HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE...

15
Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019) CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais” 1 HISTORIA ‘OFICIAL’ DO CONCELLO DE ZAS, SEGUNDO AS ACTAS MUNICIPAIS Por Evaristo Domínguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez 3ª parte: A SEGUNDA REPÚBLICA E A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (1931-1939) 1. A ‘DITABRANDA’ DO XENERAL BERENGUER, A CAÍDA DA MONARQUÍA E PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA (1930-31) En xaneiro de 1930, unha grave crise financeira vai provocar a demisión do ditador Primo de Rivera. O 28 de xaneiro o rei encarga ó xeneral Berenguer a formación de goberno; este militar vai gobernar ata abril de 1931, e o seu período será denominado a Ditabranda, é dicir, unha ditadura suave. O final da ditadura de Primo de Rivera e da "ditabranda" de Berenguer arrastra a caída da monarquía, pois Alfonso XIII tivera as súas responsabilidades políticas por permitir estes reximes antidemocráticos. Gran parte de España desexa unha profunda reforma constitucional no senso democrático, que superase o antigo caciquismo dos partidos liberal e conservador. Agosto de 1930: Pacto de San Sebastián entre republicanos, socialistas e nacionalistas cataláns, vascos e galegos para unha acción común. 12 decembro de 1930: a guarnición militar de Jaca, encabezada polos capitáns Fermín Galán e A. García Hernández, álzase en favor da inmediata proclamación da República. Ó ser sometida decontado a sublevación, estes dous oficiais serán fusilados (co tempo converteranse en mártires do republicanismo). Febreiro de 1931: hai un goberno presidido polo almirante Aznar. Ante a necesidade de convocar eleccións, acórdase empezar polas municipais, ó se considerar que eran de menos importancia cás xerais. 12 abril de 1931: elección municipais en toda España. Nas grandes cidades triúnfa a coalición dos republicanos e socialistas, o que é interpretado polo Goberno e polo rei como un rexeitamento á monarquía. Dous días despois, o 14 de abril, proclamouse a República. En Galicia, estes foron os resultados destas eleccións: 2.334 concelleiros de partidos monárquicos, 1.535 de filiación descoñecida, 1.158 republicanos, 121 do Partido Socialista, e 4 do Partido Comunista. É dicir, que francamente antimonárquicos eran unicamente 1.283 concelleiros (dun total de 5.173: tan só un 25 %). Como ben indica o historiador Barreiro Fernández, a maior parte de Galicia manifestouse politicamente nas eleccións do 12 de abril a favor da monarquía, é dicir: a prol das ideoloxías máis conservadoras. Cómpre ter isto moi en conta para explicar logo o papel dos partidos políticos en Galicia durante a 2ª República. 14 abril 1931: Alfonso XIII abandona España e o Comité Revolucionario proclama a República, recibida con gran entusiasmo popular, coa esperanza de que por fin se van respectar as liberdades cívicas e de que vai haber por vez primeira igualdade de todos os cidadáns ante a lei, unha vez elaborada unha Constitución verdadeiramente democrática que recoñecese o sufraxio universal.

Transcript of HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE...

Page 1: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

1

HISTORIA ‘OFICIAL’ DO CONCELLO DE ZAS, SEGUNDO AS ACTAS MUNICIPAIS

Por Evaristo Domínguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez

3ª parte: A SEGUNDA REPÚBLICA E A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (1931-1939)

1. A ‘DITABRANDA’ DO XENERAL BERENGUER, A CAÍDA DA MONARQUÍA E PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA (1930-31)

En xaneiro de 1930, unha grave crise financeira vai provocar a demisión do ditador Primo de Rivera. O 28 de xaneiro o rei encarga ó xeneral Berenguer a formación de goberno; este militar vai gobernar ata abril de 1931, e o seu período será denominado a Ditabranda, é dicir, unha ditadura suave. O final da ditadura de Primo de Rivera e da "ditabranda" de Berenguer arrastra a caída da monarquía, pois Alfonso XIII tivera as súas responsabilidades políticas por permitir estes reximes antidemocráticos. Gran parte de España desexa unha profunda reforma constitucional no senso democrático, que superase o antigo caciquismo dos partidos liberal e conservador. Agosto de 1930: Pacto de San Sebastián entre republicanos, socialistas e nacionalistas cataláns, vascos e galegos para unha acción común. 12 decembro de 1930: a guarnición militar de Jaca, encabezada polos capitáns Fermín Galán e A. García Hernández, álzase en favor da inmediata proclamación da República. Ó ser sometida decontado a sublevación, estes dous oficiais serán fusilados (co tempo converteranse en mártires do republicanismo). Febreiro de 1931: hai un goberno presidido polo almirante Aznar. Ante a necesidade de convocar eleccións, acórdase empezar polas municipais, ó se considerar que eran de menos importancia cás xerais. 12 abril de 1931: elección municipais en toda España. Nas grandes cidades triúnfa a coalición dos republicanos e socialistas, o que é interpretado polo Goberno e polo rei como un rexeitamento á monarquía. Dous días despois, o 14 de abril, proclamouse a República. En Galicia, estes foron os resultados destas eleccións: 2.334 concelleiros de partidos monárquicos, 1.535 de filiación descoñecida, 1.158 republicanos, 121 do Partido Socialista, e 4 do Partido Comunista. É dicir, que francamente antimonárquicos eran unicamente 1.283 concelleiros (dun total de 5.173: tan só un 25 %). Como ben indica o historiador Barreiro Fernández, a maior parte de Galicia manifestouse politicamente nas eleccións do 12 de abril a favor da monarquía, é dicir: a prol das ideoloxías máis conservadoras. Cómpre ter isto moi en conta para explicar logo o papel dos partidos políticos en Galicia durante a 2ª República. 14 abril 1931: Alfonso XIII abandona España e o Comité Revolucionario proclama a República, recibida con gran entusiasmo popular, coa esperanza de que por fin se van respectar as liberdades cívicas e de que vai haber por vez primeira igualdade de todos os cidadáns ante a lei, unha vez elaborada unha Constitución verdadeiramente democrática que recoñecese o sufraxio universal.

