Heracles/Hércules

19
Heracles (Hércules) Fillo de Zeus e Alcmena, esposa de Anfitrión. Zeus sedúcea tomando o aspecto do seu marido. Alcmena da luz dous xemeos: Heracles, fillo de Zeus, e Ificles, fillo de Anfitrión.

description

Infancia, 12 traballos e morte de Heracles

Transcript of Heracles/Hércules

Page 1: Heracles/Hércules

Heracles (Hércules)

Fillo de Zeus e Alcmena, esposa de Anfitrión. Zeus sedúcea tomando o aspecto do seu marido.

Alcmena da luz dous xemeos: Heracles, fillo de Zeus, e Ificles, fillo de Anfitrión.

Page 2: Heracles/Hércules

Heracles

Nada máis nacer os nenos, Hera, celosa, envíalles serpes para matalos. Heracles, sae do berce e afógaas, demostrando a súa orixe divina.

Page 3: Heracles/Hércules

Heracles•

Anfitrión encarga a educación dos seu fillos a Lino.

Heracles era un estudante indisciplinado, que nun ataque de ira matou ao seu mestre cunha lira ou banqueta.

Page 4: Heracles/Hércules

Heracles

Para conseguir a inmortalidade do seu fillo, Zeus pon a Heracles a

mamar no peito de Hera.

Hera esperta e intenta apartalo. O leite que cae forma a Vía Láctea

Rubens

Page 5: Heracles/Hércules

Heracles•

Hera segue a facerlle a vida imposible, faino tolear e matar aos seus fillos. (Heracles significa “Famoso por causa de Hera”)

Para expiar o seu crime Heracles debe poñerse ao servicio do seu primo Euristeo, quen lle impón 12 traballos.

O primeiro traballo é

matar ao León de Nemea.•

Heracles estrangulou ao león e a súa pel serviulle de vestimenta

Page 6: Heracles/Hércules

Heracles

Segundo traballo: matar á

Hidra de Lerna. Axúdalle o seu sobriño Iolao, que queimaba as cabezas cortadas para evitar que nacesen outras novas.

Page 7: Heracles/Hércules

Heracles

Terceiro traballo: Capturar ao xabarín de Erimanto vivo. Ao presentarllo a Euristeo, este tivo que refuxiarse nunha vasilla.

Page 8: Heracles/Hércules

Heracles

Cuarto traballo: capturar á

cerva

de Cerinia. Tiña que capturala viva porque estaba consagrada a Artemisa

Page 9: Heracles/Hércules

Heracles

Quinto traballo: acabar coas aves do lago Estinfalo. Primeiro sacounas da espesura e logo matounas coas súas frechas

Page 10: Heracles/Hércules

Heracles

Sexto traballo: Limpar os cortellos de Auxias. Debía facelo nun so día e para iso tivo que desviar o curso dun río

Page 11: Heracles/Hércules

Heracles

Sétimo traballo: Capturar ao touro de Creta vivo. Ofreceullo a Euristeo

como ofrenda a Hera, pero a

deusa liberouno e máis tarde foi morto por Teseo en Maratón.

Page 12: Heracles/Hércules

HERACLES

Octavo traballo: Domar as eguas de Diomedes, que comían carne humana. Tras vencer aos habitantes de Tracia, reino de Diomedes, entregoulles a este como alimento.

Page 13: Heracles/Hércules

Heracles

Noveno traballo: roubar o cinto de Hipólita, raíña das Amazonas. O cinto simbolizaba o seu poder sobre as Amazonas. Aínda que Hipólita

lle da o

cinto de boa gana, Hera

instigou as

outras Amazonas contra, polo que Heracles mata a Hipólita

créndose

traizoado.

Page 14: Heracles/Hércules

Heracles

Décimo traballo: capturar os bois de Xerión.

Xerión

era un xigante de tres

corpos unidos pola cintura, que vivía na illa de Eritria, máis alá

do estreito de

Gibraltar. Heracles matouno e rouboulle o gando.

No seu regreso, Heracles volveu a Grecia bordeando as costas de Iberia e a Galia, axudando aos homes cos construccións útiles e matando a monstros.

Page 15: Heracles/Hércules

Heracles

Undécimo traballo: Capturar ao Can cérbero, gardián do Hades. Para poder levalo, o deus Hades púxolle a condición de que loitase co can sen armas.

Page 16: Heracles/Hércules

Heracles

Duodécimo traballo: roubar as mazás das Hespérides. Estas ninfas, chamadas “As fillas da tarde”, coidaban un magnifico xardín no Océano Atlántico, no que había un arboredo dourado. Para conseguir as mazás de ouro, Heracles, tivo que matar ao dragón que as gardaba.

Page 17: Heracles/Hércules

Heracles

O centauro Nesso

foi morto por Heracles ao tentar violar a súa segunda muller, Deianira. Antes de morrer, Nesso

deulle

unha poción co seu sangue a Deianira

para

que a usase cando vise en perigo o seu amor.

Page 18: Heracles/Hércules

Deianira

untou unha túnica coa poción, que abrasou a pel de Heracles. Desperado

pola dor, suicidouse botándose a unha

pira. Os deuses compensáronlle o seu labor labor facéndoo inmortal e casándoo con Hebe.

Heracles

Page 19: Heracles/Hércules

Feito por Susana Losada SotoIES de Melide,

(A Coruña, Galicia, España)