Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio...

20
IES A Xunqueira II Información sobre as materias ofertadas no noso centro Con esta guía, pretendemos orientarte sobre as opcións de matrícula que tes ao respecto das materias específicas, de libre configuración autonómica (LCA) e de libre configuración de centro (LCC). O noso obxectivo é axudarche na túa elección, pero ti es quen decide. Le con atención, infórmate ben e decide por ti mesma/o. Os teus familiares pódenche axudar. Abril de 2020 .

Transcript of Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio...

Page 1: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Información sobre as materias

ofertadas no noso centro

Con esta guía, pretendemos orientarte sobre as opcións de matrícula que tes ao

respecto das materias específicas, de libre configuración autonómica (LCA) e de

libre configuración de centro (LCC).

O noso obxectivo é axudarche na túa elección, pero ti es quen decide.

Le con atención, infórmate ben e decide por ti mesma/o. Os teus familiares

pódenche axudar.

Abril de 2020 .

Page 2: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 3

Índice Materias multinivel ................................................................................................................................................................. 4

Lingua estranxeira – Francés e Segunda lingua estranxeira Francés, I e II. ........................................................................ 4

Segunda lingua estranxeira Portugués. (1º da ESO e 1º de bacharelato, 2 sesións) .......................................................... 5

Cultura científica. (3 sesións en 4º da ESO e/ou 2 sesións en 1º de bacharelato) ............................................................. 6

Tecnoloxías da información e a comunicación (TICs), I e II. (4º ESO e 1º/2º BTO) ............................................................ 6

Debuxo artístico I e II. (1º e 2º de bacharelato, 3 sesións) ................................................................................................. 7

Relixión católica. (1º e 2º de bacharelato, 1 sesión) .......................................................................................................... 8

Tecnoloxía industrial I e II. (1º e 2º de bacharelato, 3 sesións) .......................................................................................... 8

Materias por nivel ................................................................................................................................................................... 9

Igualdade de xénero. (1º da ESO, 1 sesión) ...................................................................................................................... 10

Promoción de estilos de vida saudable. (1º da ESO, 1 sesión) ......................................................................................... 10

Programación. (2º da ESO, 1 sesión) ................................................................................................................................ 11

Proxecto deportivo de centro (DAFIS, Reforzo Educación física). (2º ESO, 1 sesión) ....................................................... 11

Cultura clásica. (3º da ESO, 2 sesións) .............................................................................................................................. 12

Ciencias aplicadas á actividade profesional. (4º da ESO, 3 sesións) ................................................................................. 12

Iniciación á actividade emprendedora e empresarial. (4º da ESO, 3 sesións).................................................................. 13

Educación plástica, visual e audiovisual. (4º da ESO, 3 sesións) ...................................................................................... 13

Música. (4º da ESO, 3 sesións) .......................................................................................................................................... 14

Análise de documentos históricos. (1º de bacharelato, 2 sesións) .................................................................................. 14

Coeducación para o Século XXI. (1º de bacharelato, 2 sesións) ....................................................................................... 15

Obradoiro de creación e comunicación audiovisual. (1º de bacharelato, 2 sesións). ...................................................... 15

Robótica. (1º de bacharelato, 2 sesións) .......................................................................................................................... 16

Linguaxe e práctica musical. (1º de bacharelato, 3 sesións). ........................................................................................... 16

Papelmodelismo. Uso creativo do papel. (1º de bacharelato, 1 sesión) .......................................................................... 17

Achegamento á lingua portuguesa. (2º de bacharelato, 2 sesións) ................................................................................. 17

Deseño e impresión 3D. (2º de bacharelato, 2 sesións) ................................................................................................... 18

Literatura galega do século XX e da actualidade. (2º de bacharelato, 2 sesións) ............................................................ 18

Métodos estatísticos e numéricos. (2º de bacharelato, 2 sesións) .................................................................................. 19

Ciencias da terra e do medio ambiente. (2º de bacharelato, 3 sesións) .......................................................................... 19

Fundamentos de administración e xestión. (2º de bacharelato, 3 sesións) ..................................................................... 20

Historia da música e da danza. (2º de bacharelato, 3 sesións) ........................................................................................ 20

Psicoloxía. (2º de bacharelato, 3 sesións) ......................................................................................................................... 21

Feminismo e igualdade. (2º de bacharelato, 1 sesión) ..................................................................................................... 21

Page 3: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 4

Materias multinivel (que poden ser impartidas en varios cursos)

(algunhas son de contidos progresivos, isto é, que para cursar

a materia “II” tes que ter aprobado a materia “I”, en caso contrario, sairache na túa matrícula como pendente)

• Lingua estranxeira – Francés e Segunda lingua estranxeira Francés, I e II.

(1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato. 2 o 3 sesións)

• Segunda lingua estranxeira Portugués. (1º da ESO e 1º de bacharelato, 2 sesións)

• Cultura científica. (3 sesións en 4º da ESO e/ou 2 sesións en 1º de bacharelato)

• Tecnoloxías da información e a comunicación (TICs), I e II. (4º ESO e 1º/2º BTO)

• Debuxo artístico I e II. (1º e 2º de bacharelato, 3 sesións)

• Relixión católica. (1º e 2º de bacharelato, 1 sesión)

• Tecnoloxía industrial I e II. (1º e 2º de bacharelato, 3 sesións)

Lingua estranxeira – Francés e Segunda lingua estranxeira Francés, I e II.