Page 2: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

2

PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931)

1930-1931

Alcaldes: José Baña Lois (27.02 – 16.04.1930) e José Mª Pose González (1930-1931) A inestabilidade política do ano de transición entre a ditadura e a República faise notar no Concello de Zas. Deste xeito, en febreiro de 1930 demite en pleno a corporación de Francisco Esmorís, e o día 27 recíbese un telegrama no que se nomea alcalde a José Baña Lois, pero o 16 de abril xa era substituído por José Mª Pose González, que acabará cesando cos seus concelleiros en xaneiro de 1931, pero o 31 deste mes hai eleccións e volven saír os mesmos. - O 12 de abril de 1931 celébranse eleccións municipais en toda España. Nas grandes cidades triunfa a coalición das candidaturas republicanas e socialistas, e isto interpretouse como un rexeitamento á monarquía. - 14 de abril: proclamación da Segunda República Española.

2. A ÉPOCA DA SEGUNDA REPÚBLICA EN ZAS (1931-36)

1931 Alcalde: 2ª etapa de Maximino Montero Barreiro (1931-1936)

1931

- 12 de abril: os electores do concello volven elixir de novo como alcalde a Maximino Montero Barreiro, pertencente ás candidaturas monárquicas conservadoras. O 21 de abril ten lugar o acto de nomeamento de alcalde do candidato vencedor, quen se ve dalgún xeito obrigado a facer unha declaración institucional de adhesión á recén proclamada República, que se redacta nos seguintes termos:

"...pues si bien es cierto que la totalidad de la Corporación ha sido proclamada bajo un matiz político conservador, se sobrepone la obligación de servir a la Patria..."

- 8 de marzo: inaugúrase a escola de Fornelos (Baio), logro do deputado a Cortes polas dereitas Benito Blanco-Rajoy, que asistiu ó acto e pronunciou un discurso, xunto con Francisco Romero Lema e o párroco Juan Astray, que tamén falaron (F.R.L. è Lema 1989:

21).

1932-1934 Segue a proliferación dos serradoiros da madeira: en Baio abriron o de Manuel e Ramón Romero Blanco; o de Ramón Vieites en 1934. Outros empresarios da madeira foron Ramón Romero Martínez, a viúva de Ramón Romero e Alfredo Agra Blanco. A madeira serrada embarcábase no porto de Laxe para Andalucía e Levante. A fábrica de Graíño abriría en 1943 ou 1944 (F.R.L. è Lema 1989: 21)

1933 - Autorización dunha liña eléctrica desde unha presa no río do Porto, en Baio, augas abaixo da ponte de Baio. Trátase da que montou Antonio Martínez Prego: abriuse unha canle que tomaba a auga dunha represa que a tal efecto se fixera no río; a enerxía xenerábaa unha turbina sita no sóto da casa onde vivía (a Casa da Fábrica, na Piroga,

Page 3: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

3

hoxe abandonada).

Francisco Romero Lema (F.R.L.) tamén constata, nos últimos meses deste ano, os inicios da instalación eléctrica en Baio, a cargo da viúva de Ramón Romero e tamén por Antonio Martínez Prego; antes algunhas casas tiñan luz de acetileno. - O permiso para a presa no leito do río afectaba ós dous concellos, o de Zas e o de Vimianzo, pero o certo é que a Casa da Fábrica estaba situada na banda esquerda do río, correspondente á Piroga (Bamiro). Foi unha das primeiras liñas eléctricas da bisbarra, coa particularidade de que só subministraba ós abonados desde o solpor, xa que polo día a forza motriz da auga precisábase para mover uns muíños fariñeiros e unha serrería. A subministración eléctrica limitábase a unhas cantas casas da Piroga e de Baio (a chamada "luz da Fábrica" aínda subsistía a finais dos anos sesenta). No mesmo ano de 1933 tamén subministraba fluído eléctrico a Electra del Jallas, que tiña como concesionaria-revendedora á viúva de Ramón Romero (dona da casa da Ponte). - Tamén se estende a electrificación á vila de Zas. As restantes parroquias terán que esperar moitos anos. - Créase a terceira praza de médico no concello.

