HISTORIA DA MÚSICA 2º Bacharelato - edu.xunta.es sonata barroca é a forma instrumental que dá...
Transcript of HISTORIA DA MÚSICA 2º Bacharelato - edu.xunta.es sonata barroca é a forma instrumental que dá...
GUÍA DO ALUMNADO
HISTORIA DA MÚSICA
2º Bacharelato
MATERIAS DE MODALIDADE
2
Autora: Mª Inés López Nodar Para a redacción do apartado “Material adicional”, utilizouse o “Material complementario de Historia da música”, elaborado por Rosa María Fernández García.
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN
2. METODOLOXÍA
3. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO
4. LIBRO DE TEXTO
4.1. ESTRUTURA DOS CONTIDOS
4.2. DISTRIBUCIÓN TEMPORAL
4.3. UTILIZACIÓN DOS MATERIAIS
5. UNIDADES DIDÁCTICAS
6. SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN
7. BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA E DIRECCIÓNS WEB DE INTERESE
3
1. INTRODUCIÓN
O ensino da materia de Historia da Música no Bacharelato ten como finalidade formar
ao alumno a través da análise, comprensión e valoración das diferentes músicas tanto do
pasado como actuais e tamén crear unha actitude crítica e ao mesmo tempo aberta en
relación coa creación, difusión e consumo da música na sociedade actual.
A HISTORIA da Música, igual que a da Arte, é unha parte máis da historia da
humanidade e é fundamental coñecela para poder acadar unha formación humanística
sólida. A música é unha manifestación artística máis dun determinado momento
histórico; a súa diversidade é debida a factores sociais, económicos e políticos como
calquera tipo de arte.
A música, hoxe en día, é un obxecto de consumo máis e polo tanto forma parte da
vida cotiá de calquera cidadán, por iso, saber valorala, entendela, disfrutala e mesmo
saber consumila adecuadamente é algo fundamental na formación da persoa.
O alumnado xa ten recibido unha formación musical ao longo da ESO, por iso,
búscase ante todo profundar nos aspectos históricos, estéticos, formais e sociais pero
tamén mellorar a linguaxe musical e aumentar a capacidade de audición para que o
alumno teña unha aproximación ao feito musical o máis práctica posible.
2. METODOLOXÍA
É importante saber que esta materia, propia de modalidade no Bacharelato de
Humanidades, está formada por dous aspectos inseparables á hora de estudar: unha
parte teórica, é dicir, as diferentes unidades do libro de texto, e unha parte práctica que
son as audicións das distintas obras musicais.
4
Nas probas de acceso á universidade téñense en conta estes dous aspectos, posto que
hai que resolver unha pregunta teórica, unha de definición de termos musicais e
comentar unha audición, escollidas de entre dúas opcións.
No libro de texto, ademais da parte teórica en sí, encontramos moito vocabulario que
o alumnado debe organizar confeccionando, por exemplo, un caderno que lle facilite o
estudo dos conceptos. O alumnado precisará un reprodutor musical para poder escoitar
as audicións. O libro de texto trae anexo un CD, pero ademais dende a páxina virtual da
CIUG pódense conseguir varios CD con audicións de obras non reflectidas no libro
pero que son obrigatorias nas PAAU. Débese, por tanto, utilizar internet, xa sexa tanto
para estes fins como para poñerse en contacto co profesorado e así facerlle saber as
súas dúbidas e presentarlle o seu traballo dende a casa. Pódense usar outras maneiras
para comunicarse co profesorado como son a vía telefónica, válida para resolver
cuestións moi puntuais, e o correo ordinario, válido para enviar exercicios, sobre todo
cando a tecnoloxía non funciona.
3. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO
- É moi importante ler e coñecer todos os conceptos do vocabulario musical que se
propoñen no libro de texto.
- O alumnado debe traballar de forma cotiá coa materia. Deixar todo para última hora
nunca proporciona bos resultados.
- O estudo debe realizarse non só usando o libro senón tamén un dicionario de termos
musicais. Existen moitos no mercado.
- As obras musicais deben ser escoitadas varias veces, seguindo os comentarios xa
feitos no libro e na guía. Isto permite fixarse nos aspectos máis destacados da estrutura,
do ritmo etc.
- O uso de Internet e de páxinas virtuais relacionadas coa música son básicas na
modalidade de bacharelato a distancia. Hoxe, a rede de ordenadores públicos permite o
acceso de todas as persoas a estas tecnoloxías.
5
- Facer un guión ou esquema do que se vai estudando. As cousas ordenadas son máis
fáciles de asimilar.
- Calquera dúbida debe ser consultada ao profesor. Non se debe avanzar no estudo sen
ter claros determinados conceptos.
4. LIBRO DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO
Non contamos con libro de texto, xa que ningún se adapta totalmente en contidos e
audicións aos criterios da CIUG. De todos os xeitos, recomendamos, como material de
apoio, o libro seguinte, para o que está feita esta guía:
CASARES RODICIO , Emilio: HISTORIA de la Música. Bachillerato. Ed. Everest.
León, 2002. ISBN: 84-241-8199-9
Deste libro non existe versión en galego. Trae anexo un CD con 63 audicións, a
meirande parte delas comentadas no libro. Son audicións moi curtas. Moitas delas non
coinciden coas obrigatorias nas PAAU. Isto supón un problema á hora de estudar, por
iso, nesta guía propóñense máis audicións comentadas. O alumnado pode ir
directamente á páxina da CIUG e recoller de alí as gravacións en formato MP3 que
pode escoitar ou seleccionar e gardar no seu ordenador.
4.1. ESTRUTURA DOS CONTIDOS
A materia é moi ampla, para facilitar o estudo os contidos divídense en cinco bloques
temáticos:
I. A MÚSICA INSTRUMENTAL. Neste bloque inclúense os espazos
musicais ademais de todas as formas instrumentais ata o Romanticismo
II. A MÚSICA VOCAL. Neste bloque inclúense todas as etapas históricas dende
Grecia ata o Romanticismo.
6
III. A MÚSICA TEATRAL. Inclúense os apartados de ópera, opereta, zarzuela
así como danza e ballet.
IV. A MÚSICA NA SOCIEDADE CONTEMPORÁNEA. Trata tanto os
aspectos técnicos como son formas de gravar, soportes etc. como as novas tecnoloxías e
a produción musical do século XX.
V. INTERPRETACIÓN MUSICAL. Inclúe os aspectos de interpretación e de
oficios musicais tales como investigador, crítico, ensinante etc.
4.2 DISTRIBUCIÓN TEMPORAL
Os contidos do libro de apoio abarcan dez unidades ou temas agrupados en cinco
bloques. O feito de ter que dividir a materia en trimestres fai que non se poida separar
en bloques. Consideramos que a mellor maneira de facer unha distribución temporal é a
seguinte:
Primeiro trimestre.—Unidades 1 e 2
Segundo trimestre.—Unidades 3, 4, 5, 6.
Terceiro trimestre.—Unidades 7, 8, 9, 10.
Son varias as razóns que nos levan a facer este reparto. No primeiro trimestre o
alumnado non ten adquirida aínda a destreza precisa para a parte práctica e ademais
estas dúas unidades son moi densas, polo que incluír máis sería dificultar moito o
estudo da materia. No último trimestre a materia é ampla en unidades pero é máis
levadeira en contidos o que lles facilita a preparación para selectividade a aqueles
alumnos/ as que se presenten.
7
4.3. UTILIZACIÓN DOS MATERIAIS
- Cada unha das unidades contén ao final un apartado da aplicación práctica dos
conceptos do tema (Comentario de audición, definición de termos etc.) O alumnado
debe traballar moito esta parte non só para superar o curso senón tamén para superar a
selectividade. Por iso, para as actividades téñense en conta os criterios da CIUG.
- Estas actividades son de dous tipos: de avaliación e para envíar á titoría. As
primeiras están pensadas para que o alumnado traballe na casa e despois se poida
autocorrixir coas solucións do final desta guía. As de enviar á titoría, ben por correo
ordinario ou mellor a través do correo web, inclúen exercicios de definición,
comentarios de obras e elaboración de cadros resumo.
- O alumnado pode planificar estas actividades como queira tendo en conta o tempo
que dispoña pero deben ser enviadas como máximo oito días antes dos exames
trimestrais. Isto permite que o profesorado poida corrixir sen agobios e devolver con
tempo para que o alumnado vexa os seus erros antes do exame.
- Tamén indican estas actividades o traballo que o alumnado realiza; é unha maneira de
comunicación entre alumnado e profesorado. Os estudantes de ensino a distancia non
están presentes na aula pero dende a súa casa traballan a materia e pregúntanlles aos
docentes coma se estivesen nela. O profesorado vai vendo así cales son as partes máis
difíciles ou que necesitan máis explicación.
- En cada unidade haberá un apartado chamado “Material adicional” que axudará a
ampliar a información incluída no libro de texto para que este se axeite mellor aos
criterios da CIUG. Esta información é tanto teórica como práctica.
8
5. UNIDADES DIDÁCTICAS.
UNIDADE 1. A MÚSICA INSTRUMENTAL.
Ao longo desta unidade traballarase para coñecer e apreciar a sonoridade da música
instrumental dentro da mentalidade renacentista e a súa relación cos fenómenos
culturais do Renacemento, ademais da evolución da música instrumental no Barroco e
no Clasicismo. Tamén para coñecer os principais espazos musicais e a súa evolución ao
longo do tempo así como as principais agrupacións instrumentais..
Material adicional
Quizais no libro de apoio non está demasiado ben explicado o termo Sonata. Este
termo significa música para ser soada. A sonata barroca é a forma instrumental que dá
lugar ás demais, ben sexa ampliando o número de instrumentos _que desemboca no
concerto e na sinfonía_ ben reducindo o número de instrumentos a un só ou a dous.
Durante o Barroco compuxéronse sobre todo sonatas “a solo”, é dicir, composicións
instrumentais para un só instrumento, xeralmente violín ou clavicémbalo e despois para
piano forte e baixo continuo e para tres instrumentos e baixo continuo. O número de
tempos que integran as sonatas varían desde un só movemento ( sonata monopartita) ata
máis de catro. Co tempo, vaise seguir un esquema convencional en catro tempos
establecido por Corelli: grave-allegro-lento-allegro. O segundo movemento está escrito
en estilo fugado mentres que o cuarto pode ser fugado ou homofónico.
As sonatas clasifícanse en “sonatas da chiesa” e “sonatas de cámara”. Nas primeiras o
primeiro movemento pode ter unha escritura imitativa ou rítmica. O segundo adoita ter
ritmo binario, frecuentemente de estilo fugado. O terceiro ten unha estrutura
homofónica e o cuarto unha textura lixeira. O baixo
continuo faino xeralmente o órgano. Nas sonatas de cámara os movementos baseánse na
danza e o baixo faino o clave.
Para esta unidade temos varias obras de audición obrigada. Son as seguintes:
Guía de orquestra para mozos de B. Britten,que se escribiu inicialmente con fins
didácticos para unha película titulada Os instrumentos da orquestra. O texto de Eric
Crozier vai describindo os instrumentos. Esta “Guía” é unha homenaxe de Britten a
Purcell, músico do XVII polo que sentía grande admiración. Primeiro é toda a orquestra
9
a que interpreta o tema, logo fano as catro familias de instrumentos (madeira, metal,
percusión e corda) e para rematar outra vez toda a orquestra. Seguen trece variacións, a
primeira confiada á frauta. Tras desmantelar a orquestra reconstrúea novamente nunha
fuga a partir do” piccolo”. Na conclusión maxestuosa os metais retoman o tema sobre a
textura da fuga.