(1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato. 2 o 3 sesións)

Que

res

apre

nder

...? • Un dos idiomas máis importantes, falado en 44 países (máis de 200 millóns de

falantes) lingua de traballo na ONU, UE, COI, UNESCO, Cruz Vermella, OCDE,

OTAN e é a 3ª lingua na Internet.

• Se é así... matricúlate en Francés!!!

Page 4: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 5

Com

o be

nefic

ia a

o te

u ex

pedi

ente

aca

dém

ico?

• É a única optativa que podes estudar durante toda a ESO e o bacharelato, en todos os itinerarios. Así conseguirás ter un bo nivel en dúas linguas estranxeiras e non perderás o esforzo realizado en 1º e 2º da ESO.

• Tes pensado continuar estudos superiores? Se estudas Inglés e Francés na ESO e o bacharelato poderás examinarte das dúas linguas na ABAU, aumentando a túa cualificación (A 2ª lingua pondera 0,2 nas carreiras de Humanidades e ciencias sociais). O francés é necesario para moitos ciclos formativos (Turismo, Comercio internacional, Hostalería…) e algunhas carreiras (Tradución e interpretación, Filoloxía….)

• Queres facer un máster ou optar por bolsas de estudo no estranxeiro? Para realizar un máster é obrigatorio ter un nivel B1 nunha lingua estranxeira. Tamén che servirá para obter bolsas Erasmus (nivel B2).

• CUALE. Benefíciate no teu centro do único programa do centro subvencionado pola Consellería para obter algún dos títulos oficiais de francés (EOI, DELF /DALF) dos niveis A1, A2, B1 e B2.

• Facilidade pola súa proximidade tanto ao galego coma ao castelán. Estudar Francés como 1ª lingua favorece estar en grupos reducidos nas dúas linguas estranxeiras.

E o

teu

futu

ro

labo

ral?

Na nosa contorna moitas empresas francesas (Citroën, Carrefour, Decathlon, Alcampo…) ou con intereses en Francia e outros países francófonos (Magreb, Bélxica, Suíza…) valoran cada vez máis o coñecemento do francés. En moitas outras os idiomas son valorados moi positivamente para optar a calquera posto. Permite competir en igualdade de condicións cos mozo/as doutros países que levan moitos anos estudando polo menos dúas linguas estranxeiras.

Segunda lingua estranxeira Portugués. (1º da ESO e 1º de bacharelato, 2 sesións) Coñecementos: (Fala con Mª Laura Rodríguez Travieso, de galego, se tes máis dubidas)

• Vantaxe lingüística a través do coñecemento do galego.

• Boa competencia comunicativa con pouco esforzo.

• Práctica da expresión oral dende o minuto 1.

• Metodoloxía práctica a través de medios audiovisuais (música, filmes, banda deseñada...) e

textos instrutivos.

• Saber cultural e histórico, principalmente de Portugal e do Brasil. Motivos:

• Lingua con proxección educativa: probas ABAU, exames de nivel MCERL

(Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas), carreiras

universitaria como Tradución e Interpretación

• Lingua de contacto con persoas e producións lusófonas, principalmente co país veciño: Portugal

• Lingua con futuro laboral: Oficial en cinco continentes e 5ª lingua máis falada no mundo

• Contacto con Portugal: visitas particulares e intercambios de centro. Proximidade xeográfica e

cultural.

Page 5: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 6

Cultura científica. (3 sesións en 4º da ESO e/ou 2 sesións en 1º de bacharelato) Para que me vai valer?

• Comprender textos de carácter científico.

• Ter opinións e coñecementos ben fundamentados sobre temas

relacionados co medio ambiente e coa saúde.

• Ter unha visión global e particular dos principais impactos no medio

ambiente.

• Para desenvolver o sentido crítico á hora de ler noticias científicas.

• Desenvolver a conciencia social e cívica e ser partícipes do que está

a acontecer no mundo no que vivimos de xeito positivo.

Que vou facer?

• Analizar noticias sobre temas actuais en ciencia.

• Visualizar e comentar documentais científicos sobre cuestións de actualidade. Participar en

xogos de rol e debates sobre o uso dos recursos, medio ambiente e sobre a saúde.

• Asistir a charlas e coloquios de temática científica. Analizar e realizar experiencias na contorna.

En cada curso traballaranse diferentes contidos.

Para máis información diríxete a calquera membro do departamento de Bioloxía e xeoloxía.

Tecnoloxías da información e a comunicación (TICs), I e II. (4º ESO e 1º/2º BTO) É unha materia moi vinculada tanto as ciclos formativos como aos

estudos superiores relacionados coas novas tecnoloxías, enxeñería de

telecomunicacións, enxeñaría electrónica, enxeñaría de sistemas...

4º ESO (3 sesións) O seu currículo abrangue dende: Ética e estética

na interacción en rede de forma segura, computadores, sistemas

operativos e redes. Organización, deseño e produción de información

dixital por exemplo, documentos de texto, presentacións, folla de

cálculo, edición de

imaxe, son e vídeo, etc. Seguridade informática. Publicación e

difusión de contidos. Internet, redes sociais e hiperconexión.

