Hume a Norma Do Gusto Resume

10
5. Hume: a norma do gusto. David Hume (1711-1776) naceu en Edimburgo. O pai morreulle cando aínda era cativo. Inicialmente, pensou en seguir a carreira xurídica mais, nas súas palabras, chegou a unha "aversión total a todo o que non fose o camiño da filosofía e do ensino en xeral". A súa nai ficou asustada coa decisión, mais Lord Kames, un parente e protector de Hume, tamén filósofo e ilustrado e protector ademais de Adam Smith, tranquilizouna. Adam Smith que escribiría A riqueza das nacións. Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións (1776). É un traballo de economía política no xurdir da Revolución Industrial, e é amplamente considerado o primeiro traballo no campo da economía moderna. A obra tamén é unha razoada defensa das políticas do mercado libre. Con doce anos Hume estaba xa estudando na Universidade de Edimburgo, cando o normal eran catorce. Durante dez anos devorou canto libro de filosofía lle caía nas mans, chegando ao límite do desequilibrio mental e da enfermidade física. Decidiu pasar a unha vida máis activa e comezou a traballar como axente de comercio. Nunha das súas viaxes acabou en Anjou, en Francia, discutindo cos xesuítas do Colexio de La Flèche. Neste colexio estudara Descartes uns 125 anos antes. Proseguiu os seus estudos como autodidacta en Francia, onde redactou a súa obra Tratado da Natureza Humana con 26 anos. A pesar de que moitos académicos consideren hoxe o Tratado como a obra máis importante de Hume e un dos libros máis significativos da historia da filosofía, o público británico non se entusiasmou inmediatamente. Hume esperaba un ataque ao seu libro e preparábase para o defender apaixonadamente. Para a súa sorpresa, pasou totalmente desapercibido. O propio Hume describiu a (falta de) reacción do público á publicación do tratado en 1739-40 coas seguintes palabras: o libro "saíra morto da editora tralo seu nacemento". 1

description

Hume a Norma Do Gusto Resume

Transcript of Hume a Norma Do Gusto Resume

Page 1: Hume a Norma Do Gusto Resume

5. Hume: a norma do gusto.

David Hume (1711-1776) naceu en Edimburgo. O pai morreulle cando aínda era cativo.

Inicialmente, pensou en seguir a carreira xurídica mais, nas súas palabras, chegou a unha "aversión

total a todo o que non fose o camiño da filosofía e do ensino en xeral". A súa nai ficou asustada coa

decisión, mais Lord Kames, un parente e protector de Hume, tamén filósofo e ilustrado e protector

ademais de Adam Smith, tranquilizouna.

Adam Smith que escribiría A riqueza das nacións. Unha investigación sobre a natureza e as causas

da riqueza das nacións (1776). É un traballo de economía política no xurdir da Revolución

Industrial, e é amplamente considerado o primeiro traballo no campo da economía moderna. A obra

tamén é unha razoada defensa das políticas do mercado libre.

Con doce anos Hume estaba xa estudando na Universidade de Edimburgo, cando o normal eran

catorce.

Durante dez anos devorou canto libro de filosofía lle caía nas mans, chegando ao límite do

desequilibrio mental e da enfermidade física. Decidiu pasar a unha vida máis activa e comezou a

traballar como axente de comercio. Nunha das súas viaxes acabou en Anjou, en Francia, discutindo

cos xesuítas do Colexio de La Flèche. Neste colexio estudara Descartes uns 125 anos antes.

Proseguiu os seus estudos como autodidacta en Francia, onde redactou a súa obra Tratado da

Natureza Humana con 26 anos. A pesar de que moitos académicos consideren hoxe o Tratado como

a obra máis importante de Hume e un dos libros máis significativos da historia da filosofía, o

público británico non se entusiasmou inmediatamente. Hume esperaba un ataque ao seu libro e

preparábase para o defender apaixonadamente. Para a súa sorpresa, pasou totalmente desapercibido.

O propio Hume describiu a (falta de) reacción do público á publicación do tratado en 1739-40 coas

seguintes palabras: o libro "saíra morto da editora tralo seu nacemento".

1

Page 2: Hume a Norma Do Gusto Resume

Como tiña moi poucos cartos decidiu que había que levar unha vida sacrificada e frugal que lle

permitira manter a súa independencia, para non perder o seu tempo gañándose o sustento e poder

entregarse así en corpo e alma á produción filosófica.

