III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes”...

59
III PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES 2016 - 2019

Transcript of III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes”...

Page 1: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

III PLAN PARA A

IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

2016 - 2019

Page 2: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 3: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

3

Iii plan de igualdade Concello de brión

III PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE

MULLERES E HOMES

CONCELLO DE BRIÓN

(2016-2019)

PROMOVE e COORDINA: CONCELLO DE BRIÓN

FINANCIA: DEPUTACIÓN DA CORUÑA

REALIZA: EDESGA

Page 4: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 5: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

PRESENTACIÓN DO ALCALDE

“Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima

que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha polo

Concello de Brión. Dez anos despois, estamos máis próximos a este

obxectivo, mais sabemos que segue a ser necesario seguir traballando para

acadar unha plena igualdade de oportunidades.

Botando a vista atrás e analizando dun xeito crítico todo o que se leva feito

no desenvolvemento destes dous plans de igualdade, debemos concluír que, non é suficiente. Co esforzo de todas e todos temos avanzado en materia de educación en igualdade, en prevención da violencia de xénero, en

concienciación e corresponsabilidade… Pero aínda queda moito camiño que andar, por exemplo, en materia de emprego, sensibilización, asociacionismo

ou empoderamento.

Para continuar esta labor, deseñouse o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Brión, que estará vixente entre 2016-2019, e que incluirá accións encamiñadas a que a

propia administración local afine no tratamento que fai da igualdade, fomentando por exemplo o uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista ou

promocionando lecturas relacionadas coa igualdade ao través da creación dun punto de referencia específico na Biblioteca Municipal.

Ademais é necesario afondar en cuestións como a visibilización das diferenzas que aínda perviven no noso entorno en canto á distribución das

responsabilidades familiares, e facer fincapé nas estratexias que incrementen a participación masculina. Pero, sobre todo, é necesario que este III PIOM implemente accións para seguir a desenvolver o “Protocolo

de Actuación Contra a Violencia de Xénero” do concello de Brión, dirixíndoas e adaptándoas especialmente á poboación máis nova, co obxectivo de

erradicar este mal da nosa sociedade. Con todo, non esquezamos que a base desta loita polo logro da igualdade é

tarefa de toda a poboación, unha tarefa diaria, transversal, e que debe prevalecer en todos os ámbitos da vida cotiá. No noso Concello son as

empregadas e os empregados municipais, a comunidade educativa, as persoas representantes do tecido asociativo, as forzas da orde, as autoridades sanitarias... e, sobre todo, a cidadanía, a que cada día nos

coloca máis preto de lograr ese Brión en igualdade que nos puxemos como meta.

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

Page 6: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 7: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

ÍNDICE

Presentación do Alcalde ................................................... 5

Elaboración do III PIOM: metodoloxía e estrutura ........... 9

Ámbitos de intervención ................................................ 13

1. Educar en igualdade .............................................. 15

2. Conciliación e Usos do tempo ................................ 17

3. Empoderamento e Participación social .................. 19

4. Accións contra a Violencia de Xénero .................... 23

5. Construíndo Brión en igualdade ............................. 25

Seguimento e avaliación ................................................ 29

Anexos ........................................................................... 31

Análise socioeconómica .......................................... 33

Lexislación específica .............................................. 57

Page 8: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 9: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

9

Iii plan de igualdade Concello de brión

Elaboración do iii piom: metodoloxía e estrutura

Nos últimos anos viñéronse aprobando múltiples leis e normas xurídicas, tanto

a nivel internacional como estatal, co fin de recoñecer explicitamente o dereito

de Igualdade entre Mulleres e Homes. Así, recorremos un longo camiño e

resulta innegable que a presenza das mulleres aumentou significativamente en

tódolos eidos da sociedade (económico, político, social, etc.).

Pero aínda así, tamén é unha realidade que hai moitas situacións nas que se

discrimina ás mulleres e moitas barreiras que polo momento non se

removeron. A nosa sociedade segue sendo patriarcal, isto é, pensada por e

para os homes. Desta situación derívanse unha serie de obstáculos que inciden

en que a igualdade non sexa plena.

Deste xeito, a incorporación ó mercado laboral non é igualitaria dende o

momento en que os salarios para iguais traballos non son os mesmos ou polo

feito de que as funcións domésticas e familiares seguen a ser unha

responsabilidade das mulleres en moita maior medida ca dos homes. Isto

conleva que as mulleres exerzan unha menor participación a nivel social e, por

ende, que sexan menos visibles.

Ante esta situación, o Concello de Brión asume a súa responsabilidade de

impulsar políticas públicas que favorezan a igualdade entre a cidadanía e, para

elo, apoiarase no III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes, que continúa a

labor do II Plan, vixente entre os anos 2012-2015.

Para garantir a utilidade desta ferramenta, o III Plan foi elaborado en base á

realidade específica de Brión, establecendo metas realistas, medibles e

adaptadas ó contexto. Baixo estas premisas, as medidas e os obxectivos que

se presentan para acadar entre os anos 2016-2019 teñen o seu apoio nos

seguintes piares:

Análise socioeconómico do Concello de Brión.

Levouse a cabo un estudo diagnose a fin de coñecer a realidade de Brión

en canto a características poboacionais, estrutura formativa, mercado

laboral, etc.

Para esta fase foi preciso empregar información cuantitativa extraída de

diversas fontes (Ige, Ine, Instituto Galego das Cualificacións...)

Page 10: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

10

Iii plan de igualdade Concello de brión

Avaliación do II Plan de Igualdade

Realizouse unha revisión exhaustiva do II PIOM, analizando o nivel de

execución de cada unha das medidas recollidas neste documento. Deste

xeito foi posible coñecer as áreas nas que máis se traballou, así como

aquelas nas que é preciso incidir en maior medida.

Entrevistas ao persoal responsable da área de igualdade

A partir da información cualitativa proporcionada por diversos axentes

sociais implicados na xestión municipal obtívose unha visión clara dos

puntos nos que é preciso redobrar esforzos nos vindeiros anos.

Polo tanto, para poder deseñar un plan de igualdade adaptado ás

circunstancias e características particulares do Concello de Brión,

desenvolveuse unha metodoloxía mixta na que se combinaron técnicas

cuantitativas e cualitativas e onde a participación do Concello e, en particular,

da área de Servizos Sociais, foi fundamental.

Unha vez recompilada toda a información, abriuse o proceso de decisión para

establecer as áreas de traballo, así como os obxectivos e medidas en base ás

necesidades detectadas.

Finalmente, o III Plan de Igualdade de Brión está estruturado en cinco áreas

de intervención:

Educar en Igualdade

A educación é a vía máis directa para transmitir valores relacionados coa

igualdade de oportunidades. Por iso é importante intentar educar dende

unha perspectiva na que se eliminen os roles e os estereotipos asociados

ao xénero. Traballando dende a infancia con este principio presente

contribuiremos á unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Conciliación e Usos do tempo

Resulta claro que se seguen a perpetuar os roles e os estereotipos

machistas, de forma que as mulleres continúan sen poder compartir as

tarefas e as responsabilidades do fogar dun xeito equitativo.

A conciliación da vida laboral, familiar e persoal é unha necesidade

ineludible e debe ser unha responsabilidade compartida por tódolos

membros do fogar. Para elo, deben manterse estruturas e servizos

municipais de apoio así como sensibilizar á poboación, sobre todo á

xuventude, na importancia da corresponsabilidade.

Page 11: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

11

Iii plan de igualdade Concello de brión

Empoderamento e Participación Social

A equidade real e efectiva só se logrará coa incorporación das mulleres ao

mercado laboral nas mesmas condicións e coas mesmas oportunidades

que os homes. Para acadar este obxectivo faise preciso seguir impulsando

a formación ocupacional e manter servizos que orienten e asesoren sobre

as posibilidades das mulleres respecto ao autoemprego e ás novas

tecnoloxías.

As mulleres han de participar na vida social, económica e política, deben

ser conscientes do seu potencial, de aí a necesidade de promover o seu

empoderamento.

Accións contra a Violencia de Xénero

O maltrato ás mulleres é hoxe un dos principais problemas sociais e

erradicalo pasa, invariablemente, pola prevención e a educación en

igualdade dende a infancia. Resulta imprescindible desenvolver

actividades e medidas que vaian encamiñadas nesta dirección, así como

ofrecer todo o apoio preciso ás mulleres vítimas de violencia de xénero e

ós/ás seus fillos/as.

Construíndo Brión en Igualdade

É necesario incorporar a igualdade de oportunidades como principio

estratéxico de dobre vía na actuación municipal: a nivel externo cara á

veciñanza e, a nivel interno dirixíndoa cara ó seu propio persoal. Ademais,

compre colaborar e cooperar con aquelas administracións e entidades que

traballan pola igualdade entre mulleres e homes.

En definitiva, esta é a parte fundamental do III Plan, onde se describen os

obxectivos e as medidas concretas a realizar. Indícase, ademais, en cada

acción recollida, a poboación destinataria, os axentes responsables de levalas a

cabo e os indicadores a ter en conta para a súa posterior avaliación.

