I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas...

29
I ESTUDO CESTA DA COMPRA EN LIÑA

Transcript of I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas...

Page 1: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I ESTUDO CESTA DA COMPRA EN LIÑA

Page 2: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

2

INTRODUCIÓN ___________________________________________________________ 3

FINALIDADE E OBXECTO DO ESTUDO ____________________________________ 5

MOSTRAS E ÁMBITO _____________________________________________________ 6

METODOLOXÍA ___________________________________________________________ 8

EVOLUCIÓN DOS PREZOS ________________________________________________ 9

VARIACIÓN DE PREZOS POR CADEA DE DISTRIBUCIÓN: ______________________ 12

ALCAMPO __________________________________________________________________________ 12 CARREFOUR ________________________________________________________________________ 12 EROSKI _____________________________________________________________________________ 13 FROIZ ______________________________________________________________________________ 13 GADIS ______________________________________________________________________________ 14 HIPERCOR __________________________________________________________________________ 14 MERCADONA _______________________________________________________________________ 15

RELACIÓN ENTRE PREZOS POR ENVASE E UNIDADE DE MEDIDA _____________ 16

PREZOS POR GRUPO DE PRODUTOS ________________________________________ 17

ALIMENTACIÓN _____________________________________________________________________ 17 BEBIDAS ____________________________________________________________________________ 18 DROGUERÍA ________________________________________________________________________ 19

CONCLUSIÓNS ______________________________________________________________ 20

CESTA DA COMPRA _____________________________________________________ 22

RESUMO ____________________________________________________________________ 23

É DOADO FACER A COMPRA POR INTERNET? ____________________________ 24

NORMATIVA E CUESTIÓNS LEGAIS ______________________________________ 27

ANEXO: CESTA DA COMPRA_____________________________________________ 29

Page 3: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

3

INTRODUCIÓN

Nos últimos tempos os hábitos de compra dos consumidores e consumidoras estanse a

modificar da man das novas tecnoloxías. É unha realidade, que internet cada día está máis

presente nas nosas actividades diarias e facer a nosa compra non é unha excepción.

Segundo os datos de consumo alimentario do Ministerio de agricultura, alimentación e

medio ambiente publicados o pasado mes de marzo1, a evolución dos hábitos de compra

por internet aumentaron de xeito continuo nos últimos 10 anos. Na actualidade representan

un 10% das compras que se realizan.

Evolución dos hábitos de compra por internet (2004 – 2013)

Por outra banda, e segundo datos do mesmo informe, os consumidores e consumidoras

elixen maioritariamente os supermercados e hipermercados para realizar as súas compras.

En alimentos non frescos a porcentaxe de persoas que os elixe supera o 70% e representan

preto do 60% no total da alimentación.

1 http://www.magrama.gob.es/es/alimentacion/temas/consumo-y-comercializacion-y-distribucion-alimentaria/PRESENTACION_DATOS_CONSUMO_2013_tcm7-321988.pdf

Page 4: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

4

Cuota de Mercado de los canales de compra

Non é menos certo que nos últimos anos, desde a explosión da crise económica, o prezo

dos produtos ten un peso cada vez máis importante na nosa decisión de mercar nun ou

noutro establecemento, máis incluso que a proximidade.

En canto á decisión sobre que produtos mercar, o 69% dos consumidores e consumidoras

recoñecen que sempre elixen as mesmas marcas e un 24% escolle entre determinadas

referencias comerciais.

Segundo un estudo de Omnicom Media Group2 sobre evolución do consumidor ante a

recesión económica, 7 de cada 10 españois manifestan seguir dispostos a consumir a

mesma marca pero buscando o menor prezo. Este mesmo estudio pon de manifesto que o

prezo converteuse nun factor de compra clave: un 65% fíxase moito máis agora nos prezos

que antes.

Estas novas realidades na toma de decisións non son estrañas aos grandes distribuidores,

é por este motivo que, nos últimos anos, as ofertas 3x2, descontos en ulteriores unidades,

produtos reclamo, diferentes tipos de envases, etc; fan que non sempre podamos facer

unhas comparativas reais que nos permitan acertar na mellor elección para os nosos

intereses.

2 http://recursos.anuncios.com/files/319/19.pdf

Page 5: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

5

FINALIDADE E OBXECTO DO ESTUDO

A Unión de Consumidores de Galicia ten como obxectivo principal do presente estudo

establecer os grupos de distribución que ofrecen mellores prezos nas súas plataformas de compra en liña, atendendo tanto aos prezos por envase como aos prezos por unidade de medida, e atendendo tanto ao conxunto dunha cesta como a tipos de produtos.