En 1744 negáronlle a Cátedra de Neumática e filosofía moral na universidade de Edimburgo. En

filosofía, neumatoloxía ou pneumática é a "ciencia" dos espíritos (pneuma) entendida como

investigación en torno a relación entre Deus e as almas. Os ministros anglicanos de Edimburgo

solicitaron que non lle deran a cátedra acusándoo de ateo.

Sábese que durante o ano 1745 tivo algún traballo nun teatro da cidade. Durante tres anos foi

secretario dun xeneral. En 1750 é acusado de herexía e case ten que ir a xuízo se non é pola

intervención dos seus amigos, especialmente o seu padriño, Lord Kames, que era avogado e xuíz.

Polo mesmo motivo de ateísmo perde unha Cátedra na universidade de Glasgow.

Hume pensou que o problema do seu primeiro libro, o Tratado era o estilo e non o contido, así que

o recortou e lle deu un estilo máis lixeiro, renovou parte do material para consumo máis popular

nun esforzo que tivo como resultado a Investigación sobre o entendemento humano (1748).

Tampouco tivo moitos lectores, aínda que funcionou mellor có Tratado. A Investigación leuna Kant,

entón un descoñecido profesor universitario en Königsberg, xa de idade avanzada e aínda sen

ningunha obra relevante. Kant dixo que este libro lle fixera espertar do seu "soño dogmático" e foi

despois de espertar do seu soño dogmático cando se puxo a escribir a Crítica da razón pura en

1781. Por certo que Kant nunca leu o Tratado da Natureza Humana.

Viviu a última década da súa vida en Edimburgo, na cidade nova.

Hume nunca casou -nin deixou fillos.

A cidade de Edimburgo

Sobre o 1550 comeza a construción da Flodden Wall, a muralla que rodea a cidade coa intención de

protexela dos ingleses, propósito que incumpriu en diversas ocasións.

2

Page 3: Hume a Norma Do Gusto Resume

Coa muralla rodeando a cidade e unha poboación cada vez máis elevada, a única forma de facer

crecer a cidade era en altura.

Na Royal Mile -a milla real- comezaron aparecer as primeiras edificacións de pedra (lands) de entre

5, 8 e 12 alturas. Cando estes edificios quedaron curtos, empezáronse a construír casas de madeira

enriba das existentes.

Ademais das continuas loitas cos ingleses e as propias guerras civís, a densidade de poboación da

"cidade dos rañaceos" converteuse nun niño de infeccións, enfermidades, incendios e pragas.

1500. 12.000 hab.

1550. 15.000 hab.

1690. 50.000 persoas, é dicir, a cidade pasou por un crecemento esaxerado.

Daniel Defoe, autor do Robinson Crusoe escribiu: "Non existe outro lugar no mundo no que a xente

estea tan apretada como en Edimburgo".

http://maps.nls.uk/view/74400069

3

Page 4: Hume a Norma Do Gusto Resume

No século XVIII, o inicio da New Town

A peste, o tifos e o cólera formaban parte dunha poboación que ao berro de "¡Gardy Loo!" (Auga

vai), lanzaba pola fiestra o lixo e os excrementos. Unha poboación que empregaba o Lago Norte

(actuais Xardíns de Princes Strees) como vertedoiro de augas residuais e fonte de auga potábel ao

mesmo tempo. Unha poboación tan densa que, finalmente, non podía facer nada por sobrevivir.

A unión entre Inglaterra e Escocia, firmada en 1707, deixou de facer necesarias as murallas e trouxo

algo de alivio a esta situación que non sería definitivamente remediada até a planificación da cidade

nova. Lembremos que David Hume vive entre o 1711 e o 1776) . Foi en 1767 cando comezou a

planificación da New Town (Cidade Nova). Tras un concurso público, púxose en marcha un

proxecto de grandes rúas paralelas, prazas e xardíns.

Co auxe da Cidade Nova, a capital escocesa comezou ser unha cidade atractiva para os pensadores

da época. Como exemplo de facto, entre 1768 e 1771 publicouse en Edimburgo a primeira

Enciclopedia Británica, aínda en vida de Hume.

O protector de Hume e en parte responsábel de que se dedicara á filosofía é Henry Home, Lord of

Kames (1696-1782). Avogado e xuíz do Tribunal supremo de Escocia en 1752, un dos líderes da

Ilustración escocesa. Non aristócrata de nacemento, senón un burgués que se gaña o título de Lord

polos seus servizos á coroa británica.