Bolero de Ravel. O dominio da orquestra posto ao servizo dunha danza con caracteres
obsesivos dá como resultado esta obra que foi encargada por Ida Rubinstein para un
ballet para a Ópera de París. Ravel concibe a idea dun tema que se repite moitas veces
sen ningún desenvolvemento, simplemente graduando o son da orquestra. Un simple
motivo dividido en dúas partes ( A e B) con un ritornello e apoiado nun ritmo
reiterativo, sin cambios nin aceleración é paseado por todos os instrumentos da
orquestra. Utiliza tamén un crescendo
apoidado nun ostinato e nas dinámicas dos instrumentos que pasan do pianissimo do
principio ao fortísimo do final.
A obra podería continuar ata o esgotamento pero remata cunha repentina coda que
xorde dunha modulación súbita que quebra a insistencia na tonalidade en Do maior.
Estas dúas obras son básicas para entender a clasificación dos instrumentos e a
evolución da orquestra.
Polonesa nº 6 en La bemol M, Op. 53 de Chopin. A polonesa é unha danza polaca de
forma variable que data do século XVI que se mantén nos nosos días polas
transformacións musicais que sufriu. Chopin convértea nunha expresión de patriotismo
e fidalguía servindo de desafogo ao oprimido sentimento nacional dun polaco exiliado.
Esta obra coñécese tamén co nome de Gran Polonesa Heroica. Ten unha primeira parte
que desemboca nun baixo de semicorcheas en “crescendo”, logo un episodio de
expresividade íntima e logo retoma o bloque inicial para rematar en acordes secos e
vigorosos.
Esceas de nenos, Op. 15 de Schumann. (De terras e vales lonxanos) Este compositor
alemán encontra no piano o vehículo ideal para expresar as súas ideas aínda que tamén
compón sinfonías e obras orquestais. As pezas curtas de Schumann teñen connotacións
literarias e natureza autobiográfica. Estas obriñas para piano son a mirada dun adulto
sobre os seus primeiros anos. Xunto con Chopin é o gran creador pianístico.
10
Criterios de avaliación
- Definir con claridade e precisión os conceptos desta unidade que veñen especificados
no texto.
-Coñecer as características da música instrumental do Renacemento, Barroco e
Clasicismo.
- Ter conciencia da evolución das formas musicais.
- Coñecer as diversas familias instrumentais.
- Comentar con destreza unha audición musical relacionada coa unidade.
Actividades de autoavaliación
1. Define brevemente: cuarteto, rondó, variación, polonesa.
2. Caracteriza a música instrumental do Renacemento.
3. Explica as características da forma sonata.
4. Comenta a audición 1 do CD do libro de Everest.
Actividades para enviar á titoría
1. Define brevemente: polca, sonata da chiesa, variación, banda.
2. Fai un esquema das pequenas formas pianísticas.
3.Caracteriza a música do Barroco.
4.Comenta a audición nº 2 do disco 2 da CIUG.
UNIDADE 2. A MÚSICA INSTRUMENTAL SINFÓNICA.
Nesta unidade estúdase a evolución da música sinfónica dende as súas primeiras formas
ata o Romanticismo.
Material adicional
Nesta unidade son obras de estudo obrigadas as seguintes:
O inverno de As Catro Estacións de Vivaldi. ( Concerto para violín RV171)
Primeiro movemento. En 1725 aparecen os doce concertos que conforman a Opus 8 da
obra de Vivaldi. Supón un paso máis na consolidación do concerto solista como unha
forma instrumental emerxente na que o solista e a orquesta se opoñen e enfrontan na
busca dun acordo entre ambos os dous. Tamén supón a reafirmación do violín como un
11
instrumento plenamente desenvolvido logo dos perfeccionamentos técnicos aos que foi
sometido nesta época. Os catro primeiros concertos desta colección son os que
coñecemos co nome de As Catro Estacións. Cada concerto aparece precedido por un
soneto explicativo que nos describe aspectos concretos de cada estación que logo a
música vai representar. Nesta obra vemos claramente o carácter descritivo da música,
así as fusas e semicorcheas en staccato describen o temblor do frío no primeiro
movemento e o pizzicato da melodía do violín evoca a choiva no segundo tempo.
Concerto de Brandenburgo nº 2, BWV 1042, primeiro movemento, de J.S. Bach.
Esta obra intégrase nun grupo de seis concertos que Bach dedica en 1721 ao margrave
de Brandenburgo, baixo o título de Seis concertos para varios instrumentos. Están
feitos nunha época na que o autor está ao servizo do príncipe Leopoldo de Köthen e na
que goza de gran liberdade creativa ademais de ter á súa disposición unha excelente
orquestra polo que os concertinos son diferentes en cada un dos seis concertos. Neste
segundo concerto o concertino intégrano: trompeta, frauta, violín e óboe. A estrutura é
a de “concerto grosso” no que un pequeno grupo de solistas (Concertino) oponse ao
conxunto orquestral (Tutti). Esta formación de contraste é tipicamente barroca e
podémola ver en todas as manifestacións artísticas.
Allegro spiritoso da sinfonía Hob. I. 83, en Si b M, A galiña. Primeiro movemento,
de Haydn. Esta obra pertence a un grupo de seis sinfonías denominadas “Parisienses”
que Haydn compuxo por encargo do conde de Ogny para ser interpretadas nos
Concertos da Loge Olimpique de París. Este encargo supuxo un estímulo á creatividade
do autor que pasaba por unha etapa de crise xa que o obrigou a escribir para un público
esixente. A forma orquestral que aparece nesta sinfonía consta dunha frauta, dous
óboes, dous fagots, dúas trompas e a corda. Logra un equilibrio tímbrico entre a corda e
o vento que non sempre se respecta nas diferentes versións. Normalmente as cordas
excédense. O primeiro movemento reflicte con claridade o esquema da forma sonata:
unha exposición na que os temas aparecen separados por unha amplia transición; un
desenvolvemento que comenza co segundo tema, unha reexposición breve e unha coda
final.
Pequena Serenata Nocturna, k 525 (4º mov. Rondó: allegretto) de Mozart.
Esta peza é unha das máis coñecidas do autor. Aparece datada no 1787. Constitúe a súa
última aportación ao xénero da serenata, caracterizado máis pola súa función de
entretemento nas reunións sociais que por unhas características de instrumentos ou
estrutura. Orixinalmente foi escrita en cinco movementos pero un deles, o minué, que
12
ocupaba o segundo lugar, perdeuse. Isto fixo que a obra se reducira a unha especie de
pequena sinfonía. O cuarto movemento (Rondó: allegretto) presenta unha forma sonata
que se combina con elementos repetitivos do rondó. Na súa versión orixinal a obra
estaba escrita para quinteto de corda aínda que na actualidade se pode escoitar
habitualmente interpretada por formacións orquestrais máis amplas.
Quinta Sinfonía, Op. 67, Primeiro movemento, de Beethoven.
Partindo de Haydn, as contribucións de Beethoven a esta forma musical fan que
poidamos dicir que é o cumio do sinfonismo. A Quinta Sinfonía foi composta entre
1805 e 1808. En do menor, a culminación no cuarto movemento en Do Maior a través
dunha transición que une o terceiro e o cuarto movemento sen solución de
continuidade, interpretouse como unha vitoria na loita contra o destino. A exposición do
tema principal é enérxica con forma de célula rítmica de tres corcheas que se prolongan
nunha branca e que se repite de forma incansable non só no primeiro movemento senón
ao longo de toda a sinfonía. Fronte a este tema principal, de cordas e clarinetes, oponse
un segundo tema lírico que interpretan os violíns, os clarinetes e as frautas. Logo vén
un desenvolvemento baseado no motivo inicial de grandes contrastes expresivos,
debidos a contrastes de intensidade entre os grupos instrumentais, e unha reexposición
precedida dun “solo” de óboe que completan a forma sonata deste primeiro movemento.
O aprendiz de bruxo de Dukas. Este autor desenvloveu un importante labor docente
no París do século XIX. Estaba á fronte da cátedra de composición do Conservatorio.
Autor moi valorado no seu tempo, hoxe en día practicamente é coñecido só por esta
obra: O aprendiz de bruxo. Foi escrita no 1897 dentro dos parámetros estéticos do
Poema Sinfónico establecidos por Liszt, co colorido orquestral propio dos grandes
autores rusos do XIX. Está baseado nun texto de Goethe e versa sobre un mago,
discípulo doutro famoso mago que aproveita a ausencia do mestre para dar vida a unha
vasoira pero ao que estas experiencias acaban por írselle das mans ante a falta de
recursos máxicos. A chegada do mestre permite a volta á normalidade. A estrutura é
unha especie de forma sonata con catro temas, con introdución e coda de igual contido.
Walt Disney levou este poema sinfónico ao cine animado ( Co rato Mickey de
aprendiz) na película Fantasía.
Sinfonía italiana, Op. 90 (primeiro movemento) de Mendelssohn. A sinfonía italiana
xorde dunha viaxe realizada a este país no 1830. Máis que unha descrición sonora de
paisaxes, parece intentar suxerir a paz, o colorido e a ledicia italiana, sensacións que
este país despertara no autor. Encontramos na exposición dous temas moi contrastados,
13
un moi rítmico presentado polos violíns e outro máis melódico introducido por
clarinetes e fagots. Logo da repetición desta exposición e xa no desenvolvemento
preséntanos, igual que na Heroica de Beethoven, un terceiro motivo, de carácter tamén
moi rítmico, interpretado polos segundos violíns e repetido a continuación polas
distintas seccións de corda. Este movemento aparecerá outra vez na reexposición.
Terceira sinfonía, OP. 90 (terceiro movemento) de Brahms. Brahms preferiu a
forma clásica da sinfonía en vez do poema sinfónico. Nas súas sinfonías vese a
admiración pola forma tradicional que se reflicte no esquema que utiliza: forma sonata
en dous dos seus movementos, recurso ao lento en forma de lied nos segundos
movementos e ao allegro do scherzo nos terceiros. Esta terceira sinfonía foi estreada no
1883. É máis breve que as dúas anteriores e adáptase, como elas, á estrutura clásica. O
terceiro movemento é un scherzo con trío de tempo rápido moderado, que parece
reflectirr un estado anímico máis reflexivo que os de Beethoven.
Ademais nesta unidade non se profunda nas figuras de determinados autores. É
conveniente que o alumnado teña en conta o seguinte:
Beethoven foi un artista illado nunha época de tránsito, entre o fin do Clasicismo e o
principio do Romanticismo. A súa obra divídese en varios períodos. O primeiro é o das
obras de xuventude, ata 1802. Nestas obras Beethoven parte da linguaxe clásica na que
introduce elementos estilísticos e formais totalmente persoais e innovadores. Nos anos
de formación en Viena compón e publica música de cámara como os tres Tríos para
piano, violín e violoncello. No 1800 estrea a primeira sinfonía con notable éxito. Esta
obra ten moitos elementos clásicos e nela déixase sentir a influencia de Haydn e de
Mozart, aínda que xa amosa unha linguaxe moi persoal. Nestes anos crea tamén a
primeira colección de seis cuartetos de corda para dous violíns, viola e viloncello.
