HERMANAGER HUMOR

1
18 LECER GALICIA HOXE DOMINGO 19 DE XUÑO DE 2011 Ás veces reviso carpetas de fotos no ordenador... Por certo, co- mo cambia todo e a que velocidade. Que tempos aqueles nos que a xente te convidaba a tomar café e che ensinaba os álbums de fotos da familia, das viaxes, daqueles marabillosos anos... ou cando o amig@ de quenda che pasaba copia das fotos daquela viaxe, cea, excursión ou noite de marcha en papel ou incluso nun cd. Aquelas copias que chegaban por carta con comentarios gra- ciosos e personalizados... Eran auténticos agasallos que esixían certa dedicación extra (revelar as fotos, facer as copias, mandalas por correo, etc) Pero ben, agora todo é moito máis sinxelo e rápido. Hoxe vemos as fotos acabadas de sacar quitar e ás poucas horas xa están no noso correo electrónico, no picasa ou no facebook; e se quere- mos pasarllas a alguén facémolo nun lapis de memoria. Doado e práctico, sen máis historias... Volvo ao comezo. Estando revisando arquivos atopei esta curio- sa foto tomada por Terras de Lourenzá (non está manipulada nin retocada polo “fotosó”, que conste). Unha galegada máis de- sas que nos chaman tanto a atención. As cabezas moito traba- llan !! Para calquera comentario dirixídevos a: hermanagerpro- [email protected] Textos e imaxes: Xosé Manuel Fernández Hermanager humor F rase popular e xa mediática grazas a Roberto Vilar e ao seu programa da Galega ‘Land Rober’. E non me estraña que a puxeran de moda pois predican co exem- plo. Para facer os guións e para improvisar como se im- provisa no exitoso formato televisivo xa fai falta que a cabeza traballe moito e a moitas revolucións… Pois ben, con esta sentencia popular chamamos a aten- ción do rápido que vai o noso maxín e os nosos pensamen- tos. Sabemos que a moita xente a cabeza faille horas extras e non para de carburar nin cando está durmindo, e iso ten as súas consecuencias positivas e/ou negativas. Positivas en forma de excedente creativo, manancial de boas ideas que non deixa de agromar, ou negativas cando a cabeza xera preocupacións irracionais ou esaxera as racionais. Unha variante desta frase que teño escoitado é “a cabe- za moito traballa”, sinónima da anterior pero non tan coñecida. Falarei con Roberto a ver se a promociona na nova temporada de ‘Land Rober’… En calquera caso, o importante é que a cabeza non pa- re, pero para ben. ACTUALIDADE •Os políticos mandan á porra aos indignados. 15-M: Aporreados pero non fundidos. •Mossos de esquadra contra indignados. Quen gañará? Facemos unha porra? •Decathlon reclamará indemnizacións millonarias aos concellos polas perdas xeradas co fin das acampadas do 15-M. •O crego da Gudiña confesou que gañara a alcaldía gra- zas a Deus. Tal afirmación sentou tan mal á Igrexa que a Diócese (dió cese) de Ourense o suspendeu do exerci- cio pastoral. OPERACIÓN CAPACHO: Na vieira, na vieira, na vieira- aa do mar, hai unha toxina para ir a defecar... OPERACIÓN CAPACHO: Os presuntos implicados na compravenda de vieira contaminada coa toxina amnésica decláranse inocentes e alegan non lembrarse de nada. FRASELOXÍA NACIONAL POPULAR “A cabeza non para!!” CURIOSIDADES CHISTES PARA TWITER E FACEBOOK Vocaburlario • AMOROSIDADE.- INCUMPRIMENTO DE PAGO AMOROSO DESENCADEADO POLA ACUMULACIÓN DE DÉBEDAS AFECTIVAS COA PARELLA. • ASUSTE DE CONTAS.- AVISO MAFIOSO SERIO, PERO NON DEFINITIVO, QUE CHE METE O MEDO NO CORPO. • BISCOITO.- REPETICIÓN DÓCE E PRACENTEIRA DA CÓPULA CARNAL. • BNG.- MINORÍA QUE SÓ ASPIRA A SER MAIOR MINORÍA. • BRICOMARÍA.- CONFECCIÓN ARTESANAL DUN PORRO. • BULEBAR.- BAR CON MOITO MOVEMENTO. • CARIASMÁTICO.- DISE DAQUEL INDIVIDUO QUE, MALIA TER UNHA ENFERMIDADE DOS BRONQUIOS QUE LLE DIFICULTA A RESPIRACIÓN, TEN A FACULTADE DE INFLUÍR OU GUIAR A OUTROS.

