GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu...

14
G8A PARA A REALI=ACIN DE PROBAS FINAIS 7ELEM7ICAS

Transcript of GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu...

Page 1: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

GUÍA PARA A REALIZACIÓNDE PROBAS FINAIS

TELEMÁTICAS

Page 2: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

2

Índice de contidos

INTRODUCIÓN...................................................................................................................... 3

1. PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS .......................................................................................... 3

2. FERRAMENTAS INFORMÁTICAS ........................................................................................ 3

3. APOIO TÉCNICO NO DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS ................ 4

4. INDICACIÓNS PARA A SALVAGARDA E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS NAS PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS .......................................................................................... 5

5. TIPOS DE PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS .......................................................................... 6

6. ESPECIFICACIÓNS PARA OS DISTINTOS TIPOS DE PROBAS ............................................... 7

7. MODELOS INFORMATIVOS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS .................................... 13

Índice de materias

APOIO TÉCNICO NO DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS........................ 4

ESPECIFICACIÓNS PARA OS DISTINTOS TIPOS DE PROBAS...................................................... 7

FERRAMENTAS INFORMÁTICAS.............................................................................................. 3

INDICACIÓNS PARA A SALVAGARDA E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS NAS PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS.......................................................................................................................... 5

INTRODUCIÓN......................................................................................................................... 3

PROBA ESCRITA ABERTA.......................................................................................................... 11

PROBA OBXECTIVA TIPO TEST................................................................................................. 8

PROBA ORAL............................................................................................................................ 7

PROBA TIPO CASO PRÁCTICO OU RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS..............................................12

PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS.................................................................................................. 6

Page 3: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

3

INTRODUCIÓN

O Acordo polo que se regula o réxime especial de avaliación do curso 2019-2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola COVID-19 aprobado polo Consello de Goberno o día 22 de abril de 2020 estableceu dúas modalidades de avaliación non presencial e a adaptación do calendario correspondente. Se ben este acordo expresa unha preferencia pola avaliación continua, tamén recolle a posibilidade de programar probas finais telemáticas.

Este acordo foi desenvolvido para os efectos operativos desde o ámbito de Organización Académica nas Directrices para a organización da docencia e a avaliación. Curso 2019-2020 e na Instrución 3/2020 da Secretaría Xeral sobre o desenvolvemento de probas finais telemáticas no curso académico 2019-2020, que remite a esta Guía como instrumento para concretar as especificacións que se van ter en conta na realización de cada tipo de proba.

Na elaboración da Guía tivéronse en conta o “Informe sobre Procedimientos de Evaluación no Presencial. Estudio del Impacto de su Implantación en las Universidades Españolas y Recomendaciones” do 16 de abril de 2020, elaborado polo Grupo de Traballo Intersectorial de Crue Universidades Españolas, e a “Guía sobre la protección de datos personales en el ámbito universitario en tiempos del COVID-19”, do 24 de abril de 2020, elaborada polo Grupo de Traballo de Delegados de Protección de Datos da Sectorial de Secretarías Xerais de CRUE.

1. PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS

Esta guía recolle as especificacións técnicas, de seguridade e de protección de datos para os seguintes tipos de probas:

a) Proba oral

b) Proba obxectiva tipo test

c) Proba escrita aberta, á que se equipara a proba de resposta libre tipo ensaio

d) Proba tipo caso práctico ou resolución de problemas

2. FERRAMENTAS INFORMÁTICAS

2.1. Para a realización das probas deberase utilizar algunha das seguintes ferramentas corporativas, introducindo as claves de identificación da USC para acceder a elas como medida de reforzo da seguridade::

a. Campus Virtual (CV) da USC

b. Microsoft 365: - Sistema de comunicación e videoconferencia Microsoft Teams (MS Teams) - Ferramenta de traballo colaborativo na nube Microsoft Forms (MS Forms)

Page 4: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

4

2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos presentados.