Page 12: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 13: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

13

Iii plan de igualdade Concello de brión

Ámbitos de intervención

1. Educar en igualdade

2. Conciliación e usos do tempo

3. Empoderamento e participación social

4. Accións contra a violencia de xénero

5. Construíndo brión en igualdade

Page 14: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 15: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

15

Iii plan de igualdade Concello de brión

1. Educar en igualdade

Obxectivo 1_Promover actitudes e valores de igualdade que diminúan os

prexuízos e os estereotipos de xénero

Colaborar cos centros educativos, en especial coa Escola Infantil para

desenvolver actividades conmemorativas do Día da Muller (8 de marzo).

POBOACIÓN DESTINATARIA: Alumnado de infantil e primaria

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Departamento de Cultura, CEIP

Pedrouzos, Escola Infantil

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actividades realizadas, Nº de nenas e

nenos participantes, grao de valoración

Organizar sesións de contacontos e talleres de elaboración de contos

e poesía dentro do programa “Punto de lectura en igualdade” da

Biblioteca Municipal.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Nenas/os e mocidade de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Biblioteca municipal, Departamento de Cultura

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actividades realizadas, Nº de persoas

participantes

Difundir a través da Revista municipal Altamira un listado de libros e

cómics igualitarios especialmente dirixidos a menores de 16 anos.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Rapazas e rapaces menores de 16 anos

ÁREAS RESPONSABLES: Revista Altamira, Biblioteca Municipal

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de revistas distribuídas, adecuación, cantidade

e calidade dos materiais incluídos

Realizar talleres sobre orientación vocacional non sexista no último

ciclo de primaria.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Alumnado de primaria

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de Formación, CEIP Pedrouzos

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de talleres realizados, Nº de alumnado

participante, grao de valoración

Page 16: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

16

Iii plan de igualdade Concello de brión

Deseñar e levar a cabo algún obradoiro entre a poboación adolescente

no que se reflexione sobre o sexismo nos medios de comunicación

(películas, series, programas, cancións, etc.).

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación adolescente

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, OMIX

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de obradoiros realizados, Nº de rapazas e

rapaces participantes, grao de valoración

Seguir traballando a temática da igualdade no marco das actividades

ofertadas á poboación maior de 55 anos así como nos cursos realizados

dende a área de emprego.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de cultura, Departamento de Deportes,

Departamento de Formación

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de cursos ou actividades realizadas, Nº de

mulleres e homes participantes, Contidos con enfoque de xénero

Page 17: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

17

Iii plan de igualdade Concello de brión

2. Conciliación e usos do tempo

Obxectivo 1_Establecer medidas complementarias e/ou de apoio que

faciliten a incorporación das mulleres de Brión ao mercado laboral

Colaborar coa Escola Infantil Municipal a fin de ampliar o número de

prazas e poder atender toda a demanda local.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Familias do Concello de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Alcaldía, Servizos Sociais, Escola Infantil

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de familias que solicitan praza

Manter o servizo “Madrugadores/as” en colaboración co CEIP para

facilitar a conciliación.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Familias do Concello de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Alcaldía, Servizos Sociais, CEIP Pedrouzos, Anpa’s

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Execución da medida, valoración das solicitudes

Continuar ofertando os campamentos de verán así como as distintas

actividades municipais, xa que contribúen en gran medida á conciliación

das familias de Brión.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Nenas/os e mozas/os de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Departamento de Cultura e de Deportes

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº actividade s realizadas, Nº de persoas

participantes

Abrir un espazo na web municipal para difundir a información sobre os

dereitos de conciliación da vida persoal, laboral e familiar (horarios dos

servizos municipais, prezos, axudas dispoñibles, suxestións e peticións

a valorar).

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Responsable web municipal

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Execución da medida, cantidade e calidade dos

contidos

Page 18: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

18

Iii plan de igualdade Concello de brión

Obxectivo 2_Poñer en valor as tarefas domésticas e de coidado das

persoas dependentes co fin de potenciar a corresponsabilidade e a

dispoñibilidade de tempo persoal para toda a poboación

Organizar algún obradoiro, tanto no CEIP como na Escola Infantil,

para traballar cas nenas e cos nenos o principio da corresponsabilidade

dun xeito dinámico.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Alumnado de infantil e primaria

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Escola Infantil, CEIP Pedrouzos

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de obradoiros realizados, Nº de nenas/os

participantes, grao de valoración

Incorporar información periódica na revista Altamira que poida ser de

interese para as persoas coidadoras de dependentes a fin de resolver

dúbidas, aumentar coñecementos, etc.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación coidadora de dependentes

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de reunións, Nº de persoas participantes,

grao de valoración

Page 19: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

19

Iii plan de igualdade Concello de brión

3. Empoderamento e participación social

Obxectivo 1_Mellorar as competencias persoais e sociais da poboación en

xeral e das mulleres en particular para facilitar a inserción laboral

Ampliar a oferta de cursos municipais incorporando accións formativas

centradas na mellora da empregabilidade e do CV.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de Emprego, Departamento de Formación

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de cursos realizados, Nº de persoas

participantes

Realizar algunha xornada formativa para o adestramento en técnicas

de busca de emprego.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación desempregada de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de Emprego, Departamento de Formación

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de xornadas realizadas, Nº de persoas

participantes, grao de valoración

Incrementar as axudas ás/ós autónomas/os e as pymes locais a través

de, por exemplo, a cesión dun local municipal onde poidan reunirse,

organizar cursos, promocionar o seu traballo, etc.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Empresariado de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Alcaldía, Departamento de Emprego

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Recursos económicos e materiais empregados

Difusión dos recursos das diferentes administracións públicas en

materia de emprego (para o emprego autónomo, para o empresariado,

etc.)

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de Emprego, Departamento de Formación

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actuacións levadas a cabo

Page 20: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

20

Iii plan de igualdade Concello de brión

Empregar novas ferramentas, como sesións de coaching, para

fomentar e informar sobre o autoemprego.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de Emprego, Departamento de Formación

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actividades realizadas, Nº de persoas

participantes, grao de valoración

Organizar algún taller centrado no liderazgo e na xestión e toma de

decisións dirixido, especialmente, ás mulleres de Brión.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Mulleres do Concello de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Departamento de Formación

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actividades realizadas, Nº de mulleres

participantes, grao de valoración

Obxectivo 2_Favorecer o empoderamento e a participación social das

mulleres

Continuar ofertando unha ampla gama de actividades enfocadas ás

persoas maiores de 55 anos.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación maior de 55 anos

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de Cultura, Departamento de Deportes

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actividades realizadas, Nº de persoas

participantes

Programar accións formativas centradas no manexo das novas

tecnoloxías (iphones, tablets, redes sociais, etc.) dirixidas

especialmente ás mulleres de Brión.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Mulleres de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Departamento de Formación, Servizos Sociais

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actividades realizadas, Nº de mulleres

participantes, grao de valoración

Page 21: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

21

Iii plan de igualdade Concello de brión

Continuar realizando obradoiros de risoterapia e autoestima para

fomentar a participación social e a mellora da calidade de vida das

mulleres de Brión.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Mulleres de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de obradoiros realizados, Nº de mulleres

participantes, grao de valoración

Page 22: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 23: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

23

Iii plan de igualdade Concello de brión

4. Accións contra a violencia de xénero

Obxectivo 1_Promover na poboación de Brión actitudes de condena en

relación aos comportamentos violentos contra as mulleres

Empregar os medios locais (Revista Altamira, web, redes sociais) para

difundir o protocolo de coordinación institucional: contidos, emprego e

utilidade na loita contra a violencia de xénero.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Revista Altamira, responsable web

municipal

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de exemplares e/ou contido difundido,

medidas de difusión empregadas

Organizar algunha charla ou xornada, tanto para a poboación en xeral

como para profesionais, centrada na violencia de xénero e nas

ferramentas precisas para a súa prevención e erradicación.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de accións realizadas, Nº de persoas

participantes (desagregadas por sexo e ocupación), grao de valoración

Programar un curso de defensa persoal e autoprotección dirixido ás

mulleres de Brión.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Mulleres de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Execución da medida, Nº de mulleres

participante, grao de valoración

Page 24: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

24

Iii plan de igualdade Concello de brión

Colaborar coas asociacións deportivas locais para levar a cabo unha

actividade creativa (un flashmob, por exemplo) contra o maltrato ás

mulleres.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Poboación de Brión

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Asociacións deportivas locais

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Execución da medida, Nº de persoas

participantes, grao de difusión, grao de valoración

Levar a cabo obradoiros, en colaboración co IES Brión, nos que se

aborden modelos afectivos e sexuais igualitarios e non violentos.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Alumnado de secundaria

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, IES Brión

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de obradoiros realizados, Nº de rapazas/es

participantes, grao de valoración

Deseñar e realizar algunha actividade creativa coa que se traballe o

rexeitamento ó maltrato cas nenas e cos nenos do colexio.