1934

- Danse 100 pesetas de aguinaldo para as tropas de regulares e da lexión que, ó mando do xeneral Franco, acabaron coa revolución de outubro en Asturias. - Montero Barreiro foi alcalde de Zas durante todo o período da II República (do

Presa no leito do río do Porto, augas abaixo da ponte de Baio, entre A Piroga (Bamiro) e Baio, para a Casa da Fábrica (foto X.Mª Lema)

Page 4: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

4

21.04.1931 ó 21.02.1936, independentemente de que o Goberno do Estado fose de signo progresista (1931-1933) ou conservador (1933-1936). O 21 de febreiro de 1936 sería cesado polo novo Gobernador Civil, tras o triunfo da Fronte Popular das eleccións xerais do 16 de febreiro:

«... y previa designación efectuada por el Sr. Delegado Gubernativo en uso de las atribuciones que le han sido conferidas por el Excmo Sr. Gobernador civil de la provincia y bajo la presidencia del Sr. Alcalde D. Maximino Montero Barreiro, como destituido se reunieron los señores que suscriben y que al margen se relacionan, con el fin de constituir la nueva Corporación municipal de este Ayuntamiento por destitución de la anterior (...). El Sr. Alcalde dimisionario hace entrega al nombrado provisional de las atribuciones de autoridad y hace constar que la orden de destitución de la Corporación que actuó hasta el presente es la que copiada dice: »En uso de las facultades que me han conferido en oficio del día de hoy, digo ayer, por el Excmo. Sr. Gobernador de la Provincia, he acordado destituír al actual Ayuntamiento por desafecto al actual régimen y en consecuencia designar con carácter interino a los señores siguientes [seguen nomes]. convocando a tal efecto a los designados con la mayor urgencia, para darle posesión del cargo, para que han sido nombrados, dando conocimiento al Excmo. Sr. Gobernador civil.= Zas 21 de Febrero de 1936. = José V. Lopez Chacón...»

1934-1935

- Construíuse a estrada de Baio ás Revoltas (Canduas-Cabana), neste caso grazas á xestión do empresario madeirista Alfredo Agra (representante das esquerdas en Baio), amigo do deputado a Cortes por Izquierda Republicana, Emilio González López (E. González López 1988: 51). - En 1935 ancheouse e fortaleceuse o chamado Murallón desta estrada, que antes se chamaba “a carretera vella”, pois era anterior á estrada xeral do Estado. - Este mesmo ano construíuse o camiño veciñal a Laxe desde Fornelos a Castrelo; como complemento deberíase abrir tamén a pista do Campo do Rollo pola parte alta de Baio, pero quedaría por realizar por falta de presuposto.

1935

O 18 de maio fina en Tui, onde era mestre de capela da catedral, o eclesiástico Manuel Martínez Pose (n. en Baio en 1858), un dos máximos representantes da música sacra en Galicia. O 21 de xullo, ós 20 anos, morre afogado na praia de Santo Amaro da Coruña Teodoro Morgade Varela (n. en Baio en 1915), poeta en lingua galega. Era fillo de Lucinda Varela, benfeitora do C.D. Baio desde 1958, pola cesión gratuíta do Campo do Balsiño durante uns 40 anos.

Page 5: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

5

1931-1936

A querenza do deputado republicano Emilio González López por Baio O deputado ás Cortes pola Coruña, por Izquierda Republicana, Emilio González López, conta nas súas Memorias (publicadas en 1988) a estreita relación que tivera co empresario da madeira de Baio, Alfredo Agra (fillo do mestre Agra Regueiro, o que dera nome ás escolas do Campo do Rollo), relación que empezara en 1931 polo empeño que este tivera pola construción da estrada de Baio ás Revoltas (Canduas):

«Para mi amigo Agra fue una gran alegría ver construída la carretera, que fue de las primeras obras públicas del Estado que conseguí para esta comarca tan incomunicada. Recorrí varias veces con Agra esta nueva carretera camino de Lage. Era la primera que salía de Bayo. Yo quería hacer de Bayo el centro de un núcleo de carreteras que comunicaran todos los pueblos de esta comarca; y la primera era esta a la Ría de Lage. Comencé entonces las gestiones para que otra carretera partiera de Tines, en la parte de Bayo de Vimianzo, y se uniera en Baíñas, del mismo ayuntamiento a la que estaba sin terminar de Santiago al puerto de Mugía. »Para mí Bayo fue, aun más que Carballo, un lugar de descanso y de comunicación con la tierra gallega, con su geografía y su historia. En Carballo tenía numerosos amigos; en Bayo dos, el maderero Agra y el médico Romero, también maderero». (González López, E., 1988: Memorias de un diputado de las Cortes de la República [1931-1936], pp. 126-127

- Recordemos que pola pista da ponte de Baio a Tines e a Baíñas aínda houbo que esperar 30 anos, pois non se abriu ata 1967. Foi o "progreso’ que nos veu despois da guerra, coa ditadura franquista.

O poeta Teodoro Morgade, falecido en 1935, ós 20 anos

Page 6: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

6

- En Baio tiña don Emilio un cabalo á súa disposición, emprestado polo médico Romero. Con el acompañaba a Agra por toda a comarca. «Nunca, en mi larga vida, me sentí más feliz y descansado que en Bayo, en compañía del maderero Agra y de su pariente, el médico Romero» (p. 128). Con estas palabras remata o capítulo que dedica a Baio nas súas memorias ("Bayo y el maderero Alfredo Agra"). Poucos baieses souberon do cariño que lle tivo á vila este deputado, que ben merecería algún tipo de recoñecemento na vila.

