Ibrolit series info folleto

8
Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology iBroLiT Berlin: Frank & Timme Colección editada por / Series edited by Burghard Baltrusch & Teresa Bermúdez Montes & Gabriel Pérez Durán (Universidade de Vigo e Universität Heidelberg) Editora de honra / Honorary editor Camiño Noia Campos (Universidade de Vigo) Consello Editorial / Advisory Board Silvia Bermúdez (University of California, Santa Barbara) Ana Paula Ferreira (University of Minnesota) Susana Kampff Lages (Universidade Federal Fluminense) Ria Lemaire Mertens (Université de Poitiers) Inocência Mata (Universidade de Lisboa) Lênia Márcia Mongelli (Universidade de São Paulo) Cláudia Pazos Alonso (University of Oxford) John Rutherford (University of Oxford) Kathrin Sartingen (Universität Wien) Fernando Venâncio (Universiteit van Amsterdam) Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas) Michaela Wolf (Universität Graz) http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit-estudos-iberorromanicos- de-literatura-e-tradutoloxia.html http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html

description

The Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology (iBroLiT) is a peer reviewed book series founded by the GAELT research group at the University of Vigo.

Transcript of Ibrolit series info folleto

Page 1: Ibrolit series info folleto

Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology

iBroLiT

Berlin: Frank & Timme

Colección editada por / Series edited by

Burghard Baltrusch & Teresa Bermúdez Montes & Gabriel Pérez Durán (Universidade de Vigo e Universität Heidelberg)

Editora de honra / Honorary editor

Camiño Noia Campos (Universidade de Vigo)

Consello Editorial / Advisory Board

Silvia Bermúdez (University of California, Santa Barbara)

Ana Paula Ferreira (University of Minnesota)

Susana Kampff Lages (Universidade Federal Fluminense)

Ria Lemaire Mertens (Université de Poitiers)

Inocência Mata (Universidade de Lisboa)

Lênia Márcia Mongelli (Universidade de São Paulo)

Cláudia Pazos Alonso (University of Oxford)

John Rutherford (University of Oxford)

Kathrin Sartingen (Universität Wien)

Fernando Venâncio (Universiteit van Amsterdam)

Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas)

Michaela Wolf (Universität Graz)

http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de-literatura-e-tradutoloxia.html

http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html

Page 2: Ibrolit series info folleto

INFORMATION IN ENGLISH

The Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology (iBroLiT) is a peer reviewed book series founded by the GAELT (http://gaelt-vigo.blogspot.com) research group at the University of Vigo. The library aims to stimulate research in Iberoromanic cultures and literatures. It is located at the methodological crossroads between literary and translation studies among other (sub)disciplines. This transdisciplinary conception is thought to approach and encompass the many different forms and manifestations of Iberoromanic cultural phenomena, with a special focus on Galician and Lusophone studies, along with the related gender and translatological aspects.

The iBroLiT series seeks to revisit and expand the current boundaries of literary and translation studies by providing a forum for exploring new theoretical and methodological frameworks – or putting existing ones to the test – in a variety of epistemological, social, cultural, historical, scientific, technological or pedagogical contexts. Each volume is supposed to represent an original scholarly endeavour – whether in the form of a monograph, a collective volume, a critical edition, a reference work or a postgraduate textbook.

The Contemporary Literature Studies (LiCo), the Medieval Studies (MedS) and the Translatology Studies (TranS) subseries are specific publication channels within the iBroLiT to optimize its function as a forum for the iberoromanic contemporary literature and translation research community. They intent to unveil new trends in research, publicize new research methods, make available critical editions and anthologies, promote young scholars’ work, and reissue studies in Galician and Lusophone literature which are of difficult access or which are now out of print.

The series welcomes submissions in English, French, Galician, German, Portuguese or Spanish language. Book proposals, preferably structured along the lines indicated in our ‘Guidelines for Book Proposals’, can be sent to the acquisition editor, Teresa Bermúdez Montes ([email protected]), and will be submitted to a peer review process.