POBOACIÓN DESTINATARIA: Alumnado de primaria

ÁREAS RESPONSABLES: Servizos Sociais, Departamento de Cultura, IES Brión

INDICADORES DE AVALIACIÓN: Nº de actividades realizadas, Nº de nenas/os

participantes, grao de difusión, grao de valoración

Page 25: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

25

Iii plan de igualdade Concello de brión

5. Construíndo brión en igualdade

Obxectivo 1_Integrar a perspectiva de xénero en todas as áreas

municipais do Concello de Brión

Incrementar o nivel de formación do persoal municipal en materia de

xénero, fomentando a súa participación en xornadas, charlas, etc.

: POBOACIÓN DESTINATARIA Persoal político e técnico do Concello de Brión

: ÁREAS RESPONSABLES Todas as áreas e departamentos da Administración Local

: INDICADORES DE AVALIACIÓN Nº de accións formativas promovidas, Nº de

horas de formación realizadas, Nº de persoas formadas (desagregadas por sexo e

cargo)

Difundir o manual de linguaxe non sexista entre as distintas

dependencias municipais (Concello, Biblioteca, Casa da Cultura, Centros

educativos, etc.)

: POBOACIÓN DESTINATARIA Axentes sociais do Concello de Brión

: ÁREAS RESPONSABLES Todos os servizos municipais

: INDICADORES DE AVALIACIÓN Nº de exemplares distribuídos, grao de difusión

da medida

Empregar as redes sociais como ferramenta para informar, sensibilizar

e concienciar á poboación sobre a igualdade e a violencia de xénero.

: POBOACIÓN DESTINATARIA Poboación de Brión

: ÁREAS RESPONSABLES Servizos Sociais, Responsable da web e das redes sociais

municipais

: INDICADORES DE AVALIACIÓN Cantidade e calidade do contido difundido

Page 26: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

26

Iii plan de igualdade Concello de brión

Continuar publicitando as distintas campañas a prol da igualdade

creadas a nivel autonómico e estatal, así como os recursos existentes

en materia de igualdade e prevención do maltrato.

: POBOACIÓN DESTINATARIA Poboación de Brión

: ÁREAS RESPONSABLES Servizos Sociais

: INDICADORES DE AVALIACIÓN Cantidade e calidade do contido difundido

Crear un espazo anual na Revista Altamira onde se recolla a vida de

mulleres significativas tanto a nivel municipal coma supralocal.

: POBOACIÓN DESTINATARIA Poboación de Brión

:ÁREAS RESPONSABLES Servizos Sociais, Revista Altamira, Departamento de

Cultura

:INDICADORES DE AVALIACIÓN Nº de artigos publicados nesta liña, grao de

difusión

Obxectivo 2_Promover a igualdade de oportunidades entre a poboación

de Brión

Divulgar os contidos do III PIOM entre a poboación, facendo partícipes

ós distintos organismos municipais nesta labor de difusión (Centros

educativos, Biblioteca, Revista Altamira, Asociacións, etc.)

: POBOACIÓN DESTINATARIA Poboación de Brión

:ÁREAS RESPONSABLES Servizos Sociais

:INDICADORES DE AVALIACIÓN Nº de exemplares distribuídos, Nº de medios

empregados na difusión, valoración do alcance do PIOM

Organizar reunións cos axentes sociais implicados no III PIOM co fin

de contar coa súa colaboración na posta en marcha das accións

recollidas no documento.

: POBOACIÓN DESTINATARIA Poboación de Brión

:ÁREAS RESPONSABLES Servizos Sociais e axentes implicados no Plan

:INDICADORES DE AVALIACIÓN Nº de reunións realizadas, grao de valoración

Page 27: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

27

Iii plan de igualdade Concello de brión

Revisión anual das actividades realizadas no marco deste Plan de

Igualdade para poder programar as seguintes actuacións e cumprir cos

obxectivos previstos.

: POBOACIÓN DESTINATARIA Poboación de Brión

:ÁREAS RESPONSABLES Servizos Sociais

:INDICADORES DE AVALIACIÓN Nº de medidas levadas a cabo

Difundir, de forma periódica, as accións formativas e sensibilizadoras

levadas a cabo polos servizos municipais dende as distintas áreas

locais. : POBOACIÓN DESTINATARIA Poboación de Brión

:ÁREAS RESPONSABLES Servizos Sociais

:INDICADORES DE AVALIACIÓN Cantidade e calidade das accións difundidas

Page 28: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 29: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

29

Iii plan de igualdade Concello de brión

Seguimento e avaliación

SERVIZOS SOCIAIS

Recollida de información exhaustiva de

cada medida do Plan realizada

Análise anual do traballo levado a cabo

Recondución do Plan e determinación das

accións a desenvolver

Avaliación global do III Plan de Igualdade

(2019) e establecemento das pautas a

seguir para a realización do IV PIOM

O éxito dun Plan de Igualdade depende tanto da súa implantación como da súa

avaliación de xeito continuo, xa que é o instrumento imprescindible para

coñecer os progresos obtidos na andaina cara á igualdade de Brión.

O III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Brión estará

vixente entre os anos 2016-2019, e será responsabilidade da área de Servizos

Sociais realizar o seu seguimento e avaliación empregando, para elo, a

información que dende os distintos departamentos lle transmitan a cerca das

actuacións levadas a cabo dentro do marco do PIOM.

Para tal obxectivo será importante que se rexistren datos das accións que se

desenvolvan e reflectindo aqueles indicadores que se indican para cada medida

neste documento. Deste xeito, de forma anual as persoas responsables da

execución do Plan terán unha visión de conxunto do grao de cumprimento das

diferentes accións e dos resultados conseguidos.

Page 30: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

30

Iii plan de igualdade Concello de brión

Así, esta revisión anual permitirá introducir os cambios precisos, incorporar as

medidas que sexan propicias ou mesmo indicar en que áreas se debe traballar

máis nos vindeiros anos.

Finalmente, ó remate do Plan, levarase a cabo unha avaliación global dos

obxectivos e das medidas. Esta información será de gran importancia para

redactar un novo PIOM que permita ó Concello de Brión seguir avanzando no

camiño cara á igualdade real entre mulleres e homes.

Page 31: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

31

Iii plan de igualdade Concello de brión

anexos

1. Análise socioeconómica do Concello de brión

2. Lexislación específica

Page 32: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha
Page 33: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

33

Iii plan de igualdade Concello de brión

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

8000

 2005  2006  2007  2008  2009  2010  2011  2012  2013 2.014

Evolución recente da poboación de Brión por sexo

(2005-2014)

Total Homes Mulleres

DENDE O ANO 2005 A CIDADANÍA DE

BRIÓN INCREMENTOUSE EN 670

PERSOAS

Análise socioeconómica

Nesta epígrafe realízase unha análise sobre a situación demográfica, formativa, económica e de violencia de xénero do Concello de Brión,

a través da explotación de datos cuantitativos, co obxectivo de sentar

as bases deste III PIOM.

1. ESTUDO DEMOGRÁFICO

Recóllese aquí a evolución da poboación, así como os movementos migratorios para, nun segundo momento, examinar a estrutura

poboacional e os indicadores demográficos vinculados á natalidade e á idade da veciñanza.

1.1 Evolución da poboación

No ano 2014, o Concello de Brión conta con 7.519 habitantes, sendo

3.876 mulleres (51,5%) e 3.643 homes (48,5%). Tendo en conta os últimos nove anos, obsérvase que se trata dun municipio dinámico

que gañou poboación, concretamente, experimentou un crecemento de 670 persoas. En termos absolutos, a evolución de ámbolos dous

sexos é moi similar, pero en todo o período o colectivo feminino é

levemente superior ao masculino.

Fonte: IGE (Padrón Municipal de Habitantes)

Page 34: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

34

Iii plan de igualdade Concello de brión

NOS ÚLTIMOS ANOS HAI UN SALDO

MIGRATORIO POSITIVO.

HAI MÁIS EMIGRACIÓN MASCULINA E, POLA

CONTRA, ENTRAN MÁIS MULLERES NO

MUNICIPIO

As taxas de crecemento totais matizan esta tendencia progresiva xa

que aínda que para Brión son positivas, tamén se observa que son moi inferiores ás rexistradas no período 2005-2009. Esta situación é

moi semellante á que ocorre no marco da Comarca de Santiago, xa

que se ben se recollen valores positivos, tamén se indica que o ritmo de crecemento é menos acusado nos últimos anos. Pola contra, o

marco da provincia da Coruña recolle datos negativos, mostrando un decremento poboacional dende o ano 2010. No tocanto ao sexo,

producese un cambio na tendencia, xa que dende o ano 2010 aumenta en maior medida o numero de mulleres, mentres que no

período anterior (2005-2009) as taxas dos homes eran superiores ás das mulleres en 0,3 puntos.