1936: vitoria electoral da Fronte Popular e golpe de estado que provoca a Guerra civil

16 febreiro 1936: Eleccións xerais ás Cortes españolas: as forzas liberais, de esquerda e nacionalistas (Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Socialista, Partido Comunista, Partido Galeguista, etc.) forman unha alianza electoral, a Fronte Popular, que gaña as eleccións. 8 maio 1936: Manuel Azaña elixido presidente da República, e o coruñés Santiago Casares Quiroga presidente do Goberno. 28 xuño 1936: Tras unha gran campaña, na que se destacara o Partido Galeguista, Galicia aproba nun plebiscito, o seu Estatuto de Autonomía, que non podería levar a cabo por culpa da Guerra Civil. 18 xullo 1936: sublévase o exército de Marrocos, ó mando do xeneral Franco, contra a República. Súmanse outras unidades militares na Península. O golpe militar fracasa, pois o lexítimo Goberno da República resiste apoiado polos partidos e forzas sindicais fieis á legalidade republicana. Comeza a Guerra Civil (1936-39).

Portada do libro Memorias de un diputado de las Cortes de la República (E. González López)

Page 7: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

7

3. A ÉPOCA DA GUERRA CIVIL EN ZAS (1936-1939)

1936 Alcaldes: Manuel Romero Blanco (de febreiro a xuño); Jorge Varela Rial; Maximino Montero Barreiro (7.11.1936-1968)

- Despois do triunfo do Fronte Popular nas eleccións resulta elixido alcalde Manuel Romero Blanco, que por primeira vez fai constar en acta as horas de atención ó público: "En horas de oficina y especialmente los dias miercoles por la tarde y sábado por la mañana". As innovacións políticas do novo equipo municipal son evidentes, porque: - Acórdase expresar o pésame polo falecemento do "ilustre galleguista y Diputado a Cortes, D. Antón Vilar Ponte". Era deputado do Partido Galeguista, un dos partidos integrantes da Fronte Popular nas eleccións deste ano. - Ordénase que se coloquen no interior da Casa do Concello, catro fotos: a de D. Manuel Azaña (presidente da República), D. Santiago Casares Quiroga (presidente do Goberno), e a dos capitáns Fermín Galán e A. García Hernández (fusilados en 1930 polo pronunciamento republicano de Jaca). - Cúrsase orde ós mestres "para que acudan con diez alumnos con la bandera de la República para conmemorar el V aniversario de la misma".

Manuel Romero Blanco era fillo de Ramón Romero Martínez (irmán do antigo alcalde, José Romero Martínez, pai dos Romero Lema), da casa da Ponte (de Baio). Xunto coa de Alfredo Agra, os desta familia eran os principais representantes das esquerdas políticas en Baio; uns e outros mantiveron unha fonda amizade con Emilio González López (deputado de Izquierda Republicana pola Coruña), que cando viña por Baio paraba nas súas casas. Manuel Romero casaría anos máis tarde con Manuela Labarta Lorenzo, sobriña do poeta Enrique Labarta. En cambio, os membros da outra rama da familia, os Romero Lema, eran de dereitas.

Por causas que descoñecemos, Romero Blanco foi substituído no mes de xuño por Jorge Varela Rial -Jorge da Andragalla-, que xa desde un principio debeu atopar certas dificultades:

Se dió de una comunicación de Secretaría por la que comunicaba la desaparición de cierta documentación de importancia para el Municipio. La Corporación municipal percatada de la importancia de tal comunicación y por si los hechos estuvieran comprendidos en los artículos (...) se denunciarán al Sr. Juez de Instrucción de Corcubión a los efectos procedentes... (sesión do 8.06.1936).

A persoa acusada da desaparición da documentación fora o secretario, de quen se dispón o seu cesamento inmediato, trala enumeración dunha longa lista de irregularidades. - De todos os xeitos, a referencia máis clara á tensa situación que se vivía neses momentos críticos de 1936 está reflectida na acta de 4 de xullo de 1936:

"Cuestión previa: Por la presidencia y antes de empezar el despacho ordinario se dió cuenta a la corporación municipal

Page 8: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

8

de los proyectados atentados personales que se han conseguido impedir y por los que se habían de realizar en esta localidad hechos cobardes y criminales contra determinados elementos de este Ayuntamiento y los que habían sido organizados y preparados por elementos reaccionarios y fascistas de esta parroquia y para cuyo descubrimiento se habían hecho diversas actuaciones en Coruña, Pontevedra, Vigo y Santiago con la cooperación de las autoridades de los mencionados sitios y las que dieron por resultado el completo descubrimiento del extenso plan que tenían proyectado. El Ayuntamiento por unanimidad acordó constara en acta su mas enérgica protesta contra tan incalificables proyectos y elementos que les dirigían a los que para saneamiento de la sociedad debe eliminárseles completamente de ella aprobando en su consecuencia toda la actuación de la Alcaldía y autoridades y personas que con ella coadyuvaron al descubrimiento de tan criminales proyectos que los gastos que se han causado y que se causen con tal motivo se abonen con cargo al capítulo de imprevistos o en otro caso mediante el oportuno suplemento de créditos..." (Actas municipais do 4.07.1936).

