INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

28
INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA” Marta Diéguez Pérez Producción e tecnoloxía do mel

description

INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA” Marta Diéguez Pérez Producción e tecnoloxía do mel - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

Page 1: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA

“MEL DE GALICIA”

Marta Diéguez Pérez Producción e tecnoloxía do mel 3º ITIA

Page 2: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

1. INTRODUCCIÓN

A apicultura é unha actividade

que forma parte da historia de

Galicia. Os seus orixes vincúlanse

ás produccións de autoconsumo

do medio rural e a súa expansión

está vinculada á influencia dos mosterios. Un reflexo da súa importancia en algunhas comarcas son topónimos como Pena Abelleira, Abelleira, Albariza e Vilarmel, ou elementos do patrimonio etnográfico como os cortizos ou as alvarizas, frecuentes nos montes do Este e centro de Galicia, consisten en altos muros de pedra de forma ovalada, circular ou cuadrangular, en cuxo interior se colocan as colmeas con fin de protexelas da entrada de animais (principalmente osos) e da climatoloxía adversa.

Page 3: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

O mel, como alimento curativo e único endulzante do

momento, comercializábase sobre todo en outono, coincidindo con celebracións como o San Cosme ou o San Martiño. Desde esta actividad ancestral á actualidade houbo cambios importantes na apicultura, que afectan máis ó sistema de explotación das colmeas que á propia recolección do mel.

Page 4: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

De feito, como alimento tradicional, o noso mel ten distintivo de calidade dende o ano 1988 no que foi recoñecido como "producto galego de calidade". As súas características e a súa excelente reputación permitiron a inscripción, no ano 2007, no rexistro europeo das denominaciones de orixe e indicacións xeográficas protexidas (Regulamento 868/2007). Esta inscripción supón o recoñecemento en todo o territorio europeo da calidade do mel de Galicia e permite protexela frente a un uso fraudulento de términos que podan confundir ó consumidor e ó uso de nomes de comarcas, municipios ou

localidades do territorio galego.

Page 5: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

2. O CONSELLO REGULADOR

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é o organismo encargado de controlar, amparar e certificar o "Mel de Galicia", identificando esta certificación coa contraetiqueta correspondente, que é o aval de que esta mel cumpre con todos e cada un dos requisitos de calidad reflexados no Regulamento. A zona de produción, elaboración e envasado dos meles amparados abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 6: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

2.1. Apicultores incritos na IXP Mel de Galicia

A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia ten acollidas na actualidade 30.952 colmeas pertencentes a 410 apicultores con un volumen de produción próxima ás 620 toneladas. No rexistro de envasadores están inscritas 38 plantas de envasador que durante o ano 2007 comercializaron 304 toneladas coa contraetiqueta identificativa de “Mel de Galicia”

Page 7: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

Para garantir a calidade do mel o Consello Regulador controla todo o proceso dende a colmea ata o punto de venda levando a cabo inspeccións periódicas nas explotacións apícolas, nas plantas de envasado así como en puntos de venda velando deste xeito polo cumprimento das esixencias do Regulamento. Estas inspeccións compleméntanse coa toma de mostras tanto nas envasadoras como nos puntos de venda as cales son analizadas para asegurar a calidade do noso mel.

Page 8: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

2.2. Condicións para a inscrición

Para inscribirse no Rexistro de Produtores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é necesario que:

a) As colmeas, mínimo de 10 de cadros móbiles, estean situadas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Se remita a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada onde inclúa:

- Unha fotocopia do D.N.I. do titular da explotación apícola ou do C.I.F. no caso dunha empresa

- Unha copia do Rexistro de Explotación Apícola

- Xustificante de pago da taxa de inscrición

Os titulares inscritos declararán ao consello regulador a través da declaración de produción, o número de quilos obtidos, tipo de mel estimado, situación do colmear catado e cantos datos se consideren oportunos para o adecuado control das producións.

Page 9: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

2.2. Condicións para a inscrición

Para inscribirse no Rexistro de Instalacións de Extracción, Almacenado e/o Envasado da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é necesario que:

a) A industria estea situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e só poderá entrar mel procedente de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

b) Se remita a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada acompañada da seguinte documentación:

- Fotocopia do D.N.I. do titular da planta ou do C.I.F. no caso dunha empresa - Documentación acreditativa da persoa responsable da empresa

- Fotocopia do n° de Rexistro de Sanidade - Fotocopia do n° de Rexistro de Industrias Agrarias - Plano e breve descrición da capacidade da maquinaria e aparatos da planta - Xustificante de pago da taxa de inscrición

Page 10: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

3. O MEL DE GALICIA

En Galicia gozamos dun clima

especialmente benigno con abondosa

choiva ao longo de todo o ano. Estes factores,

ademais das características especiais dun

solo granítico e da influencia dos

ventos e dos aires mariños, dan lugar a

unha flora rica e variada, que permite tanto

a produción de mel monofloral como a dun

amplo abano de mel de milflores. Os colmeares galegos son

pequenos e déixanse mimar con esmero polo apicultor.

