que concorren no posto e posteriormente fixado na correspondente RPT, non foi obxecto de tal procedemento e motivación, pois unicamente se consignou, sen mais, no anexo de persoal do Orzamento.

- Educadora familiar: a súa relación laboral procede dun primeiro contrato do 25 de xaneiro de 1999, por tres horas diarias, sen que no expediente conste proceso selectivo algún. A traballadora segue en activo no 2009, sendo o último contrato que se atopa no expediente do 10 de xullo de 2000. No 2007 comunicouse á Oficina de Emprego un aumento da xornada laboral, pasando a ser de día completo.

As retribucións fíxanse segundo convenio, percibindo un salario bruto de 1.720,97 euros e un complemento de produtividade de 216 euros na nómina de marzo e de 144 na de decembro. No convenio de oficinas e despachos da Provincia da Coruña o salario establecido para o nivel de máxima categoría é de 1.376,11 euros. Non consta acordo de instancia competente que xustifique o salario que se percibe.

- Auxiliar administrativo de servizos sociais: Contratado por primeira vez con data do 15 de xullo de 2005, sen que conste proceso selectivo, ata que no 2008 se convoca publicamente a praza para ser cuberta como laboral temporal. O traballador resulta seleccionado despois dun procedemento formalmente correcto pero no que resulta determinante a valoración como mérito do tempo que leva contratado desde o 2005. O mesmo ocorre ao ano seguinte, xa que os contratos teñen duración anual.

As retribucións fíxanse no contrato segundo convenio, e cabe o mesmo comentario que no traballador anterior en canto ao soldo e produtividade, engadindo que ademais percibe un complemento denominado “actividade”, por importe de 240 euros, que non figura no contrato, nin no convenio nin se achegou documento algún no que conste a súa aprobación por órgano competente.

- Persoal de limpeza de pavillón deportivo: Traballadora contratada para un contrato temporal de 30 días o 3 de abril de 2000, sen proceso selectivo algún, contrato que se foi prorrogando ata a actualidade.

A retribución a percibir segundo o contrato é a do convenio, aínda que se aprecia que só acada o mínimo establecido na táboa salarial para 2009 mediante un complemento de produtividade de 216 euros en marzo e de 144 euros en decembro. Por outra banda, dita retribución non coincide

Page 25: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

25

con ningunha das establecidas no convenio para as diversas categorías, polo que non se sabe qué convenio se está a aplicar exactamente

- Animadora cultural: accede ao seu primeiro contrato co Concello mediante resolución da Alcaldía do 17 de outubro de 2004, tralo envío dunha oferta de emprego ao Servizo Galego de Colocación (Programa Labora) ao que concorreron catro candidatos. A selección fíxose de forma discrecional, mediante entrevista persoal. Ao non existir convocatoria previa, tampouco se establecen uns criterios obxectivos que permitirían respectar os principios de igualdade, mérito e capacidade. Despois sucédense os contratos ata a actualidade.

En canto ás retribucións, o contrato en vigor para o 2009, contén a cláusula “segundo convenio”, sen especificar de cal se trata. Dado que no Concello se ven utilizando a tal efecto o de oficinas e despachos da Provincia da Coruña, comprobouse se as retribucións de marzo e decembro corresponden efectivamente ás estipuladas nel, co resultado de que o salario percibido (883,49 euros) é menor que o menor dos alí estipulados, aínda que se percibe un complemento de produtividade de 216 euros, co cal si que se cumpriría o importe mínimo establecido nas táboas salariais.

Todos os traballadores da mostra perciben un complemento de produtividade, de contías comprendidas entre os 144 e os 216 euros, que se establece mediante acordos trimestrais da alcaldía, os cales non especifican o especial rendemento, actividade extraordinaria ou o interese ou iniciativa con que o traballador desempeña o seu posto, tal como esixe o artigo 23.3 c) da LMRFP no caso de implantar estes complementos. Deste xeito convértese nunha percepción fixa e periódica, o cal desvirtúa a súa natureza.

Por outra banda as retribucións percibidas no 2009 por dous dos catro laborais incluídos na mostra sofren un incremento con respecto ó 2008 superior ó dous por cento que establece como límite a Lei de Orzamentos do Estado para 2009, no seu artigo 22.dous, co seguinte detalle:

TIPO DESCRICIÓN DO POSTO RETRIBUCIÓN BRUTA 2008

RETRIBUCIÓN BRUTA 2009

INCREMENTO PORCENTUAL

Laboral temporal Aux. amdtvo. servizos sociais 12.946,50 14.052,48 8,54%

Laboral temporal Animadora cultural 11.807,74 13.637,87 15,50%

Page 26: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

26

IV.4 GASTOS CORRENTES A execución do capítulo 2, a nivel de artigo, é a seguinte:

ART. CRÉDITOS INICIAIS

MODIF. DE CRÉDITO

CRÉDITOS DEFINITIVOS

OBRIGAS RECOÑECIDAS

NETAS PAGOS

OBRIGAS PENDENTES DE PAGO A 31/12

REMANENTES DE CRÉDITO

20 5.800,00 0,00 5.800,00 6.089,04 6.089,04 0,00 -289,04

21 167.000,00 63.326,23 230.326,23 208.578,40 152.175,91 56.402,49 21.747,83

22 667.550,00 214.284,91 881.834,91 897.115,58 552.757,28 344.358,30 -15.280,67

23 48.520,00 0,00 48.520,00 28.484,52 14.943,52 13.541,00 20.035,48

Total 888.870,00 277.611,14 1.166.481,14 1.140.267,54 725.965,75 414.301,79 26.213,60

Débese ter en conta que hai gastos que se contabilizaron como capítulo 4 (Transferencias correntes) pero que deberían figurar contabilizados como capítulo 2 (Gastos en bens correntes e servizos) por importe de 190.907,12€.

A mostra inicial de expedientes analizados, dos artigos 21 (Reparacións, mantemento e conservación) e 22 (Material, subministración e outros), extraída do Diario de operacións da entidade, é a seguinte:

IMPORTE PARTIDA CONCEPTO DESCRICIÓN NIF 3º DESCRICIÓN 3º 290 2009.0.121.0. 22702 Valoración e peritaxes 44081206G Adolfo Agra Gutiérrez

1.298,04 2009.0.121.0. 22000 Ordin. non inventariable 35458319R Adolfo Piñeiro Domínguez 487,2 2009.0.121.0. 22702 Valoración e peritaxes 78796575R Arturo Calvo Tarrio

288,84 2009.0.121.0. 22702 Valoración e peritaxes G15329717 Asesoría Abad 1.013,41 2009.0.432.0. 22800 Material obras municipais B15021835 Camilo Carballal, S.L.

13.595,40 2009.0.121.0. 22702 Valoración e peritaxes B15842362 Consultores e Informadore 1.002,44 2009.0.121.0. 22702 Valoración e peritaxes P1500000C Deputación de A Coruña 2.320,00 2009.0.121.0. 22608 Difusión actividades muni B61322251 Escola de Emprendedores, 4.952,85 2009.0.511.0. 21000 Infraestr. e bens nat. B15356090 Escavacións Ovidio S.L. 3.185,94 2009.0.511.0. 21000 Infraestr. e bens nat. B15515687 Escavacións Pérez Lois, 7.056,60 2009.0.511.0. 21000 Infraestr. e bens nat. B15294804 Escavacións e Construcións

332,8 2009.0.121.0. 21200 Edificios e outras constr. 33194774R Flores Extramundi 2.320,00 2009.0.313.0. 22115 Material Asuntos Sociais G15859911 Fundación Amigos de Galicia 2.636,25 2009.0.313.0. 22611 Cooperación social e volu B15657406 Gesan, Xestión de Estudo 1.984,96 2009.0.121.0. 22702 Valoracion e peritaxes 33282460B Gilberto Rodríguez Rguez 2.088,00 2009.0.121.0. 22702 Valoracion e peritaxes 76778268J J.Castor Campos Rodríguez 3.585,66 2009.0.511.0. 21000 Infraestr. e bens nat. 33173750E José Pouse Noya 1.044,00 2009.0.121.0. 22702 Valoración e peritaxes B70164207 Liñares e Lema, SLP 2.172,95 2009.0.533.0. 22610 Activ. Medio Ambiente B15293277 Loibar S.L.

900 2009.0.121.0. 22603 Xurídicos TREPAT Pedro Trepat Silva 16.324,45 2009.0.452.0. 22607 Festexos populares B15462278 Ulla Cargo, SL

Con relación aos mesmos solicitouse: factura, aprobación do gasto polo órgano competente e xustificación do pago. Como consecuencia dalgunhas anomalías detectadas, ampliouse a mostra aos seguintes expedientes:

Page 27: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

27

REF. DATA TIPO IMPORTE CONCEPTO DESCRICIÓN NIF 3º DESCRICIÓN 3º

3341 20/04/2009 ADO 1.404,00 48900 Subv. actividades deportivas 33216376E Segundo Tubío Piñeiro

2036 19/02/2009 ADO 611,92 48900 Subv. actividades deportivas 33244559Z Mª Dores Seijas Domínguez

3755 08/05/2009 ADO 329,42 48900 Subv. actividades deportivas 35468948G Beatriz Magariños Pardal

5832 27/10/2009 ADO 1.157,70 48902 Subvención activ.educativ 44824262E Anayansi Expósito Singh

11024 31/08/2009 ADO 1.611,32 48902 Subvención activ.educativ 45845511W Lorena García Domínguez

6194 04/12/2009 ADO 48.790,00 48901 Activ. persoas maiores B07012107 Viaxes Barceló, S.L.