Ao xuízo de Unión de Consumidores de Galicia resultará moi ilustrativo por de manifesto que segundo a

metodoloxía de estudio, un mesmo grupo de distribución pode acadar excelentes resultados no custe final dunha

cesta da compra se atendemos a un dos criterios e un resultado ben distinto cando atendemos ao outro baremo.

Para Unión de Consumidores de Galicia, manter unha boa decisión na fixación de prezos atendendo a ambos os

elementos determinará a mellor opción xa que logo o usuario poderá adquirir a bo prezo os produtos que busca

con independencia de que precise un formato maior ou menor.

Será obxecto de estudio a relación entre ambos tipos de prezos en orden a determinar a

opción de cada grupo respecto dos formatos que comercializan.

Tamén trataremos de albiscar as condutas dos distribuidores á hora de fixar prezos e

formatos, o número de referencias dispoñibles, así como valorar a aproximación do

formato ás unidades de medida legalmente establecidas (quilo, litro, etc.); unha opción que

a xuízo de Unión de Consumidores de Galicia repercutiría moi positivamente na capacidade

do usuario para comparar prezos e de seguro incidiría na minoración dos custes por parte

dos produtores.

Ao tempo que se realiza o estudo de prezos, e como obxectivos secundarios, analizarase

o cumprimento da normativa en canto a indicación de prezos dos produtos e outros

servizos, protección de datos ou indicacións nas vendas a distancia.

Por último, realizaremos unha valoración de cada unha das plataformas co fin de

determinar que grupos de distribución apostan polo uso da novas tecnoloxías e cales

semellan empregalas quizais para non quedar fóra.

Trátase, en definitiva, de facilitar á cidadanía unha comparativa que lle axude na toma de

decisións á hora de realizar a compra de produtos de alimentación por internet, incidindo na

importancia que o formato e a unidade de medida teñen no importe final da nosa compra; se

ben moitas das conclusións poden extrapolarse ao proceso de compra en tenda física.

Page 6: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

6

MOSTRAS E ÁMBITO

A proposta de traballo que presenta a UCGAL pasa por analizar unha lista de 83 produtos divididos en tres grupos:

• Alimentación (47 referencias): Aceites, aperitivos, pastas, lácteos, conservas

vexetais, produtos de almorzo, fariñas, salsas e alimentación infantil.

• Bebidas (10 referencias): Auga, cervexa, refrescos, viño e zume.

• Droguería (26 referencias): Hixiene persoal, limpeza do fogar e droguería infantil.

Trátase de referencias de marcas comerciais xa que as marcas de distribución tenden a

estar moito máis estandarizas. Analizar os prezos de produtos de marca comercial elimina o

impacto nos resultados das políticas de prezos que cada un dos grupos de distribución pode

ter sobre os produtos de marca propia

Os produtos de referencia foron elixidos pola súa popularidade e coñecemento xeneralizado

entre os consumidores. Determinar as referencias incluídas no estudo foi unha das partes

máis complicadas xa que pronto comprobamos que non sería doado atopar todos os

produtos en todas ou na maioría dos grupos que eran obxecto de estudio. En todos os

casos tentamos que os produtos elixidos estivesen presentes na totalidade dos

establecementos comerciais incluídos no estudo.

Na lista da compra confeccionada non se recollen produtos conxelados ou frescos nin

tampouco algúns dos que, aínda que convenientes, non se puideron atopar marcas

comerciais na maioría das cadeas (por exemplo celulosas, instrumentos de limpeza ou

conservas de peixe).

En canto ao ámbito, Unión de Consumidores de Galicia incluíu no estudio a Alcampo,

Carrefour, Eroski, Froiz, Gadis, Hipercor e Mercadona; grupos que no seu conxunto e

segundo datos de Alimarket (empresa líder en xeración de contidos de información

económico – sectorial) referidos a 2013, representaban o 76% do reparto de venta retallista

en Galicia.

Todos os grupos obxecto de estudio contan con plataformas web onde se pode realizar a

compra dos seus produtos.

Page 7: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

7

Alcampo https://www.alimentacion.alcampo.es/tienda/home.php

Carrefour http://www.carrefouren liña.carrefour.es/supermercado/Bienvenida.aspx

Eroski http://www.compraen liña.grupoeroski.com/supermercado/home.jsp

Froiz https://compraen liña.froiz.com/index_alt.php

Gadis http://www.gadisline.com/web/gadisa.jsp

Hipercor http://www.hipercor.es/hipercor/sm2/login/portada.jsp?_requestid=835028

Mercadona https://www.mercadona.es/ns/entrada.php?js=1

Quedan fora do presente estudo aquelas cadeas de distribución, que aínda que asentadas

na nosa comunidade, non posúan plataforma de venta en liña.

Page 8: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

8

METODOLOXÍA

Realizáronse un total de 6 tomas de mostras durante os meses de xullo a outubro de 2014.