1º de bacharelato (2 sesións) O seu currículo abrangue dende:

A sociedade da información e o computador, novos sectores

económicos que aparecen en relación coas novas tecnoloxías da

información e comunicación. Arquitectura de computadores,

Page 6: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 7

características dos subsistemas que compoñen un computador. Software para sistemas informáticos, Deseño

de elementos gráficos en 2D e 3D, elaboración de documentos de texto, presentacións, follas de cálculo, edición

de son e vídeo, etc. Redes de computadores. Programación.

2º de bacharelato (3 sesións) O seu currículo abrangue dende: Programación, elaboración de programas de

mediana complexidade definindo o fluxograma correspondente e escribindo o código correspondente.

Publicación e difusión de contidos, deseño de páxinas webs e blogs

con ferramentas específicas. Seguridade, elaboración de esquemas

de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques

externos para unha pequena rede

A metodoloxía que se segue nas clases é moi práctica xa que os seus

contidos levan implícito a utilización dos equipos informáticos cos

diferentes programas e aplicacións en liña. En 2º BTO tamén o uso

dos robots e as placas controladoras programables.

Para máis información diríxete a calquera membro do departa-

mento de Tecnoloxía.

Debuxo artístico I e II. (1º e 2º de bacharelato, 3 sesións) A materia de Debuxo artístico, nesta etapa, debe proporcionar un panorama

amplo das súas aplicacións, orientando e preparando ao alumnado para outras

ensinanzas posteriores, sexan artísticas ou tecnolóxicas: ensinanzas artísticas

superiores, ensinanzas profesionais de artes plásticas e

deseño, belas artes, deseño gráfico, de interiores, de

moda, de produto, xoiaría, ilustración, deseño web, multimedia...

Debuxo Artístico I estrutúrase en cinco bloques de contido: "O debuxo como

ferramenta", "Liña e forma", "A composición e os seus fundamentos", "A luz: o

claroscuro e a textura" e "A cor".

Debuxo Artístico II estrutúrase noutros cinco bloques de contido: "A forma: estudo e transformación", "A

expresión da subxectividade", "Debuxo e perspectiva", "O corpo humano como modelo" e "O debuxo no

proceso creativo.

Aínda que é unha materia de continuidade, o alumnado poderá cursala

en 1º e non en 2º. Tamén poderá cursala en 2º sen tela escollido en 1º,

pero neste caso deberá facer as recuperacións pertinentes.

Page 7: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 8

Relixión católica. (1º e 2º de bacharelato, 1 sesión) • Optativa: É froito da túa liberdade.

• Coida a visión completa da persoa.

• Facilita o diálogo relixioso co mundo

da ciencia, da cultura, da filosofía e da

razón.

• Cultiva o respecto á diversidade.

• Fomenta o coñecemento de Xesús de Nazaret e de todo o

que o rodea.

• Propón a apertura ós valores comúns.

Tecnoloxía industrial I e II. (1º e 2º de bacharelato, 3 sesións) É unha materia moi vinculada tanto as ciclos formativos como aos estudos superiores como: enxeñería

industrial, enxeñería de telecomunicacións, enxeñaría electrónica, enxeñaría de sistemas...

1º BTO O seu currículo abrangue desde produtos tecnolóxicos: deseño, produción e comercialización.

Máquinas e sistemas, funcionamento de sistemas mecánicos e de circuítos eléctrico-electrónicos, pneumáticos

ou hidráulicos. Deseño, construción e programación dun sistema automático ou robot cos sensores e

actuadores. Materiais e procedementos de fabricación. Recursos enerxéticos, produción e distribución da

enerxía, cálculo de consumos enerxéticos, impacto ambiental e sustentabilidade, etc.

2º BTO O seu currículo abrangue materiais, propiedades e aplicacións características. Principios de máquinas,

cálculo de rendementos de máquinas (enerxías implicadas). Sistemas automáticos, función dos elementos dun

sistema automático e deseña mediante bloques

xenéricos sistemas de control para aplicacións

concretas. Circuítos e sistemas lóxicos

combinacionais con portas lóxicas. Control e

programación de sistemas automáticos,

funcionamento dos biestables, cronograma dun

contador, microprocesadores...

A metodoloxía é moi práctica realizando proxectos

tanto no obradoiro como nas aulas de informática.

Para máis información, consulta a calquera membro do departamento de Tecnoloxía.

