Idade contemporánea

7
IDADE CONTEMPORÁNEA Dous acontecementos de gran relevancia marcan o comezo da Idade Contemporánea: A Revolución Francesa, a máis importante das revoltas que no século XVIII estalan contra as monarquías absolutas. Revolución industrial, conxunto de profundos cambios técnicos e económicos que van transformar a forma de traballar e de vivir da sociedade da Idade Contemporánea.

Transcript of Idade contemporánea

IDADE CONTEMPORÁNEA

Dous acontecementos de gran relevancia

marcan o comezo da Idade Contemporánea:

• A Revolución Francesa, a máis

importante das revoltas que no século

XVIII estalan contra as monarquías

absolutas.

• Revolución industrial, conxunto de

profundos cambios técnicos e económicos

que van transformar a forma de traballar e

de vivir da sociedade da Idade

Contemporánea.

A Idade Contemporánea comeza coa Revolución Francesa en 1789 e chega ata os

nosos días.

Nese ano, en Francia, a xente do común (campesiños, artesáns e burgueses) rebelouse

contra o rei, os nobres e o clero por considerar inxustas as súas condicións de vida.

Causas da Revolución Francesa

• Gran crise económica

• Subida de impostos

• Subida dos prezos

• Graves problemas económicos da xente menos privilexiada, que pasa fame .

Vídeo: Revolución

Francesa

A finais do século XVIII James Watt inventou a máquina de vapor

en Reino Unido. Esta máquina permitiu fabricar máis cantidade de produtos en menos

tempo e a un prezo menor. A súa aplicación en certos traballos permitiu a aparición das

primeiras fábricas.

A máquina de vapor

favoreceu a aparición doutros

avances como o ferrocarril ou o

barco de vapor, o que deu lugar a

unha gran revolución dos transportes.

Este conxunto de avances

económicos coñécese como

revolución industrial.

Vídeo: Máquina de

vapor

A Revolución Francesa xunto co resto das revolucións políticas e o desenvolvemento da

Revolución Industrial provocaron importantes transformacións na sociedade europea do

século XIX

Vídeo: Francia antes e despois da

Revolución.

• Os sistemas autoritarios deixaron paso á

democracia. Aparecen os réximes

políticos parlamentarios. O poder dos

reis se reduce e pasa a mans dos

representantes dos cidadáns. Nalgúns

países, como Francia, a monarquía foi

substituída por unha república, en que os

gobernantes foron elixidos por votacións.

• A industrialización. No século XIX os talleres artesanais foron

substituídos por grandes fábricas que empregaban a un gran número

de obreiros. As cidades creceron pola chegada dos campesiños que

buscaban traballo nas fábricas.

Vídeo: Revolución Industrial

• Os cambios na organización da sociedade. Aparecen novas clases sociais como a

clase obreira ou a burguesía

A primeira parte do século XX foi unha etapa moi difícil para o mundo, chea de

terribles conflitos, como dúas guerras mundiais. Nestas guerras España non

participou directamente.

Pero tamén foi un século no que se produciron grandes avances que contribuíron a

un gran desenvolvemento económico:

• Avances técnicos. A invención de máquinas e o aproveitamento de novas fontes

de enerxía, como a electricidade, permitiron que o desenvovelmento industrial

se estendese a outros sectores da economía.

• Avances nas comunicacións, como o teléfono e internet, ou nos transportes,

como o avión ou o automóbil, facilitaron o intercambio de coñecementos e o

comercio.

• Tras a II Guerra Mundial, en 1948, a ONU aprobou a Declaración Universal dos

Dereitos Humanos.

Bibliografía:

• Coñecemento do Medio. 6º E.Primaria,

Temoneiro.

• http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/Historia/03/

enestal.html

COUSAS DA MESTRA.

Bandaseca, Pobra.