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (Padrón Municipal de Habitantes)

Ao analizar os saldos migratorios do Concello de Brión (isto é a diferenza entre as persoas que acoden ao municipio, menos as que

saen do mesmo), confírmase que este é positivo, tantos nos últimos dez anos. Un estudo máis exhaustivo axúdanos a ver que, se ben os

saldos son positivos tanto para mulleres como para homes, no período de referencia o saldo do colectivo masculino presenta un

descenso máis acusado, mentres que o feminino é máis estable.

EVOLUCIÓN TAXAS DE CREMENTO TOTAIS -%-

(2005-2014)

Zonas Taxas 2005-2009

2010-2014

BRIÓN

TCT (%) 4,9 2,3

TCT Homes (%) 5,1 1,9

TCT Mulleres (%) 4,8 2,7

COM. SANTIAGO

TCT (%) 5,1 1,9

TCT Homes (%) 4,9 1,8

TCT Mulleres (%) 5,2 2,1

PROV. A CORUÑA

TCT (%) 1,6 -1,2

TCT Homes (%) 1,8 -1,3

TCT Mulleres (%) 1,5 -1,1

Page 35: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

35

Iii plan de igualdade Concello de brión

0

20

40

60

80

100

120

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

Saldo migratorio da poboación de Brión (2005-2014)

Homes Mulleres

-10,0 -5,0 0,0 5,0 10,0 15,0

      0-4      5-9

      10-14      15-19      20-24      25-29      30-34      35-39      40-44      45-49      50-54      55-59      60-64      65-69      70-74      75-79      80-84

      85 e máis

Pirámide de poboación do Concello de Brión-%- (2014)

Mulleres Homes

10,0 8,0 6,0 4,0 2,0

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (Estatística de Variacións Residenciais)

1.2 Estrutura actual da poboación

Para coñecer de primeira man como é a estrutura da poboación no

momento presente, segundo a idade e o sexo da cidadanía, a mellor representación gráfica atópase na pirámide poboacional.

Centrándonos no estudo do Concello de Brión para o ano 2014, as porcentaxes concéntranse nos intervalos de idade que abranguen dos

35 aos 44 anos, mentres que as idades máis novas superan levemente ás máis envellecidas. Por outra banda, confírmase que é

maior a esperanza de vida nas mulleres, xa que o colectivo feminino é superior a partir dos 65 anos; ao contrario, o masculino éo en

intervalos de idade menores.

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (Padrón Municipal de Habitantes)

Page 36: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

36

Iii plan de igualdade Concello de brión

020

4060

80

Poboación < 20 anos

Poboación 20-64 anos

Poboación > 64 anos

19,3

63,3

17,4

17,8

60,4

21,9

Grandes grupos de idade por sexo do Concello de Brión-%- (2014)

Mulleres Homes

Vendo a composición da veciñanza de Brión por grandes grupos de

idade, a poboación entre os 20 e os 64 anos é maioritaria, atopándose esta levemente masculinizada (un 63% fronte ao 60% do

colectivo feminino). No grupo de maior idade, confírmase a tendencia

manifesta de que as mulleres son máis numerosas a partir dos 64 anos, mentres que hai máis homes na poboación inferior aos 20 anos.

É dicir, os datos confirman que existe un leve envellecemento do colectivo feminino, xa que o 21,9% ten idades superiores aos 64

anos, fronte ao 17,8% que ten idades inferiores aos 20 anos.

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (Padrón Municipal de Habitantes)

Vexamos agora como vén evolucionando a idade media do eido local,

e se existe un proceso de avellentamento no conxunto da poboación ao longo do tempo. No ano 2005, a idade media era de 43,2 anos e,

nove anos despois incrementouse en 0,4 anos, chegando aos 42,6

(44,5 para as mulleres e 42,6 para os homes). Respecto ao índice de envellecemento (que mide a relación existente entre a cidadanía

maior de 64 anos e a menor de 20), no 2005 é de 122,5, mentres que no 2015 descendeu a 107,2. Este índice descendeu de maneira

notable no caso do colectivo feminino, xa que ao longo do período analizado baixou en 14 puntos.

O 21,9% DAS MULLERES TEN MÁIS DE 64 ANOS, FRONTE

Ó 17,8% QUE É MENOR DE 20

Page 37: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

37

Iii plan de igualdade Concello de brión

Fonte: Indicadores demográficos (IGE)

1.3 Indicadores de fecundidade e taxa de mortalidade

Preséntase aquí un estudo do movemento natural ou vexetativo da

poboación de Brión, en función dos nacementos e defuncións acontecidos no eido local. Con dito obxectivo, amósanse na seguinte

táboa os datos referentes ao último ano dispoñible (2013) sobre as taxas de natalidade e mortalidade, así como o índice sintético de

fecundidade, facendo para elo unha comparativa cos ámbitos territoriais da comarca e a provincia. Neste senso os datos recollidos

amosan que:

A taxa bruta de natalidade é de 10,0, un punto por encima da rexistrada no comarca de Santiago e bastante superior á da

provincia coruñesa. Mentres que a de mortalidade é de 10,2, moi similar ao conxunto da provincia (10,7) e superior á

rexistrada na delimitación comarcal de Santiago. Isto é, a taxa de mortalidade en Brión é levemente a da natalidade, o que

significa que están a morrer máis persoas das que están a

nacer.

O índice sintético de fecundidade (que recolle o número medio de fillos/as dunha muller en idade fértil) é case o mesmo nos

tres territorios examinados, sendo no municipio de 1,2 fillos/as. Polo tanto, o referido índice sitúase por debaixo do

denominado relevo xeracional, segundo o cal Nacións Unidas sinala que para garantir o mantemento do nivel poboacional en

Europa precisaríase que cada muller tivera 2,1 fillos/as.

INDICADORES DE POBOACIÓN DO CONCELLO DE

BRIÓN

2005 2010 2014

Idade media 43,2 43,5 43,6

Homes 41,9 42,3 42,6

Mulleres 44,3 44,7 44,5

Índice de envellecemento 122,5 113,1 107,2

Homes 97,8 93,6 92,1

Mulleres 146,3 132,7 122,2

NA ÚLTIMA DÉCADA O ÍNDICE

DE ENVELLECEMENTO

DESCENDEU, ESPECIALMENTE

NO COLECTIVO FEMININO.

O NÚMERO DE FILLOS/AS DAS MULLERES

DE BRIÓN É DE 1,2

Page 38: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

38

Iii plan de igualdade Concello de brión

INDICADORES DEMOGRÁFICOS (2013)

Brión

Com. Santiago

Prov. A Coruña

Taxa bruta de natalidade 10,0 9,1 7,4

Índice sintético de fecundidade

1,2 1,1 1,1

Taxa bruta de mortalidade 10,2 9,1 10,7

Fonte: IGE (Indicadores demográficos)

Os resultados dos indicadores demográficos recollidos, amosan unha

panorámica fixa da situación do concello no momento presente, vexamos agora como evolucionan ao longo dos últimos anos (período

2005-2013).

Fonte: IGE (Indicadores demográficos)

Con respecto á evolución da taxa bruta de natalidade, dende

2005 a 2010 esta creceu de forma significativa dende 10,6 ata 11,3, mentres que no ano 2013 minguou o seu incremento.

Pola contra, a taxa bruta de mortalidade descendeu en tres

puntos no período de 2005 a 2010, e despois, no 2013 volve a subir 2 puntos.

O número medio de fillos/as por muller está practicamente

estancado nos últimos anos. Vinculado ao índice sintético de fecundidade, preséntase de seguido unha táboa que dá conta

da evolución da idade á maternidade.

Nos últimos oito anos, no Concello de Brión a idade na que as

mulleres decidiron ter descendencia incrementouse en dous anos (dos 32 do 2005 creceu aos 34 no 2013), tendencia

levemente superior á acontecida na comarca de Santiago e na provincia coruñesa.

En síntese, este primeiro estudo demográfico recolle a realidade dun

municipio bastante estable, que atrae un maior número de poboación da que expulsa e que está a experimentar un leve rexuvenecemento

da veciñanza (non porque aumente o número de nacementos, senón porque baixa a taxa de mortalidade), concentrada sobre todo no

colectivo feminino.

EVOLUCIÓN DOS INDICADORES DEMOGRÁFICOS DO CONCELLO DE BRIÓN

Taxa bruta de

natalidade Índice sintético de

fecundidade Taxa bruta de mortalidade

2005 10,6 1,3 11,2

2010 11,3 1,4 8,7

2013 10,0 1,2 10,2

EVOLUCIÓN COMPARATIVA DA IDADE MEDIA Á MATERNIDADE

Brión Com. Santiago

Prov. A Coruña

2005 32,0 32,4 31,4

2010 32,3 32,9 32

2013 34,1 33,5 32,5

Page 39: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

39

Iii plan de igualdade Concello de brión

2. ANÁLISE FORMATIVA

Nesta sección acóllense os datos referentes ao nivel e ao tipo de estudos rematados pola poboación municipal. Deste xeito, utilízase a

fonte dispoñible máis actualizada que hai ao respecto, que é o Censo de Poboación e Vivendas que realizou o INE no ano 2011.