- Non se citan os nomes destes “elementos reaccionarios y fascistas” nin tampoco hai constancia de que o goberno municipal levase a cabo algunha medida contra estes conspiradores. - O que si constan nas actas son as sancións a tres funcionarios do Concello por desacato e por entorpecer o labor municipal.

- Luís Lamela García, no seu libro Crónica de una represión en la «Costa da Morte» (Ediciós do Castro, 1995; pp. 289-291) transcribe boa parte da acta municipal da sesión extraordinaria do 23 de xuño de 1936 pola que o goberno municipal, presidido polo alcalde Jorge Varela, xunto cos concelleiros Antonio Teijeira, Jesús Ferreiro, Manuel Pereira, José Velo, Manuel Varela, Manuel Espasandín, Constantino Mira e José Gerpe procede a cesar o secretario do Concello, Emilio Osende Botana, por.

“Innumerables faltas graves por él cometidas y que se sancionan en el artículo 51 del vigente Reglamento de Empleados municipales. (...) Está comprobada la desaparición de documentos municipales (...); no se han ingresado en la caja municipal cantidades que por lo tanto han desaparecido

Portada do libro de L. Lamela: Pepe Miñones, un crimen en la leyenda (1991), pioneiro na reivindicación da memoria histórica

Page 9: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

9

(...); se ha sorprendido la buena fe de esta Alcaldía haciéndola firmar exposiciones de documentos que hasta la fecha aún no están confeccionados; no abrió libros de contabilidad en el año último y en el actual se han abierto después de ser suspendido de su cargo (...) etc., etc (Lamela García 1995: 290-291)

- O cesamento tomouse por unanimidade. Polo que afirma Lamela (p. 291), destes problemas municipais “llegarían después los lodos de todas las venganzas y persecuciones a que se vieron sometidos los concejales zaenses” . - Nas actas tamén consta un oficio propoñendo o peche do cuartel da Garda Civil de Santa Comba. Chegouse a este acordo tras unha manifestación de veciños pertencentes a organizacións políticas de esquerda. Unha das persoas que se opuxo a este peche foi o veciño de Carreira -posteriormente residente en Gándara-, José Varela Rieiro, quen afirmou nesa asemblea: "Goberne quen goberne, unha autoridade tena que haber" (este veciño, ó estalar a guerra, botouse ó monte durante cinco anos). - Como se sabe, o 18 de xullo, tivo lugar a sublevación do Exército no norte de África, un golpe de estado que, ó non triunfar inicialmente (posto que moitos militares permaneceron fieis á legalidade republicana) provocaría unha guerra civil que durou tres anos e que causou case un millón de mortos. Galicia quedou rapidamente baixo o control dos sublevados, que inician unha represión sen límites, fusilando ás autoridades e perseguindo (e asasinando) e todos aqueles opostos ó golpe. Esta é a opinión dalgúns historiadores:

«Non é certo que Galicia aceptara pasivamente o pronunciamento militar (...). É certo que o exército se impuxo en toda Galicia, que cando remata o mes de xullo xa estaba toda dominada, pero non se pode esquecer que esta vistoria rápida custou centos de mortos. Houbo resistencia" ...). A victoria trouxo a parafernalia do triunfo: Te Deums nas catedrais, loas, discursos, procesións..., pero tamén xuízos sumarísimos, tribunais militares argallados a toda presa e condenas a morte dos xefes militares fieis á República, dos gobernadores, alcaldes, dirixentes sindicais... Logo comezaron os paseos nocturnos... Foi o chamado por algúns 'terror azul', ou pola prensa católica da Coruña 'misións de saneamento'. A Falange multiplica milagrosamente os seus efectivos...» (X. R. Barreiro Fernández: Historia de Galicia. Idade Contemporánea; 1981: 362-364).

- En Galicia comeza unha represión sistemática de todas as persoas favorables ó réxime republicano. O método utilizado foi o do terror, que predicaba un dos xenerais sublevados, Emilio Mola (“Tenemos que sembrar el terror para vencer. Yo veo a mi padre en el bando contrario y lo fusilo”).

«Se les persiguió sañudamente [ós de ideoloxía esquerdista ou, simplemente, republicana ou galeguista] y se asesinó a la mayoría. Muchos de ellos que salieron como prisioneros de Finisterre, Corcubión, Cee y de otros pueblos del Partido de Corcubión, no llegaron a La Coruña. Quedaron en el camino, asesinados a traición en las cunetas, en los campos, en las tapias de los cementerios» (Lamela García: Pepe Miñones, un crimen en la leyenda; Ediciós do Castro, 1991: 439).

- Braulio Astray Romero, avogado baiés falecido hai anos -e director da sucursal da Caixa de Aforros durante moito tempo- que tiña 15 anos cando tivo lugar o golpe militar, lembraba nunhas notas escritas a máquina por el mesmo por volta de 1993 que tivo a ben deixarnos fotocopialas no seu día (Bayo durante da guerra civil), que nos días seguintes houbera un clima de psicose “propiciado por las noticias que se propalaran indicando que una columna integrada por miembros de los sindicatos obreros de Puente del Puerto se estaba preparando para encaminarse hacia Zas”. Pero tal columna nunca chegou.