8384 14/07/2009 ADO 3.528,00 48902 Subvención activ.educativas G15597669 Fundación Estudos e Anál

Observacións:

1) Facturas de 2007 e 2008 imputadas a 2009:

O ADO por importe de 13.595,40 € que figura na mostra obedece a unha factura de data 5/10/2008 de "Consultores e Informadores Locais SL" e figura aprobada pola Xunta de Goberno Local de 5/11/2008. Esta factura págase conxuntamente con outras, todas da mesma data que a anterior, tamén aprobadas o mesmo día pola Xunta de Goberno Local. O pago ascende a 23.933,57 € e efectúase o 18/12/2009.

O ADO por 4.952,85 € corresponde a unha factura de "Escavacións Ovidio SL", de data 12/8/2008, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 10/9/2008. Págase, como no caso anterior, conxuntamente con outras, sendo o pago de 22.950,97 €, o 24/11/2009. Todas as facturas son de 29/7/2008 e 12/8/2008 e apróbanse pola Xunta de Goberno Local o 25/3/2009 (as de 29/7) e o 10/9/2008 (as de 12/8).

O ADO de 3.185,94 € corresponde a unha factura de Escavacións Pérez Lois, de data 8/6/2007 e págase o 10/6/2009, conxuntamente con outras que si son de 2009.

O ADO de 1.984,96 € corresponde a unha factura de Gilberto Rodríguez de 28/4/2008,

aprobada pola Xunta de Goberno Local o 7/6/2008. Forma parte dun pago de 5.486,80 € (págase o importe líquido), que agrupa un total de catro facturas, todas elas das mesmas datas de emisión e aprobación pola Xunta de Goberno Local, por un total bruto de 6.301,68 €.

O ADO de 1.041,69 €, de Talleres Iglesias obedece a unha factura de 30/8/2008, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 28/1/2009.

Como se deduce da data de emisión das facturas, estas, cuxo importe total ascende a 57.413,85 €, deberon imputarse contablemente ao ano 2008 e non ao 2009, e xa de imputarse ao 2009 debería tramitarse un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, o cal non se fixo.

Page 28: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

28

2) Período de pago das facturas:

Obsérvanse atrasos nos pagos a provedores. Calculouse o período medio de pago das facturas incluídas na mostra, resultando ser de 171 días.

Non se inclúen neste cálculo as dúas facturas de Unión Fenosa, porque non sabemos o prazo de pago concreto destas facturas. No entanto, na documentación relativa ao envío das mesmas, a empresa lembra ao concello que ten 91.626,75 € pendentes de pago nun caso e 112.036,52 € noutro caso. Así mesmo, no Libro Diario de gastos de exercicios pechados figuran pagos en 2009 a Unión Fenosa de gastos realizados en 2008 por 102.320,92 €.

3) Outras observacións:

a) O ADO de 2.636,25 € de "Gesán estudos e análises SL"corresponde a un gasto pola elaboración de manuais e cadernos pequenos, así como do material didáctico dun curso a 18 persoas para a "atención a persoas dependentes". Son 1.369,18 € os manuais e 1.267,07 € o resto de material: bolígrafos, rotuladores, lapis, taladrador, USB pen, estoxo, clips,... En definitiva, chama a atención a cantidade de material que se dá a cada un dos 18 asistentes ao curso, e que este material o subministre directamente a empresa que elabora os manuais, cando é material de oficina. As facturas figuran presentadas para subvención ao Servizo Galego de Igualdade.

b) A empresa "Roomel Service SL" realiza habitualmente o servizo de reparacións eléctricas do concello, cun total de obrigacións recoñecidas en 2009 de 65.831,88 €, sen ningún contrato.

c) Consultores e Informadores Locais SL (B-15842362) emite facturas pola redacción de proxectos e quen asina as facturas é Gilberto Rodríguez Rodríguez (33.282.460 B), que tamén emite facturas directamente como persoa física pola redacción de proxectos. Ambas, entidade e persoa física, realizan habitualmente traballos para o concello, e suman obrigacións recoñecidas en 2009 por 23.933,57+34.161,38=58.094,95 €. Non hai ningún contrato para a realización destes servizos.

d) Obsérvase a realización de pagos mensuais a dous avogados, por un importe total anual de 10.800 € a cada un deles, a causa de dous contratos menores, asinados cada un deles cun avogado, ambos de data 1/10/2007, por prazo dun ano.

O obxecto do primeiro é a asistencia xurídica e consultoría do concello en materia urbanística, emitindo ditames e informes a solicitude dos órganos unipersoais e colexiados do concello así

Page 29: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

29

como a defensa e representación en xuízo nos procedementos xudiciais nos que sexa parte o concello.

O obxecto do segundo é a asistencia xurídica e consultoría do concello, emitindo ditames e informes en materia administrativa, civil, penal, mercantil e laboral a solicitude dos órganos unipersoais e colexiados do concello así como a defensa e representación en xuízo nos procedementos xudiciais nos que sexa parte o mesmo.

Compre realizar as seguintes observacións ao respecto:

- Os contratos finalizan o 1/10/2008, polo que durante 2009 non hai contrato.

- As funcións do secretario do concello son, segundo o artigo 92 da LRBRL, a fe pública e o asesoramento legal preceptivo. O artigo 3 do Real Decreto 1174/1987 do 18 de setembro, regulador do Réxime dos Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional, desenvolve os aspectos que comprende a función do asesoramento legal preceptivo e, entre outros, sinala: a emisión de informes previos naqueles supostos en que así o ordene o Presidente da corporación ou cando o solicite un terzo dos concelleiros ou Deputados con antelación suficiente á celebración da sesión na que houbera de tratarse o asunto correspondente”

Entendemos que se están utilizando asistencias técnicas para a realización de servizos cuxa prestación, polo menos no relativo á emisión de informes, corresponde a un funcionario do concello.

- Por outra banda e, segundo consta nas bases de datos do Consello de Contas , un dos dous avogados exerce como secretario noutro concello. A este respecto, o artigo 1.2 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao servizo das Administracións Públicas, establece que “non se poderá percibir, salvo nos supostos previstos nesta Lei, máis dunha remuneración con cargo aos orzamentos das Administracións Públicas”, establecendo, ademais, ao respecto que “a efectos do parágrafo anterior, entenderase por remuneración calquera dereito de contido económico derivado, directa ou indirectamente, dunha prestación ou servizo persoal, sexa a súa contía fixa ou variable e o seu devengo periódico ou ocasional.”

Esta persoa está a percibir remuneracións de dous concellos distintos, polo que entendemos que se está infrinxindo a lei de Incompatibilidades

e) Así mesmo hai pagos mensuais ao arquitecto técnico que traballa habitualmente para o concello, e que ten un contrato de consultoría e asistencia técnica urbanística, de 9 de maio de 2006 e cunha duración de 16 meses, prevéndose a prórroga do contrato por mutuo acordo das

Page 30: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

30

partes antes da finalización do mesmo, e sen que a duración do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de 4 anos.

Na data de realización deste informe, o mesmo arquitecto técnico continúa desempeñando os seus servizos, sen que conste ningunha prórroga expresa do contrato inicial, nin ningún outro contrato posterior.

En relación a esta circunstancia, hai un informe desfavorable da Interventora, de data 9 de marzo de 2010, no que pon de manifesto: por unha banda, que o "que as funcións en materia de urbanismo sexan prestadas por persoal laboral e asistencias técnicas supón un incumprimento da normativa da función pública, por canto que estamos ante a realización de funcións que, pola súa natureza e carácter permanente, deben ser prestadas por persoal suxeito ao estatuto funcionarial (art. 92.2 LRBRL, art. 235 LALG e o artigo 142 RSCL)". Ademais, o concello , ao acudir á contratación de técnicos externos, "carece de capacidade de impor restricións para a realización no ámbito privado, do exercicio da súa actividade profesional, non quedando garantida a inexistencia de situacións de conflito de intereses, o que pode levar a irrogar prexuízo do interese público". Doutra banda, "unha retribución fixa na súa contía e periódica no seu vencemento pode constituír un soldo e encubrir un contrato de natureza distinta".

Xa en 2006, cando se contratou ao aparellador, informouse no mesmo sentido.

Tales argumentos son compartidos por quen redacta este informe.

En canto ás indemnizacións por razóns do servizo, recollidas no artigo 23, este tipo de gastos comprenden as percepcións por asistencias a órganos colexiados polos membros da corporación, así como as indemnizacións polos gastos ocasionados no exercicio do cargo ou do posto de traballo dos mesmos ou do persoal. As contías deben ser acordadas polo Pleno, tal e como dispón o artigo 75.3 e 4 da LRBRL, regulamentándose, neste caso, na base nº 20 das de execución do orzamento. Así, fíxanse as percepcións por asistencia en 50 euros para os Plenos e sesións da Xunta de Goberno Local e en 30 euros para as comisións informativa e especial de contas, mentres que e as indemnizacións por gastos de locomoción con vehículo propio quedan establecidas en 0,19 euros por quilómetro para membros da corporación e no que dispoña a lexislación do Estado para o persoal. Tamén se dispón o abono de dietas por desprazamentos fóra do termo municipal segundo a normativa xeral e se establecen as contías das mesmas por participación en órganos de selección do persoal. Compre subliñar que se fixa tamén unha percepción para os membros da corporación por “asistencias ao concello para xestións oficiais dende a súa residencia dentro ou fora do termo municipal”, o cal non asemella que estea

Page 31: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

31

autorizado pola LRBRL, que tan só contempla, no seu artigo 75.3, a percepción de asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados.