INFORMACIÓN EN GALEGO Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía (iBroLiT) é unha colección creada polo Grupo de investigación GAELT da Universidade de Vigo (http://gaelt-vigo.blogspot.com), dentro dos estándares da revisión por pares. O seu obxectivo principal é estimular a investigación no eido dos estudos literarios iberorrománicos, dos estudos de tradución e da intersección entre ambos, xunto con outras (sub)disciplinas. A súa concepción transdisciplinar tenta aproximar e comprender as diferentes formas e manifestacións de fenómenos culturais iberorrománicos, con especial atención ao galego, a Lusofonía e os estudos de tradución.

A colección iBroLiT nace coa vontade de contribuír a revisar e ampliar as fronteiras actuais dos estudos literarios e tradutolóxicos. Para isto, concíbese como un foro capaz de explorar novos marcos teóricos e metodolóxicos nos diversos contextos epistemolóxicos, sociais, culturais, históricos, científicos, tecnolóxicos ou pedagóxicos, ou ben pór a proba os marcos xa existentes.

Page 3: Ibrolit series info folleto

Froito da vocación por impulsar novas perspectivas e da concepción transdisciplinar, xorde o compromiso coa promoción de novas tendencias en investigación, coa difusión de novos métodos de abordaxe epistemolóxica, coa posta á disposición da comunidade científica de edicións críticas e —nomeadamente no caso dos estudos literarios galegos e lusófonos— de documentos inéditos ou de difícil acceso, procurando asemade dar cabida ao traballo dos novos investigadores.

Estudos de Literatura Contemporánea (LiCo), Estudos Medievais (MedS) e Estudos de Tradutoloxía (TranS) son as tres subseries mediante as cales se artella iBroLiT. A través destas tres canles específicas, a colección pretende constituír un punto de encontro da comunidade investigadora no campo da literatura iberorrománica e da tradutoloxía. Así, cada volume materializa un esforzo orixinal, xa sexa en forma de monografía, de volume colectivo, de edición crítica, de antoloxía, de obra de referencia ou de libro de texto destinado ao posgrao.

A colección está aberta a propostas de libros en inglés, francés, galego, alemán, portugués e español. Preferiblemente, estas deberán estruturarse segundo as nosas “Normas de edición” e serán sometidas a un proceso de revisión por pares. As propostas enviaranse á responsable da coordinación editorial, Teresa Bermúdez Montes ([email protected]).

Liñas temáticas e subseries da colección iBroLiT / Main subjects and subseries of iBroLiT:

1. Estudos de Literatura Contemporánea / Studies in Contemporary Literature (LiCo) Esta subserie abrangue toda a literatura iberorrománica desde a modernidade, dedicando unha atención especial á literatura galega e á lusófona en xeral. Priorizaranse estudos elaborados desde as teorías sistémicas, transculturais ou de literatura comparada, así como aqueles que atendan as literaturas minorizadas e emerxentes, os seus repertorios (especialmente vinculados á popular) e os estudos de xénero, sempre sob o prisma de metodoloxías actuais.

2. Estudos Medievais / Medieval Studies (MedS) Nesta subserie, dedicada á literatura medieval galega e portuguesa, teñen cabida traballos de edición de textos, tanto na vertente ecdótica e de crítica textual como na faceta hermenéutica e de interpretación dos seus significados. Tamén acolle estudos de retórica, poética e historia da literatura medieval e sobre as traducións e as relacións con outras literaturas e outras artes.