Transcript of HERMANAGER HUMOR

Page 1: HERMANAGER HUMOR

18 LECERGALICIA HOXEDOMINGO 19 DE XUÑO DE 2011

Ás veces reviso carpetas de fotos no ordenador... Por certo, co-mo cambia todo e a que velocidade. Que tempos aqueles nos que a xente te convidaba a tomar café e che ensinaba os álbums de fotos da familia, das viaxes, daqueles marabillosos anos... ou cando o amig@ de quenda che pasaba copia das fotos daquela viaxe, cea, excursión ou noite de marcha en papel ou incluso nun cd. Aquelas copias que chegaban por carta con comentarios gra-ciosos e personalizados... Eran auténticos agasallos que esixían certa dedicación extra (revelar as fotos, facer as copias, mandalas por correo, etc) Pero ben, agora todo é moito máis sinxelo e rápido. Hoxe vemos as fotos acabadas de sacar quitar e ás poucas horas xa están no noso correo electrónico, no picasa ou no facebook; e se quere-

mos pasarllas a alguén facémolo nun lapis de memoria. Doado e práctico, sen máis historias... Volvo ao comezo. Estando revisando arquivos atopei esta curio-sa foto tomada por Terras de Lourenzá (non está manipulada nin retocada polo “fotosó”, que conste). Unha galegada máis de-sas que nos chaman tanto a atención. As cabezas moito traba- llan !! Para calquera comentario dirixídevos a: [email protected]

Textos e imaxes: Xosé Manuel

Fernández

Hermanagerhumor

F rase popular e xa mediática grazas a Roberto Vilar e ao seu programa da Galega ‘Land Rober’. E non me

estraña que a puxeran de moda pois predican co exem-plo. Para facer os guións e para improvisar como se im-provisa no exitoso formato televisivo xa fai falta que a cabeza traballe moito e a moitas revolucións…

Pois ben, con esta sentencia popular chamamos a aten-ción do rápido que vai o noso maxín e os nosos pensamen-tos. Sabemos que a moita xente a cabeza faille horas extras e non para de carburar nin cando está durmindo, e iso ten

as súas consecuencias positivas e/ou negativas. Positivas en forma de excedente creativo, manancial de boas ideas que non deixa de agromar, ou negativas cando a cabeza xera preocupacións irracionais ou esaxera as racionais. Unha variante desta frase que teño escoitado é “a cabe-za moito traballa”, sinónima da anterior pero non tan coñecida. Falarei con Roberto a ver se a promociona na nova temporada de ‘Land Rober’…

En calquera caso, o importante é que a cabeza non pa-re, pero para ben.

ACTUALIDADE

•Os políticos mandan á porra aos indignados. 15-M: Aporreados pero non fundidos.

•Mossos de esquadra contra indignados. Quen gañará? Facemos unha porra?

•Decathlon reclamará indemnizacións millonarias aos concellos polas perdas xeradas co fin das acampadas do 15-M.

•O crego da Gudiña confesou que gañara a alcaldía gra-zas a Deus. Tal afirmación sentou tan mal á Igrexa que a Diócese (dió cese) de Ourense o suspendeu do exerci-cio pastoral.

•OPERACIÓN CAPACHO: Na vieira, na vieira, na vieira-aa do mar, hai unha toxina para ir a defecar...

•OPERACIÓN CAPACHO: Os presuntos implicados na compravenda de vieira contaminada coa toxina amnésica decláranse inocentes e alegan non lembrarse de nada.

FRASELOXÍA NACIONAL POPULAR

“A cabeza non para!!”CURIOSIDADES

CHISTES PARA TWITER E FACEBOOK

Vocaburlario

• AMOROSIDADE.- INCUMPRIMENTO DE PAGO AMOROSO DESENCADEADO POLA ACUMULACIÓN DE DÉBEDAS AFECTIVAS COA PARELLA.

• ASUSTE DE CONTAS.- AVISO MAFIOSO SERIO, PERO NON DEFINITIVO, QUE CHE METE O MEDO NO CORPO.

• BISCOITO.- REPETICIÓN DÓCE E PRACENTEIRA DA CÓPULA CARNAL.

• BNG.- MINORÍA QUE SÓ

ASPIRA A SER MAIOR MINORÍA.

• BRICOMARÍA.- CONFECCIÓN ARTESANAL DUN PORRO.

• BULEBAR.- BAR CON MOITO MOVEMENTO.

• CARIASMÁTICO.- DISE DAQUEL INDIVIDUO QUE, MALIA TER UNHA ENFERMIDADE DOS BRONQUIOS QUE LLE DIFICULTA A RESPIRACIÓN, TEN A FACULTADE DE INFLUÍR OU GUIAR A OUTROS.