A efectos de comprobar o cumprimento destas contías e a xustificación dos gastos, tomouse unha mostra de tres perceptores deste tipo de gasto (tratándose de dietas por gastos de locomoción e manutención escolleuse un só pago dos feitos no ano aos dous perceptores seleccionados, mentres que no caso das asistencias é preciso comprobar todos os pagos anuais ao perceptor) segundo o seguinte cadro:

DATA OBRIGA DATA PAGO DESCRICIÓN CONTÍA BENEFICIARIO

03/07/2009 03/07/2009 Locomoción e dietas persoal 233,26 MLVL (conserxe)

03/07/2009 03/07/2009 Locomoción e dietas cultura 122,36 RAG (animador deportivo)

10/09/2009 10/09/2009 Asistencia Concelleiros outras 690,00 MMBA (concelleira)

30/12/2009 Pendente Asistencia Concelleiros órganos colexiados 1.940,00 MMBA (concelleira)

30/12/2009 Pendente Asistencia Concelleiros outras 720,00 MMBA (concelleira)

Do traballo realizado resulta o seguinte:

- En canto aos gastos por locomoción e dietas do persoal, comprobouse que se refiren a gastos por desprazamentos da conserxe da Casa do Concello e do animador cultural por motivos das súas funcións. Os perceptores achegan unha relación firmada e detallada coas datas e contías dos desprazamentos realizados, emitíndose sen mais o mandamento de pago correspondente, figurando nos expedientes os recibís dos perceptores e o documento xustificante da transferencia bancaria. Con todo, non consta a autorización previa do desprazamento nin unha simple certificación da veracidade dos mesmos polo Alcalde ou Xunta de Goberno Local, existindo unicamente no libro Diario de gastos a anotación dun ADO e un TP (total pago) polas contías correspondentes aos gastos relacionados. A este respecto, o artigo 20 do RD 462/2002, do 24 de maio, que regula as indemnizacións por razón do servizo, ao referirse aos desprazamentos dentro do termo municipal, como é o caso, esixe a “conformidade expresa do xefe da unidade administrativa correspondente”, que no concello sería o seu presidente.

- En canto aos gastos por asistencias da concelleira seleccionada, compre tamén indicar a ausencia dunha certificación da Secretaria que sirva de xustificante da realidade das mesmas, constando unicamente unha relación sen firma algunha e o xustificante da transferencia. Por outra banda a percepción de contía de 720 euros corresponde a “asistencias ao concello para xestións oficiais dende a súa residencia dentro ou fora do termo municipal”, o cal, segundo se di mais arriba, non figura autorizado pola redacción da LRBRL, no seu artigo 75.3, pois o precepto

Page 32: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

32

tan só se refire a asistencias aos órganos colexiados. Neste caso si que consta a aprobación pola Xunta de Goberno Local da relación de gastos que achega a beneficiaria. A contía total destas percepcións rexistradas no Diario ascende a 2.220 euros, sendo dúas as concelleiras que as perciben.

IV.5 GASTOS POR TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS Compre en primeiro lugar amosar o cadro xeral que recolle a execución orzamentaria dos dous capítulos que recollen este tipo de gastos, o 4 e o 7, a partires das liquidacións dos exercicios 2009 e anterior:

CÓDIGO ECONÓMICO

DESCRICIÓN ECONÓMICA CRÉDITOS INICIAIS

CRÉDITOS DEFINITIVOS

ORN PAGOS ORN 2008

45 A comunidades autónomas 68.000,00 68.000,00 53.000,00 0,00 15.000,00

46 A entidades locais 10.500,00 10.500,00 0,00 0,00 1.299,62

48 A familias e institucións sen ánimo de lucro

213.600,00 253.231,58 254.843,44 193.882,36 226.568,91

4 Total transferencias correntes 292.100,00 331.731,58 307.843,44 193.882,36 242.868,53

75 A comunidades autónomas 57.000,00 57.000,00 0,00 0,00 0,00

Hai que sinalar inicialmente que as transferencias de capital, artigo 75, corresponden na súa totalidade á achega do Concello á Comunidade Autónoma para a construción dun centro de día, aínda que o crédito quedou unicamente na fase de disposición. Este crédito non foi incorporado ao orzamento do exercicio seguinte (opcional para o Concello).

En canto ás transferencias correntes, o artigo 48 supón o 82,78 por cento da totalidade; o artigo 45 recolle a achega do Concello ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para os gastos de funcionamento da gardería e o 46 a previsión para os gastos que lle corresponden polo parque de bombeiros comarcal (descoñécese o destinatario pois non chegou a fase O).

Con todo, compre sinalar, en primeiro lugar, que da contía total de 254.843,44 euros que figura como gasto recoñecido no artigo 48, tanto no libro diario de gastos como na liquidación, tan só 62.325,00 euros corresponden a auténticas transferencias ou subvencións, mentres que a cantidade restante, 192.518,44 euros, pola natureza dos gastos de que se trata, deberían figurar imputados aos capítulos 1 e 2, co seguinte detalle: unha contía de 1.611,32 euros corresponde a gastos de persoal, debendo figurar, por tanto, no capítulo 1 do orzamento de gastos, xa que se trata de salario e indemnización pagadas a unha monitora de actividades educativas pola súa contratación no mes de agosto, estando documentadas, ademais, en forma de nóminas. A cantidade restante, 190.907,12 euros corresponde a gastos imputables ao capítulo 2, gastos correntes, por tratarse de conceptos como adquisición de material e gastos devengados pola

Page 33: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

33

organización de diversos eventos ao longo de todo o año, material educativo, impartición de cursos e actividades varias, transporte (tanto para actividades organizadas polo concello como pola prestación do servizo de noitebus), seguros, publicidade, viaxes da terceira idade e termalismo social, etc. Prodúcese así unha distorsión das contas anuais, as cales non recollen estes gastos nos capítulos que lles correspondería segundo a súa natureza. No apartado deste Informe relativo aos gastos correntes, xunto coa mostra dos gastos que xa se imputaron a dito capítulo, inclúense varios dos recollidos incorrectamente neste capítulo.

En definitiva, os 62.325 euros que realmente integran este apartado de gasto foron outorgados da seguinte maneira: 20.700 euros corresponden a axudas por nacemento de fillos, a razón de 300 euros cada axuda; 1.475 euros son becas e o resto, 40.150 euros corresponden a axudas outorgadas a asociacións sen ánimo de lucro que realizan a súa actividade no ámbito municipal. Estas últimas foron obxecto de comprobación, co seguinte resultado:

A concesión das axudas realízase mediante convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, mediante resolución da alcaldía do 10 de xuño de 2009, que establece as bases, as cales prevén unha comisión avaliadora encargada de aplicar o baremo de puntuación previsto na resolución. Resultaron así beneficiarias un total de 24 asociacións, das que se tomou a seguinte mostra para o análise das xustificacións.

BENEFICIARIO/TERCEIRO IMPORTE

CPI dos Dices 6.500

Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima 5.200

Clube Deportivo Rois 2.200

Asociación de pais e nais de persoas con discapacidade Comarca do Sar 2.000

TOTAL 15.900

En primeiro lugar, como incidencias xenéricas, isto é, que se observaron en todos os expedientes fiscalizados, compre sinalar as seguintes:

- Incúmprese a obriga de comunicar as axudas concedidas á Intervención Xeral da Administración do Estado, segundo se dispón no artigo 20 da lei Xeral de Subvencións

- Incúmprese a obriga de comunicar as axudas concedidas ao Rexistro Público de Subvencións da Comunidade Autónoma, segundo dispón o artigo 16 da Lei de Subvencións de Galicia.

- Incúmprese a obriga de estampar ou marcar dalgunha forma os xustificantes de gasto presentados para evitar duplicidades, segundo se recolle no artigo 30.3 da Lei Xeral de Subvencións.

Page 34: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

34

Estes incumprimentos, por outra banda xeneralizados na Administración, supoñen unha debilidade na necesidade de control das axudas recibidas por calquera beneficiario de calquera administración pública, posibilidade seguramente remota nestes beneficiarios pola súa localización, pero non se pode deixar de mencionar o incumprimento.

- Incúmprese a obriga de acreditación polo beneficiario de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, así como de no ter outras débedas coa CA, segundo se dispón no artigo 31.7 da LSG, o cal habilita para establecer un réxime simplificado para esta acreditación no caso de que o beneficiario fose unha entidade sen ánimo de lucro, cousa que non se fai nas bases reguladoras.

En canto ás incidencias específicas sinálanse estas:

- Colexio de Primaria e Infantil (CPI) de Os Dices: ademais da axuda outorgada ao amparo da convocatoria, de 6.500 euros de contía, percibe outros 2.000 euros de forma discrecional, pola súa colaboración nun campionato de Lego, sen que se cumpran tampouco os requisitos para que poida ser considerada unha subvención nominativa. En canto á xustificación, obsérvase que non se achega a conta de gastos e ingresos anuais que se esixe segundo o anexo 8 da convocatoria, o cal permitiría comprobar o cumprimento do disposto no artigo 19 da Lei Xeral de Subvencións, en canto a que o importe da totalidade das subvencións ou axudas concedidas non debe superar o custo total da actividade realizada.

- Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima: Igualmente que no caso anterior non se achega o anexo 8 dos que esixe a orde de convocatoria para a xustificación, consistente nunha conta de gastos e ingresos efectivamente producidos durante o ano.

- Club Deportivo Rois: sen incidencias específicas.

- Asociación de pais e nais de persoas discapacitadas da comarca de Sar: ademais da axuda outorgada ao amparo da convocatoria, de 2.000 euros de importe, percibe outros 1.000 euros de forma discrecional, destinada, segundo a descrición do diario, a actividades educativas, sen que se cumpran tampouco os requisitos para que poida ser considerada unha subvención nominativa. Por outra banda a solicitude foi presentada fora de prazo, sendo admitida e concedida a axuda, mentres a outros solicitantes no mesmo caso lles foi denegada. En canto á xustificación, non hai constancia da data en que se produce e non se achega a documentación esixida a tal efecto na base décima da convocatoria, excepto unha memoria de actividades e varias facturas de combustible ata o importe da axuda.

Page 35: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

35

Así mesmo constatouse a concesión ao Museo do pobo Galego dunha axuda de 1.000 euros de forma discrecional, sen que esta entidade entrase en concorrencia co resto, e sen que se configurase coma unha subvención nominativa.