Os datos recollidos para cada produtos correspondíanse co PVP do envase e co prezo por

unidade de medida. Os rexistros de datos realizáronse sempre nun prazo máximo de 48

horas, agás na primeira mostra, para a que foron precisos 7 días, ao tratarse daquela na

que se determinaron os produtos incluídos na cesta da compra.

As datas da recollida de datos foron as seguintes:

10 ao 17 de xullo

31 de xullo

26 ao 27 de agosto

14 de setembro

5 de outubro

23 de outubro

Aínda sendo rigorosos na elección dos referencias a analizar, houbo momentos nos que

algúns dos produtos que conformaban a cesta da compra non se atopaban na totalidade

das tendas en liña, xa que ou ben foran eliminadas definitivamente da liña de compra ou

carecían temporalmente de existencias.

Nestes casos, e para evitar rexistros en branco que alterarían o estudo, aplicouse o prezo

medio para ese produto (media aritmética cos datos obtidos nas demais cadeas de

distribución), evitando aplicar prezos superiores ou inferiores que non responderían á

realidade e distorsionasen o resultado.

Unha vez recollidos todos os prezos dos diferentes produtos calcúlase o prezo total de cada lista da compra (por envases e por unidade de medida) ao tempo que se calcula o

prezo medio de cada toma de mostra.

Page 9: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

9

EVOLUCIÓN DOS PREZOS

Existe unha evolución diferente en canto ao prezo por envase e o prezo por unidade de

medida; é por isto que cómpre facer unha análise diferenciada co fin de verificar a

existencia ou non de posibles estratexias comerciais e como estas poden afectar na nosa

decisión de compra como consumidores e consumidoras.

A media do importe da compra por envase é de 224,77 €

A media do importe da compra por unidade de medida é de 345,61 €

211,86 €

228,73 € 220,49 € 224,58 €

237,15 € 246,69 €

203,88 €

Prezos Medios por Envase

322,70 €

364,08 € 363,51 €

342,20 €

316,81 €

369,26 €

340,73 €

Prezos Medios Unidade de Medida

Page 10: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

10

A evolución do prezos por envase durante os meses obxecto do estudo no experimentou

un cambio moi significativo. Practicamente cada unha das cadeas de distribución comezou

e rematou o estudo na mesma posición con respecto ás súas competidoras. Os mellores

resultados son para Froiz e Mercadona.

Como se pode observar, as diferenzas nas estratexias son visibles. Así como existen

cadeas comerciais que apostan por un encarecemento do prezo por envase (nalgúns casos

derivados dunha utilización de formatos de maior tamaño), existen outras que se decantan

por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique un encarecemento do prezo do

produto en valores absolutos.

Esta evolución baixista é a predominante no caso de Hipercor e relativa no caso de

Eroski. O resto das cadeas de distribución incrementan os prezos por envase, o que

significa que os consumidores precisamos desembolsar máis cartos para comprar a

mesmas cousas en outubro que en xullo aínda que a cantidade que compremos poida ser

maior.

As sete cadeas de distribución permanecen na súa posición no gráfico durante todo o

estudo salvo no caso de Eroski e Carrefor que intercambian posicións na terceira mostra

realizada, pero rematan do mesmo xeito que o comezaron.

190,00 €

200,00 €

210,00 €

220,00 €

230,00 €

240,00 €

250,00 €

260,00 €

Evolución dos prezos por envase

MERCADONA

GADIS

EROSKI

CARREFOUR

ALCAMPO

HIPERCOR

FROIZ

Page 11: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

11

Con respecto aos prezos por unidade de medida, Alcampo e de novo Mercadona obteñen os mellores resultados. As variacións de prezo foron un pouco máis evidentes. A

explicación a este comportamento atopámolo na apostas das distribuidoras por vender

envases máis grandes para así poder obter un mellor prezo en termos estandarizados.

Hai que destacar que aínda que as diferenzas entre o mellor situado, Alcampo, e o peor, Hipercor, son de máis de 60 €, existen tres grupos claramente diferenciados entre si:

Hipercor, Gadis e Eroski na parta alta da gráfica e cuns prezos por unidade de medida máis

altos; Carrefour e Froiz no centro e na parte máis baixa Mercadona e Alcampo cos prezos

máis competitivos. Entre os pertencentes aos tres grupos distan tramos que non chegan

aos 20 €.

A diferenza da gráfica anterior, neste caso existen cambios de posicións xa que Froiz e

Carrefour alternan a súa situación desde o comezo ate o remate do estudo.

Teñen unha estratexia baixista Alcampo e Carrefour o que leva parella a necesidade de

facer un maior desembolso xa que esta tendencia tradúcese en envases máis grandes ou

produtos que se venden en máis dunha unidade, polo tanto maior desembolso á hora de

realizar compra.

