Hermanager Humor

1
18 LECER GALICIA HOXE DOMINGO 5 DE XUÑO DE 2011 Ola meus (que pontevedrés e/ou posesivo me sinto hoxe)!! Aquí estou, un domingo máis, quitándolle punta á realidade e deixan- do ao descuberto as curiosidades deste curioso país. Días atrás, practicando o saudable costume de camiñar, o “ir andar” nacional popular para entendernos, atopei esta singular estampa nun- ca rúa de Ribas do Sil (San Clodio). Por certo, esta fin de semana cele- bran a Festa da cereixa e do aceite na praia fluvial. Volvendo ao conto, nesta vila decateime unha vez máis que Galicia is diferent!! Como po- dedes comprobar na foto, hai dous coches aparcados, un invadindo a beirarrúa e outro invadindo a calzada. Os competentes encargados das obras deixaron ese pequeno espazo, entre a liña descontinua e a beirarrúa, supostamente para poder estacionar. Semella máis unha beiravía cunha zona de estacionamento, non vos parece? Nos concellos haiche moito enxeñeiro do noso señor… Así, pois, fágovos unha pregunta e pídovos que escollades unha das tres respostas suxeridas, a non ser que teñades unha mellor, se fora o caso. A cal dos dous vehículos multariades? a) Ao gris por invadir a beirarrúa, lugar reservado para os peóns. b) Ao coche negro por invadir a calzada e poñer en perigo a circula- ción. c) A ningún dos dous. Que culpa teñen eles? Espero as vosas contestacións: hermanagerproducciones@gmail. com Textos: Xosé Manuel Fernández Hermanager humor E n galego, “de balde” significa sen nada a cambio, gratis. Daquela, “andar de balde” significa facer algo sen ánimo de lucro, desinteresadamente. Se que- redes, incluso se podería aplicar a facer cousas por amor ao arte... Hoxe en día hai poucas cousas e servi- zos que sexan de balde pois todo ten un prezo e a vida non está como para andar regalando por aí o noso va- lioso tempo. Podemos ser xenerosos nun momento da- do pero tamén debemos valorar o noso traballo na súa xusta medida. Na fraseoloxía galega atopamos dúas sentencias moi enxebres que ilustran a idea central do aforismo de hoxe: De balde andan os cans e rompen a roupa”. De balde andan os cans e levan pedradas”. Cómpre reparar na segunda frase que, con fina re- tranca, nos advirte que non é aconsellábel traballar gra- tis. Ás veces, despois de ter feito traballos sen contra- prestación algunha aínda levamos malas contestacións e críticas ferintes. Xa sabedes, todo e tod@s temos un prezo... ACTUALIDADE • Coa nova ordenanza municipal, en Barcelona multarán os nudistas por “espido improcedente”. •Para combater a seca primaveral moitos concellos ga- legos gratificarán as embarazadas que rompan augas nos encoros. •Nacho Vidal será o escollido para a campaña publicitaria que pagarán as autoridades alemás co fin de recuperar a imaxe e o prestixio do cogombro español. •Segundo apuntan certas investigacións, o empresario lucense Jorge Dorribo estaba engordando o seu patri- monio grazas ao consumo de “IGAPEína”. •Galicia xa presume de superávit... para presumir de “su- perave” teremos que seguir esperando. Indignación: Ver como se ataca os acampados críticos e como se deixa campar ás súas anchas á banca, aos em- presarios corruptos e aos malos gobernantes. FRASELOXÍA NACIONAL POPULAR Andar de balde CURIOSIDADES CHISTES PARA TWITER E FACEBOOK • UN ORFO QUE PASA MOITA CALOR SERÍA FELIZ CUN “PAI PAI”. • O MEDICAMENTO QUE MÁIS ENGORDA É O PANCETAMOL”. • MARCHOU A ITALIA E CASOU CUN ADIÑEIRADO GONDOLEIRO. DISQUE SE TRATA DUN MATRIMONIO DE “CONVENECIA”. •OS PEREGRINOS CATALÁNS SON DIESEL... ANDAN MOITO PERO CONSOMEN POUCO. • SON PIGMENTOS DE PADRÓN, UNS PINTAN E OUTROS NON. • O LUGAR DE CHINA ONDE SE CONCENTRAN MÁIS AFECCIONADOS Á LECTURA É O “TEMPLO DE XA O LIN”. • A CIDADE GALEGA PREFERIDA DOS PRESOS É “CELANOVA”.