IV.6 GASTOS DE INVESTIMENTO A liquidación de gastos do capítulo 6, por concepto, é a seguinte:

CONCEPTO E DESCRICIÓN CRÉDITOS INICIAIS

MC CRÉDITOS DEFINITIVOS

OBRIGAS RECOÑECIDAS NETAS 2009

PAGOS OPP A 31/12/2009

REMANENTES DE CRÉDITO

600. Investimentos en terreos 1.000,00 0,00 1.000,00 0,00 0,00 0,00 1.000,00

601. Outras 10.000,00 0,00 10.000,00 3.277,30 957,61 2.319,69 6.722,70

622. Edificios e outras construcións

623. Maquinaria, instalacións e ferramentas 3.000,00 7.955,92 10.955,92 13.636,17 2.022,80 11.613,37 -2.680,25

625. Mobiliario e enseres 8.000,00 0,00 8.000,00 6.701,31 6.701,31 0,00 1.298,69

626 .Equipos para procesos de información 1.500,00 9.718,48 11.218,48 1.841,50 0,00 1.841,50 9.376,98

633. Investimento de reposición asociada ao funcionamento operativo dos servizos

1.620.422,15 556.072,80 2.176.494,95 1.497.968,04 1.193.530,10 304.437,94 678.526,91

640. Gastos en investimentos de carácter inmaterial (PXOM) 4.700,00 0,00 4.700,00 0,00 0,00 0,00 4.700,00

TOTAL 1.648.622,15 573.747,20 2.222.369,35 1.523.424,32 1.203.211,82 320.212,50 698.945,03

A porcentaxe de execución do orzamento, así como a variación porcentual das obrigas recoñecidas netas con relación ao exercicio anterior sería a seguinte:

CONCEPTO E DESCRICIÓN ORN 2008 % EXECUCIÓN CRÉDITOS DEFINITIVOS % VARIACIÓN ORN

600. Investimentos en terreos 9.500,00 0,00% -100,00%

601. Outras 4.402,20 32,77% -25,55%

622. Edificios e outras construcións 305.328,47 -100,00%

623. Maquinaria, instalacións e ferramentas 80.113,39 124,46% -82,98%

625. Mobiliario e enseres 95.663,16 83,77% -92,99%

626 .Equipos para procesos de información 493,30 16,41% 273,30%

633. Investimento de reposición asociada ao funcionamento operativo dos servizos

808.327,31 68,82% 85,32%

640. Gastos en investimentos de carácter inmaterial (PXOM) 0,00 0,00% 0,00%

TOTAL 1.303.827,83 68,55% 16,84%

A relación de contratos tramitados no exercicio, móstrase no seguinte cadro, elaborado a partir da certificación enviada pola Secretaria.

Page 36: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

36

Nº CONCEPTO FINANCIAMENTO PROCEDEMENTO ADXUDICACIÓN

ORZAMENTO DE

LICITACIÓN

IMPORTE ADXUDICACIÓN ADXUDICATARIO

1 Construción de marco en Vilachán

Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e da rede viaria local 2009; Deputación

Negociado sen publicidade 34.410,47 34.410,47

Escavacións e Construcións José Pose Noya SL

2 Afirmado e acondicionamento de pistas en Pontenova, Herbogo, Ou Aido, Contimundi e Formaris

Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e da rede viaria local 2009; Deputación

Negociado sen publicidade 123.509,89 123.509,89

Escavacións e Construcións José Pose Noya SL

3 Afirmado e acondicionamento de pistas en Verduga, Salgueiros, Albagueira, Figueroa e Cobas

Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e da rede viaria local 2009; Deputación

Negociado sen publicidade 95.079,64 95.079,64 Escavacións Ovidio,

SL

4 Remodelación do entorno da antiga escola unitaria Dices e novo parque infantil

Convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Contrato menor 24.999,94 24.999,94 Escavaciones e Construcións José Pose Noya, SL

5 Servizo de transporte público Noitebús: Ruta Ou Sisto-Santa Comba

Subvención da Consellería de Mobilidade, Obras Públicas e Transportes

Contrato menor 11.500,00 11.500,00 Viaxes Rois, SL

6 Servizo de transporte público Noitebús: Ruta Rois-Valga (Chanteclair)

Subvención dá Consellería de Mobilidade, Obras Públicas e Transportes

Contrato menor 11.114,32 11.114,32 Viaxes Rois, SL

7 Servizo de transporte público Noitebús: Ruta Rois-Santa Comba

Subvención dá Consellería de Mobilidade, Obras Públicas e Transportes

Contrato menor 4.671,81 4.671,81 Viaxes Rois, SL

8 Mellora e reposición do firme de viario desde AC-301 á Igrexa de Buxán

Plan Provincial de Axuda contra a crise (PAC-2); Deputación

Negociado sen publicidade 95.659,53 95.659,53

Escavacións e Construcións José Pose Noya SL

9 Acondicionamento de parques infantís no concello de Rois

Plan especial de parques infantís ; Deputación

Negociado sen publicidade 70.000,00 63.980,00 Xestión Ambiental de

Contratas, SL

10 Seguridade viaria de Ponte Moeiro a Seira Convenio coa Deputación

Iníciase expte. en 2009, e licítase e adxudicase en 2010

11 Contrato de servizo de vacacións da Terceira Idade do Concello de Rois, 2009

Negociado sen publicidade 49.200,00 49.200,00 Viaxes Barceló, SL

12 Afirmado de interiores en Oin e accesos a Barro

Fondo estatal de investimento local para a dinamización da economía e o emprego, creado polo RDL 9/2008 (28 novembro)

Negociado sen publicidade 143.481,15 143.481,15 Escavacións Ovidio,

SL

13 Afirmado e acondicionamento de pistas en Aguasantas, Hermedelo, Costa, Urdilde e Ribasar

Fondo estatal de investimento local para a dinamización da economía e o emprego, creado polo RDL 9/2008 (28 novembro)

Negociado sen publicidade 179.182,22 179.182,22

Escavacións e Construcións José Pose Noya SL

14 Afirmado e acondicionamento de pista en Vilar de Abade

Fondo estatal de investimento local para a dinamización da economía e o emprego, creado polo RDL 9/2008 (28 novembro)

Negociado sen publicidade 164.632,16 164.632,16

Escavacións e Construcións José Pose Noya SL

15

Afirmado e acondicionamento de pistas en Picadizo, Herbogo, Cubela e redes de sumidoiros e interiores en Rois

Fondo estatal de investimento local para a dinamización da economía e o emprego, creado polo RDL 9/2008 (28 novembro)

Negociado sen publicidade 153.663,47 153.663,47

Escavacións e Construcións José Pose Noya SL

Page 37: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

37

Nº CONCEPTO FINANCIAMENTO PROCEDEMENTO ADXUDICACIÓN

ORZAMENTO DE

LICITACIÓN

IMPORTE ADXUDICACIÓN

ADXUDICATARIO

16 Edificio para servizos municipais

Fondo estatal de investimento local para a dinamización da economía e o emprego, creado polo RDL 9/2008 (28 novembro)

Negociado sen publicidade 250.000,00 250.000,00 Escavacións Ovidio,

SL

Compróbase que estean correctamente contabilizadas as obrigas e pagos que deben ser obxecto de contabilización en 2009, de acordo á execución dos contratos.

A mostra de contratos revisada é a seguinte:

MOSTRA DE CONTRATOS CELEBRADOS NO 2009

Nº CONCEPTO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN

ORZAMENTO DE LICITACIÓN

IMPORTE DE ADXUDICACIÓN

ADXUDICATARIO

1 Afirmado e acondicionamento de pistas en Pontenova, Herbogo, Ou Aido, Contimundi e Formaris (POS 2009) Negociado sen publicidade 123.509,89 123.509,89 Escavacións e Construcións

José Pose Noya SL

2 Afirmado e acondicionamento de pistas en Verduga, Salgueiros, Albagueira, Figueroa e Cobas Negociado sen publicidade 95.079,64 95.079,64 Escavacións Ovidio, SL

3 Ruta Ou Sisto-Santa Comba (Servizo de noitebús) Contrato menor 11.500,00 11.500,00 Viaxes Rois, SL

4 Mellora e reposición do firme de viaria dende AC-301 a Igrexa de Buxán Negociado sen publicidade 95.659,53 95.659,53 Escavacións e Construcións

José Pose Noya SL

5 Afirmado e acondicionamento de pistas en Aguasantas, Hermedelo, Costa, Urdilde e Ribasar (FEIL) Negociado sen publicidade 179.182,22 179.182,22 Escavacións e Construcións

José Pose Noya SL

6 Edificio para servizos municipais (FEIL) Negociado sen publicidade 250.000,00 250.000,00 Escavacións Ovidio, SL

Observacións relativas aos expedientes revisados:

- Nos expedientes nº 1, 2 e 4: O expediente está incompleto porque non consta informe técnico que acredite o cumprimento da lexislación urbanística e protección do medio rural así como plan en vigor.

- No expediente nº3, relativo ao servizo de noitebús, tanto a Secretaría como a Intervención consideran que existe fraccionamento do obxecto e prazo de execución do contrato.

En relación a este contrato de servizos, habería dúas formas de tramitalo: mediante negociado sen publicidade pola totalidade do seu importe, a cal sería máis lóxica posto que o seu obxecto é o mesmo (transporte nocturno a lugares de lecer) ou mediante contratos menores por cada unha das rutas, sendo esta última a opción elixida.

- No expediente nº6: Non consta a titularidade polo concello dos terreos onde se vai a realizar a obra. Así mesmo, incúmprese o establecido nos artigos 161.2 e 126.4 LCSP, así como o establecido nos propios Pregos de cláusulas administrativas particulares, ao tramitarse o

Page 38: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

38

expediente como negociado sen publicidade, cando debería tramitarse con publicidade, por ser un contrato de obras cuxo importe é superior a 200.000 €.