2.3. Por razóns de seguridade o correo electrónico non se considera un medio válido para a realización das probas finais, sen prexuízo de que se poida utilizar o correo institucional para comunicacións.

3. APOIO TÉCNICO NO DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS

3.1. Habilítase unha Unidade de Asesoramento de Probas Telemáticas, coordinada polo Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) e co apoio da ATIC e da Secretaría Xeral, como canle específica para proporcionar formación1, asesorar e dar soporte ao profesorado na realización das probas finais telemáticas. A estrutura da Unidade é a que se mostra a continuación.

3.2. O profesorado deberá dirixir as consultas técnicas ou normativas e as comunicacións de incidencias a esta Unidade polas seguintes canles:

- Preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: [email protected]

- Vía telefónica: 55555

1 Formación no Campus Virtual e MS FORMS para o PDI Cursos do PFID

o https://www.usc.es/gl/servizos/pfid/ Titoriais e videotitorais dispoñibles nas seguintes ligazóns:

x https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/videos x https://www.usc.gal/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/recursos-docencia.html

Page 5: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

5

3.3. No caso de que se produzan incidencias técnicas actuarase do seguinte xeito:

- Se ao/á estudante lle xorden problemas técnicos no desenvolvemento das probas, deberá comunicalo ao/á docente responsable da materia, achegando as evidencias das que dispoña para acreditar a incidencia, por exemplo, unha captura de pantalla.

- No caso de que se produza unha desconexión masiva acreditada, o/a docente deberá realizar unha reprogramación da proba, poñéndoo en coñecemento do departamento e do centro. Se a desconexión afectara só a un número limitado de estudantes deberá intentarse unha nova conexión para o alumnado que non puido finalizar a proba. De persistir os problemas técnicos, arbitrarase por parte do/a docente responsable da materia unha solución alternativa para a realización da proba, sempre por unha canle corporativa. Se precisara axuda debe dirixirse a [email protected]

4. INDICACIÓNS PARA A SALVAGARDA E PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS NAS PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS

4.1. Nos procesos de avaliación aos que fai referencia esta Instrución será de aplicación a regulación en materia de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

4.2. No tratamento dos datos persoais deben observarse os principios de confidencialidade, minimización (usar os menores datos persoais posibles para alcanzar o mesmo obxectivo) e uso para as finalidades para as que foron recollidos, mantendo un especial coidado cos do alumnado que presente necesidades especiais.

4.3. Para a salvagarda e protección dos datos persoais no desenvolvemento das probas finais telemáticas teranse en conta as indicacións previstas nesta Guía para cada tipo de proba.

4.4. As consultas e dúbidas en materia de protección de datos persoais poderanse dirixir ao enderezo [email protected]

4.5. As comunicacións en defensa dos dereitos de protección de datos persoais deberanse dirixir ao Delegado de Protección de Datos no enderezo [email protected]

Page 6: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

6

5. TIPOS DE PROBAS FINAIS TELEMÁTICAS

PROBA CANLE Modalidade síncrona

CANLE Modalidade asíncrona EVIDENCIA NECESARIA

Proba oral Microsoft 365 ------------- Gravación2

Proba obxectiva tipo test

Módulo de cuestionarios da aula

virtual con hora de inicio e fin

Módulo de Cuestionarios

Rexistro da proba

Microsoft 365

Proba escrita aberta

Módulo de tarefas/cuestionario da aula virtual con hora de

inicio e fin Módulo de

tarefas/cuestionario Rexistro da proba

Microsoft 365

Proba tipo caso práctico ou resolución

de problemas

Módulo de tarefas da aula virtual con hora de

inicio e fin

Módulo de tarefas da aula virtual

Rexistro da proba

O profesorado deberá conservar o material das probas ata a finalización do curso académico seguinte. No caso de iniciarse un procedemento de revisión das cualificacións conservarase en todo caso ata que exista resolución firme.

A Secretaría Xeral facilitará ao profesorado os modelos informativos correspondentes para a realización das probas.