2.1 Análise do nivel de estudos

Os datos que se amosan na vindeira táboa dan conta do nivel de estudos da cidadanía de Brión. En termos xerais, a porcentaxe máis

elevada atópase no 27,2% da poboación, resaltando así que a meirande parte da veciñanza ten o certificado de escolaridade ou de

estudos primarios (2.005 persoas); sendo o 29,7% homes e o 24,8% mulleres. Mentres que as porcentaxes máis baixas atópanse nos

estudos máis altos (no máster oficial universitario e no doutorado).

POBOACIÓN DO CONCELLO DE BRIÓN SEGUNDO NIVEL DE ESTUDOS E SEXO (2011)

NÚMERO PORCENTAXE

Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres

Analfabetos/as 50 25 25 0,7 0,7 0,7

Sen estudos 535 270 265 7,3 7,5 7,0

Foi á escola pero non rematou a ESO, EXB o Bacharelato 1.030 385 645 14,0 10,7 17,1

Ten o Certificado de Escolaridade ou de Estudos Primarios 2.005 1.070 935 27,2 29,7 24,8

Bacharelato, BUP, Bacharelato Superior, COU ou PREU 710 340 370 9,6 9,4 9,8

FP grado medio ou FPI 325 215 110 4,4 6,0 2,9

FP grado superior ou FPII 465 315 150 6,3 8,7 4,0

Diplomatura universitaria, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica

455 130 325 6,2 3,6 8,6

Grado Universitario ou equivalente 55 30 25 0,7 0,8 0,7

Licenciatura, Arquitectura, Enxeñería ou equivalente 475 165 310 6,4 4,6 8,2

Máster oficial universitario ou especialidades Médicas 75 10 65 1,0 0,3 1,7

Doutorado 185 130 55 2,5 3,6 1,5

Non é aplicable 1.010 520 490 13,7 14,4 13,0

Total 7.370 3.605 3.765 100,0 100,0 100,0

* Os números sinalados en vermello poden conter errores elevados da mostraxe

Fonte: Elaboración propia a través do INE (Censo de Poboación e Vivendas)

No tocante ás diferenzas entre sexos, o colectivo feminino ten

porcentaxes máis elevadas en case tódolos niveis, agás na Formación Profesional e no doutorado onde o colectivo masculino ten unha

maior presenza. Este feito pódese analizar dende unha dobre perspectiva:

Page 40: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

40

Iii plan de igualdade Concello de brión

O 27,2% DA POBOACIÓN DE BRIÓN CONTA

CON CERTIFICADO DE ESCOLARIDADE OU DE

ESTUDOS PRIMARIOS.

EXISTE UNHA FEMINIZACIÓN NOS NIVEIS

SUPERIORES DOS ESTUDOS

Por unha banda, hai máis mulleres que carecen de estudos

(17,1%).

E pola outra, as mulleres son máis numerosas que os homes

en estudos superiores, como acontece co bacharelato (9,8%) e a universidade en case tódalas súas vertentes (diplomatura,

licenciatura, máster oficial).

Facendo unha comparativa dos niveis formativos obtidos polas

mulleres en Brión, cos comarcais e os provincias, pódese observar que:

A poboación feminina analfabeta ten unha porcentaxe menor

que nos outros ámbitos territoriais (un 0,7 % fronte a 0,8% e 1,8%).

En Brión, as mulleres con primeiro e segundo grado de estudos son levemente superiores ás existentes na comarca de

Santiago e no conxunto da provincia da Coruña. Mentres que os estudios superiores ou de terceiro grado están

significativamente máis presentes nos ámbitos comarcal, pero por encima da media provincial, con 3 puntos porcentuais de

diferenza.

POBOACIÓN FEMININA SEGUNDO

NIVEL DE ESTUDOS (GRADOS) EN %s (2011)

Brión

Com. Santiago

A Coruña

Analfabetos/as 0,7 0,8 1,8

Sen estudos 7,1 8,4 11,8

Primeiro grado 17,2 10,6 14,6

Segundo grado 41,8 39,6 42,8

Terceiro grado 20,2 27,6 17,1

Non é aplicable

13,1 12,9 11,9

TOTAL 100,0 100,0 100,0

Fonte: Elaboración propia a través do INE (Censo de Poboación e Vivendas)

Page 41: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

41

Iii plan de igualdade Concello de brión

29 25

57

25

0

20

40

60

80

100

2001 2011

Poboación analfabeta do Concello de Brión en valores absolutos (2001 e 2011)

Homes Mulleres

Os resultados porcentuais amosan que o colectivo feminino

analfabeto é máis elevado en Brión no ano 2001, vexamos como evoluciona en termos absolutos se comparamos os datos entre os dos

últimos censos. No gráfico obsérvase que no 2001 existían 57

mulleres analfabetas e 29 homes; mentres que no 2011 o colectivo feminino míngua ata as 25 persoas, manténdose o analfabetismo

entre os homes nas mesmas cifras.

Fonte: INE (Censo de Poboación e Vivendas)

2.2 Tipo de estudos rematados

Afondando máis na formación rematada pola veciñanza de Brión, as

mulleres son máis numerosas nalgunhas das ramas tradicionalmente feminizadas (educación, saúde e servizos sociais, dereito e ciencias

sociais). Pola súa banda, os homes salientan nas ramas vinculadas ao mundo da construción e da industria, así como en artes,

humanidades e en agricultura e gandería.

O ANALFABETISMO FEMININO DIMINUIU

ENTRE OS ANOS 2001 E 2001 EN 32

PERSOAS

É EVIDENTE A EXISTENCIA DUNHA DIVISIÓN SEXUAL EN

RELACIÓN O TIPO DE ESTUDOS REMATADOS

AS MULLERES REALIZAN ESTUDOS VENCELLADOS ÁS

CIENCIAS SOCIAIS, Á SAÚDE E Á EDUCACIÓN

OS HOMES CURSAN MAIORITARIAMENTE, ESTUDOS DE

RAMAS TÉCNICAS E RELACIONADAS CO SECTOR

PRIMARIO

Page 42: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

42

Iii plan de igualdade Concello de brión

POBOACIÓN DO CONCELLO DE BRIÓN SEGUNDO TIPO DE ESTUDOS COMPLETADOS E SEXO (2011)

NÚMERO PORCENTAXE

Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres

Educación 265 60 205 5,0 2,3 7,5

Artes E Humanidades 205 145 60 3,8 5,6 2,2

Dereito e Ciencias Sociais 460 120 340 8,6 4,6 12,5

Ciencias e Informática 235 140 95 4,4 5,4 3,5

Arquitectura, Construción, Formación Técnica e Industrias

350 280 70 6,6 10,7 2,6

Agricultura, Gandería, Pesca e Veterinaria 40 40 0 0,7 1,5 0,0

Saúde e Servizos Sociais 290 95 195 5,4 3,6 7,2

Outros servizos 185 110 75 3,5 4,2 2,8

No é aplicable 5.335 2.610 2.725 100,0 100,0 100,0

TOTAL 5.335 2.610 2.725 100,0 100,0 100,0

* Os números sinalados en vermello poden conter errores elevados da mostraxe

Fonte: Elaboración propia a través do INE (Censo de Poboación e Vivendas)

Page 43: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

43

Iii plan de igualdade Concello de brión

0,0 10,0 20,0 30,0 40,0 50,0 60,0

Total

Homes

Mulleres

55,5

57,4

53,7

44,5

42,6

46,5

Actividade por sexo no Concello de Brión-%- (2011)

Poboación inactiva Poboación activa

3. ANÁLISE DA ESTRUTURA LABORAL

En terceiro lugar, preséntanse un estudo exhaustivo do mercado laboral, examinando así a relación da poboación coa actividade que

desenvolven (produtiva e reprodutiva), a tipoloxía das ocupacións realizadas e as ramas produtivas nas que traballa a cidadanía de

Brión, así como as modalidades de contratación e o paro rexistrado no termo municipal.

3.1 Relación coa actividade produtiva e reprodutiva

En referencia á actividade produtiva realizada en Brión, amósanse os datos referentes ó Censo de Poboación e Vivendas de 2011, segundo

o cal un 55,5% da veciñanza está a desenvolver un traballo remunerado ou atópase en situación de desemprego (poboación

denominada activa); fronte a un 44,5% que está a estudar, traballa na realización e xestión das tarefas do fogar, é pensionista ou está

xubilado/a (poboación denominada inactiva).

Fonte: Elaboración propia a través do INE (Censo de Poboación e Vivendas)

Pola súa banda, o 57,4% do colectivo masculino é activo, e tamén

máis da metade das mulleres (53,7%) se atopa nesta situación. A vindeira táboa ensina que ainda que esta tendencia tamén se repite

na provincia coruñesa, as cifras de Brión son máis positivas, xa que hai unha maior porcentaxe de poboación feminina en activo.