3. Estudos de Tradutoloxía / Translatology Studies (TranS)

En TranS, acolleranse estudos tradutolóxicos que parten do ámbito literario ou cultural iberorrománico. Concederase prioridade a liñas temáticas relacionadas coa teoría da tradución, a tradución literária, con tradución e xénero, a tradución cultural ou a crítica da tradución.

http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit-estudos-iberorromanicos-

de-literatura-e-tradutoloxia.html

http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html

Page 4: Ibrolit series info folleto

Volumes publicados / Published volumes:

LiCo - Estudos de Literatura Contemporánea / Contemporary Literature Studies

Vol. 1: Burghard Baltrusch (ed.), Lupe Gómez: libre e estranxeira. Estudos e traducións.2013. ISBN: 978-3-86596-464-9.

Vol. 2: Manuel Forcadela: Dama Saudade e o Cavaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea. 2013. ISBN 978-3-86596-493-9.

Vol. 3: Anxo Angueira: Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento. 2013. ISBN 978-3-86596-494-6.

Vol. 4: Burghard Baltrusch (ed.): “O que transformou é a necessidade e não a utopia” - Estudos sobre Utopia e Ficção em José Saramago. 2014. ISBN 978-3-86596-496-0.

Volumes no prelo / Forthcoming volumes (2014-2015):

Subserie MedS

Vol. I: X. Bieito Arias Freixedo: Per força de foder. O sexo nas cantigas de escarnio galego-portuguesas.

Subserie LiCo

Vol. V: Manuela Palacios González: Us & Them: Women Writers' Discourses on Foreignness in Irish and Galician Literature.

Vol. VI: Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna: Presenças e novas representações do corpo e da mulher: uma (re)visão na obra de Maria Teresa Horta. ISBN 978-3-86596-495-3.

Vol. VII: Teresa Bermúdez Montes & Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna (eds.): Letras escarlate. A representación da menstruación e do corpo feminino na literatura contemporánea. Vol. VIII: Ana Acuña (ed.): Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega.

Page 5: Ibrolit series info folleto

PROTOCOLO DE PUBLICACIÓN DA COLECCIÓN iBroLiT Consideración preliminar A colección académica iBroLiT (Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía) pretende ofrecer á comunidade investigadora no ámbito da literatura galega, da literatura en lingua portuguesa e da tradutoloxía unha plataforma para a publicación de traballos académicos de calidade, que serán sometidos a un rigoroso proceso de selección con avaliación por pares, coa especialización que requira cada caso. Unha descrición máis pormenorizada da colección está disponíbel en <http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html>. Condicións previas 1. Os manuscritos que se presenten para seren publicados na colección Ibrolit pasarán, en todos os casos, a supervisión do comité editorial (Editorial Board) da colección. Este valorará inicialmente a súa adaptación ás liñas da colección, nalgún dos seus tres ámbitos (LiCo, LitMed, Trad), así como a súa calidade científica. Teranse en conta a pertinencia e a novidade da investigación, a orixinalidade da súa perspectiva metodolóxica, a calidade da achega presentada e a actualidade das fontes bibliográficas. 2. O obxecto de publicación será un manuscrito inédito, produto dun traballo de investigación de impacto nacional ou internacional, nas áreas de competencia da autora/a, ou ben un volume colectivo coordinado por unha ou varias persoas. 3. O manuscrito deberá ser entregado aos membros do comité editorial (Burghard Baltrusch, Teresa Bermúdez e Gabriel Pérez) da colección completamente rematado e completo, con introdución e conclusión (no caso das monografías) e introdución (no caso de volumes colectivos), índice analítico (temático e onomástico). 4. Deberán incluírse os resumos consignados nas “Normas de edición” da colección (resumo breve e resumo extenso, de 600 e de 4.000 palabras) na lingua orixinal que serán traducidos ao inglés. 5. En calquera caso, o manuscrito deberá aproximarse o máis posible ás normas técnicas establecidas da colección iBroLiT (cf. http://gaelt-vigo.blogspot.com).