Hume no dejó nunca de ensalzar a Kames, de quien dijo que era el mejor amigo que jamás he

tenido, además de el hombre más grande del mundo y una mente de hierro en un cuerpo de hierro.

No obstante, Hume y Kames discutían constantemente, particularmente en materia de religión.

Hume era ateo, y Lord Kames anglicano, algo raro en Edimburgo, donde la mayoría de la

aristocracia terrateniente era calvinista (presbiteriana). Kames detestaba el ateísmo.

4

Page 5: Hume a Norma Do Gusto Resume

Kames ten unha teoría filosófica que asegura que a humanidade foi mellorando progresivamente

pasando por catro estadios: cazadores/recolectores, pastores/gandeiros, agricultura, cidades.

Se Shaftesbury é o Platón da estética pola súa concepción aristocrática e trascendental da beleza.

Kames é o Aristóteles inglés do XVIII, por metódico e porque fai investigación sobre o concreto do

feito estético.

Kames distingue:

- beleza intrínseca (ou beleza sensíbel), de cada unha das cousas por separado. As cousas provocan

en nós emocións agradábeis.

Esta beleza está nas cousas e trátase dunha beleza do sentido externo, especialmente da vista, dos

obxectos da vista, aínda que non só. A beleza é algo obxectivo, non subxectivo. Os órganos dos

sentidos son afectados polos obxectos e entón provocan nestes unha sensación de beleza,

independentemente das peculiaridades de cada suxeito.

A beleza é complexa e resulta dunha conxunción de certos detalles e certas calidades do obxecto

(cor, figura, tamaño, movemento).

A beleza intrínseca é algo que se esgota en si mesma, que non remite a nada máis alá dela mesma, é

fin en si mesma, e a súa única ‘función’ é provocar a nosa felicidade. O conxunto que é a obra de

arte afecta o ollo, suscitando en nós dozura e alegría. Pero a captación da beleza non pode quedarse

neste mero recibir imaxes.

- hai tamén unha beleza relativa, que sen pertencer totalmente a eles, acércase máis ao ámbito do

entendemento e da reflexión.

A beleza é neste segundo sentido finalidade, utilidade.

A beleza é algo que se aparece cando se trata de algo conveniente, apropiado, axeitado á súa

finalidade.

Os animais só perciben o primeiro tipo de beleza. O segundo tipo de beleza só pode ser captada

polos humanos. É a súa facultade do gusto quen a capta.

5

Page 6: Hume a Norma Do Gusto Resume

Existen certos detalles no gusto que non poden ser xustificados porque a facultade do gusto é o

sentimento. Porén, podemos formular uns principios xerais do gusto válidos para todos.

É posíbel establecer un estándar do gusto, unha serie de normas compartidas por todos, de acordo á

natureza, que tamén é unha soa.

Cando coinciden as dúas belezas (a beleza sensíbel e a utilidade dun corpo) trátase de algo

deleitable, do óptimo que se pode acadar.

É necesario mellorar o propio gusto, educalo, para que aumente a nosa capacidade de simpatía pola

pena e pracer alleos. A beleza relativa é un medio que tende a un ben, fin ou destino: a moderación

das paixóns, de por si tumultuosas. A arte debe darlle forma axeitada ás paixóns. Trátase finalmente

de algo que se refire á necesidade do ser humano de manter unha conduta digna da súa natureza -

axeitada aos designios do creador- e socialmente xusta. O gusto pola beleza consiste en adaptarnos

e poñernos de acordo coa natureza humana.

O gusto debe ir contra o gusto pola novidade e tamén contra a costume e os hábitos.

O criterio estético propio dos que poden decidir en cuestión de gustos é o sentido común, propio só

dos que teñen unha finura natural (beleza intrínseca) máis unha cultura refinada (beleza relativa).

Home une unha estética do agradábel (beleza intrínseca) e unha estética do digno (beleza relativa).

1. Dous tipos de beleza.

No Tratado (1739) David Hume afirma que o estético é diferente do racional e do moral. A razón

establece relacións entre as cousas, descobre a súa proporción. É curiosa esta concepción

económica da razón. A moral consiste na censura ou aprobación dunha conduta. A beleza é un gusto

ou sentimento subxectivos e indefiníbeis que provocan pracer ou satisfacción da alma. A beleza non

se pode definir, senón que simplemente é discernida mediante un gusto ou un sentimento.