O 44,5% DAS MULLERES DE BRIÓN ESTÁN EN

SITUACIÓN DE “INACTIVIDADE”, POR DEBAIXO

DA MEDIA PROVINCIAL

Page 44: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

44

Iii plan de igualdade Concello de brión

ACTIVIDADE FEMININA -%- (2011)

Brión Prov. A Coruña

Poboación activa 55,5 51,6

Poboación inactiva 44,5 48,4

Total 100,0 100,0

Fonte: Elaboración propia a través do INE (Censo de Poboación e Vivendas)

Respecto á relación que manteñen coa actividade, no ano 2011 2.435 persoas están ocupadas traballando a tempo completo, das cales

1.330 son homes e 1.105 mulleres. Tendo en conta unha análise

porcentual:

Existe unha certa masculinización da cidadanía que está a traballar a tempo completo en Brión, e, polo tanto, hai máis

mulleres que traballan a tempo parcial.

Ao tempo, hai unha igualdade porcentual entre mulleres e homes parados/as, xubilados/os ou estudantes.

ACTIVIDADE POR SEXO NO CONCELLO DE BRIÓN (2011)

NÚMERO

Total Homes Mulleres

Ocupado/a a tempo completo 2.435 1.330 1.105

Ocupado/a a tempo parcial 425 110 315

Parado/a que traballou antes 1.135 570 565

Parado/a buscando primeiro emprego 95 60 35

Persoa con invalidez permanente 55 30 25

Xubilado/a, prexubilado/a, pensionista ou rendista

1.670 810 860

Estudantes 1.200 580 620

Outra situación 360 115 245

TOTAL 7.375 3.605 3.770

* Os números sinalados en vermello poden conter errores elevados da mostraxe

Fonte: INE (Censo de Poboación e Vivendas)

EN BRIÓN UN 36,9% DOS HOMES TRABALLAN A TEMPO

COMPLETO, MENTRES QUE OS CONTRATOS A TEMPO

PARCIAL SON, NA SÚA MAIORÍA, PARA MULLERES

Page 45: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

45

Iii plan de igualdade Concello de brión

0% 20% 40% 60% 80% 100%

Homes

Mulleres

36,6

63,5

49,0

23,5

14,4

13,0

Persoa encargada das tarefas do fogar por sexo

do Concello de Brión-%- (2011)

Si Non Non é aplicable

0% 20% 40% 60% 80% 100%

Homes

Mulleres

14,7

22,0

70,9

64,9

14,4

13,0

Coidado dun/ha menor de 15 anos por sexo

-%- no Concello de Brión (2011)

Si Non Non é aplicable

0% 20% 40% 60% 80% 100%

Homes

Mulleres

7,9

9,7

77,7

77,3

14,4

13,0

Coidado dunha persoa con problemas de

saúde por sexo -%- do Concello de Brión

(2011)

Si Non Non é aplicable

Pola súa banda, se nos centramos no traballo de xestión e realización

das tarefas do fogar no eido local: un 63,5% das mulleres encárganse das tarefas domésticas, fronte a un 36,6% no caso dos homes. Este

dato indica de forma moi clara que a conciliación dos tempos e a

corresponsabilidade é unha das tarefas pendentes dentro do eido local.

Fonte: Elaboración propia a través do INE (Censo de Poboación e Vivendas)

As porcentaxes no coidado dunha persoa menor de 15 anos e de persoas dependentes son máis positivas que no caso das tarefas do

fogar, pero, aínda así, son máis as mulleres que se encargan do

coidado dos/as menores e dependentes, o que fai concluír que normalmente é o colectivo feminino o que administra, a un tempo, a

xestión e a realización das actividades domésticas e o coidado dos/as respectivos/as fillos/as e familiares dependentes.

Fonte: Elaboración propia a través do INE (Censo de Poboación e Vivendas)

Page 46: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

46

Iii plan de igualdade Concello de brión

3.2 Tipoloxía das ocupacións e ramas de actividade

Centrándonos nas afiliacións á Seguridade Social rexistradas este último xuño no Concello de Brión, pódese dicir que hai 2.7013 altas

laborais, das cales 1.387 fixéronse a homes e 1.326 a mulleres (o 51,1% do total das altas eran masculinas e o 48,9% eran femininas).

AFILIACIÓNS EN ALTA LABORAL SEGUNDO RÉXIME E SEXO

XUÑO 2015

XUÑO 2015

FRECUENCIA Total Homes Mulleres PORCENTAXE Total Homes Mulleres

Xeral 1.876 971 905 Xeral 69,1 70,0 68,3

Autónomos/as 678 402 276 Autónomos/as 25,0 29,0 20,8

Agrario e mar 16 15 1 Agrario e mar 0,6 1,1 0,1

Fogar 143 5 138 Fogar 5,3 0,4 10,4

TOTAL 2.713 1.387 1.326 TOTAL 100,0 100,0 100,0

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (ficheiros proporcionados pola Seguridade

Social)

Unha análise máis pormenorizada en función dos réximes das

afiliacións, lévanos a concluír que, tal e como soe ser habitual, o réxime xeral é o que suma un maior número de altas. En función do

sexo, existe unha feminización do réxime do fogar, e unha masculinización dos de autónomos, agrario e mar.

Se atendemos ao sector de actividade, e comparamos os xuños

destes dous últimos anos, vemos que a evolución temporal é bastante parella, e que se ben hai lixeiros descensos, non se poden

categorizar como significativos estatisticamente. Polo tanto, as cifras indican que, polo menos dende o ano 2014, as altas laborais non se

viron afectadas polo escenario da crise económica.

AS TAREFAS DO FOGAR E O COIDADO DE

MENORES E FAMILIARES DEPENDENTES TEÑEN

COMO PRINCIPAL AXENTE ÁS MULLERES

Page 47: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

47

Iii plan de igualdade Concello de brión

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

60,0

70,0

80,0

Agriculturae pesca

IndustriaConstrución Servizos

Non consta

6,1 9,8 8,8

75,3

0,1 5,9

9,4 8,9

75,7

0,1

Altas laborais do Concello de Brión segundo

sector de actividade (%)

2014/Xuño 2015/Xuño

0

200

400

600

800

1.000

1.200

Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes MulleresAgricultura epesca

IndustriaConstrucion

Servizos

95 65 183 73 220 21

889

1.165

Altas laborais do Concello de Brión segundo sexo e

sector de actividade (Xuño de 2015)

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (ficheiros proporcionados pola Seguridade Social)

En termos absolutos, o sector de actividade que ten un número de altas maior é o de Servizos, onde as mulleres acadan a cifra de 1.165

e os homes á de 889. Nun segundo termo, a Industria é a que ten un maior peso, e igual que acontece co sector da Construción e o de

Agricultura e Pesca, atópase masculinizado (183 altas laborais a homes e 73 a mulleres).

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (ficheiros proporcionados pola Seguridade Social)

AS AFILIACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL EN BRIÓN RESPONDEN AOS ROLES TRADICIONAIS DE XÉNERO,

SEGUNDO OS CALES O SECTOR SERVIZOS ESTÁ FEMINIZADO E O RESTO TEN UN PROTAGONISMO

MASCULINO

Page 48: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

48

Iii plan de igualdade Concello de brión

0

100

200

300

400

500

600

700

2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

Evolución da contratación por sexo no Concello de

Brión (2008-2014)

Homes Mulleres

1.713 38%

2.738 62%

Evolución da contratación no

Concello de Brión no período

2008-2014

Mulleres

Homes

3.3 Modalidades de contratación

O seguinte gráfico recolle a evolución da contratación da poboación de Brión ao longo do período 2008-2014. Tanto en mulleres como en

homes, o número de contratos caeu dende o ano 2010 o 2011, para a partir de aí comezar a repuntar ata ó presente. Atendendo á

evolución segundo sexo, ao longo da etapa analizada a contratación feminina é inferior á masculina (excepto no ano 2012 que se

manteñen en cifras moi similares), dando conta así da desigualdade que existe entre ambos sexos no mercado laboral.

Fonte: Instituto Galego das Cualificacións (Indicadores de Mercado Laboral)

Afondando máis nesta realidade, entre 2008 e 2014 o 62% da contratación recaeu no colectivo masculino (2.738 contratos), e o

38% o fixo sobre o colectivo feminino (1.713 contratos).

Fonte: Instituto Galego das Cualificacións (Indicadores de Mercado Laboral)

ENTRE 2008 E 2014 A

CONTRATACIÓN FEMININA FOI

MENOR Á MASCULINA EN 1.025

CONTRATOS

Page 49: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

49

Iii plan de igualdade Concello de brión

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

60,0

70,0

BriónCom. Santiago Prov. A Coruña

38,5

49,7 49,9

61,5

50,3 50,1

Evolución da contratación por sexo no Concello de

Brión -%- (2008-2014)

Muller Home

Se comparamos a realidade local coa da comarca e a da Coruña,

vemos que existen máis diferenzas entre sexos no Concello de Brión (23 puntos porcentuais de distancia entre a contratación de mulleres

e homes) que nos ámbitos territoriais comarcais (0,5 puntos) e

provinciais (0,2 puntos).

