Imos descubrir que pode estar pasando...

6
Imos descubrir que pode estar pasando? Reflexionemos…..

Transcript of Imos descubrir que pode estar pasando...

Page 1: Imos descubrir que pode estar pasando...

Imos descubrir que pode estar pasando?

Reflexionemos…..

Page 2: Imos descubrir que pode estar pasando...

Amalia tiña sete anos. Os seus pais eran dúas persoas moidistintas e discutían con moita facilidade sobre a forma deeducar á súa filla.O pai de Amalia é moi brando, el sempre asume o papel de bó,incluso quitándolle a autoridade á nai. A nena aproveitábasedesta situación e tiranizaba sobre a nai.Agora Amalia ten catorce anos, os seus pais separáronse haiagora uns seis meses, e a nena quedouse con súa nai nunprimeiro momento , pero agora decidiu que se ía con seu pai,pois este prometeulle que con el iríalle mellor, permitiríalletodo: chegar a casa á hora que quixera, comer o que quixera,darlle o diñeiro que necesitara…

Page 3: Imos descubrir que pode estar pasando...

1.- Quen crees que actuou mellor nesta situación?

2.- Cres que a separación dos pais soluciona o problema de Amaliacoa súa nai?

3.- Deixarías que a túa filla fixese algo semellante? Por que?

A nai deixa que a nena se vaia co seu pai, pois a ela resúltalleimposible loitar contra a actitude do seu ex marido.

1.- Que crees que fará Amalia co seu pai?. Como será a súa actitudee comportamento?

2.- Por qué crees que Amalia se comporta así coa súa nai?

3.- No caso de que sexa diferente porque pensas que é así?

4.- Que está pedindo Amalia aos seus pais?

Page 4: Imos descubrir que pode estar pasando...

Ao pouco tempo, tan só tres meses, o papá de Amaliapedía “auxilio”. Amalia insultábao, maltratábao,ridiculizábao diante dos seus amigos, dicíalle que parao único que servía era para que lle dese diñeiro, efacíalle sentirse afundido ante comentarios como:“Agora comprendo porque miña nai se separou de ti:“eres una mierda””.O pai de Amalia sentíase machacado e argumentabaque non o entendía, que el sempre se adicara a darlletodo o que Amalia lle pedira e que as maioresdiscusións coa súa ex muller foran por poñerse departe de Amalia.

Page 5: Imos descubrir que pode estar pasando...

1.- Cal foi o problema do pai de Amalia para que a nena actuaseasí con el?.

2.- Crees que o pai se deu conta de cal foi o seu erro, seconsideras que houbo algún?

3.- Que pensas que necesita Amalia para reconducir a súaactitude?

4.- Como serán os seus logros académicos?

5.- É a súa relación cos outr@s nen@s da súa idade?

6.- Como cres que é Amalia?

7.- Emocionalmente sentirase ben consigo mesma e cos demais?

Page 6: Imos descubrir que pode estar pasando...