- Nos 10 expedientes de contratación de obras, tramitados polo procedemento negociado sen publicidade, analízase a forma de proceder coas invitacións realizadas: a que empresas se realizan e se se presentan ou non ofertas posteriormente, así como se de todo iso queda constancia claramente no expediente.

En 6 dos 10 procedementos as 3 empresas convidadas son as mesmas: Fillos de Victoriano Rodríguez SL; Construcións Constantino Pazos SL e Escavacións e Construcións José Pose Noya SL. En 3 deles as invitacións realízanse en marzo, e en todos ocorre que todos os licitadores presentan a documentación do sobre A con defectos, sen existir unha acta posterior ao prazo de emenda onde conste expresamente se se emendaron os mesmos ou non. Nos 3 restantes, as invitacións realízanse en xuño, e en todos eles os non adxudicatarios presentan a documentación con defectos ; en acta de emenda posterior exclúeselles por non presentar a documentación requirida. En definitiva, nestes 6 procedementos o adxudicatario é o mesmo: Escavacións e Construcións José Pose Noya SL.

Noutros 3 procedementos o adxudicatario é Escavacións Ovidio SL. En 2 deles, as invitacións, de marzo, son ás mesmas empresas: Construcións Concifa SL; Irmáns Couto Fandiño SL; e Escavacións Ovidio SL. Nun caso, todos presentan a documentación con defectos, sen existir acta posterior ao prazo de emenda na que conste expresamente se se achega ou non a documentación requirida; e no outro, os non adxudicatarios presentan con defectos e tampouco hai acta posterior ao prazo de emenda. No último destes 3 procedementos o único contratista que presenta proposición é o adxudicatario.

Por tanto, con carácter xeral incúmprese o art.162 da LCSP, que establece que no expediente deberá deixarse constancia das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento".

Só hai un dos 10 procedementos no que as 3 empresas convidadas, distintas das relacionadas anteriormente, presentan proposición.

En definitiva, como resultado do anterior prodúcese unha concentración do gasto por obras do concello entre dous contratistas, que, en cifras, sería a seguinte:

Page 39: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

39

CONTRATISTAS 2009:TOTAL

OBRIGACIÓNS RECOÑECIDAS CAP 6

ORN CONTRATISTA/

ORN TOTAL CAPÍTULO 6

PAGOS CAP 6 EXERCICIO CORRENTE

PAGOS CAPÍTULO 6 EXERCICIOS

PECHADOS

TOTAL PAGOS REALIZADOS EN

2009

Escavacións e Construcións José Pose Noya SL (B15294804)

686.429,40 45,06% 528.509,04 197.115,06 725.624,10

Escavacións Ovidio SL (B15356090)

740.976,88 48,64% 611.354,29 36.621,52 647.975,81

TOTAL 1.427.406,28 93,70% 1.139.863,33 233.736,58 1.373.599,91

IV.7 OPERACIÓNS FINANCEIRAS A liquidación dos gastos por intereses e amortización de débeda, é:

CONCEPTO DESCRICIÓN CRÉDITOS INICIAIS MC

CRÉDITOS DEFINITIVOS

OBRIGAS RECOÑECIDAS

NETAS PAGOS

OBRIGAS PENDENTES

PAGO A 31/12

REMANENTES DE CRÉDITO

31001 Xuros préstamo BCL

12.000,00 0,00 12.000,00 9.857,22 9.857,22 0,00 2.142,78

91301 Amortización préstamo BCL

60.962,32 0,00 60.962,32 60.962,30 60.962,30 0,00 0,02

O concello ten en vigor un préstamo do Banco de Crédito Local, de data 19/3/2003, por prazo de 10 anos desde a súa formalización e importe inicial de 609.623,05 €, cuxo capital pendente é de

259.089,77 € a 1/1/2009 e de 198.127,47 € a 31/12/2009.

Compróbase que o importe contabilizado, tanto de intereses como de cotas de amortización, estea soportado por xustificantes das operacións correspondentes.

As obrigacións recoñecidas, así como os pagos do concepto 31001 suman 9.857,22 €. Deles,

5.446,38 € corresponden aos intereses de 4 trimestres do préstamo do Banco de Crédito Local.

En canto ao resto, por un total de 4.410,84 €, trátase, por unha banda, dos intereses do

trimestre comprendido entre o 20/6/08 e o 19/9/08, do mesmo préstamo, por 4.059,72 €, que estaban pendentes de aplicar do ano anterior; e por outra, dos gastos dun aval depositado no Banco Galego por 333,09 € e dunha comisión bancaria por 18,03 €.

As obrigacións recoñecidas así como os pagos do concepto 91301 coinciden coas cotas de amortización dos 4 trimestres do BCL e suman 60.962,30 €.

Deberon contabilizarse no ano 2008 os xuros do terceiro trimestre deste préstamo.

Page 40: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

40

IV.8 OUTRAS MATERIAS A) RECOÑECEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE CRÉDITOS

No ano 2009 non se tramita ningún expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos. Sen embargo, na mostra de facturas analizadas en relación co capítulo 2 figuran como imputadas ao 2009 facturas do ano 2008 por importe de 57.413,85 €.

B) INGRESOS

B.1) INGRESOS TRIBUTARIOS E ASIMILADOS (CAP I-III)

Os dereitos recoñecidos dos capítulos 1 a 3, por conceptos, así como a súa variación en relación ao ano 2008, e a porcentaxe de realización de dereitos en relación ás previsións definitivas recóllense na seguinte táboa:

CONCEPTO DEREITOS

RECOÑECIDOS NETOS 2008

PREVISIÓNS DEFINITIVAS

DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS 2009

RECADACIÓN NETA

% DE VARIACIÓN DOS DR NETOS

CON RELACIÓN A 2008

% DE DR SOBRE AS

PREVISIÓNS DEFINITIVAS

112 Imposto sobre Bens Inmobles 337.497,42 364.338,06 368.788,06 368.788,06 9,27% 101,22%

113 Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 202.064,88 199.000,00 212.955,61 212.955,61 5,39% 107,01%

130 Imposto sobre Actividades Económicas 17.071,29 53.789,31 53.789,31 53.789,31 215,09% 100,00%

282 Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras 39.166,05 180.000,00 46.307,13 33.873,98 18,23% 25,73%

310 Taxas por utilización de sumidoiros. 635,39 750,00 360,72 360,72 -43,23% 48,10%

311 Taxas por prestación de servizos públicos e realización de activ. adm. en réxime de dereito público de competencia local. Outras taxas.

119.816,43 163.400,00 150.623,30 148.928,17 25,71% 92,18%

320 Taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local

26.940,17 25.500,00 22.679,52 22.679,52 -15,82% 88,94%

340 Prezos públicos 24.610,60 29.000,00 23.182,63 23.047,63 -5,80% 79,94%

391 Multas 9,47 600,00 532,68 532,68 5524,92% 88,78%

392 Recarga de prema 442,04 4.000,00 10.324,10 10.324,10 2235,56% 258,10%

399 Outros ingresos diversos 6.210,57 4.000,00 2.783,68 2.783,68 -55,18% 69,59%

TOTAL 774.464,31 1.024.377,37 892.326,74 878.063,46 15,22% 87,11%

Chama a atención a baixa porcentaxe de dereitos recoñecidos en relación ás previsións definitivas do ICIO, moi altas en comparación cos DRN do 2008. O mesmo pasa co concepto 31106 (taxa pola expedición de licencias), cuxos DRN no 2008 ascenden a 3.405,23 €; as

previsións definitivas no 2009 elévanse a 30.000 € e os dereitos recoñecidos netos a 13.858,92

€. En ambos casos increméntanse as previsións para equilibrar o orzamento inicial.

Page 41: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

41

Débese corrixir a práctica de pór unhas previsións de ingresos máis altas das reais porque a consecuencia podería ser a realización de gastos por importes superiores aos ingresos e a obtención dun resultado orzamentario negativo. De feito, o resultado orzamentario axustado do ano 2009 resulta negativo por contía de 109.814,86 €.

Tamén chama a atención o incremento nos dereitos recoñecidos polo IAE en 2009 con relación ao ano anterior. Pero neste caso ten explicación: isto é debido a que a suma dos anticipos mensuais calculados para 2008 foi moi inferior á recadación do devandito ano, de tal maneira que a liquidación deste ano, que se realiza en febreiro de 2009 e se contabiliza e imputa a este mesmo ano, é dun importe elevado: 19.786,51€.

A Deputación da Coruña xestiona e recada: o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e a taxa de recollida de lixos.

O concello xestiona e recada o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e outras taxas.

O procedemento de traspaso e contabilización dos ingresos que xestiona a Deputación é o seguinte:

A Deputación, en función da recadación dun ano, calcula para cada imposto unha cota que lle vai transferindo mensualmente ao concello. (Como os datos definitivos dun ano non se coñecen ata finais de febreiro do ano seguinte, é en marzo cando se calculan as cotas mensuais, reaxustándose nese momento as dos dous meses anteriores). Polo importe das devanditas cotas vaise recoñecendo o dereito de cobramento, así como contabilizando o ingreso, a medida que se reciben. A finais de febreiro realízase a liquidación do ano anterior, e do total recadado pola Deputación réstanse os anticipos e a taxa que se cobra pola prestación deste servizo.

En relación ao IVTM, realízase outra liquidación no mes de xullo, en función da recadación voluntaria do primeiro semestre do ano.

Por tanto, o que figura contabilizado como ingreso anual non é exactamente a recadación pola Deputación dos impostos dese ano, senón o importe das cotas recibidas anticipadamente polo Concello durante ese ano, máis a liquidación calculada en función dos datos reais do ano anterior.

