HISTORIA DO BALONCESTO Algúns historiadores consideran · participación de varios equipos. Así...
Transcript of HISTORIA DO BALONCESTO Algúns historiadores consideran · participación de varios equipos. Así...
1
HISTORIA DO BALONCESTO
Algúns historiadores consideran
que xa se xogaba 3500 anos antes
de Cristo.
Recentes investigacions
arqueolóxicas determinaron que
en 1500 antes de Cristo se
construiron lugares para a sua
práctica. Denominabase tlachtli
en lengua nahuatl, pokapok en
maya e taladzi en zapoteca.
Practicabase cun sentido relixioso
polas antigas civilizacións
precolombinas da zona de México.
O tlachtli utilizaba unha bola maciza de caucho, que se debía golpear, o facían
fundamentalmente, con muslos e cadeiras. Os gañadores eran decapitados como ofrenda a
os deoses. Unha das mellores construccións deste tipo de estadios, encuentrase en
Chichen Itzá.
O nacemento deste deporte moderno ten as
suas oríxenes nun colexio norteamericano a
finais do s.XIX ( 1891). O impulsor deste fo
James Naismith, profesor de educación física
no YMCA Training de Springfield. James
defineu as regras e
estructuras que ainda hoxe en día se manteñen
como tales.
Debido aos fríos invernos que soportaban en
Springfield, e ca necesidade de manter aos
seus estudantes en forma tanto física, como
psíquicamente, James sentiu a necesidade de
que este novo deporte se puidiese practicar no ximnasio da escola.
E así foi, tras longos meses de ensaios e probas, este profesor dictaminou regras e
estructuras que posteriormente se desarrolaron no xogo.
TEMA: O BALONCESTO
2
A idea que Naismith tiña do baloncesto era bastante clara; a pelota tiña
que ser o suficientemente grande para que
se puidese controlar sen necesidade de
ningún utensilio, a cancha de reducidas
dimensións obrigaba aos participantes a
botar o balón para controlar o espacio e a
canastra, elevada desde o solo para obrigar
a obstrucción do lanzamento por parte dos
adversarios( ao principio usou como
canastas dous cestos de melocotóns).
O primeiro partido que se xogou de forma experimental foi en 1891. En 1894 definiuse o
tiró libre; en 1897 a obrigación de ter 5 xogadores na cancha; en 1904 as dimensións da cancha.
HISTORIA DO BALONCESTO EN ESPAÑA
Non sería ata o ano 1921 cando chegará a España. Pero antes o baloncesto faría unha
parada en Cuba, donde chegou da man dos soldados que invadieron Cuba en 1906. Os
soldados destinados a loita na Primeira Guerra Mundial deron lugar a primeira gran
difusión do baloncesto. En 1921, Eusebio Millán Alonso, un sacerdote escolapio que
estivera dez años como misionero en Cuba, decide regresar a España e implantar o
deporte da canastra nas Escolas Pías de San Antón en Barcelona.
Nestas datas en España non se concebía outro deporte que non fora o fútbol, pero o pai
Millán, que era un apasionado deste deporte, quiso impoñelo como asignatura obrigada entre
os seus novos alumnos barceloneses das Escolas Pías de San Antón, en cuio patio de recreo
instalou dous rudimentarias canastras que lle permitiron desenrolar un torneo interaulas con
participación de varios equipos. Así en 1922 formou o primeiro club español de baloncesto, o
Laietá Basket Club, coñecido como Club de Baloncesto Laietano). Entidade que pasará a
historia como o decano dos clubs españois.
Nos anos posteriores o baloncesto non sufriu gran evolución, xogabase de maneira
rudimentaria en campos de fútbol e en equipos de 7 xogadores. En 1927 a selección
española recibiu a visita
dun club arxentino; dede entonces pasaríase a xogar cinco contra cinco, crearonse canchas
e buscouse documentación no extranxeiro sobre técnicas e tácticas deste deporte.
A finais de 1928 formase o primeiro equipo feminino de baloncesto, o Club Femení
d'Sports.
3
OBXECTIVO DO BALONCESTO
O baloncesto xógase entre 2 equipos de 5 xogadores cada un. O obxectivo de cada equipo é
encestar na canastra do adversario e impedir que o equipo contrario enceste
DIMENSIÓNS DA PISTA DE XOGO. As liñas dos lados (laterais) son as liñas de banda
mentras que as líñas que delimitan a anchura son as liñas de fondo. Non forman parte do
terreno de xogo.
EQUIPOS Cada equipo componse de xogadores e sustitutos.
Durante o tempo de xogo debe haber no terreno de xogo cinco (5)
xogadores de cada equipo que poderán ser sustituídos. Cada equipo
compose dun máximo de 12 xogadores facultados para xogar.
4
REGULAMENTO DO XOGO ( F.E.B. REGRAS OFICIAIS DE BALONCESTO 2017)
TEMPO DE XOGO, EMPATES E PERIODOS EXTRA
O partido componse de catro (4) períodos de dez (10) minutos.
