Guía nadal 16 17

2
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP CURROS ENRÍQUEZ CELANOVA OURENSE http://canistrel.blogspot.com www.edu.xunta.gal/centros/ ceipcurroscelanova/ DE 9 A 12 ANOS O trasno da Catedral de Santiago Luisa Villar/ Kiko da Silva Ed. Tambre As vellas catedrais gardan segredos. Poden ser, por exemplo, a morada de seres tan fantásticos coma o é o trasno desta historia. De ser habitante dun penedo perdido nun monte galego, pa- sou a ter morada na catedral de Santia- go de Compostela. O seu novo acubillo permitiulle coñece-la historia do templo e da cidade do Apóstolo en primeiro plano, formando parte dela e divertíndo- nos coas súas trasnadas inesperadas. A volta á Galia de Axtérix R. Goscinny, A. Uderzo Ed. Xerais Estamos no ano 50 antes de Cris- to. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. Nesta ocasión, por mor dunha aposta, os nosos heroes deben percorrer a Galia e regresar cunha especialidade culinaria de cada rexión. Conseguirano? Memorias de Idhún (La resis- tencia) Laura Gallego Ed. sm Jack, jamás ha oído hablar de Idhún. Solo sabe que sus padres están muertos y que dos misterio- sos desconocidos le acaban de salvar la vida. Ahora forma parte de la Resisten- cia, junto con un mago y un guerre- ro idhunitas. Con ellos está también Victoria, otra joven nacida en la Tierra. Juntos lucharán contra las serpientes aladas que tiranizan Idhún, pero el joven y desesperado Kirtash tratará de impedírselo. Desde o equipo da biblioteca queremos desexarvos unhas feli- ces festas e moi boas lecturas. Recordarvos que nesta época, en que tantos agasallos damos e re- cibimos, é bo que incluamos en- tre eles un libro. Esperamos que esta pequena guía vos axude a elixir algúns dos tí- tulos e desexamos que teñades tempo de ler e compartir estas lecturas con toda a familia, en especial cos vosos fillos e fillas. “Canto máis les, máis cousas saberás. Cantas máis cousas aprendas, a máis lugares viaxarás”. Dr. Seuss

Transcript of Guía nadal 16 17

Page 1: Guía nadal 16 17

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP CURROS ENRÍQUEZ

CELANOVA OURENSE

http://canistrel.blogspot.com www.edu.xunta.gal/centros/

ceipcurroscelanova/

DE 9 A 12 ANOS

O trasno da Catedral de Santiago Luisa Villar/ Kiko da Silva

Ed. Tambre As vellas catedrais gardan segredos. Poden ser, por exemplo, a morada de seres tan fantásticos coma o é o trasno desta historia. De ser habitante dun penedo perdido nun monte galego, pa-sou a ter morada na catedral de Santia-go de Compostela. O seu novo acubillo permitiulle coñece-la historia do templo e da cidade do Apóstolo en primeiro plano, formando parte dela e divertíndo-nos coas súas trasnadas inesperadas.

A volta á Galia de Axtérix R. Goscinny, A. Uderzo

Ed. Xerais Estamos no ano 50 antes de Cris-to. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. Nesta ocasión, por mor dunha aposta, os nosos heroes deben percorrer a Galia e regresar cunha especialidade culinaria de cada rexión. Conseguirano?

Memorias de Idhún (La resis-tencia)

Laura Gallego Ed. sm

Jack, jamás ha oído hablar de Idhún. Solo sabe que sus padres están muertos y que dos misterio-sos desconocidos le acaban de salvar la vida. Ahora forma parte de la Resisten-cia, junto con un mago y un guerre-ro idhunitas. Con ellos está también Victoria, otra joven nacida en la Tierra. Juntos lucharán contra las serpientes aladas que tiranizan Idhún, pero el joven y desesperado Kirtash tratará de impedírselo.

Desde o equipo da biblioteca

queremos desexarvos unhas feli-

ces festas e moi boas lecturas.

Recordarvos que nesta época, en

que tantos agasallos damos e re-

cibimos, é bo que incluamos en-

tre eles un libro.

Esperamos que esta pequena guía

vos axude a elixir algúns dos tí-

tulos e desexamos que teñades

tempo de ler e compartir estas

lecturas con toda a familia, en

especial cos vosos fillos e fillas.

“Canto máis les, máis

cousas saberás. Cantas

máis cousas aprendas, a

máis lugares viaxarás”.

Dr. Seuss

Page 2: Guía nadal 16 17

DE 3 A 5 ANOS DE 5 A 7 ANOS DE 7 A 9 ANOS

Os lapis primos José A. Ramírez/Natalie

Pudalov Ed. Oqo

Os lapis nin o imaxinan. Non saben que teñen primos nin parentes de raíz. Descubrimos que eles son algúns sobri-ños do xiz e outros ne-tos do tizón.

A Banda de Vilacendoi Xulio Gayoso (ilustrador)

Kalandraka editora A música envolvía cada recun-cho de Vilacendoi, pero o des-poboamento acabou coa algara-bía das noites de festa. Maxia e nostalxia, futuro e esperanza, na aldea dos teus soños.

Down An Alfaya

Ed. Rodeira O meu primo Down é moi bo en traballos manuais e encántanlle as flores. Ade-mais, eu creo que é chinés, aínda que mamá di que non. Tamén me rifa por chamar-lle Guillermo. Pero eu sei que a el gústalle que lle cha-

Feliz Feroz, o lobiño riquiño Ilustracións Alberto Vázquez

Ed. Xerais A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade.

Poemas birollos para ler cos ollos

Fran Alonso Ed. Xerais

Libro de poesía infantil que parte dunha concep-ción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprenden-te e modernizadora.

A escada vermella Fernando Pérez (il.) /

Manuela Rodríguez (trad.) Kalandraka editora

Quería chegar máis e máis alto pero, en vez de axitar as súas ás, utilizaba una escada… Cantas veces te-mos necesitado una inxec-ción de seguridade e de confianza para acadar os nosos obxectivos!

Cuca e o abrigo marrón Fina Casalderrey

Ed. Rodeira Cuca é una cadela de pelo negro moi crecho. Vive na rúa, libre como as bolboretas ou o vento, pero tamén baleira de agarimos. O frío faise dono dos días e Cuca monta garda onda un apar-cadoiro de coches. Cando chega algún, dálle igual que sexa boni-to ou feo, grande ou pequeno… En canto o ruído do motor cesa, corre a meterse debaixo para aproveitar a calor que despren-de. Alí adormece protexida.

A mellor sopa do mundo Susana Isern /Mar Ferrero

Baía Edicións Sorprendidos por unha tor-menta de neve, varios ani-mais refúsanse na casa de Tartaruga que, nese momen-to, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa.

A viaxe das bolboretas Paula Carbonell & Chené

Gómez OQO editora

Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do li-moeiro. De camiño unha pul-ga, unha formiga, unha xoani-ña, unha tesoiriña e un grilo deciden acompañalo. Máis, ao chegar ao seu destino, Don Vermiño segue só e aparece unha temible avespa...