Page 10: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

10

«El alzamiento arrastró y trajo consigo una cadena de muertes incontroladas (asesinatos): los tristemente célebres paseos, que conllevaban el que los cuerpos de las víctimas apareciesen tirados en las cunetas de las carreteras. Pero en esta zona, en el Ayuntamiento de Zas, nadie fue paseado ni fusilado. Y en el limítrofe de Vimianzo fue paseado (asesinado) el hermano del alcalde Sr. Alborés Gándara (más conocido por “Cordas”), y más tarde el secretario del Ayuntamiento Sr. García, el cual fue fusilado después de comparecer ante un Consejo de Guerra en que los cargos que contra él se achacaron fueron los de ser masón. Fueron también paseados el alcalde de Finisterre Sr. Fernández, el miembro de UGT de Brens, Victorino Blanco Fiuza, un joven de Corcubión, Luis Rey Muiños, de 15 años, y una maestra, Mercedes Rico Abella, que según se dice fue violada y mutilada» (…). »Pero -repito- en el Ayuntamiento de Zas no se produjo ninguna víctima. Fueron encarcelados y jugados en el Consejo de Guerra algunos de los que ocuparan cargos de alcalde o concejal durante el gobierno del Frente Popular, tales como Ferreiro Pardiñas, Jaime Mira, Manuel Costa, Jorge de Andragalla y alguno más. Dos o tres de ellos fueron condenados a la última pena, pero la sentencia no llegó a ejecutarse debido a la intervención de personas de derechas residentes en Bayo, que intercedieron en su favor» (B. Astray Romero [B.A.R.]; escrito inédito c. 1993).

- Luis Lamela, no seu libro -pioneiro no seu xénero- sobre o asasinato do deputado e banqueiro corcubionés Pepe Miñones (1991: 439) recollera informacións trabucadas que afirmaban que o alcalde de Zas, doce concelleiros e o oficial do Concello, Luis Cereijo, foran paseados. Non fora certo. Noutro libro que escribiu catro anos despois sobre a represión na Costa da Morte, recollendo informacións máis veraces -sen dúbida proporcionadas por Braulio Astray- xa recoñece que tales ‘paseos’ e fusilamentos non se deron en Zas, pero si vinganzas, persecucións persoais e incautacións de bens:

«El Ayuntamiento de Zas dio famosos represores falangistas que fueron acusados -en la historia oral, en la tertulia escondida, en el miedo prolongado- por gentes contemporáneas de participar en los ‘paseos’ en varias localidades de la comarca fisterrá. Ya hemos reflejado cuando tratamos el caso de Vimianzo la temprana y poderosa organización fascista de este municipio. Y de la fuerza

Portada do libro Crónica de una represión en la ‘Costa da Morte’ (1995), de V. L. Lamela García.

Page 11: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

11

de que disponían ya eran conscientes sus integrantes antes de comenzar la sublevación franquista» (Lamela García 1995: 289).

- Os concelleiros zaseiros, como xa se dixo, aínda que foron condenados a morte, conseguiron sobrevivir ó se lles conmutar a pena capital por anos de cárcere. Fóronlles incautados os bens a todos eles. Tanto Braulio Astray coma Lamela contan o caso paradigmático do vello concelleiro José Ferreiro Pardiñas, aquel que compartira prisión e cela en Santiago con Camilo Díaz Baliño e que sería retratado por este debuxante e deseñador1. O que un familiar próximo lle fixera cualificárao Lamela García “de una bajeza vituperable”:

«El señor Ferreiro, al producirse el alzamiento militar y temiendo lo que después sucedió, al objeto de eludir las responsabilidades patrimoniales que intuía iban a exigirle, realizó de común acuerdo una venta ficticia de todos sus bienes a un cuñado, hombre de derechas. Se pactó entre ‘caballeros’ la condición de que los bienes revertirían al vendedor cuando las responsabilidades de éste ante las nuevas autoridades fascistas se extinguieses. Lo así tratado y acordado fue plasmado en un documento privado extendido al efecto. »El caso fue que pasados unos 20 años de aquellos tristes episodios, Ferreiro Pardiñas exigió a su cuñado la devolución de los bienes referidos. Este, basándose en la existencia del otro documento privado de compraventa, se negó a hacerlo, aduciendo que los bienes le pertenecían. »Se tramitó el pleito correspondiente que llegó hasta el Tribunal Supremo y José Ferreiro todo lo perdió, quedándose sin los bienes» (Lamela García 1995: 293).

1 O deseñador e debuxante Camilo Díaz Valiño -pai do futuro artista e empresario Isaac Díaz Pardo- foi enganosamente liberado do cárcere compostelán na noite do 13 de agosto de 1936. Na porta esperábao un comando falanxista. Ó día seguinte o seu cadáver apareceu nunha parroquia de Palas de Rei. Tiña 47 anos.

Debuxo do Sr. Ferreiro de Zas na prisión de Santiago, polo seu compañeiro de cela Camilo Díaz Valiño (Lamela García 1995: 292)

Page 12: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

12

- O Sr. Ferreiro de Zas tamén pasaría á historia literaria galega ó ser citado, xunto con outro ancián, o Sr. González de Cesures, por Manuel Rivas na súa novela O lapis do carpinteiro (Edicións Xerais, Vigo; 1998: 32). Nesta obra, o pintor (Camilo Díaz) debuxara na Falcona (cárcere compostelán) co seu lapis “groso e vermello, que levaba decote na orella ao xeito dun carpinteiro” un Pórtico da Gloria e situara estes dous vellos presos na parte superior, no centro do coro dos anciáns da orquestra da Apocalipse, afinando o organistrum.