Transcript of Hermanager Humor

Page 1: Hermanager Humor

18 LECERGaLiCia hoxEDoMiNGo 5 DE xUÑo DE 2011

Ola meus (que pontevedrés e/ou posesivo me sinto hoxe)!!Aquí estou, un domingo máis, quitándolle punta á realidade e deixan-do ao descuberto as curiosidades deste curioso país.

Días atrás, practicando o saudable costume de camiñar, o “ir andar” nacional popular para entendernos, atopei esta singular estampa nun-ca rúa de Ribas do Sil (San Clodio). Por certo, esta fin de semana cele-bran a Festa da cereixa e do aceite na praia fluvial. Volvendo ao conto, nesta vila decateime unha vez máis que Galicia is diferent!! Como po-dedes comprobar na foto, hai dous coches aparcados, un invadindo a beirarrúa e outro invadindo a calzada. Os competentes encargados das obras deixaron ese pequeno espazo, entre a liña descontinua e a beirarrúa, supostamente para poder estacionar. Semella máis unha beiravía cunha zona de estacionamento, non vos parece?

Nos concellos haiche moito enxeñeiro do noso señor…Así, pois, fágovos unha pregunta e pídovos que escollades unha das tres respostas suxeridas, a non ser que teñades unha mellor, se fora o caso.

A cal dos dous vehículos multariades?

a) Ao gris por invadir a beirarrúa, lugar reservado para os peóns.b) Ao coche negro por invadir a calzada e poñer en perigo a circula-ción.c) A ningún dos dous. Que culpa teñen eles?

Espero as vosas contestacións: [email protected]

Textos:Xosé ManuelFernández

Hermanagerhumor

E n galego, “de balde” significa sen nada a cambio, gratis. Daquela, “andar de balde” significa facer

algo sen ánimo de lucro, desinteresadamente. Se que-redes, incluso se podería aplicar a facer cousas por amor ao arte... Hoxe en día hai poucas cousas e servi-zos que sexan de balde pois todo ten un prezo e a vida non está como para andar regalando por aí o noso va-lioso tempo. Podemos ser xenerosos nun momento da-do pero tamén debemos valorar o noso traballo na súa xusta medida. Na fraseoloxía galega atopamos dúas

sentencias moi enxebres que ilustran a idea central do aforismo de hoxe:

“De balde andan os cans e rompen a roupa”.“De balde andan os cans e levan pedradas”.Cómpre reparar na segunda frase que, con fina re-

tranca, nos advirte que non é aconsellábel traballar gra-tis. Ás veces, despois de ter feito traballos sen contra-prestación algunha aínda levamos malas contestacións e críticas ferintes. Xa sabedes, todo e tod@s temos un prezo...

ACTUALIDADE

• Coa nova ordenanza municipal, en Barcelona multarán os nudistas por “espido improcedente”.

•Para combater a seca primaveral moitos concellos ga-legos gratificarán as embarazadas que rompan augas nos encoros.

•Nacho Vidal será o escollido para a campaña publicitaria que pagarán as autoridades alemás co fin de recuperar a imaxe e o prestixio do cogombro español.

•Segundo apuntan certas investigacións, o empresario lucense Jorge Dorribo estaba engordando o seu patri-monio grazas ao consumo de “IGAPEína”.

•Galicia xa presume de superávit... para presumir de “su-perave” teremos que seguir esperando.

•Indignación: Ver como se ataca os acampados críticos e como se deixa campar ás súas anchas á banca, aos em-presarios corruptos e aos malos gobernantes.

FRASELOXÍA NACIONAL POPULAR

Andar de baldeCURIOSIDADES

CHISTES PARA TWITER E FACEBOOK

• Un orfo qUe pasa moita calor sería feliz cUn “pai pai”.

• o medicamento qUe máis engorda é o “pancetamol”.

• marchoU a italia e casoU cUn adiñeirado gondoleiro. disqUe se trata dUn matrimonio de “convenecia”.

•os peregrinos cataláns son diesel... andan moito pero consomen poUco.

• son pigmentos de padrón, Uns pintan e oUtros non.

• o lUgar de china onde se concentran máis afeccionados á lectUra é o “templo de Xa o lin”.

• a cidade galega preferida dos presos é “celanova”.