Fonte: Elaboración propia a través do Instituto Galego das Cualificacións (Indicadores de Mercado Laboral)

No período 2008-2014 no termo municipal fixéronse un total de 4.481 contratos, dos cales, o 35,9% foron por obra ou servizos

seguidos dos eventuais por circunstancias da produción (30,4). No tocante ao sexo, nas mulleres e nos homes os contratos máis

numerosos foron tamén as tipoloxías referidas. Ao tempo, convén salientar que na contratación feminina en Brión os contratos

indefinidos teñen un maior peso que no caso dos homes.

TIPOLOXÍA CONTRACTUAL DO CONCELLO DE BRIÓN SEGUNDO SEXO (2008-2014)

NÚMERO PORCENTAXE

TOTAL Homes Mulleres TOTAL Homes Mulleres

Indefinido ordinario e fomento do emprego 438 218 224 9,8 8,0 13,1

De obra ou servizo 1.607 1.090 498 35,9 39,8 29,1

Eventual por circunstancias da produción 1.364 734 609 30,4 26,8 35,6

Interinidade 136 46 93 3,0 1,7 5,4

En prácticas 10 2 7 0,2 0,1 0,4

Para a formación 48 38 13 1,1 1,4 0,8

Outros 878 610 269 19,6 22,3 15,7

TOTAL de contratos iniciais 4.481 2.738 1.713 100,0 100,0 100,0

Fonte: Elaboración propia a través do Instituto Galego das Cualificacións (Indicadores de

Mercado Laboral)

Page 50: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

50

Iii plan de igualdade Concello de brión

Coa finalidade de coñecer as ocupacións máis contratadas no eido

local, amósase a seguinte táboa na que se recollen as dez máis importantes ao longo do presente ano (nos meses que van dende

xaneiro a setembro de 2015):

Dentro do colectivo feminino destacan: As traballadoras non

cualificadas en servizos (como persoal de limpeza ou empregadas domésticas), de restauración e comercio

(camareiras e vendedoras).

Pola súa banda no caso masculino destacan: Vendedores e camareiros, ó igual que no caso das mulleres, maos tamén hai

un gran volume de contratos no sector dos compositores, músicos e técnicos de gravación audiovisual. Tamén están

presentes como condutores e como operadores de maquinaria agrícola.

TIPOLOXÍA CONTRACTUAL DO CONCELLO DE BRIÓN SEGUNDO SEXO (Xaneiro -Setembro de 2015)

MULLERES HOMES

Tipo Nº

Contratos Tipo

Nº Contratos

VENDEDORES EN TENDAS E ALMACÉNS 67 VENDEDORES EN TENDAS E

ALMACÉNS 82

CAMAREIROS ASALARIADOS 64 CAMAREIROS ASALARIADOS

35

PERSOAL DE LIMPEZA DE OFICINAS, HOTEIS E OUTROS ESTABLECEMENTOS SIMILARES

40 COMPOSITORES, MÚSICOS

E CANTANTES 30

COCIÑEIROS ASALARIADOS 21 CONDUTORES

ASALARIADOS DE CAMIÓNS 19

OUTRO PERSOAL DE LIMPEZA 21 TÉCNICOS DE GRAVACIÓN

AUDIOVISUAL 16

EMPREGADOS DOMÉSTICOS 19 OPERADORES DE

MAQUINARIA AGRÍCOLA MÓBIL

14

COMPOSITORES, MÚSICOS E CANTANTES 8 ALBANEIS 12

TÉCNICOS DE GRAVACIÓN AUDIOVISUAL 6 ACTORES 11

TRABALLADORES DOS COIDADOS PERSOAIS A DOMICILIO

6 PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS 8

MONITORES DE ACTIVIDADES RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO

5 RECEPCIONISTAS DE

HOTEIS 7

Fonte: Elaboración propia a través do Instituto Galego das Cualificacións (Indicadores de

Mercado Laboral)

En síntese, no mercado laboral do Concello de Brión, existe unha segregación no tocante ás ocupacións máis contratadas, xa que as

mulleres concéntrase en áreas relacionadas coa limpeza, venda e cociña. No caso dos homes, tamén o sector da venda e dos

camareiros é moi voluminoso, pero no sector da industria e de empregos cualificados como compositores, actores, técnicos de

Page 51: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

51

Iii plan de igualdade Concello de brión

0

50

100

150

200

250

300

350

400

450

2009/X

aneiro

2009/M

arz

o

2009/M

aio

2009/X

ullo

2009/S

ete

mbro

2009/N

ovem

bro

2010/X

aneiro

2010/M

arz

o

2010/M

aio

2010/X

ullo

2010/S

ete

mbro

2010/N

ovem

bro

2011/X

aneiro

2011/M

arz

o

2011/M

aio

2011/X

ullo

2011/S

ete

mbro

2011/N

ovem

bro

2012/X

aneiro

2012/M

arz

o

2012/M

aio

2012/X

ullo

2012/S

ete

mbro

2012/N

ovem

bro

2013/X

aneiro

2013/M

arz

o

2013/M

aio

2013/X

ullo

2013/S

ete

mbro

2013/N

ovem

bro

2014/X

aneiro

2014/M

arz

o

2014/M

aio

2014/X

ullo

2014/S

ete

mbro

2014/N

ovem

bro

Evolución do paro rexistrado segundo sexo no Concello de Brión

(2009-2015)

Homes

Mulleres

gravación, etc. son bastantes demandados. Por outra banda, hai

unha coincidencia nas ocupacións máis contratadas en ambos sexos en dous empregos, camareiros e vendedores en tendas e almacén,

remarcando o feito de que o sector servizos é o máis importante no

termo municipal.

3.4 Poboación desempregada segundo sexo

No tocante ao paro rexistrado, preséntase no seguinte gráfico unha evolución do mesmo dende o ano 2009 ata o mes de setembro de

2015. En termos xerais, apréciase unha tendencia crecente dende xaneiro de 2009 (que ten o seu pico máis alto nos 402 homes que

estaban en situación de desemprego en maio de 2013), se ben parece que nos últimos meses do presente ano este crecemento está

a minguar moi levemente. Pero resulta prematuro saber se continuará a diminución ou se se trata dun fenómeno estacional. Sen

embargo, si convén precisar que en todo o período examinado o

desemprego é superior nos homes que nas homes, e esta tendencia só se inverte cara a finais do ano 2014.

Fonte: IGE (Paro rexistrado)

A táboa dá conta da realidade anual do paro rexistrado,

confirmándose así o referido aumento do desemprego nos últimos

sete anos, recollendo en setembro de 20015, 503 persoas nesta situación (das cales 244 son homes e 259 son mulleres). Con

respecto ás porcentaxes anuais de desemprego atendendo ao sexo, en todos os anos obxecto de análise a porcentaxe das mulleres é

inferior á dos homes, se ben no último ano invértese esta tendencia.

Page 52: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

52

Iii plan de igualdade Concello de brión

PARO REXISTRADO DO CONCELLO DE BRIÓN SEGUNDO SEXO (2009-2015)

NÚMERO PORCENTAXE

Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres

2009 458 241 217 100,0 52,6 47,4

2010 488 256 232 100,0 52,5 47,5

2011 526 275 252 100,0 52,3 47,9

2012 616 338 277 100,0 54,9 45,0

2013 672 376 296 100,0 56,0 44,0

2014 624 328 296 100,0 52,6 47,4

2015/Setembro 503 244 259 100,0 48,5 51,5

Fonte: Elaboración propia a través do IGE (Paro rexistrado)

Atendendo á evolución do desemprego feminino en función da

actividade produtiva que desenvolve, o sector Servizos é o que ven experimentando un maior incremento do paro rexistrado entre os

anos 2011 e 2015, coincidindo así co sector económico onde as mulleres soen desenvolver o seu emprego (tal e como se matizou

cando se examinaron as altas laborais). Pola súa banda, en Industria o crecemento do desemprego feminino foi menor e en Construción e

en Agricultura este mantívose bastante baixo (se ben non hai que esquecer que nestas últimas actividades case non existen mulleres

traballando).

O DESEMPREGO EN BRIÓN INCREMENTOUSE EN 45

PERSOAS ENTRE OS ANOS 2009 E 2015.

NO ANO 2013 ALCANZOUSE O MAIOR NÚMERO DE DESEMPREGADOS/AS.

ATA O ANO 2014, O DESEMPREGO ERA MAIOR ENTRE O

COLECTIVO MASCULINO.

NO PERÍODO 2011-2015, NO SECTOR

SERVIZOS TIVO LUGAR UN CRECEMENTO

MÁIS ELEVADO DO DESEMPREGO

FEMININO

Page 53: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

53

Iii plan de igualdade Concello de brión

0

50

100

150

200

250

Evolución do paro feminino no Concello de Brión segundo sector

de actividade (2011-2015)

Agricultura/Pesca Industria Construción Servizos Sen emprego anterior

020406080

100120140160180

Evolución do paro feminino segundo duración da demanda

do Concello de Brión (2011-2015)

Menos ou igual a un 1 Máis de 1 mes e menos ou igual a 6

Máis de 6 meses e menos ou igual a 1 ano Máis de 1 ano

Fonte: IGE (Paro rexistrado)

En canto á distribución do desemprego segundo sexo e duración da

demanda, o incremento máis importante tivo lugar naquelas mulleres que levan nesta situación máis tempo, as que están en paro dende

hai máis dun ano (sinaladas no gráfico en cor lila). Este feito pode redundar así nunha peor calidade de vida e nunha menor

independencia económica das mulleres de Brión.