Page 8: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 9

Materias por nivel (que só se imparten nun curso)

1º ESO. • Igualdade de xénero. (1º da ESO, 1 sesión) • Promoción de estilos de vida saudable. (1º da ESO, 1 sesión)

2º ESO. • Programación. (2º da ESO, 1 sesión) • Proxecto deportivo de centro (DAFIS, Reforzo Educación física). (2º ESO, 1 sesión)

3º ESO. • Cultura clásica. (3º da ESO, 2 sesións)

4º ESO. • Ciencias aplicadas á actividade profesional. (4º da ESO, 3 sesións) • Iniciación á actividade emprendedora e empresarial. (4º da ESO, 3 sesións) • Educación plástica, visual e audiovisual. (4º da ESO, 3 sesións) • Música. (4º da ESO, 3 sesións)

1º de bacharelato. • Análise de documentos históricos. (1º de bacharelato, 2 sesións) • Coeducación para o Século XXI. (1º de bacharelato, 2 sesións) • Obradoiro de creación e comunicación audiovisual. (1º de bacharelato, 2 sesións). • Robótica. (1º de bacharelato, 2 sesións) • Linguaxe e práctica musical. (1º de bacharelato, 3 sesións). • Papelmodelismo. Uso creativo do papel. (1º de bacharelato, 1 sesión)

2º de bacharelato. • Achegamento á lingua portuguesa. (2º de bacharelato, 2 sesións) • Deseño e impresión 3D. (2º de bacharelato, 2 sesións) • Literatura galega do século XX e da actualidade. (2º de bacharelato, 2 sesións) • Métodos estatísticos e numéricos. (2º de bacharelato, 2 sesións) • Ciencias da terra e do medio ambiente. (2º de bacharelato, 3 sesións) • Fundamentos de administración e xestión. (2º de bacharelato, 3 sesións) • Historia da música e da danza. (2º de bacharelato, 3 sesións) • Psicoloxía. (2º de bacharelato, 3 sesións) • Feminismo e igualdade. (2º de bacharelato, 1 sesión)

Page 9: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 10

Igualdade de xénero. (1º da ESO, 1 sesión)

Que

imos

face

r? • Analizar de xeito crítico as situacións de desigualdade que percibimos.

• Aprender a recoñecer as relacións interpersoais e sociais desde a diversidade de xénero, sexo e orientación sexual.

• Tomar conciencia de que a realidade é plural e enriquecedora, e que nela non hai lugar para violencia, discriminacións ou exclusións.

• Aprender a tomar decisións libres de estereotipos e de roles de xénero.

Cale

s son

os

cont

idos

? • A construción social das identidades sexuais e de xénero. • Relacións de xénero e afectividade. • Da discriminación á igualdade de oportunidades. • Cara a unha sociedade sen violencia machista.

Com

o se

vai

tr

abal

lar?

• Desde os contidos e as competencias que imos acadando ao longo do curso. • Cunha participación activa nas tarefas e debates, no intercambio de ideas e na contribución

persoal a prol dunha sociedade máis xusta. • Cunha convivencia positiva e de confianza na aula, para compartir opinións e valoracións. • Desenvolvendo a educación emocional e as habilidades sociais para saber convivir e

relacionarse.

Fala con María del Mar Abilleira Fernández, do dep. de Xeografía e historia, se tes máis dubidas.

Promoción de estilos de vida saudable. (1º da ESO, 1 sesión) Para que me vai valer?

• Coñecer os beneficios para a saúde da práctica regular de actividade física e os efectos negativos da inactividade.

• Valorar a alimentación como un hábito de vida saudable e as recomendacións dietéticas adaptadas á idade, o sexo e ao deporte diario

• Valorar a importancia de reutilizar, reducir e reciclar (as 3 Rs) no noso día a día para a mellora das nosas vidas e o medio ambiente.

• Ter opinións e coñecementos ben fundamentados sobre temas relacionados co medio ambiente e coa saúde

Que vou facer?

• Visualizar e comentar documentais sobre hábitos de vida saudables como son a actividade física e a correcta alimentación.

• Participar en xogos de rol e debates sobre os estilos de vida saudables. Asistir a charlas sobre alimentación, medio ambiente e saúde.

• Realización de experiencias na contorna e saídas. • Realización de trípticos que conciencien á nosa contorna próxima da importancia da reciclaxe,

da boa alimentación ou da realización da actividade física diaria. Para máis información diríxete a calquera membro do departamento de Bioloxía e xeoloxía.

Page 10: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 11

Programación. (2º da ESO, 1 sesión) O seu principal obxectivo é iniciar ao alumnado na programación informática. Atópase moi asociada á

creación de aplicacións informáticas, videoxogos e páxinas web. Ofrece un inmenso potencial para

axudar a comprender a enorme influencia da informática na sociedade actual e para desenvolver un

conxunto de competencias relacionadas co contexto profesional que serán de gran axuda en estudos

posteriores.

Os contidos que se traballan son; creación de páxinas web, elaborar diagramas de fluxo para deseñar

e representar algoritmos, implementar algoritmos

sinxelos usando elementos gráficos e

interrelacionados para resolver problemas

concretos...

A metodoloxía é totalmente práctica, co uso do

ordenador edixgal cuxa maqueta contén aplicacións para programación: Scratch, mblock,

arduino...

Proxecto deportivo de centro (DAFIS, Reforzo Educación física). (2º ESO, 1 sesión) O Departamento de Educación Física propón esta materia baseada no reforzamento da actividade física escolar, en consonancia coa tendencia das administracións educativas de incrementar o tempo

dedicado á actividade física que realizan os nosos adolescentes ata acercarse ás recomendacións da

OMS e ante os preocupantes datos de incidencia de enfermidades relacionadas co sedentarismo no nosa poboación escolar.

