Guia Pinterest Busc

11
Guía para o uso de Pinterest na BUSC (v1. Xaneiro 2013) Grupo 2.0 Biblioteca Universitaria

description

Guia para o uso de Pinterest na BUSC

Transcript of Guia Pinterest Busc

Page 1: Guia Pinterest Busc

Guía para o uso de Pinterest na BUSC(v1. Xaneiro 2013)

Grupo 2.0

Biblioteca Universitaria

Page 2: Guia Pinterest Busc

1. INTRODUCIÓN

Pinterest é un taboleiro virtual que permite organizar e compartir as imaxes que atopas en Internet ou que ti mesmo subas. Podes explorar os taboleiros creados por outras persoas para descubrir cousas novas e recibir inspiración de persoas que comparten os teus intereses.

Na BUSC imos a empregar esta ferramenta para difundir as novidades bibliográficas do catálogo. Aínda que a difusión é o noso principal obxectivo, co uso desta ferramenta social pretendemos promover a participación dos nosos usuarios (tanto propios como alleos) para así maximizar as posibilidades que nos ofrece e que máis adiante veremos.

2. COMO REXISTRARSE EN PINTEREST?

Para rexistrarte en Pinterest, vai a www.pinterest.com e busca o botón "Únete a Pinterest" na parte superior da páxina. Unha vez alí, prememos no enlace para rexistrarnos co correo electrónico.

Como nome de usuario, cada biblioteca escollerá un acrónimo que a identifique, sempre comezado polas siglas BUSC (ex: BUSCXOR para xornalismo, BUSCFAR para farmacia, BUSCMAT para matemáticas…).

Como nome poñeremos o da nosa biblioteca (ex: Biblioteca Concepción Arenal) e empregaremos USC como apelido. No campo de correo-e usaremos un que poida utilizar todo o persoal do centro (Ex: [email protected]).

No seguinte paso teremos que escoller 5 temas que nos interesen, pero non é preciso prestarlle moita atención xa que una vez rexistrados escolleremos aos usuarios dos que queremos seguir os seus taboleiros.

Tras confirmar o email que nos envían, xa temos a nosa conta creada. Agora na parte superior dereita, poñendo o rato sobre o noso nome, ábrese un menú despregable e prememos en “Configuración”. Accedemos a una nova páxina na que realizaremos as seguintes accións:

a. Subir una imaxe: creamos unha imaxe significativa da nosa biblioteca sobre a que deben destacar as siglas da USC:

Page 3: Guia Pinterest Busc

b. Agregamos unha pequeña descrición ou frase que anime á participación, o noso enderezo e a url da páxina web do noso centro.

c. Vinculamos a conta de twitter da biblioteca (de existir). Coa de Facebook polo momento non a vincularemos xa que só permite facelo con perfís persoais e non con páxinas (máis adiante veremos como vincular Pinterest e Facebook).

O último paso antes de empezar a crear os nosos taboleiros e a subir imaxes e a instalación do botón pinear; hai dous modos de facelo aínda que é moito mais sinxelo o primeiro:

1º. Instalar a extensión Pinterest Right Click (para Firefox) o Pinner for Pinterest (para Crhome). Calquera de elas inclúe no menú do botón dereito do rato unha opción para pinear as imaxes se abrimos ese menú enriba delas.

2º. Dende o menú “Acerca de” da parte superior dereita, no desplegable aparece a opción “Boton pinear”. Lévanos a unha páxina onde atopamos un botón que debemos arrastrar á nosa barra de ferramentas do navegador. É máis latoso porque cando prememos no botón (unha vez instalado) nos leva a unha páxina nova onde aparecen todas as imaxes da páxina que estabamos a consultar, e ahí escollerías a que queres subir. Neste vídeo podedes ver o proceso: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=gRwy0mOAJ7U#!

Page 4: Guia Pinterest Busc

3. TERMOS ESENCIAIS

Que é un pin?Un pin é unha imaxe engadida en Pinterest. Pódense engadir pines dende sitios web grazas ao botón "Pinear" ou subindo fotos dende o teu ordenador. Cada pin engadido mediante o botón "Pinear" contén un enlace ao sitio de onde provén (por defecto).

Que é un taboleiro?Un taboleiro é un conxunto de pines. Este pode tratar sobre calquera tema. Como veremos máis adiante, nós o imos a empregar para o boletín de novidades e os taboleiros levarán o nome/código de cada signatura ou do mes correspondente (segundo as necesidades de cada centro).

Que é un repín?Repinear é engadir ao teu propio taboleiro unha imaxe que encontraches explorando Pinterest. Ao repinear unha imaxe, tamén se recoñece o usuario que a pineou por primeira vez. Cando repineas, sempre se mantén o enlace orixinal da imaxe, sen ter en conta o número de veces que se repinee.

Page 5: Guia Pinterest Busc

Como repinear?Hai dúas formas de repinear unha imaxe:

- Ao visualizar un pin na vista en miniatura, coloca o cursor sobre o pin e fai clic no botón "Repinear".- Ao visualizar un pin a tamaño completo, fai clic no botón "Repinear" situado na esquina superior esquerda.

Despois de facer clic en Repinear, elixe o taboleiro onde queres situar a imaxe. Podes editar a descrición do pin e elixir compartilo en Twitter.

Como crear carpetas compartidas?Na parte superior de cada taboleiro, baixo o título, temos a opción de “Editar tablero”. Nese menú hay unha opción para invitar a pinear nese taboleiro a outros usuarios (Ten que tratarse de usuarios aos que sigamos). Unha vez acepte a invitación, a súa foto aparecerá xunto a nosa baixo o título, e o taboleiro aparecerá tanto no noso Pinterest coma no seu (ver imaxe ao final do documento do taboleiro de Bibliografías recomendadas de xornalismo).