300,00 €

310,00 €

320,00 €

330,00 €

340,00 €

350,00 €

360,00 €

370,00 €

380,00 €

1 2 3 4 5 6

Evolución dos prezos segundo unidade de medida

MERCADONA

GADIS

EROSKI

CARREFOUR

ALCAMPO

HIPERCOR

FROIZ

Page 12: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

12

VARIACIÓN DE PREZOS POR CADEA DE DISTRIBUCIÓN:

ALCAMPO

Con respecto aos prezos medios, Alcampo obtén o mellor prezo medio por unidade de medida pero o segundo peor resultado no caso dos envases. A tradución desta

expresión é que para abaratar o custe por unidade de medida temos que comprar máis

cantidade de produto. Opción interesante para grandes consumidores.

CARREFOUR

No caso desta cadea de distribución, os seus resultados coinciden cos prezos medios

tanto en prezos por envase como por unidade de media.

190,00 €

240,00 €

290,00 €

340,00 €

390,00 €

1 2 3 4 5 6

Variación dos prezos de Alcampo

Prezos envases

Prezos Unidade Medida

190,00 €

240,00 €

290,00 €

340,00 €

390,00 €

1 2 3 4 5 6

Variación dos prezos Carrefour

Prezos envases

Prezos Unidade Medida

Page 13: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

13

EROSKI

Eroski atópase por riba da media no prezo por unidade de medida pero preto da media no caso dos envases. Isto tradúcese en que por envase, ou o que é o mesmo, por encher

o carro, pagamos un prezo medio pero, en termos absolutos, estamos comprando a un

prezo por unidade estandarizada superior á media.

FROIZ

Obtén o mellor prezo por envase, e sitúase tamén por baixo da media no caso de prezos por unidade de medida. Froiz é a cadea distribución na que resulta máis

económico encher o carro cos produtos da nosa cesta, e o prezo por unidade estandarizada

sitúase un pouco por baixo da media dos sete supermercados analizados. O resultado

deste grupo sitúao como unha das dúas mellores opcións con independencia do formato.

190,00 €

240,00 €

290,00 €

340,00 €

390,00 €

1 2 3 4 5 6

Variación dos prezos de Eroski

Prezos envases

Prezos Unidade Medida

190,00 €

240,00 €

290,00 €

340,00 €

390,00 €

1 2 3 4 5 6

Variación dos prezos de Froiz

Prezos envases

Prezos Unidade Medida

Page 14: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

14

GADIS

Neste caso atopámonos por moi por riba da media cando nos referimos a unidade de medida pero dentro desta se atendemos a prezos por envase. Isto significa que aínda

que encher o carro da compra cos produtos da nosa cesta non supoña un excesivo custe, si

resulta un maior desembolso para adquirir unidades estandarizadas dos mesmos (kg, litro,

lavado, etc.)

HIPERCOR

Esta é a cadea de distribución que ten uns os prezos máis elevados tanto en referencia a envases como en unidade de medida. A opción de compra menos interesante con

independencia do formato.

190,00 €

240,00 €

290,00 €

340,00 €

390,00 €

1 2 3 4 5 6

Variación dos prezos de Gadis

Prezos envases

Prezos Unidade Medida

190,00 €

240,00 €

290,00 €

340,00 €

390,00 €

1 2 3 4 5 6

Variación dos prezo de Hipercor

Prezos envases

Prezos Unidade Medida

Page 15: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

15

MERCADONA

É o outro grupo de distribución que está por baixo da media tanto no caso de prezos por envases como no prezo medio por unidade de medida, e malia que non obtén o

mellor resultado en ningún dos dous parámetros, obtén o mellor resultado global do noso estudio ao acadar o segundo posto nas dúas estatísticas.

Manterse por baixo da media tanto en prezos por envases como por unidade de medida (ao igual que Froiz) amósanos unha estratexia que tenta combinar ambas as dúas referencias e que permite comprar os produtos que o consumidor precisa a un prezo competitivo con independencia do formato do envase polo que se decante.

190,00 €

240,00 €

290,00 €

340,00 €

390,00 €

1 2 3 4 5 6

Variación dos prezos de Mercadona

Prezos envases

Prezos Unidade Medida

Page 16: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

16

RELACIÓN ENTRE PREZOS POR ENVASE E UNIDADE DE MEDIDA

Se analizamos as diferenzas entre prezo por envase e por unidade de medida atopámonos que a cadea de distribución que conta cunha menor diferenza entre ambas é Alcampo, mentres que na que máis se distancian é Eroski.

A existencia de unha menor diferenza significa que as medidas tenden a estar máis

estandarizadas, ou o que é o mesmo, a ser produtos dunhas dimensións que tenden hacia

as unidades de referencia, o quilo ou o litro.