2A proba oral deberá ser gravada agás que estea presente nela mais dun docente. Neste caso as evidencias serán as notas tomadas durante a realización da proba por parte dos docentes.

Page 7: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

7

6. ESPECIFICACIÓNS PARA OS DISTINTOS TIPOS DE PROBAS

PROBA ORAL MODALIDADE

Síncrona

FERRAMENTA INFORMÁTICA

MS Teams

EVIDENCIA

Gravación3

INDICACIÓNS

- Pódense realizar probas individuais ou por grupos.

- As probas deben programarse no calendario de MS Teams para o envío da convocatoria aos participantes.

- O/A estudante deberá identificarse entrando ao sistema coas súas claves corporativas. O/a docente

poderá pedirlle que amose a súa identificación (DNI, pasaporte ou TUI) á cámara ao inicio da proba.

- Durante a realización da proba o/a estudante deberá actuar de acordo cos principios de mérito individual e autenticidade. Só poderá facer uso dos materiais permitidos polo docente.

- Agás que estean presentes na proba máis dun profesor, a proba será gravada para garantir un proceso de avaliación adecuado e xerar evidencias da súa realización. Deberase informar ao alumnado desta circunstancia, notificándoo previamente na aula virtual e ao comezo da proba.

- A oposición do/a estudante á gravación da proba impedirá a súa avaliación, co resultado académico

correspondente. - A gravación debe comprender a proba completa, incluíndo a actuación do/a estudante e a do docente.

Este/a debe comprobar que a gravación se está producindo correctamente. - Dado que a cámara pode captar imaxes que afecten á intimidade de terceiras persoas e do/a

estudante, este deberá: o Reducir o campo de acción da webcam. o Informar da circunstancia da proba ás persoas que conviven con el/ela, quedando a Universidade

exenta de responsabilidade en caso de incumprimento.

- Deberase informar ao alumnado de que non pode gravar a proba cos seus propios dispositivos e das consecuencias académicas no caso de facelo.

3 A proba oral deberá ser gravada agás que estea presente nela mais dun docente. Neste caso as evidencias serán as notas tomadas durante a realización da proba por parte dos docentes.

Page 8: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

8

PROBA OBXECTIVA TIPO TEST MODALIDADE

Síncrona

FERRAMENTA INFORMÁTICA

Campus Virtual. Cuestionarios, con hora de inicio e fin MS Forms, Cuestionarios, con hora de inicio e fin

EVIDENCIA

Rexistro da proba

INDICACIÓNS

- O/A estudante deberá identificarse entrando ao sistema coas súas claves corporativas.

- Durante a realización da proba o/a estudante deberá actuar de acordo cos principios de mérito individual e autenticidade. Só poderá facer uso dos materiais permitidos polo/a docente.

Uso do Campus Virtual (CV) - Recoméndase que non se fagan probas en simultáneo cun número superior a 200 persoas pois

aumenta a probabilidade de sobrecarga.

- Recoméndase presentar as preguntas e alternativas de resposta de xeito aleatorio a partir dunha batería de preguntas.

Uso de MS Forms - Recoméndase para grupos moi numerosos de estudantes. - Deberase informar ao alumnado de que non pode gravar a proba cos seus propios dispositivos e das

consecuencias académicas no caso de facelo. Recoméndase a supervisión en liña polo/a docente. No caso de que esta se realice mediante o uso de MS TEAMS, deberán terse en conta as seguintes indicacións: - MS Teams non permite superar 250 persoas na mesma reunión, polo que se recomenda establecer

quendas na proba para non superar este número.

- O/a profesor/a poderá pedirlle ao/á estudante que amose a súa identificación (DNI, pasaporte ou TUI) á cámara.

- Dado que a cámara pode captar imaxes que afecten á intimidade de terceiras persoas e do/a estudante, este deberá:

o Reducir o campo de acción da webcam. o Informar da circunstancia da proba ás persoas que conviven con el/ela, quedando a

Universidade exenta de responsabilidade en caso de incumprimento.