Destacan polo complexo traballo contrapuntístico, pola súa estruturación formal e pola
riqueza melódico rítmica. Na segunda etapa o compositor experimenta máis cos sons e
coas harmonías. Durante 1803 traballa na terceira sinfonía que termina un ano despois
con título de Sinfonía Grande Heroica. O concepto desta non ten nada que ver co
modelo de Haydn e do clasicismo. O primeiro tempo ten forma clásica pero o segundo
ten forma de marcha fúnebre. As sinfonías de Beethoven poden ser Clásicas (1ª, 2ª,
4ª,7ª, 8ª) e Románticas (3ª, 6ª, 9ª). Na terceira etapa o autor ten graves problemas de
saúde, económicos e familiares que marcan a súa obra. Desta etapa destaca a Novena
14
sinfonía, coral , que foi encargada pola Sociedade Filarmónica Real, aínda que a idea de
poñerlle música ao poema Oda á Ledicia é anterior. Introduce voz, coro e solistas,
nunha forma instrumental, e isto rompe a tradición sinfónica como forma puramente
instrumental.
Mendelssonh naceu en 1809 e morre en 1847. Foi o gran impulsor da sinfonía tras a
morte de Schubert. Criouse nunha familia con moitos recursos económicos e culturais
polo que o achegamento á música prodúcese moi cedo. No compositor destaca o
equilibrio que amosa entre os principios compositivos clásicos e románticos. Foi tamén
un recoñecido director de orquestra que recuperou do esquecemento obras do pasado,
como foi o caso de Bach. Compuxo cinco sinfonías, entre as que está a Escocesa, na
que introduce a gaita como instrumento orquestral, e a Italiana.
Bramhs foi un destacado pianista. Escribiu moita música de cámara. No 1878 realiza
unha das súas partituras máis importantes, o Requiem alemán. O seu estilo é próximo
ao de Mendelssonh, xa que non se afasta moito do estilo formal clasicista nas súas
obras, especialmente nas sinfónicas. A forma sonata é o esquema formal utilizado
nalgúns dos seus movementos rápidos. Para os segundos emprega a forma do lied, e os
terceiros adoitan ser Scherzos.
Criterios de avaliación
- Analizar as obras sinfónicas e insertalas no momento sociocultural no que naceron.
- Analizar criticamente os cambios da función social da música.
-Recoñecer os estilos, formas e compositores da música sinfónica.
- Definir con claridade os conceptos desta unidade.
- Comentar unha audición referida a esta unidade.
Actividades de autoavaliación
1. Define brevemente: obertura, concerto grosso, serenata, poema sinfónico, orquestra.
2. Explica as características da música orquestral no Romanticismo.
3. Comenta a audición 11 do CD do libro de Everest.
Actividades para enviar á titoría
1. Define brevemente: suite, sinfonía, idea fixa, folclore, fuga.
2. Fai un esquema coas características das formas orquestais do Clasicismo.
3. Comenta a audición 6 do disco 1 da CIUG.
15
UNIDADE 3. A MÚSICA VOCAL
Esta unidade versa sobre as formas musicais vocais, excluíndo as formas teatrais, dende
a Antiguidade ata o Romanticismo.
Material adicional
O libro de texto non trae demasiada información sobre determinados temas que son
importantes. Le con atención o seguinte:
O Codex Calixtinus data de mediados do século XII e está dedicado aos oficios do
Apóstolo Santiago. O Codex contén, entre outras pezas, sermóns, textos para a
celebración de misa, para as festas do Apóstolo e un antifonario. O libro contén dous
repertorios, o monódico e o polifónico. As pezas gregorianas son adaptacións de
melodías moi estendidas, como é o caso dos tropos do Kyrie, de Gloria e do Sanctus
para a festividade do Apóstolo. O Calixtinus presenta vinte e unha pezas polifónicas a
dúas voces, das que nove proceden de cantos litúrxicos. A súa composición deriva
dunha textura moi adornada da “vox organalis” contra unha máis silábica da “vox
principalis”. Semella que o autor ou autores do códice eran de orixe francesa, de
formación monástica e moi coñecedores da cidade compostelá ( aparece nel unha
galeguización de certos termos e situacións). Non está claro se este libro foi usado na
práctica musical da catedral.
As Cantigas de Santa María atópanse en catro manuscritos, tres con música e un
deles, o do Escorial, decorado cunha serie de miniaturas que reproducen esceas
musicais, dun gran valor documental para reproducir os instrumentos da época e a súa
interpretación. Actualmente pénsase que é moi improbable que o rei fose o autor de
todas estas cancións, aínda que os manuscritos así o din. A organización das cantigas
segue un esquema fixo que sitúa unha cantiga de loor cada dez cantigas. Hai cantigas
que cantan milagres da Virxe, festividades, etc. Musicalmente estas cantigas están moi
próximas aos modelos franceses e italianos do virelai francés e da ballata italiana, forma
esta que derivará na popular panxoliña. As cantiga teñen un número variable de cobras e
o retrouso atópase nalgunhas delas ao principio, e noutras ao final. En moitos casos, a
música do retrouso procede da cobra, e só en moi poucas cantigas esta sección é
independente. Atopamos a mesma variedade nos ritmos, tanto binarios como ternarios,
e na natureza máis melódica ou máis rítmica das cantigas.
Martín Codax é un dos máximos representantes da lírica trobadoresca galego-
portuguesa. Da súa biografía pouco se sabe pero é evidente que traballou na zona de
16
Vigo. Estivo ao servizo de Fernando III e cantou a beleza das terras e do mar de Vigo
nas cantigas que se enmarcan dentro do xénero chamado de”Amigo”. Nelas a namorada
espera a chegada do seu amigo, despois dun longo tempo sen velo. Entre as sete que se
conservan destacan “Mandad´ei conmigo”,” Mia hirmana fremosa” e “Aí Deus se
sabr´ora”.
Na música da contrarreforma, o compositor por antonomasia é Palestrina (1525-
1595). A súa fama débese á beleza e á perfección formal das súas composicións para
voces “a capella”. En Roma traballa no coro da Capela Sixtina. Está considerado como
o máximo representante do espírito sobrio da Contrarreforma e do chamado estilo
antigo. O músico concilia nas súas obras a tradición da escola flamenca coa visión
persoal da unidade que debe existir entre texto e música. Colocou a música sempre ao
servizo da relixión católica, que sufrira o cisma da reforma luterana. Por iso, non
compuxo para instrumentos nin música profana. Foi autor de máis de 40 misas a catro
voces, 38 a cinco, 20 a seis e 4 a oito, ademais de case 400 motetes e un cento de
madrigais e himnos. A súa obra máis coñecida é a Misa do Papa Marcelo.
No renacemento español en canto á música vocal cómpre lembrar que este período é
considerado a Idade de Ouro da música española. A música, como o resto de
actividades artísticas, vén determinada polo espírito relixioso da contrarreforma. O
misticismo e a austeridade son as características máis destacables. A música española
durante o reinado dos Reis Católicos e dos da casa de Austria foi moi rica e variada, xa
que asimila a técnica contrapuntística franco-flamenga e a linguaxe homofónica
presente nas formas semipopulares italianas, grazas ás relacións políticas e comerciais
existentes entre estes reinos. O cancioneiro de Palacio é a principal fonte para
coñecermos a música española desta época, xa que contén o repertorio musical da corte.
Das case seiscentas pezas que ten, consérvanse unha cincoentas, case todas a catro
voces. Máis de catrocentas son panxoliñas, que toman a estrutura dos virelais ou das
ballatas. Cincuenta son cancións e corenta romances. Moitas versan sobre o amor cortés
e outras sobre temática popular. Estas composicións caracterízanse por teren a melodía
na voz superior, unha harmonía sinxela, con cadencias moi claras e unha melodía
xeralmete silábica e moi catable en todas as voces. Entre os compositores máis
importantes está Juan del Enzina, que naceu no 1468 e morre no 1530. Traballou para o
Duque de Alba para quen creou a parte máis importante da súa obra. Era sacerdote pero
non compuxo música relixiosa, toda a súa produción son panxoliñas e música vinculada
aos madrigais.
17
O Mesías de Haendel é unha das obra cumio do Barroco. Foi o único oratorio
realmente sagrado que escribiu. O texto non ten acción nin un protagonista concreto. A
historia preséntase a través de crónicas tomadas do Antigo e do Novo Testamento. O
texto contén todas as partes da vida de Xesús dende a natividade ata a resurrección e
exalta o poder do Mesías como salvador da humanidade. A obra ten dúas arias da capo e
gran abundancia de partes corais. Haendel sintetizou nos seus oratorios elementos dos
oratorios alemáns e italianos, da ópera etc. Cuñou a forma do oratorio inglés: drama en
tres actos sobre tema bíblico, con grandiosas intervencións corais e que se interpretaban
nos teatros como calquera concerto.
Bach compuxo a paixón segundo San Mateo. Ten certos influxos da ópera polo seu
carácter teatral e monumental. Esta composición é un fiel reflexo da súa fe luterana,
corrente relixiosa na que se enmarca esta Paixón. Sintetiza os estilos italiano, francés e
alemán. Logra un gran equilibrio entre harmonía e contrapunto.
Dentro da música vocal temos que ter en conta a música galega, dentro do apartado
da canción en España. Dous son os autores destacados. Un deles, Marcial del Adalid
compuxo unha zarzuela chamada Pedro Madruga e tamén moitas obras para piano e
voz. Pero o autor máis destacado é Juán Montes, compositor prolífico aínda que
ningunha das súas obras chegase a estrearse. Procedía dunha familia humilde e
ingresou no seminario e alí recibiu a única formación musical que posuía. Cando
abandona o seminario dedícase a pianista en Lugo. Compón música tanto profana como
relixiosa. Escribe Oficio de defuntos e Negra sombra unha balada composta por el con
texto de Rosalía de Castro.
Son obras obrigadas as seguintes:
Puer natus est nobis( gregoriano) O introito da Misa de Nadal é unha das melodías
máis célebres do repertorio gregoriano. Escrita en Modo I ( Re, nota de recitado La)
desenvólvese cunha discreta ornamentación que deixa ver unha arcaica melodía
estruturada en seccións lineais xustapostas que constitúen a Antífona. Alternan o canto
dos solistas coas respostas do coro, mentres o salmo adoita facerse, trala entonación do
solista, alternando a schola e o coro.
Veni creator spiritus (gregoriano) Os himnos son o xénero máis mermado e
censurado tralas sucesivas reformas da Igrexa, debido en parte á gran participación
popular e ao perigo de introducir elementos contrarios á doctrina. Esta obra foi escrita
para a festa do Pentecostés na que se invoca ao Espírito Santo. A estrutura é estrófica,
18
de moi escasa ornamentación e de rima literaria regular. Está escrito en modo 7º con
nota de recitado Do.