Fonte: IGE (Paro rexistrado)

Page 54: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

54

Iii plan de igualdade Concello de brión

4. ANÁLISE DA VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero ten a súa orixe (tal e como se recolle na Lei Orgánica 1/2004 de 28 de decembro de Medidas de Protección

Integral contra a Violencia de Xénero) no feito de que na sociedade existen relacións de poder e dominio dos homes sobre as mulleres,

por parte de quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou por parte de quen estean ligados a elas por relacións similares de afectividade, aínda

sen convivencia. Trátase de calquera acto de agresión que recibe a muller polo feito de ser muller, sendo consecuencia dos

condicionantes socioculturais que actúan sobre ambos sexos e se manifestan nos distintos ámbitos de relación das persoas.

A información dispoñible máis cercana ao respecto do Concello de Brión, atópase no Partido Xudicial de Negreira, que é un dos corenta

e cinco partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma galega e que aglutina os municipios de A Baña, Brión, Negreira e

Santa Comba, isto é, a zona territorial do termo municipal examinado no vixente PIOM e os concellos conlindantes.

En primeiro lugar, amósanse os datos realtivos ao tipo de delitos

ingresados en 2014, ascendendo estos a 15 no Partido Xudicial de Negreira. Entres eles, 7 correspóndense a lesións e malos tratos do

artigo 153 do Código Penal1 (no ano 2010 rexistráronse 23 delitos destas características) e 8 a lesións e malos tratos do artigo 173 do

Código Penal.

TIPOS DE DELITOS INGRESADOS. PARTIDO XUDICIAL DE NEGREIRA (2014)

Número Porcentaxe

Lesións e Malos Tratos do Art. 153 do CP

7 46,7

Lesións e Malos Tratos do Art. 173 do CP

8 53,3

TOTAL 15 100,0

Fonte: Elaboración propia a través dos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial

1 Este artigo recolle o seguinte: “El que por cualquier medio o procedimiento causare a otro menoscabo psíquico o una

lesión no definidos como delito en este Código, o golpeare o maltratare de obra a otro sin causarle lesión, cuando la ofendida sea o haya sido esposa, o mujer que esté o haya estado ligada a él por una análoga relación de afectividad aun sin convivencia, o persona especialmente vulnerable que conviva con el autor será castigado con la pena de prisión de seis meses a un año o de trabajos en beneficios de la comunidad de treinta y uno a ochenta días y, en todo caso, privación del derecho a la tenencia y porte de armas de un año y un día a tres años, así como, cuando el Juez o Tribunal lo estime adecuado al interés del menor o incapaz, inhabilitación para el ejercicio de la patria potestad, tutela, curatela, guarda o acogimiento hasta cinco años…”.

Page 55: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

55

Iii plan de igualdade Concello de brión

Dentro das denuncias realizadas, ao longo do ano 2014 existiron 16,

das cales 8 foron presentadas directamente pola vítima e as outras 8 mediante atestados policiais.

Analizando os datos de 2010 empregados para o II Plan de Igualdade, pódese obervar que se recolleran 32 denuncias. Polo

tanto, se ben a violencia de xénero non desapareceu, si é certo que as denuncias se reduciron nun 50%.

Fonte: Elaboración propia a través dos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial

No tocante ás ordes de protección presentadas polo colectivo

feminino no 2014, houbo 7 ordes presentadas, nas que a vítima foi maioritariamente unha muller española maior de idade (5 das 7

ordes), que denunciou a un home español. Nun segundo termo,

existen 2 ordes de protección nas que a vítima era estranxeira e tiña máis de 18 anos e 2 casos no que o home denunciado era

estranxeiro.

ÓRDENES DE PROTECCIÓN. PARTIDO

XUDICIAL DE NEGREIRA (2014)

Número

TOTAL

Vítima: Muller Española maior de idade

5

Vítima: Muller Estranxeira maior de idade

2

Denunciado-Home-Español 5

Denunciado-Home-Estranxeiro 2

Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial

DENUNCIAS REALIZADAS.

PARTIDO XUDICIAL DE NEGREIRA (2014)

N %

Denuncias recibidas 16 100,0

Presentada directamente pola vítima

8 50,0

Presentada directamente por familiares

0 0,0

Atestados policiais 8 50,0

Con denuncia vítima 8 50,0

Con denuncia familiar 0 0,0

Por intervención directa policial 0 0,0

Parte de lesións 0 0,0

Renuncias ao proceso 0 0,0

Renuncias de españolas 0 0,0

Renuncias de estranxeiras 0 0,0

Page 56: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

56

Iii plan de igualdade Concello de brión

57,1% 14,3%

28,6%

Relación entre a vítima e o agresor (2014)

Cónxuxe

Excónxuxe

Relac. Afectiva

Para rematar esta análise da violencia de xénero, amósase un gráfico

de sectores no que se recolle porcentualmente cal era a relación que existía entre a vítima e o agresor da violencia de xénero. No ano

2014, un 57,1% das relacións que unían a vítima e agresor era de

cónxuxes, un 28,6% era unha relación afectiva e un 14,3% de excónxuxes. É dicir, vemos que máis metade das vítimas tiña

vínculos afectivos co seu agresor.

Fonte: Elaboración propia a través dos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial

MÁIS DA METADE DOS CASOS DE

VIOLENCIA DE XÉNERO PRODUCÍRONSE

NO SEO DE PARELLAS CASADAS

Page 57: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

Lexislación específica

Ámbito internacional

- Carta das Nacións Unidas, que en 1945 recolle “reafirmar a fe na igualdade de dereitos de homes e mulleres”.

- Convención sobre a eliminación de todas as formas de

discriminación contra as mulleres (1979). É o instrumento internacional máis importante para a promoción dos dereitos e

liberdades fundamentais das mulleres e significou un gran

avance na universalización de dereitos económicos, laborais, políticos, sociais e civís.

- Conferencias Mundiais sobre as Mulleres, que permitiron

coñecer e comprender como se reproduce a desigualdade en diferentes contextos xeográficos e en diversos ámbitos da vida.

Ámbito europeo - Tratado de Roma, establece en 1957 a obrigación dos Estados

membros de garantir a aplicación do principio de igualdade de retribución entre traballadoras e traballadores nun mesmo

posto de traballo.

- Tratado de Amsterdam (1997), indica que “o principio de

igualdade de trato non impide que se manteñan ou adopten medidas que supoñan vantaxes específicas para facilitar ao

sexo infrarrepresentado o desenvolvemento dunha actividade laboral ou previr e compensar vantaxes na carreira

profesional”.

Ámbito estatal

- Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas

traballadoras, que introduce cambios lexislativos no ámbito laboral para que traballadoras e traballadores poidan participar

da vida familiar.

- Lei 30/2003, do 13 de outubro, sobre medidas para incorporar a valoración do impacto de xénero nas

Page 58: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha

58

Iii plan de igualdade Concello de brión

disposicións normativas que elabore o Goberno, a fin de

“integrar a perspectiva de xénero en todas as políticas e os programas para analizar as súas consecuencias para as

mulleres e os homes respectivamente, antes de tomar

decisións”.

- Lei 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, que

pretende seguir as recomendacións dos organismos internacionais, proporcionando unha resposta global, integral e

multidisciplinar á violencia que se exerce sobre as mulleres.

- Lei 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de

mulleres e homes, que nace para combater todas as manifestacións aínda subsistentes de discriminación, directa ou

indirecta, por razón de sexo e para promover a igualdade real entre mulleres e homes, removendo os obstáculos e

estereotipos sociais que impiden alcanzala.

Ámbito autonómico

- Lei 7/2004 Galega para a Igualdade de Mulleres e Homes, na que se destaca a colaboración autonómica coas

corporacións locais en canto á promoción de plans municipais de igualdade.

- Lei 2/2007, de Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, onde se fomentan os plans de igualdade empresariais.

- Lei 11/2007 Galega para a Prevención e o Tratamento

Integral da Violencia de Xénero, onde se afirma o carácter integral da lei implicando, de forma coordinada, ás diferentes

instancias e administracións, e indicase que os concellos, como administración máis próxima á cidadanía, participarán

activamente no desenvolvemento da lei.

- VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes

(2013-2015), no que se destacan seis áreas de traballo: mellora da gobernanza a favor da igualdade, cambio de valores

e modelos para a igualdade, aproveitamento do talento feminino, conciliación, corresponsabilidade e calidade de vida,

participación activa e acción integral para combater a violencia

de xénero.

Page 59: III - Concello de Brión€¦ · “Reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes” é a máxima que encabezou os dous primeiros plans de igualdade postos en marcha