Esta iniciativa é compartida por outros centros de Galicia

punteiros en innovación educativa, embarcados con nós nun proxecto denominado DAFIS (datos da actividade física

saudable) patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte,

no que pretendemos valorar o nivel físico do noso alumnado

de forma sistemática e propoñer accións para melloralo co

obxectivo de mellorar a súa saúde.

Os obxectivos da materia poderiámolos resumir en tres:

• Incrementar ó horario que os nosos alumnos dedican a actividade física na busca de acadar os

mínimos saudables que recomenda a OMS.

• Reforzar e afondar no traballo realizado dende a materia de Educación Física.

• Practicar novas actividades físicas descoñecidas polo noso alumnado e destinada a encher os

seus tempos de ocio para suplir outras actividades sedentarias.

Fala con José Antonio Ricoy Bugarín, do dep. de Educación física, se tes máis dubidas.

Page 11: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 12

Cultura clásica. (3º da ESO, 2 sesións) Sen dúbida, para comprender mellor o mundo actual é preciso coñecer

cales foron as nosas raíces. E grazas á materia de Cultura clásica poderás

acceder á civilización que forxaron Gregos e Romanos ao longo dos séculos

e que pervive nos nosos días.

SABÍAS …

que os nomes dos planetas, as constelacións e os días da semana veñen da

mitoloxía grega e romana?

que o calendario que empregamos organizouno Xulio César?

que as olimpíadas inventáronas os gregos fai mais de 2500 anos?

que moitas das personaxes de Harry Potter teñen que ver coa mitoloxía clásica?

que moitos dos termos que empregas hoxe veñen do grego e do latín: nostalxia, atlas, anfibio...?

que significan as expresións “un canto de sereas”, “a tela de Penélope”, “aquí vai arder Troia”, “a manzá

da discordia” ou “o talón de Aquiles”?

Se queres saber a resposta .....¡Cultura clásica é a túa materia!

Para máis información, diríxete a calquera membro do departamento de Latín e Grego.

Ciencias aplicadas á actividade profesional. (4º da ESO, 3 sesións) Esta materia a deberías escoller se queres

estudar un ciclo de formación profesional

relacionado coas ciencias. É unha materia

práctica na que estudarás técnicas sinxelas de

laboratorio, farás traballos e presentacións

sobre os distintos tipos de contaminación e a

xestión dos residuos, moi importante para

manter en boas condicións o noso planeta, e

tamén farás un proxecto de investigación con

algúns dos teus compañeiros de clase.

Para máis información diríxete a calquera

membro do departamento de Física e química.

Page 12: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 13

Iniciación á actividade emprendedora e empresarial. (4º da ESO, 3 sesións) Nesta materia aprenderás que é iso do autoemprego e quen

é o famoso empresario autónomo. Tamén poderás aprender

cales serán os teus dereitos e deberes básicos como persoa

traballadora: salario (que é iso da nómina?), xornada laboral,

vacacións, Seguridade Social…

Se tes unha idea empresarial en mente (incluso se non a tes)

poderás aprender que pasos hai que dar para levala á

práctica: se interesa facer unha SL, unha SA ou unha

cooperativa, a quen pedir os cartos para comezar…

Aprenderás cousas útiles, incluso para o teu día a día:

intereses, facturas, préstamos, impostos, …

Terás 3 sesións semanais, non utilizamos libro de texto, a nosa metodoloxía é participativa, a avaliación

é por traballos de clase e mais probas.

Esperámoste en Iniciación á actividade emprendedora e empresarial!

Para máis información diríxete a calquera membro do departamento de Economía.

Educación plástica, visual e audiovisual. (4º da ESO, 3 sesións) Hoxe en día a ninguén lle escapa a gran importancia da imaxe. A materia EPVA proporciona

recursos para expresar ideas e sentimentos máis aló das palabras. Profunda e amplía os

grandes temas desenvolvidos nos cursos anteriores e estrutúrase en 4 bloques:

Bloque I: Expresión plástica:

• Experiméntase con materiais e técnicas diversas elaborando proxectos individuais e colectivos.

Bloque 2: Linguaxe audiovisual e multimedia:

• Analízanse as imaxes que nos rodean. Faise, tamén, especial fincapé no uso das

tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á imaxe

Bloque 3: Debuxo técnico:

• Aplícanse os coñecementos sobre formas e sistemas de representación á

resolución de problemas e á realización de deseños

Bloque 4: Fundamentos do deseño:

• Permítenos o coñecemento das bases do deseño nas súas diferentes areas,

desenvolvendo, dun modo práctico, os elementos traballados no resto de bloques.

Page 13: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 14

Música. (4º da ESO, 3 sesións) Queres formar parte dunha agrupación musical na que cada estudante asume o seu papel para poder

interpretar música en conxunto?

Queres levar a cabo un proxecto, fomentando o

intercambio de ideas, a creatividade e o entendemento da

música como fenómeno imbricado na sociedade?

Gústache a radio e veste capaz de transmitir a túa opinión

acerca dos fenómenos musicais cun vocabulario axeitado?

Prefires converterte no realizador do programa de radio e

levar o control do son?

Se te sentes identificado con estas actividades, a túa materia específica para 4º da ESO é Música.