Ondas do mar de Vigo de Martín Codax. O pergameo Vindel, descuberto no 1914,
permitiu corroborar que o repertorio galego- portugués fora composto con música
propia e individualizada para cada poema. Consérvanse seis cantigas de amigo de
Martín Codax con música e nelas o protagonista é sempre unha muller. Esta cantiga
asemellase a un recitado gregoriano(Modo VII) sen acentos musicais. A música
axústase ao texto: dúas estrofas similares para os dísticos paralelos e unha melodía nova
para o retrouso.
Santa María strela do día de Afonso X. O repertorio das cantigas de Afonso X
constitúe o corpus musical da época medieval. Escrito entre 1260 e 1284, ofrece non só
unha escritura musical moi perfeccionada para a súa época senón tamén a información
documental de instrumentos. Esta obra ten unha alternancia de valores longos e breves
que dá unha solución binaria ao compás. A melodía pertence ao modo I Re. A
instrumentación non figura indicada no manuscrito orixinal. A súa elección optativa.
Gratulantes e congaudeant catholici do Códice Calixtino. Na segunda metade do
século XII, e froito do encargo do Cabildo compostelano, confecciónase o Códice
Calixtino, un libro de liturxia para o uso da catedral de Santiago. Contén relatos de
milagres, sermóns e música litúrxica, descrición da catedral, crónica de Carlomagno e a
famosa guía de peregrinos. O interese musical é extraordinario xa que á música
monódica, para as festas do Apóstolo engádenselle vinte e unha pezas de música
polifónica a dúas e tres voces ( partes da misa, secuencias, tropos, himnos etc. )
Gratulantes, a dúas voces, ofrece unha primeira voz, discretamente ornamental, contra a
melodía segunda dunha soa voz para cada sílaba nun verso de tipo regular. Ao final
ofrece unha coda, posiblemente rimada. Congaudeant catholici é un tropo do
Benedicamus; podemos dicir que é a primeira peza a tres voces creada polo home.
Literariamente presenta as mesmas características da obra anterior, pero este xogo a tres
voces será tomado rápidamente por París para desenvolvelo.
Ave María, Popule meus, de T.L. de Victoria. Victoria edita en Roma en 1585, o seu
Oficio de Semana Santa, unha colección de música polifónica para combinar e
entrelazar co canto gregoriano. Esta gran obra, se descartamos a Misa do Papa Marcelo
de Palestrina, é a máis interpretada pola Capela Sixtina, que segue, ano tras ano,
ofrecéndoa ininterrompidamente como modelo tridentino máis perfecto para a liturxia
da Semana Santa, ao aplicar un sistema composicional baseado nas melodías
19
gregorianas que agora aparecen como voces da polifonía. O Ave María a oito voces ten
dous cuartetos diferenciados, seguindo a estética da escola veneciana; o segundo coro
figura con acompañamento de órgano. Seguindo a tradición palestriniana usa como
cantus firmus a melodía gregoriana.
Misa do Papa Marcelo, de Palestrina (Kyrie) Di a tradición que esta misa, escoitada
nunha das sesións do concilio de Trento, serviu para que non se eliminase da liturxia o
canto polifónico. Esta obra está dedicada por Palestrina ao Papa Marcelo, e converteuse
para os teóricos e compositores en prototípica e máis representativa das súas cincoenta e
cinco misas. Caracterízase pola transparencia e intelixiblidade do texto, diatonismo,
ritmo baseado nos contrastes harmónicos e acentuación do texto. O kyrie ofrece un certo
emprego da linguaxe imitativa, parafraseando nas diversas voces a melodía gregoriana.
Il bianco e doce cigno de Arcadelt . Este madrigal foi composto por Arcadelt na
primeira metade do século XVI. O autor era de orixe franco- flamengo pero realizou a
súa laboura artística en Italia, chegando a estar ao servizo do papa. Os seus madrigais,
ademais de moi clásicos, son de gran orixinalidade, pois toma técnicas da chançon
francesa, do motete latino e combínaas con este xénero eminentemente profano. Este é
un madrigal a catro voces que no texto compara a morte do home por amor, coa dun
cisne que, segundo a lenda, morre cantando. A obra divídese en dúas seccións: a
primeira ten un carácter fundamentalmete homofónico e declamatorio do texto e logo
aparecen pasaxes imitativas e un final cheo de artificios contrapuntísticos.
Matona mia cara de Lasso. Madrigal da segunda metade do XVI. Lasso ademais de
compositor de madrigais e música profana é, con Palestrina e Victoria, un dos máximos
representantes da música católica posterior ao Concilio de Trento. Pertence á última
xeración de compositores franco- flamengos que estiveron ao servizo do papa. Os seus
primeiros madrigais son moi sinxelos pero a partir do 155 complícase o estilo,
incorporando recursos utilizados por Marenzio no intento de trasladar á música o
simbolismo do texto. Matona mia cara é un madrigal fundamentalmente escrito nunha
concepción máis próxima á harmonía que á polifonía, marcada pola utlización de
acordes. Destaca como orixinalidade a utlización de onomatopeas como recurso
colorista e expresivo.
Todos os bens do mundo de J. del Enzina. Panxoliña. O Cancioneiro musical de
Palacio ou Cancioneiro Barbieri, contén a música que se facía a finais do XV e
comenzos do XVI na corte dos Reis Católicos. As composicións son de autores moi
variados, ademais de algunhas anónimas, e están escritas en xéneros moi relacionados
20
coa música popular: romances, panxoliñas, cancións… Entre todos os autores del
Enzina é o máis importante. Esta panxoliña é a catro voces, de carácter moralizante, cun
tema propio do Renacemento: a fugacidade da vida e a permanencia da memoria por
medio da fama. É unha composición estrófica, de carácter monofónico na que as voces
admiten ser substituídas ou dobradas por instrumentos, segundo a versión. Consta de
diferentes estrofas de similar métrica que conclúen sempre coa frase “menos la fama y
la gloria” a modo de verso de volta.
O Mesías, HWV 56, de Haendel. Este autor supón xunto con Bach, a culminación do
Barroco musical europeo. Nado en Alemaña acabou a súa vida no Reino Unido
asimilando a súa estética aos gostos do público inglés. No campo da música vocal a súa
aportación máis importante foi a de combinar o contrapunto cos recursos da ópera
italiana e o idioma inglés. Aínda que a meirande parte dos seus oratorios son bíblicos e
narrativos, O Mesías, escrito no 1742, é un oratorio alegórico, sen personaxes concretos,
baseándose nos textos da Xénese, dos Libros dos Profetas, Evanxeos, Epístolas e o
Libro da Apocalipse. Narra de maneira indirecta a historia da redención do home, dende
as propias prefiguracións de Cristo ata o triunfo da resurrección sobre a morte e o
pecado. O oratorio ábrese cunha obertura francesa onde o lento final é substituído por
uns sinxelos acordes cadenciais. Á obertura sucédenlle arias, dúos e sobre todo coros,
que son auténticos protagonistas da obra. O Aleluia marca o momento culminante do
coro, o da resurrección, de aí o brillante tratamento das voces acompañadas dunha
vibrante orquestra onde destaca a utilización da trompeta.
Paixón segundo S. Mateo, BWV 244, de Bach . A paixón representa a culminación e
síntese máis perfecta do Barroco musical e é unha das obras cumio da historia da
música. Concebida como unha forma intermedia entre a cantata luterana e o oratorio, o
xénero da Paixón alcanzou un gran desenvolvemento en Alemaña ao longo do Barroco,
cunha finalidade didáctica, moi propio da Reforma e tamén da arte barroca.
Posiblemente Bach chegou a compoñer catro paixóns pero só conservamos dúas, a de S.
Xoán e S. Mateo. Esta é máis importante pola súa monumentalidade. A obra iniciáse
cun dobre coro, acompañado cada un pola súa respectiva orquestra. Dialogan e invitan a
presenciar os sufrimentos que Cristo vai padecer. Tras o diálogo inicial dos dous
grupos, un terceiro coro de voces brancas entoa un coral de tradición protestante. Logo,
ata o final, sucédense unha serie de recitados e arias dos diferentes personaxes da
Paixón. É posible que mentres se entoasen estes coros, os fieis asistentes á celebración
relixiosa se sumasen aos cantos.
21
Negra Sombra, de J. Montes. Esta peza forma parte das Seis baladas galegas. Foi
unha fantasía para orquestra. A melodía orixinaria desta balada é un alalá popular que se
adapta á estrutura de balada. Negra Sombra ten diferentes versións, se ben unha das
máis difundidas é a de piano e voz. Comenza cunha introdución instrumental, en ritmo
binario, que dá paso a unha estrofa de catro versos, que se repite cunha mesma estrutura
melódica: A-A-B-A. Despois unha breve pasaxe instrumental dá paso á última estrofa
que se repite coa mesma estrutura.
Criterios de autoavaliación
- Definir con claridade conceptos da unidade
- Coñecer as características da música vocal nos distintos períodos históricos.
- Comentar audicións da unidade.
- Coñecer os compositores máis relevantes.
Actividades de autoavaliación
1. Define: troppo, a capella, barítono, orfeón, panxoliña.
2. Caracteriza a música vocal da Idade Media
3. Explica as formas vocais profanas do Barroco
4. Comenta a audición 19 do CD do libro de Everest.
Actividades para enviar á titoría
1. Define: lied, trobador, baixo, coro de voces brancas, romance.
2. Caracteriza a música vocal do Renacemento.
3. Explica as formas vocais relixiosas do Barroco.
4. Comenta a audición nº 12 do disco 2 do CD da CIUG.
22
UNIDADE 4. A ÓPERA E A OPERETA
Nesta unidade estúdase a ópera en todas as súas variedades.
Material adicional
Son varios os aspectos que convén ampliar por non estaren recollidos no libro:
Mozart, despois de compoñer As vodas de Fígaro compón Don Giovanni, con libreto
de Da Ponte, quen fixo unha especial versión do mito de don Xoán. O argumento desta
obra é máis sinxelo que o das Vodas de Fígaro, xa que nel non hai lugar a dobres
intrigas. Don Giovanni é un nobre que goza seducindo a cantas mulleres pode; unha
destas é dona Ana, filla do Comendador, que se bate en duelo con Don Giovanni e
morre. Ao final do drama, a pantasma do Comendador volve da tumba para levar o
inmoral sedutor aos infernos. Esta escea é, sen dúbida, unha das máis efectistas de toda
a historia da ópera. A partitura de Don Giovanni é excepcional, tanto polo seu colorido
orquestral como polo uso das voces asociadas ao dramatismo. A ópera, unha das máis
representadas na actualidade nos teatros de todo o mundo, foi considerada despois da
súa estrea demasiado difícil, polo que o autor non recibiu máis encargos ata tempo
despois.
En 1791 Mozart traballa na composición de A frauta máxica, con libreto do seu
amigo, o tamén masón Schikaneder. Esta ópera, amén da lenda masónica que a rodea,
recolle os ideais humanos que con tanto interese musicou Mozart. Nesta obra, aparecen
todos os trazos que ennobrecen o ser humano: o idealismo, a inxenuidade, a procura do
coñecemento, o amor fraterno, a experiencia e a pureza do corazón, xunto coa
representación da perversidade, personalizada na Raíña da Noite. Este singspiel é dunha
calidade musical tan extraordinaria que moitos o consideran a primeira das óperas
alemás modernas. No medio, Mozart escribiu velozmente outra ópera, A Clemencia de
Tito. As voces dos personaxes de A frauta máxica transmiten os seus caracteres
psicolóxicos; así, a Raíña da Noite ten unha escritura para soprano cunha grande
coloratura, que reforza o seu espírito diabólico; Papageno ten varias arias que amosan o
seu carácter grácil, en tanto que ao papel de Sarastro desprende unha grande serenidade
e autoridade, emana das características vocais.