Haberá intervalos de dous (2) minutos entre o primeiro e segundo periodo, entre o terceiro e cuarto periodo e antes de cada período extra.
Haberá un intervalo na metade do partido de quince (15) minutos.
Se o tanteo acaba en empate, o final do tempo de xogo do cuarto periodo, o
partido continuará cun periodo extra de cinco (5) minutos o con cantos
periodos de (5) minutos sexan necesarios para desfacer o empate. Os
equipos intercambiarán as canastras no terceiro periodo.
COMEZO DO PARTIDO O partido comeza cun salto entre dous cando
un árbitro lanza o balón no círculo central
entre 2 adversarios ao comezo do primeir
período.
Cada saltador terá os pes dentro do semicírculo
máis próximo a sua propia canastra,
O balón debe ser palmeado cas mans.
CÓMO SE XOGA O BALÓN
O balón só se xoga cas mans e pode pasarse, lanzarse, palmearse, rodarse ou botarse en
calquera dirección,
Correr co balón, golpealo co pe ou bloquealo con calquera parte da perna adrede, ou golpealo
co puño constituie unha violación.
Contactar ou tocar o balón accidentalmente co pe ou coa perna non constituie unha violación.
5
CANASTRA.O SEU VALOR
Unha canastra dende o tiro libre vale un (1) punto.
• Unha canastra dende a zona de tiro de dous
puntos do terreno de xogo vale dous (2) puntos.
• Unha canastra dende a zona de tiro de tres puntos do
terreno de xogo vale tres (3) puntos.
RESUMO REGULAMENTO PASOS: Dar máis de dous pasos sen botar o balón.
DOBRES: Despois de botar o balón, collelo cas dúas mans e volver a botar.
PÉS: Non se pode tocar o balón cos pés ou golpealo co puño.
CAMPO ATRÁS: Cruzado o medio campo para atacar, non se pode volver a pisar o noso campo.
8" SEG: Para pasar ao medio campo rival, o equipo dispón de oito segundos.
3" SEGUNDOS: Se non se ten o balón nas mans e se está atacando, non se pode estar máis
de 3 segundos dentro da área restrinxida do campo rival.
5 SEGUNDOS: O xogador que ten o balón non pode estar máis de 5 segundos co balón nas mans
sen pasar, botar ou lanzar.
24 SEGUNDOS:O equipo que ten a posesión do balón dispón de 24 seg. para lanzar a canasta.
6
VIOLACIÓNS. REGRA 5 DO REGULAMENTO. SINAIS DOS ÁRBITROS.
As máis comúns son:
AVANCE ILEGAL (PASOS): cando recibimos o balón establécese o pe de
pivote:
primeiro pe apoiado, se collemos o balón saltando; ou
o primeiro que se mova (podemos elexir),
se o recibimos cos dous pes no solo, podemos mover todo o que
queiramos o outro pe libre, xirando sobre o de pivote, pero cando
levantamos este último debemos soltar o balón (tiro ou pase) e non podemos botar.
Por eso non se pode mover antes de comezar a botar (serían pasos de saida) e, sen
embargo, o xesto da entrada é perfectamente válido porque estamos tirando unha
vez levantada.
DOBRE REGATE (DOBRES): o balón debe botarse cunha soa
man en cada bote, sen sostelo na mesma, nunha soa secuencia
de botes, chamada regate. Unha vez que o balón se agarra,
sexa cunha ou duas mans, non se pode realizar outro regate
ata despois dun lanzamento a canastra.
Xogador estreitamente marcado
Un xogador estreitamente marcado deberá pasar, lanzar, ou botar o balón en menos
de cinco (5) seg.
EXCESOS DE TEMPOS RESTRINXIDOS: hai varias cifras de tempo
máximo para realizar algunhas acións:
Tres segundos
Un xogador non debe permanecer
na zona dos seus adversarios
durante máis de tres (3) segundos
consecutivos mentras o seu equipo
teña o control do balón no terreo
de xogo.
AS VIOLACIÓNS SON INFRACCIÓNS DAS REGRAS E SANCIÓNANSE CON CAMBIO
NA POSESIÓN DO BALÓN PARA O EQUIPO CONTRARIO CONCEDNDOLLES UN
SAQUE DENDE O PUNTO MÁIS CERCANO AO DA INFRACCIÓN, EXCEPTO DETRÁS
DO TABOLEIRO., NON SON ACUMULABLES NIN SE TEÑEN EN CONTA EN FUTURAS
ACCIÓNS.
7
Regra dos oito segundos
Cando un xogador obtén o control do balón na sua pista traseira o seu
equipo debe facer que o balón pase a sua pista dianteira antes de oito (8)
segundos.
Balón devolto a pista traseira(campo atrás).
Cando o balón sobrepasa o medio
campo non pode volver a pista
traseira a non ser que o toque un
adversario.