O documento nº 2 dos Principios Contables Públicos, no caso de dereitos recadados a través de oficinas liquidadoras, establece que “o recoñecemento contable dos dereitos de cobramento e a imputación á conta de resultados dos ingresos dos que se deriven haberá de efectuarse cando se

Page 42: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

42

teña coñecemento do seu importe, mediante a percepción dos fondos remitidos por tales oficinas liquidadoras, ou mediante a comunicación documental dos dereitos liquidados e cobrados por conta da entidade.En canto á imputación orzamentaria dos dereitos de cobramento anteriores haberá de efectuarse simultaneamente ao recoñecemento contable dos mesmos.”

Por tanto, considérase correcta a contabilización realizada.

B.2) INGRESOS POR TRANSFERENCIAS E OUTROS INGRESOS (CAP IV-VIII)

Os dereitos recoñecidos dos capítulos 4 a 8, por conceptos, así como a súa variación en relación ao ano 2008, e a porcentaxe de realización de dereitos en relación ás previsións definitivas recóllense na seguinte táboa:

CONCEPTO DEREITOS

RECOÑECIDOS NETOS 2008

PREVISIÓNS DEFINITIVAS

DEREITOS RECOÑECIDOS NETOS 2009

RECADACIÓN NETA

VARIACIÓN DRN 2008-2009 (%)

% DE REALIZ.

PREVISIÓN DEFINITIVA

420 Transferencias correntes do Estado 956.513,85 990.600,00 847.572,70 847.572,70 -11,39% 85,56%

453 Transferencias correntes de OOAA comerciais, industriais, financeiros ou análogos

6.084,00 0,00 0,00 0,00 -100,00% non hai previsión

455 Transferencias correntes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma 645.818,22 857.322,56 872.823,94 791.207,89 35,15% 101,81%

462 Transferencias correntes de entidades locais. Outras transferencias.

116.983,46 530.272,62 519.728,01 289.095,14 344,27% 98,01%

480 Transferencias correntes de familias e institucións sen fins de lucro 607,19 0,00 0,00 0,00 -100,00%

non hai previsión

520 Intereses de depósitos 8.055,05 10.000,00 2.251,76 2.251,76 -72,05% 22,52%

720 Transferencias de capital da Administración Xeral do Estado

149.212,61 890.959,00 890.959,00 815.959,00 497,11% 100,00%

761 Transferencias de capital de Deputacións, Consellos ou Cabidos Insulares 225.446,52 623.339,94 229.323,09 0,00 1,72% 36,79%

870 Remanente de tesourería 0,00 282.414,40 0,00 0,00 0,00% 0,00%

TOTAL 2.108.720,90 4.184.908,52 3.362.658,50 2.746.086,49 59,46% 80,35%

Os ingresos que figuran no cadro anterior son basicamente dereitos correspondentes a subvencións e transferencias procedentes doutras administracións (Estado, CCAA ou Deputación provincial) nos que o seu recoñecemento e contabilización se produce en consideración á concesión das mesmas, non seguindo os criterios establecidos polos principios contables públicos para as subvencións e transferencias correntes e de capital (Documento nº 4 da IGAE) que contempla que o recoñecemento do dereito deberá realizarse no momento no que se produza o incremento do activo da entidade beneficiaria (correspondendo, polo tanto, ao principio de caixa). Non obstante, o ente beneficiario pode recoñecer o dereito con anterioridade se coñece de forma certa que o ente concedente ditou o acto de recoñecemento da súa correlativa obriga.

Page 43: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

43

Neste mesmo senso tamén se sinala: “O recoñecemento do ingreso, en todo caso, será simultáneo ao recoñecemento do dereito”.

Deste mesmo xeito se pronuncia na Consulta 4/2000, que di: “Os dereitos de cobro derivados das transferencias e subvencións recoñeceranse, con carácter xeral, cando se produza a recepción dos fondos na Tesourería. Non obstante, poderá anticiparse o recoñecemento do dereito cando se coñeza de forma certa que o ente concedente ditou o acto de recoñecemento da súa correlativa obriga”.

Esta última posibilidade non queda acreditada na documentación aportada nos casos de subvencións revisados.

C) TESOURERÍA

Neste área obsérvase unha discrepancia entre o saldo de caixa que figura na acta de arqueo a 31/12/2009, que son 0 €, e o saldo contable da conta 5700, que son 28.059,26 €.

A explicación desta diferenza figura nun Informe da Tesourería e da Intervención do concello, achegado ao Consello de Contas e preparado a efectos da aprobación dun expediente de depuración de saldos, aprobado polo pleno o 17 de febreiro de 2012.

Este saldo contable é a suma dos saldos das contas 5700 0001 CAIXA CORPORACIÓN (3.004,87 €) e 5620 1500 ANTICIPOS DE CAIXA FIXA (25.054,39 €) a 31/12/2005.

O saldo da conta 5700 0001 mantense invariable desde o 31/12/1993 ata o 31/12/2005.

En relación ao saldo de a conta 5620 1500:

A 1/1/1992 o saldo era 0; a 31/12/1992 a conta tivo movementos por 1.660.000 pesetas (9.976,80 €); durante 1993 non hai movementos; en 1994 houbo movementos por 2.500.000

pesetas (15.025,30 €); o saldo final a 31/12/1994 era de 4.160.000 pesetas (25.002,10 €), e mantense este saldo sen ningún novo apuntamento ata o 31/12/1998; en 1999 hai un movemento de 8.700 pesetas (52,29 €), sendo o saldo final a 31/12/1999 de 4.168.700 pesetas

(25.054,39 €). Este saldo non sofre variacións ata 31/12/2005.

No resumo de asentos da conta de anticipos de caixa do ano 1996, pode verse que o saldo de apertura, de 4.160.000 pesetas (25.002,10 €) desagrégase como segue:

- 3.800.000 pts (22.838,46 €), anticipos de caixa fixa a Enrique José Tojo Blanco (NIF: 33.039.219-H), antigo alcalde do concello;

- 10.000 pts (60,10 €), debedores non orzamentarios;

Page 44: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

44

- 350.000 pts (2.103,54 €), Francisco Bustelo Piñeiro (NIF:76.465.204 W).

No ano 2006, coa entrada en vigor da instrución do modelo normal de contabilidade local, os anticipos de caixa existentes a 1/1/2006, deixáronse na conta 5700 0001 , que, por tanto, queda cun saldo de 3.004,87+25.054,39=28.059,26 €.

Conclusión:

Do saldo contabilizado da conta 5700 0001 a 31/12/2009, 28.059,26 €:

- 24.942 € son anticipos concedidos aos Sres. Tojo Blanco e Bustelo Piñeiro, que, polo menos contablemente, non figuran nin reintegrados nin empregados en pagos a provedores do concello, e son anteriores a 31/12/1994;

- 60,10 € , debedores non orzamentarios, xa figuran a 31/12/1992 e 52,28 € son un anticipo do ano 1999; en relación a estes saldos non hai documentación que identifique quen son os debedores;

-3.004,87 € figuraban na caixa a 31/12/1993 e vanse trasladando contablemente ata a actualidade, pero é un saldo que non existe.

Este saldo forma parte do expediente de depuración de saldos aprobado polo Pleno o 17 de febreiro de 2012, e deberá realizarse o axuste contable correspondente.

D) EXERCICIOS PECHADOS

D.1) AXUSTE DO SALDO DOS DEREITOS PENDENTES DE COBRAMENTO

No ano 2012 tramítase un expediente de depuración de saldos, anulando saldos de dereitos pendentes de cobramento por 495.883,47 € (500.693,79 € que figuraban pendentes de

cobramento a 31/12/2005, salvo 4.810,32 € que están pendentes desde 2001 pero que por erro non se incluíron neste expediente). Os motivos da baixa dos saldos son a prescrición ou o erro material. Estes motivos xa son válidos a 31/12/2009, polo que consideramos que xa a esta data se deberían ter axustadas as partidas contables correspondentes, por contía de 500.693,79 €.

Ademais, das actuacións de fiscalización realizadas despréndense os seguintes feitos:

Plan Xeral de Ordenación Municipal:

a) Entre os dereitos pendentes de cobramento, hai 96.402,97 € correspondentes a unha subvención recibida (non ingresada) para a elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, con relación á cal se recoñeceu o dereito contablemente polo seu importe total no ano 2005, aínda que a Resolución de concesión sinalaba que se percibiría nas anualidades 2005

Page 45: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

45

a 2009; e por parte da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo fóronse reaxustando os ingresos a recibir pola entidade nas distintas anualidades nas que se distribúe a axuda, trasladándose 86.762,67 € aos anos 2011 a 2014. Ata a data de realización deste informe, non se percibiu nada.

O gasto correspondente a esta subvención íase a realizar mediante un contrato para a adaptación do Plan á normativa vixente, do que non se executou nada desde o ano 2007, polo cal, e aínda que a Xunta teña feita a redistribución do importe da subvención a cobrar entre os anos 2011 a 2014, entendemos que se desde 2007 ata a data de realización deste informe non houbo ningunha actuación encamiñada á execución do gasto asociado ao ingreso da subvención, é canto menos dubidoso que finalmente vaia a ser cobrado, e, polo menos a 31/12/2009, debería estar provisionado como dereito de dubidoso cobramento. Ademais, debería anularse o mesmo pola diferenza entre 96.402,97 € (importe contabilizado) e

86.762,67€ (importe que figura nos reaxustes das anualidades). Por tanto, hai que anular este

dereito por importe de 9.640,30 €.

b) Dereitos duplicados.

Débense eliminar dereitos pendentes de cobramento por 36.454,33 €, contabilizados en 2006, e contabilizados por erro de novo en 2007.

Conclusión: deberíanse eliminar da contabilidade, dereitos pendentes de cobramento por 546.788,42 €.

D.2) AXUSTE DA PROVISIÓN POR DEBEDORES DE DUBIDOSO COBRAMENTO

A provisión de dubidoso cobramento dotada pola entidade, por importe de 216.232,15 €, coincide co importe dos dereitos pendentes de cobramento desde 1988 ata 1994, ambos inclusive.