Durante o Romanticismo un autor destacado é Verdi. Nabucco é unha das obras do
denominado primeiro estilo de Verdi. Foi composta no 1842, está escrita para o teatro
da Scala de Milán. O argumento, que trata da liberación dos hebreos en Babilonia, foi
23
visto polo pobo italiano como unha translación da súa invasión por parte dos austríacos.
As referencias políticas ocupan tamén outras ópera como I Lombarda ou Macbeth.
Outra obra de Verdi, A Traviata, enmárcase no período denominado medio do
músico, que está caracterizado porque neste período Verdi atopa xa unha linguaxe
dramática e psicolóxica de gran calado, como o testemuña esta obra composta no 1853,
Rigoletto de 1851 e Il Trovatore de 1853. A ópera destaca pola introspección
psicológica dos personaxes, especialmente os femininos. O libreto está baseado na obra
de Dumas, A dama das Camelias, o seu tema son as relacións amorosas de Alfredo, un
home da alta sociedade, e Violetta, unha muller habituada a ser mantida polos homes. O
brinde “Libiamo” é a parte máis coñecida desta obra. Nel, Violetta brinda polo seu amor
con Alfredo. O texto deste dúo celebra con alegría esta relación. O ritmo é ternario, moi
marcado, e reproduce a esencia festiva do valse. Destaca a orquestración, sobre todo nos
primeiros compases instrumentais. A melodía é moi cantábile, está composta en estilo
silábico e leva ao estremo a expresividade vocal. Destaca o equilibrado contraste entre
as voces solistas e o coro, moi ao estilo verdiano.
De Puccini podemos dicir que nace no seo dunha familia de músicos de longa
traxectoria. Xa o seu tataravó fora un recoñecido compositor. Tra unhas primeiras obras
de xuventude, o éxito chégallle con Manon Lescout de 1893, ópera que conta a triste
historia desta muller, mantida, e con La Boheme, de 1896, que conta a historia de varias
persoas que viven a bohemia parisiense. A seguinte ópera na súa produción foi Tosca,
de 1900, ambientada en Roma, que conta a historia tráxica dunha muller desgraciada
polos celos. Desta obra destaca “Vissi d´arte”. A música desta peza transmite o drama
que se abate sobre os protagonistas. Nesta partitura é onde se pode contemplar máis
facilmente o influxo de Wagner, que se percibe tanto nos motivos temáticos de cada
unha das voces como nalgúns esquemas rítmicos que utiliza o compositor. Nesta aria
para soprano, Tosca laméntase a Deus polos seus sufrimentos, polo inxusto da súa vida.
Destaca a complexidade do vocalismo, que esixe unha cantante con grandes calidades
vocais. Madame Butterfly é a seguinte na súa produción, que finaliza con Turandot, a
princesa china que cambia o seu cruel carácter por amor. Esta ópera quedou inconclusa,
debido á morte do compositor. No ano 2002, o compositor Luciano Berio rematou esta
ópera. A aria Nessum Dorma, que canta Calaf no acto terceiro e último da ópera, é un
exemplo claro da introspección psicolóxica nos personaxes, que fai de Puccini o cumio
do operismo decimonónico. A melodía é clara e tonal, xa que o compositor non se move
da tonalidade, aínda que nos anos de creación desta ópera(1921-1924) xa triunfase a
24
atonalidade e o dodecafonismo. O ritmo queda nun segundo plano, xa que o compositor
resalta as liñas melódicas de voces e dos instrumentos por riba de calquera outra
característica sonora. Percíbense nesta aria motivos temáticos que proceden da tradición
oriental. O coro, que tamén ten un papel importante , desenvolve a súa melodía neste
contexto sonoro oriental, diluídos os ritmos, en claro contrate cos coros das óperas de
Verdi.
Wagner fixo moitas obras, unha delas, Os mestres cantores é moi diferente da
Tetraloxía e doutras óperas do compositor alemán no carácter do libreto. Os mestres
cantores é unha ópera que se atopa entre o drama e a comedia. Foi composta no 1867 e
estreada en Nuremberg no ano seguinte. Os personaxes están enmarcados na tradición
da comedia e, así, atopamos unha parella bufa e outra seria. Nesta ópera hai moitos
elementos simbólicos, entre eles o uso das escalas empregadas para dar idea da
redención, a alternancia de pasaxes en arioso, para simbolizar a axitación, as formas
procesionais, a aparición de danzas, etc. Nesta obertura dáse cita unha das característica
de estilo de Wagner, facer os finais dun xeito expansivo e efectista. Nela aparecen xa os
motivos condutores que han ser protagonistas posteriormente do resto da ópera.
Son obras de audición obrigada:
Orfeo de C. Monteverdi. O Orfeo de Monteverdi considérase a primeira ópera da
historia da música occidental. Nela conflúen unha serie de elementos que marcan o
asentamento do novo estilo Barroco, como poden ser, o estilo recitado, a técnica do
baixo continuo, a presenza de ritornellos orquestrais, a presenza de coros e sobre todo,
unha gran modernidade na utilización das voces e nos acompañamentos instrumentais
diferenciados para as esceas que transcorren á luz e as que transcorren na escuridade do
Hades. O seu argumento é a historia de Orfeo, ou o que é o mesmo, a narración dos
poderes extraordinarios da música. A ópera ábrese cunha fanfarria militar a modo de
obertura, que é o himno do Duque de Mantua a quen está dedicada esta composición. O
primeiro ritornello, Vi recorda, aria de Orfeo, é claramente un aria estrófica, donde as
intervencións do solista están separadas polos paréntesis instrumentais.
A frauta máxica, K 626 de Mozart. (Obertura; aria de Papageno; segunda aria da
Raíña da Noite). A frauta máxica é unha das óperas de Mozart de maior relevancia, pois
leva o xénero do singspiel á súa culminación, ademais de sentar unha serie de
precedentes que fan dela a primeira ópera alemá da historia da música, marcando algúns
elementos( argumentos fantásticos, personaxes misteriosos, presenza de elementos da
natureza…) que logo retomarán autores como Weber ou Wagner. Tamén recolle moitas
25
influenzas da ópera seria da bufa italiana, dous xéneros nos que Mozart destaca. Dende
a obertura queda claro nesta obra o desexo de racionalidade no emprego de recursos
musicais, especialmente da harmonía, un feito que se relaciona coa alegoría masónica
que a obra encerra no seu argumento. De feito os tres acordes cos que se abre
aparecerán en diversos momentos da ópera, identificándose co Templo da Sabedoría
onde reside o sumo sacerdote Sarastro. A obra non presenta recitados secos, xa que
estes son substituídos por diálogos. Si existen recitados acompañados pola orquesta,
aínda que o máis significativo son as arias. A de Papageno(barítono) ten un claro
carácter bufo para presentar o carácter do protagonista, grotesco, infantil e bonachón. A
aria da Raíña da Noite é un aria de coloratura e tamén de bravura pola súa tremenda
complexidade técnica, na que a cantante explota todos os recursos do seu amplo
rexistro, especialmente brillante nos agudos.
A Traviata. Libiamo, de Verdi.Ópera en tres actos, baseada no drama A Dama das
camelias, escrito por Dumas fillo, ambientada na mesma época de composición da obra.
Foi concebida como unha ópera de cámara, e está considerada por moitos como unha
ópera verista, polo argumento e a crueza das situacións vitais que expón. Nesta obra
intimista, a acción desenvólvese nun ambiente cortesán, o que causou certo escándalo
no momento da estrea, xa que exhibía vicios e defectos da alta sociedade. Destaca a
traslación musical que Verdi realiza sobre a voz de Violetta e o drama da súa vida.
Neste dúo do brinde, “libiamo”, entre Violetta e Alfredo destaca a brillante
orquestración, así como o ritmo ternario tan marcado, propio do vals, baile de moda nos
salóns burgueses decimonónicos, que representa o ambiente festivo no que se
desenvolve a escea. No brinde atopamos todas as características melódicas propias do
estilo verdiano: estilo silábico, busca da cor e expresividade vocal, uso marcado do
ritmo e busca de melodías cantábiles.
Nabucco. Va, pensiero. De Verdi. (Coro de escravos) Esta ópera estreada no teatro
Scala de Milán no 1842, está considerada como a primeira obra mestra de Verdi.
Pertence ao primeiro estilo do compositor e forma parte das súas óperas de carácter
político. A acción transcorre en Xerusalén e Babilonia, no ano 560 a. C. e narra o
desterro do pobo xudeu a Babilonia, aínda que de modo metafórico fai referencia á
situación política de opresión que vivía o pobo italiano por parte dos austríacos. Este
coro de escravos no que se canta á patria perdida, converteuse axiña nunha especie de
canto nacional. Os coros na obra de Verdi son de gran importancia. Neste destaca a
26
explotación das voces humanas nun sentido alleo ao virtuosismo, buscando o
metodismo, o intimismo e o carácter natural do canto.
Turandot: Nessum Dorma, de Puccini. (aria de Calaf) Esta ópera de Puccini en tres
actos, escrita entre 1921 e 1924 quedou inconclusa debido á súa morte. Alfano terminou
o terceiro acto baseándose nas anotacións deixadas polo autor, e a comenzos do ano
2002, Berio estreou un novo terceiro acto para a obra. Baséase no drama de Gozzi, que
recollía unha lenda oriental desenvolvida en China. Nela a princesa Turandot, que non
quería casar, plantéxalles tres adiviñas aos seus numerosos pretendentes coa condición
de executalos se non dan coa resposta acertada. O príncipe Calaf pasa a proba e
plantéxalle á súa vez unha adiviña á airada princesa para renunciar á voda. Na aria
transmítese, a través da voz do tenor, a certeza de saír vitorioso do seu empeño. A
melodía está perfectamente deseñada sobre un reducido esquema instrumental, e ten
gran dificultade técnica polos seus agudos. Puccini constrúe a ambientación musical
desta aria cunha serie de motivos que proceden da tradición musical china.
Tosca. Vissi d´arte, de Puccini.(aria de Tosca) Ópera con libreto sobre o drama do
francés Sardou. Puccini non só traballa a música das súas obras senón que tamén traza a
ambientación, o que contribúe a dar forma aos personaxes. Así, Tosca non pode
abstraerse da cidade de Roma. A música de Tosca transmite toda a tensión e o drama do
argumento; de feito unha das máis destacadas características do compositor é a
introspección psicolóxica dos personaxes e a definición melódica dos seus sentimentos,
especialmente os femininos. Esta ópera conta cunha forte influenza wagneriana que
queda patente no uso de leit motivs que identifican os personaxes. En Vissi d´arte,
Puccini leva ao cumio a tensión dramática do libreto. Nesta aria a soprano, Tosca,
laméntase e eleva ao ceo as queixas polos seus sufrimentos, expresa a inxusta situación
da súa vida, na que buscou o ben dos demais e o amor á arte e á beleza da creación.