- Lamela tamén recolle o caso do oficial municipal Luis Cereijo Mosquera, que fora condenado a penas de prisión, depurado con perda do emprego no Concello de Zas. Todo sucedeu porque fora comisionado polo concello para que se desprazase á Coruña e poñerse ás ordes das autoridades provinciais. Coa chegada da democracia, o Tribunal Supremo recoñeceulle o dereito a reintegrarse no cadro de persoal do Concello de Zas e a ser resarcido dos honorarios deixados de percibir durante todos eses anos (Lamela García 1995: 293)2. - O feito de que non houbese mortes nin en Zas nin en Baio atribuíuse a que persoas de dereitas de peso no novo réxime se moveran para impedilo: o galeguista Roberto Veloso Gómez lembraba os ímprobos esforzos realizados por Ramón Reimúndez, daquela nomeado xefe local da Falange; Braulio Astray Romero tamén citaba ó seu tío o párroco Juan Astray Vidal.

2 Polas actas municipais sabemos dos detalles do contencioso que Cereijo mantivo contra o Concello de Zas en 1978, xa restaurada a democracia en España, para intentar reingresar: o Tribunal Supremo emitiu o fallo ó seu favor e o Concello vese na obriga de readmitilo como funcionario recoñecéndolle os 43 anos de servizo. Ó mesmo tempo declaróuselle a xubilación forzosa e houbo que lle pagar das arcas municipais uns dez millóns de pesetas de indemnización. Como soe acontecer, a democracia vese na obriga de cargar cos custes da xusta reparación dos dereitos lexítimos dun cidadán, violentados en épocas ditatoriais.

Portada do libro ‘O lapis do carpinteiro’ (M. Rivas, 1998)

Page 13: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

13

- Con todo, pola zona da capital municipal si se lembraba unha dura represión por parte dunha "milicia de orde" encargada de andar polos camiños facendo cumprir o toque de queda cos medios que ben podemos supoñer. De triste recordo quedaron por moito tempo as andanzas da milicia capitaneada por uns irmáns de Zas -que non eran de familia rica, por certo- que cumpriron con verdadeira saña as encomendas dando incontables malleiras a todos aqueles que aparecían de noite por calquera camiño. O seu servilismo non lles valeu de moito, pois non lles serviu para saíren da miseria. A crítica social, que mesmo chegou ós nosos días -moita xente mirounos a partir daquela con sumo receo e desconfianza durante anos-, foi o "castigo" moral que recibiron pola súa actitude servil. - Despois do 18 de xullo foi nomeado "delegado militar" para o concello de Zas, José Rial Pose, mestre de Santo Adrián; asegúrase que fora el quen asumira o mando destas patrullas represivas que andaban vixiando os camiños "gardando a orde". Mentres que a maior parte dos mestres da República foran represaliados con dureza -o de Baio sen ir máis lonxe-, debido a que eran “·elementos subversivos” que transmitían ós seus alumnos ideas da democracia, da tolerancia e da liberdade, este de Santo Adrián disque foi todo o contrario: un represor máis3; debeu ser a máxima autoridade do Concello nos tres meses que van desde o 18 de xullo ó 21 de outubro de 1936, data en que se nomea a Maximino Montero Barreiro presidente da comisión xestora en tanto non se designaba un novo rexedor municipal. - A fins do mes de xullo todos os empregados que foran destituídos pola anterior corporación volven tomar posesión dos seus anteriores postos de traballo (tres funcionarios foran sancionados por desacato e por entorpeceren o labor municipal). Isto é o que reflicten as actas:

"Diligencia: Zas veintinueve de julio de mil novecientos treinta y seis. Se hace constar por medio de esta diligencia, que los señores don Emilio Osende, Roberto Pérez Outón, Ignacio Barreiro Rial y Manuel Varela Bouzas, Secretario, Oficial primero, segundo y Alguacil-Portero respectivamente de este Ayuntamiento, han sido repuestos en sus cargos el día veintiuno del actual y de los que habían sido separados por la Corporación del Frente Popular, sin las formalidades legales, y se acuerda hacer pública tal reposición por mediación del Boletín Oficial de la provincia, para general conocimiento y efectos habiendo quedado cesantes desde la misma fecha los que habían sido nombrados en sustitución de los mismos, constando todo ello en expediente formado al efecto. El Delegado Militar (José R. Pose). El secretario del Ayuntamiento (Emilio Osende).

- Houbo outros veciños de ideas republicanas que tiveron que botarse ó monte para fuxiren dos "paseos" dos falanxistas. É de xustiza que leamos o que se conta nas xa citadas obras de V. L. Lamela García (1991 e 1995) e tamén na de Carlos Fernández (El alzamiento de 1936 en Galicia; Ediciós do Castro, Sada, 1983), para arrepiarnos co acontecido nas nosas comarcas máis próximas. A restitución da boa fama de moitos dos inxustamente ‘paseados’, fusilados ou represaliados é o mínimo que se pode facer hoxe por eles e polas súas familias. Non eran nin asasinos nin delincuentes; en Galicia non houbo a máis mínima resistencia armada ó golpe militar e, polo tanto, non houbo ningún morto por parte das autoridades republicanas. Os defensores da legalidade unicamente pretendían unha democracia como a que temos agora. Acaso era un perigoso revolucionario un burgués acomodado coma Pepe Miñóns, banqueiro e empresario?