- Non se poderá gravar a supervisión.

Page 9: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

9

PROBA OBXECTIVA TIPO TEST MODALIDADE

Asíncrona

FERRAMENTA INFORMÁTICA

Campus Virtual. Cuestionario, con duración prefixada

EVIDENCIA

Rexistro da proba

INDICACIÓNS

- O/A estudante deberá identificarse entrando ao sistema coas súas claves corporativas.

- Deberá establecerse un tempo límite de entrega da proba.

Page 10: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

10

PROBA ESCRITA ABERTA MODALIDADE

Síncrona

FERRAMENTA INFORMÁTICA

Campus Virtual. Tarefa/Cuestionario, con hora de inicio e fin MS Forms, con hora de inicio e fin

EVIDENCIA

Rexistro da proba

INDICACIÓNS

- O/A estudante deberá identificarse entrando ao sistema coas súas claves corporativas.

- Durante a realización da proba o/a estudante deberá actuar de acordo cos principios de mérito individual e autenticidade. Só poderá facer uso dos materiais permitidos polo/a profesor/a.

Uso do Campus Virtual (CV) - Recoméndase que non se fagan probas en simultáneo cun número superior a 200 persoas pois

aumenta a probabilidade de sobrecarga.

Uso de MS Forms

- Débese ter en conta que en MS Forms o número máximo de caracteres en cada resposta é de 4000

(aproximadamente dúas páxinas en A4).

- Deberase informar ao alumnado de que non pode gravar a proba cos seus propios dispositivos e das consecuencias académicas no caso de facelo.

Recoméndase a supervisión en liña polo/a docente. No caso de que esta se realice mediante o uso de MS TEAMS, deberán terse en conta as seguintes indicacións: - MS Teams non permite superar 250 persoas na mesma reunión, co que se recomenda establecer

quendas na proba para non superar este número.

- O/a docente poderá pedirlle ao/á estudante que amose a súa identificación (DNI, pasaporte ou TUI) á cámara.

- Dado que a cámara pode captar imaxes que afecten á intimidade de terceiras persoas e do/a estudante, este deberá:

o Reducir o campo de acción da webcam. o Informar da circunstancia da proba ás persoas que conviven con el/ela, quedando a

Universidade exenta de responsabilidade en caso de incumprimento.

- Non se poderá gravar a supervisión.

No caso de que unha parte da proba ou a súa totalidade se realice en papel, ao finalizar o exame o/a estudante deberá fotografalo ou escanealo e posteriormente remitilo polo medio corporativo que indique o/a docente (Campus Virtual, Teams Arquivos, OneDrive)

Page 11: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

11

PROBA ESCRITA ABERTA MODALIDADE

Asíncrona

FERRAMENTA INFORMÁTICA

Campus Virtual. Tarefa/Cuestionario MS Forms. Cuestionario

EVIDENCIA

Rexistro da proba

INDICACIÓNS

- O/A estudante deberá identificarse entrando ao sistema coas súas claves corporativas.

- Débese ter en conta que en MS Forms o número máximo de caracteres en cada resposta é de 4000 (aproximadamente dúas páxinas en A4).

- No caso de que unha parte da proba ou a súa totalidade se realice en papel, ao finalizar o exame o/a estudante deberá fotografalo ou escanealo e posteriormente remitilo polo medio corporativo que indique o/a docente (Campus Virtual, Teams Arquivos, OneDrive)

Page 12: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

12

PROBA TIPO CASO PRÁCTICO OU RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

MODALIDADE

Síncrona

FERRAMENTA INFORMÁTICA

Campus Virtual. Módulo de Tarefas

EVIDENCIA

Rexistro da proba

INDICACIÓNS

- Recoméndase non facer probas en simultáneo cun número superior a 200 persoas porque aumenta a probabilidade de sobrecarga.

- O/A estudante deberá identificarse entrando ao sistema coas súas claves corporativas.