Os mestres cantores de Wagner (obertura) O concepto operístico wagneriano está
intimamente ligado ao simbolismo, á procura dos significados finais que marcan a vida
do ser humano. Os mestres cantores de Nuremberg é unha ópera comedia en tres actos,
composta en 1867 e estreada un ano máis tarde. Nela atópanse plasmadas as ideas
revolucionarias sobre a teoría e a práctica da composición operística. A trama é seria e
cómica ao mesmo tempo e os episodios sitúanse na cidade alemana de Nurenberg, na
época de Reforma e mostra como a mocidade pode chegar a converxer coa tradición.
Wagner acode para a súa composición ás convencións da comedia ao situar como
protagonistas unha parella bufa e unha seria. Utiliza o verso arcaico alemán e os finais
27
expansivos como peche dos actos. A obertura mostra os leit motivs, motivos condutores
que desenvolverá posteriormente na obra. Destaca a harmonía brillante e cálida dos
metais.
Criterios de avaliación
- Coñecer as características dun teatro de ópera.
- Coñecer e valorar a importancia da ópera na historia do teatro e da música.
- Establecer as diferenzas entre os distintos estilos operísticos
- Coñecer os grandes creadores de ópera e a terminoloxía operística.
Actividades de autoavaliación
1. Define: castrati, aria da capo, verismo, falsete.
2. Fai un cadro resumo coas diferenzas entre os estilos de ópera.
3. Cita os grandes creadores e algunha das súas obras.
4. Comenta a audición 30 do CD do libro de Everest.
Actividades para enviar a titoría
1. Define: arioso, singspiel, ópera bufa, mascarada, platea.
2. Explica as achegas de Gluck e Wagner á ópera
3. Caracteriza a ópera no século XVIII
4. Comenta a audición 13 do disco 3 da CIUG.
UNIDADE 5. TEATRO MUSICAL EN ESPAÑA: ZARZUELA E ÓPERA
Nesta unidade estúdase o teatro musical en España, é dicir, os xéneros da zarzuela e da
ópera.
Material adicional
Son obras obrigadas as seguintes:
28
O barberillo de Lavapiés de Barbieri. (Obertura) A zarzuela é un xénero escénico que
ten as súas orixes no século XVII, e iníciase como un experimento teatral situado entre
o concerto, o sainete e a tonadilla. Alcanza o seu cumio ao longo do XIX con Barbieri e
Bretón. Este xénero rexorde coa aparición do nacionalismo español musical de corte
romántico. A zarzuela abandona a temática mitolóxica para centrarse en asuntos
costumistas. Ten influenza da ópera italiana e da ópera cómica francesa, o folclore
rexional e os diálogos extraídos da rúa. Todo isto cristaliza no chamado xénero chico,
verdadeiro paradigma do xénero, con referencias claras ao tópico cultural do Madrid de
finais do XIX: casticismo, situacións e lugares madrileños, ritmos musicais como o
chotis, a mazurca etc. O Barberillo de Lavapiés é unha zarzuela composta por Barbieri
no 1874, con libreto de Larra. A trama da zarzuela é un tanto complicada, xa que toma
como pretexto a conspiración política do 1770, durante o reinado de Carlos III, que dá
lugar a dous bandos enfrontados. Este contexto social dá pé á presentación dunha
historia de amor dobre, de personaxes populares e dunha parella aristocrática. O
Barberillo contén unha obertura que reflicte os puntos comúns referidos anteriormente;
aínda que non é allea na súa estrutura ao mostrario de temas que se irán desenvolvendo
ao longo da obra: costumismo casticista, “majos”, “majas”, estudantes, intrigas
políticas, etc. Esta trama argumental conecta coa tradición da zarzuela grande, que
Barbieri cultiva tamén noutros títulos coma Pan e Touros.
A verbena da Pomba, de Bretón. É unha das máis populares do xénero. Composta en
tan só dezanove días, nela pódese asistir a un entramdo social casticista do Madrid da
época no que aparece a gama de personaxes que perfilan este ambiente costumista:
taberneiro, chulapos, sereno, gardas, etc. As melodías desenvólvese nun ámbito vocal
moi natural, próximo á fala e as conversas enfatizan no carácter castizo e popular.
Algunhas cancións pertencen ao estilo e lixeireza da tonadilla escénica. O mérito de
Bretón consiste en ter dado o salto ao tratamento orquestral da ópera italiana, sen ter
perdido a frescura de caracteres e situacións.
Criterios de avaliación
- Coñecer a evolución do teatro musical en España
- Coñecer os principais creadores e relacionalos coas súas obras
- Valorar a importancia deste xénero
- Comentar e analizar as distintas obras musicais.
29
Actividades de autoavaliación
1. Define: tonadilla, sainete lírico, revista, xénero bufo.
2. Cita as características da Zarzuela
3. Fai un esquema cos principais creadores en España
4. Comenta a audición 41 do CD do libro de Everest.
Actividades para enviar á titoría
1. Define: xénero chico, cuplé, zarzuela, corral de comedias.
2. Cita as características da ópera en España.
3. Di se estas obras son zarzuela grande, xénero chico ou ópera:
Pan e touros
A Dolores
A verbena da Pomba
A Gran Vía
Margarita a Torneira
A Revoltosa
Luísa Fernanda
Pepita Jiménez
4. Comenta a audición 1 do disco 4 da CIUG.
UNIDADE 6. A DANZA E O BALLET
Nesta unidade traballaremos o tema da danza e o ballet, dende os seus comenzos ata o
século XX, atendendo tamén á danza española.
Criterios de avaliación
- Coñecer as características das diversas danzas e ballets.
- Relacionar os diferentes bailaríns con estilos de baile.
- Valorar a importancia da danza no pasado e na actualidade.
30
Actividades de autoavaliación
1. Define: bolero, seguidilla, rumba, charlestón.
2. Caracteriza a danza española.
Actividades para enviar á titoría
1. Define: fandango, bulería, vals, tango.
2. Caracteriza os cambios na danza do século XX.
UNIDADE 7. A MÚSICA NO SÉCULO XX
Nesta unidade traballaremos os cambios e a produción musical no século XX ata 1945.
Material adicional
No libro de Everest non se tratan amplamente autores como Falla e outros, por iso,
cómpre ter en conta a información seguinte:
Falla reúne na súa persoa as tres tendencias principais da música española de
principios do século XX: nacionalismo vangardista, impresionismo e neoclasicismo.
Naceu en Cádiz no 1876 e morreu na Arxentina no 1946. Fórmase musicalmente coa
súa familia e, tras dar os primeiros pasos como pianista, dedícase á composición. Entra
en contacto con Pedrell, pai do nacionalismo catalán, feito que marcou un antes e un
despois na concepción estética de Falla. Coa súa obra A vida breve, gaña no 1905 o
concurso da Academia de Belas Artes pero non consegue que se estree en España. Farao
en Francia, grazas ao interese de Dukas e Debussy, por iso, en 1907 vai a este país. Alí
estabece unha relación cos músicos máis importantes do momento e con Albéniz e
Viñes. Destas relacións xorden obras como Catro pezas españolas, dedicadas a Albéniz,
Noites nos xardíns de España, composto por tres nocturnos para piano e orquesta, e Sete
canción populares, escritas sobre unha base do floclore popular. Coa chegada de Iª
Guerra Mundial abandona Francia e regresa a Madrid onde remata estas obras traendo
consigo as influenzas de Dukas, Debussy, Ravel e Stravinsky. Recibe o encargo de
facer unha “xitanería” para a bailadora Pastora Imperio. Esta obra é O Amor Bruxo. A
31
obra estreouse no 1915, pero reelabóraa un ano despois eliminando partes recitadas e
incorporando ballet e suite orquestral. Tamén recibiu o encargo de compoñer obra para
os ballets rusos de Diaghilev. Nesta etapa creai O sombreiro de tres picos, obra estreada
con vestiario deseñado por Picasso. Foi estreada en Londres polos ballets rusos. É unha
obra moi vinculada a Stravinsky. No ano 1919 compón Fantasía Bética, encargada por
Rubinstein, que está considerada a obra cumio do pianismo de Falla. Ten inspiración do
melodismo arábigo, andaluz e flamenco. No 1920 trasládase a Granada onde compón
Homenaxe a Debussy, única peza de Falla para guitarra. Alí faise amigo de Lorca quen
inflúe nel para compoñer O retablo de Maese Pedro, ópera de cámara que compuxo
para a princesa de Polignac, baseada nos textos de O Quixote que el mesmo adaptou.
Conxuga a actuación de monicreques e de cantantes que recrean melodías populares e
cultas de séculos anteriores. É interesante o recitado do personaxe de Trujamán, na voz
dun neno, que está baseado no ton dos pregóns populares. A partir desta obra comporá
cada vez menos. Exíliase na Arxentina no 1939 onde morre deixando inconclusa
Atlántida unha cantata escénica sobre texto de Verdaguer, rematada por Halffter,
discípulo seu.
Schoemberg naceu en Viena no 1871 e morreu no 1951. É o compositor clave no
cambio de século; el representa a ponte entre unha linguaxe tardorromántica e a
reacción estética cerebral e antitonal do inicio do século XX. Estivo moi apoiado por
Mahler e a súa muller nos seus primeiros anos de compositor. Logo de ser profesor en
Berlín voltou a Viena onde reuniu a compositores como Berg e Webwen arredor do
sistema compositivo chamado dodecafonismo. Máis tarde regresou a Berlín para
traballar como docente na Academia de Belas Artes. A chegada do nazismo ao poder
provocou o seu exilio nos USA, onde tamén exerceu de profesor. Na súa obra hai catro
períodos, sendo o máis importante o segundo.Comenza no 1908 e remata no 1923. Xa
compuxera Noite transfigurada e os Gurrelieder, nunha estética posromántica. Nesta
etapa abandona totalmente a composición tonal e utiliza doce notas sen escalas
xerárquicas nin polos de atracción entre elas. Usa constantemente as doce notas sobre
unha base regular e cíclica. A escritura é contrapuntística, cunha fragmentación grande
da liña melódica. O parámetro tímbrico sitúao ao mesmo nivel de importancia que o
rítmico . A disonancia emancípase, todos os sons teñen o mesmo valor. Desta época
destaca unha serie de obras que cambiaron radicalmente a música do XX. É o caso de
Erwartug, ciclo de lieds escritos para soprano e orquestra. O texto é un monólogo dunha
muller que espera atoparse no bosque co seu amante e, como este non aparece, corre
32
desperadamente cara o interior onde atopa o cadáver . A obra semella ter xurdido do
mundo do inconsciente.
A obra máis importante deste período atonal é Pierrot Lunaire, de 1912, con textos
tomados dunha selección de poemas de Giraud. Ten tres ciclos, cunha formulación
unitaria, compostos por sete poemas cada un. O primeiro ten a lúa como provocadora de
visións espectrais e oníricas; no segundo estas visións son demoníacas e brutais e no
terceiro a estética é máis sentimental. Cada poema contén trece versos dobres coa
seguinte agrupación: 4+4+5. Esta obra caracterízase polo uso do sprechstimme, que
consiste nunha especie de recitativo situado a medio camiño entre o canto e a fala. No
Pierrot intensifícanse os elementos de contraste entre as distintas pezas: cada unha ten
un tempo concreto, cada pasaxe en tutti é diferente, igual que a combinación
instrumental e a tonalidade.