A converxencia de ambos prezos facilitaríanos a comparativas entre cadeas de distribución,

se ben é certo que tamén nos levaría a situacións nas que poderiamos acabar mercando

máis cantidade, aumentando así o risco de desbotar produto non consumido e incidindo así

nun maior gasto final.

MERCADONA

GADIS

EROSKI

CARREFOUR

ALCAMPO

HIPERCOR

FROIZ

110,84 €

136,12 €

143,02 €

117,62 €

79,66 €

122,58 €

136,85 €

Diferencias entre prezo por envase e unidade de medida

Page 17: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

17

PREZOS POR GRUPO DE PRODUTOS

ALIMENTACIÓN

Os produtos de alimentación son os que teñen un peso máis importante no noso estudo (47 referencias). Son os que representan un maior número de referencias aínda que non a parte máis elevada do gasto por envase.

No caso do prezo por envase, a cadea de distribución mellor situada, ao igual que no total da lista da compra, é Froiz cun custe de case 84 €, (un 25% menos que a máis cara Hipercor con 104 €) seguida de Gadis.

No caso do prezo por unidade de medida, a cadea de distribución que ofrece uns mellores prezos para a nosa cesta da compra é Alcampo (240 €) seguida a 4 € de distancia por Mercadona. Na parte oposta da gráfica atopamos a Hipercor e Gadis onde resulta 35 € máis caro realizar a compra por unidade de medida.

96,01 € 91,87 €

96,05 € 100,72 € 100,20 €

104,46 €

83,84 €

ALIMENTACIÓN PREZO POR ENVASE

247,54 €

274,81 € 272,68 € 265,78 €

240,13 €

275,73 €

256,08 €

ALIMENTACIÓN PREZO UNIDADE MEDIDA

Page 18: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

18

BEBIDAS

É o grupo de produtos máis pequeno con só 10 referencias. As cadeas de distribución que ofrecen un mellor prezo por envase son Eroski e Froiz e a que ofrece un prezo máis caro é Mercadona.

No caso dos prezos por unidade de medida Alcampo é onde resulta máis económico realizar a compra de bebidas e as máis caras son Gadis e Carrefour a un euro de distancia.

Neste grupo pódese diferenciar claramente como unha estratexia de grandes volumes pode situarnos na parte máis alta da gráfica no caso de prezo por envase pero moi preto da parte baixa no prezo por unidade de medida.

26,32 €

20,58 € 19,18 €

23,58 €

20,07 € 23,02 €

19,22 €

BEBIDAS PREZO POR ENVASE

14,43 €

14,88 €

14,53 €

14,86 €

13,88 €

14,40 € 14,50 €

BEBIDAS PREZO UNIDADE DE MEDIDA

Page 19: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

19

DROGUERÍA

O Grupo de droguería é o que representa a maior parte do desembolso na nosa cesta da compra. Conta con un total de 26 referencias.

A cadea de distribución que se sitúa nunha mellor posición á hora de realizar a compra de droguería por envase é Mercadona con 89,50 € un 33% máis económica que a máis cara, Hipercor con 119 €.

No caso de prezo por unidade de medida Mercadona (60,70 €) mantense na súa posición de mellor opción, seguida moi de preto po Alcampo e a case 20 € da máis cara, Hipercor (79 €).

89,53 €

116,80 € 105,26 € 100,28 €

116,88 € 119,21 €

100,82 €

DROGUERÍA PREZO POR ENVASE

60,72 €

75,69 € 76,30 €

61,55 € 62,74 €

79,16 € 70,11 €

DROGUERÍA PREZO UNIDADE DE MEDIDA

Page 20: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

20

CONCLUSIÓNS

Realizando unha comparativa entre os prezos por unidade de medida e os prezos por

envase podemos dicir que a cadea de distribución que se atopa mellor situada (máis

preto dos eixos) ou que ten unha mellor relación entre prezo por envases ou por unidade de medida é Mercadona. No extremo oposto (máis afastado dos eixos) atópase

Hipercor, sendo este o supermercado en cuxa tenda en liña resulta máis caro realizar a

compra.

Xa dende a primeira toma de mostra démonos conta da imposibilidade de poder facer a mesma “cesta da compra” en todas as cadeas de distribución. Aínda que os produtos

eran os mesmos, as presentacións eran diferentes.

Existen estratexias diferenciadas. Así como nuns casos existe unha aposta decidida por

abaratar o prezo por unidade de medida, o que se traduce nun maior desembolso á hora

de realizar a compra; noutros atopámonos con un abaratamento dos envases

incrementando o prezo estandarizado, ou o que é o mesmo reducir o prezo do carro da

compra pero encarecer o produto que mercamos.