- Durante a realización da proba o/a estudante deberá actuar de acordo cos principios de mérito individual e autenticidade. Só poderá facer uso dos materiais permitidos polo/a docente.

- Recoméndase a supervisión en liña polo/a docente.

- No caso de que unha parte da proba ou a súa totalidade se realice en papel, ao finalizar o exame o/a estudante deberá fotografalo ou escanealo e posteriormente remitilo polo medio corporativo que indique o/a docente (Campus Virtual, Teams Arquivos, OneDrive)

PROBA TIPO CASO PRÁCTICO OU RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MODALIDADE

Asíncrona

FERRAMENTA INFORMÁTICA

Campus Virtual. Módulo de tarefas

EVIDENCIA

Rexistro da proba

INDICACIÓNS

- O/A estudante deberá identificarse entrando ao sistema coas súas claves corporativas.

- É conveniente que as preguntas sexan orientadas á análise e razoamento, evitando a simple enumeración ou plasmado de información.

- O campus virtual permite anexar documentos de audio e vídeo gravados por parte do alumnado e do

profesorado.

- No caso de que unha parte da proba ou a súa totalidade se realice en papel, ao finalizar o exame o/a estudante deberá fotografalo ou escanealo e posteriormente remitilo polo medio corporativo que indique o/a docente (Campus Virtual, Teams Arquivos, OneDrive)

Page 13: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos

13

7. MODELOS INFORMATIVOS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS

7.1. Caso de gravación da proba

Infórmase de que esta proba de avaliación será obxecto de gravación coa finalidade tanto de verificar a identidade do/a estudante como para garantir os dereitos de avaliación e revisión. O profesorado pode solicitar, se o estima oportuno, a exhibición dun documento de identificación. Vostede é responsable de garantir a ausencia de terceiras persoas na estancia e do seu estado. A Universidade de Santiago de Compostela non se fai responsable da gravación incidental de imaxes que afecten á súa esfera de vida privada e familiar se vostede non adoptou as recomendacións de configuración da estancia. Lémbrase que na web da USC pode atopar as políticas de privacidade, o modo de contactar co delegado de protección de datos da Universidade e de exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición ao tratamento.

7.2. Caso de visualización da proba

Infórmase de que esta proba de avaliación será obxecto de visualización remota coa finalidade tanto de verificar a identidade do/a estudante como para garantir os dereitos de avaliación e asistencia ao alumnado. A proba non será gravada. Unicamente se gravará este proceso de información a fin de acreditar o cumprimento normativo da Universidade. O profesorado pode solicitar, se o estima oportuno, a exhibición dun documento de identificación. Vostede é responsable de garantir a ausencia de terceiras persoas na estancia e do seu estado. A Universidade de Santiago de Compostela non se fai responsable do visionado incidental de imaxes que afecten á súa esfera de vida privada e familiar se vostede non adoptou as recomendacións de configuración da estancia. Lémbrase que na web da USC pode atopar as políticas de privacidade, o modo de contactar co delegado de protección de datos da Universidade e de exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición ao tratamento.

7.3. Caso de gravación do TFG/TFM

Infórmase de que a defensa do seu traballo de fin de estudos será obxecto de gravación coa finalidade tanto de verificar a súa identidade como para garantir os dereitos de avaliación e publicidade da proba. O profesorado pode solicitar, se o estima oportuno, a exhibición dun documento de identificación. Vostede é responsable de garantir a ausencia de terceiras persoas na estancia e do seu estado. A Universidade de Santiago de Compostela non se fai responsable da gravación incidental de imaxes que afecten á súa esfera de vida privada e familiar se vostede non adoptou as recomendacións de configuración da estancia. Lémbrase que na web da USC pode atopar as políticas de privacidade, o modo de contactar co delegado de protección de datos da Universidade e de exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición ao tratamento.

Page 14: GUIA PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS FINAIS ......4 2.2. Así mesmo, a USC ten a disposición do seu profesorado a ferramenta Turnitin para a comprobación da autoría dos traballos