Stravinsky naceu en San Petersburgo no 1882 e estudou baixo a tutela de Rimsky
Korsakov. Tras abandonar Rusia viviu en París, en Suíza e finalmente en USA.
Comenza a súa andaina compositiva no 1908 cun período que se pode denominar
impresionista-expresionista. Abrangue dende os seus comenzos ata a composición do
ballet A consagración da primavera. Nesta etapa realizou a composición do ballet
Petruska que se considera pertence ao fauvismo. A consagración da primavera foi
considerada un escándalo e consagrouno como un dos grandes do momento. A partitura
intenta poñer de relevo os ritos rusos pagáns mediante unha forza e unha viveza inusuais
ata o momento. A segunda etapa da súa vida produtiva é neoclásica. Destaca a Historia
dun soldado do ano 1918, a Pulcinella do 1920 e a Sinfonía dos salmos do 1930. Estas
obras contrastan coas anteriores pola maior sobriedade na utilización da orquestra; o
compositor reduce considerablemente a textura instrumental e o primitivismo e a forza
dan paso ao humor e á parodia. Historia dun soldado está escrita para ser lida, tocada e
bailada, e Stravinsky concibiuna non só para músicos, senón tamén para un narrador,
actores, mimos e bailaríns. Os instrumentos solistas intentan ser a síntese da orquestra,
contrastando os graves e os agudos en cada familia de instrumentos.Nesta obra volve á
tradición da música de entretemento, suite e divertimento do século XVIII.
Varese é o autor de Ionisation, título que fai referencia ao fenómeno de disociación
dos electróns do núcleo do átomo. Con esta obra inaugura o período no que destaca a
preponderancia dos instrumentos de percusión sobre calquera outro do conxunto
orquestral. Neste caso, trece instrumentistas tocan máis de trinta instrumentos de
percusión e dúas sirenas. Esta peza foi escrita en París e estreada no 1933 en Nova
33
York. Destaca a organización das súas estruturas dinámicas e rítmicas e inaugura un
xeito de escritura que máis tarde utilizarían outros compositores. Ten forma de sonata-
obertura e na introdución explota a sonoridade translúcida do metal, sobre figuras de
bombo, e preséntase un primeiro tema, exposto polo tambor.
Son obras obrigadas as seguintes:
O Amor Bruxo de M. Falla. (Canción de fuego fatuo; danza ritual del fuego) Esta obra
tivo como libretista a Martínez Sierra. Nace cando Pastora Imperio lle pide unha obra na
que poida cantar e bailar, baseada en cancións e lendas que súa nai recordaba. Tras o
fracaso da obra, Falla retócaa e substitúe o conxunto instrumental por unha orquestra
sinfónica con piano. Na “danza ritual del fuego” evócanse elementos dunha danza
xitana.
Pierrot Lunaire, Op.. 2 de Schoemberg. Música para vinte e un poemas de Giraud.
Dividida en tres partes de sete poemas cada unha é para recitadora feminina e cinco
executantes:frauta, clarinete, violín, violoncello, piano, alternando os tres primeiros con
frautín, clarinete baixo e viola. Pierot vese en aventuras de fantasías horribles, ve
morcegos que ocultan o sol e extenden tebras sobre o mundo. Obra atonal e de gran
relevancia no expresionismo alemán está escrita en ritmos libres e compases desiguais
nos que se introduce o sprechstimme.
Historia dun soldado de Stravinsky. Compuxo esta obra durante a Primeira Guerra
Mundial. Está composta inicialmente para un pequeno teatro ambulante. Inspírase nun
lenda rusa e trata a historia dun soldado desertor(violín) e o demo que vén para levarlle
a alma. Falan, bailan e actúan. Un narrador comenta a xeito de coro grego e unha
princesa baila pero sen parte falada. Os instrumentos solistas intentan ser como a síntese
da orquestra contrastando grave e agudo en cada familia( violín- contrabaixo, clarinete-
fagot etc..)
Ionisation, de Varese. Nesta obra o título fai referencia ao fenómeno da disociación
dos electróns do núcleo do átomo e a súa transformación en ións. Aquí trece
instrumentistas tocan máis de trinta instrumentos de percusión e dúas sirenas. A forma é
de sonata obertura. Na introdución preséntase un primeiro tema cun tambor militar.
Variacións e episodios conducen ao segundo tema da exposición iniciando polas notas
dos bloques chinos. O desenvolvemento márcano bruscas rupturas; a partir do
34
fortissimo seco cambia a escea, por encima das sonoridades metálicas planean as sireas.
Logo vén unha coda e a coral final.
Concerto para corda percusión e celesta, Sz 106 de Bartok. Obra cumio da música
orquestral do século XX que obedece a unha organización fundada sobre as relacións
tonais de simetría, coma se fose unha obra arquitectónica. Dous grupos de corda
comprende un quinteto completo, colocados á dereita e á esquerda do director,
enmarcan a percusión. ( Tambores, cémbalos, tam-tam, bombo, timbais, celesta, piano a
catro mans e arpa) O primeiro movemento ten un crescendo que vai ata un fortissimo
para logo diminuír, é unha fuga baseada nun tema cromático. É presentado pola viola.
Logo hai un crescendo ata chegar ao punto culminante, alí invertese o tema e remata o
movemento con celesta mentres se volve en pianissimo ao tono de La inicial.
Criterios de Avaliación
- Coñecer as principais correntes artísticas e os principais creadores da música na
primeira metade do século XX.
- Valorar a importancia da música en determinados períodos da historia recente.
- Diferenciar os cambios da música neste período.
Actividades de Autoavaliación
1. Define: dodecafonismo, neoclasicismo musical.
2. Cita as principais correntes artísticas da música no XX.
3. Fai un esquema resumo con autores e obras.
4. Comenta a audición 57 do libro de Everest.
Actividades para enviar á titoría
1. Define: atonalismo, nacionalismo musical.
2. Caracteriza a música do século XX.
3. Relaciona os principais autores coas correntes artísticas.
4. Comenta a obra nº 3 do disco 6 da CIUG.
35
UNIDADE 8. A MÚSICA DAS VANGARDAS
Nesta unidade estúdase a música despois do 1945.
Material adicional
Podemos ampliar un pouco a información sobre os autores máis importantes:
Ligeti pertence á corrente de música textural; formouse con Bartok. Estivo exiliado de
Hungría e estableceuse en Viena. As súas obras máis importantes son Atmospheres, de
1961 ou Lux aeterna, está composta para dezaseis voces a capella. En Atmospheres a
orquesta ocupa unha posición de canellón sen saída. Melodía, ritmo, e harmonía foron
sometidas nesta peza a un completo aniquilamento, en tanto que o timbre e a dinámica
son os portadores da forma musical. Este compositor caracterízase polo uso de texturas
complexas, por unha polifonía moi densa, por dar sensación de movemento nas súas
composicións e polo uso imperceptible das estruturas rítmicas. Nesta obra non hai
células, nen motivos, nen temas melódicos así como tampouco pulsacións rítmicas ou
estruturas harmónicas convencionais. Elimínase o concepto de pausa, de silencio
musical. Cada instrumento non debe ser percibido como tal. Polo feito de non
escoitarse nunca silencios ou momentos de repouso, o oínte ten a sensación sonora de
que a obra non ten principio nin fin. O nome fai referencia á vaguidade, á imprecisión.
Cage crea unha obra que é Sonata para piano preparado nº5. Discípulo de
Schoemberg, logo se caracterizou polo seu xeito persoal de enterder a música. Cage
inclínase cara á indeterminación ao considerar que tanto os sons como os ruídos forman
parte da música na súa totalidade, aínda que a expresión gráfica da mesma, plasmada en
partitura, prescinde normalmente destes últimos. Os instrumentos non son tradicionais
ou cambian de uso. Un experimento é este piano preparado que produce sons alterados
ao introducir no seu interior pezas alleas ao mecanismo do piano, como parafusos,
madeira… Ten unha obra titulada 4´33´´, que é unha das máis polémicas do século XX
xa que ten que ser tocada en silencio.
Son obras obrigadas de comentario:
36
Sonata para piano preparado, de Cage. (Sonata V) No ano 1946 Cage empeza a
interesarse polo pensamento oriental polo que se propón expresar nas súas
composicións o tradicional concepto filosófico hindú. As súas sonatas son pezas
compostas para piano preparado: anacos de goma, plástico, metal, por riba e por baixo
das cordas, alteran as alturas e os timbres. Aparecen sonoridades ricas e variadas
semellantes aos tambores e gongs orientais. Na sonata V aparece a forma de sonata
bipartita AABB. Ademais de iniciador desta técnica escribiu para orquestra, cámara e
para numerosas obras de teatro e danza.
Atmospheres de Ligeti. A finais dos cincuenta aparece a música textural que se centra
en grandes desprazamentos sonoros da música e non nos sons como compoñentes
individuais, nin como parte de grupos. Atmospheres é unha obra para orquestra que
precisa de oitenta e nove músicos, con outras tantas partes, pero o oínte só percibe o
resultado global. O comenzo é un cluster que cubre cinco octavas. Logo a corda enuncia
un canon a cincuenta e seis voces e acaba nos límites do silencio sobre resonancias da
corda e o piano. A súa sonoridade está moi preto da música electroacústica e no límite
entre música e ruído. A obra parece carecer de principio e fin.
Criterios de Avaliación
-Coñecer as características da música despois do 1945.
- Valorar a importancia da música na nosa sociedade
- Recoñecer os principais creadores e a súa obra.
Actividades de autoavaliación
1. Define: música concreta, serialismo integral, música grupal.
2. Cita os principais grupos de vangarda en España.
3. Comenta a audición nº 59 do CD do libro de Everest.
Actividades para enviar á titoría
1. Define: música electrónica, música aleatoria, música estocástica.
2. Cita os principais movementos musicais desta etapa
3. Comenta a audición 8 do disco 6 da CIUG.
37
UNIDADE 9. NOVAS TECNOLOXÍAS
Criterios de Avaliación
- Coñecer as principais máquinas para a gravación e reprodución de son
- Valorar os comenzos da fonografía en España.
Actividades de autoavaliación
1. Resume os principais inventos relacionados coa gravación, mestura e reprodución de
son
Actividades para enviar á titoría
1. Resume a historia da fonografía en España
UNIDADE 10. A INTERPRETACIÓN MUSICAL E OS OFICIOS MUSICAIS.
Criterios de avaliación
- Coñecer os diferentes oficios musicais
- Valorar estes oficios dentro da música actual
Actividades de autoavaliación
1. Define: director, interpréte, crítico musical.
2. Escoita as audicións 62 e 63 do libro de Everest.
Actividades para enviar á titoría
1. Define: virtuosismo, musicólogo, editor, organoloxía, conservatorio.
38
SOLUCIONS ÁS ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN
UNIDADE 1.
Define : Cuarteto.- Conxunto formado por catro intrérpretes. Pode formarse con
calquera clase de instrumento, sobre todo de corda.
Rondó.- Forma composta por un tema principal A que se repite varias veces
contrastando con seccións novas, B, C, D,.