Análise de documentos históricos. (1º de bacharelato, 2 sesións) Sabías que o primeiro capítulo de O clan do oso cavernario explica perfectamente a convivencia entre

neanderthais e sapiens? Pensas que Charlton Heston nunha cuádriga che pode facer entender a expansión do

Imperio Romano? Serías capaz de analizar a sociedade feudal resolvendo un asasinato da man de Umberto Eco?

Analizarías a Revolución rusa a través da rebelión dos porcos dunha granxa como propón George Orwell?

Meteríaste nunha trincheira da Gran Guerra esquivando as balas alemás con Kirk Douglas? Saberías explicar o

declive do imperio español rapeando Contad los muertos de El Coleta e analizar a Transición? Quéreste

esmendrellar con Chaplin e que che explique a Gran Depresión e o auxe dos autoritarismos nos anos 30? A que

lle chaman o cuarto poder? Sabes que nun anuncio de Audi explican a Síndrome de Stendhal?

En ADH a idea é repasar os aspectos fundamentais das diferentes etapas da Historia e, sobre todo, analizar as

máis variadas fontes documentais (arte, música, cine, literatura, prensa, publicidade...) para dominar á

perfección a técnica do comentario de texto e a composición histórica, algo que che ha vir moi ben para te

enfrontar a Historia de España de 2º de bacharelato onde a análise documental e a comparación de diferentes

fontes históricas serán fundamentais.

Page 14: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 15

Coeducación para o Século XXI. (1º de bacharelato, 2 sesións)

Que

imos

face

r? • Analizar a igualdade de xénero, a prevención da violencia contra as mulleres e a coeducación

na nosa realidade social. • Aprender a detectar as desigualdades que por razón de xénero existen hoxe en día nas

sociedades. • Traballar sobre os aspectos que cómpre mudar co obxectivo de acadar unha plena igualdade

de oportunidades e a inclusión de todas persoas na nosa sociedade.

Cale

s son

os

cont

idos

? • Historia dos feminismos. Do patriarcado á reivindicación do principio de igualdade. • Feminidades e masculinidades. A construción de identidades igualitarias. • Expresión social da violencia contra as mulleres. • Proxecto coeducativo. • Cunha metodoloxía activa para que traslademos

ao noso ámbito máis próximo a necesidade de actuación en beneficio da loita pola igualdade.

• Cunha metodoloxía de proxectos, integrando as aprendizaxes, competencias, habilidades e actitudes adquiridas na materia.

• De xeito colaborativo e compartindo as tarefas.

Com

o se

vai

tr

abal

lar?

Obradoiro de creación e comunicación audiovisual. (1º de bacharelato, 2 sesións). ¿Gustaríache facer un programa de radio? ¿Participarías nun programa de televisión? ¿Desexarías dar as

noticias? ¿Sabes que e un podcast?

En OCCA terás que ser quen de concibir unha idea, desenvolvela nun guión, facer un plan de rodaxe, falarlle a

cámara ou o micro, editar imaxe, música ou efectos, facer a montaxe… ata conseguir presentar un produto final

con poucos medios e moita ilusión.

Se o produto do noso traballo ten a calidade suficiente o espallaremos nos nosos canles abertos para tal fin: IX2

Radio, PonteN’època ou, quen sabe, un canal externo, como xa

estades a facer en 4º ESO co PonteN’época Urban para RKV Radio.

Se non acadamos un mínimo de calidade teremos practicado

destrezas como falar en público, traballo en equipo, redacción de

guións, escaletas, manexo dunha cámara , un equipo de radio,

facer unha Stop Motion e tantas outras cousas.

¿Que podemos facer?

Informativos, reportaxes, documentais, mesas redondas,

debates, entrevistas a persoas do centro escolar ou da contorna, programas musicais, retransmisión de eventos

escolares e, crónicas, programas de investigación, contos narrados, radio teatro ou radio novelas, magacines

con espazos variados (cultura, actualidade, cine, medioambiente…).

Page 15: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 16

Robótica. (1º de bacharelato, 2 sesións) É unha materia moi vinculada tanto as ciclos formativos como aos estudos superiores relacionados coa robótica,

enxeñería de telecomunicacións, enxeñaría electrónica, enxeñaría de sistemas, etc.

O seu currículo abrangue dende: Robots, identificación dos tipos de robots e de sistemas robóticos, sensores e

actuadores; programación e control, elaboración de

algoritmos para a resolución de problemas. Deseño de

programas con estruturas de control, de almacenamento

de datos e funcións. Realización de proxectos.

A metodoloxía que se segue nas clases é moi práctica xa

que os seus contidos levan implícito a utilización tanto

dos equipos informáticos cos diferentes programas e

aplicacións en liña como das placas microcontroladoras

para programar e tamén o uso dos robots.

Para máis información pregunta por Mª Teba Santos

Portela, do departamento de Tecnoloxía.

Linguaxe e práctica musical. (1º de bacharelato, 3 sesións). ¿Cantas? ¿Tocas? ¿Gustaríache facelo? e… ¿facelo en grupo?

Un pouquiño de oído, unha voz normal, un pouquiño de disciplina e ganas de aportar o teu gran de area ao

grupo. O resto poñémolo nós:

Practicamos a relaxación, a respiración, a afinación, a emisión vocal e o canto colectivo.