6

Page 7: Hume a Norma Do Gusto Resume

O gusto é un “sentido interno” [inner sense] e a beleza é un pracer que ten que ver con este sentido.

Hume distingue seguindo a Kames:

- beleza da forma, que ten que ver coa aparencia dos obxectos e a súa boa proporción.

- beleza da imaxinación, que ten que ver coa utilidade. Non se trata dunha utilidade real ou egoísta,

senón imaxinaria. Unha cousa é o agrado ante a vida e outra é o agrado ante a ficción, que é a que

opera na arte.

Por exemplo, nos Ensaios morais e políticos (1742), considera que o belo é tamén bo e o bo é belo,

porque ambos son útiles. A contemplación dun campo de trigo provócanos pracer debido á

imaxinación do sentimento do propietario e de todos aqueles que se benefician del. A beleza do

campo consiste na súa fertilidade, na utilidade e adecuación con respecto ao obxecto. Neste feito

pouco importa a percepción que nos chega a través dos sentidos do campo. Un obxecto que provoca

pracer ou algunha vantaxe no seu dono é un obxecto con tendencia a que o consideremos un

obxecto belo. A conveniencia dunha casa, a fertilidade dun campo.

O estético provén finalmente do sentimento de conveniencia: tras descubrir a proporción mediante a

razón, aínda hai que sentir a súa conveniencia, a súa adecuación, a súa utilidade.

2. Sobre a norma do gusto (1757).

O problema está en que se o gusto ten que ver co sentimento e o pracer, de onde sae o estándar do

gusto, a súa universalidade? Hai unha grande variedade de gustos [taste]. As obras espertan

sentimentos agradábeis. A beleza ou a deformidade son cuestión dun sentimento. Os sentimentos

acerca da beleza ou da deformidade difiren. Ao contrario que nas ciencias ou nas materias de

opinión, no gusto non hai acordo posíbel.

En moral de entrada parece que hai acordo acerca do virtuoso e do vicioso. Ben porque se trata de

sentimentos semellantes en tódalas culturas; ben porque en cada lingua existen unhas palabras fixas

coas que distinguir ambos termos. Agora ben, cando entramos a dar exemplos particulares comezan

7

Page 8: Hume a Norma Do Gusto Resume

os problemas. Cada persoa acaba entendendo algo diferente baixo os termos de elegancia,

simplicidade, inxenio...

Un xuízo pode estar equivocado se a súa referencia non existe. Acerca dunha cousa, só hai un xuízo

correcto.

Polo contrario, parecería imposíbel establecer unha norma para o gusto. As afirmacións sobre o belo

e o feo baséanse en sentimentos e os sentimentos non poden ser verificados ou falsados, porque os

sentimentos non se refiren a nada fóra de si mesmos.

"La belleza no es una cualidad de las cosas mismas; existe sólo en la mente que las contempla, y

cada mente percibe una belleza diferente"1.

De entrada, con respecto ao belo, non se pode dicir que haxa un certo consentimento e experiencia

compartida por tódalas nacións e épocas. Semella inútil discutir sobre gustos.

Porén, ante obxectos moi desproporcionados, é dicir, un moi belo e outro moi feo, semella que hai

acordo. As obras dun verdadeiro xenio perduran na historia, como os poemas de Homero. Ademais,

parece que finalmente toda a humanidade coincide en que hai unha serie de obras que son

indiscutibelmente valiosas, co cal o problema do relativismo do gusto non pode ser tan grave. O

sentido común afirma que o gusto é algo subxectivo, pero ao mesmo tempo tamén nos di que hai

certas obras de arte que parecen obxectivamente superiores. Por iso é necesario atopar unha regra

para o gusto.

“Es natural que busquemos una norma del gusto, una regla con la cual pueden ser reconciliados los

diversos sentimientos de los hombres, o al menos una decisión que confirme un sentimiento y

condene otro”2.

Atendendo aos sentimentos dos seres humanos sans é posíbel saber en que consiste a beleza.

Hai cinco condicións para estar en condicións de identificar unha obra bela:

1 Hume, D., Sobre la norma del gusto, Museù Valenciá de la Ilustració i de la Modernitat, Valencia, 2008, 42.2 Hume, D., Sobre la norma del gusto, Museù Valenciá de la Ilustració i de la Modernitat, Valencia, 2008, 27.

8

Page 9: Hume a Norma Do Gusto Resume

1. A delicadeza do gusto. Aínda que a beleza é fundamentalmente captada por un sentimento existen

certas calidades nos obxectos que son máis apropiadas para provocar o sentimento da beleza. Estas

calidades aparecen entremesturadas con outras. A delicadeza do gusto é aquela facultade que

posibilita distinguir estas calidades.

A razón debe ademais percibir a correspondencia, consistencia e uniformidade entre as partes e o

todo da obra. O gusto necesita tamén claridade, exactitude e vivacidade na aprehensión.

2. A práctica de xulgar obras, que mellora a delicadeza. O gusto pode ser educado mediante a

práctica dunha arte ou mediante a contemplación e valoración dela.

3. A comparación de obras de distinta calidade, que permite recoñecer a verdadeira e a falsa beleza.

A beleza non pode ser entendida atendendo a cada beleza particular senón estudando a beleza en

xeral. É necesario coñecer diferentes graos e diferentes tipos de beleza e diferentes etapas históricas

da arte para poder facer comparacións entre eles.

4. Estar libre de prexuízos que poidan corromper o gusto. O crítico debe estar libre de todo

prexuízo, de todo favoritismo cara ao autor, de todo prexuízo histórico acerca da superioridade da

súa época. A súa imaxinación debe estar libre para que poida afectar o seu sentimento.

5. O bo sentido que evita a influencia de ditos prexuízos. Aínda cando estean presentes os

prexuízos, a razón debe facer unha tarefa de control dos prexuízos.

Hume asegura que non é posíbel saber onde están en concreto tales críticos, pero que existen seres

humanos que están máis capacitados no que á delicadeza do gusto se refire. Finalmente acaban

impoñendo o seu criterio correcto na sociedade.

"Solamente pueden tenerse por tales a aquellos críticos que posean un juicio sólido, unido a un

sentimiento delicado, mejorado por la práctica, perfeccionado por la comparación y libre de todo

prejuicio y el veredicto unánime de tales jueces, dondequiera que se les encuentren, es la verdadera

norma del gusto y de la belleza"3.

3 Hume, D., Sobre la norma del gusto, Museù Valenciá de la Ilustració i de la Modernitat, Valencia, 2008, 54.

9

Page 10: Hume a Norma Do Gusto Resume

As fontes de desacordo en arte:

- os diferentes temperamentos das persoas: as persoas novas (prefiren temas relacionados co amor)

e as persoas vellas (prefiren temas relacionados coa prudencia), os alegres e os tristes, etc.

- os hábitos e opinións, a moralidade particulares dunha época e dunha nación.

Cando aparece unha disputa o único que se pode facer é atender aos mellores argumentos.

Hai unha serie de persoas con gusto delicado que son superiores ao resto, que son capaces de ter un

sentimento xusto acerca do que é belo e do que non o é. Pode haber erro acerca de cal é o mellor

filósofo, pero é raro que haxa erro acerca da preferencia por un autor épico ou tráxico.

En definitiva, a perfección da capacidade para sentir a beleza vai en paralelo á perfección dun ser

humano en xeral. Os seres humanos máis perfectos poden sentir a verdadeira beleza de forma

axeitada. E viceversa, porque a delicadeza do gusto modera e civiliza o carácter, e mediante a

simpatía –coincidir no diagnóstico de que unha obra é bela- fomenta a amistade e amor. Pensemos

no movemento ilustrado escocés.

"Los principios generales del gusto son uniformes en la naturaleza humana"4.

Malia isto, pode haber algúns casos –poucos- nos que a diversidade de opinión entre os críticos é

inevitábel.

No que se refire ao gusto finalmente hai que ser comprensivos con outros temperamentos e épocas e

nacións. No que se refire ao moral, non. É dicir, obras que na actualidade son moralmente

inaceptábeis, deben ser aprezadas no que ao gusto se refire.

Conclusións:

Para resolver o conflito entre o gusto subxectivo e o feito de que certas obras son recoñecidas como

valiosas por case todos Hume apela a unha norma que en realidade é a que establecen aqueles

críticos que son competentes.

4 Hume, D., Sobre la norma del gusto, Museù Valenciá de la Ilustració i de la Modernitat, Valencia, 2008, 56.

10