Page 6: Ibrolit series info folleto

Proceso de edición O proceso de edición dun volume en calquera das series da colección iBroLiT consta das etapas seguintes:

1. Presentación do proxecto e protocolo de aceptación de proxectos As autoras/es interesadas/os en someter a publicación dun libro académico na colección iBroLiT presentarán un proxecto ao comité editorial (Baltrusch, Bermúdez e Pérez). Neste proxecto en formato electrónico (.doc, .odt) figurarán un índice ou esquema da estrutura do volume, un resumo do libro (ou dos capítulos de libro, de tratarse dun volume colectivo) e un fragmento do contido, que permitan avaliar inicialmente o interese, achega á área de investigación e innovación da proposta. Revisada esa proposta inicial, avaliarase a conveniencia ou non da súa publicación, no marco dos obxectivos da colección e dos intereses do grupo GAELT, e informarase desta decisión á(s) persoa(s) responsable(s) do proxecto. 2. Entrega do orixinal rematado ao grupo de editores Unha vez comunicada a aceptación do proxecto de publicación, as/os autoras/es ou coordinadoras/es responsables do volume entregarán unha versión completa e rematada deste en formato dixital (.doc ou .odt), acorde coas normas de edición establecidas. O comité editorial da colección revisará a fondo todo o texto. Finalizado ese proceso de lectura, enviarase o orixinal a avaliadores externos relevantes na súa especialidade para a súa avaliación (dobre cego / peer review), no marco dun protocolo de aceptación de orixinais que garanta o cumprimento dos criterios de calidade establecidos na actualidade. Estas/es especialistas informarán sobre a idoneidade científica do contido e reflectirán o seu ditame no formulario proporcionado pola colección. Segundo os casos, o prazo de revisión de orixinais pode durar ata seis meses. De seren precisas correccións importantes (frases, parágrafos, problemas coa bibliografía etc), o texto será enviado de volta ao autor/a ou coordinador/a para que dea resposta ás demandas. Os membros do comité editorial traballarán e debaterán as opcións co(a) autor/a ou coordinador/a. De haber erratas leves, estas serán corrixidas polo comité editorial antes de pasar á seguinte fase do proceso (envío do texto a maquetación).

Page 7: Ibrolit series info folleto

3. Envío do orixinal a maquetación Superada a fase anterior, faráselle chegar o texto á maquetadora, quen preparará unha versión previa. Esta versión será enviada aos membros do comité editorial quen, á súa vez, a farán chegar á(s) persoa(s) responsable(s) do libro (autoría, coordinación) para que se efectúen as consideracións e correcións oportunas. En calquera caso, estas correcións deberán ser realizadas dentro do límite da maqueta, de xeito que non poden ser engadidos fragmentos extensos. Xa que logo, as modificacións que se fagan a posteriori da entrada do volume no proceso de maquetación serán necesariamente mínimas. 4. Envío á editorial Unha vez rematada a fase anterior, o texto definitivo xa maquetado será enviado polo comité editorial (Baltrusch, Pérez e Bermúdez) á editorial Frank & Timme (Berlín, Alemaña). É a editora Frank & Timme a responsable de introducir a portada e os títulos de crédito dos volumes da colección iBroLiT, así como de introducir os formatos acordes coa imaxe corporativa da editora e da colección.

Outras consideracións A propiedade intelectual do libro será rexistrada segundo o establecido na lexislación vixente. O comité editorial da colección iBroLiT non se responsabiliza das opinións das/os autoras/es nin dos seus xuízos científicos. Calquera situación non estipulada nestas bases será dirimida polo comité editorial. As propostas de publicación enviaranse á responsable da coordinación editorial, Teresa Bermúdez Montes ([email protected]). Máis información en <http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html>.

http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit-estudos-iberorromanicos-

de-literatura-e-tradutoloxia.html

http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html

Page 8: Ibrolit series info folleto

iBroLiT

Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía

Iberoromanic Studies in Literature and Translatology

Berlin: Frank & Timme

http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de-literatura-e-tradutoloxia.html

http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html