Na materia de Linguaxe e Práctica Musical

poñemos o énfase na práctica, para o que

desenvolvemos o currículo organizando o coro

da clase, co que practicamos un repertorio mais

ou menos extenso no que imos traballamos os

estándares da nosa optativa.

Parte do resultado do noso traballo o

presentamos a derradeira semana de maio na

nosa Semana da Música.

Para máis información diríxete a Fernando Otero

do departamento de Música.

Page 16: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 17

Papelmodelismo. Uso creativo do papel. (1º de bacharelato, 1 sesión)

Que pretendemos facer?

E moito máis

Para máis información pregunta por...

Margarita Esteban Muñecas

do departamento de Debuxo.

Achegamento á lingua portuguesa. (2º de bacharelato, 2 sesións)

Coñe

cem

ento

s

• Iniciación na aprendizaxe da lingua portuguesa: lingua veciña e lingua con utilidade universal.

• Vantaxe lingüística pola proximidade co galego.

• Boa competencia comunicativa con pouco esforzo.

• Metodoloxía con textos de diferente tipo e ferramentas

audiovisuais e online.

• Posta en práctica de situacións conversacionais reais, achegadas á nosa realidade.

• Coñecemento da cultura e historia lusófonas, principalmente de Portugal e do Brasil.

Mot

ivos

• Realización de exame de português para ponderación nas ABAU.

• Idioma presente nas carreiras de Tradución e interpretación.

• Case incorporados ao nivel elemental segundo o MCERL (Marco Común

Europeo de Referencia para as Linguas)

• Lingua de futuro laboral: Oficial en cinco continentes e 5ª lingua máis falada no mundo.

• Contacto con persoas e producións portuguesas e, consecuentemente, entender mellor o

pensamento local.

Page 17: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 18

Deseño e impresión 3D. (2º de bacharelato, 2 sesións) É unha materia moi vinculada tanto as ciclos formativos como aos estudos

superiores relacionados con deseño de produtos o deseño industrial,

arquitectura, deseño de interiores, animación, deseño gráfico...

O seu currículo abrangue dende: Deseño 3D, elaboración de deseños de

prototipos con criterios técnicos e creativos coa axuda de software de

deseño, tinkercad, blender, freecad... Impresión 3D, funcionamento e

configuración das impresoras 3D e manexo do software para laminar un

deseño. Redes e comunidades de deseño e impresión 3D, buscas na web

de obxectos xa deseñados para imprimir en 3D, etc.

A metodoloxía que se segue nas clases é moi práctica xa que os seus

contidos levan implícito a utilización dos equipos informáticos cos diferentes

programas de deseño e filleteado e aplicacións en liña. E tamén o uso da impresora 3D.

Para máis información pregunta por Mª Teba Santos Portela, do departamento de Tecnoloxía.

Literatura galega do século XX e da actualidade. (2º de bacharelato, 2 sesións)

Para

que

me

vai v

aler

? • Esta materia axudarache a coñecer en profundidade e dunha maneira relaxada e lúdica a

historia da literatura galega dende comezos do S.XX ata a actualidade.

• Servirache como complemento para a materia de Lingua Galega e Literatura, ofrecéndoche a

posibilidade de afianzar e ampliar os teus coñecementos de literatura.

Proporcionarache unha visión ampla e global da nosa realidade

literaria actual: novas correntes, autoras e autores actuais, últimas

tendencias...

• Ler e analizar diferentes textos literarios de poesía, narrativa e

teatro .

• Visualizar filmes e documentais en relación co tema.

• Escoitar poemas musicados por grupos clásicos e actuais.

• Asistir a representacións teatrais do panorama escénico galego.

• Planificar o desenvolvemento dos temas de literatura nas

probas de selectividade

Que

vou

face

r?

Para máis información diríxite a calquera membro do departamento de Lingua Galega e Literatura

Page 18: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 19

Métodos estatísticos e numéricos. (2º de bacharelato, 2 sesións) Dominio da estatística: ofréceche a posibilidade de adquirir unha serie de coñecementos da estatística que che

facilitará o dominio das programacións vixentes en distintas facultades e carreiras técnicas.

Utilidade nos seguintes Graos:

• Científicos (matemáticas, física e química)

• Ciencias experimentais (medicina, enfermería, bioloxía e farmacia)

• Tecnolóxicos (Enxeñarías e informática)

• Humanidades e ciencias sociais (economía, ciencias empresariais,

socioloxía, márketing, psicoloxía e pedagoxía.

Metodoloxía a utilizar: Calculadora científica, follas de cálculo e Derive. Dito material facilitache os

procesos de cálculo así como as súas interpretacións gráficas. Probas de acceso á universidade (ABAU):

• Complemento fundamental para o estudo do bloque de estatística.

• Posibilidade de se presentar o alumnado de matemáticas II e matemáticas aplicadas II co fin de mellorar a cualificación de corte para o acceso a determinadas carreiras.

Para máis información diríxete a calquera membro do departamento de Matemáticas.

Ciencias da terra e do medio ambiente. (2º de bacharelato, 3 sesións) Para que me vai valer?

• Comprender textos de carácter científico.

• Ter opinións e coñecementos ben fundamentados sobre temas relacionados co medio ambiente.