O equilibrio atopámolos naquelas cadeas que de distribución que teñen en conta ambos os

dous aspectos.

310,00 €

320,00 €

330,00 €

340,00 €

350,00 €

360,00 €

370,00 €

380,00 €

190,00 € 200,00 € 210,00 € 220,00 € 230,00 € 240,00 € 250,00 €

Prez

os p

or u

nida

de d

e m

edid

a

Prezos por envase

Relación prezos medios

MERCADONA

GADIS

EROSKI

CARREFOUR

ALCAMPO

HIPERCOR

FROIZ

Page 21: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

21

Para encher o carro precisamos 224 € de media. A mellor opción en relación ao prezo por envase é Froiz onde realizar a compra cústanos 203 €, seguida moi de preto por

Mercadona. En Hipercor precisamos 43 € máis.

En prezos por unidade de medida a cadea máis competitiva é Alcampo onde gastamos

316 € só 6 menos que a seguinte Mercadona pero a un 16% menos que a máis cara, Hipercor. De media precisamos 345 € para realizar a nosa cesta da compra en unidades

estandarizadas.

Page 22: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

22

CESTA DA COMPRA

Como xa comentamos, a elaboración da cesta da compra foi un aspecto complicado deste

estudo, posto que dende o primeiro momento démonos conta que sería imposible facer a

mesma análise en todas as cadeas de distribución dada a falla de coincidencia dos

formatos ou a propia falla puntual dalgunha das referencias.

A cadea de distribución que sofre unha maior perda de referencias na nosa lista da

compra foi Carrefour onde desaparecen 6 produtos, mentres que Gadis, Eroski e Froiz practicamente non sufriron variacións.

Por cadeas de distribución podemos atopar as seguintes incidencias encanto á

conformación da lista da compra:

Tanto Carrefour como Alcampo teñen unha tendencia á baixa no seus prezos por envase ao tempo que desaparecen produtos do seu liñal de internet. Parece que a

mellora nos prezos descorre á par dunha limitación das opcións para os consumidores e

consumidoras.

Mercadona tamén sofre unha redución de referencias parecida á de Alcampo aínda que na

súa tenda en liña podemos atopar un maior número dos produtos que conforman a nosa

lista da compra.

As ofertas ou promocións 3x2 non sempre supoñen un aforro para os nosos petos,

sobre todo se decidimos comprar un só produto no canto dos tres. Tanto no caso de

Carrefour como Eroski, cadeas onde son máis frecuentes este tipo de promocións,

atopámonos produtos afectados por estas ofertas que ven incrementado o seu prezo individual.

Page 23: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

23

RESUMO

Atopámonos referencias que teñen un envase diferente para case cada cadea de distribución o que fai necesaria a comparación a través do prezo por unidade de medida.

Un dos casos que máis chama a atención é o do lavalouzas Fairy, para do cal atopamos 5

envases diferentes nos 7 grupos de distribución (850, 900, 615, 750 e 1.190 ml).

En diversos casos atopamos variacións nos formatos dos produtos analizados, botellas

de lixivia que pasa de 2,3L a 2L ou Ketchup que baixa o seu volume son exemplos que

debemos ter en conta. Debemos vixiar estas circunstancias, xa que nalgunhas ocasións

estas variacións nos formatos non van acompañadas dunha variación no prezo. Ou o

que é o mesmo encarece o prezo por unidade de medida.

A non estandarización de formatos lévanos a que se dean picarescas como variar o formato pero mantendo o mesmo prezo. Nos casos atopados o envase faise máis

pequeno pero o prezo non varía.

Existen produtos que presentan evolucións similares en todas as cadeas de distribución ao mesmo tempo ou en prazos moi similares. Entre a toma de mostras 5 e 6 o

aceite de oliva dispara o seu prezo incrementándose en máis de 50 céntimos en todas

as cadeas de distribución.

Seguimos atopando produtos que se etiquetan ou se destacan como oferta e que teñen prezos maiores que na toma de mostra anterior. Polo que debemos ser cautos cos

nosos impulsos de compra diante dunha referencia como a sinalada e tentar comparar

sempre.

A unidade de medida establecida non sempre é unha referencia que poda reflectir a

variación dos prezos. Cando prezo por unidade de medida é moi baixo (toalliñas de bebe

por exemplo) unha variación no prezo do envase, na maioría dos casos, non ten repercusión no prezo por unidade de medida.

Page 24: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

24

É DOADO FACER A COMPRA POR INTERNET?

Como sinalábamos na introdución do estudo, a venta por internet en España está presente

dende hai máis de 10 anos. Neste tempo a maioría da cadeas de distribución dotáronse

dunha plataforma de venta en liña.