Vinticuatro (24) segundos
Cando un xogador obten o control do balón no
terreo de xogo, o seu equipo debe de realizar un
lanzamento a canastra antes de (24) segundos.
8
FALTAS. REGRA 6 DO REGULAMENTO. SINAIS DOS ÁRBITROS.
Falta personal
Falta persoal
Unha falta persoal é unha falta do xogador que implica o contacto ilegal cun adversario, estea
o balón en xogo ou non. Pódese sinalar falta: por
agarróns, empuxóns, cargas…
O xogador que comete ao longo do partido CINCO
faltas persoais deberá abandonar o campo de
xogo e non poderá seguir participando no partido.
Penalizacións As formas de sancionar as faltas personais poden ser:
Se a falta se comete contra un xogador que non está en acción de tiro:
• Reanudarase o xogo mediante un saque do equipo non infractor desde un punto do exterior
do terreo de xogo o máis próximo posible ao lugar no que se cometeu a infracción.
Se a falta se comete contra un xogador que está en acción de tiro:
• Se o lanzamento se converte será válido y concederá un (1) tiro libre.
• Se o lanzamento a canastra de dous puntos non se convirte concederanse dous (2) tiros libres.
• Se o lanzamento a canastra de tres puntos non se converte concederase tres (3) tiros libres.
Cinco faltas por xogador
O xogador que cometa cinco (5) faltas, tanto personais como técnicas, será informado e
deberá abandonar o partido .
AS FALTAS SON INFRACCIÓNS DAS REGRAS QUE IMPLICA O CONTACTO PERSOAL
CUN ADVERSARIO.ANÓTASE UNHA FALTA AO INFRACTOR E PENALÍZASE.
9
CARACTERÍSTICAS DOS XOGADORES.
.
10
HABILIDADES DE TÉCNICA INDIVIDUAL NO BALONCESTO.
O xogador de baloncesto debe dominar as seguintes accións técnicas:
POSICIÓN BASE FLEXIONADA
DESPRAZAMENTOS
A FORMA CORRECTA DE AGARRE DO BALÓN,
A PARADA
PIVOTAR.TRIPLE AMENAZA.
Permite ao xogador que ten a pelota,
xirar en calquera dirección arredor
dun pe sen levantalo do solo para crear
perigo a defensa : pasar, tirar ou
botar.
11
O BOTE
É a maneira de avanzar cando se está en posesión da pelota. Podemos distinguir diferentes
tipos de bote:
Bote de protección: Utilízase cando
temos unha defensa cerca que nos impide
progresar coa pelota. A pelota ha de
botar entre ambos pes por debaixo da
cintura. Protéxese o balón colocando o
corpo entre o balón e o defensor.
A colocación do defensor debe estar
siempre situados entre la canasta y el
atacante.
Bote de velocidade : Utilízase cando se quere avanzar rápidamente e non hai ningunha
defensa diante. A pelota bota por diante do xogador e pode subir un pouco por enriba da
cintura.
O PASE
Existen distintos tipos:
Pase de peito: É o máis utilizado
no baloncesto, en distancias
cortas e medias. Comezase cos
brazos flexionados a altura do
peito e lanzase a pelota mediante
a extensión dos brazos cun
movimento de muñeca final.
Pase con bote (picado): Execútase igual co
anterior pero os brazos van na mesma dirección ca pelota, cara
o solo. A pelota non debe botar lexos do que a recibe para que
a poida recepcionar a altura da cintura.
12
Pase por enriba da cabeza: A pelota sitúase por enriba da cabeza, os
brazos extendese na mesma dirección cara donde queremos que vaia a
pelota e, no último instante, se lle da un golpe seco coas muñecas.
Pase de béisbol:
Agarramos a pelota coas duas mans a altura da orella. Lanzase
como si tiráramos unha pedra. UtilÍzase nos pases largos,
sobre todo nos contraataques.
Oreceptor debe buscar o balón e extender o seu
brazo mostrando a palma da man para indicar donde
quere recibir o pase.
Pase de espalda
LANZAMENTO A CANASTRA. A man de lanzamento sitúase por debaixo do balón, suxetándoo coas xema dos dedos.
Muñeca e codo flexionado ata que o balón quede xusto por enriba da cabeza. A outra suxieta o balón
polo lateral. As pernas están flexionadas e algo separadas. O pe que corresponde a man que lanza o
balón pode estar lixeiramente adiantado.
O tiro libre:
É un lanzamento estático. Concédese como penalización das
faltas persoais do equipo contrario.
Lanzamento en suspensión:
Execútase igual que o tiro libre pero cun salto.
13
Entrada a canastra: É un enceste cunha
carreira previa. Se nos diriximos a canastra polo
lado dereito, botaremos a pelota e a lanzaremos
ca man dereita; si vamos polo lado esquerdo as
acciónes realizaremolas coa man esquerda.
POSICIÓN DOS XOGADORES NO CAMPO:
Cada defensor é responsable dun atacante, intentando evitar: que reciba o balón,que avance e que tire.