• Ter unha visión global e particular dos principais impactos no

medioambiente.

• Desenvolver o sentido crítico á hora de ler noticias científicas e

xornais.

• Desenvolver a conciencia social e cívica e ser partícipes do que está

a acontecer no mundo no que vivimos de xeito positivo

Que vou facer?

• Analizar noticias sobre temas actuais en ciencia.

• Visualizar e comentar documentais científicos sobre cuestións de actualidade. Participar en

xogos de rol e debates sobre o uso dos recursos, medio ambiente e sobre a saúde.

• Asistir a charlas e coloquios de temática científica. Analizar e realizar experiencias na contorna Para máis información diríxete a calquera membro do departamento de Bioloxía e xeoloxía.

Page 19: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 20

Fundamentos de administración e xestión. (2º de bacharelato, 3 sesións) Nesta materia poderás facer actividades relacionadas co mundo da

empresa. Elaborar un plan de empresa, constituír unha empresa de

verdade, calcular unha previsión de ventas, facer unha campaña de

márketing de guerrilla, aconsellar a un empresario sobre a forma xurídica

da empresa (se constituír unha SA, unha SL, unha cooperativa…), facer un

test de persoa empresaria, elaborar o organigrama dunha empresa,

cubrir axeitadamente unha factura, un cheque, unha letra de cambio…

facer o teu curriculum vitae e participar nun proceso de selección de

persoal, pedir un préstamo e ver se é o mellor que se pode facer, calcular intereses a pagar... En suma,

comportarte como unha verdadeira persoa xestora empresarial.

Esperámoste en Fundamentos de administración e xestión de empresas!

Para máis información diríxete a calquera membro do departamento de Economía.

Historia da música e da danza. (2º de bacharelato, 3 sesións)

A música e a danza son manifestacións artísticas que van ligadas ao devir histórico e cultural da

humanidade. O estudo da súa historia pretende proporcionarlle ao alumnado unha visión global do

lugar que ocupan ambas as disciplinas na historia da ar te e dotalo de fundamentos de comprensión,

análise e valoración.

Pretendemos que a materia se desenvolva mediante ABP (aprendizaxe baseado en proxectos)

metodoloxía que mediante a implementación de proxectos colaboradores e, a poder ser,

interdisciplinares como Pontev3DRA

Musical, Musiqueira II ou Músicas

invisibles, afonden no currículo da

materia.

Para máis información diríxete a

Fernando Otero do departamento de

Música.

Page 20: Información sobre as materias ofertadas no noso …...IES A Xunqueira II Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra 886.15.90.90 ies.xunqueira.2@edu.xunta.es 886.15.90.98 Dirección

IES A Xunqueira II

Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6 E-36005 Pontevedra

886.15.90.90 [email protected]

886.15.90.98

www.iesaxunqueira2.com

Dirección DC53FD18G Actualización do 08 de Abril de 2020 Páxina 21

Psicoloxía. (2º de bacharelato, 3 sesións)

Que

é?

• Estuda os procesos mentais e o comportamento do ser humano, en relación co medio

ambiente físico e social que o rodea.

• Integra coñecementos das ciencias biomédicas, das ciencias sociais e de humanidades,

polo que pode ser cursada en calquera das modalidades de bacharelato.

Por q

ue e

scol

ler

Psic

olox

ía?

• Axuda a entender a personalidade e a conduta propia e a de aqueles cos que se convive.

• Aporta estratexias para resolver problemas que poden aparecer na vida persoal.

• Potencia a propia iniciativa e a toma de decisións.

• Mellora o traballo persoal e en equipo.

Que

vou

face

r? • Visualizar e comentar vídeos científicos.

• Analizar casos clínicos.

• Realizar test.

• Elaborar enquisas.

• Realizar presentacións, pósteres informativos sobre diferentes temas traballados en grupo.

Para que me vai valer?: Psicoloxía clínica e da saúde, Psicoloxía xurídica e Criminoloxía, Psicoloxía do deporte, Psicoloxía social, Psicoloxía da educación, Psicoloxía da empresa e das organizacións (Coaching).

Para máis información diríxete a calquera membro do departamento de Filosofía.

Feminismo e igualdade. (2º de bacharelato, 1 sesión)

Que

imos

face

r? • Analizar as estruturas patriarcais, o machismo e a violencia de xénero.

• Coñecer a historia das mulleres e o movemento feminista (orixe, bases, etapas e representantes).

• Formarse para exercer unha cidadanía responsable, solidaria, crítica, activa, democrática, igualitaria e feminista.

• Feminismo no século XXI e os seus retos de futuro.

Cale

s son

os

cont

idos

?

• O patriarcado. As mulleres como grupo vulnerable e dominado.

• Precursoras, primeira e segunda onda do Feminismo. • Feminismo da terceira onda. • Feminismo no século XXI e os seus retos de futuro. • Cunha metodoloxía activa favorecendo o traballo

individual e a participación en grupo. • Potenciando a acción colaboradora, compartindo as tarefas e asumindo responsabilidades no

traballo dos contidos e competencias. • Facilitando a acción grupal, concienciándose cada quen da importancia de contribuír e

participar no grupo. • Fomentando a comunicación e a toma de decisións. Com

o se

vai

trab

alla

r?