Guia veran ESO 2012

2
biblioaponte.blogspot.com.es Buenos días Princesa Blue Jeans Outro exemplo desta famosísima saga que empezou en internet. Pasaron algo máis de dous anos na vida dos rapaces que forman “ o club dos incomprendidos” As cousas cambiaron moito dende que uns tras outros se foron atopando no camiño. Novos problemas, secretos, amores, celos... O Hobbit J.R.R.Tolkien Bilbo Bolsón é coma calquera hobbit: non mide máis de metro e medio, vive pacificamente na Comarca, e a súa máxima aspiración é gozar dos praceres sinxelos da vida … ata que recibe a visita do mago Gandalf… El Curioso incidente del perro a medianoche Mark Haddon Unha novela que non semella ningunha outra. Aos 15 anos, Christopher Boone coñece as capitais do mundo e máis a teoría da relatividade, pero non se pode relacionar coa xente con normalidade....Ata que decide atopar ao culpable da morte dun can. A Biblioteca do IES de Ponteceso deséxavos un feliz e refrescante verán... CHEO DE BOAS LECTURAS Este verán… Refréscate coa lectura !!! Guía de lectura para a ESO IES de Ponteceso Verán 2012 Visita a biblioteca e ato- parás moito máis… PARA TODOS OS GUSTOS !!!

description

Pequena guia de lecturas do IES de Ponteceso para o veran de 2012

Transcript of Guia veran ESO 2012

Page 1: Guia veran ESO 2012

biblioaponte.blogspot.com.es

Buenos días Princesa 

Blue Jeans 

Outro exemplo desta famosí‐sima  saga  que  empezou  en internet.  Pasaron  algo  máis de  dous  anos  na  vida  dos rapaces que  forman “ o club dos  incomprendidos”    As cousas    cambiaron  moito dende que uns tras outros se foron atopando no cami‐ño. Novos problemas, secretos, amores, celos...  

O Hobbit 

J.R.R.Tolkien 

Bilbo  Bolsón  é  coma  calquera hobbit: non mide máis de metro e medio,  vive  pacificamente  na Comarca, e a  súa               máxima aspiración  é  gozar  dos  praceres sinxelos da vida … ata que recibe 

a visita do mago Gandalf… 

El Curioso incidente del perro a medianoche 

Mark Haddon 

Unha  novela  que    non  semella ningunha  outra.    Aos  15  anos, Christopher    Boone  coñece  as capitais do mundo e máis a teoría da relatividade, pero non se pode relacionar coa xente con normalidade....Ata que decide   atopar ao culpable da morte  dun can. 

A Biblioteca do IES de Ponteceso deséxavos un feliz

e refrescante verán... CHEO DE BOAS LECTURAS

Este verán…

Refréscate coa lectura !!!

Guía de lectura

para a ESO

IES de Ponteceso

Verán 2012

Visita a biblioteca e ato-parás moito máis…

PARA TODOS OS GUSTOS !!!

Page 2: Guia veran ESO 2012

1º CICLO ESO Lecturas refrescantes...

 Donde los árboles cantan 

Laura Gallego 

Viana, a única filla do duque Rocagrís está prometida ao xove Robian de Castelmar  desde  que ambos eran pequenos. Os dous están namorados e pensan casar en primavera. Mais du‐rante as festas do solsticio de inverno 

un  arisco montaraz advirte ao rei de Nortia e aos  seus  cabalei‐ros da ameaza dos bárbaros das  estepas… e tanto Robian como o duque vénse obrigados a marchar ás estepas… 

La mecánica del corazón 

Mathías Malzieu 

Na noite máis fría do século XIX, nace en Edimburgo, Jack, o fráxil fillo dunha prostituta. O bebé nace cun corazón débil e para salvalo colócanlle un reloxo de madeira ao  que darlle corda toda a súa vida. A prótese funciona e Jack sobrevive, pero debe respectar una regra: evitar todo tipo de emo‐ción que poida alterar  o seu corazón. Nada de enfados, e sobre todo, nada de namorarse. Pero Jack coñece  unha pequena cantante de ollos grandes, Miss Acacia, una ra‐paza andaluza que poñerá a proba o corazón do noso doce heroe...  

2º CICLO DE ESO Morgana a dos ollos verdes      

Pasqual Alapont. 

“Xa non sei  como explicarlo á xente : non son a famosa Morgana., a fada de  Merlín,  senón  Morgana  a  dos ollos  verdes.  Acabo  de  terminar primaria e xa vai sendo hora de deci‐

dir o que quero ser de maior…” 

Tres pasos polo misterio 

Agustín Fernández Paz 

Conxunto  de  tres  relatos  co  ele‐mento  común  do  misterio  ,  dun suceso  inquedante  e  inexplicable que  cambiou nun momento deter‐minado a vida dos protagonistas. 

 

 A paixón de Alexandra. 

X. P. Trigo 

Alexandra é unha rapaza de 1º de Bacharelato á que  lle gusta moito a lectura e a música de Björk, afec‐cións nas que atopa no seu cuarto os mellores aliados. A amizade con 

Eva,  unha  compañeira  de  clase,  levaraa  a  descubrir  na internet  a páxina de  “bookcrossing”, un espazo web de persoas que liberan libros para que our¡tras os atopen. 

La estrategia del parásito 

César Mallorquí 

Mizakayi vixíate. Agóchase. Non podes velo, pero…  sempre está aí. Non é un vampiro, pero aliméntase de ti: Por iso está  agochado  e    utilízate.  E  ,  entre 

tanto, medra, medra e medra sen parar  

Aire Negro  

Agustín Fernández Paz  

 Cando o doutor Moldes comeza a traballar nunha clínica psiquiátrica, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que pasa o día enteiro escri‐bindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún ignorado naufra‐xio. .. 

 Os fillos do mar  

 Pedro Feijoo. 

 Simón  Varela  é  un mediocre  ar‐quitecto residente en Vigo. Un día recibe  unha  chamada  dunha  se‐ñora  da  alta  sociedade  viguesa, Isabel  Llobet,  para  que  lle  faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos  poucos  días  de  comezar  a reforma,  Simón  atopa  un  cofre 

pechado… Novela  de  aventuras,  novela  de  intriga,  escrita un magnífico ton humorístico .