Variación.- Forma de construír música. Consiste en inventar un tema musical e repetilo
varias veces alterándoo en cada unha desas veces.
Polonesa.- Danza de orixe polaca de ritmo guerreiro.
Caracteriza a música instrumental do Renacemento
No Renacemento a música instrumental pode ser de catro clases: as formas que
derivan da música vocal, a música de danza, as formas improvisatorias e as variacións.
Explica as características da forma sonata
Sonata quere dicir música para ser soada. Pode ser sonata da chiesa, que leva como
continuo un órgano ou de cámara que leva como continuo un clave.
Comenta a audición 1 do CD do libro de apoio
- Temos que situar a obra no tempo e no espazo- A obra pertence ao Barroco italiano.
- Identificamos o autor e a obra- Corelli, gran creador de sonatas do barroco. Sonata
- Estrutura formal- Ten influenzas relixiosas polo contrapunto. O tema iníciao o
primeiro violín, logo repíteo o segundo. Estilo fugado.
- Debemos identificar instrumentos ou voces- É unha sonata a trío, con dous violíns e
un violonchelo e o continuo.
UNIDADE 2.
Define: Obertura.- Peza para abrir. Serve para iniciar unha ópera ou oratorio. Prepara o
ambiente da ópera.
Concerto grosso.- É a forma orquestral na que adoita haber tres movementos
contrapostos. Contrasta o grosso e un pequeno grupo de solistas.
39
Serenata.- Composición instrumental destinada á diversión do público. Interpretábase
en parques.
Orquesta.- Formación composta por numerosos instrumentos
Poema sinfónico.- Composición orquestral de un tempo que se inspira en elementos
poéticos.
Caracteriza a música orquestal no Romanticismo
Medra en tamaño e extensión. Multiplícase a sección de vento e percusión, aparecen
instrumentos como o contrafagot, corno inglés ou saxofón.
Comenta a audición 11 do CD do libro de apoio
Situámola no barroco inglés. O autor é Purcell e a obra Dido e Eneas. Ten dous
movementos: un lento e outro veloz. No lento aparecen unha sucesión de ritmos con
puntillo. O veloz está en estilo fugado, imitativo.
UNIDADE 3.
Define: Tropo.- Composición escrita en estilo pneumático cun texto poético e
destinada a agregarse a un dos cantos da misa. A meirande parte deles engádenlle texto
e música a un fragmento de misa sobre todo no introito.
A capella.- sen instrumentos.
Barítono.- Voz masculina intermedia entre tenor e baixo. Menos profunda que a deste
último.
Orfeón.- Coro de voces mixtas con máis de cen compoñentes.
Panxoliña.- Composición vocal moi cultivada en España durante o Renacemento. A súa
forma convencional é a alternancia de coplas e retrouso, con melodías diferentes.
Caracteriza a música vocal na Idade Media
Temos música paralitúrxica como o gregoriano, o tropo, as secuencias e os himnos e
temos música profana dos trobadores e trobeiros. Tamén as cantigas de Afonso X e os
cancioneiros galego portugueses.
Cita as formas vocais profanas e relixiosas do Barroco.
Ópera, cantata, oratorio, paixón
40
Comenta a audición 19 do libro de apoio
Podemos situala na Alemaña do XVIII. O autor é Bach. A obra é a Cantata 147. É
unha cantata relixiosa, aínda que esta forma empezou sendo profana. Dentro do mundo
da Reforma luterana foi moi importante este xénero. Destacan as corais, o coro é
protagonista aínda que a melodía instrumental é de gran beleza. Adoita ter recitativos e
ariosos.
UNIDADE 4.
Define: Castrati.-Mozos dotados de boa voz que eran castrados para evitar o cambio
desta. Eran unha mestura de soprano e contralto.
Aria da Capo.- Permite o lucimento do castrado. Ten esquema ABA´.
Verismo.- Temo para a versión italiana do movemento naturalista de finais do século
XIX. Asóciase ás óperas que tratan temas da vida diaria na súa forma máis descarnada.
Falsete.- Voz masculina máis aguda do normal.
Elabora un cadro resumo coas diferenzas entre os estilos de ópera.
Ópera seria Carga dramática, rica linguaxe, temas
clásicos e realizadas en tres actos.
Ópera bufa
------------------------------------------------
Opereta
Carácter popular, protagonistas de clase
media, poucos personaxes, frases curtas e
elementos folclóricos.
-----------------------------------------------
Sucesora da bufa. Partes faladas e
cantadas
Grandes creadores e obras
Metastasio Artaxerxes
Haendel Rodelinda
Pergolesi A serva padrona
Gluck Orfeo e Euridice
Mozart A frauta máxica
41
Bizet Carmen
Offenbach Os contos de Hoffmann
Rossini O barbeiro de Sevilla
Verdi Nabucco
Wagner O anel dos Nibelungos
Comenta a audición 30 do libro de apoio
É unha opereta do século XIX. O autor é Hoffmann. A opereta é a sucesora da bufa e
do vodevil. Ten pasaxes cantadas e faladas e tamén sátira social. A harmonía e textura
están pensadas para un público pouco culto. Versa sobre asuntos sentimentais. Esta
opereta está cantada por voces femininas xunto co coro. Desenvólvese en Venecia. O
ritmo da barcarola e de 6/8. Provén dos gondoleiros e intenta imitar o movemento das
góndolas. Ten unha melodía moi pegadiza sen grandes esixencias de voz. Está formada
por unha parte expositiva, outra cadencial e unha repetitiva de ideas anteriores.
UNIDADE 5.
Define: Tonadilla.- Xénero vocal escénico moi popular en España durante o
clasicismo, constituído por un determinado número de pezas en serie. Desenvolvíase
nos descansos das comedias. Consta de introdución, copla e seguidilla.
Sainete lírico.- Obra musical dun acto con personaxes populares; localizado en Madrid,
de carácter cómico, con pouco enredo e final feliz.
Revista.- Obra lírica que consiste nunha sucesión de esceas sen enlace argumental agás
a alusión á actualidade ou a un tema concreto.
Xénero bufo.- Variante de teatro lírico, de carácter cómico burlesco e de curta duración
Características da Zarzuela
Partes solistas, coros e instrumento. Non usa moito as arias, senón máis ben a
romanza. Textos amorosos e históricos. Diálogo falado non cantadado. Feita para un
público cortesano.
Principais creadores en España
Barbieri- Arrieta- Bretón- Chapí- Chueca- Torroba- Guerrero
42
Comenta a audición 41 do libro de apoio
Sitúase na España do XIX. O autor é Bretón e a obra A verbena da Pomba.
Comenza cun recitativo onde o protagonista, Don Hilarión, fala consigo mesmo
expoñendo as preocupacións do seu namoramento cunha frase que se repite dúas veces.
No compás 30 empeza a copla, de carácter silábico. Ten dúas partes A e B(retrouso) Ao
final volta ao comenzo para iniciar a segunda letra coa mesma música. É un sainete
lírico, obra dun acto con personaxes e ambientes populares, localizado en Madrid, cun
enredo mínimo, linguaxe coloquial e final feliz.
UNIDADE 6
Define: Bolero.- Baile de parella con tres partes
Seguidilla.- Baile de ritmo ternario con grande variedade de movementos nos pés e
acompañado de guitarra e castañolas.
Rumba.- Danza cubana rápida acompañada de percusión.
Charlestón.- Baile da poboación negra de USA, ten ritmo de 4/4.
Caracteriza a danza española
Influenza do flamenco. Utilización da guitarra. Ballet individual. De espazos reducidos
sen grandes desprazamentos. Improvisación xa que se guía polo sentimento do bailarín.
UNIDADE 7.
Define: Dodecafonismo.- Composición con doce sons sen relación entre eles.
Neoclasicismo musical.- Corrente musical que volve ás formas barrocas e clásicas,
recupera a melodía e con orquestra pequena.
Principais correntes artísticas do XX
Impresionismo- Atonalismo- Neoclasicismo- Dodecafonismo- Nacionalismo
Esquema de autores e obras
Ravel Bolero
Debussy Nocturnos
43
Schomberg Cinco pezas para piano
Stravinsky A consagración da primavera
Varese Ionisation
Bartok Música para corda e celesta
Albéniz Cantos de España
Falla O amor bruxo
Comenta a audición 57 do libro de apoio
Nacionalismo español do século XX. Autor: Falla. Obra: O sombreiro de tres picos.
Música para ballet. Foi feito para Diaguiliev con traxes e decorados de Picasso.É unha
danza flamenca: a farruca. Iníciase con trompa, logo un corno inglés e logo comenza a
danza. Os sons recordan as notas da guitarra.
UNIDADE 8.
Define: Música concreta.- Prodúcese a partir de sons existentes no mundo, calquera
obxecto serve.
Serialismo integral.- Maneira de compoñer que ordena nunha serie os sons compostos
seguindo o sistema dodecafónico.
Música grupal.- Composición en grupo para varios conxuntos. Importan os grupos de
sons, non a melodía.
Grupos de vangarda en España
Xeración do 51
Serialismo
Correntes aleatorias
Xeración do 61
Comenta a audición 59 do libro de apoio
É Zyklus de Stockhaussen. O intérprete pode empezar por onde queira, de diante para
atrás ou viceversa. As grafías musicais son novidosas, non son unha partitura normal.
44
Mestura elementos novos e notas tradicionais. O tempo de interpretación decídeo o
intérprete.
UNIDADE 9.
Resume os principais inventos relacionados coa gravación, mestura e reprodución
do son.
Fonógrafo. Gramófono. Tocadiscos. Magnetofón. Gravación dixital. Micrófono.
Cilindro. Disco. CD. Casette. Mesa de mestura. Sintetizador.
UNIDADE 10.
Define: Director.- Encargado de realizar a interpretación da música. Marca o compás
Intérprete.- Persoa que executa a obra ou canto
Crítico musical.- Persoa que fai comentarios ou xuízos nun medio de comunicación
sobre as obras ou actuacións musicais.
45
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA E DIRECCIÓNS WEB DE INTERESE
Para traballar a materia podemos usar varios libros como apoio:
CASARES RODICIO, E. : Historia de la Música. León. Editorial Everest. 2002
FERNÁNDEZ GARCÍA, R. e de la PUENTE VAQUERO, I.: Historia da Música. A
Coruña. Editorial Galinova. 2003
VV.AA.: Atlas de Música. Madrid. Alianza editorial. 2002
Estas páxinas web poden ser de interese:
www.cesga.es/ciug. Nesta páxina pódense ver os exames das probas de acceso de anos
anteriores e as súas solucións.
www.cesga.es/ciug/grupostraballo/47/descriptores_musica____Aquí atópanse as
descricións de cada audición.
www.cesga.es/ciug/grupostraballo/47/audicións.html___ Aquí atópanse as melodías
correspondentes ás audicións obrigadas para a materia nas probas de acceso á
universidade. Están en formato mp3 e poden ser escoitadas directamente seleccionando
o nome do tema elixido, ou poden ser gardadas no ordenador seleccionando o nome co
botón dereito do rato e escollendo a opción “gardar como”.
www.iessanclemente.net Na páxina do centro pódese atopar unha aula virtual na que
está toda a información sobre a materia: modelos de exames, contidos, comentarios etc.