3 Persoas que asistiron ás súas clases comentáronnos non hai moito que as impartía con correaxe e pistola ó cinto e que desde logo non se caracterizaba polo bo trato cos seus alumnos

Page 14: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

14

Canto perdeu a Costa da Morte coa morte de emprendedores coma este corcubionés que quería comunicar co tren A Coruña-Carballo-Corcubión toda a zona e era dono dunha importante empresa eléctrica! - Un dos que tiveron que andar fuxidos foi o veciño de Carreira -posteriormente de Gándara-, José Varela Rieiro, que andou escapado polo monte durante cinco anos. Nunha ocasión, salvouse dos que o andaban a buscar porque se enterrou no esterco ou dentro da mesma cabana de palla na que se abrigou despois del a parella de gardas civís que o andaba a perseguir. Cansado de andar fuxido, despois duns 5 anos entregouse no cuartel da garda civil de Santa Comba e foi liberado sen cargos grazas a que en 1936, nunha asemblea, se mostrara contrario publicamente ó peche do cuartel da Garda Civil de Santa Comba; tal intervención súa constaba nos arquivos deste cuartel. O seu único delito fora ter o carné do partido comunista

O 21 de outubro de 1936, o novo Gobernador civil da Coruña (o anterior Gobernador, republicano, Pérez Carballo, fora fusilado, e a súa muller violada e "paseada" [véxase C. Fernández; 1983: 98-99]) nomea ó ex-alcalde Maximino Montero Barreiro presidente dunha xunta xestora que vai dirixir o Concello nestes momentos. Esta xunta estaba formada por uns subdelegados civís das distintas parroquias, que constituían o “Consejo Municipal” (loxicamente, todas elas persoas da confianza das novas autoridades do Movimiento Nacional). Durante os primeiros meses do mandato do presidente da xunta seguiu campando polos seus respectos a xa citada "patrulla de orde". O novo alcalde é outra vez Maximino Montero Romero, que toma posesión o 7 de novembro de 1936. Accede á alcaldía por terceira vez, esta vez sen necesidade de eleccións, pois xa o fora entre 1915 e 1922 e entre 1931 e 1936. Vai manterse no cargo ata 1968. A nova corporación municipal de novembro do 36, presidida por Montero Romero, efectúa, así mesmo, unha breve declaración de principios acordes coa súa ideoloxía e cos ventos de guerra que daquela se respiraban:

"...A cuyo cargo prometen poner a contribución de la Patria todos sus afanes y coadyubar en la medida de sus esfuerzos al movimiento de salvación de España iniciada gloriosamente por el Ejército ..." (Actas do Concello de Zas, 7-11-1936).

1937 - Dáselle o nome de José Antonio Primo de Rivera a unha rúa de Zas. - Declaración de existencias, baixo declaración xurada, de todos os labradores do concello. - Mércase en Viveiro unha báscula para pesar o gando: cada res pesada tiña que pagar unha peseta. - A Guerra Civil trae consigo unha leva continuada de soldados, tanto de promocións anteriores como posteriores. Vemos estes datos nas Actas: .26-6-1937: incorpóranse os mozos do 3º trimestre do 38. .21-8-1937: id do 4º trimestre do 38 e do 1º do 39. .28-8-1937: revisión mozos de 1930 a 1938. .18-9-1937: revisión mozos do 4º trimestre de 1929. .5-2-1938: revisión mozos do 1º trimestre de 1940.

Page 15: HISTORIA DO CONCELLO de ZAS (3ªparte) › media › documentos › 2Historia...PERÍODO DE TRANSICIÓN Á II REPÚBLICA EN ZAS (1930-1931) 1930-1931 Alcaldes: José Baña Lois (27.02

Traballo realizado por: Evaristo Dominguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez (2019)

CONCELLO DE ZAS "Zas polo miúdo: A historia “oficial do Concello de Zas, segundo as actas municipais”

15

.5-3-1938: revisión mozos do 2º e 3º trimestre de 1940. .2-4-1938: revisión mozos do 4º trimestre de 1940. .22-10-1938: presentación en caixa dos mozos de 1º, 2º e 3º trimestre de 1941.

1939

O 1º de abril remata oficialmente a guerra. Empeza a ditadura de Franco. Ademais dos mortos na fronte de guerra dun e doutro bando e da retagarda, cabe preguntarse se valeu a pena este enfrontamento a morte das chamadas “dos Españas” polo poeta (Antonio Machado). Braulio Astray Romero, que pertencía a unha recoñecida familia de dereitas, como el mesmo recoñece nos seus escritos, remata o seu relato con esta opinión:

«El resultado del alzamiento militar de mediados de aquel año de 1936 contra el Gobierno que había salido elegido democráticamente de las elecciones celebradas el 16 de febrero del mismo año, fue una guerra civil que duró cerca de tres años, causó un millón de muertos, arruinó a la Nación y mantuvo a España aislada del resto de las naciones civilizadas bajo una dictadura que perduró más de 39 años».

Non se pode resumir mellor en tan poucas palabras.