Durante a recollida de datos tivemos a oportunidade de avaliar cada unha das plataformas

das cadeas de distribución analizadas, ao tempo que valoramos a facilidade á hora de

realizar a compra.

Debemos destacar que antes do acceso ás tendas en liña todas as cadeas de distribución

ofrecen información clara e fácil de identificar sobre os métodos de pago, gastos inherentes ao do servizo, e formas de como hai que realizar os trámites. Tamén

aparecen facilmente destacados os servizos de certificación cos que contan as diferentes

plataformas de venta.

Unha vez accedemos ás tendas en liña, as diferenzas comezan a ser máis visibles, xa

que nos atopamos con dous tipos diferentes de plataformas que responden a dúas

estratexias de posicionamento claramente diferenciadas.

Por un lado, empresas como Gadis, Froiz e Mercadona, contan cunhas plataformas de

venta, ao noso entender, simples e pouco intuitivas, sen imaxes dos produtos (Froiz

acábaos de introducir) e que contan cuns sistemas de procura de referencias mellorables,

por non teñen opción de auto enchido.

Page 25: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

25

Por outro lado as outras catro cadeas de distribución (Alcampo, Carrefour, Eroski e Hipercor) dotáronse de plataformas de venta moito máis intuitivas e con facilidades na procura de referencias.

Page 26: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

26

Neste punto gustaríanos destacar a aposta pola compra electrónica realizada por Carrefour ao contar coa primeira APP de compra así como unha web optimizada para dispositivos móbiles. Esta aposta fai da compra en liña algo

atractivo ao tempo que fácil de realizar.

Dende a Unión de Consumidores de Galicia invitamos ao resto das cadeas de distribución a realizar esta aposta

sobre todo se atendemos ao incremento constante das cifras

de compra por internet e de uso de dispositivos móbiles como

smartphones ou tablets para realizar as compras.

Page 27: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

27

NORMATIVA E CUESTIÓNS LEGAIS

Os aspectos normativos que quixemos analizar afectaban por unha banda ao cumprimento da normativa relativa a etiquetado de prezos e por outro a protección de datos, privacidade e información preceptiva segundo a normativa de comercio electrónico.

No referente á indicación de prezos e dende a entrada en vigor do Real Decreto 3423/2000, de 15 de decembro, polo que se regula a indicación dos prezos dos produtos ofrecidos aos consumidores e usuarios todos os comerciantes están obrigados a indicar o prezo de venta e os prezos por unidade de medida en todas as referencias analizadas na nosa cesta da compra3

Artigo 2. Definicións.

A efectos do presente Real Decreto enténdense por:

a) “Prezo de venta”: o prezo final dunha unidade de produto ou dunha cantidade determinada do produto, incluídos o Imposto sobre o Valor Engadido (IVA) e todos os demais impostos.

b) “Prezo por unidade de medida”: o prezo final, incluídos o IVA e todos os demais impostos, por un quilogramo, un litro, un metro, un metro cadrado ou un metro cúbico do produto ou unha unidade de produto, ou, con respecto aos produtos especificados no anexo II, a cantidade establecida no dicho anexo. Tendo en conta que se pode empregar só unha unidade de medida para cada categoría de produtos.

Anexo II respecto a deterxentes

Nos deterxentes destinados ao uso doméstico para o lavado de roupa en máquinas automáticas, a unidade de medida referirase á cantidade necesaria para un lavado en condicións normais de lixo e dureza da auga de 25 grados franceses.

Dende a Unión de Consumidores de Galicia entendemos que a referencia de unidade medida que obriga aos deterxentes é un criterio a lo menos cuestionable ao resultar excesivamente técnico e pouco empregado polos consumidores e consumidoras de a pé, e que ademais préstase a confusión (lavado / caciño). Quizais resultaría máis axeitado empregar unha unidade facilmente comprensible e verificable pola meirande parte das persoas que adquiren o produto.

A pesares das indicacións legais, case a totalidade das cadeas de distribución analizadas cumpren o RD 3423/2000 e mostran a totalidade dos seus produtos co PVC e co prezo por unidade de medida. Aínda que algunhas tentan que ambas as dúas referencias estean facilmente localizables en todo o momento da compra como no caso de Hipercor, onde están presentes ao longo de todo o proceso de compra, o que facilita poder realizar unha comparativa coas medidas estandarizadas en calquera momento.

3 Só coa excepción dos viños con indicación xeográfica e os viños con denominación de orixe

Page 28: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

28

O único grupo que non cumpre coa citada norma é Froiz en cuxa web non aparecen indicados os prezos por unidade de medida, debendo ser o propio consumidor quen se

encargue de realizar os cálculos se quere coñecer este dato. Aínda así, nalgúns casos (por

exemplo iogures) a tarefa complicase ao non ter ningunha referencia da cantidade de

produto que imos adquirir. Desde a Unión de Consumidores de Galicia instamos a Froiz a corrixir o seu etiquetado e adaptarse á normativa vixente.