Para que serve o botón “me gusta”?Ademáis de proporcionar retroalimentación, as imaxes seleccionadas con este botón, quedarán almaceadas nunha carpeta “invisible” á que accederemos no menú despregable que se agocha baixo o noso nome na barra superior. Estas imaxes poden servirnos par repinealas nun futuro ou gardalas para outros proxectos.

Page 6: Guia Pinterest Busc

4. PASOS A SEGUIR NA CREACIÓN DE CONTIDOS

a. Elección da distribución dos taboleiros. Temos dúas opcións: facer un taboleiro por cada unha das signaturas da nosa biblioteca (ex: Novidades en Enxeñaría Química, Novidades en Enxeñaría Informática… recomendado para aquelas que non teñan un volumen moi amplio de adquisicións/mes) ou facer un taboleiro para cada mes (ex: Novidades Xaneiro´13, Novidades Febreiro´13… recomendado para aquelas que manexan un volumen máis importante). Esta é unha decisión importante e que debemos plantexarnos antes de lanzarnos a subir imaxes posto que cambiar de plan significaría empezar case de cero. Podemos consúltalo cos usuarios que máis consultan os boletíns de novidades para saber qué lles resultaría máis cómodo (deste xeito tamén aproveitamos para presentarlle á ferramenta e animámolo a que abra o seu propio perfil).

b. Cando cada exemplar esté listo para ocupar o seu sitio nas estanterías, procederemos a buscar a súa portada en internet. Podemos facelo dende a páxina web do editor ou simplemente introducindo o ISBN en Google Imágenes (Cando o catálogo da BUSC inclúa as imaxes importadas de GoogleBooks, tomaremos ésta). Unha vez localizada, pinearemos a portada dalgún dos xeitos escollidos no paso 2. Ao mesmo tempo abrimos noutra pestaña do navegador o rexistro do exemplar que estamos a tratar no catálogo web da BUSC.

c. Tanto si subimos a imaxe a través do menú do botón dereito, como si o fixemos dende o “Boton pinear” abrésenos un pequeno menú onde elexiremos o taboleiro onde queremos colocar o noso pin, e onde introduciremos unha pequeña descrición. Esta descrición será a que aparece no cátalogo da BUSC tralo campo título (ex: Ingeniería de reactores / Jesús Santamaría ... [et al.])

d. Cando a imaxe está subida, ese mesmo menú permítenos a opción “Ver tu pin”. Prememos ese botón e observamos como a imaxe está no seu taboleiro. Pasando o rato por enriba de esa imaxe, na súa parte superior aparécenos un globo de texto coa palabra “editar”. Prememos nel e accedemos ás opcións do pin que acabamos de subir. Nesta páxina poderemos correxir o taboleiro no que debe estar situado (se o introducimos mal por erro) e podemos modificar o enlace ao que conducirá cada click na nosa imaxe:

Si a imaxe non foi pineada dende internet por non tela atopada, senon que a subimos dende o noso ordenador (tras escaneala ou

Page 7: Guia Pinterest Busc

fotografiala), poñeremos no recuadro “enlace” o permalink do rexistro tomado do catálogo da BUSC.

Si a imaxe foi tomada dende internet observaremos que nese campo “enlace” aparece unha dirección que nos remitiría a unha busca en google imaxes, e a trocaremos polo permalink do que falabamos no punto anterior.

Si a imaxe foi tomada da páxina do editor ou de alguna outra que aporte unha información que consideremos importante para os nosos usuarios, unha vez teñamos rematada a edición da imaxe premeremos no botón “guardar”. Observaremos que na parte inferior do pin, aparece a opción “Añadir un comentario”; ahí engadiremos a url tras un texto similar a “Imaxe tomada da web do editor: http://www.sintesis.com/ingenieria-quimica-139/ingenieria-de-reactores-ebook-691.html”

Si o exemplar que imos a subir xa está colgado no Pinterest doutra biblioteca da USC o proceso simplicaríase a través do botón “Repinear”. Podémolo atopar na parte superior da imaxe, ao lado do botón “editar”. Ao premelo, aparece un menú que pregunta en cal dos nosos taboleiros queremos subir a imaxe repineada. Tras subila soamente habería que revisar que o enlace é o correcto e engadir comentarios se o cremos preciso.

NOTA: Para obter o permalink dende un rexistro do catálogo da BUSC, hai que premer na opción “Vínculo permanente a este rexistro” que aparece na parte inferior da pantalla. Despois de facelo xa podemos copiar a dirección do noso navegador e pegala no campo “Enlace”

Page 8: Guia Pinterest Busc

5. DIFUSIÓN

A. Vinculación coa nosa páxina de Facebook. Como dixemos antes, Pinterest non permite vincular as contas con páxinas de Facebook senón con perfís persoais, polo tanto temos que buscar opcións alternativas. Unha delas e través da ferramenta Pinterest Page App (para atopala non hai máis que escribir Pinterest no buscador de Facebook). É unha aplicación que deberemos cargar dende o noso perfil individual de Facebook e logo aplicarllo á páxina de da biblioteca que xestionemos (moi sinxelo) para que os nosos usuarios de Facebook teñan un enlace rápido e visible do nóso Pinterest.

B. Se conseguimos que os nosos usuarios abran os seus perfís en Pinterest as posibilidades desta rede multiplícanse: poderemos crear taboleiros compartidos cos profesores para difundir as Bibliografías recomendadas, poderán comentar os exemplares ou recomendalos mediante mencións , poderíamos crear taboleiros de desideratas para que nos deixasen alí as súas peticións…

(Exemplo de Bibliografía recomendada da asignatura Arquitectura Multimedia que imparte Xosé López en CC. Da Comunicación)