Conséguese así a calidade nos procesos de extracción e

envasado do producto que nos caracteriza.

Page 11: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

O Mel de Galicia, así etiquetado polo Consello Regulador da I.X.P., debe reunir os requirimentos sinalados RD 1049/2003, Norma de Calidade relativa ó mel e os propios restrictivos da I.X.P., Mel de Galicia. Os parámetros que recolle esta normativa de consumo e comercialización son:

- Un máximo de humidade do 18,5%.- Unha actividade diastásica superior a 9 na escala de Schade, a excepción dos meles con baixo contido encimático, nos que deberá ser superior a 4 .

- Un máximo de 28 mg/kg. de hidroximetilfurfural.- Un espectro polínico que na súa totalidade debe corresponder ó propio de Galicia en función dos polens maioritarios e á porcentaxe mínima esixida para a monofloralidade.- Unhas calidades organolépticas que se correspondan coa súa orixe botánica polo que respecta á cor, ao aroma e ao sabor.

Page 12: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

3.1. Tipos de mel

Ainda que o Mel de Galicia é unha denominación única, no seu seo atopamos diferentes sabores, texturas e padais, dependendo das flores que lle dean a súa orixe. Unha gran maioría do mel galego é de milflores. Na súa elaboración non predomina unha orixe concreta e procede das diversas flores dos arredores da colmea. Pero, ademais, en Galicia prodúcense algúns saborosos tipos de mel monofloral.

Page 13: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

3.1.1. Milflores

As abellas liban o néctar dun amplo abano de especies para produciren un mel con identidade propia. Entre estas flores cóntanse aquelas que teñen capacidade para a produción de meles monoflorais, ás que se lle suman outras moitas que melloran e arredondan o produto. Por iso mesmo, non todo o mel de milflores ten a mesma textura ou o mesmo padal. O mel das zonas costeiras procede da flor do eucalipto e doutras especies coma o salgueiro, ou plantas da familia das boraxináceas, das compostas (dente de león, leitaruga, cardos...), das crucíferas, das leguminosas e das rosáceas. Nas zonas do interior, ademais do castiñeiro, a silva e as queirogas, plantas leguminosas e campanuláceas e, en menor medida, labiadas e crucíferas, condicionan a produción dun mel netamente diferente ó da franxa costeira.

Page 14: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

3.1.2. Monoflorala) Eucalipto

O eucalipto, como resultado das intensivas repoboacións practicadas, marca decisivamente a produción de mel da costa galega. O mel de eucalipto é de cor ámbar, sabor suave e recendos céreos. A zona de produción deste mel esténdese sobre todo nas Rías Baixas, na comarca da Coruña, en Ferrolterra e na Mariña luguesa.

Page 15: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

b) Castiñeiro

Nas comarcas galegas do interior a especie arbórea de maior interese para a elaboración do mel é o castiñeiro. Este mel é escuro, de sabor intenso e fortes recendos á flor. Prodúcese principalmente nos soutos de Lugo e Ourense Ademais, na provincia de Pontevedra a principal zona de produción é o Deza e a Terra de Montes. Na provincia da Coruña a zona norte e as comarcas que extreman coa provincia de Lugo son as máis axeitadas para a produción deste mel.

Page 16: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

c) Queiroga

Unha gran parte do territorio galego está cuberto de mato. A queiroga é precisamente a planta deste tipo de vexetación que permite unha maior produción de mel monofloral. Elaborado nas zonas de montaña, o mel de queiroga caracterízase pola súa coloración escura con tons vermellos e o seu sabor duradeiro e lixeiramente amargo.

Entre as zonas de maior produción deste tipo de mel destacan A Fonsagrada e O Courel (Lugo), a serra da Capelada e a comarca das Pontes, no leste da provincia da Coruña, e as comarcas orientais da provincia de Ourense.

Page 17: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

d) Silva

A abondosa aparición de matogueira mixta de plantas rosáceas, entre as que sobresaen pola súa presencia as silvas, permite a produción de meles monoflorais. O mel de silva adquire en Galicia cores escuras, sabores fortes e doces, e arrecendos frutais. As principais zonas de produción son o sur da provincia de Lugo (comarcas de Lemos e Sarria), o centro-sur da provincia de Ourense e ocasionalmente algúns lugares da provincia da Coruña.

Page 18: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

3.2. Método de obtención, procesado, envasado e etiquetado

As prácticas de manexo no colmenar serán as que tendan a conseguir as mellores calidades dos meles amparados pola Indicación xeográfica. En todo caso, as colmeas non serán sometidas a ningún tratamento químico durante o tempo de recollida do mel e durante o mesmo espacio de tempo, as abellas non recibirán alimento de ningún tipo. O desabellado dos panais poderáse facer polos métodos tradicionais preferentemente con escape de abellas ou aire, sin utilización abusiva do afumador, e nunca empregando productos químicos repelentes para as abellas.