Segundo as Bases de Execución do Orzamento, en concreto, a Base nº 24, a efectos de determinar o remanente de tesourería considéranse ingresos de difícil recadación os de antigüidade superior a 3 anos, salvo que as especiais características do dereito ou do debedor, xustifiquen outra consideración.

Neste caso, os dereitos pendentes de cobramento con antigüidade superior a 3 anos son 825.775,56 €.

Deles, 597.096,76€ teñen antigüidade superior a 4 anos e destes consideramos que, segundo se explica en parágrafos superiores, a 31/12/2009 hai que eliminar 500.693,79+9.640,3=

Page 46: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

46

510.334,09 € e hai que provisionar 86.762,67 €, provenientes dunha subvención para o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O resto, por 228.678,80 €, teñen a súa orixe en 2006. Deles, consideramos que hai que eliminar

36.454,33 € que están duplicados e, en canto ao resto, por 192.224,47 €, non o incluímos na provisión, xa que é unha transferencia pendente de recibir da Xunta de Galicia, para un edificio multiusos, da que segundo informa a Intervención, a Xunta comunicou que está pendente de dispoñibilidades orzamentarias pero que o vai a ingresar.

Ademais, dos traballos de fiscalización realizados, constatouse a perda do dereito a unha subvención por danos causados por inundacións, xa que, con data 12 de maio de 2010, comunicouse ao concello sentencia da Audiencia Nacional en recurso contencioso administrativo, confirmando Resolucións previas do Ministerio de Política Territorial do 13 de xullo de 2009 e 9 de decembro de 2008 do citado Ministerio, nas que o Ministerio de Política Territorial declaraba a perda do dereito ao cobramento dunha subvención de 149.212,61 €, asignada para reparar os danos causados por inundacións no ano 2006, por non adxudicar uns contratos en prazo. O dereito á devandita subvención figura no Diario de ingresos de exercicios pechados, polo que, se xa a 31/12/09 había dúas resolucións declarando a súa perda, consideramos que este importe debería figurar contablemente provisionado como de dubidoso cobramento.

Conclusión: o importe da provisión de dubidoso cobramento, a ter en conta para axustar o remanente de tesourería, debería ser: 86.762,67+149.212,61 = 235.975,28 €.

D.3) AXUSTE DO SALDO DAS OBRIGAS PENDENTES DE PAGO

O importe do saldo das obrigas pendentes de pago que se dan de baixa no expediente de depuración de saldos aprobado o 17 de febreiro de 2012, é de 102.639,65 €. Os motivos da baixa son: prescrición ou erro material, e ambos son válidos a 31/12/2009, posto que todas elas teñen a súa orixe con anterioridade a 31/12/2005. Por tanto, considérase que este é o importe no que deben diminuírse as obrigas pendentes de pago de exercicios anteriores, reflectíndose como proceda contablemente e tendo en conta este dato para o cálculo do remanente de tesourería.

Page 47: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

47

V. MAGNITUDES ORZAMENTARIAS RELEVANTES

V.1 RESULTADO ORZAMENTARIO O resultado orzamentario achegado na Conta Xeral é o seguinte:

DESCRICIÓN DOS CONCEPTOS DEREITOS

RECOÑECIDOS NETOS

OBRIGAS RECOÑECIDAS

NETAS AXUSTES RESULTADO

ORZAMENTARIO

a. Operacións correntes 3.134.703,15 2.761.042,03 0 373.661,12

b. Outras operacións non financeiras 1.120.282,09 1.523.424,32 0 -403.142,23

1.Total operacións non financeiras (a+b) 4.254.985,24 4.284.466,35 0 -29.481,11

2.Activos financeiros 0 0 0 0

3.Pasivos financeiros 0 60.962,30 0 -60.962,30

RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO 4.254.985,24 4.345.428,65 0 -90.443,41

4.Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais 0 0 0 0

5.Desviacións de financiamento negativas do exercicio 0 0 223.423,42 223.423,42

6.Desviacións de financiamento positivas do exercicio 0 0 242.794,87 242.794,87

RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO 4.254.985,24 4.345.428,65 -19.371,45 -109.814,86

Compróbase que os datos relativos a operacións financeiras e non financeiras concordan coa liquidación.

Os axustes realizados, en función das desviacións de financiamento positivas e negativas do exercicio, coinciden coas cifras que figuran na Memoria achegada.

As desviacións positivas son 3 proxectos financiados pola Deputación nos que se recoñeceu o dereito, pero non se executou o gasto. O ingreso recoñecido sería, respectivamente, de 95.659,53 €; 59.500 €; e 87.635,34 €. En total: 242.794,87 €. Compróbase que ese dereitos están recoñecidos contablemente.

As desviacións negativas son cinco proxectos por importes de 31.210,88 €; 53.114,94 €;

54.346,23 €, 50.862,64 €; e 33.888,73 €, en relación aos cales se executou o gasto en 2009 pero recoñecéronse os ingresos no 2007 e no 2008.

Compróbase que no diario de gastos figuran as fases O e P de cada un dos gastos. En total: 223.423,42 €. Así mesmo figuran os ingresos no Diario de ingresos de exercicios pechados, como DR en anos anteriores cuxos ingresos se producen no 2009.

Por tanto, considérase correcto o resultado orzamentario calculado pola entidade.

Page 48: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

48

V.2 REMANENTE DE TESOURERÍA O remanente de tesourería que figura na Conta Xeral achegada pola entidade é o seguinte:

DESCRICIÓN DOS CONCEPTOS 2009 2008

1.(+) Fondos líquidos 465.929,66 128.203,01

2.(+) Dereitos pendentes de cobramento 1.616.582,49 1.811.010,51

(+) Dereitos pendentes de cobramento do Orzamento corrente 630.835,29 577.034,97

(+) Dereitos pendentes de cobramento de Orzamentos pechados 984.909,64 1.233.727,12

(+) Dereitos pendentes de cobramento de operacións non orzamentarias 837,56 248,42

(-) Cobramentos realizados pendentes de aplicación definitiva 0 0

3.(-) Obrigacións pendentes de pago 1.169.310,04 935.568,00

(+) Obrigacións pendentes de pago do Orzamento corrente 940.189,09 769.434,32

(+) Obrigacións pendentes de pago de Orzamentos pechados 161.328,53 122.687,79

(+) Obrigacións pendentes de pago de operacións non orzamentarias 68.392,42 49.905,61

(-) Pagos realizados pendentes de aplicación definitiva 600 6.459,72

I. Remanente de tesourería total (1 + 2 - 3) 913.202,11 1.003.645,52

II. Saldos de dubidoso cobramento 216.232,15 216.232,15

III. Exceso de financiamento afectado 321.866,59 335.671,34

IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I - II - III) 375.103,37 451.742,03

Os axustes que consideramos que hai que realizar, e que se explican detalladamente en apartados anteriores deste informe, son:

- Redución dos fondos líquidos en 28.059,26 €;

- Redución do saldo de dereitos pendentes de cobramento en 546.788,42 €.

- Cuantificación dos debedores de dubidoso cobramento en 235.975,28 €.

- Redución do saldo das obrigacións pendentes de pago en 102.639,65 €.

Con estes axustes, o remanente de tesourería modifícase e é o seguinte:

Page 49: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

49

DESCRICIÓN DOS CONCEPTOS 2009 2008

1.(+) Fondos líquidos 437.870,40 128.203,01

2.(+) Dereitos pendentes de cobramento 1.069.794,07 1.811.010,51

(+) Dereitos pendentes de cobramento do Orzamento corrente 630.835,29 577.034,97

(+) Dereitos pendentes de cobramento de Orzamentos pechados 438.121,22 1.233.727,12

(+) Dereitos pendentes de cobramento de operacións non orzamentarias 837,56 248,42

(-) Cobramentos realizados pendentes de aplicación definitiva 0 0

3.(-) Obrigacións pendentes de pago 1.066.670,39 935.568,00

(+) Obrigacións pendentes de pago do Orzamento corrente 940.189,09 769.434,32

(+) Obrigacións pendentes de pago de Orzamentos pechados 58.688,88 122.687,79

(+) Obrigacións pendentes de pago de operacións non orzamentarias 68.392,42 49.905,61

(-) Pagos realizados pendentes de aplicación definitiva 600 6.459,72

I. Remanente de tesourería total (1 + 2 - 3) 440.994,08 1.003.645,52

II. Saldos de dubidoso cobramento 235.975,28 216.232,15

III. Exceso de financiamento afectado 321.866,59 335.671,34

IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I - II - III) -116.847,79 451.742,03

VI. FEITOS POSTERIORES No ano 2012, coincidindo coa realización do traballo de campo, tramitouse un expediente de baixas de dereitos e obrigas recoñecidas de exercicios anteriores e depuración do saldo contable da caixa da corporación (aprobación do 17 de febreiro de 2012), no que se acordou dar de baixa dereitos recoñecidos por contía de 495.883,47 euros, por prescrición ou erro material.

Polo que se refire as obrigas recoñecidas, no mesmo acordo cuantificáronse as baixas en 102.639,65 euros, polos mesmos motivos.

O axuste destes saldos, que se detalla no apartado IV.8 deste informe, provoca, á súa vez, xunto con outros, un axuste considerable do remanente de tesourería, segundo se especifica no apartado V.2.

A Tesourería e a Intervención do Concello emitiron un informe explicativo das diferenzas existentes entre a acta de arqueo e o saldo das contas de tesourería a 31-12-2009, por importe de 28.059,26 euros, que se detalla así mesmo no apartado IV.8 deste informe.

Page 50: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

50

VII. CONCLUSIÓNS Xestión orzamentaria e financeira

- O Concello incumpriu substancialmente a obriga de render contas durante os exercicios 2002 a 2006, dado que as dos anos 2002 e 2004 non se remitiron e as de 2003, 2005 e 2006 remitíronse sen aprobar. A partir de 2007 remítense con regularidade, aínda que fora de prazo.