Non cómpre facer ningunha especial referencia a cuestións relacionadas coa política de privacidade, protección de datos ou identificación do titular da páxina, e outros aspectos relacionados coa contratación a distancia xa que logo a xuízo de Unión de Consumidores de Galicia todas as empresas cumpren a normativa e contan cun bo nivel de accesibilidade.

Page 29: I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciaisconsumidores.gal/wp-content/uploads/2014/11/I-Estudo-Cesta-da... · por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique

I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais

29

ANEXO: CESTA DA COMPRA

• ACEITE XIRASOL KOIPESOL • ACEITE OLIVA VIRXE EXTRA CARBONELL • ACEITUNA NEGRA LA ESPAÑOLA • ACEITUNA RECHEA LA ESPAÑOLA • ALCACHOFA CORAZÓNS CIDACOS • ARROZ REDONDO SABROZ BRILLANTE • AZUCAR MORENO AZUCARERA • BATIDO CHOCOLATE PULEVA • CACAO SOLUBLE COLA CAO • CAFE MOLIDO NATURAL BONKA • CAFE SOLUBLE DESCAFEINADO NESCAFE • PASTILLAS POLO AVECREM • CALDO LIQUIDO POLO GALLINA BLANCA • CANELÓNS PLACAS GALLO • COPOS MAIZ CORN FLAKES KELLOGGS • CEREAL SOLUBLE EKO • CHOCOLATE C/LEITE AMÉNDOAS NESTLE • CRACKER GALLETA SALADA TUC LU • CREMA CACAO 2 SABORES NOCILLA • ESPARRAGO BLANCO CIDACOS • FIDEO FINO PASTA GALLO • GALLETA MARIA DORADA MARBU • FARIÑA MAICENA • FARIÑA PAN • KETCHUP HEINZ • LEITE INFANTIL LIQUIDA NESTLE • LEITE SEMIDESTONADA CALCIO PASCUAL • MACARRON PLUMA GALLO • MARGARINA VEXETAL TULIPAN • MAIONESA CASEIRA CALVE • MARMALADA FRESA TEMPADA HERO • MOSTAZA MAILLE • NATILLAS CHOCOLATE DANET DANONE • PAN MOLDE BIMBO • PAPILLA POLVO NESTLE • PETIT SUISSE FRESA DANONINO DANONE • QUEIXO BARRA LARSA • QUEIXO FRESCO BURGOS ARIAS • QUEIXO PORCIÓNS LIGHT EL CASERIO • QUEIXO UNTAR PHILADELPHIA • SALCHICHA PAVO OSCAR MAYER • SPAGHETTI GALLO

• TARRITO GUISANTES C/ XAMÓN COCIDO BABY HERO

• TARRITO MAZÁ / PLATANO HERO BABY • IOGUR LIQUIDO ACTIMEL DANONE • IOGUR NATURAL ZUCRE DANONE • TARRITO POLO C/ VERDURAS HERO BABY • AUGA MINERAL NATURAL CABREIROÁ • BEBIDA ISOTONICA LIMÓN AQUARIUS • CERVEXA ESTRELLA GALICIA • COLA NORMAL COCA COLA • GASEOSA LA CASERA • LIMON CON GAS FANTA • LARANXA CON GAS FANTA • VIÑO BLANCO DON SIMON • VIÑO TINTO MESA • ZUME LARANXA CON PULPA DON SIMON • CHAMPÚ PANTENE • COMPRESA CON ÁS EVAX • DENTIFRICO PASTA COLGATE • DESENGRAXANTE KH-7 • DESODORANTE BYLY • DETERXENTE LAVADORA ARIEL • DETERXENTE LAVADORA A MAN PERLAN • DETERXENTE LAVALOUZAS FINISH • ENXUAGUE BUCAL LISTERINE • ESCUMA BARBEAR GILLETTE • ESCUMA CABELO FRUCTIS • XEL BAÑO SANEX • XABRÓN MANOS DOVE • LAVALOUZAS MANO FAIRY • LIXIVIA LAVADORA NEUTREX • LIMPACALZADO BETUN BUFALO • LIMPACRISTAIS CRISTASOL • LIMPADOR MOBLES PRONTO • LIMPADOR VITROCERAMICA VITROCLEN • LIMPAFOGAR BIOALCOHOL TENN • MAQUINILLA BARBEAR FUSION • PAÑAL DODOT • PROTEXESLIP EVAX • SUAVIZANTE ROUPA FLOR • TAMPONS TAMPAX

• TOALLITAS HUMEDAS BEBE DODOT