Page 19: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

A extracción do mel poderá facerse por centrifugación ou decantación, pero nunca por prensado. As tareas de extracción do mel realizaránse sempre co maior esmero e hixiene e nun local cerrado, limpo habilitado para elo, procedendo ó secado cunha semana de antelación, ata alcanzar unha humidade relativa inferior ó 60%, con deshumidificadores ou aireación.

As técnicas de desoperculado dos panais, en ningún caso poderán modificar os factores de calidade do mel. Os coitelos de desopercular estarán ben limpos, secos e sen sobrepasar os 40º C.

O mel, unha vez extraído e pasado por un filtro dobre, someteráse a un proceso de decantación, procedendo á desespumación do mel antes de ser almacenada e envasada. A homoxenización do mel pódese facer cun instrumento manual ou mecánico a poucas revolucións de maneira que non se alteren negativamente as características do producto.

Page 20: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

A recollida e o transporte do mel faránse en

condicións hixiénicas, utilizando recipientes de material de

uso alimentario, autorizados polo legislación vixente.

O envasado do mel efectuaráse nas instalacións

inscritas no correspondente rexistro do Consello

Regulador. O contido dos envases destinados ó consumo

directo do mel establécese, con carácter xeral en 500 g e

1.000 g. O peche dos envases deberá ser hermético, non

permitiendo a pérdida de aromas naturais, nin a adición de

olores, humidade ambiental, etc, que pudieran alterar o

producto.

Page 21: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

No etiquetado figurará o seguinte:

- Obligatoriamente e de forma destacada a mención Mel de Galicia Indicación Xeográfica Protexida, en galego e/ou en castelán. É optativa a incorporación do logotipo de Mel de Galicia e o símbolo comunitario de IXP.

Símbolo comunitario de IXP Logotipo Mel de Galicia

Page 22: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

- En canto ás indicacións facultativas sobre o orixe do mel, débese ter en conta que no regulamento figuran os seguintes tipos acollidos:

1.- Segundo o seu orixe botánico: mel multifloral ou monofloral (de eucalipto, castiñeiro, queiroga ou silva)

2.- Segundo a presentación e o procedemento de obtención: mel en panais, mel líquida, mel cristalizada ou mel cremosa.

As etiquetas comerciais do mel amparada pola indicación xeográfica protegida Mel de Galicia son autorizadas polo Consello Regulador. Os envasadores deben enviar a esta entidade unha copia do diseño da etiqueta, antes da súa utilización, para comprobar os aspectos relativos á denominación xeográfica de calidade e á súa normativa específica.

Page 23: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

4. MERCADO E CONSUMO DO “MEL DE GALICIA”

O cliente que adquire Mel de Galicia valora todas as

propiedades do producto: calidade, presentación,

conocemento e marca. Pero tamén valora o bo estado de

saúde que proporciona o seu consumo.

Os galegos somos bos comsumidores de mel. A

media sitúase en torno a 840 gramos por habitante e ano e é

superior a media española que está fixada nos 800 gramos e

a europea nos 700 gramos.

Page 24: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

Según o Consello Regulador da Indicación Xeogáfica

Protexida, o comercio maioritario da mel en Galicia faise nos

mercados locales, xa que os clientes das empresas

productoras son, na súa maioría, particulares da mesma zona

e de toda a comunidade autónoma, ainda que cada vez se

estende máis a nivel nacional, gracias as tendas

delicatessen e sobre todo as grandes superficies.

En canto á exportación, os países ós cales se

destina máis Mel de Galicia son: Francia, Alemania, Xapón,

Estados Unidos e Emiratos Árabes.

Page 25: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

4.1. Festas do melUnha das formas máis típicas e eficaces de

propaganda e comercio do mel en Galicia son as feiras e festas locais gastronómicas, nas que se expoñen os productos da colmea para a súa degustación e venda.

A continución expoñense algunhas das feiras máis importantes da comunidade galega:

- Feira do Mel ( Lugo)

- Mostra do Mel ( Quiroga)

- Feira de Outono (Allariz)

- Feira do Mel (Pontevedra)

- Festa do Requixo e do Mel (As Neves)

- Feira do Mel (Oleiros)

- Feira do Mel (O Valadouro)

- Feira da Castaña e do Mel (A pobra do Brollón)

Page 26: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

5. PROMOCIÓN DO “MEL DE GALICIA”

Entre os obxetivos do consello regulador está o de

pontenciar o consumo de Mel de Galicia. Neste sentido é

importante dar a coñecer aos consumidores as

características, propiedades e distintos tipos de mel

valorando a calidade dun produto diferenciado.

O consello regulador ten levado a cabo multitude de

iniciativas de índole promocional, gastronómica ou

incluso lúdica todas elas de repercusión e que deron como

resultado a paulatina popularización do noso mel.

Page 27: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

Catas Concursos infantís

Concursos grastonómicos Feiras

Page 28: INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA “MEL DE GALICIA”

http://www.youtube.com/watch?v=DnxWq7XXQoI&feature=player_embedded