- O orzamento do exercicio apróbase definitivamente xa entrado o mesmo, o 27 de xaneiro, sen que durante eses 27 días se tivera prorrogado o anterior, polo que se estivo executando un orzamento sen aprobar definitivamente.

- Constatouse a existencia de diversas circunstancias que afectan á integridade da contabilidade, tanto orzamentaria como financeira, co seguinte detalle:

- Contabilizáronse gastos no capítulo 4, “transferencias correntes”, que, pola súa natureza, deberían estar recolleitos nos capítulos 1 e 2, por importe de 192.518,44 euros.

- Aínda que non se tramitaron expedientes de recoñecementos extraxudiciais de créditos, imputáronse ao orzamento do exercicio gastos de exercicios anteriores por importe de 57.413,85, segundo se desprende da mostra de gastos correntes analizada (polo que se pode supoñer que a contía total podería ser maior).

- Non se dotou a amortización correspondente ao exercicio 2009.

- Non se dotou a provisión para riscos, cando se constatou que existían procedementos xudiciais en curso a 31/12/2009, por contía de 54.827,40 euros.

- Os fondos líquidos de tesourería realmente existentes a 31/12/2009 débense minorar en 28.059,26 euros. O saldo dos dereitos pendentes de cobro a 31/12/2099 débese reducir en 546.788,42 euros e o das obrigas pendentes de pagamento en 102.639,65 euros, a consecuencia da análise sobre a depuración dos mesmos. Así mesmo, os saldos de dubidoso cobramento que figuran en contabilidade débense incrementar en 19.743,13 euros. Todos estas rectificacións producen un axuste do remanente de tesourería, o cal pasa a ser negativo por importe de 116.847,79 euros, cando nas contas rendidas figuraba como positivo por importe de 375.103,37 euros.

- Durante o exercicio elaborouse o Inventario Xeral de Bens do Concello e realizáronse correctamente en contabilidade os axustes a que deu lugar.

Page 51: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

51

Persoal e membros da corporación

- O Concello non dispón de Relación de postos de traballo nin leva Rexistro de persoal. Si dispón dun cadro de persoal, que acompaña ao orzamento, aínda que non inclúe tódolos datos esixibles de cada traballador nin tampouco a todo o persoal laboral temporal.

- Existe persoal laboral, en número de 9 traballadores, que no momento actual ten a condición de indefinido por sucesivas prórrogas dos seus contratos temporais iniciais por períodos superiores aos dous anos que permite a norma laboral, estando algúns deles, incluso, sen contrato escrito no presente.

- Os procesos selectivos levados a cabo durante o exercicio para a contratación de persoal laboral inclúen, como criterio de selección, a entrevista persoal, sen que as convocatorias determinen uns criterios obxectivos para a súa valoración. Nun dos procesos, este criterio resultou decisivo para outorgar a praza.

- As retribucións contidas nas nóminas analizadas para todo o persoal da mostra inclúen en concepto de produtividade unha cantidade fixa mensual, o cal vai en contra da propia natureza deste complemento retributivo.

- As retribucións dos traballadores/as laborais que se inclúen na mostra non se axustan ás estipuladas no convenio que ven aplicando o Concello para a súa determinación (oficinas e despachos da provincia da Coruña). Ademais para dous deles experimentan incrementos con respecto ao ano anterior superiores ao límite do dous por cento que marca a lei de Orzamentos do Estado para 2009.

- Existen dous membros da corporación con dedicación exclusiva, cuxas retribucións experimentan incrementos nos exercicios 2008 e 2009 sen acordo expreso do Pleno.

Gastos correntes

- Algúns dos gastos que se inclúen neste capítulo deberían ser obxecto dun proceso de contratación. É o caso das reparacións eléctricas, da elaboración de proxectos e dos servizos de transporte.

- O gasto por servizos de asesoramento xurídico, contratado a dous avogados, é prescindible, dado que o Concello ten cuberto o posto de Secretaría, cuxas funcións inclúen esa prestación.

- O arquitecto técnico presta os seus servizos mediante un contrato de consultoría e asistencia técnica, cando, pola natureza permanente do servizo, sería mais correcto que o fixese mediante unha relación de tipo laboral ou funcionarial.

Page 52: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

52

- O período medio de pago aos provedores incluídos na mostra foi de 171 días, prazo moi superior ao que marca a Lei.

Subvencións

- Para a xustificación da realización da actividade subvencionada tan só se achegan xustificantes de gasto ata o importe outorgado, cando para comprobar que non se conceden contías que superen o custe total da actividade, tal e como marca a Lei, deberíase enviar, cando menos, memoria descritiva e certificación de todos os ingresos e gastos da entidade no exercicio, esixencia que, aínda que está prevista na convocatoria, tan só se da nun dos elementos da mostra.

- Aínda que se outorgan en réxime de concorrencia as axudas a asociacións sen ánimo de lucro, concedéronse tres axudas a outras tantas entidades deste tipo de xeito discrecional, isto é, sen estar dentro do procedemento da convocatoria xeral e sen ser nominativas.

Contratación

- Incúmprese o establecido nos artigos 161.2 e 126.4 LCSP, así como o establecido nos propios Pregos de cláusulas administrativas particulares, ao tramitarse un expediente como negociado sen publicidade, cando debería tramitarse con publicidade, por ser un contrato de obras cuxo importe é superior a 200.000 €.

- Prodúcese unha concentración do gasto do capítulo 6, de maneira que un 93,70% das obrigas recoñecidas netas totais, se reparten entre dúas empresas.

Ingresos

- No caso de ingresos procedentes de subvencións concedidas á entidade por outras administracións, vense realizando a práctica de recoñecer o dereito no momento da concesión, cando dos Principios de Contabilidade Pública se desprende que se debería facer no momento da percepción, salvo que o beneficiario coñeza de forma certa que o ente concedinte ditou o acto de recoñecemento da súa obriga.

Page 53: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

53

VIII. RECOMENDACIÓNS A vista dos resultados da fiscalización levada a cabo, o Consello de Contas formula as seguintes Recomendacións ao Concello de Rois.

En materia de xestión orzamentaria e financeira.

- Débense aprobar os orzamentos, elaborar as súas liquidacións e render as contas dentro dos prazos legal e regulamentariamente establecidos. A tal efecto deben organizarse os recursos persoais e materiais dos que se dispón de xeito que tales accións se leven a cabo nos ditos prazos.

- Débese actualizar o marco das bases de execución do orzamento cunha regulación máis ampla do control interno.

- Deberanse adoptar as medidas necesarias para que os estados contables presenten a situación real da actividade económico-financeira da Entidade, así como respectar as regras das Instrucións de contabilidade e os principios contables públicos no rexistro de transaccións con repercusión económica, para que os estados e contas anuais reflicten a xestión realizada nos aspectos económico, financeiro, patrimonial e orzamentario. En particular:

o Débense facer as dotacións para amortización dos bens do inmobilizado de acordo cos criterios normativamente previstos.

o Débense contabilizar as obrigas con arranxo ao criterio do devengo procedendo á súa adecuada imputación temporal ao exercicio que corresponda.

o Débense imputar os gastos ao capítulo que corresponda en función da súa natureza.

o Débense manter actualizados e depurados os saldos de dereitos pendentes de cobro e de obrigas pendentes de pago.

o Débense estimar axeitadamente os saldos de dubidoso cobro de cara á determinación axeitada e rigorosa do remanente de tesourería.

- O sistema de información contable debe permitir o seguimento inmediato da execución orzamentaria, e debe contar, de forma especial, con funcionalidades para o seguimento dos gastos con financiamento afectado e dos compromisos de gasto con cargo a exercicios futuros.

- En aplicación da Lei de Estabilidade Orzamentaria ás Corporacións Locais, débese aprobar un plan de saneamento económico-financeiro cando o déficit exceda da porcentaxe dos ingresos

Page 54: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

54

non financeiros que para cada exercicio se sinala no Acordo da Comisión Nacional da Administración Local (para o exercicio 2009 é do 5,17 %)

En materia de persoal

- Débese elaborar a Relación de Postos de Traballo ou instrumento análogo.

- Débese crear e manter actualizado o Rexistro de persoal.

- Débense cuantificar os incentivos á produtividade atendendo á valoración individualizada do desempeño sen que poida converterse en complementos fixos.

- Débese evitar a reiteración fraudulenta de contratos de duración determinada para a cobertura de postos de traballo que responden a necesidades de carácter permanente.

En materia de contratación e subvencións

- A contratación administrativa deberá axustarse ás prescricións establecidas na regulación sobre a materia, asegurando especialmente a efectiva libre concorrencia en condicións de igualdade e non discriminación.

- Débese proceder ao pagamento das obrigas dentro dos prazos legalmente establecidos.

- O outorgamento de subvencións debe levarse a cabo segundo o procedemento legalmente previsto en función da natureza da mesma.

- Para o pagamento das subvencións debe acreditarse a realización da actividade por algunha das modalidades previstas legalmente, así como o pago dos gastos subvencionados

Page 55: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

55

ANEXO I: TRÁMITE DE ALEGACIÓNS

Page 56: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo
Page 57: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo

Informe de Fiscalización do Concello de Rois, exercicio 2009

57

Con data 8 do xuño de 2012 foi remitido o anteproxecto de informe ao Concello de Rois aos efectos de que, ao abeiro do artigo 58 do Regulamento do Consello de Contas de Galicia, alegase ou presentase os documentos ou xustificacións que considerase pertinentes.

Transcorrido o prazo concedido ao efecto o ente fiscalizado non formulou alegacións nin aportou documentación ou xustificación algunha.

Page 58: INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE ROIS EXERCICIO … · funcionarios de Administración Local (BOE 106, do 3 de maio de 1986). - Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo