Home | Entreculturas - Día paz gallego · 2015-05-29 · Como os sentidos non querían estar...

2
Día escolar pola paz e a non violencia 30 de xaneiro: construímos cos cinco sentidos paz

Transcript of Home | Entreculturas - Día paz gallego · 2015-05-29 · Como os sentidos non querían estar...

Page 1: Home | Entreculturas - Día paz gallego · 2015-05-29 · Como os sentidos non querían estar tristes uníronse para cambiar o mundo e recuperar a paz. Xúntanse en grupos de cinco

DDííaa eessccoollaarr ppoollaa ppaazz ee aa nnoonn vviioolleenncciiaa

3300 ddee xxaanneeiirroo::

construímos cos cinco sentidosppaazz

Día paz gallego.qxd 1/8/08 09:39 Página 1

Page 2: Home | Entreculturas - Día paz gallego · 2015-05-29 · Como os sentidos non querían estar tristes uníronse para cambiar o mundo e recuperar a paz. Xúntanse en grupos de cinco

InfantilRecreamos un mundo imaxinario a través dunha historia na que os cinco sentidos simbolizan dife-rentes valores. Para esta idade achegámonos a unha vivencia da paz desde valores e actitudes decomunicación, participación e a expresión propia de cadaquén.

OBXECTIVOS

• Fomentar valores de cooperación e de participación de todos e todas para a consecución da paz.• Favorecer a comunicación verbal e a corporal.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Recoñecemos os nosos sentidos

Preguntamos onde está cada órgano para que o relacionen co seu sentido: Cos ollos…, co nariz…

E facemos a pregunta ao revés: que facemos con cada unha destas partes do corpo. Cos ollos…, co nariz…

Despois convidamos a facer o mesmo pero recoñecendo os sentidos do compañeiro/a. Tocar a orella do com-pañeiro/a, o nariz…

O Mundo do Sinsentido

Pedimos ás nenas e aos nenos que pechen os ollos para introducilos nun mundo imaxinario; pode axudarpoñer música de relaxación.

Era unha vez O Mundo do Sinsentido, un mundo no que non había paz. Era un mundo escuro no que non sepodía ver, nin ulir, nin escoitar, nin tocar, nin gustar. Os nenos e as nenas non podían xogar, nin aprender, ninabrazar,…Era un mundo sen sensibilidade, esta perdérase.Moitos dos nenos e nenas non podían ir á escola, non tiñan que comer, tiñan doenzas… E o peor de todo éque ninguén quería facer nada por cambiar esta realidade.

Continuamos contando a historia e cada neno e cada nena representará a un protagonista da mesma. Unsserán un ollo pechado, outros/as boca pechada,… A cada un/a se asígnalle un sentido diferente e terán querepresentalo tapándoo.

Os protagonistas desta historia son: Ollo, Orella, Nariz, Man e Boca.Os sentidos están tristes porque non hai paz no seu mundo.Desta forma o olfato non pode ulir (Nariz taponado); a vista non pode ver (Ollo pechado); o oído non podeescoitar (Orella tapada); o gusto non pode saborear (Boca pechada); o tacto non pode tocar (Mans atadas).

Por que están tristes cada un dos sentidos?Como vos sentiriades nun mundo así?Gustaríavos que o cambiásemos?

Como os sentidos non querían estar tristes uníronse para cambiar o mundo e recuperar a paz.

• Póñense en grupos de cinco e en cada grupo repártense cinco folios cun ladrillo pintado e dentro un sentidodebuxado para que o coloreen. Os compoñentes de cada grupo colorearán cada sentido: ollo, orella…

Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos

Cada alumno/a poñerá o seu ladrillo xunto co resto formando unha construción no chan (en papel continuo)en forma de lastros/muro, ou formando a palabra “paz”.

Finalmente e grazas á colaboración de todos e todas aquel mundo tristeiro converteuse no MUNDO dosSENTIDOS.

Para celebralo todos/as abrazaranse e bailarán unha música alegre.

RECURSOS

• Fotocopias dun ladrillo debuxado cun dos sentidos dentro, lapis de cores, papel continuo e pegamento.

Propoñemos realizar unha introdución do tema convidando á participación. Realizarase unhadinámica na que cadaquén traballará diferentes aspectos da paz relacionados cos sentidos vin-culándoa así a un mundo de valores como a xustiza, a escoita, o diálogo, o coidado da contornae a construción de relacións positivas.

OBXECTIVOS

• Profundar nun concepto de paz máis alá da non-violencia e relacionado co desenvolvemento da persoa.• Sensibilizar sobre a importancia do diálogo na resolución de conflitos.• Analizar a realidade que nos rodea e descubrir espazos, situacións… onde a paz positiva non se cumpre.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Ao comezo explicarase a diferenza entre paz negativa e paz positiva e convidarase a poñer exemplos destasdúas tipos de paz. Abrirase un espazo de diálogo entre os alumnos/as.

Cada alumno/a debuxa un ladrillo e dentro del unha orella, boca, man,… que simbolizará un sentido: gusto,boca; vista, ollos; olfato, nariz; oído, orellas; tacto, mans e pés.

Unha vez debuxado escribirán frases que relacionen cada sentido coa paz:

ORELLAS: Unha frase que me gustaría escoitar arredor de situacións que favorezan a paz.Coas orellas pechadas unha frase de paz negativa, coas orellas abertas unha frase de paz positiva.

OLLOS: Algo que me gustaría ver sobre unha situación de non-violencia. (Imaxinando unha escena, coma sefose unha película ou coma se fose un cadro).Cos ollos pechados unha escena de ausencia de paz/cos ollos abertos unha escena de paz.

PÉS: Algunha acción, proposta na que se traballe pola paz.Cos pés parados…/Cos pés en movemento...

NARIZ: Gustaríame respirar un medio ambiente en paz. Que lugar me gustará respirar en paz?Co nariz taponado/Co nariz destaponado.

BOCA: O que me gustaría dicir, berrar pola paz.Coa boca pechada…/Coa boca aberta…

MANS: O meu compromiso pola paz. Algo que me gustaría facer a favor da paz.Coas mans pechadas/Coas mans abertas.

Xúntanse co compañeiro ou a compañeira para compartir e dialogar sobre o que traballaron.

Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos

Cadaquén érguese a pegar o seu ladrillo nun papel continuo formando a palabra “paz” e explicando a súaproposta de acción (o que puxo en “pés en movemento”) ao resto de compañeiras e compañeiros.

RECURSOS

• Simboloxía:

OLLO: A XUSTIZAO ollo pechado representa realidades de inxustiza; o ollo aberto mostra un mundo máis xusto e equitativo.

ORELLA: A ESCOITAA orella taponada mostra o egoísmo e o individualismo; a orella destaponada mostraría un espírito solidario ede escoita para a outra persoa.

BOCA: O DIÁLOGOA boca pechada representa a violencia; a boca aberta mostra o diálogo como solución diante dos conflitos.

NARIZ: RESPIRARO nariz tapado representa a irresponsabilidade de non coidar o contorno; o nariz destaponado mostra maiorresponsabilidade para o medio ambiente.

MANS: A AMIZADEA man atada representa a inimizade; a man desatada mostra a amizade a través dos abrazos.

Ofrecemos unha historia breve na que recreamos un mundo imaxinario que servirá para introduciro tema e a través dunha dinámica achegámonos a unha vivencia da paz entendida en sentidoamplo que vai máis alá da ausencia de conflito e conecta cun mundo de valores como a escoita,o diálogo, a amizade, a xustiza e o coidado do contorno.

OBXECTIVOS

• Reflexionar sobre o valor da paz, salientando a importancia da escoita, o diálogo, a amizade, a xustiza e o coidado do noso contorno.

• Fomentar o espírito de grupo mediante a participación de todas e todos.• Favorecer a comunicación verbal e a corporal.• Traballar a psicomotricidade dos nenos e as nenas favorecendo a toma de conciencia dos cinco sentidos.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

O Mundo do Sinsentido

Narramos unha historia para introducir o tema e pedimos aos nenos/as que pechen os ollos. Pode axudar acrear ambiente o poñermos unha música de relaxación.

Era unha vez O Mundo do Sinsentido, un mundo no que non había paz, era un mundo escuro no que non sepodía ver, nin ulir, nin escoitar, nin tocar, nin gustar. Os nenos e as nenas non podían xogar, nin aprender, ninabrazar… Era un mundo sen sensibilidade, esta perdérase. Moitos dos nenos e nenas non podían ir á escola,non tiñan que comer, tiñan doenzas… E o peor de todo é que ninguén quería facer nada por cambiar esta rea-lidade.

Pedimos que expresen co corpo cando están tristes e relaciónase con situacións de conflito e de ausenciade paz. De igual modo pídese que expresen co corpo cando están felices e relaciónase con situacións depaz.

Cada nena/ou representará un protagonista da historia, e a medida que se vaian nomeando, tápase a corres-pondente parte do corpo e explícase a simboloxía de cada “non sentido”.

Os protagonistas desta historia son: Ollo, Orella, Nariz, Man e Boca.Os sentidos están tristes porque non hai paz no seu mundo.Desta forma o olfato non pode ulir (Nariz taponado); a vista non pode ver (Ollo pechado); o oído non podeescoitar (Orella tapada); o gusto non pode saborear (Boca pechada); o tacto non pode tocar (Mans atadas).

Pódense vendar os ollos, atar as mans, tapar a boca con cinta,… ou ben, agochar as mans nos petos, tapar osollos, a boca e as orellas coas mans.

Para cambiar o mundo…con sentido

Como os sentidos non querían estar tristes uníronse para cambiar o mundo e recuperar a paz.Xúntanse en grupos de cinco sentidos e cada un/a debuxará nun folio un ladrillo cun sentido dentro.

O/a profesor/a enunciará cada parte do corpo e a medida que vaia enumerando aos nenos/as (Orellas tapo-nadas,...), estes erguerán os folios do debuxo das orellas taponadas... e explicarase a súa simboloxía. Pregún-tase por situacións de inxustiza, como nos sentimos? Continúase cos seguintes sentidos...

Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos

Iranse erguendo por grupos a construír a palabra “paz” cos seus ladrillos (formaranse tantas veces a palabra“paz” como se vexa necesario). Os compoñentes de cada grupo abrazaranse e cada un/a dirá en voz alta a súasimboloxía en positivo: xustiza, amizade, escoita…

Finalmente e grazas á colaboración de todos e todas aquel mundo tristeiro converteuse no MUNDO dosSENTIDOS.

RECURSOS

• Simboloxía:

• Folios, cores, papel continuo e pegamento.

Propoñemos unha invitación á construción da paz desde diferentes actitudes. A través dunhadinámica de análise de situacións que, mediante o uso da palabra, as imaxes, os xestos e asaccións promoven ou restan paz.

OBXECTIVOS

• Descubrir a paz como un valor que vai alén da ausencia de conflito.• Analizar a realidade que nos rodea e descubrir espazos, situacións próximas onde podemos construír pazcon diferentes recursos, estratexias e actitudes.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Divídese a clase en varios grupos para traballar catro aspectos polo que se dividirán polo menos en catro gru-pos (en función do número de alumnos/as dividiranse en tantos como se vexa necesario). Posteriormente,poñerase en común o traballado e por último realizarase un símbolo de maneira conxunta.

Cada grupo traballará o aspecto que lle corresponda (imaxes, palabras, xestos e feitos) sobre as pautas indi-cadas e despois sobre o símbolo. O obxectivo será que realicen unha pequena reflexión en grupo e acordarun símbolo relacionado coa mesma.

a) Imaxes

Terán que poñerse de acordo para seleccionar dúas imaxes que recentemente teñan visto (televisión,Internet, revistas, obras de arte,…) nas que consideren que se exprese ou xere unha situación negativa, deausencia de paz e outra imaxe positiva, conciliadora.

Non se trata aquí de que pensen en noticias de conflitos senón nunha realidade calquera transmitida dunmodo xerador de conflito.

Unha vez seleccionadas as dúas imaxes dialogan sobre elas e toman notas sobre a mesma para lle trans-mitir ao resto da clase por que elixiron ambas imaxes, por que consideran que a forma de transmitir restapaz e por que a imaxe positiva a relacionan con paz.

• Símbolo: Entre todos/as debuxarán un ladrillo en cartolina e dentro escribirán ou debuxarán unha figuraque simbolice unha imaxe de paz.

b) Palabras

Cada un/a pensará nunha conversa que recentemente teña escoitado ou na que teña participado que lleresultase violenta. Pode tela oído no autobús, no supermercado,…

Comentan en grupo as conversas e elixen unha delas (a que todos/as consideren máis representativa) paraanalizala en común e poder explicar no grupo grande por que coas palabras tamén se xera violencia.

• Símbolo: Entre todos/as elixirán un lema e escribirán de maneira creativa (poden facer un collage con carto-lina, con xornais,…)

c) Xestos

Este grupo organizarase para representar un mimo. Primeiro poñeranse de acordo para seleccionar dúassituacións, unha que transmita paz e outra ausencia da mesma, unha vez decidido pensarán como transmi-tilo ao resto do grupo para que o adiviñen.

• Símbolo: Escollerán e pintarán un debuxo que simbolice un xesto pola paz.

d) Feitos

Deberán pensar conxuntamente nalgún feito recente que coñezan polas noticias ou que ocorra na súa comu-nidade no que vexan reflectida unha ausencia de paz, outro que supoña un compromiso social dalgunhas per-soas, organización ou colectivo a favor da paz

• Símbolo: Como símbolo pensarán nunha acción que se poida levar a cabo no centro para propoñerlle aoresto da clase que se sumen e promovelo conxuntamente.

Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos

Cada grupo érguese e pega o seu símbolo en papel continuo ou ben no cartel.

Primaria

Secundaria

Bacharelato

construímos paz cos cinco sentidos

construímos paz cos cinco sentidos

construímos paz cos cinco sentidos

construímos paz cos cinco sentidos

O ollo pechado representa realidades de inxustiza OLLO: A XUSTIZAA orella taponada representa o egoísmo ORELLA: A ESCOITAA boca pechada representa a violencia BOCA:O DIÁLOGOO nariz tapado representa a falta de respecto para o medioambiente NARIZ: RESPECTOA man atada representa a inimizade MANS: A AMIZADE

Día paz gallego.qxd 1/8/08 09:39 Página 2