INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS...

3
INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014 Neste 2014, ofertamos unha quenda de Campamentos na Área Recreativa do Muíño de Pedroso, co nome de ECO-AVENTURA que se desenvolverá entre o 1 e o 10 de agosto de 2014. ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN Os/as participantes aloxaranse nos dous bungalows de madeira, dos que dispón esta área de gran beleza natural á beira do Río Xuvia, con duchas de auga quente e todos os servizos para cubrir as súas necesidades. Esta área protexida conta cun servizo de restauración propio que elaborará os menús axeitados á idade e actividade propia dos días de campamento. ACTIVIDADES Plantexamos as actividades sempre como vía para a relación, para potenciar a autonomía persoal, as habilidades sociais, o traballo en equipo e a educación en valores coma o respecto polo medio ambiente e por todas as persoas e colectivos, a solidaridade, a interculturalidade, os hábitos de vida saudables, etc. Así eliximos un elenco de actividades acordes coa súa idade que permita traballar estes obxectivos. Aula de Natureza:: Con itinerarios medioambientais á beira do Río Xuvia, coñecendo as especies autóctonas e plantas mediciñais coas que elaborar xabóns, cremas e ungüentos.

Transcript of INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS...

Page 1: INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014xuventude.xunta.es/uploads/docs/acciondeveran/2014/...INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014 Neste 2014, ofertamos unha quenda de

INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014

Neste 2014, ofertamos unha quenda de Campamentos na Área Recreativa do Muíño de Pedroso, co nome de ECO-AVENTURA que se desenvolverá entre o 1 e o 10 de agosto de 2014.

ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN

Os/as participantes aloxaranse nos dous bungalows de madeira, dos que dispón esta área de gran beleza natural á beira do Río Xuvia, con duchas de auga quente e todos os servizos para cubrir as súas necesidades. Esta área protexida conta cun servizo de restauración propio que elaborará os menús axeitados á idade e actividade propia dos días de campamento.

ACTIVIDADES

Plantexamos as actividades sempre como vía para a relación, para potenciar a autonomía persoal, as habilidades sociais, o traballo en equipo e a educación en valores coma o respecto polo medio ambiente e por todas as persoas e colectivos, a solidaridade, a interculturalidade, os hábitos de vida saudables, etc.

Así eliximos un elenco de actividades acordes coa súa idade que permita traballar estes obxectivos.

Aula de Natureza::

Con itinerarios medioambientais á beira do Río Xuvia, coñecendo as especies autóctonas e plantas mediciñais coas que elaborar xabóns, cremas e ungüentos.

Page 2: INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014xuventude.xunta.es/uploads/docs/acciondeveran/2014/...INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014 Neste 2014, ofertamos unha quenda de

Realizaremos xogos ambientales e tamén algúns experimentos sorprendentes, así coma algún obxectos de artesanía a partir de técnicas de reciclaxe.

Obradoiro de Artesanía e Creatividade:: Realizaremos obradoiros coma o de coiro ou o de pulseiras para potenciar toda a creatividade daos/as participantes, outros de decoración persoal coma os de trenzas e tatuaxes temporais de henna, de construcción de malabares, etc Área Deportiva e de Aire Libre:: Na Área Deportiva, están programadas actividades coma iniciación ao surf, snorkel, tiro con arco, vólei-praia, xogos acuáticos, ginkanas de xogos populares e de probas de multideporte.

Ademáis na Área de Aire Libre traballarase a autonomía e a ansia de descubrimento dos/as participantes, que realizarán

actividades, coma xogos de orientación nos que terán que conseguir chegar (acompañados d@s monitor@s) ao campamento base orientándose con mapas e brúxulas, ginkanas de pistas e orientación, supervivencia e construcción dunha cociña solar ou dun forno baixo terra, astronomía nocturna, montaxe de tendas, veladas, sendeirismo, etc.

Colgante e pendientes con cápsulas Nexpresso

Page 3: INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014xuventude.xunta.es/uploads/docs/acciondeveran/2014/...INFORMACIÓN GENERAL CAMPAMENTOS TEMPUS 2014 Neste 2014, ofertamos unha quenda de

Área de Animación:: Con veladas, xogos de grupos, risoterapia e actividades dirixidas a que todos e todas se relacionen e formen o grupo sexan como sexan as súas características persoales. Pecharemos o campamento cunha Festa da Espuma antes da Festa de Despedida.

CONVÉN LEVAR A continuación, damos unhas pautas do material que convén que leven os/as participantes durante o desenvolvemento do Campamento:

Recomendamos non levar teléfonos móviles, xogos electrónicos ou obxectos de valor. Poderán chamar á casa ou recibir chamadas despois das ceas.

Roupa e calzado cómodo, con algunha peza de abrigo (poderán lavar e tender roupa, polo que non será necesaria unha prenda de cada tipo para cada día).

Cantimplora ou similar. Lanterna. Saco de durmir. Neceser con útiles de hixiene persoal (non esquecer cepillo de dentes e

dentífrico). Gorra ou viseira. Bañador, chanclas e toalla de baño e praia. Mochila pequena para as marchas e itinerarios. Medicación persoal con indicación médica de administración (no caso de que

estea tomando algunha, ou que poida necesitala. P.ex. episodios de asma,...). Pero sobre todo ……

Moitas ganas de pasalo ben e de vivir unha aventura!!!